20100325

Leite 'galego' (II)

A comezos de mes introducía no blog unha entrada co mesmo título, "Leite 'galego' ". E onte atopaba na Voz un dato, a importación anual de leite en Galicia correspondente ó pasado ano: 145 000 toneladas, isto é, redondeando, 150 millóns de litros ou máis de 50 litros por cada galego e galega, adulto ou cativiño... nun lugar excedentario de leite ata agora.
Hai que ter en conta que tamén se exporta leite 'galego' ou produtos lácteos a partires das mesmas fábricas que o importan, co que habería que facer un balanzo total de chegadas e saídas para un cadro realista, pero non deixa de ser preocupante a cifra de 50 L anuais de leite importados por cada galego mentras caen os prezos, hai ameazas de parar a colleita (ou a entrega) e o sector non está precisamente nunha boa racha.
Ademáis, a foto que ilustra o artigo ligado enrriba amosa un camión dunha compañía 'galega 100%' nun almacenamento francés, como querendo indicar que non importa que o capital sexa ou non galego, senón que a actuación é semellante para todos os grupos, independentemente da matriz (e en contra do co que poñía ó final da entrada Leite 'galego'.

Ningún comentario: