20201023

Un compromiso do concello aínda non cumprido: a normativa da residencia

   Deixo a continuación un extracto da acta do pleno de 23 de outubro de 2018 (pp 12 e 13):

"Intervén a concelleira do Grupo Municipal Socialista Sra.González Ginzo que sinala que asalegacións que se formularon durante o período de exposición parece que son aceptadas peroen diferido pero que hai certas cuestións que, ao seu xuízo, non se deben dilatar ou aprazarpolo que entende que deberían examinarse e resolverse agora.

O Concelleiro do Grupo Municipal Popular Sr. López Penabad intervén e manifesta que cre queen todo caso hai un compromiso para atender esas alegacións a lo menos en parte e que haiunha Comisión na que están representados os actores mais importantes polo que o voto doseu grupo vai ser afirmativo.

Intervén o sr.Alcalde, manifesta que suscribe integramente todo o dito polo portavoz do GrupoPopular, que están en sintonía coa Deputación Provincial e que iso leva a unhahomoxeneización nos textos cos outros concellos pero que existe ese compromiso de levar áprimeira reunión da Comisión polo que pensa que na votación non debería romperse aunanimidade como se mantivo ata o de agora. 

A Concelleira Dona Aurora González Ginzo manifesta que, en todo caso, as cuestións que elarefire son para defender exclusivamente no concello de Ribadeo e non teñen porqué afectar aoresto

Entáblase debate entre a concelleira e o Sr.Alcalde que lle manifesta novamente a concelleira apetición de manter unha unanimidade neste asunto como en todo que poida afectar ao Centrode maiores con beneficio para Ribadeo"

   A que se refire? Ás propostas estudadas pola plataforma pro Residencia de Maiores para variar a normativa da Residencia. Ata o de agora, non se levou a cabo esa promesa da alcaldía.

Ningún comentario: