20201019

O golfo no Pérsico. Jorge Sampedro Reimúndez

O GOLFO NO PERSICO
    Fai uns días saíu á luz unha fotografía que 'Conina de ouro Larsen' lle sacou ao emérito en gayumbos, coa gorra estilo snapback caps, a súa camisa long size...? ao estilo Skate Parcks, fronte a unha barbacoa, xunto co fillo da súa querida, supoño que asando un pouco de caviar. Que cachondo. E isto facíao na 'casiña' que, dentro do complexo da Zarzuela, habilitara para fornicar pecaminosamente coa súa ben paga amante... é dicir, moi preto de onde se atopaba a súa consentidora e cornamentada esposa. Ese portento de muller que logo de cincuenta e sete anos vivindo en España, segue sen falar correctamente o castelán... xa non digamos o galego, catalán ou eusquera. Toda unha bendición.
    Mentres tanto, este Borbón (que non me explico a quen saíu) segue exiliado nunha das ditaduras máis abxectas do panorama mundial, nos Emiratos Árabes Unidos, e máis concretamente en Abu Dabi, un país que condena a penas de 15 anos de cárcere aos homosexuais, que castiga con latigazos, propinados polos seus esposos, ás mulleres que cometen adulterio (si o adúltero é o esposo non pasa nada), que fai desaparecer tanto aos disidentes políticos como aos xornalistas críticos, que mete no cárcere aos activistas en prol dos dereitos humanos... en fin: un paraíso... un paraíso fiscal que, curiosamente, non ten convenio de extradición con Suiza onde, casualmente, o 'golfo' está sendo investigado.
    Este inviolable, este irresponsable (dio a Constitución no seu art. 56.3) "pode cometer calquera feito sen ser xulgado porque está por encima da Lei e esta posición manteraa respecto de todos os actos que leve a cabo durante o seu mandado e ata despois de que cese na Xefatura do Estado". Que sorte tivemos! A este deulle por deitarse con señoras, por evadir impostos e por matar elefantes e será lembrado, como el mesmo recoñece, como un putero, como un defraudador, como un maltratador de animais. Menos mal! Que sorte tivemos!, podería cometer a máis abxecta das aberracións que se nos ocorra e seguiría sendo inviolable, seguiría sendo irresponsable. Como dixo Fraga: Spain is different!
    O indecente Casado fai uns días, e en relación coa prohibición que o Goberno da nación lle fixo ao rei 'ao preparao'? de acudir a Barcelona a presidir a cerimonia de nomeamento dos novos xuíces, nunha encerrona contra o goberno urdida e orquestada polo ultra dereitista Lesmes (presidente do CGPJ e conferenciante de FAES), manifestaba que ao rei 'do cash' votárono os españois. Inmediatamente e para corroborar tamaña afirmación, púxose en circulación un wasap que dicía: que levante a man o que elixiu esta monarquía!? e víase ao sanguinario 'xeneralete' co brazo estendido facendo o saúdo fascista. Para Casado, o que diga o asqueroso xenocida, vai a misa. 
   P.D. Postos a imaxinar, imaxinemos que tivera abdicado, como sería normal e xusto, na súa primoxénita. Hoxe sería raíña de España e Xefa de Estado a Elena, rei consorte o Marichalar (non terían cesado temporalmente a súa convivencia) e príncipe de Asturias o Froilán. Viva a República.
    Asdo: Jorge Sampedro Reimúndez

Ningún comentario: