Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta reserva Biosfera. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta reserva Biosfera. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20220225

En resposta ó mal uso dos recursos. O caso dos eólicos

    Chegoume onte, antes de que esta mesma mañá vira a nova de que a central hidroeléctrica proposta no río Ouro non conta co visto bó da o organismo das cuncas de Galicia-Costa.:

En nome da Plataforma Eólicos na Mariña, así non, enviamos nota de prensa e material complementario relacionado coa campaña estatal que as 3 plataformas veciñáis da Reserva da Biosfera "Río Eo, Oscos e Terras de Burón" estamos apoiando, e onde solicitamos a adhesión á mesma aos Órganos Xestores da Reserva e aos 14 Concellos que a compoñen. Na campaña búscase unha moratoria dos proxectos enerxéticos en todas as reservas da biosfera de España.

Plataforma Eólicos Na Mariña, Así Non.

https://www.facebook.com/eolicosnamarinha.asinon 

    A documentación que ía anexa era:

Tres plataformas veciñais da Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras do Burón” piden a unha moratoria dos proxectos eólicos na Reserva
A potencial implantación de 307 novos aeroxeneradores na Reserva da Biosfera “Rio Eo, Oscos e Terras de Burón” (42 complexos eólicos), que se sumarían aos 326 xa existentes (12 complexos eólicos), coloca en alto risco a declaración de Reserva da Biosfera debido á degradación ambiental causada polo impacto acumulado desta proposta de invasión eólica.
Conxuntamente, as plataformas veciñais Xente de Oscos-Eo, Stop Eólicos Negueira e Eólicos na Mariña, Así Non, solicitaron esta semana aos xestores da Reserva da Biosfera "Río Eo, Oscos e Terras de Burón" e aos 14 concellos que a configuran a adhesión á campaña organizada pola “Alianza Enerxía e Territorio” (ALIENTE) que busca solicitar ao Comité Español do Programa Man and Biosphere (MaB) - que xestiona as Reservas da Biosfera a nivel estatal - unha moratoria de tódolos proxectos industriais enerxéticos que afecten ás Reservas da Biosfera, ate que se realice o “estudo sobre a viabilidade de instalacións eólicas, fotovoltaicas e termo solares, incluída a repotenciación, e infraestructuras asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera en España” que o propio Comité Español do Programa MaB, acordou encargar ao Consello Científico de dito Programa.
A campaña conta xa coa adhesión de 21 Reservas da Biosfera e case 260 colectivos, entre eles algún órgano xestor (como os casos das Reservas da Biosfera de Allariz e da Sierra de las Nieves); e na Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón” xa ten máis de 70 apoios.
Estas plataformas solicitaron tamén unha reunión cos xestores da Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón” e coa Asociación InterEo, que aglutina aos 14 concellos da Reserva, para discutir a problemática eólica e o posicionamento ante a mesma. 

Máis información da campaña en: 
https://aliente.org/moratoria-cientifica-reservas-de-la-biosfera 

Ver en anexo a carta modelo enviada aos Concellos e Xestores da Reserva.

    Mapa: 

    E documento para enviar:
    
 
 

 

20220830

Nota de prensa de #eólicosasínon

    As plataformas para tentar un aproveitamento sustentábel da enerxía eólica seguen o seu curso, neste caso, na procura de apoios:

Eólicos no monte Pindo. Lic. CCBYSA3.0 de Lmbuga en https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Enerx%C3%ADa_e%C3%B3lica_-_O_Pindo_-_Galicia.jpg

Tres plataformas vecais piden posicionamento á Asociación InterEo, Concellos e xestores da Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”.

A potencial implantación masiva de complexos eólicos na Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”, coloca en alto risco a declaración da Reserva da Biosfera, debido á degradación ambiental e social causada polo impacto acumulado desta proposta de invasión.

Conxuntamente, as plataformas veciñais Xente de Oscos-Eo, Stop Eólicos Negueira e Eólicos na Mariña, Así Non promoveron e apoiaron a campaña estatal promovida por ALIENTE (Alianza Energía y Territorio) pola cal se solicita unha moratoria científica en tódalas Reservas de la Biosfera ata que se realice o “estudo sobre a viabilidade de instalacións eólicas, fotovoltaicas e termo solares, incluída a repotenciación, e infraestructuras asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera en España”.

Esta solicitude foi presentada ó Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD) o pasado mes de xullo, sendo apoiada por 447 colectivos vinculados a 35 Reservas da Biosfera de toda España. Cabe resaltar que la Reserva de la Biosfera o Eo, Oscos e Terras de Burón” é a que máis apoios tivo con 134 colectivos de diferente índole (Concellos, asociacións veciñais e culturais, montes veciñais de man común, empresas de diversos sectores, etc), mostrando o crecente rexeitamento social á invasión eólica que se está pretendendo impoñer na nosa Reserva da Biosfera.

As Plataformas lamentan que ante a gravidade da situación, non haxa un claro posicionamento para defende-la Reserva da Biosfera nin por parte dos Concellos, nin por parte dos xestores, xa que ata o momento apenas dous Concellos, o de Negueira de Muñiz e o de Santalla de Oscos, se adheriron á campaña (que segue aberta para novas adhesións).

As Plataformas denuncian que a ameaza de invasión é real (ver Táboa 1) e que a proposta de macroproxectos centralizados non é a solución por presentar graves problemas tales como: (I) o seu potencial é limitado e menor do actual consumo enerxético, (II) depende de materiais escasos, (III) tén unha gran dependencia fósil (para a extracción de materiais, fabricación e instalación) e (IV) está centrado na electrificación (que supón o 20% do consumo actual).

Táboa 1. Número de aeroxeneradores e potencia en funcionamento e en tramitación dentro da Reserva da Biosfera e na área de influencia de 10km


En funcionamento

En tramitación


Nº aeroxeneradores

Potencia (MW)

Nº aeroxeneradores

Potencia (MW)

Dentro da Reserva da Biosfera

286

318,06

333

1082,705

Na área de influencia de 10km

150

200,33

264

1031,86

Ademáis, as Plataformas apuntan que existen alternativas. Tomando como base la filosofía das Reservas da Biosfera de ser un instrumento para “exemplificar un novo modelo de relación do ser humano coa Natureza”, as Plataformas apuntan que a Reserva da Biosfera é un escenario fantástico para propoñer unha transición enerxética xusta, baseada nun modelo de enerxía renovable distribuído, promovendo o aforro enerxético, o autoconsumo e a eficiencia enerxética. Unha transición que poña ás persoas e tódalas formas de vida no centro.

Por fin, as Plataformas novamente solicitan ó Concellos e Órgano Xestor posicionamento, adhesión á campaña e unha reunión para discuti-la problemática eólica e o posicionamiento ante a mesma.

Máis información da campaña en: https://aliente.org/moratoria-cientifica-reservas-de-la-biosfera


20070927

Que bonitiño que é ou 'as Reservas da Biosfera saen gratis'

Recopilemos: unha zona que inclúe a ría de Ribadeo, e que se extende por Asturias e Lugo foi declarada Reserva da Biosfera. Con ela, o terceira parte da provincia de Lugo é Reserva da Biosfera. Por se alguén se facía ilusións (algún alcalde querendo capitalizar o tema, pro exemplo), ven a conselleira asturiana correspondente e enméndalles a plana: 'é un título honorífico', di. Ou sexa, o cativiño é bonitiño, porque total, para o que costa dicilo...
O que non significa que non se poda rendibilizar dalgún xeito. Como propaganda, por exemplo: estamos nunha Reserva da Biosfera, terán dito Calvo Sotelo e demáis como representantes ribadenses estes días en Madrid a contas de representantes ribadenses na xuntanza das vilas mariñeiras da España verde. E, ademáis, xa chega a autovía dende Asturias (bo, case, é unha pequena mentirixiña), aínda que pola parte de Galicia (de onde veñen menos turistas, non fai tanta falla) a autovía non será completa ata 2011 (e de aquí aló, os retrasos que acumule).
Solucionará o vivir nunha Reserva de Biosfera o ruído da noite? Fernando, que vivimos nunha reserva da Biosfera, non debe haber problemas de aparcamento! ... coido que non é por aí: se se usa como propaganda para atraer turismo, ó mellor os problemas medran, non diminúen.
Ademáis, así aínda hai unha compensación / explicación para o tema da autovía: somos unha Reserva da Biosfera, a autovía ten que pensarse moito e por eso é lóxico que acumule retraso... ou aínda, para que queremos inversións estatais, se xa temos as subvencións que representa a marca 'Reserva da Biosfera'? Nun mundo de imaxe e símbolos, onde o real se difumina no virtual e as apariencias son puro teatro da vida (xa o teatro clásico español afondaba neste concepto), aquí temos outro fito máis nese sentido: como moito, un recoñecemento de que a zona aínda se vai mantendo ben porque 'tivo a sorte' de non estar moi desenvolta, non unha protección inmediata para que se manteña mellor, desenvolvéndose dun xeito saudable..

20160119

Un aviso: XUNTANZA DE ASOCIACIONS ECOLOXISTAS DA RESERVA DA BIOSFERA

XUNTANZA DE ASOCIACIONS ECOLOXISTAS DA RESERVA DA BIOSFERA
O Diario Oficial de Galicia do xoves, 14 de xaneiro de 2016 publica a convocatoria dunha xuntanza que se celebrará na Casa da Cultura da Pontenova o proxímo día 27 ás 19, 00 h para elexir a dous representantes de Asociacións Protectoras do Ambiente que formarán parte do Foro de Participación Social da Reserva da Biosfera do Rio Eo, Oscos e Terras de Burón.
Temos particular interés por informar ás asociacions ecoloxistas e similares que teñan interés por estes asuntos para que participen nesta elección e se chegue a constituir un grupo de traballo o mais amplo posible cara a conquerir melloras no eido medioambiental tanto na conca do Eo como na Ría de Ribadeo que a fin de contas é a receptora final de tódalas emisións.
Dase a coincidencia de que nestes días estivemos falando con varias persoas interesadas en revitalizar a Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo e proximamente anunciaremos unha xuntanza pública a celebrar a semana que ven con esta finalidade.
Evaristo Lombardero Rico
Ribadeo, 15 de xaneiro de 2016
Coido que é unha oportunidade para poñer en marcha unha figura de protección que leva anos de retraso en relación ó que debera ser legalmente, e máis tempo aínda en relación á súa necesidade. Verase a operatividade da figura, rectora dun espazo definido o 19 de setembro de 2007 e do que se definiu a súa rectoría o 11 de decembro de 2013, sen consecuencias ata o momento.
Como preparación, terá lugar unha xuntanza no Cantón o venres 22 ás 20:30 de persoas relacionadas interesadas no tema:
O próximo venres, 22 de xaneiro, celebrarase no Cantón Bar de Ribadeo a anunciada xuntanza de refundación da Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo. Terá lugar ás 20,30 horas do serán e están invitadas todalas persoas que desexen participar. A Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo foi un colectivo que iniciou as suas actividades no ano 1.992 prantexando temas de protección da ría e outros relacionados co medioambiente ou de tipo sociocultural. Agora non se trata de repetir o vello modelo modelo organizativo senón de organizar a sensibilidade social pola protección da ria acarón doutros métodos como son as redes sociais e formas de participación adaptadas aos costumes e medios actuais. A idea sería aproveitar as bases administrativas da antiga plataforma para comezar a traballar e incorporar novas persoas e no prazo de seis-doce meses constituir unha nova organización con persoas, métodos e prantexamentos renovados según as decisións que se dopten colectivamente. A curto prazo prantexase a participación no Foro Social da Reserva da Biosfera que se constitue nunha xuntanza a celebrar na Pontenova o próximo dia 27 de xaneiro. Contacto Evaristo Lombardero Rico
--
Entrada na Galipedia da Reserva da Biosfera
Ficha da reserva da biosferan da UNESCO
Web asturiana sobre a reserva
Previo á Reserva da Biosfera.
Un resume do que é.

20141007

A reserva da biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón

Ben conservada está a reserva da biosfera... Sete anos despois da súa creación constitúese o órgano que ten que rexila. Reserva da biosfera do Eo, Oscos e Terras de Burón. Se un pasa cara a Madrid, por exemplo, recorre pola reserva uns oitenta km dende Ribadeo, con paisaxes e terras que pouco teñen que ver, amalgamados na protección dunha mesma figura.
Unha curiosidade na wikipedia española: La reserva sigue el curso del río Eo hasta su desembocadura. Tiene más de 97 familias de plantas y 219 taxones de aves. Algunas empresas han mostrado el interés en explotar los yacimientos de metales preciosos que parece contiene la Reserva.
A mesma wikipedia, na mesma páxina, establece un pouquiño máis enrriba: (Elemento de la futura Reserva de la Biosfera Gran Cantábrica).
Sumémoslle a esa amplitude tanto en extensión como en diversidade a ambición de xerme nunha reserva aínda maior, xunto coa diversidade de intereses dos concellos que a integran, encadrados en dúas comunidades autónomas que compiten máis que colaboran, e teremos un elemento difícil de controlar.
A extensión é comparable á dalgunha provincia, e a diversidade que presenta, maior tamén que algunha provincia. Un rasgo máis fai que se poda dividir en zonas comerciais diferentes (e polo tanto de influencias diverxentes).
E ben, constituiuse o órgano rector hai uns poucos días. Agora, a traballar... que non hai previsto unha folla de ruta de traballo? Esperemos que se faga pronto. Hai algún tipo de proxecto xeral, a máis de exprimir a reserva? Esperemos que se faga pronto. Algún tipo de acehgamento das tres zonas? Ejm. Hai información á cidadanía, intento de implicación da xente na xestión, recabado de ideas, algo? Mellor, remato a entrada.

20080623

Sobre os estilos na política


Á veces, é doado comparar estilos de facer as cousas usados polos políticos. A prensa, este fin de semana pasado, con motivo do congreso do PP, fartounos de 'estratexia'. Non me refiro a iso. Aquí, en Ribadeo ou na viciñanza, entre a semana pasada e ista, sucederon/sucederán varias cousas que poden servir de mostra. Collo un par para facer a comparación.
A primeira, a rolda de prensa posteror á xuntanza que mantiveron autoridades galegas e asturianas nun bo restaurante das figueiras. Acompaño a nota de prensa e lembro que, co cartel adxunto, foi o motivo dun anterior comentario no blog.
"
Los Consejeros de Medio Ambiente de Asturias y Galicia, Belén Fernández y Manuel Vázquez, respectivamente, acordaron convocar para el próximo 11 de julio en el concejo de Taramundi una reunión entre las dos autonomías y los 14 ayuntamientos adscritos a la Reserva de la Biosfera Oscos-Eo-Terras de Burón, con el objetivo de constituir formalmente en ese encuentro la Comisión temporal de coordinación institucional de la Reserva. En la citada reunión, las dos Consejerías quieren fijar la metodología de trabajo de la Comisión, proponer la constitución de la mesa de participación social y elaborar las propuestas para invertir el primer millón de euros que aportarán a la Reserva el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino y las dos comunidades autónomas.

Este es el principal acuerdo alcanzado esta mañana en la reunión que mantuvieron en Castropol las delegaciones gallega y asturiana para poner en marcha los órganos de gestión de la Reserva. Según acordaron ambas autonomías, los Consejeros propondrán a los Alcaldes que esta comisión temporal se reúna semestralmente y de forma rotativa entre Asturias y Galicia. La primera reunión tendrá lugar en el municipio de Taramundi el próximo día 11 de julio y será presidida oficialmente por la Consejera de Medio Ambiente y Desarrollo Rural de Asturias, Belén Fernández, por organizarse en un municipio asturiano. El siguiente encuentro será en Galicia y, por tanto, el turno de la presidencia recaerá en ese caso en el Consejero, Manuel Vázquez.
En el encuentro de Taramundi también está previsto que ambas autonomías presenten las líneas estratégicas del documento que se llevó a la UNESCO para la declaración de la Reserva, con el objetivo de empezar a trabajar en la redacción del Plan de Sostenibilidad que será la hoja de ruta a seguir en el desarrollo de la Reserva.
Según explicó el Consejero gallego, la reunión de hoy demuestra que “cuando las cosas se hacen pensando en común y cogidos de la mano, dan buenos resultados”. “La reunión del 11 de julio se hace con una implicación ya clara del Ministerio y también de las comunidades. Supone poner en marcha un mecanismo para mejorar la calidad de vida de los ciudadanos y hacerla compatible con unas políticas de protección ambiental”, confirmó Vázquez. Por su parte, la Consejera asturiana destacó que “esta Reserva ha tenido una agilidad sin precedentes en su declaración gracias a este entendimiento entre las dos comunidades autónomas y, por ello, sigue dando pasos firmes que se visualizan de una manera nítida en el compromiso de ambos gobiernos de poner en valor esta figura, que beneficia a más de 30.000 habitantes que viven en estos concejos”, confirmó la Consejera.
El desarrollo de la Reserva de la Biosfera Oscos-Eo-Terras de Burón cuenta ya con el apoyo del Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, que aportará 700.000 euros para las primeras actuaciones. La dotación autónomica será de 300.000 euros, lo que elevará a un millón de euros la primera inyección económica. “Contamos ya con el apoyo del Ministerio que ha destinado financiación a un programa específico para la Reserva, pero las autonomías queremos ir a más y también aportaremos fondos”, explicaron los consejeros.
La reunión celebrada en Castropol sirvió además para hacer un repaso por las actuaciones que las dos comunidades autónomas tienen en marcha o a punto de iniciarse en torno a la ría del Eo, que suponen una inversión global de casi 40 millones de euros. En el caso gallego, destacan obras como la construcción de la depuradora de Ribadeo, para 30.000 habitantes equivalentes, con sistemas terciarios y una longitud de 1.500 metros. La inversión en este proyecto supera los 20 millones. “El gobierno gallego apuesta claramente por el saneamiento de la ría y por garantizar la calidad de sus aguas”, explicó el Consejero gallego. En el caso asturiano, las obras más destacadas son la subsanación de las infiltraciones en Vegadeo; el saneamiento y depuración de Tol, que se adjudicará en breve; y el inicio del saneamiento y depuración integral en torno a Castropol y Vegadeo, que ha podido desbloquearse gracias a la aprobación de la Ley de crédito extraordinario. El presupuesto total de estas actuaciones en la parte asturiana es de 15 millones de euros.

Sobre la plataforma del río Eo
Los dos Consejeros de Medio Ambiente intercambiaron también impresiones sobre el proyecto de la plataforma de carga del río Eo y coincidieron en apuntar que la protección ambiental de la ría será una prioridad para ambos gobiernos autonómicos a la hora de posicionarse sobre la actuación. Según explicó el Consejero gallego, “los procedimientos administrativos se harán con un cumplimento exquisito de la legalidad y la política medioambiental será prioritaria. Lo primero es que me llegue el proyecto, que no me llegó, y a partir de este momento, si llega a nuestra mesa, ustedes pueden apostar por que las políticas medioambientales no van a fallar. Todos los requisitos serán usados con transparencia y comprensión. Este camino lo estamos recorriendo juntos Asturias y Galicia”, señaló Manuel Vázquez.
“Según lo que oímos, vemos y leemos, esto suena bastante claro pero no quiero decir nada hasta que no esté el proyecto encima de mi mesa. La sensación es que Ribadeo también lo tiene muy claro, pero no me toca a mí decirlo, le toca al Alcalde y a su gobierno. Lo que está claro es que los gobiernos asturiano y gallego no van a permitir que le pasen cosas raras a la ría”, añadió el Consejero gallego.
Por su parte, la Consejera asturiana insistió en que el objetivo conjunto de ambos gobiernos es dar máxima prioridad a los intereses medioambientales de la ría. Añadió que la protección medioambiental de la misma es fundamental “porque confluyen distintas figuras de protección que no van a verse empañadas por ninguna decisión que le puedan quitar valor”, explicó Belén Fernández. “Por los datos que hoy tenemos, parece que el proyecto tendrá un sustancial impacto, sobre todo, paisajísitico y en ello coincidimos los dos gobiernos, pero también coincidimos en que no caben apriorismos y que hay que dar tiempo al tiempo. La máxima aspiración es la protección de la ría y, para ello, garantizamos la máxima coordinación entre ambos gobiernos de forma que la participación en torno a las decisiones que puedan adoptarse sea efectiva y dando soluciones recíprocas”, concluyó la Consejera asturiana.
"
É unha nota de prensa correpondente ó enfrontamento reseñado no post, que tivo lugar na rolda de prensa final mantida na Figueiras. Alí, non aparece o enfrontamento nin a expulsión da sala do portador do cartel. As notas de prensa así adoitan estar feitas antes das mesmas xuntanzas, emitíndose con pequenos camibios. E a iso se refería o portador do cartel: sendo así, para que?. Hai que dicir que a nota, a pesares de ser oficial, a) segue a tratar o galpón de plataforma. b) sobre o río Eo, non sobre a ría de Ribadeo. c) faino despois de diversos anuncios de inversións xa anunciados (véxase senón a depuradora ribadense e repásense os plenos) d) non di que non se vaia a facer nada (os temas da parte asturiana nin se mentan), senón de promesas de tratar o tema de xeito escrupuloso e) volta a botar balóns fóra sobre as autoridades de Ribadeo sen chegar a dicir que van ter a clave para parar o tema e) de cara á prensa, fixo que apareceran titulares como 'a nave non se vai construír', algo que o comunicado non di, e mesmo lendo a letra normal dos artigos correspondentes, tampouco se induce. Poderiamos seguir con comentarios, pero paso ó segundo termo da comparación.
Xoves 26 o alcalde de Ribadeo terá a presidencia nunha xuntanza cos veciños apra analizar o primeiro ano de mandato. Alí se poderán plantexar preguntas que é de esperar sexan contestadas. Polo momento, e que eu lembre, é unha iniciativa pioneira en Ribadeo e mesmo na bisbarra. Hai que dicir que outros políticos teñen charlas semanais pola radio, ou pola televisión, por exemplo (aí está o 'Aló, Presidente' de Chávez), pero coido que o estilo desta é ben diverso do televisivo,, máis interactivo, e sobre todo, cumprindo unha promesa feita de revisión un ano despois. É posible que do acto tamén xurda unha nota de prensa por parte da alcaldía (que, de chegarme, chegarame tarde), pero alí non se falará antes a porta cerrada (aínda que se teña feito para as decisións que se van explicar), non se pretende que vaian só periodistas, ... Eu particularmente voltareime perder un acto público no que me gostaría estar, co alicerce de estar facendo historia de Ribadeo, pero que lle imos facer.
Mentres, chegou a noite de san Xoán, un ano no que o verán entrou no último minuto do día 20 en troques de facelo ó longo do día 21 como en xeral.

20130606

A RESERVA DA BIOSFERA E O NOME DA RIA. Artigo de Evaristo Lombardeo Rico

O mércores 15 de Maio celebrouse en Trabada unha xuntanza da comisión xestora da Reserva da Biosfera Oscos Eo e Terras de Burón. Sabemos algo desa xuntanza por unha nota de prensa. O día 31 de Maio celebrouse unha nova xuntanza no concello de Ribadeo, pero deste acto non se deu nota de prensa polo tanto descoñecemos quen estivo na xuntanza, cal foi a orde do día, os acordos se os houbo, etc.


Na xuntanza de Trabada un dos obxectivos prantexados é aprobar o documento básico da Reserva das Biosfera.
Pois ben, se non se cambiou a redacción do documento inicial, neste figura 18 veces a denominación Ría del Eo e unha vez a fórmula Ría del Eo o de Ribadeo.
Como xa empeza a saberse, pesie aos reiterados esforzos por ocultalo, o día 12 de Marzo de 2008 a Comisión de Nombres Geográficos do Consejo Superior Geográfico ratificou sen nengún xénero de dúbidas que o único toponímico legal era Ría de Ribadeo e ainda engadiu “… no hay ninguna razón para que se cambie esa denominación por la de Ría del Eo que, como queda demostrado, es un topónimo creado recientemente y erroneo…”.
Este acordo foi rexeitado por unanimidade polo Parlamento asturiano tras unha moción de Izquierda Unida, pero curiosamente non foi recurrido en via administrativa e tampouco foi recollido nen publicitado polo concello de Ribadeo. Despois saeu o libriño, editado pola Asociaciación Puente de los Santos, en versión galega e castelá baixo os tiduos “A Ría de Ribadeo Natureza entre duas augas” e “La Ria del Eo Naturaleza entre dos aguas” redactado no outono do 2008 e repartido polo Sr. Alcalde de Ribadeo aos colexios, foto na porta do concello incluida, o día 18,05,09. O devadito libriño utiliza, na edición castelá, a formula Ría del Eo e na edición galega a fórmula Ría do Eo ou de Ribadeo en aberta contradiccón co acordo da GENC. Xa teño publicado que centos ou miles de escolantes e profesores terán ocasión de aprender ao longo de moitos anos que esta ría ten dous nomes, gracias a colaboura inapreciable do Sr Alcalde de Ribadeo, D. Fernando Suárez Barcia.
Recentemente o concello de Ribadeo ven de aprobar unha rua co nome de Ría de Ribadeo, mesmo hai poucos días ven de aprobarse por unanimidade una moción sobre o nome legal da ría e mais sobre o uso preceptivo dos toponímicos oficiais por toda a administración pública española.
Efectivamente o art 19-2 do RD. 1545/07 que regula o Sistema Cartográfico Nacional di textualmente: “… Salvaguardando los intereses y necesidades de la Defensa nacional, la Cartografía Oficial Registrada será de uso obligatorio para todas las administraciones públicas…”. Enténdese que se refire a actos e documentos de carácter oficial, o que tamén está perfectamente definido na Lei 7/1986 de Ordenación da Cartografía.
Dito o anterior volvemos ao comezo. A documentación básica da Reserva da Biosfera utiliza 18 veces a expresión Ría del Eo e unha vez a expresión Ria del Eo o de Ribadeo. Suponse que o Sr. Alcalde de Ribadeo será a persoa mais indicada para lembrarlle aos membros da xestora que os documentos da Reserva están obrigados a utilizar os topónimos legais e neste caso o da Ria de Ribadeo. Para ésto non fai falla provocar polémicas, nen aspaventos dos que xa estamos ben sobrados, abonda con poñer a cada un no seu sitio.

20220214

LOS POLÍTICOS ANTE LA RESERVA DE LA BIOSFERA. José María Rodríguez Díaz (2007)

    Unha peza a lembrar de José María, de actualidade dende que foi escrita ata hoxe mesmo. O escarnio sifrido pola ría, materializado nunha xuntanza de políticos na que xa quedou patente a intención de esquecemento da ría de Ribadeo e do seu nome

Martes, 23 de octubre de 2007

LOS POLÍTICOS ANTE LA RESERVA DE LA BIOSFERA

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 16:53

RESPUESTA POLÍTICA A LA RESERVA DE LA BIOSFERA

Desde mi humilde estudio, en donde hago esta reflexión, contemplo a través de la ventana esta maravilla de la naturaleza que es la ría de Ribadeo. Fuente de inspiración en mis momentos de vagar y remanso de paz y tranquilidad en el que me refugio para escapar de las tormentas que, a veces, alteran la tranquilidad de la vida.

Desde este rincón de intimidad vienen a mi memoria pensamientos y reflexiones sobre las últimas noticias y acontecimientos que se ciernen sobre el futuro de nuestra ría. El río Eo, los Oscos y las Tierras de Burón acaban de ser declaradas por la UNESCO reserva de la biosfera, ignorando extrañamente en la mencionada declaración el principal elemento a proteger: la Ría de Ribadeo. Sobre ella se tiende, como un negro manto, un silencio cómplice para ocultar su nombre.

Los mandatarios de las dos autonomías que comparten esta declaración se dieron cita, sin embargo, para celebrar sobre sus aguas, con una gran fiesta, tan importante acontecimiento. Una perfecta escenificación del evento, con toda la parafernalia y liturgia que el hecho requiere y de la que los políticos viven. En los grandilocuentes y brillantes discursos que pronunciaron los dos presidentes evitaron citar el nombre por el que desde siempre esta ría fue conocida: Ría de Ribadeo. Lo tenían perfectamente pactado. Para ellos sólo sería 'la Ría'.

Y mientras la comedia se iba desarrollando con los discursos y demás parafernalias propias de un acto de propaganda en el que el incensario tiene un especial protagonismo y en los que se hacían promesas de protección del medio ambiente y del hábitat de esta comarca y de su ría, a escasos metros de distancia de ellos proseguían las obras del reforzamiento de los pilares del Puente de los Santos, contra la expresa prohibición del Ministerio de Medio Ambiente, vulnerando así el estudio de impacto ambiental. Y mientras se continuaba con estos actos de hipocresía política, el punto negro de chatarra y escombro en que se ha convertido lo que fue la antigua factoría lechera de Kraft, en Reme, hoy en manos de Reny Picot, seguía recibiendo camiones de chatarra procedente de Asturias. Y mientras los dos mandatarios brindaban alzando sus copas desde sus embarcaciones en el medio de la ría por la declaración de la Biosfera del Eo, los saneamientos de las villas situadas en su ribera seguían vertiendo impunemente sus fétidas aguas en ella.

Estamos ante una escenografía llena de hipocresía, incluidos abrazos y todo en el centro de la ría, que en algunos provoca risa y en los más pena. Con estos hechos se evidencia la fractura que existe entre la clase política, que va a lo suyo, y la sociedad que la soporta. Los comentarios salidos del pueblo sobre esta celebración, tanto en los medios radiofónicos como periodísticos, no han podido ser más elocuentes. Ha sido calificada desde carnavalada organizada a situación patética, pasando por parafernalia propagandística, burla y tomadura de pelo. En todo caso, un acto de hipocresía por parte de ambos gobernantes que pretendían así rentabilizar ante el pueblo sus posiciones políticas a costa del territorio, pero con una marcada connotación de condescendencia de la Xunta ante sus correligionarios asturianos.

Porque, ¿Cuáles han sido los frutos conseguidos después de tantas reuniones celebradas entre ambas autonomías desde hace ya tiempo? ¿Qué objetivos se han marcado y cuales se han visto cumplidos? El deterioro del territorio sigue su curso sin que nadie le ponga freno. Porque los valores que hasta nosotros llegaron y que han motivado este reconocimiento se deben, más bien, al ancestral estancamiento evolutivo en que se halla sumida esta comarca. Por eso hoy, con estos demoledores precedentes de inactividad por parte de las administraciones nadie cree en la eficacia de esta declaración de la UNESCO. Es por eso que no le falta razón al portavoz de la Plataforma de la Defensa de la Ría de Ribadeo cuando califica esta declaración de 'burla, tomadura de pelo y parafernalia publicitaria'.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20160426

Secuencia de encendido na illa Pancha

'Secuencia de encendido': Distinta significación en distintos contextos.
Nun, o do vídeo a continuación, está claro, pero, por se acaso, unha pequena explicación dun vídeo que xa ten máis de cinco anos. Nel vense os tres primeiros faros de entrada na ría de Ribadeo: o da punta da Cruz, vermello, á dereita, o da illa Pancha, amarelo, no centro da imaxe, e o das Carrallas, verde, cara á esquerda da imaxe, tomados con tempo abondo para ver a súa cadencia.
Outro, en sentido menos literal, o encendido ou apagado dun hotel na illa, resulta máis difuso e moito menos claro. Para ilustrar isto, dous correos electrónicos enviados ó concello e un documento. O primeiro, onte mesmo:
"(...)
Me dirijo de nuevo a usted, en nombre de la plataforma "Por nuestro faro".
En primer lugar quisiera agradecerle las informaciones recibidas. No obstante, me pongo en contacto con usted para obtener ciertas precisiones. Aunque el otorgamiento de la concesión no sea competencia del Concello, éste debe tramitar el permiso de obras, y dichas obras deben tener como base el contrato de concesión.
Nosotros consideramos que la suspensión del expediente anterior conlleva la tramitación de un nuevo expediente, es decir, que el solicitante debe reiniciar los trámites de una nueva concesión al presentar dos nuevos proyectos de obra, puesto que éstos non encajarían en las condiciones del expediente inicial.
Entendemos que no se trata de dos proyectos de los cuales uno ya estaría aprobado, ya que el efecto sumatorio de ambos tiene un impacto muy superior al del proyecto inicial y debe ser tenido en cuenta como un nuevo proyecto que serviría de base a una nueva concesión. De no hacerse así, en un espacio tan reducido como es la isla podrían ir sumándose nuevos proyectos que tendría un impacto multiplicador sobre los efectos iniciales.
En consecuencia, ¿podría aclararnos si el Concello ha solicitado a Puertos nuevos informes sobre un nuevo contrato de concesión?
Por otro lado, quisiéramos saber cuáles son las pautas a seguir para acceder al expediente que se encuentra en el Concello de Ribadeo, en el departamento correspondiente : si disponemos de tiempo ilimitado para su consulta, si el acceso puede efectuarse de manera reiterada, y si existe un lugar en concreto para consultarlo. También quisiéramos saber a quién debemos dirigirnos para ello.
(...)"
E, para entrar máis en contexto, o anterior:"(...)
Le escribo como miembro del grupo "Por nuestro faro" para solicitar cierta información con respecto a la evolución del proceso de petición de licencia de obras por parte del concesionario, y que nos aclarase ciertas dudas. En efecto, en el contrato de concesión, redactado el 30 de junio de 2015, se estipula que "las obras se iniciarán en un plazo máximo de dos meses y se finalizarán en un plazo máximo de seis meses, ambos a contar desde el día siguiente a la fecha de notificación de la resolución de otorgamiento". Es decir, que han pasado más de 8 meses después de la fecha de otorgamiento, y a día de hoy el concesionario aún no dispone de licencia de obras. 
Por otro lado, la prensa ha informado, durante el mes de marzo, que el concesionario había retirado la solicitud de licencia de obra original en el Ayuntamiento de Ribadeo y presentado dos independientes con dos proyectos (uno de hotel y otro de bar-terraza). Sin embargo, en un correo que hemos recibido de Puertos de Ferrol-San Cibrao se cita textualmente : "las obras deberán llevarse a cabo conforme al proyecto básico presentado y que sirvió de base al otorgamiento y al proyecto constructivo que lo desarrolle en el detalle necesario para su ejecución" 
Por todo ello, y en vista de la falta de información oficial hecha pública, acogiéndonos a la Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, quisiéramos saber : 
 - si, dado que el plazo para el inicio de las obras estipulado por contrato ha sido ampliamente superado, el concesionario debe retomar los trámites desde el principio, es decir, si necesitaría un nuevo contrato de concesión, y, si es así, en qué etapa del proceso se encuentra. 
- sabiendo que las obras deben llevarse a cabo basándose en el proyecto constructivo previo al otorgamiento de la concesión, cómo sería posible que según la prensa el concesionario haya solicitado del Concello de Ribadeo dos licencias de obra para dos proyectos independientes.
(...)"
E o documento, de onte tamén:
"
Documento que presenta a PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RIA DE RIBADEO ao Foro de Participación Social da Reserva da Biosfera OSCOS EO E TERRAS DE BURON para o seu debate urxente dado o risco inminente de deterioro dun dos espazos mais significativas da Ria de Ribadeo e da propia RESERVA.
Trátase do proxecto de construír un minihotel de dúas habitacións no edificio do antigo faro, máis unha cafetería fóra do mesmo, aparcadoiro para automóbiles, carteis de publicidade e de aviso de riscos, ampliación de pasamáns e estruturas de protección , sinalización, bandeiras, alumeado, etc. ó abeiro da proposta do Ministerio de Fomento, Jefatura de Puertos e Concello de Ribadeo.
Desde a plataforma Pola Defensa da Ría pensamos que a instalación dun minihotel e cafetería na Illa Pancha, mais os elementos de promoción e as condicions de seguridade previstas pola Autoridade Portuaria supoñen un impacto negativo moi considerable para o conxunto Illa-Faro que contradí algunhas de directrices e criterios do Plan de Xestión para o Desenvolvemento Sostible da Reserva, como imos resumir deseguido:
1.- No que atinxe ás estratexias transversais consideramos que a transformación que supón o proxecto é contraria á proposta de “Creación dunha marca de calidade…” que tería como primeiro obxectivo a conservación de espazos tan singulares como o afectado.
2.- Tamén choca abertamente ca redacción dun “Inventario e catalogación de elementos de interés natural e cultural”.
3.- No punto referente ao “Desenvolvemento dun turismo sostible” suliñamos os párrafos seguintes: Uno de los efectos esperados tras la designación de un lugar como Reserva de la Biosfera es la mejora de su imagen, a través de una mayor proyección exterior y difusión de sus valores. Esto tiene frecuentemente un efecto positivo en la afluencia de visitantes al lugar y en el desarrollo turístico del área. Esta circunstancia debe hacerse compatible con los objetivos de conservación de la Reserva, a la vez que el uso público y el turismo constituyen un potente elemento dinamizador de la misma.
Ordenación del uso público que dirija las actividades de recreo hacia zonas menos sensibles, a través de un plan de excelencia turística del territorio de la Reserva.
Mejora y desarrollo de la oferta turística, haciendo especial hincapié en el apoyo a las modalidades de turismo rural, la mejora de la calidad y la sostenibilidad de los alojamientos, y la potenciación del turismo cultural, gastronómico y de naturaleza.
Promoción de programas destinados a la desestacionalización de la actividad y a la creación de nuevas actividades de ocio, prestando especial atención a mercados de visitantes extra-regionales.
Faise patente que o proxecto que discutimos está inspirado nunha concepción utilitaria, depredadora, dificillmente sostible, marcadamente estacional, que afectará negativamente a imaxen exterior da reserva e á atracción de visitantes e é radicalmente contraria ao espíritu conservacionista e sostible dos párrafos anteriores.
Pola outra banda a zona afectada por este proxecto está incluida na Zona ZEPA da Ría de Ribadeo, Convenio Internacional de RAMSAR, Rede Natura 2000, con especial implicación na normativa galega asi como na lexislación e Catálago de paisaxes da Xunta de Galicia, actualmente en fase de tramitación.
Por todos este motivos que consideramos perfectamente fundamentados e tendo en conta que este proxecto está actualmente en fase de tramitación e no caso de comezar as obras o impacto sería dificilmente reversible propoñemos ao Foro de Participación Social da Reserva da Biosfera que tome un acordo preventivo sobre este tema propoñendo ás autoridades implicadas (Ministerio de Fomento, Xefatura de Portos e Concello de Ribadeo) que suspendan definitivamente este proxecto por contravenir directamente varias das directrices desta reserva e particularmente por xenerar un impacto exterior altamente negativo para tódolos concellos e sectores implicados contribuindo a desvirtuar, degradar e empobrecer os obxectivos, esforzos e investimentos actuais e futuros para conquerir os beneficios previsiblemente derivados das actividades dos grupos de traballo da reserva.

Ado.: Evaristo Lombardero Rico
Presidente da Plataforma Pola Defensa da Ria de Ribadeo
Ribadeo (Lugo), 25 de Abril de 2016
"
Este último documento foi remitido onte ao Director General de Recursos Naturales de Asturias (convoxcante do Foro para xoves desta semana). Hai xa novas de que o incluirán no orde do dia da xuntanza do xoves, en rogos e preguntas
Como vemos, neste caso o encendido é máis dubidoso, aínda que xa haxa abonda información dispoñible (e máis que sairá á luz) sinaturas...

20160429

Nota de prensa sobre a xuntanza da Reserva da Biosfera e a illa Pancha

Onte, 28 de abril celebrouse en Vegadeo a primeira xuntanza de constitución do Foro Social de participación da Reserva da Biosfera "Eo, Oscos e Terras de Burón", con presencia do D. X. de Recursos Naturais do Principado de Asturias, a Da. X de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, os codirectores da reserva por Asturias e Galicia, a maioría dos alcaldes e representantes de sectores e movementos sociais. Como punto principal quedou constituído o Foro e presentouse o Plan de Xestión da Reserva que de seguido deberá ser sometido a un período de exposición e presentación de alegacións previo á sua aprobación definitiva. No apartado de Rogos e preguntas, a Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo presentou duas propostas "in voce". A primeira propoñía que a Reserva se dirixise ao Ministerio de Fomento, Autoridade Portuaria e Concello de Ribadeo (que non enviou representación) para que quedase en suspenso o proxecto de construír un hotel na Illa pancha por ser contrario aos obxectivos e directrices da reserva, ademais de a Illa Pancha formar parte dunha zona "nucleo", onde se aconsella extremar as medidas de protección. A segunda propoñía a creación dun grupo de traballo para a recuperación da cultura do castiñeiro (plantación, enfermidades, enxerto, cultivo, variedades, etc) nos concellos incluídos na reserva. Non se tomou ningún acordo por non ser o intre acaído, pero as dúas propostas tiveron moi boa acollida e varias intervencións favorabeis sen nengunha en contra.
Plataforma pola defensa da Ría de Ribadeo

20160123

Ilusión pausada, entorno coidable, ría de Ribadeo e reserva da biosfera

Foto de Javier Gallego, outro dos participantes
Onte tivo lugar a xuntanza convocada para retomar a funcionalidade da Plataforma para a Defensa da Ría de Ribadeo, co detonante da convocatoria doutra xuntanza para elexir representantes no Consello da Reserva da Biosfera.
O certo é que as 18 persoas que estabamos esperabamos ser menos, e iso representou un bo comezo. Quizáis dicir como resume, para quen queira facer unha letura rápida, que se quedou en postular a Evaristo Lombardero, o principal impulsor do encontro e mantedor da Plataforma, como representante por parte das asociacións ecoloxistas galegas.
Contando un pouco máis polo miúdo da xuntanza, Evaristo tomou a palabra para presentar a historia da Plataforma, coincidente na práctica coa historia da defensa do medio no entorno da ría: chegou tarde á escolleira que se fixo na ría (1991), detonante que fixo que o colectivo Espreita e outros do entorno se xuntaran ata que en 1994 formalizaron a situación como asociación, encadrando nos estatutos a visión cultural, veciñal e ecoloxista de defensa da ría. Como tal, xa se enfrentou ó polígono industrial que se pretendía instalar dende Pena Furada ata Rochas Brancas, contribuíndo a que se suspendese no 1995. Logo estivo activa no proxecto da autovía na zona, e con altibaixos e case suspensión estes últimos anos, tense enfrontado ó proxecto de macronave en Mirasol, ou, na actualidade, súmase á preocupación polo dragado promovido por Gondán (22 000 m3 en 4 anos, botando a area próxima á saída da ría) ou ás emisións e próximas obras de emisarios na parte asturiana, así como ven postulando dende hai tempo a necesidade dunha visión de conxunto para a ría, plasmando un plan de xestión, plan de ordenación de recursos naturais ou plan de protección (por certo, preceptivo dende que en 1989 a ría é zona ZEPA)
plano da autovía para a ría de Ribadeo e zona do pobo

Entrando despois en cuestións máis prácticas, manifestouse o apoio da asociación do Galeón (cultural, que tamén aspira a que a súa presidenta, Ainhoa, teña un posto no Consello), tendo en conta que alí había representantes doutras asociacións, como O Tesón, estando interesada xente nova estudiosa da fauna, como Óscar Chao (páx. sobre aves e natureza en Ribadeo) ou Enrique Sampedro (que non puido asistir, blog ría de Ribadeo)
Fíxose un pouco de revisión de varias cousas, incluíndo a toma da ría polas lanchas e a suma da ilegalidad das velocidades que levan ó ateigamento que representan no verán, o estado das colonias de zostera (mariña e noltii), ou que os achádegos na ría rematan fóra por non dispoñer dun lugar adecuado no entorno a pesar de estar edificios como a fábrica de xeo, a aduana, a casa das algas ou o faro da illa Pancha nunha situación de aproveitamento mellorable. Houbo propostas de voluntariado para limpeza da costa ou de contactar con asociacións a nivel estatal ou internacional.
Pasouse logo de novo a informacións máis do momento, a lembranza da existencia dun Plan Director das zonas Natura en Galicia, ó non ser desenvolto os plans correspondentes a cada unha delas, o feito de que a primeira xuntanza interautonómica da reserva foi realizada entre políticos e técnicos da xestión ambiental, pero logo, nas sucesivas, só foron convocados e participaron representantes políticos, cun resultado de opacidade total, etc. En relación á xuntanza o próximo mércores 27 na Pontenova (e correlativamente, por Asturias, na Veiga), lembrouse que houbo unha xuntanza no concello o pasado 26 de decembro, que convocou a prevista.
Despois da designación de Evaristo Lombardero para tentar unha praza no Consello da reserva, e quedar en outra xuntanza despois da convocatoria da Reserva da Biosfera, colléronse os datos de contacto dos presentes para facilitar a labor e pouco a pouco retomar a actividade de defensa do noso entorno.
Testemuña gráfica da contaminación a ría (Castropol, 2009) despois de atravesala
--
Sobre as zonas protexidas en Ribadeo

20170331

No al hotel de lujo en el faro de Ribadeo. Evaristo Lombardero Rico

El Comercio" de Gijón, recoge hoy nuestro resumen cronológico de la situación, frente a la avalancha publicitaria ministerial de los últimos días :

"Desde octubre de 2016 están en marcha las obras de reforma del antiguo faro de la Isla Pancha de Ribadeo (Lugo) para montar un hotel de dos suites dentro del programa “Faros de España” promovido por el Ministerio de Fomento. En estos momentos es el proyecto más avanzado del programa y si se cumplen las expectativas estará en servicio en cuestión de semanas, si bien es cierto que los aplazamientos se vienen repitiendo desde hace unos dos años. Le sigue el Faro de Trafalgar en Barbate (Cádiz) que también ha sufrido repetidos aplazamientos. Otros proyectos no han encontrado empresas interesadas y casi todos han provocado rechazos sociales y políticos, fundamentalmente por llevar a la privatización de espacios y edificios públicos.
Por lo que se refiere al Hotel de la Isla Pancha destacaremos que en las primeras fases se ha llevado con la máxima discreción. El BOE del 30 de mayo de 2014 publica la exposición pública de la solicitud de la empresa promotora. La exposición tuvo lugar en las dependencias de la Autoridad Portuaria de Ferrol, pero curiosamente no se expuso en Ribadeo, ni el ayuntamiento lo reclamó, de tal modo que pasó desapercibida. Desconocemos en qué momento entró el expediente en el ayuntamiento de Ribadeo, pese a haber solicitado información repetidamente. El 25 de abril de 2015 un diario de tirada nacional informa del proyecto y en ese momento la noticia llega a la sociedad ribadense por primera vez. En pocos días se organiza un colectivo que toma por nombre “Por Nuestro Faro” y en pocas semanas consigue más de 700 adhesiones en Facebook. El primer paso es solicitar información al ayuntamiento, pero la primera reunión con el mandatario se produce el 16 de diciembre. Otros tres colectivos solicitan infomación sin éxito alguno.
El 22 de mayo de 2015 el Consejo de Ministros autoriza el uso hotelero del faro, dando cuenta de un informe favorable del Sr. Alcalde de Ribadeo, desconocido por los vecinos. El 30 de junio de 2015 la Autoridad Portuaria de Ferrol-San Cibrao aprueba la concesión que incluye hotel y cafetería en seis parcelas que suman 500 metros cuadrados y un aparcamiento. Los accesos se han evaporado de esta medición y el uso privado de los terrenos de la isla (4.300 metros cuadrados) ha quedado en el olvido. La concesión se adjudica por via “directa”, es decir sin concurso público, en base al artículo 83-c del RDL 2/2011 que autoriza la via directa cuando la superficie de la concesión es inferior a 2500 metros.
El día 9 de septiembre de 2015 la empresa concesionaria presenta en el Ayuntamiento de Ribadeo la solicitud de licencia de obra en base a un proyecto que incluye la reforma interior del faro y la instalación de una cafetería exterior bajo carpa metálica atornillada, con laterales acristalados. El proyecto no hace alusión al aparcamiento. A comienzos de 2016 la empresa retira este proyecto y presenta dos proyectos constructivos diferenciados, uno para hotel y otro para cafetería. El 12 de julio de 2016 el Ayuntamiento de Ribadeo concede la licencia de obra para el hotel y deniega la licencia de la cafetería en base a los informes de la Xunta de Galicia (Medio Ambiente, Patrimonio y Paisajes).
En los días siguientes el colectivo “Por Nuestro Faro” que había recogido más de 1.600 firmas, se dirige a la oficina del Defensor del Pueblo. La denuncia incluye una serie de supuestas irregularidades que después comentamos. La más destacable es la falta de informe de impacto sobre la Red Natura 2000 que ampara el espacio protegido de la Ría de Ribadeo (Zona ZEPA, Convenio RAMSAR, Reserva Biosfera etc). El 16 de febrero de 2017 se recibe el informe del Defensor del Pueblo (que figura en el grupo facebook del colectivo “Por Nuestro Faro” y en el blog “Ribadeando”). El Defensor incide en que la tramitación es incorrecta en cuanto a la legislación aplicada, en la ausencia del informe de impacto a la Red Natura 2000 y en la duplicación de los proyectos constructivos que propiciaron la licencia para el hotel. Concluye recomendando que se instruya correctamente el expediente y que se paralicen las obras. A 21 de marzo de 2017 la Autoridad Portuaria no se ha manifestado, la Xunta ha filtrado declaraciones de prensa declarando que la competencia es de la Autoridad Portuaria, y el Ayuntamiento se ha dirigido a ambas administraciones preguntando lo que debe hacer. Las obras continúan tras cinco meses. El Colectivo “Por Nuestro Faro” basa su rechazo en la privatización de la Isla y el Faro, que constituyen un espacio y un conjunto profundamente enraizado en la vida e historia local y solicitan el libre acceso y uso públco de los mismos. Además se reclaman medidas correctoras por las siguientes irregularidades: tramitación semisecreta y falta de información, información reservada sin opción a otras alternativas sociales o culturales, concesión directa sin concurso público, medición incorrecta de la superficie concedida, estudio de viabildad económica desconocido que incluíría una cafetería actualmente inviable, desdoblamiento en dos proyectos constructivos inicialmente aprobados en un solo expediente, negativa de la Autoridad Portuaria al acceso libre, desconocimiento de las recomendaciones de la Reserva de la Biosfera y finalmente la falta corroborada por el Defensor de la evaluación ambiental y el uso de legislación inadecuada.
La petición que traslada el colectivo a los organismos mencionados es la misma que suscribe el Defensor del Pueblo, que se suspenda la licencia municipal y se paralicen las obras mientras se instruye correctamente el expediente desde las fases inciales, incluyendo la publicidad adecuada, la opción para usos sociales y culturales, la convocatoria de concurso público para la concesión, la presentación de informes motivados con arreglo a las exigencias de la Red Natura 2000 y la observancia de las recomendaciones de la Reserva de la Biosfera.
En resumen el programa “Faros de España” no ha dado ningún resultado después de cuatro años y sería interesante saber lo que se ha gastado en su gestión, publicidad, reuniones, etc. El hotel de dos suites (cuatro tabiques, dos baños y poco más) lleva casi seis meses en obras y aun no hay fecha de inauguración, la tramitación del expediente está trufada de irregularidades en las que están implicados la Autoridad Portuaria, la Xunta de Galicia y el Ayuntamiento de Ribadeo y el 16 de febrero de 2017 el propio Defensor del Pueblo recomendaba la paralización de las obras y que el expediente se tramitase de nuevo con arreglo a derecho. Ha pasado más de un mes sin respuesta alguna, pero una campaña medíática debidamente orquestada trata de vendernos el invento del paraguas."

20130627

RÍA DE RIBADEO. USOS E COSTUMES DO MAR.- Pancho Campos Dorado

Resultoume sorprendente o artigo do 15 de Xuño actual, neste querido semanario de La Comarca del Eo, de D. Jesús Alonso: “No nos callarán, hoy y siempre ... “Ría del Eo”. Sorprende ver como se pode ser capaz de escribir sobre un tema que se desconoce e se falta absolutamente o rigor histórico do que fala. O nome da ría foi sempre Ría de Ribadeo, e nunca Ría do Eo pois este é un término marítimo absurdo. Pero vamos por partes.
1) Decirlle a D. Jesús que: “galegos e asturianos primos irmáns”, é un dito popular que non quere decir que uns son primos e outros irmáns, quere decir que somos “primos carnais” ou sexa, fillos de irmáns. Pero vostede sírvese do dito, para facerse a “víctima”, como si fora “un primo”. Seu problema, pois a parte que me corresponde coa miña familia de sangre asturiana, seguireina querendo igual e tratando como tal, de familia.
2) O Marquesado da Ría de Ribadeo (BOE núm. 151 Martes 25 junio 2002) parece ser que molestou a algúns “terráqueos” da orilla esquerda da Ría de Ribadeo, que non entenden a tradición mariñeira da Ría de Ribadeo, pois todas e cada unha das cartas de navegación habidas e por haber son da Ria de Ribadeo desde 1776; 1787; 1788 e posteriores ata nosos días para entrar os barcos no único porto comercial da zona conocido en todo o mundo, gracias os mariñeiros, como Porto de Ribadeo.
Non sei si ten vostede algunha das cartas que utilizaban “en 1800 los barcos que navegaban por el estuario que conforma la ria del Eo hasta llegar a la parroquia de Abres, en el Concejo de Vegadeo...”. A ría de Abres é do Concello de Trabada e seguro que non ten ningunha carta de 1800 coa denominación da Ría del Eo, pois daquela non se publicaban chorradas. Pero eu sí, lle podo enseñar varias cartas náuticas de 1787 e tódalas posteriores ata os nosos días da Ría de Ribadeo. Por outro lado decirlle que o Concejo de Vegadeo, en 1800 era a Veiga de Ribadeo. O seu relato non ten linea sin pecado, e non debe esquecerse de contar verdades, pois está poñendo algo por escrito, e non tergiverse noticias que non coñece, pois senon vamos pensar que é un simple “coleccionista de estampitas” das que se pavonea, pero que nada ten que ver a súa afición co rigor da filatélica, e sí máis ben, coas aficións dos nenos a coleccionar cromos.
3) O Ministerio de Fomento en 13 de Marzo de 2008, edita un informe sobre a decisión da Comisión Especializada de Nombres Geográficos del Consejo Superior Geográfico, sobre o topónimo da Ría de Ribadeo, no que dice: “que sostiene con contundencia que el único nombre que debe otorgarse a la citada ría es el de Ría de Ribadeo...”. Entérese D. Jesús, chamarlle Ria do Eo, vai en contra da normativa democrática actual, e por suposto da historia antigua e moderna da Ría de Ribadeo.
4) Hai sentencias dictadas donde a Ría de Ribadeo foi xurisdicción do Principado de Asturias. Efectivamente, por poucos anos, pero non volva a tergiversar, a denominación da Ría de Ribadeo, que dependía do Ministerio da Guerra ou de Marina, e non da xudicatura civil ou eclesiástica que iban conxuntas por aquel entonces, e quenes facían o reparto xurisdicional eran, xeralmente, os bispos de Mondoñedo e de Oviedo. Debido a esto, ata fai sesenta anos, a xurisdición de Mondoñedo chegaba a Navia, pois desde ó 20 de dicembro de 1369 o Condado de Ribadeo chegaba e chega o río Frejulfe. Pero en tódalas épocas se coceron fabas de usurpación, e este afán de apropio da Historia do Reino de Galicia non se empezou ontes. Pero esto queda para outro relato, que eiquí non cabe.
5) O selo do “Puente de los Santos sobre la Ría de Ribadeo” é unha preciosidade de fotografía e o díptico unha excelente pintura. Seguro que dentro duns anos valerá unha fortuna. Parece ser que o PSOE (A Mariña de El Progreso, 25-Xuño) non lle gusta a foto e quer debatir na Comisión de Hacienda e Administracións Públicas que o retiren, así como tamén, cambiar a denominación da Ría de Ribadeo, por que “Ría del Eo se ajusta más a derecho” ¿o dereito de quén? ¿que lle parecería o PSOE si o presidente de Chile cambiara o nome do Estreito de Magallanes, pois é unha reliquia marítima da antiguedade, e que a día de hoxe non é relevante, e debera de cambiar o nome por algo máis “axustado o Dereiro Chileno actual”. Igualmente podería pensar o Presidente de Panamá coas cidades de Colón e de Balboa... e unhas decenas de exemplos máis, que son gloria e dereito da Marina Española e non das Comisións de “Ferias, Fiestas y Mercados” o que nos teñen acostumbrados estes “cambistas”. Persoalmente non me gusta a denominación do selo, pois para min debera de ser “A Ponte dos Santos sobre a Ría de Ribadeo”, todo no idioma galego, pois pertence tanto a orilla de Ribadeo, como a outra orilla de Reboredo ata o río Frexulfe as “Terras de Ribadeo”. Pero en aras do bilingüismo e da fraternidade de ámbalas dúas orillas da que D.Jesús, fala pero non practica, pode estar ben así.
6) Por outra banda, os señores que montaron o tinglado do espacio protexido da Reserva da Biosfera Rio Eo, Oscos y Tierras de Burón, “esqueceron” o nome da Ría de Ribadeo, foco principal de outra usurpación toponímica do Reino de Galiza, que seguramente se non se remedia se levará a cabo antes de acabar o século XXI, co beneplácito das autoridades galegas de turno, tanto locales, da Xunta en Santiago como do Goberno de Lugo.
Fixéronse xuntanzas e actos cos alcaldes de Ribadeo e esto é para min o máis triste de recoñocer. Deixáronse levar, como si non acontecera nada, e é de vital transcendencia o defenderse do capricho duns poucos... Primerio D. Carlos Andina, coa inauguración da Reserva da Biosfera é en Santa Cruz de “La Casa de la Ría” a secas sin engadir “de Ribadeo”, a “Casa de la Ría del Encuentro”, ¿de qué encontro? Trouxeron o Sr. Touriño e o Concelleiro de Cultura da Xunta a inugurar a cabana miradoiro da fauna da ría. Logo tocoulle a D. Fernando Barcia, co libriño editado pola “Asociación del Puente de los Santos” en versión galega: “A Ría de Ribadeo Natureza entre duas augas” e en castelán: “La Ría del Eo Naturaleza entre dos aguas”. ¿A que xogan vostedes os nosos representantes civiles? ¿como é posible que fondos públicos que veñen da UNESCO (Organización das Naciones Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) para programas destinados a promover os valores culturales dos pobos sexan empleados para a usurpación toponímica de Galiza? (véxase “Burónlandia” 01-Outubro-2011 é Burónlandia II, 12-Novembro-2011 artigos en “La Comarca del Eo”)
Agora, a estes señores da Reserva da Biosfera xa lles parece que teñen a plaza de Ribadeo gañada, e o mércores 15 de Maio 2013, tiveron xuntanza no Concello de Trabada e o 31 de Maio no Concello de Ribadeo. Naquela houbo nota de prensa, e nesta non, ¿que foi o que se acordou nestas xuntanzas? ¿ó pobo de Ribadeo non chegou todavía a Ley de Transparencia, Sr. Barcia? ¿que teñen que ocultar que os veciños de Ribadeo non debemos saber, ata que este todo atado e ben atado? ¿será aquelo de que a Reserva da Biosfera é asturiana, como nos decía por carta a AVV “O Tesón”, D. Jesús Valderrábano Luque en Decembro 2012, desde INDUROT a Universidade de Oviedo en Mieres, e que lle contestamos en carta privada daquela maneira...?
Por último decirlle, D. Jesús Alonso Penelas, que sinto non estar dacordo en casi nadiña do que dice e recoméndolle que compre e lea a edición tetra-língüe das “Cartas da Ría de Ribadeo” que vamos a editar nos próximos días a AVV “O Tesón” de Ribadeo, un claro exemplo dun retazo da nosa historia compartida en ámbalas duas orillas e aprenda a toponímia de tódolos rincóns da Ría de Ribadeo, e por certo, párese un intre a ler tamén, como realizaba un barco a maniobra de entrada na Ría de Ribadeo, desde o mar e navegando a vela para fondear en Porcillán ou a volta de Cabanela. Unha verdadeira delicia para descubrir rincóns que á xente intelixente, que lle gusta o mar e os seus enraizados Usos e Costumes, lle encantará.

20160519

NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RIA SOBRE A RESERVA DA BIOSFERA

   O pasado venres, 13 de Maio, celebrouse en Castropol unha xuntanza sectorial do Foro de participación Social da Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Buron, ca participación entre outros colectivos dunha representación da Plataforma. O obxectivo desta xuntanza era o debate do Plan de Acción, se ben se trataron moitos temas colaterais que non son doados de resumir agora. A Plataforma prantexou a necesidade de iniciar a curto prazo un estudo polo miudo dos verquidos incidentes en toda a conca do Eo que, obviamente,veñen afectar dun xeito ou outro á Ria de Ribadeo.
   No momento actual estase redactando o documento saido das xuntanzas sectoriais que, en principio será publicado nos boletíns oficiais galego e asturiano o 25 de Maio para ser sometido a un periodo de exposición pública e posteriormente pasar á aprobación definitiva.
   O que pretendemos suliñar no momento actual e que tódalas asociacions interesadas polos temas ambientais – entendidos en senso moi amplo - poden participar nesta fase do proceso e presentar alegacións ou propostas que deben ser atendidas e respostadas pola equipa redactora do plan.
   Pola nosa banda ofrecémonos a facilitar información, contactos e mesmo participar en grupos de traballo relacionados os temas devanditos.
   Para ponerse en contacto connosco temos o móvil 669752495, email elombardero@hotmail.com.
   Plataforma pola Defensa da Ria de Ribadeo
---
Algunhas entradas anteriores relacionadas coa reserva da Biosfera (as últimas en data):
20160426
20160416
20160216
20160123
20160119
20141007
20140401

20230208

O CONCELLO DE RIBADEO E O NOME DA RIA. Evaristo Lombardero

 O CONCELLO DE RIBADEO E O NOME DA RÍA 

 

        Aínda que poida semellar estraño para algúns lectores, o Concello de Ribadeo, presidido polo BNG, leva mais de 15 anos promovendo a denominación “Ría del Eo” ou poñéndose de costas as manobras políticas dos gobernos asturianos para facerse o paladín da “Ría de Ribadeo" nos últimos meses. Imos pasar revista ás hemerotecas e  documentos públicos. 

        A construcción do mantra identitario da “Ría del Eo” non ven da semana pasada, pero tomaremos como referencia o mes de Abril de 2006, porque a partir desas datas é cando se pode apreciar a decisión política do goberno de D. Vicente Areces (qepd) de sustituir no Nomenclator Xeográfico Español a denominación “Ría de Ribadeo” pola alternativa “Ría del Eo”. O primeiro paso foi a declaración do político devandito en Tapia de Casariego segundo a cal era a “Ría del Eo” “desde la escuela”. O seguinte foi a presentación en Vegadeo, o día 6 de Abril, de Carlos Madera, Director Xeral de Cultura, para anunciar a creación de unha comisión de “expertos” que estudiarían cal era o nome correcto da ría, si “del Eo” o “de Ribadeo” ainda que xa se decantaba sen ambaxes e declaraba que o nome correcto era “del Eo”, ou sexa a conclusión xa estaba dictada antes de comezar a investigación.  Constituída a comisión,  os seus traballos foron publicados pola Consellería de Cultura en maio de 2007 nun folleto de 57 páxinas que leva por titulo “Ría del Eo. Informe y conclusiois” (en galego de Asturias). Nese folleto, que xa temos comentado repetidamente neste medio e no blog “Ribadeando” de Antonio Gregorio, aparecen tres  artigos e dous apéndices que carecen do máis mínimo rigor historiográfico e cartográfico, así como tres simulacros de enquisas que non son senón entrevistas dirixidas a 87  veciñ@s de algúns concellos  da bisbarra galaicoasturiana (0,11 % de 70 000 hab) das que se tira a conclusión de que a denominación “Ría del Eo” é maioritaria no occidente de Asturias e ten unha antigüidade semellante á “Ría de Ribadeo”.  Da pobreza documental destes “informes” so lembraremos que pasa por alto as obras de Pedro de Teixeira, o coengo  Molina e outros materiais dos séculos XVI e XVII. Pois ben, tras unha ampla difusión, estes informes serviron de base para que o goberno asturiano promovese a proposta diante da CENG de que  a denominación oficial fose substituida pola “Ría del Eo”. Como é sabido a CENG rexeitou a proposta no pleno do día 8 de marzo de 2008. Aquí hai que suliñar dous puntos. Primeiro: a iniciativa do goberno asturiano foi unilateral e polo tanto belicosa. Segundo: o concello de Ribadeo e o BNG non tiveron nada que decir ao longo de este proceso e da  longa campaña mediática do goberno arecista. 

        A segunda xogada na que o goberno municipal de Ribadeo xa tomou partido pola normalización da “Ría del Eo” foi a publicación do libro “La Ría del Eo Naturaleza entre dos aguas” en versión castelá e “A Ría de Ribadeo Natureza entre dúas augas” en versión galega. Este libriño publicado en maio de 2009 e presentado polo Sr. Alcalde de Ribadeo nas escaleiras do concello o día 18 do mesmo mes, foi promovido pola Asociación Puente de los Santos, da cal era presidente o Sr. Alcalde de Castropol e secretario o Sr. Alcalde de Ribadeo. Pois ben, na páxina once das dúas edicións figura o seguinte texto: “o mar penetrase separando Asturias (onde se coñece como “Ría del Eo”), de Galiza (chamada alí Ría de Ribadeo)”. Ou sexa, na versión castelá utiliza sempre a denominación “Ría del Eo”, mentras que na versión galega utiliza ambas denominacións, pero debe suliñarse que na páxina devandita, nas dúas edicions, deixa moi claro que ambos toponímicos son equivalentes e ahí quedou esa mensaxe, avaliada polo concello de Ribadeo, para os escolantes e profesores que o quixesen consultar ao longo de todos estes anos e os que veñan. Polo demais, a sé oficial da Asociación Puente de los Santos está no concello de Ribadeo. Cómpre suliñar que o libro que comentamos foi editado un ano despois do acordo anteriormente citado da CENG que establecía como único nome oficial a “Ría de Ribadeo”, acordo de obligado cumprimento por todas as administracions públicas do estado español. 

        A terceira operación estratéxica para normalizar en documentos oficiais a fórmula “Ría del Eo”, tamén ca participación activa do concello de Ribadeo, atópase nos informes fundacionais da Reserva da Biosfera “Eo, Oscos e terras de Burón”. Nestes materiais, que se comezaron a elaborar no 2007 e foron aprobados definitivamente no 2013, figura 17 veces a denominación “Ría del Eo” e unha vez a “Ria del Eo ou Ribadeo”. Pouco que comentar agás que o concello de Ribadeo é o maior da Reserva da Biosfera. Naturalmente eses documentos oficiais validados polo concello de Ribadeo subsisten en todos os organismos autonómicos, estatais e europeos relacionados ca Reserva da Biosfera. 

        A estes casos habería que sumar as numerosas exposicións de fotografías, cadros e outros elementos artísticos presentadas ao público na oficina de turismo do concello de Ribadeo ao longo de estes anos, nas que aparecía un día si e outro tamén a denominación “Ría del Eo” sen que as autoridades municipais puxesen a mais mínima obxección. Habida conta de que esas exposicións foron visitadas por centos ou miles de persoas resulta obvio que a denominación devandita foise extendendo entre visitantes tanto españois como extranxeiros e considerada a fórmula correcta baixo o patrocinio do noso concello. 

        Habería moitos mais exemplos, pero só imos lembrar un cartel instalado pola Xunta de Galicia na escollera hai mais de 10 anos e denunciado repetidamente polo asinante. Ahí sigue estando para quen o queira visitar.  Neste caso non figura a denominación “Ría del Eo”, pero o nome legal ata a semana pasada “Ría de Ribadeo” está suplantado pola fórmula “Rio Eo”. Ninguén do concello o viu nen tivo nada que decir


        Chegando aos tempos mis recentes o dia 27 de Novembro de 2019 o Partido Popular presentou unha moción no Parlamento Asturiano que foi aprobada por unanimidade, na que se propoñía que o goberno autonómico estudase os documentos que avaliasen a denominación “inmemorial” da “Ría del Eo”. A Dirección Xeral de Politica Llingüística do Principado emitiu o correspondente informe en Abril de 2021, e neses 17 meses o concello de Ribadeo abstívose de opinar ou informar sobre a cuestión, ainda que as actas do pleno aprobatorio asoleian infinidade de falsedades e erros flagrantes nas distintas intervencións. Finalmente cando a operación política estaba practicamente rematada, o Sr. Alcalde de Ribadeo tomou a palabra para declarar que agora non está de acordo ca “Ría del Eo” e decidiuse a participar no expediente administrativo a título puramente testimonial. Testimonial e mediático por suposto. 

        Esta é, de xeito moi resumido, a inestimable colaboración do BNG e do goberno municipal de Ribadeo nos últimos 15 anos para dar todo tipo de facilidades ao antigo proxecto de sustituir  un toponímico recoñecido mundialmente por unha alternativa incorrecta dende o punto de vista xeolóxico e cartográfico, convertida en unha bandeira identitaria por intereses sectarios e partidistas. Pero sería inxusto esquecerse agora do papel subsidiario do PP e do PSOE  que tamén calaron como afogados todos estes anos e agora defenden unha cousa e a contraria a 800 metros de distancia.          

 

Evaristo Lombardero Rico 

 

7 de febreiro de 2023