![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgxKsWakHcgXlpolJ4k4Ey4df43qtXeN3qk7FZ3QKQOX9kCF4tMlsXba78EnYtTu5t2SfhOGxLTg_WefwepdNHNyjuwruKKA_hxk6tzsGVexH64SEqtrX0WH7oK6IQTEiQ9GpT-/s400/Plan+Sectorial+3.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj013-694h80NxxBUS1NrBTlJ0HLbn5ybrhGorIBlgQMXUKLLIqLaMPbXEgxsHGXFIniBVr-hCubKLwnxCligG04MDYY2o3_j_uLhN5wjhs8svpZ1NV1xj0SkL0XjnvPxHMNDZe/s400/Plan+Sectorial+2.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhC3kmZXkTkw31BxXpI40foxIM-K7HzWuwuIGiGzOtgAk_I5zRh1nUPaCOGy36QPxVWftfrLo7Ve3XJ0IAEoy7_RSNxVv_C4NDV-xvJFX8Xh5UgIFx8h9LPQ2FYwSX40eusnIrl/s400/Plan+Sectorial+1.jpg)
Hoxe as novas son da resaca do fin de ano. Parece que en Ribadeo non houbo nada grave que reseñar, nin nada anormal: segue sendo normal o horario dos fins de ano. O coche que ardeu fronte ó Gamallo Fierros, unha excepción da normalidade, pero nada máis. E a petición para o alongamento do prazo para manter a subvención de derribo da chabola dos xitanos, algo esperado despois de non conseguir un piso polo percio marcado: outra partida que se trata de que polo menos quede en táboas en troques de perdela.
Coido que máis interesante en xeral (excepto para os afectados en ambos casos citados) é voltar sobre outros dos temas que quedaron no tinteiro a finais do 2008. Por exemplo, o plan Sectorial de Solo Residencial. E iso é o que escaneei para meter aquí, os folletos do plan. Algo que non comprendo ocmo non ten feito xa o Concello na súa web, en troques de quedar só unha comunicación de alegacións do alcalde. Mesmo tampouco se comprende moi ben como non se deu máis difusión, entre outras, á páxina http://igvs.xunta.es/ipecos-opencms-portlet/export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/Anexo_III.1.17_Caracterizacixn_AF_Ribadeo.pdf, onde están os textos 'oficiais' que concernen a Ribadeo... sen os planos. Porque nesta outra páxina, na que entendo que deberan estar os planos, dame que non teño permiso para entrar... ó mellor a vos si.
3 comentarios:
¿No hubo nada anormal la noche de fin de año?
¿Y el incendio de un coche delante del instituto Gamallo Fierros sobre las 02:30? Lo cual obligó a variar ela acceso a Ribadeo.
Una noche muy tranquila.
Xa estaba reseñado.
Refírome a anormal por, digamos, "comportamento humano" ou verse afectadas direitamente persoas. Por outra banda, a amplitude da nova na prensa si que lle da unha importancia de anormalidade ou noticiable.
Eu coido máis ben que é unha curiosidade, pero é evidente que a importancia que lle concede cada persoa a cada cousa é diferente.
Si, tienes razón. Leí demasiado de prisa.
Publicar un comentario