20070909

Remata o verán

O verán remata o 21 S, pero en Ribadeo comeza o outono o día 9. Máis aínda que este ano coincide en luns a resaca das festas patronais. Aínda así, estanse a deixar sentir os síntomas outoñais do resto da Mariña vía novas diversas. É agora, unha vez pasado o momento de maior afluencia de xente, cando se recoñece que a ratio de policías municipais non chega á aconsellada (suponse que no devir normal, para canto máis nas épocas de verán), tampouco en Ribadeo, que sería o concello que máis se achegaría a ese consello cun déficit de só catro axentes.
Ou se miran ós servizos e se acorda que non son abondo para atender ós visitantes (e que logo quedan destrozados ou en horas baixas para os afincados aquí)
Ou se ve que a pesares das queixas, e apesar tamén do aumento da oferta, agosto tivo as prazas hoteleiras a rebosar.
Ou mesmo que hai unha caída de venda de pisos, sen entrar en razóns de se é só que a economía española xa non é o que era hai uns anos e as hipotecas campan polos seus respectos, ou tamén que o crecemento da oferta superouó da demanda, ou que a comarca xa non é tan atractiva ó estar plagada de mamotretos diversos que se quitan as vistas ó mar uns ós outros.
Onte, cheo en Ribadeo. Esta mañá pillei unha conversa entre un mendigo e un comerciante: 'ás oito unha discoteca de aló estaba con música e a xente borracha, e o solo estaba con cristais rotos". dicíao o mendigo, apuntando o outro que era 'normal'. Seguiron falando do tema e dicindo cousas curiosas, mentras na rúa eramos poucos os que pasabamos, en contraste con onte á noite, onde había que tentar colarse entre a xente se se quería avanzar cara ó parque, limitado por dous palcos para orquestras e ocupado polos chiringuitos festeiros nas zonas iluminadas, e pola xente pro dondequeira que se pasara. Unha curiosidade: estas festas tiven ocasión de observar un efecto durioso do edificio entre Calvo Sotelo e Rosalía de Castro: illa do son moito mellor que as vellas casas da beira do parque. A orquestra na noite xoves/venres non se escoitaba ó seu traverso, en contra das que estaban no parque, que se escoitaban en cas todo o pobo. Así, o edificio, grande, con piscina no tellado, con alturas excesivas, ten unha característica inesperada, a do illamento acústico.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Deficit de so 4 axentes. Non entendo. A plantilla está constituida por 11 axentes, o Sarxento e penso que 3 auxiliares.

Agremon dixo...

A nova está collida da prensa de hoxe. E, a máis, remato de lembrar o que me dixo un alto cargo da Guardia Civil sobre que tiñan que destinar xente á protección de Calvo Sotelo, o que significa máis desprotección.

Agremon dixo...

Estoume liando: a 'xente' de que falo no comentario anterior son números da Guardia Civil, que en parte diminuirían os destinados ó día a día local.