20081031

PP, PSOE, IU

Outro día enterámonos da condena dun alcalde de IU por insultar a el Rei. Dada a magnitude dos insultos, sen presentar 'probas', non é estrana a condena, a pesares de que el di que continuará para probalo.
Posiblemente, igual que moitos outros, eu incluído, atoparase coa administración e o seu secretismo (ver o libro 'Cuando lo público no es público', por exemplificación dalgo coñecido por moitos, nomeado en "La administración y sus altos secretos', ó igual que o parágrafo seguinte): 'Si se consigue una Administración transparente se verá que "hay servicios que funcionan mal" y "funcionarios que a menudo se han apropiado de parcelas de poder que no les corresponden"'
Non é estrano tampouco o secretismo da administración. Os funcionarios en tempos de Franco estaban subordinados ós políticos e contratados por eles. Políticos que pasaban longo tempo nos andamios do poder nun ou outro cargo. Ó vir a democracia, os mesmos funcionarios atopáronse con políticos novatos, descoñecedores dos entresixos administrativos e viron que eles si controlaban a administración, e non os políticos, co que a dependencia pasou a ser a inversa, amoldándose os políticos a manter a raia ós cidadáns con axuda (mutua) dos funcionarios. Raro é o caso no que os políticos poñen a raia a funcionarios de certo nivel (sempre que saiban navegar entre augas, claro). E así os políticos actuais tenden a perpetuar o secretismo. Signo delo, só un máis, é a consigna de PP e PSOE de silenciar críticas ó libro da raiña, xusto na liña contraria do alcalde mencionado ó comezo.
E, do que pasa en Ribadeo, que? Pois eu estou esperando información, algunha dende hai varios anos, tendo que recorrer á xustiza nalgún caso por negación de información. Algo que parece ser que non se amañou aínda no concello. De feito, a pesares da sentencia, sigo esperando.

Ningún comentario: