20141105

5 vivendas e local comercial no cubano

No centro de Ribadeo, o sete de agosto, tomaba esta foto:
Na praza de España, comezaba a 'rehabilitación' dun edificio para vivendas (5) e baixo comercial, no antigo local do Cubano. Parecía que a mesma empresa que mercou unha parte do edificio do cantón, a casa dos perecitos ou os pazos das Figueiras, atacaba de novo, se ben o nome que aparece é 'Promociones villa de Castropol', e polo estilo e outros detalles obsérvase unha situación diferente. Por certo, a info sobre a empresa de promocións varía a súa sé segundo onde se mire.
A comezos da semana pasada a cousa estaba así:
Si, é chamativo que unha rehabilitación se tire e sexa unha reconstrución. Ademais, tamén o é que se empregue estrutura metálica, ou que se ocupe o patio traseiro nunha zona onde parece que o volume de edificación debera estar fixado [nota posterior: ver comentarios]. E non deixan de ser chamativas as columnas de pedra atravesadas por unha peza metálica (pero cabe lembrar que a da dereita, antes estaba a piques de perder o apoio, inclinada 'esvarando' sobre a base) e ganando altura sobre a que inicialmente tiñan.
Na primeira foto pode verse aínda o resto da parede do fondo, que marcaba o comezo do patio exterior que albergaba vexetación, como se ve na foto do sigpac, e que dificilmente volverá á súa magnitude anterior, visto o desenvolvemento da obra.

De xeito aproximado, 28 m de fondo (deles, 9 e medio de patio sen construír) x 10 m de ancho era o que medía o solar, incluído o baixo columnas.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Estás completamente equivocado en todo o que publicache nesta entrada do blog.

1 - A fachada foi demolida debido a que os muros de carga estaban moi deteriorados.

2 - O promotor é Villa de Castropol, non Paisajes de Asturias, e non teñen que ver uns cós outros.

3 - O espazo e o volume ocupado pola edificación anterior respetarase ó 100%. A casa, como moi ben podes observar no sigpac, non son 9 x 10 m de patio, xa que a parte trasera do inmoble fai unha L, e así vai ser a nova, nin máis nin menos.

4 - Os pilares foron reforzados debido a que non valían como apoio estructural tal e como estaban, e repito, a altura total da edificación vai a ser exactamente a mesma, así como a súa fachada e volumetria.

5 - As actuacións que fan tanto Villa de Castropol como Paisaxes de Asturias sobre xoias-ruinas deberían ser de agradecer, e non estar no punto de mira de críticas de persoas que ignoran a información pertinente sobre as mesmas.

agremon dixo...

Polo emáis, unha volta dito o anterior, só lembrar que a publicación de comentarios anónimos non está asegurada neste blog. Neste caso considerei que debía publicalo.

agremon dixo...



Boeno, evidentemente non en todo:
1.dixen que era chamativo que se dixera rehabilitación e non reconstrucción. Non sabía por que, pero o que apunta anónimo non contradí o que dixen.
2.ese punto coido que o deixei claro na entrada: chega con vela. E hei dicir que a primeira nova que tiven apuntaba a que era doutro xeito. Ese cambio fíxeno procurando información.
3.aquí si que coido que cometín un erro na medición: interpretei unha diferente cor no sigpac como patio sen árbore. E agora, fixándome na parte dereita da foto da demolición vexo que non é así. Recoñecido. Culpa miña.
4.en canto á altura total, vendo google street, dubídoo en canto ó que se pode ver agora, a altura do soportal (aínda que a diferenza por este tema sexa pequena). En canto ó volume polo alto, será doado ver diferenzas segundo a foto, e en canto ó volume pola parte de atrás, sigo co xa recoñecido na parte anterior.
5.en canto a agradecementos, coido que se pode mirar a cousa de diverso xeito, sen ignorar información pertinente, Polo menos, a que está accesible.
De calquera xeito:
en canto poda dareime unha volta por alí para aprecialo de novo no sitio.
grazas pola aportación, e discúlpome polo que puxen de xeito errado.

agremon dixo...

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2014/11/09/upri-pregunta-legales-cambios-casa-do-cubano-ribadeo/0003_201411X9C7994.htm