20070917

De cultura pasada

Esta pasada semana comezou a rematar a manifestación cultural do verán en Ribadeo. Aí están, neste últimos días, a recollida da exposición Galiza Nazón, as Xornadas sobre Juana de Ibarborou e El Viejo Pancho, ... e a feira da horta, e ás portas está o festival de teatro afeizoado, quedando logo as típicas actuacións diversas, pero non xa conxuntos como xornadas, congresos, etc, nin apelotonamentos onde non se sabe que escoller.
Claro que meter o da horta como cultura é cousa miña, e a idea non parece que vaia por aí, senón máis ben por ... bo, os cartos gastados son como unha especie de dinamización cultural: non se espera recuperalos, senón que haxa movemento, ambiente en relación con algo calificable como cultura alimentaria.
O parágrafo pasado lévame a lembrar o gasto cultural, cuestión recurrente nos enfrontamentos políticos en Ribadeo dende hai anos. Hai moito que dicir, e tamén moita xente a dicilo. Por eso, só un apunte recollido das novas sobre as xuntanzas mundiais sobre libre comercio: a cultura resístese a ser encadrada nos intercambios comerciais totalmente liberados, e penso que por algo será. Lembro unha película que, en clave de humor, presentoume unha imaxe que no seu momento foi para min ilustrativa do por que: Tentaba unha fábrica francesa de soldadiños de xoguete de madeira (deses que representan os da era napoleónica, por exemplo) de rebaixar custes, e encargou unha partida deles en China. A alternativa podía supoñer o despido de case todo o persoal. Por eso, a recepción da primeira remesa dos soldadiños causou grande expectación. A desembalaxe tampouco decepcionou na pantalla: cada soldadiño, vestido de uniforme de gala, cos seus sombreiros altos, rematados cunha pluma, a súa botonadura, dispostos para o xogo cos nenos franceses, ... con ollos rasgados.
En fin, a definición de cultura propia e de intereses culturais a promover é algo espiñoso. Que pode ocultar moitas outras cousas de fondo. E que as oculta. Mentras, en Ribadeo seguiremos tendo un outono de actividade relacionada coa cultura.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

A cultura debe estar por enriba da política. Pero cando se está a falar de diñeiro público teria que mirarse si o que se está a facer e o que o pobo quere ¿Canto público existe as representacións? Fanse encuestas, consultas a pobación sobre para saber o tipo de cultura que demanda?
Unha reivindicación que a Biblioteca este aberta canto mais tempo mellor. A Biblioteca é cultura e, nembargantes, estanse a facer unha serie de actos elitistas no meu pensar os que o pobo non acude en masa.
Probablemente son moito mais populares os ciclos de cine, concertos de grupos de rock, punk... E son cultura. Discriminados

Anónimo dixo...

"non se espera recuperalos, senón que haxa movemento, ambiente en relación con algo calificable como cultura alimentaria"
La V edición de la Feria de la Huerta celebrada durante el fin de semana en Ribadeo, fue un éxito de ventas y participación, al menos así lo entienden desde la organización (De Cope de la Costa) Si é un exito por qué non se autofinancia como o resto dos concesinarios de postos do Mercadiño dos Mercores na Praza de Abastos?
O Mercadiño tamen é cultura e vida para moitos incluindo o Concello que cobra de forma directa por poñer os postos que eles mesmos instalan. E non so pagan o Concello, pagan a Seguridade Social, a Industria. En resume é cultura e xeneran riqueza para todos.
¿E xusto? ¿Cultura para uns e para outros non é? Discriminados