
Hoxe, ás sete da tarde no pavillón do CEIP Gregorio Sanz, terá lugar un concerto contra a violencia de xénero.
Hora e media máis tarde, no auditorio Hernán Naval, a A.C Francisco Lanza presenta Recuperando a memoria, o nº 5 dos Cadernos Ribadenses, que recolle as conferencias ditadas por Lourenzo Fernández Prieto e Mª Xesús Souto Blanco nas Xornadas de Historia Local do ano 2006, ademais doutros traballos de Miguel Freire Sitjas e Dores Fernández Abel, todos eles referidos á represión sufrida en Ribadeo durante a Guerra Civil.
E mañá, ás 20:30, a Banda de Música Municipal de Ribadeo atúa no concerto de Santa Cilla tamén no auditorio. A foto, das últimas da agrupación.
Mañá tamén, con outro ruído completamente diferente, 4x4 no Ecotrack na canteira de Pizarras Vega de Os Castros.
Todo, mentras se prepara bicententario da morte tráxica do Marqués de Sargadelos.
... e mentras se van producindo pequenas novas en cantidade, dende a composición do terceiro grupo para lograr os mandos do clube náutico ás novidades do concerto, para o que se irán recollendo o

... hai quen di que Ribadeo non ten actividade, pero coido que non hai queixa, tendo en conta que non a dou seguido.
Nota: as fotos están recollidas de correos electrónicos da Concellería de Cultura




Ningún comentario:
Publicar un comentario