20070904

Os inmigrantes

GaLicia segue a ser terra de emigración, como o testemuñan os miles de galegos que van procurar traballo fóra. Non embargantes, tamén é terra de inmigración, pois hai xente que parece que ven na procura dos traballos que os galegos non queren. Dito así parece unha contradicción, pero coido que non o é: en xeral, os traballos que collen os inmigrantes están peor pagados e teñen menor futuro e seguridade que os que van procurar os galegos fóra. E, se cabe pensar nun posible elitismo dos que se van (a palabra elitismo non me cadra, pero non atopo outra que o resuma de xeito adecuado), tamén cabe cabe pensar nas condicións de traballo dos que veñen.
Hai só uns días, facía unha lembranza de outro Ribadeo e deixaba caer a falta de plans de integración/convivencia. O caso é que hoxe leo na prensa que hai concedidos 10000€ de subvención para un plan para os inmigrantes e retornados. Plan que hai que facer aínda.
Queda entón a nova pregunta: que se fará? E, mentras parece que chega tarde por dúas razóns, os inmigrantes xa están aquí, e os cartos tamén (alomenos, a súa disposición), tamén queda a pregunta se se vai actuar sobre condicións de traballo ou sobre algún tipo de agasallos gratuítos para manter a calma temporalmente mentras os autóctonos se preguntan o por que deses agasallos. Naturalmente, son dúas situacións extremas para ilustrar un pouco o tema. É de esperar que eses cartos sirvan. Nese sentido, sería bo ir ó diccionario e mirar que significa 'integrar' (a palabra usada no xornal para dar a nova), e se non, procurar outra verba máis adecuada. Non embargantes, coido que as acepcións no D.R.A.G poden servir para ter unha idea: "v.t. 1. Ser parte xunto con outros de [un conxunto, un grupo, etc.]. Tódolos membros que integran a asociación votaron a favor. SIN. compoñer, constituír, formar.2. Incorporar [a unha cousa, a un todo]. Integraron na lista electoral tres candidatos independentes. CF. introducir. // v.p. 3. Incorporarse [algo ou alguén] [a unha cousa, a un todo]. España e Portugal integráronse no Mercado Común en 1986. CF. introducirse. 4. Asimilarse totalmente [ó grupo ou comunidade en que se entra]. Os fillos dos inmigrantes integráronse perfectamente no país."
De calquera xeito, (e aí están os diferentes significados que trae o diccionario para interpretación da palabra) hai veces que se di integrar e se pensa en asimilar ou nalgo polo estilo, que non é o mesmo, e está a dar problemas noutros países.
Mentras, a nova destacada en Ribadeo é que comezaron as xornadas de automocion, xa tradicionais en Ribadeo, e que constitúen tamén un xeito de axudar integrar á nosa xuventude (e á inmigrante) ó mundo do traballo mediante unha mellor formación. E, na zona, destacaría que seguimos outr ano máis sen parque de bombeiros, e que as funerarias da zona agrúpanse (están nesas) constituíndo unha UTE (unión temporal de empresas) para facer fronte ó tema das autopsias en Lugo.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

¿En qué traballan os inmigrantes maioritariamente? Coidado de xente con diversidade funcional (minusvalías...), albanelería ,camareiros, na agricultura (nesas recoleccions que hai anos ia xente xove en busca de experiencias novas e para sacar cartos extras)...
¿Por qué? ¿Están asegurados? ¿Están dados de alta con contratos regulamentarios? ¿Cantas horas fan de mais? ¿Perciben os soldos que sinalan as nóminas?
Tede en conta tamén que nas estadisticas de siniestralidade laboral, o maior número de damnificados corresponde a inmigrantes, eiqui teriase que abrir outro interrogante ¿qué está a pasar?
E nas listas do INEM ¿cantos desempregados autoctonos as engrosan?
Calquer traballador debe ter os mesmos dereitos e obrigas. Inmigrantes legais e ilegais. Ningún ser humano e ilegal. Discriminados

ajaspino dixo...

Sobre a pregunta de en que traballan os inmigrantes maioritariamente supoño que dependerá un pouco en que ámbito laboral se mova canda un.

Certo é que así de entrada parece que están en certo tipo de traballos. Pero na empresa na que traballo actualmente somos cerca duns 50, dos cales 6 son 'inmigrates' (mexico, brasil, venezolanos, belga, suizos) e 3 desas persoas cun cargo de alta responsabilidade. Así que en parte tamén depende de por onde se mova un.

Anónimo dixo...

Maioritariamente en postos que están mal pagados e con alto risco.
Discriminados