![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgcGbF3CMBlnn5qnLDfqoUOC-nb8r7dc78PWVbE_cn0E7AjLve-zV5fyuMbh06puWw6o090bBvWgBtROFpI0A_l20_t0D66Ao4lOjjmmjkhCcm9_HLi6WEkvP2rl_K0s6FCY0dK/s400/20090102+concerto+Aqui+como+en+Viena+b.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiJcEHXVxq6kp_Kvpu5SOMvhM7SVc-cb3N0FcxqwZdf4P_eEyffrwdj7Vqhq7U8h3N9eaxwkSUjuJqP1_sW8dgIJLM4yyVYaZirhD0UsfT0rLuxlY94nK7z106ZKvbjpd4_SUn_/s400/20090102+concerto+Aqui+como+en+Viena+a.jpg)
Onte foi o tradicional concerto de aninovo, 'Aquí como en Viena', con case tres lustros de historia (
o primeiro da serie foi na Igrexa o 25/12/94). A novidade, a actuación en dúas obras de bailaríns nunha extensión do esceario. Foron dúas actuacións diversas: na primeira, alumnas pequenas da escola de música, e na segunda, tres parellas adornadas con catro pequenas. Na lembranza, a paz, aquelo que sempre está no fondo nestas datas, e que cando hai problemas noticiables como nestes días entre israelís e palestinos, vóltase máis ó primeiro plano.
Auditorio cheo, e moito esprito de ser 'un club' escoitando música. A xente non se animou demasiado á invitación ó baile que fixo o director no vals (bis).
... Para saber máis:
Manuel Maríavon HolstJohan de MeijJacob de Haan (aquí, para
estudo e fragmentos de obras)
Richard ComelloJohan Strauss & Josef Strauss (entre outros moitos resultados)
J.
Teruel VidalGerardo H. Matos RodríguezDimitri ShostakovichAndré WaigneinJo Vliex
Abel Moreno
Ningún comentario:
Publicar un comentario