20080111
Espazos
Francesco Tonucci, 'Frato', é un mestre italiano que a base de debuxos está plasmando conceptos do ensino de sempre que non se rematan de asimilar nunca (aquí, unha pequena mostra: non fiarse dunha soa imaxe, picar tamén polo medio...). Lendo unha entrevista que lle fixeron, atópome con algo que vivín de pequeno e que en Ribadeo na actualidade non se pode practicar: o xogo ó ár libre. Por? Por falta de espazos adecuados para facelo. Mentras no parque se están a limitar as zonas de herba (por certo, habería que 'limar' os extremos desas beiras cerámicas que terminan de xeito abrupto no paseo principal), mentres o cantón boa parte do ano está prácticamente inhábila ás andanzas infantís, mentres a zona peonil exténdese máis para os maiores pero os pequenos vénse en dificultades para pasar en bici ou monopatín, repito, mentres iso sucede, coa natalidade en regresión e polo tanto ese numero de non votantes cativiños tamén, Frato propón unha ocupación social dos espazos públicos, 'o que leva consigo unha maior implicación de toda a sociedade na educación e custodia dos nenos'. É dicir, humanizar as rúas e prazas, pero para todos. Tamén fala de que os coches deixen espazo ós nenos... en Ribadeo deixan espazo ás tendas, pero ós nenos...
Ben, despois de todo, hai que recoñecer que neste sentido, hai abonda diferencia entre Ribadeo e poñamos por caso, Madrid. A favor de Ribadeo, claro. Pero, pretendendo o mellor dos mundos, Ribadeo non é a utopía, e tamén o debemos ter claro. Segue sen haber un carril bici que permita desconxestionar algo o tráfico e os aparcamentos, mentras polas zonas peonís se cola calquera de fóra mellor que os veciños (en xeral). É dicir, non se trata tanto de facer cousas senón de manter e mellorar o que xa hai, incluída a educación da xente. Non creo que o anterior soe a novo neste blog.
A imaxe, algo hoxe en desuso por varias razóns: un selo, neste caso, sobre o Cantar do Mío Cid, algo que ven a conto sobre o pulo que se lle pretende dar á lectura.
Publicado por
agremon
ás
1/11/2008 07:48:00 a.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario