Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta rosalía. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta rosalía. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20211004

AG-11 e Rosalía

Indicación para Lestrobe na AG-11 (Google Maps)

 AG-11 e Rosalía

    Días pasados tiven a oportunidade de viaxar por un tramo da AG-11, a autovía de titulación galega que comunica a costa norte da ría de Arousa coa autoestrada do Atlántico. Tranquilo, desfrutando a paisaxe, chegaron os carteis. Primeiro, o de Laíño, que me fixo traer á mente a estrofa do coñecido poema de Rosalía:

‘Como chove miudiño,

como miudiño chove,

como chove miudiño

pola banda de Laíño,

pola banda de Lestrove.’

    Despois, Lestrobe. E aí quedei cun pequeno choque mental. Lestrobe? Eu lembrava Lestrove!.

    Fixen unha pequena procura e si, Lestrobe, cun pazo de Lestrove, e Rosalía usando esta última grafía.1 E agora, mentres escribo isto, noto que o corrector automático me sinala Lestrove para revisión, e deixa en paz a Lestrobe. Un corrector que agradezo, pero que de xeito curioso o mesmo que tenta machacar a grafía rosaliana, márcame para corrixir Galicia e tamén Galiza. Corrixe a Rosalía, pero non ó nomenclátor oficial da Xunta relacionado co seu poema.

    O certo é que parte da viaxe de volta á casa fíxena pensando na diferenza entre a grafía de Rosalía e a ‘nosa’, entre a paisaxe daquela e o actual, entre o paso e desfrute da vida daquela e agora, na influenza da técnica na nosa vida. Non sei se Rosalía usaría hoxe ordenador e corrector automático como o estou a facer eu, ou lle tería tomado o gusto a escribir en papel e só usaría o ordenador para dar remate ás súas obras, e o corrector para elixir cando transgredir a escrita aceptada de xeito normal ou non. E comprendo que pode haber motivos -de seguro que os hai-, por riba do que teña escrito Rosalía para usar o b e non o v en Lestrobe. E que o Como chove miudiño pouco cambiaría de usar unha forma ou outra. Pero non por iso me deixa de chamar a atención que o corrector automático corrixa a escrita poética e que os cartelóns -palabra a anterior que o corrector me sinala tamén para corrixir e que deixo así- da AG-11 tamén usen o b nese caso.

    Cambiaron os tempos, e dende os ollos cos que miramos as cousas ata a linguaxe que usamos se ven influenciados por ese cambio. Xa non podemos dicir que miramos igual que antano, e tampouco que a lingua sexa a mesma, aínda que podamos seguir a desfrutar dela. Os tempos cambian, o mesmo que nós e Galicia ou a técnica. Como non vai cambiar a nosa vida, o desfrute de Galicia e o uso da técnica? Os desafíos son diferentes, o mesmo que as posibilidades. E tamén deben influír na nosa vida tanto o coñecemento de Galicia como o uso da técnica, e non estaría de máis que tivésemos consciencia desa influencia, que pode ser mutua: nós influímos tamén en Galicia e si, podemos influír no uso e desenvolvemento técnico, cousas ambas que moitas veces se nos esquecen, o mesmo que a posibilidade de influencia na nosa propia vida.

    ... Mentres, vaias por onde vaias, que os carteis te lembren o mundo no que vives e non te impidan desfrutar da poesía da paisaxe.

1 Na edición facsímile que aparece na páxina web do Consello da Cultura Galega está escrito con b, en contra do que tiña visto en diversos sitios con anterioridade e puiden entrever hoxe mesmo como maioritario. Conservo a grafía tal como a lembraba.

Comezo do poema na edición facsímilar citada.

↩

20210224

Hoxe é día de Rosalía

Rosalía Castro de Murguía por Luis Sellier, foto no dominio público, collida de https://gl.wikipedia.org
 

   Rima: hoxe é día / de Rosalía.... 184 anos terrestres atrás nacía Rosalía de Castro. Coido que é o día máis indicado para deixala descansar. A ela, non á lingua da que é símbolo e estrela.

   Pode que non sexa o mellor método de apoiar a lingua o dar unha ligazón onde procurar libros en galego gratis, pero é unha opción. Opción que me atopei na procura doutra cousa. E hoxe déixoa aquí. Para desfrutar participando da lingua. Na web de maos.gal.

20250223

Celebración do día de Rosalía en Ribadeo 2025

    Este sábado 22 de febreiro a A.C. Francisco Lanza celebrou o día de Rosalía. Cun pouco de antelación para non coincidir coa manifestación en Santiago en defensa da lingua, arredor dun xantar en base ó caldo de gloria (inspirado no seu poema 'Miña casiña, meu lar') no material, e á confraternidade no que poderiamos chamar espiritual, desenvolvéronse unha serie de actividades, entre as que estiveron lectura de poesías polos máis pequenos, a estrea dunha peza musical de Eli García Bouso, acompañado por Toño Martínez, ou a interpretación de Farruco Graña acompañado dos anteriores, antes do xantar. E, despois, un pequeno recital libre, de poemas de Rosalía.

    Adxunta queda algunha foto, tres vídeos (ó non quedar gravado completo a peza de estrea, adxunto tamén a peza completa interpretada por Eli e a súa filla Mariña, nun vídeo que me pasou o autor), o cartón da celebración e o mantel, tamén ambos deseñados para a ocasión, este último co ramiño de heliotropo, a flor preferída de Rosalía, que nos atopamos ó chegar á mesa. [Unha nota: como complemento, achégase ó final unha foto de Pancho Campos da manifestación do día 23 pola lingua, en Santiago, xa na praza do Obradoiro].

    A tarxeta da comida:


    O mantel:
 

    Os vídeos:




    O día seguinte, en Santiago, 60 000 persoas...


20110517

Letras galegas 2011 en Ribadeo

Sol, algunha nube que outra, gaivotas ó fondo, tranquilidade na mañá, lectura de poemas ó mediodía, ... Na frente unha estrela, no bico un cantar...
Unha pequena contribución no blog de Ángel de Olavide:
"
Rosalía de Castro. Santiago de Compostela. Foto de la colección de Ana Vieiros en Flickr con licencia CC


Cada 17 de Mayo Galicia celebra el Dia de las Letras Gallegas. Homenaje a la lengua propia de los gallegos a través de los creadores de todas las épocas. En cada villa, en cada ciudad se une el pueblo en una celebración poética y festiva. La música, la literatura y la vida cotidiana se funden en una apasionada y a la vez sencilla celebración.

Le he pedido a mi amigo Antonio Gregorio que nos entregase mediante la palabra un pequeño testimonio, una muestra, del significado de esta fiesta para los gallegos y esto es lo que nos ha dado. Gracias Antonio por este gesto con el que honras a tu lengua, a tu pueblo y a dos de los grandes intérpretes de la historia de Galicia: Rosalía y Curros Enríquez

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan soia
na noite sen fin
¡que inda recei pola pobre da tola
eu, que non teño quen rece por min!

Ollando cara adentro, a Galicia, vese paseniño á súa lingua á beira, mesmo se pode imaxinar entre néboa. Vese camiñando cunha meta, un fin, e coa forza da palabra e o son, e, ó tempo, fráxil, que non débil. Moitas veces sen comprensión, como se ten considerado sempre á xente especial do pobo: 'tola'.

Curros adicou a Rosalía o poema. Podía telo adicado á lingua enteira.
Como lector, e polo tanto, intérprete, a ti tanto como a min, máis aló da literatura, tócanos tamizar se é real, se só o foi, se o seguirá a ser. Coa idea clara, e o traballo, tamén da palabra, a nosa lingua ten por diante mil primaveras máis.


Del mar por la orilla
la miré pasar,
en la frente una estrella,
en el labio un cantar.
Y la vi tan sola
en la noche sin fin
¡que todavía recé por la pobre de la loca
yo, que no tengo quien rece por mí!

Mirando para adentro, a Galicia, se ve poco a poco a su lengua al lado, incluso se puede imaginar entre niebla. Se ve caminando con una meta, un fin, y con la fuerza de la palabra y el sonido, y, al tiempo, frágil, que no débil. Muchas veces sin comprensión, como se ha considerado siempre a la gente especial del pueblo: 'loca'.
Curros Enríquez dedicó a Rosalía de Castro el poema. Podía haberlo dedicado a la lengua entera.
Como lector, y por lo tanto, intérprete, a ti tanto como a mí, más allá de la literatura, nos toca tamizar si es real, si sólo lo fue, si lo seguirá siendo. Con la idea clara, y el trabajo, también de la palabra, nuestra lengua tiene por delante mil primaveras más.
"

20060127

Rosalía aílasoR

Quen non lembra aquela poesía na que Rosalía dí:
'Adiós, ríos/
adiós, fontes /
adiós, regatos pequenos/
adiós, vista dos meus ollos/
non sei cándo nos veremos'...
Rosalía poñía as verbas en boca de alguén que emigraba e daba un derradeiro adéus, pois non sabía se ía voltar. Os versos viñéronme á cabeza cun titular: 'Los promotores mariñanos opinan que la masificación no es posible' (a negriña é miña). E é o caso de que podemos aplicar as verbas de Rosalía á inversa, a unha terra que se vai alonxando de nós do mesmo xeito que o emigrante se alonxaba da súa terra. E non vai a cousa só polo urbanismo asoballador:
'Sogama cambiará de modelo para reducir al mínimo la incineración' ... Abaixo poño un artigo meu publicado vai un decenio en relación co tema. Pero de seguro que non cambiaron polo que eu escribira e fora publicado o 12/6/96.
Hoxe son novas as menores reservas de petróleo Repsol, que fixeron caer fortemente a súa cotización en bolsa ó anunciarse que estiveran sobrevaloradas. Para min a cousa está non en Repsol, senón en que é unha demostración máis de que estamos a esgotar os nosos recursos naturais, e, outra vez, vemos só economía monetaria.
E segue a ser nova a encíclica papal. Estáme entrando o remusguillo de leela; se chega o caso, xa darei conta do tema.
Remato con dúas citas, ambas tomadas dun artigo de Ramón Chao e aplicables á polítca mundia (como el o fixo), á política local (como sería desexable) e tamén a nivel de pensamento particular:
- Ninguén é abondo poderoso como para ser sempre o máis poderoso (Tucídides. Aplíquese a Bush ou a calquera alcalde, entre outras posibilidades)
- O problema da proliferación é que se se fixo unha excepción unha vez, non hai razón para que os demáis non faigan o mesmo (Principe Faisal. Aplíquese a que deixen por exemplo, ter a bomba atómica a Israel e outros queran tela, ou a que permitan abrir un establecemento nun lugar prohibido, ou construír nun lugar indebido, ...)
--

¿Que vas facer con este papel?

Imaxino que pasarás un rato leéndoo e logo o destinarás á basura, onde o máis probable e que quede por moito tempo. As cousas son así, e o periódico é efímero. Se pensamos na cantidade de basura que producimos e a comparamos, por exemplo, co noso propio peso, veremos que producimos e que levamos producido en xeral moita máis basura que o que somos na actualidade. Compréndese facil o problema das basuras: Non hai sitio para elas.

A realidade pode verse nembargantes como moito máis complexa. Noutros tempos non se producían basuras en grandes cantidades. Hoxe estamos nunha época na que a producción de bens materiais se acrecentou moito, pero tamén, ano a a no, a cantidade de basura. Aínda é grande a porcentaxe de personas que lembra, por exemplo, o comprar o azucre a granel. O prestixio do envase, e a posibilidade dunha ganancia maior fixeron que eso xa non se vexa. Por suposto, houbo outras causas como os alegatos á hixiene/sanidade, pero creo que non había moita mortandade por inxerir azucre en mal estado. Así as cousas, ¿cántos anos fai que non ves ofrecido azucre dese xeito?.

Por unha banda, fóronse impoñendo os envases, ate chegar ás veces a situacións esperpénticas, como a do perfume nun frasco pequeno, metido nunha bolsa de diseño, envasado nunha caixa, envolta en papel de regalo, metida nunha bolsa para transportalo. Pola outra, o afastamento dun modo de vida achegado á natureza fai que cada vez podamos aproveitar menos cousas. É dicir, aumentamos o problema e diminuímos a posibilidade de solución. Con elo xurde unha dificultade engadida cara á búsqueda de solucións: o aproveitamento dos nosos propios residuos cada vez se vai máis da nosa esfera personal para pasar a ser de solución comunitaria e allea (léase "societaria" ou, tamén, "empresarial").E iste comentario é a nivel privado, familiar, sen metérmonos no mundo da empresa, onde se consideran outros aspectos en diferente grao, como a primacía do compoñente económico.

Nestas estamos, tratando de solucionar o problema con regulacións diversas que normalmente non son mui ben acatadas, ou son "puenteadas" de diversos xeitos polas empresas. No caso dos particulares altérnanse momentos de acatamento pleno con outros de auto-disculpa plena. Aplicando o principio de "a grandes problemas, grandes remedios", trátanse de buscar solucións globais, como no caso de Galicia. Chócame, dende o meu punto de vista de inexperto en basuras e/ou merda que se busque unha solución na que a base é incinerar para producir enerxía, e ademais dun xeito centralizado, a través dunha empresa participada por unha eléctrica.

¿Por que? Queimar destrúe recursos que costou aproveitar, centralizar implica transportar e algo patrocinado (=> subvencionado) por unha institución pública váise a destinar para ... ¿solucionar un problema?

Pode que sexa algo lonxe da realidade pensar nesas obxeccións, ou noutras como a contaminación na mesma Cerceda (por certo, ¿cándo parará de "chover das Pontes" esa auga que deixa queimadas as plantas?). Eu mesmo penso que hai que deixar como boa a solución que os técnicos den por mellor. Pero hai veces que non me fío moito do resultado, como cando hai mezcla de política e economía. Ollo. Non estou a dicir que cheire mal esa unión, pero as cousas, claras, e, polo momento, eu non as vexo así. Ademais, cando o problema é complexo, como no tema das basuras, técnicamente pode haber ideas contrapostas nas que prime unha ou outra característica do proxecto, estando unhas e outras ben fundamentadas pero suplindo xubxectivamente lagoas no coñecemento profundo, científico do tema. Evidentemente, isto embrolla máis as cousas e as afasta da comprensión/decisión popular. Así, a xente non contamos con máis apoios nos que fundar a nosa decisión de rexetar ou apoiar o proxecto que os que dan os sentimentos ou, en todo caso de xeito posterior, o olfato, dando lugar a demagoxias de todo tipo, a máis do debate serio e consciente.

Mentras, ¿hai unha campaña seria para reducir o problema, para reducir a cantidade de basura?. Non a vexo. Eso me fai dudar aínda un pouquiño máis da liña que se pretende seguir para buscar unha solución.

20230731

El tren de Rosalía. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

 

Parte dunha entrada da Galipedia relacionada co tren citado.

“EL TREN DE ROSALÍA”

(Xosé Carlos Rodríguez Rañón)

    Este é o título do ensaio publicado polo xornalista Tomás Cavanna Benet, no que se detalla e chegada do tren á Galiza en 1873 (hai 150 anos), concretamente da liña (duns 40 km) Carril-Santiago, para facer da ría de Arousa o porto de Compostela como o fora o de Noia na Idade Media. O libro comeza cunha ben acaída exhortación: “¡Lectores, al tren!”. Ilustrado con máis dun cento de imaxes, saíu do prelo baixo o selo da editorial Alvarellos e prologado polo premio nacional de narrativa Suso de Toro.

    Rosalía de Castro pasou os seus últimos anos na Casa da Matanza (desde a que vía a desembocadura do Sar no Ulla cara ao mar de Arousa) ás beiras das vías. Foi soterrada (como moito tempo despois Camilo José Cela nun día chuviñento no que acompañei o seu féretro) no cemiterio de Adina aos pés da colexiata de Iria Flavia, construída xusto a carón dos camiños de ferro. En tren sería trasladada pasados uns anos até Compostela de Santiago para repousar no Panteón de Galegos Ilustres.

    O madrileño Tomás Cavanna chegou á Galiza en 1993 requirido polo propio CJC para facerse cargo da súa fundación e do Museo Ferrocarrileiro (que tanto visitei cando vivía en Padrón) nas antigas Casas dos Coengos sitas tamén ao pé do ferrocarril, ese mesmo que dirixira o avó británico do Nobel.

20221130

Arredor da homenaxe cancelada a Luz Pozo Garza

    Antonte recibín o anuncio dunha homenaxe a Pozo Garza para onte que onte mesmo avisei que se cancelara. Agora teño nas miñas mans unha nota de prensa do Gabinete de Comunicación do PP de Lugo, e o documento presentado polo PP hoxe no concello de Ribadeo, complementarios da información anterior. Aí van:

--

A concelleira popular, Begoña Sanjurjo, fai unha exposición dos motivos para facer a homenaxe a Luz Pozo Garza, que este ano cumpriría 100 anos luz, “como diría ela”


O PP de Ribadeo reclama, no centenario de Luz Pozo Garza, unha homenaxe para reivindicar a súa figura de filla predilecta na vila

• O Grupo Municipal Popular pide que se inclúa unha ofrenda floral aos pés do monolito que a lembra e un recital poético coa participación dos centros educativos de Ribadeo

• “Un día como onte, 29 de novembro, Luz Pozo Garza ingresaba como numeraria na Real Academia Galega data en que deu lectura ao discurso de ingreso titulado “Diálogos con Rosalía”, explica Sanjurjo

• Os populares esperan que desde o concello estean todos os grupos á altura para facer un acto conxunto que reivindique a súa figura como máxima representante da literatura ribadense

Ribadeo, 30 de novembro de 2022. O Partido Popular de Ribadeo rexistrou no Concello unha proposta na que se reclama ao goberno do BNG a homenaxe para Luz Pozo Garza con motivo do seu centenario e para reivindicar a súa figura como filla predilecta da vila. “Hoxe cumpriría 100 anos luz, como diría ela”, explica a concelleira Begoña Sanjurjo.

Sanjurjo explica, “un día como onte, 29 de novembro, Luz Pozo Garza ingresaba como numeraria na Real Academia Galega data en que deu lectura ao discurso de ingreso titulado “Diálogos con Rosalía”.

Os populares esperan que as agrupacións locais que forman parte do Concello se sensibilicen e poñan da súa parte para facer un acto conxunto que reivindique a figura de Luz Pozo Garza como máxima representante da literatura ribadense. Ademais, o grupo popular demanda unha ofrenda floral aos pés do monolito que a lembra e un recital poético coa participación dos centros educativos de Ribadeo.

Datos biográficos

Fai estudos musicais de solfexo, piano, violín e laúde que deixaron unha singular pegada na súa poética, estudos de maxisterio e de filoloxía románica. Licénciase en Filosofía e Letras en 1963 Como poeta dáse a coñecer co libro Ánfora (1949) e no ano seguinte gaña o premio Adonais con “El vagabundo”, entrando así no Parnaso da man de Gerardo Diego.

En 1952 inaugura a Colección Xistral co seu poemario O paxaro na boca, para a partir de 1976 pasar a ser só poeta en galego. Di a crítica que a súa poesía representa a fusión entre a tradición do Rexurdimento e a descuberta serodia do tesouro das cantigas.

Obtivo o Premio Miguel González Garcés en 1992 por Prometo a flor de Loto, poemario concibido como un diálogo co poeta finado Eduardo Moreiras (o seu segundo esposo), e o Premio da Crítica por Deter o día cunha flor. Os seus poemas foron traducidos ao portugués, catalán, francés, inglés, alemán, húngaro, ruso e xaponés.

Forma parte da Real Academia Galega como membro correspondente desde 1950 e como membro numerario desde o 29 de novembro de 1996, data en que deu lectura ao discurso de ingreso titulado “Diálogos con Rosalía”. No 2019 é nomeada Filla Predilecta de Ribadeo. Falece o 20 de abril de 2020.

--



 

20230223

No día de Rosalía 2023

    Un acto breve no cine teatro de Ribadeo. A Rosalía non lle fan falta grandes cousas, nin as necesitamos para lembralas. Breve si, pero sentido e con significado: Rosalía meréceo.

    O acto consistiu na lectura de varios poemas, unha dramatización e ar remate, a lectura do manifesto da AELG (vídeo e texto, en baixo), introducidos por verbas da concelleira de Cultura, Pilar Otero.



    Versión pdf:

 

    Vídeo:


20120322

Por fin, pleno en Ribadeo (avisado)

Confírmase que mañá habará pleno en Ribadeo, pola tarde, un venres e variando polo tanto o que leva sendo usual dende que o concello entrou na era democrática: pleno ordinario o segundo luns de cada mes impar, ou senón, en luns sucesivos.
Tamén voltamos a ver outro pleno avisado na propia web do concello, que neste sentido parece que pouco a pouco e por fin, tenderá a normalizar a situación de aviso de temas.
Na orde do día, a parte da aprobación da acta anterior, figura:
-A aprobación inicial do regulamento de creación de ficheiros de datos de carácter persoal do Concello de Ribadeo (a lembrar que a creación de tales ficheiros e a súa regulación leva xa cousa de unha década regulada).
-As aprobacións iniciais dos convenios urbanísticos entre o Concello e varios titulares propietarios na rúa Pintor Fierros, entre o Concello e varios propietarios na rúa Daniel Cortezón e entre o Concello e Construcciones Os Molineros S.L. na avenida de Rosalía de Castro.
-O Plan Xeral de Ordenación Municipal para a súa segunda exposición pública.
-A dación de contas da relación certificada de obrigas pendentes de pago a 31.12.2011 de conformidade co Real Decreto Lei 4/2012, de 24 de febreiro, polo que se determinan obrigas de información e procedementos necesarios para establecer un mecanismo de financiación para o pago a proveedores das entidades locais (relación que xa foi comentada no blog).
-E a dación de conta de decretos da Alcaldía, rogos e preguntas, máis as mocións de partidos.
No capítulo de mocións figuran catro do PSOE sobre reducción de multas de tráfico, modificación de criterios das axudas dos Programas de Cooperación, declaración do Día de Rosalía de Castro e outras accións con este motivo e sobre o Día Internacional das Mulleres.
Dúas mocións do PP sobre actuacións a incluir dentro do PEIM Rural e sobre promoción de emprego e creación e consolidación de novas empresas no Concello de Ribadeo.
Asemade, catro do BNG sobre dereitos das mulleres, apoio á iniciativa lexislativa popular para a defensa e promoción da sanidade pública en Galicia, contra a privatización e suba das tarifas das escolas infantís pertencentes á Xunta e para declarar o 24 de febreiro Día de Rosalía de Castro.

20250219

Dous artigos sobre o antroido. Eli García-Bouso

    Deixo a continuación dous artigos de Eli García-Bouso publicados en La Comarca del Eo dos días 8 e 15 de febreiro de 2025:

    O A(E)NTROIDO

    POR ELI GARCÍA-BOUSO


    Puidemos ler neste semanario do 25 de xaneiro pasado e no do 1 de febreiro actual sendas informacións, entre outras, nas que se falaba da próxima celebración do Antroido. Perdón: do Entroido. O 25 de febreiro de 2023 publiquei, tamén na Comarca, un escrito-opinión no que defendía o uso da palabra “Antroido” en vez da de “Entroido”, que é a normativa, e que se ven utilizando na nosa vila desde fai varios anos. Os devanditos escritos demostranme que o meu caéu en saco roto, pero lembrando aquel dito de “el que la sigue la consigue”, decidinme a insistir neste asunto e volver a dar a luz o mesmo artigo publicado naquela data de fai case 2 anos e que levaba o mesmo título que o que encabeza estas liñas. Iso si, prego que si alguén ten argumentos que superen ós meus para defender o uso de “Entroido”, por favor, que mo faga saber a través deste mesmo semanario ou, se o prefire, de xeito privado. Heillo de agradecer e, se me convence, estou disposto a rectificar. E non digo esto desde unha posición prepotente, porque me crea poseedor da razón (non son lingüista nin filólogo), senón porque, realmente, quero facer uso do máis razoable e debidamente argumentado, aínda que, ás veces, non coincida co normativo, como pode ocorrer coas excepcións (sexan da materia que sexan).
    Aquel artigo decía o seguinte:
    “Nestas datas, sempre lembro ós meus avós (e pais) falando do Antroido. A miña avóa era a encargada de facer os fereixós, recheos ou non, que facían a delicia de cativos e maiores.
Antroido por aquí, Antroido por alá.
    Sen embargo, nos últimos anos, invadiunos (non sei porque) a palabra Entroido (con “E”), substituíndo á de sempre, Antroido (con “A”). Teño entendido, segundo me dixo unha persoa estudada e informada, que a Real Academia Galega só dá por certa ou válida a de “Entroido”. Sendo conscientes de que a nosa Academia acepta como válidas as variantes dalgunhas palabras, dependendo da rexión ou lugar donde se usen, non creo que a RAG se enfadara con nós se utilizamos a nosa variante local, usada desde non sei cantos anos fai. Polo dito, pido ós responsables destas festas en Ribadeo (comisión, Concello, ACISA, ou quen sexa) que volvamos ás orixes, que volvamos ós nosos avós e pais, e que non deixemos perder a maneira na que sempre nos referimos en Ribadeo ó Carnaval, é dicir, ó Antroido. E baso esta petición nos seguintes argumentos:
    1.- Na veciña Asturias, utilizan para o Carnaval a palabra “Antroxu”. Con “A”. Se buscamos en Google esta palabra aparecen, aproximadamente, 227.000 resultados. Se buscamos “Entroxu”, remítenos a Antroxu. É dicir, non aparece ningunha.
    2.- Na Coral Polifónica de Ribadeo, da que formo parte, temos no repertorio unha cantiga de Juan de la Encina (ou Juan del Encina; séculos XV e XVI), dedicada ó carnaval e que na súa letra di: “…Por honra de Sant Antruejo parémonos hoy bien anchos…). Si. Tamén con “A”.
    3.- Eu coidaba que Antruejo era unha palabra do castelán antigo pero, sen uso hoxendía. Estaba errado: segue a existir no vocabulario. Non temos máis que buscar no diccionario da Real Adademia Española para comprobalo. É certo que tamén aparece a acepción “Entruejo” máis, en vez de definila, remítenos á outra, é dicir, a Antruejo.
    4.- Non só segue existindo en castelán, senón que tamén se utiliza en ocasións. No pasado mes de xaneiro pasei uns días coa miña familia en Ciudad Rodrigo (que non coñecíamos) e sorprendeume grandemente ver nos escaparates das tendas carteis que anunciaban a festa do “Toro del Antruejo” de Ciudad Rodrigo. Unha vez máis recurro a Google para buscar “Toro del Antruejo” e aparecen 10.900 resultados. Busco “Toro del Entruejo” e aparecen os do “Antruejo” pero nin un só do Entruejo.
    Cos devanditos argumentos, coido que está claro que prevalece, con diferencia, a vocal “A” sobre a vocal “E”. Entón, pregúntome eu, porque en Ribadeo, que sempre se dixo Antroido, imos deixar perder este uso, que é o natural da nosa vila?
    Quizáis a miña petición ós responsables chegue tarde para este ano, porque posiblemente estean xa impresos os carteis e demáis propaganda do Antroido. Pero pídolles que tomen boa nota para o vindeiro ano e, se aínda quedan cousas por publicar, por favor, utilizade a acepción “Antroido”, que é a nosa.
    Cos meus mellores desexos, VIVA O ANTROIDO!
”
    Ata aquí o publicado o 25 de febreiro de 2023 e, para rematar este escrito, pregúntome: seguirán os responsabeis desta celebración deixar caer, unha vez máis, en saco roto o uso tradicional da palabra Antroido que, aínda que non é a normativa, si é a normal e a natural en Ribadeo? Se vai ser así, estou convencido que axina deixará de ser a normal na nosa vila, se non deixóu de selo xa. Oxalá me equivoque. 

 --

    AGORA SI: ANTROIDO

    POR ELI GARCÍA-BOUSO


    Retomo o asunto da semana anterior, aínda co risco de caer pesado ós meus posíbeis lectores. E fágoo por imperativo ético, pois esta semana houbo dous feitos que me amosan que o “saco roto” do que falaba, non o estaba tanto como eu podería pensar, ademais de fortalecer a miña argumentación sobre o uso na nosa vila da palabra “Antroido” en vez de “Entroido”.
    Un, foi o correo electrónico que me envióu Antonio Gregorio, licenciado en física e química (sobradamente coñecido en Ribadeo), no que me dicía que concordaba conmigo no expresado no mencionado artigo e me facilitaba un enlace ó seu “Ribadeando”, onde tiña editado o pregón do antroido que el mesmo pronunciou na sala de festas Rosa-Lar, aló no ano 1997 (xa choveu). Neste pregón, utiliza continuamente a forma “antroido”, agás nun parágrafo no que recoñece a irrupción en Ribadeo da forma “entroido” (xa daquela; e eu que pensaba que era de uso relativamente recente...).
    O outro, que foi o que me deu o pulo definitivo para decidirme a volver a escribir sobre este tema, foi a mensaxe por “WhatsApp” (ou, como digo eu, por “guasapo”, galeguizando ou castelanizando o término inglés) que me remitíu Suso Fernández Acevedo, filólogo e profesor de galego no IES Dionisio Gamallo, de Ribadeo. Dicía Suso: “A Real Academia Galega recolle no dicionario os dialectalismos léxicos maioritarios pero acéptaos todas e non só iso, senón que sempre defende que, en cuestión de léxico, deben defenderse os dialectalismos”.
    Así mesmo, envioume un enlace co xornal “El Español”. O primeiro que me chamou a atención foi un mapa de Galiza, elaborado polo Instituto da Lingua Galega, onde todos os municipios están marcados cunha cor concreta e cada cor corresponde a unha forma diferente de nomear o carnaval na nosa Comunidade. Rapidamente busquei Ribadeo e, como esperaba, a cor coa que aparece marcado o noso concello corresponde á forma “Antroido”. Unha vez máis se reforza a miña postura.
    Deste periódico, no artigo asinado por Thalia García, recollo só uns cantos parágrafos para non facer demasiado extenso este meu artigo. Vexamos:
    “…las fórmulas típicas del Entroido y Antroido son, sin lugar a dudas, las más empleadas por los gallegos… según apunta un estudio llevado a cabo por el Instituto da Lingua Galega, de la USC…”
    Outro: “…el Instituto da Lingua Galega se valió de una base de datos lexicográfica que abarca más de mil obras datadas desde el año 1812 hasta la actualidad… dicho análisis exhaustivo reveló la presencia de hasta 15 variantes diferentes de la palabra que habían sido recogidas un total de 1.400 veces… Entroido es la forma más utilizada, superando las 800 referencias… En el caso de Antroido, la segunda expresión más empleada en Galicia recibe más de 500 menciones, máxime en las zonas más al norte de las provincias de A Coruña y Lugo”.
    Por último, Suso Fernández, remitiume varios comentarios como filólogo que é, dos que destacarei uns cantos:
    “O galego ten moitas palabras que non se recollen no dicionario, pero non por iso son incorrectas.”
    “No caso das variantes léxicas, adoitan (refírese á RAG) recomendar… Pero son recomendacións, non prescricións”.
    “Tratándose de comunicación de ámbito local (por exemplo, os carteis do Antroido ribadense) ningún académico vai condenar o uso da forma tradicional da zona. Todo o contrario: se unha idea hai clara nos lexicógrafos é que a diversidade é riqueza, sempre que non atente contra as características propias do idioma”. Como ocorre neste caso que eu defendo.
    Coido que o que levo exposto ata aquí é motivo suficiente para, unha vez máis, pedirlles, solicitarlles, pregarlles ós responsábeis da organización do Antroido ribadense, e de xeito especial ó Concello de Ribadeo e, de maneira máis especial aínda, se cabe, á Concelleira de Cultura que, por favor, non traizoen ós nosos antepasados co emprego dunha palabra que NON É en absoluto propia da nosa vila, que respecten a que sempre se utilizou, e que fagan todo o posible para que nos carteis, escritos, propaganda, programas, etc., se empregue a nosa palabra natural: ANTROIDO.
    E por se todo o antedito fora pouco, o propio profesor Suso Fernández indícame que acaba de comprobar que no Tesouro Informatizado da Lingua Galega, no que se recollen 413 rexistros de “antroido”, aparece nos rexistros do 5 ó 11, que Rosalía de Castro usaba a
forma “antroido”.
    O día 22 do presente mes, a Agrupación Cultural Francisco Lanza realiza un acto, no que participa o Concello, como homenaxe a Rosalía. Imos traizoar tamén a Rosalía?

 Eli García Bouso


 

20151207

O Mural/grafitti da esquina da Avda. de Rosalía, do dito ó feito

Só para facer un pouco de historia, dende a primeira nota no blog ...
1.A parede tal como estaba antes, Avda. Rosalía esquina S. Roque (en Google):
2.O proxecto tal como foi 'vendido' a traverso da web do concello:
A imaxe, en desenvolvemento:
O resultado:
E unha visión nocturna, co faro funcionando:

20091230

De novo, a San Silvestre

    Nas mesmas condicións que anos pasados, este ano (mañá, día 31) correrase a San Silvestre.

    Reproducindo parte do do ano pasado, a distancia recorrida en m (para máis info e resultados, http://sdribadeo.info/):
Saída 0
Fonte 240
S. Francisco 452
Mercado 513
Mercado 640
Xardín 1098
Rosalía de Castro 1610
Rosalía de Castro 2128
Auxiliar autovía 2331
Auxiliar autovía 2401
Desviación 2478
Desviación 2585
Desviación 2771
Estrada faro 2957
Residencia 3066
Baixo ponte 3309
Capela S. Miguel 3452
Calvo Sotelo 3636
Calvo Sotelo 3739
R. S. Miguel 3789
Costa de Conchita 3940
Fonte vella 4049
Viejo Pancho 4119
Catro calles 4147
Amando Pérez 4309
Mercado 4420
Villafranca 4548
Catro calles 4710
Pza. España 4779
Cantón 4806
Meta Concello 4874

20130224

Rosalía, auga e Ribadeo

Hoxe, para celebrar o nacemento de Rosalía, chove a cántaros en Ribadeo. Cantou moitas veces cousas relacionadas coa auga, abondante na nosa terra. Onte lembreino ó pasar polo encoro do Lexoso, onde se xunta ó Noceda. Un sitio bonito abofé, pero que hai tempo que deixou de servir a Ribadeo como merece pola colmatación do seu leito, como se pode observar na foto do medio. Unha limpeza sería necesaria para que o encoro se poda seguir a chamar así e funcione como tal, e non como unha sinxela toma de auga.
O río, augas abaixo do encoro

O encoro, totalmente colmatado

A caída, en pleno funcionamento onte

Quizáis sirva para comezar a pensar nunha ruta que inclúa fontes e demais ...

20080319

Resposta rápida


Despois de dar nova da resposta do alcalde ás preguntas de O tesón, hoxe aparece nos xornais que se vai solucionar cun novo ascensor na parte traseira do edificio, con custe á consellería de Presidencia. Polo que parece, áinda faltan 'flecos' para ver como se vai facer a cousa, pero vai adiante. Por cuestión de mantemento e uso, tería preferido unha rampa, pero así o certo é que ó mellor tamén se pode aproveitar moitas veces como montacargas.
Onte fixéronme ver algún detalliño po PXOM. A imaxe (xa se sabe, ampliable mediante o rato) aparece cruzada pola Avda. Rosalía de Castro, alias 'rúa transversal' conservando a seu antigo nome. E aparece bordeada de edificacións con 7 alturas (circuliños con números dentro). Coido lembrar que eran 6 en tempos, pero ó mellor era sen contar a pranta baixa. Pero a cuestión é que cara á aprte superior esquerda aparece unha zona amarelo-laranxa que ve asignada 1 altura. Como inclúen as alturas a pranta baixa, pois só poderán ter edificios sen pisos, en contra do que sucede no actual 'aparcadoiro municipal', ó que se lle asignan 7 alturas na zona que non é parque. Non dubido de que o de 1 altura é un erro, igual que debera selo o de 7 alturas que abrangue agora toda a beira entre Rosalía e Calvo Sotelo (o centro da imaxe), legalizando altura nunha rúa que vai representar un muro se non se cambia o plan.
Por certo, na parte inferior vese o cine teatro con dúas cores diferentes. Unha delas é a zona de palco e vestiarios, que realmente desentona do resto.

20090101

Máis sobre a S. Silvestre de onte

    Despois da referencia onte á San Silvestre, varias cousas máis, despois de lembrar de novo onde estará en breve toda a información, http://sdribadeo.info:

    O primeiro na xeral (o nome, ... , de Lugo) chegou en 14:49, para cubrir os 4916m (aprox, algo menos de 332 m/min, 3:01 min/km). O último, no doble de tempo (redondeando)
    A táboa que puxen o outro día, correspondendo ó plano posteado, hai que alongala un pouco, pois comezouse na esquina do parque que da á peonil. Con elo, quedaría:
Saída 0
Fonte 282
S. Francisco 494
Mercado 555
Mercado 682
Xardín 1140
Rosalía de Castro 1652
Rosalía de Castro 2170
Auxiliar autovía 2373
Auxiliar autovía 2443
Desviación 2520
Desviación 2627
Desviación 2813
Estrada faro 2999
Residencia 3108
Baixo ponte 3351
Capela S. Miguel 3494
Calvo Sotelo 3678
Calvo Sotelo 3781
R. S. Miguel 3831
Costa de Conchita 3982
Fonte vella 4091
Viejo Pancho 4161
Catro calles 4189
Amando Pérez 4351
Mercado 4462
Reinante 4590
Vilafranca 4752
Pza. España 4821
Cantón 4848
Meta Concello 4916

    Os pequenos tamén variaron de percorrido este ano, segundo a imaxe.

20070521

Un cuarto de hora de pleno

Ese foi o tempo que puiden asistir. O final dun total de 3/4. Dous puntos: aprobación da acta e rogos e preguntas. Naturalmente, cheguei só ó final do segundo.
A entrada foi un pequeno choque: na parte de público non había ninguén. E, ademáis, faltaban JC Andina e Santiago (que chegaría pouco despois de min).
Os temas, entre M. Valin e Balbino, consistían en reiteración e aumento de preguntas que máis ou menos xa están na rúa e foron tratadas dalgún xeito en plenos anteriores, pero eso non lle restaba interese. E menos cando o alcalde non deu pé (é dicir, negouse a darlle a palabra, dicindo o mesmo Balbino 'non ten nada que dicir') a que contestara Fernando Suárez para opinar sobre as preguntas de Valín. O das alusións de semi insultos (calificación benévola nalgúns casos) non foi un agravante, pois é xa unha especie de tradición.
Valín dixo, sobre a ocupación da rúa entre Avda. de Asturias e o Xardín, en Rosalía de Castro, ou sobre o edificio da Lodeira que denunciou Cao, ou sobre o aumento de volume do edificio en construcción da Atalaia cousas polo estilo: 'dame a sensación de que ten algo que ocultar', 'non cadran as cifras de pago' (da ocupación de vía pública aínda hoxe vixente no xardín), 'hai un trato de favor cara á empresa', 'sabe si están a traballar na obra?', ...
Sendo as réplicas do alcalde do cariz de 'non está constatado' (por exemplo, en canto á continuación de traballos no edificio da Lodeira), 'nunca tiven trato de favor', ... o único, quedou en contestar o da lodeira no próximo pleno (Valín non se presenta ás eleccións, logo non estará)
Só houbo unha pregunta máis,por parte de Santiago Fdez.,sobre se había prazas de garaxe baixo a rúa que quedará peonil entre Calvo Sotelo e Rosalía de Castro, contestando o alcalde que non o sabe.
Para remate, todos ben avenidos: grazas do alcalde a todos os que colaboraron e sorte a todos os que se presentan as eleccións.
Notei que non dixo sorte a Ribadeo, pero xa metera a Ribadeo cando agradeceu a colaboración.
Coido que é patente por que O Tesón esta vez non presentou preguntas: hai moitas sen contestar.
Mañá é outro día.

20210511

Letras no campo: programa, cartel, ...

   Ben, xa está dispoñible o programa da feira do libro de Ribadeo 2021, Letras no campo. Arriba queda.

  A pregoeira deste ano: Carme Rodríguez (Ribadeo, 1996). Compositora e con percorrido tamén na creación literaria. Foi gañadora en dúas ocasións do Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo.

   A lectura do pregón terá lugar o venres 14 de maio ás 20.00 horas no parque San Francisco.

    E, abaixo, a nota de prensa da concellería de cultura, organizadora do envento, e ligazóns á última 'Letras no campo', a de 2019.
 

Foto Letras no Campo

AS LIBRARÍAS FARÁN DESCONTOS DO 10% NAS COMPRAS

Letras no Campo 2021

10/05/2021

Do 14 ao 17 de maio terá lugar Letras no Campo, a sétima edición da feira do libro de Ribadeo, que organiza a Concellaría de Cultura. Ao longo desas xornadas haberá presentacións, música e divertimento. O evento foi presentado esta tarde no salón de plenos do Concello.

A edil Pilar Otero dixo que "despois do parón do ano pasado imposto pola covid e baixo o lema a cultura é segura, o Concello de Ribadeo organiza para esta fin de semana a sétima edición de Letras no Campo, feira ribadense do libro. Das outras veces este evento que implica librarías, editoriais, autores e autoras e lectores e lectoras facíase xa entrado o verán. Preténdese, ao programalo para mediados de maio, contribuír á desestacionalización das ofertas que axuden a dinamizar o concello".

A concelleira de Cultura explicou que "Letras no Campo comezará na tarde do venres, 14 de maio, e desenvolverase ao longo dos días 15, 16 e 17. Un total de 6 casetas abrirán as súas portas o venres ás 17.30 horas, unha xornada marcada pola lectura do pregón. Neste caso é unha pregoeira, moza, compositora premiada, mais tamén con incursións na literatura, a ribadense Carme Rodríguez Rodríguez. Antes e despois da súa intervención acompañará o acto a sección de música tradicional da Escola Municipal de Música e Danza do Concello de Ribadeo".

Otero Cabarcos indicou que “o horario para o resto das xornadas é de 11.30 a 13.30 e de 17.30 a 20.30 horas. O lugar elixido é o parque San Francisco e as presentacións dos libros faranse na sala de exposicións. Cada xornada rematará cunha actividade de lecer chamada Divertimento. A idea da feira é darlle visibilidade a autores/as locais, da comarca, e foráneos/as, e tamén que haxa diversidade de xéneros".

A concelleira de Cultura relatou que "a mañá do sábado contará coa presentación da última obra do ribadense Chemi Lombardero, no ámbito do relato curto, A morte de Colasón e outros relatos, seguido do poeta Baldo Ramos con Porque te quero. Pola tarde, volvemos co xénero poético, neste caso da man de Paco Rivas e as súas Rosas envaiñadas e tocamos a narración e a ilustración con Neira Brochs e Antonio Reigosa con Cen historias máxicas pola Mariña encantada. Coma no resto das edicións Letras no Campo remata cada día coa sección chamada Divertimento. O sábado  a protagonista será a Banda Municipal de Música de Ribadeo, que interpretará o Concerto das Letras Galegas no campo de fútbol de herba artificial do CEIP Gregorio Sanz".

Pilar Otero contou que “o domingo presentamos a novela gráfica de Ana Moreiras Madia leva e recibimos a visita de Rosalía de Castro e Manuel Soto e Freire. Á tarde Aurora Marco presenta o ensaio centrado nas mulleres do Seminario de Estudos Galegos e de Irmandades da Fala, Irmandiñas, e rematamos cunha presentación diferente, a que da biografía de Xela Arias  fai  Yolanda Castaño, Xela quixo ser ela. Acabamos a xornada con outro divertimento, neste caso a compañía de teatro Os Quinquilláns representan no auditorio municipal A pluma viva de Rosalía. No propio Día das Letras Galegas a profesora da USC Beatriz Busto Miramontes presentará o ensaio Un pais a la gallega. Galiza no NO-DO franquista. No resto da xornada Xoán Hermida falará do seu ensaio A saída da encrucillada, e, editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo presentarase o libro de banda deseñada de Primitivo Marcos Viveiro 1810. Augasmortais e o que ten como centro os anos no colexio Fingoi de Carvalho Calero, obra de  Ramón Reimunde. A xornada remata coa lectura do ditame do xurado para a fase local do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galega 2021 e o divertimento a cargo do dúo Corredores de Sombra, que ofrecerán un concerto recital".

A edil ribadense tivo palabras de agradecemento para as asociacións e entidades colaboradoras: "como se ve á hora de deseñar o programa gústanos sempre facer partícipes a entidades ribadenses e persoas particulares. Agradecemos a colaboración da Banda Municipal de Música, da EMMeDR, do colexio Gregorio Sanz e tamén do obradoiro de nenas e nenos do Bosque Animado, que decoran con debuxos de mulleres escritoras a sala do parque San Francisco. E tamén á Agrupación Cultural Francisco Lanza, que este ano adianta Palabras no Balcón e leva as lonas con poemas de Xela Arias a 15 varandas da vila. Por último como non pode ser doutro xeito tamén agradecemos a Librería Galgo, Gráficas Santiago, Pícaros Mundi, Lar Libros e Bahía a súa participación nesta edición de Letras no Campo. E lembramos que farán un 10% de desconto a aquelas persoas que fagan compras eses días nas casetas do parque de San Francisco".


 

Letras no campo 2019: programa

Letras no campo 2019

O libro como ferramenta: asociacionismo e cultura (Letras no campo 2019)

Máis de O libro como ferramenta 

 

20061020

Sorpresa!

Pois si, resulta que tras a construción dun edificio na rúa Rosalía de Castro con piscina incluída por riba das sete plantas, agora é denegada outra licenza apra a construción, xusto fronte a el, de outro con características de altura semellantes, e 'porque afecta ó casco vello', cando está menos céntrico que o anterior (está da beira de fóra de Rosalía). Claro que por medio houbo un rexeitamento do PXOM en Santiago, e está preto de San Roque, que é algo así como un monumento (e por se fora pouco, agora ten os cocos para apuntalar a súa monumentalidade)
Eso di a prensa. E resulta que é no aparcamento 'acondicionado provisional' que xa comentara aquí sobre as contraprestacións que esixiría... Quedará sen contraprestacións? serán en outro concello? Ábrense interrogantes novos.
De calqeura xeito, a min chámame a atención que a nivel oficial se esteña comezando a actauar de xeito digamos preventivo, pois parece que o edificio estaba conforme co plan vixente na actualidade, o de 1977, pero o sentido común dalgunha autoridade como patrimonio deixou constancia da súa impronta, ó mesmo que apsou en Lugo recentemente coa sentencia en contra do concello pola instalación de locais (bares) en zona acústicamente contaminada, permitida polo plan (como se pretende en Ribadeo, feito o máis liberal posible) pero rexeitada polos xuíces.
Non queda tempo de falar da aposta de Castropolo polo turismo ecolóxico na ría de Ribadeo (cun centro de interpretación que non se vai a chamar precisamente 'ría de Ribadeo') o das aputas ecolóxicas dadas nas xornadas de medio ambiente, das que si é preciso falar outro día.
--
Retomo as citas de hai un ano con 'este concello que temos'. Un título suxestivo a día de hoxe.

20160723

#cortesdeluzRibadeo v. verán 2016

O inverno pasado iniciei #cortesdeluzRibadeo en Facebook, Twitter, Cabozo... Comecei con algo como isto: "Por favor, cando haxa algún corte de luz en Ribadeo, poñede o hashtag #cortesdeluzRibadeo ó comezo e logo os datos de día, hora, duración aproximada, zona afectada, para ir creando unha base de datos á que recorrer para protestar, que haberá que facelo, seguro.
Dende hai moitos anos, en Ribadeo arrastramos a lacra dos cortes de luz. De día ou de noite, máis ou menos longos, calquera corte de luz interrompe os negocios, o traballo, o ocio, fastidia máis ou menos, pero sempre algo, os aparellos eléctricos... mentres a compañía eléctrica fai oídos xordos a reclamacións e protestas da xente, nosas.
Téñense alzado contra destes cortes voces individuais ou asociadas a través de ACISA, O Tesón, o concello... sen solu
ción nin resposta. Todo o máis, algún comentario feito ós medios de que está todo ben, baixo os parámetros normais... sen que se poda rebater ou encarar doutro xeito porque non fixemos recollida de datos a nivel da poboación enteira, e sabemos que o sufrimos, pero non o alcance que tivo, nin estamos coordinados para demostrar nada.
Pero o mesmo que cada vez os cortes son máis fastidiados porque hai máis aparellos máis sensibles que dependen da electricidade nas nosas vidas, tamén temos máis posibilidades de facer escoitar as nosas voces a través da tecnoloxía, por internet. Xa está a funcionar o haghstag #cortesdeluzRibadeo en twitter, en facebook e noutras redes sociais para que todo o mundo poida usalo e dar conta dos fallos de luz, para ter datos para as reclamacións e facerlle ver á compañía eléctrica que hai un pobo detrás recollendo datos e protestando de xeito continuado ata lograr o obxectivo de ser tratado como xente do século XXI, non como xente do século XIX.
"
Se se procura por #cortesdeluzRibadeo en facebook (https://www.facebook.com/hashtag/cortesdeluzribadeo) ou en twitter (https://twitter.com/search?q=%23cortesdeluzribadeo) polo momento atoparase pouca cousa, só exemplo do que pode ser coa colaboración de todos; algo que de calquera xeito irá aumentando co uso.
Repito o método:
Cando haxa algún corte de luz en Ribadeo, poñede en facebook, twitter, latri.ca, cabozo.com ou calquera outra rede social que frecuentedes o hashtag #cortesdeluzRibadeo ó comezo e logo os datos de día, hora, duración aproximada e zona afectada, para ir creando unha base de datos á que recorrer para reclamar e protestar, que haberá que facelo, seguro.

 Un exemplo, para reportar un corte de luz de varios segundos que ao menos se sentiu na zona da Alza o 3 de decembro de 2013 ás 20:15 da tarde:
#cortesdeluzRibadeo 20131203 20:15 aprox. zona: Alza. duración: varios segundos
Entre todos podemos ir deixando constancia dos cortes. E tomando conciencia do que afectan a todos, non só a un comercio ou a quen estaba a subir nun ascensor. E facemos presión só con reportar que houbo o corte. Os datos estarán aí, a disposición de todos. E da compañía eléctrica, que verá a todo o pobo fronte a ela cada vez que ocorra un corte, sen esperar xa a unha protesta escrita que chegue días despois.


De pronto, teño as seguintes referencias de cortes na zona (van sen a citar os nomes das persoas que reportaron, poque non llo dixen aínda a todos):

20160825 5:17 madrugada. Rodríguez Murias Corte de 1 minuto.
20160824 9:15 corte de luz 1 minuto aprox. cuatro calles-Reinante
20160821 10:57 zona cuatro calles e Reinante, microcorte
20160817 12:36 zona 4 calles, 1 minuto
20160814 8:30, cousa de 1 s, zona catro calles
20160724 11:56 microcorte na zona catro calles
20160727 arredor das 7:00 microcorte
20160724 11:56 microcorte na zona catro calles, Reinante, Rosalía... aparellos desconfigurados, etc. varias referencias
20160722 arredor das 17h, 3x microapagóns zona S.Roque
20160722 sobre as 7 da mañá microcorte na zona Rosalía de Castro
20160721 sobre as 11 da mañá zona punto limpo microcorte.
*diario (comezos de veran 2016) sobre as 7:10-7:15 Avda. Calvo Sotelo microcortes.
20160117 11:26 zona catro calles microcorte que se deixou sentir en aparellos electrónicos
20160101 12:46 1 min. Vidal (Trabada); 12:50 3 min Vida (Trabada) con abondo mal tempo
20151230 13:30 Lugar:Vidal (Trabada) Duración:3 min; despois, 15:00-17:30, 7 cortes 1 min/cada; causa probable: incendio provocado por mal estado mantemento liña alta tensión, con copas de árbores demasiado próximas.
20151207 00.25 duración: segundos. Varios cortes. Zona: Alza
20151204 9:04 Lugar:Avda. Galicia Duración:instante
20141123 sobre as 10 da mañá, de curta duración
20141112 16:04 un novo microcorte de luz
20131204 20:51 zona: Vilavella duración: segundos.
20131203 20:15 aprox. zona: Alza duración: varios segundos

20120725

Non se escoitan os rumorosos

25 de xullo, e non se escoitan os rumorosos.
Quizáis porque os pinos de Pondal foron substituídos por eucaliptus ou cálitros, o rumor xa non é o mesmo.
Pode que a falta de entendemento veña de que a Galicia de hoxe ten pouco que ver coa de hai tempo, ou porque os galegos (si, coa coletilla de 'e galegas' para quen lle faiga falla) non só escreben máis na lingua de Cervantes que na de Rosalía, senón que tamén falan máis na de Machado que na de Castelao -aínda que Machado fixera os seus piniños en galego e Rosalía algo máis que pinos en castelán-
Ocórreseme que sexa porque a costa verdecente onde se atopaban os rumorosos agora xa só deixa escoitar galernas entre os ocos dos edificios.
Mais, chegados un pouco máis adiante no himno, ó escoitar os atributos dos non entendedores, téñoo máis craro: teñen importancia as causas anteriores, si, mais en particular non se escoitan os rumorosos polos atributos de quen estaría en mellor posición para escoitalos e obrar en pertinencia. Sobresae o ruxe ruxe do frotamento dos cartos uns contra os outros, e do roce familiar e doutras influenzas, nun recinto a salvo de rumorosos e do pobo que os pode escoitar. Sobresaen os pensamentos de docilidade a unha estrutura. Sobresaen os feitos de non ser menos nin igual que ó da beira, e menos colaborar con el no balbordo ...
Que fermosa terra e que carallo de xente! é unha expresión que escoitei tempo despois de chegar a Ribadeo a outro vido do interior de Galicia, como extremo dun dito que tiña recibido en diversas versións menos súbitas. A terra é fermosa, pero a xente podemos facela máis o desfacela. Non se trata de perseguir rumores, senón de atender ós rumorosos.
Mentras, feliz Santiago, que a ansia de felicidade define ó ser humano.
-
Un engadido posterior:

A foto, collida de  http://a.yfrog.com/img532/6194/9akvx.jpg a traverso de Lourenzo Fdez. Prieto, coido que vai un pouco máis aló do que escribín, din que está tomada esta mesma mañá en Bonaval.