![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiMnaINxBLrmRNf8neftGVftXKYXw66ujqnwHn1WkPRmAQZJh-r8q18bG9Y25TCM-dIAkj4geLcpbTtLfbFSLyy75dlcAjFz-KjYHwUwrtUVomgi-yzEu9p0Wk9gXDGH0kCvpfC/s400/cartel_aqui_como_en_viena+2009.jpg)
De novo, a rede... fai que haxa que substituír o 'mañá' do título por 'hoxe':
Concerto “Aquí como en Viena”
A Banda Municipal de Ribadeo, celebra o Venres, día 2 de Xaneiro, ás 20:30 horas do serán, o seu tradicional e recoñecido concerto de aninovo “AQUÍ COMO EN VIENA”, no Auditorio Municipal “Hernán Naval” de Ribadeo.
“Este ano contaremos cuns convidados moi especiais, e continuaremos coas nosas sorpresas para seguir sorprendendo ó público”. “O único que pido é que o pobo de Ribadeo siga apoiando o traballo e gusto pola música que teñen os rapaces e rapazas, e para iso, so fai falta facerse socio e participar nos concertos” comenta Lourenço Cruz.
Aproveitamos a ocasión, dende a Directiva e a Dirección Artística da Asociación Amadores da Música / Banda Municipal de Ribadeo, para desexarlles a todos os socios, asi como o pobo ribadense, un Feliz Aninovo 2009. Non obstante, agardamos unha vez máis a súa participación e o seu aplauso neste tradicional concerto, para comenzar o ano con bo pé."
Adxunto dúas imaxes: a da banda tomada hai pouco, e, ó seu carón, dunha vella banda:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiop8ReXs5RmGAslqc4qoErdcLHIghCXebNkSdDMuHncCe9tEXSLOGBZH6QaM7_RNhLcxP9UFiKRWPFp62Kc2ImJ2bh4x3QrXWWifXqB9Sp_1kbB_Il9Au5KTHQIPIhH8k5hIBH/s400/Banda005.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhBT60d6nFkvZHJlUiQ3UDjNJgvCRcscko9TKOwlcJyhXIK9MrecRvRAW6sJPe4dJvyegUYHMId4WAYef8Lo16NQmw6zOtsmP9Cexk9XBWi66GGHTNgg3KM2LdfoiDTQfcjsYmA/s400/Banda+vella.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario