Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta torre dos moreno. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta torre dos moreno. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20180706

A torre dos Moreno e o concello: documentos

Comoqueira que estes días están a verse na prensa diversas novas sobre o futuro da Torre dos Moreno, deixo aquí un brevísimo resume do pasado e as notas que o concello puxo a disposición o día 4 de xullo a raíz da xunta mantida o día 3, deixando o dar a miña opinión para outro momento:
A.Resume:
Dende hai varios anos, Paisajes de Asturias ten mercado pouco a pouco a maioría da propiedade. Hoxe, o concello ten unha parte minoritaria que ademais estivo documentada de xeito deficiente, e outra parte, a máis pequena segue en mans de descendentes de emigrantes dispersos por sudamérica. A Torre necesita de conservación e hai xa máis unha década que se comezou con algún traballo para atallar as necesidades máis urxentes cara a evitar a súa caída. Os custes xuntáronse ás técnicas necesarias para unha rehabilitación integral como impedimento para facer posible o futuro da torre. O concello comezou un proceso para poñer en claro a súa propiedade e, no medio, pasou o centenario da Torre dos Moreno sen celebración.No medio tamén, novas coma esta do 2011 do El País: "La incierta vida de la Torre dos Moreno. Una firma asturiana se hace con la mayoría del inmueble de Ribadeo y planea rehabilitarlo antes de 2015" (pola metade do orzamento previsto polo arquitecto encargado das rehabilitacións previas, Ernesto Cruzado)
B1.Nota de prensa do concello.

A REHABILITACIÓN DO EDIFICIO É MOI COSTOSA
Torre dos Moreno
04/07/2018
O Concello segue a dar pasos para a busca dunha solución definitiva para a Torre dos Moreno. A proposta adoptada nas últimas horas pola xunta de goberno, e explicada aos voceiros municipais, consiste na permuta da parte da propiedade municipal (o 21,25%) por unha edificación situada na praza de Abaixo, a carón do Cine Colón. Dito inmoble entregaríase ao Concello rehabilitado e a el trasladaríase o xulgado de paz de Ribadeo.
O alcalde, Fernando Suárez, explicou que "onte demos varios pasos para a busca dunha solución definitiva, legal, posible e segura para a pervivencia da Torre dos Moreno, como un dos emblemas mais salientables de Ribadeo e con unha seguridade e un ornato público que disipen os problemas de seguridade que pode ter a futuro de persistir nesta situación de semi ruina".
Para o rexedor "hai ter en conta que o Concello só é propietario dunha parte minoritaria da Torre dos Moreno, un 21,25%, correspondendo a parte maioritaria, un 60%, á empresa Paisajes de Asturias. Desde hai anos estivemos traballando nunha saída razoable con esta titular maioritaria, polo que despois dun complexo expediente instruído e informado nos últimos meses coas aportacións dos técnicos e xurídicos municipais, a xunta de goberno aprobou unha serie de medidas encamiñadas a dar a mellor saída posible a este reto que temos desde hai anos".
Suárez Barcia relatou que "a proposta adoptada, que onte foi explicada tamén aos voceiros municipais polos técnicos do Concello, supón varias situacións. Por unha banda, a permuta da parte da propiedade municipal por un inmoble situado na Praza de Abaixo, a Carón do antigo Cine Colón. Este inmoble entregaríase ao Concello rehabilitado e a el preténdese trasladar o Xulgado de Paz de Ribadeo, despois que non fructificase acordo algún coa Xunta de Galicia para que nos axudase a rehabilitar o actual, tal e como nos demandan desde hai tempo os sindicatos de funcionarios da administración galega. Esta permuta conta co informe favorable dos técnicos e xurídicos municipais posto que o importe entre o aportado e o recibido é favorable ao interese público municipal".
E engadiu: "e por outra banda, darase conta á Xunta de Galicia por se, en atención á Lei de Patrimonio de Galicia, esta quere exercer os seus dereitos de tanteo e retracto por se quere asumir a parte da propiedade municipal, dado que ela (a Xunta) si que ten infinitamente mais recursos económicos e competencias legais para facerlle fronte á conservación e uso desde edificio. Outras posibles saídas como a adquisición total da Torre dos Moreno ou mesmo a colaboración na súa rehabilitación integral coa nosa porcentaxe de participación foron sendo descartadas por motivacións de desproporción económica e por cuestións de legalidade".
O alcalde ribadense subliñou: "hai que ter en conta que unha valoración aproximada do custo de rehabilitación integral suporía uns 5 millóns de euros, o cal sería comprometer toda a inversión municipal durante moitos anos para funcións que non son propias para un Concello nin útiles para os veciños. A opción de participación na rehabilitación na parte que nos correspondería (21,25%) superaría o 1.000.000 euros e supoñería investir fondos públicos a un ben de natureza maioritariamente privada cando a porcentaxe do Concello son partes proindivisas de todo o edificio, polo que tampouco se podería obter ningún rendemento destas inversións (polo menos nun período razoable de tempo, e estando a expensas das condicións da parte propietaria maioritaria)".
Fernando Suárez dixo: "estamos seguros que calquera das saídas que se poidan propoñer, xerarán debate e controversia, ideas de todo tipo, etc, etc. Pero aquelas persoas que temos a representación pública dos veciños temos que atender sempre a garantir o mellor interese público, xunto coa salvagarda da seguridade pública, algo que a día de hoxe non está garantida. Queremos polo tanto que iso mude e que a Torre dos Moreno poida estar rehabilitada e segura nun curto período de tempo".
Esta nota de prensa ía acompañada en teoría, na web de dous documentos:
B2.Certificación do acordo da Xunta de Goberno

B3.Proposta da alcaldía (maio 2018)
O segundo documento dispón dunha ligazón na web, http://ribadeo.gal/actualidade/nova.php?id=2805&lg=gal que non está operativa, e polo tanto non se pode descargar, pero que espero que pase a estalo nalgún momento. Tentando procurala pola rede, non aparece tampouco. Se a logro, poñereina aquí...
--
O acordo, noutras plataformas:

Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703) by Antonio Gregorio on Scribd


20160226

AS FONTES DE WALLACE E A TORRE DOS MORENO, Artigo de Pancho Campos

En 1870, Napoleón III, viu que París despedía un olor nauseabundo debido o abandono dos servicios públicos. Paris necesitaba, principalmente, abastecemento de auga para que os seus cidadáns a converteran nunha cidade salubre, habitable e relucente. Grazas á colaboración de filántropos ricos como Sir Richard Wallace que decidiron gastar as súas fortunas en obras sociais, se deseñaron e facturaron unhas fontes de fundición, compostas de pedestal, catro cariátides e un copulino, que na Exposición Universal de Paris de 1889 déronse a coñecer como as fontes de auga de Sir Richard Wallace.
As fontes tiveron grande aceptación entre os alcaldes de grandes cidades polo seu elegante deseño e servicio, e foron encargadas tandadas delas para embelecer prazas e rúas de Barcelona, Montevideo e Londres (nota de Alvaro Anglada)
Na Rambla de Barcelona, atopamos aínda unha fonte daquela época, pola que xa non corre auga, composta dun pedestal prismático de base cadrada, catro cariátides de brazos alzados e un pináculo cuberto por pegadas estampadas a modo de tellas semellantes a escamas dun peixe, que é practicamente igual ó remate da Torre dos Moreno.

Primeira nova con ilustración da Torre dos Moreno (http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/06/bandera-catolica-e-ribadense-torre-dos.html)

Ben, perdón, digo que é igual na forma, pois xa quixera aquela fonte pintada de verde, asemellar en beleza as Manolas e o copulino de tellas roxas brilantes da Torre dos Moreno. ¿Como é que hai esta coincidencia de diseño entre as fontes de Wallace e o remate da Torre dos Moreno de Ribadeo? Arturo Mogo, dame a explicación. A Torre dos Moreno foi construída entre 1915 y 1916 polo arquitecto D. Julián García Núñez e o enxeñeiro D. Ángel Arberk co diñeiro que mandaban dende a emigración en Arxentina os irmáns D. Pedro e D. Juan Moreno Ulloa. O arquitecto García Núñez, nacera na Arxentina, e viñera a estudar a carreira a Barcelona. Por outra banda o enxeñeiro Arberk, era discípulo de Montaner, que a súa vez fora discípulo de Gaudí, o arquitecto que combinaba as formas neogóticas con elementos barrocos modernistas, ata crear liñas de calidade surrealista.
Ámbolos dous construtores, polo tanto, estaban influídos polo modernismo e polas orientacións e innovacións estético-simbólicas que imperaban nas escolas de arquitectura e enxeñería de Francia a finais do XIX e primeiros do XX, e que pasaran a escola catalana de Barcelona. Así, o deseño dunha rica Casa Indiana, como era a Torre dos Moreno, convertiuse para aqueles profesionais nun dos primeiros retos da arquitectura europea en fábrica de edificios de formigón armado, ó que lle deron ese toque exclusivista de estilo ecléctico con toques ornamentais modernistas.
Un verdadeiro pracer para os sentidos dos ribadenses que aínda a podemos contemplar en pé, e que con tanta estupefacción a miran os miles de persoas que nos visitan tódolos anos, vendo o seu estado tan ruinoso e a punto de caer.
Algúns ribadenses, xa vellos para pelear contra dunha administración sen apelativos (boeno si, con apelativos, pero que non poden ser expresados en horas de “horario infantil”) sabemos que o edificio vai a caer de todas-todas, pois recordamos aquello que dixo o ex-Alcalde D. Fernando Méndez Sanjulián en 1884, nos “Apuntes sobre Ribadeo”, falando do despilfarro dos centos de miles de reais que costara a malograda obra de construcción da inconclusa e desaparecida Colexiata de Sta. María Ribadeo: “si Rivadeo non volve en sí, que non volverá, seus días están contados”... ¡Vaia vostede a saber, si SanJulián era profeta!
Francisco José Campos Dorado

20220907

Como vai a misión 'salvar a Torre dos Moreno'?

Como vai a misión 'salvar a Torre dos Moreno'?

    Dende hai xa abondos anos, sabemos que a Torre dos Moreno está a caerse en anacos. Tamén sabemos que debería, e temos esperanzas de que algún día sexa así, terse un plan de recuperación a aproveitamento dun edificio que sería apetecible para moitas cousas. É dicir, ter disposta a misión 'aproveitar a Torre dos Moreno'.

    Pero tamén sabemos, dende hai moitos anos, que o único para o que vai dando a historia é para relativamente pequenos (que soen anunciarse como grandes por requirir orzamentos non desprezables) amaños que eviten que o edificio se veña abaixo ou siga a caerse anaco tras anaco. É dicir, parafraseando o título dunha célebre película, sucesivas misións 'salvar a Torre dos Moreno'. No día de hoxe chega outra edición desa misión, a acometer pola empresa privada maioritaria da propiedade. Decatámonos por unha nota de prensa do concello que se titula 'Torre dos Moreno' e que inclúe o seguinte parágrafo a modo de resume:"A xunta de goberno concedeu licenza de obra para a intervención estrutural, reparación de cuberta e fachadas da Torre dos Moreno."

    Máis adiante na mesma nota, desenvolve un pouco o feito: "(...) logo de moitos anos, logo de moitos problemas, moitas horas dedicadas cos técnicos municipais, logo de ter todos os parabéns da Comisión de Patrimonio Histórico de Lugo e logo de ter que ir en cinco ocasións, por fin, onte demos a licenza de obra ao proxecto de execución para a Intervención estrutural, reparación de cuberta e fachadas da Torre dos Moreno. Estas obras contemplan, entre outras, actuacións de reparación da estrutura e do saneado de cubertas e de todas as súas fachadas. Os materiais de recuperación das fachadas van ser similares aos do morteiro de cal, que ten actualmente o edificio, e tamén os materiais de cuberta serán os mesmos que os do edificio actual. Tamén se vai proceder á colocación de novas carpinterías exteriores, dado o pésimo estado das actuais, e en todo caso a intervención non vai modificar a volumetría do edificio orixinal". "(...) agora a empresa propietaria da maioría do edificio xa pode empezar cando o desexe as obras de rehabilitación deste edificio icónico de Ribadeo. Agardamos que dentro de non moito, este edificio poida lucir o esplendor que tivo a principios do século XX, e por riba de todo, que coa súa rehabilitación poidamos asegurar a seguridade pública necesaria (...)."

    A dicir que na Xunta de Goberno do concello do día 6 acordáronse outras varias licenzas, e que é nese sentido, o da concesión de licenza, que xurde a noticia, xerada pola petición correspondente que tería que realizar no seu día a empresa Paisajes de Asturias. Unha petición, como observamos, doutra obra parcial para manter o edificio en pé, non para rehabilitalo de xeito íntegro.

    Outras apreciacións e comentarios do destaque da noticia poden ser as seguintes: houbo que ir cinco veces a Lugo, a Patrimonio. Non especifica a noticia quen, aínda que por como está redactada, parece desprenderse que serían viaxes, non só sinxelos envíos e voltas de papeis, e que o concello tería participado nesas viaxes á capital administrativa provincial. Estimo que debe ser ben un erro de redacción, ben de comprensión pola miña parte. O contrario sería un trato de favor, pois fronte a ese feito, para obras abondo máis pequenas, realizadas tamén de xeito privado, sei de quen tivo que enviar varias veces ó longo de varios anos proxectos e preguntas a Lugo, pero tamén consultar ós técnicos do concello, sen ter o apoio desa institución como axudante na capital. É dicir, de non entender mal, algo diferente de como o concello tería actuado neste caso despois de enaxenar por permuta a súa parte de propiedade.

    Tamén pode apreciarse que fala de 'materiais similares' para determinadas partes, aínda que 'iguais' para as cubertas. É dicir, vai ter o mesmo aspecto, pero non se trata dunha restauración, senón de 'reparación' e 'saneado'. Coas verbas usadas no texto, dunha rehabilitación.

    Asemade, cita a reposición das carpinterías exteriores. Por falta que lles fai non quedarán, e é de supoñer que con elas serán repostas as vidreiras.

    A empresa pode comezar cando queira, di a nota. Coido que as licenzas teñen un límite de tempo de execución, e, de non ser executadas en prazo, a licenza caduca. Evidentemente, se é a empresa quen decide, e non se lle forza a facer algo, farao cando queira, si, pero cos límites que estableza a licenza, e sen perder de vista que outras obras da mesma empresa da outra beira da ría estendéronse ben no tempo.

    Remata a nota facendo referencia á seguridade. Coido que deben terse superadas xa as dúas décadas de valados e redes no cantón. Esperemos que desta se acabe con esa ignominia, aínda que queden outras actuacións para o futuro.

    Por último, a nota incluía tamén unha imaxe, que deixo abaixo complementándoa con outra recabada nas redes sociais:




20110722

A Torre dos Moreno

Onte tiven o pracer de asistir a unha das charlas sobre a Torre dos Moreno, no marco do curso que sinalo abaixo. A charla correspondía a Ernesto Cruzado, que no seu momento, e a conta doutra cousa semellante, me facilitara a serie de entradas sobre a arquitectura de indianos en Ribadeo.
Coido que é mellor non poñer un resume, como axeito facer noutras ocasións, porque a cantidade de datos puntuais é relevante dentro do conxunto. As fotos con planos, táboas e demais que constituíron a presentación de fondo serían desexables para unha publicación. Coido que coa súa intervención abondaba para presentar unha visión ampla de diferentes aspectos, arquitectónicos sobre todo pero tamén sociais ou sinxelamente históricos, e que a publicación chegaría a tempo para unha intervención a fondo que a Torre necesita (a próxima intervención, 600 000 €, queda moi lonxe dos 6-7 M€ dos que falou Ernesto como calculados por el)

Comezou no Cine Teatro  o curso de verán A torre dos Moreno e a arte do seu tempo, organizado pola USC.
O programa , do que podedes participar aínda que non esteades matriculados, é o seguinte:
Mércores: 16.30 h ARQUITECTURA DE INDIANOS EN GALIZA.Antonio Garrido
                  18.30 h TEMPOS DE FORMALISMO E IDENTIDADE. A CREACIÓN DUNHA PINTURA GALEGA. José M. López
Xoves: 10.00 h EN POS DUNHA ARQUITECTURA GALEGA: REXIONALISMO E ARQUITECTURA.Felipe Senén
             11..30 h OS IRMÁNS MOREN ULLOA COMO COLECCIONISTAS: DIONISIO FIERROS E A APARICIÓN DE GALIZA COMO TEMA PICTÓRICO.Diego R. Paz
            13.00 h BASES PARA A RESTAURACIÓN DA TORRE DOS MORENO.Ernesto Cruzado, arquitecto.
            16.30 h ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: PERCORRIDO GUIADO POLA ARQUITECTURA INDIANA DE RIBADEO. VISITA Á TORRE DOS MORENO.
Venres: 10.00 h BEN INVENTARIADO, BEN CATALOGADO,BEN DE INTERESE CULTURAL.DISTINTOS MODOS DE DECLARACIÓN DE BENS NA LEI DE PATRIMONIO.Begoña Fernández
             12.00 h DO REXIONALISMO AO NACIONALISMO: O CONTEXTO SOCIO POLÍTICO DOS MORENO. Ramón Villares
             16.00 h TIPOLOXÍAS DAS ESCOLAS DE INDIAS NA MARIÑA LUCENSE.Carme López
             18.00 H ACADEMICISMO, ART NOUVEAU E REXIONALISMO: TENDENCIAS DA ESCULTRA GALETA DA RESTAURACIÓN A REPÚBLICA. Juan Monterrosos Montero.
             20.00 Clausura
             21.00 Concerto da CORAL POLIFÓNICA DE RIBADEO
Addenda:
Estrutura de propiedade da torre dos Moreno, a traverso do tempo, en foto tomada por Moisés Gómez Vázquez da presentación de Ernesto Cruzado Estévez na charla citada. O fondo, dunha das vidreiras da torre.

20101227

A Torre dos Moreno: fin do preludio e algún dato

O día 23 unha nota de prensa do concello levou a que mirara o DOG dese mesmo día, nun apartado referente a Ribadeo, que reproduzo embaixo. A cousa vai da Torre dos Moreno, Ben de Interese Cultural de Ribadeo (ver listado ó final), e o que se anuncia significa que a vía que máis ou menos se seguiu dende o 1996 queda arrumbada e polo tanto o que se vai a facer de agora en diante, representa unha novidade. Hora era. O grupo de Facebook para salvar a Torre foi e aínda é necesario, aínda que só sexa para non deixar morrer o tema.
Por que non se fixo antes? Por que non se aplicou a mesma disposición que xa ten obrigado a reparar outros edificios? Pasaron dende o 96 alcaldes do PP, PSOE e agora, xa finalizando o mandato dun do BNG é cando se decide cambiar de rumbo. Polo que se pode ler abaixo, serían necesarios algúns trámites, non é unha cousa inmediata. Pero dese pouco tempo administrativo a máis de 14 anos, vai unha distancia que se podería ter cuberto antes. O caso é que dende entón o concello pouco conseguiu, ata facerse co 21% de propiedade que ten na actualidade. E o cambio de corporación está á volta da esquina. As novidades que se produzan rematarán coa próxima corporación, pero comezaron xa con esta, nun período preelectoral.
Un titular, "El Concello de Ribadeo renuncia a reparar la Torre dos Moreno de acordo con los propietarios" paréceme que pode dar lugar a engano: non é que o concello renuncie á reparación, senón que renuncia a facelo dun xeito coordinado cos propietarios.
Por varias vías teño recibido mensaxes relativos ó publicado no DOG. O tema principal é o por que non se fixo antes. Eu engadiría que tamén hai que procurar o por que se fai agora, nun momento de crise, algo que vai ter un custe moi alto. O tema das vidreiras do cemiterio, con toda a súa gravidade, representa en custe económico só unha pequena parte do que pode representar unha solución definitiva para a Torre. O financiamento? Valería de algo apuntar cara a unha solución público-privada na que a parte pública conserve o control? Máis que nada porque a Torre para ser un éxito tras a reforma, necesitará moitas sinerxias e iniciativas. A ter en conta ademais que despois de décadas de ter a cousa parada ou aínda máis, mareada, o primeiro é recuperar a confianza de que se pode facer algo ben feito. Quizais para eso non sexa a mellor época unha preelectoral, e facelo sen anuncio de consenso nun tema onde xa se debera presupor entre todos os partidos, na procura dunha continuidade e unidade de acción.
En fin, como me din por correo electrónico: "Han estado mareando la perdiz entre unos y otros para al final tener que tirar por una calle que ya estaba abierta de siempre y que todos, y digo todos, los ayuntamientos de España están utilizando desde siempre. "
---
CONCELLO DE RIBADEO
Anuncio da proposta de resolución en expediente de declaración de caducidade ou perención do convenio de compromiso entre o Concello de Ribadeo e os propietarios do edificio Torre de los Moreno.
Por resolución da Alcaldía Presidencia do 19 de outubro de 2010 ditada no expediente citado, en relación co convenio asinado entre esta entidade e diversos propietarios do edificio Torre de los Moreno, do 20 de agosto de 1996, e actos subseguintes.
Vistas as obrigas impostas ao Concello e aos particulares polo carácter de ben pertencente ao patrimonio Cultural de Galicia, como BIC, en virtude do Decreto 104/1997, e considerando o disposto nos artigos 4º, 25º e concordantes da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, incorporados ao expediente os informes técnicos e xurídico, de conformidade co artigo 89º.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, formulouse a proposta de resolución que se transcribe na súa parte dispositiva:
1º A desestimación das alegacións formuladas no trámite de audiencia previo á proposta de resolución, na súa totalidade.
2º A declaración de caducidade ou perención do convenio referido ao non se ter podido levar a cabo o fin previsto.
O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co disposto no artigo 59º da Lei 30/1992 citada e 194º do Real decreto 2568/1986.
Ribadeo, 22 de outubro de 2010.
Fernando Suárez Barcia - Manuel J.Díaz Sánchez
Alcalde - Secretario xeralBase de datos do Patrimonio histórico: datos da Torre dos Moreno na lista de bens de interese cultural de Ribadeo:

Bien: Torre de los Moreno
Comunidad Autónoma: C.A. Galicia
Provincia: Lugo
Municipio: Ribadeo
Categoría: Monumento
Código: (R.I.) - 51 - 0009117 - 00000
Registro: (R.I.) REGISTRO BIC INMUEBLES: Código definitivo
Fecha de Incoación: 07-08-1995
Fecha de Declaración: 17-04-1997
Fecha Boletín Incoación: 18-09-1995
Fecha Boletín Declaración: 08-05-1997
Disposición: DECRETO
Matiz: CASTILLOS
BIC de Ribadeo segundo a base de datos do MCU, con ligazóns ás fichas (usar na ligazón http://www.mcu.es/bienes/cargarFiltroBienesInmuebles.do?layout=bienesInmuebles&cache=init&language=es ou poñendo na mesma 'Ribadeo' en "municipio"):

20191009

Nota de prensa sobre a Torre dos Moreno. En Marea Ribadeo

Torre dos Moreno. Imaxe do sigpac.

O pasado 13 de setembro o Concello de Ribadeo e máis a empresa Paisajes de Asturias formalizaron, na notaria o convenio de cesion da parte da Torre dos Moreno de propiedade municipal a cambio dun edificio restaurado na Praza de Abaixo. Según o Concello a operación será moi favorable para os intereses dos ribadenses que ganaremos mais de cen mil euros, tanto que perderá Paisajes de Asturias, naturalmente. O paso previo foi o acordo da Xunta de Goberno do 8 de Maio de 2019, que autorizaba ao alcalde para tal cometido.
Hai 15 días, o colectivo En Marea de Ribadeo rexistraba no concello un escrito con dúas preguntas e unha petición. As preguntas eran por qué non se fixo pública a Xunta de Goberno do 8 de maio como ordeaba a sentenza do TC de 26-9-2013, e cal era o prezo final da tasación . A petición era que se publicase o texto íntegro do convenio que non figuraba nas actas nen nos documentos públicos do Concello. Ata hoxe non recibimos resposta.
De seguido exporemos os antecedentes máis significativos sen deixar de suliñar a vaga de oscurantismo que envolve todo este proceso.
As primeiras obras de consolidación e aseguramento proceden da segunda metade da decada dos noventa, trala colaboura desinteresada de José Calavera (INTEMAC) e o arquitecto local Ernesto Cruzado. Posteriormente seguen outras obras e medidas de protección, maioritariamente financiadas con cartos publicos. Os custos estimados destas obras poden chegar aos seiscentos mil euros. ¿Intentaron o Concello de Ribadeo e outras administracions recuperar eses fondos publicos no proceso de privatización? Unha pregunta con moito meigallo pendente de resposta.
A comezos de 2011 publicitouse que Paisajes de Asturias chegara a facerse co 60 % da propiedade e que o Concello tiña boas relacions con esta empresa a xuzgar polas froles que lle dedicaba o Sr. alcalde nos medios de comunicación.
A comezos de 2012 INTEMAC emite un comunicado no que declara que as obras que se están a realizar non se axustan as suas recomendacións, e Paisajes de Asturias decide prescindir dos servicios de INTEMAC e dun especialista de renome internacional como José Calavera. O Sr. Alcalde de Ribadeo declara que a causa da ruptura son problemas económicos pero algo máis debia saber porque afirma nos medios que as obras se están facendo correctamente, polo tanto apoia a Paisajes de Asturias.
Un fito clave en todo este proceso é o acordo do Pleno Municipal do dia 1 de Xullo de 2015 polo que delega a súa competencia na Xunta de Goberno para tramitar o convenio con Paisajes, evitando, xa que logo, a publicidade propia dos plenos e facilitando o secretismo.
Ainda queda no aire o 18% da propiedade privada dispersa por Arxentina, sen que se saiba se Paisaxes se vai meter en obras mentras non se resolva o problema, nen se o convenio secreto di algo, ou simplemente omite este oscurísimo detalle.
Esto e o que hai en liñas xeráis. Calquera pode decatarse de que hai demasiados puntos grises ou máis ben negros ao longo deste proceso de case dez anos, do que suliñamos o segredo do convenio -que non coñecen nen os mesmos concellais- e a estrana operación que esquece os fondos públicos investidos na restauración do edificio ao longo de vinte anos.
Polo demáis, como é sabido, Paisajes de Asturias en máis de doce anos non inciou ningunha actividade nin rematou ningunha obra agás a casa familiar en Castropol. E nesas condicións, baixo segredo, e sen proxecto técnico coñecido, o Sr. alcalde de Ribadeo desfaise da Torre dos Moreno.

20210118

A Torre dos Moreno en Ribadeo (Lugo), exemplo singular da casa indiana en Galicia

A Torre, en novembro do ano pasado.

   Vai para oito anos que Diego Rodríguez Paz, ribadense na USC, publicou, como acta dun congreso sobre casas indianas, "A Torre dos Moreno en Ribadeo (Lugo), exemplo singular da casa indiana en Galicia". Coido que tanto a esta obra como a outras referidas a Ribadeo (sen ir máis lonxe, dentro da arquitectura indiana, a diversas charlas e escritos de Ernesto Cruzado) deberan ter máis difusión. Por iso, a máis de terme referido a ela xa no 2016, en "Unha publicación desapercibida sobre a Torre dos Moreno", pedinlle permiso para a súa publicación aquí. E aquí está. Na portada, a publicación de onde procede:

20220908

Como vai a misión 'salvar a Torre dos Moreno'? (II). Evaristo Lombardero na Cope

    Onte deixei o que colixía eu sobre a nota do concello na que se fai referencia á 'rehabilitación' da Torre dos Moreno, titulándoo "Como vai a misión 'salvar a Torre dos Moreno'?". Hoxe colgo a entrevista que a COPE lle fixo a Evaristo Lombardero onte mesmo, sobre o mesmo tema, na procura doutra opinión diferente da miña. Aparece presentado como portavoz de En Marea, e incide no descoñecemento do convenio Concello-Paisajes de Asturias pola cidadanía, nun novo caso de falta de transparencia.

    Entrevista de Evaristo Lombardero na COPE sobre a Torre dos Moreno, setembro de 2022.

20160309

Camiño ó centenario da Torre dos Moreno

Hai xa cen anos que a Torre dos Moreno se comezou a construír. Cara finais de 1915 ou comezos de 1916, a obra estaba en marcha (ver por exemplo o artigo de Ernesto Cruzado na edición da 'Gaceta Ribadense' especial para 'II Festa Indiana' na que aparece a copia dunha petición para o inicio das obras). E é cousa de ir preparándonos: o centenario do remate está a dous anos vista. Mentres, a Torre segue esperando. Dicía tamén Ernesto Cruzado no El País hai xa tempo (17 de xullo de 2011): "Ernesto Cruzado, que ha hecho varios planes de actuación en la Torre, estima que la restauración puede alcanzar los siete millones de euros, aunque matiza que es imposible hacer cuentas con exactitud hasta que se realice un profundo estudio previo". E os euros parece que nin están nin se esperan, por non dicir que tampouco se van buscar. Por certo, que dito artigo, 'La incierta vida de la Torre de los Moreno', lémbranos unha historia de desacordos arredor da Torre que hoxe se teñen esquecidos, pero, ao que se ve, non superados.
Embaixo deixo a declaración do centro de Ribadeo como Ben de interese cultural. É curioso que pasara antes unha versión reducida que foi deixada sen efecto (ver aínda embaixo)


Proxecto anterior de BIC para a zona da Torre dos Moreno barallado polo ministerio:


20120105

Que pasa coa herdanza dos Moreno?

    Cen anos despois de que os Moreno comezaran a contribuír a Ribadeo con diversas obras, parece como se foran xa cousa do pasado e Ribadeo non tivera moito interese polo seu futuro. O futuro da herdanza viva dos Moreno e o futuro de Ribadeo.
    O último episodio, ata o momento, saltou coa paralización da obra en curso na torre, nova na prensa e comunicado de da empresa Intemac sobre o tema. O obra segue parada, a dirección de obra dimitida e a empresa consultora que levaba máis de dúas décadas facéndolle o seguimento, lavándose as mans de agora en diante. O edificio, apuntalado (o custe diario dos puntais coido que faría bo o telos mercado de comezo, seguro que saía a conta), o desconcerto, asegurado e o seu futuro dubidoso despois de insistirse nos informes unha e outra vez na urxencia da actuación. A nivel municipal parece que se deixa o mínimo movemento de anos anteriores en mans da parte privada, que antes non se movía e que co cambio de propiedade parece que está máis interesada en rendibilizar o capital invertido na compra, faltando por saber se eses intereses coinciden cos ribadenses.
    De calquera xeito, a historia da Torre é para outro momento, máis extensa, quizais por capítulos, pois é longa é ó tempo, está comezando nunha fase que podería ser terminal. Fariña doutro costal son as vidreiras da capela do cemiterio. Van xa 14 meses dende que se produciu o seu expolio, e aquí non se sabe nada. Por non saber, a xente ignora mesmo onde están os anacos que quedaron (por certo, deben estar no almacén do concello en Vilaselán). Lévanse escrito xa unha cantidade considerable de artigos sobre o tema, pero un ano despois continúa unha especie de pacto de silencio no Pazo de Ibáñez, e botando unhas contas para poñer todas as vidreiras por un montante que pode que chegue para repoñer unha soa ó estado orixinal (eu mesmo teño botado contas sobre o tema nun artigo anterior).
    Por parte da AVV O Tesón, despois da publicación en internet de 'As vidreiras da capela do cemiterio', puxémonos como obriga que non se esqueceran os feitos, que se aclararan e se buscaran responsabilidades, na procura de dous obxectivos. O primeiro, que se evitaran no futuro e no posible, novos expolios gratuítos, o que só se logrará se quen é responsable se fai sentir responsable de xeito público e dalgún xeito purga esa irresponsabilidade sendo consciente a cidadanía desa purga. O segundo, porque a aclaración de responsabilidade nos feitos axuda á aclaración de responsabilidade na restitución das vidreiras ó estado anterior, coa reposición dos anacos no encaixe, a feitura de novo dos xa irrecuperables ou a montaxe en marcos que non queden en ferruxe como lle pasou ós anteriores.
    A última actuación polo momento da asociación veciñal foi o plasmar tanto nas participacións de lotería como na felicitación do Nadal imaxes coas vidreiras, e na labor de lembranza continuamos.
    Agora mesmo parece haber unha oportunidade para 'valorizar' as vidreiras en tanto non se recuperan como é debido. Aí está un novo espazo que no futuro se pode adicar a exposicións, aínda que non polo momento non estea inaugurado oficialmente, o da fábrica de Alxinatos. Lugar que podería artellarse para a de exposición dos restos, cun marco de historia e fotografías de como estaban (ver o colgado en internet), algo que implica actuacións e estudos de calquera xeito moi convenientes, senón necesarias, pensando en facer unha reposición das vidreiras.     E que non é labor tampouco de hoxe para mañá, pero si unha acción para comezar.
    Unhas vidreiras de hai preto de noventa anos, cada unha con seiscentas pezas de vidro posiblemente realizadas por Luis Lertxundi na bilbaína Vidrieras de Arte, S.A., inxertadas nunha capela nun cemiterio construído a partires de 1922 para ser cedido por Juan Moreno y Ulloa ó concello, son un elemento artístico moito menos visible que a Torre dos Moreno pero tamén distintivo de Ribadeo. E non pode ser abandonado así como así na súa destrución. A mostra dos restos pode ser un primeiro paso para devolver ó pobo o que do pobo é.
    Hai algún tempo pedimos dende O tesón a exposición de ideas. Neste caso, a idea é unha exposición.
    Acceso á 2ª parte
    Acceso á 3ª parte

20130412

Sobre as obras na Torre dos Moreno

Xa vira pouco a pouco a evolución das obras na xa maiormente vendida Torre dos Moreno. Onte, acompañando un amigo, tomei algunha foto: coido que para un edificio emblemático de Ribadeo que se vai reparando pouco a pouco, o ter unha constancia gráfica dos seus cambios é importante.
 Da fronte do edificio xa hai fotos anteriores no blog do transcurso das obras na torre, comezando a apuntalar ou completamente apuntalada a fachada principal, por exemplo. Cos detalle de decoración, coido que aínda non puxera ningunha. e coido que é preciso deixar constancia de que exceptuando pola cor, a aparencia das columnas é a mesma que tiñan con anterioridade á reparación.
 O último que se está a facer nesta lenta obra é a conservación (en realidade, reposición) da rotonda traseira, co aspecto que se pode ver nas fotos anterior e posterior deste parágrafo. Por certo, que seguindo cos 'xardíns colgantes de Ribadeo' (ou aquí, uns moito máis novos), pódese observar na foto de embaixo unha boa fronte floral na parte posterior da Torre.
Tamén lembrar que hai pouco deixei unha vella foto do ascensor da torre dos Moreno.

20211103

Un manancial no cantón dos irmáns Moreno

   Un manancial no cantón dos Moreno? Co valado, é difícil sabelo... pero hai información, polo rego que se ve correr por baixo dos soportais e as mesas da cafetería. E, se se mira polo pouco espazo que deixa o destartalado valado, atoparase que a auga sae do baixo que no seu día albergou un banco.

   Miragre en Ribadeo, un novo manancial? Máis ben, todo o contrario. O normal deterioro polo paso tempo fai os seus estragos, cada vez máis visibles, nun dos edificios emblemáticos de Ribadeo, a Torre dos Moreno (como dicía Amadeo Arango -téñoo escoitado a máis xente, pero non coa mesma ilusión nin a mesma cantidade de veces-, torre 'dos Moreno' e non 'dos Morenos'). E desta, parece que a auga baixa despois de colarse por calquera recuncho dende a azotea, os tellados ou calquera dos múltiples ocos xa sen protección...

   Para testemuña, o vídeo:



20220914

TORRE DE OS MORENO. Evaristo Lombardero Rico

TORRE DE OS MORENO

O día sete deste mes a páxina web do Concello de Ribadeo publica unha nota sobre un proxecto de obras na Torre dos Moreno.

De acordo con esta fonte informativa deuse “licenza de obra para a intervención estrutural, reparación de cuberta e fachadas” e "agora a empresa propietaria da maioría do edificio xa pode empezar cando o desexe as obras de rehabilitación deste edificio icónico de Ribadeo”.

Según se desprende do texto trátase duns pequenos retoques e non existe un proxecto integral de restauración, non hai data de comezo das obras que queda ao albur dos propietarios (“xa pode empezar cando o desexe”, mais claro auga), non se coñece o investimento económico e non hai data de remate nen sequera aproximada.

Se temos en conta que segue sen publicarse o convenio asinado en 2019 entre o concello e a empresa (sic) propietaria da maioría do edificio, decatarémonos de que o Sr. alcalde ten un interese especial en disimular as condicións do devandito convenio. Resulta obvio que se o convenio estipulase unas condicións que comprometesen en firme aos propietarios a chegar a unha solución real do problema nun prazo razonable o concello sería o primeiro interesado en anuncialo.

Pola outra banda a empresa (sic) tardou doce anos en restaurar o Pazo de Trenor nas Figueiras, que tiña unhas condicións moitísimo mais favorabeis que a Torre de os Moreno. Mesmo leva dende 2014 actuando no edificio de Os Perecitos sen que se saiba para cando se pensa rematar.

Con estes alicerces hai que ser moi optimista para crer que realmente estamos diante dun proxecto de restauración da Torre dos Moreno e non de outro bluf electoral. Quedamos na agarda do que veña.

Evaristo Lombardero Rico

Nota: Evaristo Lombardero ten falado do mesmo tema na radio en días anteriores.

20150710

Sobre as casas de indianos e a Torre dos Moreno

Como aportación á festa indiana desta fin de semana, remato de tentar recoller os artigos relacionados coas casas de indianos e a torre dos Moreno que levo publicados no blog. Aí van varias ligazóns, resumidas e tendo en conta que aínda se completarán as listas con algunha máis que se me leva escapado hoxe:
A entradas sobre casas de indianos.
A entradas relacionadas coa torre dos Moreno.
Unha procura en Google-ribadeando sobre as casas de indianos.
As casas de indianos de Ribadeo na Galipedia.

20120108

Que pasa coa herdanza dos Moreno? (III)

Despois das dúas primeiras entradas sobre os Moreno e o seu legado (I e II), e unha pequena reflexión sobre o que trouxeron os reis, atopámonos cunha sorpresa máis tras os reis e en relación ó legado: Ribadeo, disposta a vender a súa parte da torre dos Moreno. Enténdase, non é Ribadeo, senón o alcalde e enténdese que a forza política maioritaria enteira. Os motivos, claro, económicos. Son a desculpa típica destes tempos, os cartos. A desculpa que fai que a Policía Local non faga as súas funcións senón as de ama de chaves do concello, ou que permite explicacións como "Se fose poñer uns miles de euros poderíase facer, pero estamos falando de unha inversión cuantiosa e agora o importante é aproveitar ao máximo os recursos, e por moi importante que sexa a Torre dos Moreno, máis o son os servizos sociais ou a educación", esquecéndose de que as competencias do concello non van pola educación ou os servizos sociais, a non ser que sexa duplicando competencias doutras entidades. Ou que a restauración da Torre, ata agora participada polo concello, esquece cousas tan elementais como os adornos das columnas exteriores, sinal de que a xestión anterior na parte que que lle toca ó concello non era tan boa. Ou que o custe de compra das columnas metálicas de reforzo supere xa o seu aluguer, abondando na responsabilidade do concello, ou ...
Engadindo tan só que da a impresión de que este é o destino do patrimonio de Ribadeo, destrución (sen explicación) e venda (por 'necesidades económicas'), polo momento paro.

20150208

José Calavera Ruiz e Ribadeo

Xosé Calavera Ruiz é coñecido e recoñecido en Ribadeo. Hai poucos días foi homenaxeado co Premio Nacional de Enxeñaría Civil que outorga o Ministerio de Fomento.
Para unha pequena historia da relación entre José Calavera Ruiz e Ribadeo, no blogue ten aparecido:
A honra de Ribadeo (20120903) testemuña no acto no que se lle concedeu o título de fillo adoptivo de Ribadeo, con gravacións incluídas. No mesmo acto tamén se homenaxeou a John Rutherford e Víctor Moro.
E, por se quedaran dúbidas podes descargar, o curriculum vitae colgado na web da empresa por el fundada, Intemac (que copio embaixo).
20090112 Érase unha torre...
20091128 Novas do Concello, sobre diversas obras, incluída a Torre
20110204 A río revolto, en relación coa Torre dos Moreno
20110215 O apuntalamento da Torre dos Moreno
20120102 Que pasa coa herdanza dos Moreno? (II), artigo de Evaristo Lombardero relacionado con outro meu anterior
20120118 Pleno con dous puntos (petición da homenaxe por José Valín)
-
Para quen queira máis,
1.
Hai pouco que publicou un libro, '101 anécdotas de mi vida profesional'
Editorial: INTEMAC
ISBN: 9788488764232
Precio: 35,00 € (IVA incluido)  
2.
Curriculum vitae obtido de http://www.intemac.es/conocenos/equipo-de-direccion/presidente-de-honor/:
      •  Doctor Ingeniero de Caminos, Canales y Puertos.
•  Ingeniero Técnico de Obras Públicas.
      •  Catedrático Emérito de Edificación y Prefabricación dela Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Caminos de Madrid (UPM).
      •  Presidente de Honor de INTEMAC.
      •  Miembro dela “Commission on Prefabrication” dela Fèderation Internationale du Bèton (FIB).
•  Miembro del TG 2.2 “Design by Testing” dela Commission 2 “Safety and Performance Concepts” dela Fèdération Internationale du Béton (FIB).
•  Miembro del TG 9.7 “Reinforcing Steel and Systems” de la Fèderation International du Bèton (FIB).
•  Ha sido anteriormente:
   •     Presidente dela Commission VII “Reinforcement: Technology and Quality Control” (Comité Euro-international du Béton, CEB).
   •     Presidente del Joint-Committee on Tolerances (CEB-FIB).
   •     Presidente del Task Group “Precast beam-block floor systems” dela FIB (Féderation International du Béton).
   •     Asesor para Europa del “International Council on Tall Buildings”.
   •     Miembro del Administrative Council del CEB.
   •     Miembro del Equipo de Redacción del MODEL CODE CEB-FIP 1990.
   •     Presidente del Comité de Redacción del EUROCÓDIGO “Design of Concrete Foundations”.
   •     Presidente del Grupo de Trabajo “Precast Prestressed Bridges” dela Fèdération Internationale du Béton (FIB).
   •     Presidente del Grupo de Trabajo “Treatment of Imperfections in precast concrete” dela Federatión Internationale du Béton (FIB).
   •     Miembro de la Comisión Permanente Interministerial del Hormigón.
   •     Presidente de ACHE (Asociación Científico-Técnica del Hormigón Estructural).
 •  “Medalla dela Asociación Técnica Española del Pretensado” (A.T.E.P.) (1978).
•  “Profesor Honorario” dela Escuela de Construcción Civil dela Pontificia Universidad Católica de Santiago de Chile (1980).
•  “Miembro de Honor” dela Facultad de Ingeniería dela Pontificia Universidad Católica de Santiago de Chile (1980).
      •  Elegido Fellow del American Concrete Institute (A.C.I) (1982).
      •  “Medalla de Honor” del Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos (1987).
      •  Medalla “Eduardo Torroja” (1990).
•  Medalla dela Asociación Española dela Carretera (1991).
      •  Doctor Honoris Causa dela Universidad Politécnica de Valencia en 1992.
•  Medalla Institucional dela Universidad “Lisandro Alvarado” de Venezuela (1993).
•  Miembro del Patronato de la Fundación García Cabrerizo (1994).
      •  Medalla dela Fèdération Internationale du Bèton (F.I.B.) (1999).
•  Medalla de Honor al Fomento dela Invención dela Fundación García-Cabrerizo (1999).
•  Premio del Grupo Español de IABSE (2000).
      •  Premio “Grandes Figuras dela Ingeniería” dela Asociación Italiana dela Prefabricación (CTE) (2000).
•  Premio ANIFER (2001).
•  Miembro de Honor dela Asociación de Consultores de Estructuras (ACE). (2001).
•  Académico de Honor dela Academia de Ciencias e Ingenierías de Lanzarote (2003).
•  Miembro de Honor dela Asociación Argentina de Ingeniería Estructural (2004).
      •  Premio “Camino de Santiago” dela Ingeniería Civil (2004).
      •  Elegido “Fellow” de IABSE (International Association for Bridge and Structural Engineering) (2006).
•  Miembro del Patronato dela Fundación Juanelo Turriano (2006).
•  Colegiado de Honor del Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas (2008).
•  Premio “Mejor Perfil Profesional en Patología dela Construcción” dela Asociación Latinoamericana de Control de Calidad y Patología de la Construcción (ALCONPAT). Valparaíso (Chile). 2009.
      •  Elegido “Fellow” de ASCE (American Society of Civil Engineers).2009.
      •  Miembro de Honor de la Asociación de Consultores Independientes de Estructuras de Edificación (ACIES). 2011.
      •  Premio Nacional de Ingeniería Civil. 2014.
•  Entre sus proyectos destacados figuran el Teleférico de Fuente De (Cantabria), Las Cubiertas Espaciales del Pabellón de Deportes del Real Madrid, dela Fábrica de Cervezas de Mahou (Madrid), las Cubiertas Espaciales del Mercado Nacional de Torrelavega y numerosas Instalaciones Industriales, especialmente Papeleras, Siderurgias y de Prefabricados.
•  Es autor de diecisiete libros en español, dos en inglés y uno en italiano, de tres Monografías y de 201 Artículos y Notas Técnicas sobre temas de Cálculo de Estructuras, Hormigón Armado y Pretensado, Seguridad Estructural, Prefabricación, Control de Calidad y Patología de Estructuras. Ha dirigido 28 Tesis Doctorales.

20240312

PAZO DO MARQUES DE SANTA CRUZ DE MARCENADO (Castropol). Pancho Campos Dorado

 

PAZO DO MARQUES DE SANTA CRUZ DE MARCENADO (Castropol)

Pancho Campos Dorado

O acceso ao pazo, está conformado por unha gran portada cuxo van de acceso presenta un arco de medio punto conformado por dovelas enriquecidas por un rosario de óvalos e a clave arrostrada con rostro humano. Os sálmeres apoian en impostas molduradas sobre columniñas de sección semicircular acaroadas (adosadas ao paramento), e o todo, flanqueado por dúas columnas de sección circular, tamén acaroadas ao paramento. Están asentadas sobre pedestais prismáticos rematados por astrágalos de medio bocel, e rematadas con capiteis xónicos. Os riles do arco son decorados con baixo relevos en forma de ramas florais.

Deste pazo eran titulares os Marqueses de Ferrera, e denominábase a Casa do Campo de Castropol. A Marquesa D.ª FRANCISCA DE NAVIA ARANGO MONTENEGRO Y LANTOIRA cásase con D. ÁLVARO JOSÉ DE NAVIA-OSORIO Y VIGIL DE LA RÚA (1684–1732), Fidalgo de Navia, III Vizconde del Puerto, e a partir de entón foi chamado o Pazo dos Marqueses de Marcenado, por ser tamén D. Álvaro o III Marqués de Marcenado (1717-1732).

Isto queda evidenciado nos brasóns das columnas xónicas da portada do pazo. Na columna esquerda, en pau, unha “M” coroada dos MONTENEGRO, sostida dunha torre da que saen tres lanzas dos LANTOIRA. Abaixo un escudo brasonado cunha banda, a banda dos NAVIA ARANGO do brasón terceiro do escudo dos marqueses de Ferrera, aínda que falta estar engulida en dragantes. Parece raro que este fora un erro dos canteiros, polo que podería darse a outras interpretacións, como veremos.

Armas dos Montenegro

Na columna destra, a “M” coroada dos MONTENEGRO, a torre superada de tres lanzas dos LANTOIRA, e abaixo un escudo brasonado cunha barra, posible dos NAVIA-VILLAAMIL de Navia, aínda que, como no caso anterior, faltan os dragantes.

Segundo o vemos nós, parecería que os brasóns, tanto o da banda como o da barra, se fixeron a posteriori de facer o pazo, dado que os brasón dos MONTENEGRO e LANTOIRA están feitos en baixo relevo evidente antes de montar as pedras da cachotería, e os escudos brasonados coa banda e coa barra, están gravados na pedra cando xa estaba asentada. Parécenos que foi así, por lóxica, posto que senón terían a mesma factura que os anteriormente mencionadas.

Armas dos Lantoira

O Marquesado de Ferrera é título de Castela, e foi concedido en 1697 polo rei Carlos II (1665-1700) fillo de Felipe IV, a D. JUAN ALONSO DE NAVIA Y ARANGO (Avilés 1659-1731) I Marqués de Ferrera.

Marquesado de Ferrera

Previamente D. Juan fora Vizconde de la Herrería, pois Felipe IV en 1631 e 1644 dita Reais Cédulas que ordenan ser previamente vizcondes antes de ser nomeados Condes ou Marqueses. Todo por cuestión fiscal, pois así estaban obrigados a pagar dúas veces os tributos de lanzas e de media anata.

Os tres Escudos de Armas que hai sobre a portada son, como veremos, claro reflexo dos que hai baixo o enterramento da Igrexa parroquial de Santiago Apóstolo.

ESCUDO ESQUERDO

Escudo español, partido e cortado de dous, con seis cuarteis. Timbrado con casco de fidalgo cabaleiro, mirando á destra, viseira baixada e catro grilletas á vista, rematado cun gran penacho de plumas repartidas a destra e sinistra. Está sostido por unha voluta apergamiñada e por dous soportes de leóns lampasados que apoian as garras no contorno, un a cada flanco.

Primeiro cuartel: un castelo de tres torres e de cada unha delas sae unha lanza. Son armas dos LANTOIRA (En campo de sinople, un castelo de ouro, con tres torres e de cada unha delas sae unha lanza de sable. Tal e como se ven os esmaltes no primeiro cuartel do escudo esquerdo do retablo da Marquesa na igrexa parroquial de Castropol).

Segundo cuartel: Unha árbore da que colga unha espada cargada ao longo, por un escudo elíptico burelado. O todo sinistrado dun crecente contornado (coas puntas cara á sinistra). Son armas dos DONLEBÚN (En campo de gules, unha árbore de ouro da que colga unha espada co puño de ouro e cargada, ao longo, por un escudo elíptico de borde de ouro e burelado de sable. Tal e como se ven esmaltes no terceiro cuartel do escudo esquerdo do retablo da Marquesa na igrexa parroquial).

Terceiro cuartel: Unha “M” coroada. Son armas dos MONTENEGRO (En campo de azur unha “M” de ouro coroada de ouro. Tal e como se ven esmaltes no segundo cuartel do escudo esquerdo do retablo da Marquesa na igrexa parroquial).

Cuarto cuartel: Dous lobos pasantes en pau. Son armas dos OSORIO ou OSSORIO. (En campo de ouro, dous lobos pasantes de gules, colocados en pau)

Quinto cuartel: Unha banda. Puidese atribuírse esta banda ás armas dos NAVIA, pero a banda non está engulida en dragantes (En campo de gules unha banda de sable engolada en dragantes dentados de sinople // Ou dos NAVIA de ANLEO (En campo de sinople unha banda de gules engulida en dragantes de ouro lampasados. Esmaltes dos NAVIA de ANLEO no retablo do altar maior da igrexa parroquial de Ribadeo).

O brasón da banda soa sen engulir en dragantes, pode atribuírse as Armas dos GARCÍA DE LA VEGA (En campo de ouro unha banda de gules) // Tamén dos FERNÁNDEZ ROCES (En campo de gules unha banda de prata) // Tamén dos GONZALEZ da Casa de Luarca (En campo de ouro unha banda de gules).

Sexto cuartel: Unha árbore á que están arrimadas cinco lanzas, tres a destra e dúas a sinistra. Son armas dos LANZÓS (En campo de gules, un carballo ó que están arrimadas cinco lanzas de prata cos mangos de ouro, tres a destra e dúas a sinistra). Así aparece no escudo de 1674 do Pazo de Pividal ou de Miranda en Abres.

ESCUDO CENTRAL

Escudo español, semipartido de un rasgo e cortado de dous, con cinco cuarteis. Timbrado con casco mirando a destra (enterramento) ou a sinistra (no pazo), propio dun cabaleiro fidalgo, viseira baixada con catro grilletas á vista e cun gran penacho de plumas, tres a destra e tres a sinistra. O escudo do enterramento está sostido por dúas flores cerradas e por dous tenantes con figuras de anxos que o aguantan polo contorno, un a cada flanco. No escudo da portada o sostén está formado polo que parecen pétalos de flores ou linguas de auga dun mergullo (chapuzón), e os tenantes son anxos similares aos anteriormente descritos.

Primeiro cuartel: Unha barra engulida de dous dragantes lampasados. Parecen ser Armas do MARQUÉS DE SANTA CRUZ DE MARCENADO. Pero observando o conxunto dos brasón do escudo, vemos que todos os cuarteis son os mesmos que os do MARQUESADO DE FERRERA, colocados en distintos cuarteis, entendendo que o escudo é FERRERA.

Segundo cuartel: Un castelo con torre de homenaxe da que saen tres lanzas. Son armas dos LANTOIRA. Os esmaltes son iguais aos do escudo esquerdo do Retablo da Marquesa, descritos en artigo previo (en Ribadeando e tamén en La Comarca del Eo, 10 Febreiro 2024)

Terceiro cuartel: Seis corvos en dous paus de tres, mirando a sinistra (En campo de prata, seis corvos de sable, en dous paus de tres, mirando a sinistra). Son armas dos CUERVO, contornadas das dos ARANGO, pois en ARANGO os corvos miran á destra, tal e como se ven, no escudo do Marqués de Ferrera. Ambas armas proceden de Pravia, dos CUERVO Señores do val de ARANGO (Francisco Sarandeses, Heráldica de los apellidos Asturianos, Oviedo 1994, p.62). Tamén vemos os corvos dos CUERVO e dos ARANGO mirando a destra no cuarto cuartel do escudo de Armas de 1726 da Aduana Vella, de D. CARLOS MIGUEL ACEVEDO PARDO DE TABOADA (Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, p.43)

Cuarto cuartel: unha “M” coroada. Armas dos MONTENEGRO.

Quinto cuartel: En campaña. Un barco acostado de dous castelos (un a cada flanco) con tres torres aclaradas con saeteiras.

Particular mención merece a descrición do barco. Trátase dun barco de vela dun só mastro central (maior) arborado e aguantado en candela por dous estais acalabrotados (formados de varios cabos colchados), un cabo firme a un bauprés de proa con bastante inclinación, e outro a un palo macho de popa sobre o que ondea un pabellón a modo de insignia de dúas zarpas. A única vela cuadra do mastro maior, está aferrada e cargada por alto (sen arriar a verga). O centro da verga está cargada de un paxaro grande volante (unha gaivota ou un mascato coas ás abertas) mirando a destra. Esta campaña puidese ser expresión dun exvoto dun salvamento. Teñamos en conta que a campaña é de moi raro uso en heráldica e ocupa a terceira parte inferior do escudo. Falamos de salvamento, pois na bovedilla de popa parece desenrolarse unha escena de dous homes na auga, un procurando o salvamento do outro. O todo, como xa dixemos arriba, sinalan ao Marquesado de FERRERA.

ESCUDO DESTRO

Está timbrado cun casco de fidalgo mirando a sinistra, o que denota bastardía en heráldica, aínda que se pode dar o caso de ser por cortesía en caso de estar afrontado con outro escudo, como no caso de matrimonios entre fidalgos, cousa que estaría xustificada si o enfrontamos a calquera dos dous escudos antes descritos. Polo que tería que estar colocado na sinistra do portalón e non na destra, segundo ó noso criterio.

Ambos escudos, o do Enterramento e o do Pazo, presentan exactamente a mesma colocación dos brasóns, con diferenza no cuarto cuartel con armas distintas. Descríbese como un escudo medio partido de un rasgo e cortado de tres, con sete cuarteis, un en campaña.

Primeiro cuartel: Castelo sobre terrasado con tres ameas, de cada unha das cales sae unha lanza. Son armas dos LANTOIRA

Segundo cuartel: Xaquelado en dúas faixas: unha en xefe de dous ordes e 10 pezas (5x5) e outra baixa de tres ordes e 15 pezas (5x5x5).

Terceiro cuartel: Unha “M” coroada. Son armas dos MONTENEGRO

Cuarto cuartel: 1) No escudo do enterramento. Cuartel partido. Parte dereita: cinco vieiras en aspa ou sotuer. Armas dos DÓRIGA (En campo de gules, cinco veneras de ouro en sotuer). Parte esquerda: Tres faixas. Puideran ser armas dos BARCIA (En campo de prata tres faixas de azur) // Tamén armas dos MADERA de Avilés e Xixón (En campo de prata tres faixas de azur) (Sarandeses, ibídem, p.79 e p.229). 2) No escudo do pazo: Cuartel cuartelado en catro. 1 e 4) Tres faixas. Armas dos BARCIA ou dos MADERA. 2 e 3) Cinco armiños en aspa ou sotuer. Son armas dos FROLAZ ou FROILA. Este apelido é dos descendentes da familia BERMUDEZ DE TRABA, acaso a familia feudal máis antiga de España, poderosísima no Reino de Galiza, educadores de reis. O primeiro FROILA é fillo de D. GUTIERRE MENÉNDEZ que falece no ano 950, e estaba casado con SANTA ALDARA (ILDUARA, ILDARA), filla do conde D. Ero de Lugo e de D.ª Adosinda. Irmán de FROLAZ era SAN ROSENDO, monxe bieito no mosteiro de Caaveiro, e bispo de Dumio e de Mondoñedo. San Rosendo no ano 925 era bispo de Iria e de Compostela. Virrei da Galiza nomeado polo rei D. Sancho I (895-929) coroado en Santiago de Compostela o 16-abril-926 polo arcebispo Hermenexildo (Nós, nº707, 27-set-2022. “OS REIS E RAIÑAS DA GALIZA. 1000 ANOS DUN REINO DE SEU”). San Rosendo no ano 937 funda o Mosteiro de Celanova xunto co seu irmán FROILA que estaba casado con Dª SARRACINA. D. Froila e Dª Sarracina tiveron por fillo a D. RODRIGO FROILA, cuxo irmán foi o conde D. PELAIO GUTIÉRREZ, casado coa condesa Dª ELVIRA (Padre José Santiago Crespo del Pozo, Blasones y Linajes de Galicia, volume II, p.208)

Quinto cuartel: Unha banda. Pode ser brasón dos NAVIA, dos GARCÍA DE LA VEGA, dos FERNÁNDEZ ROCES ou dos GONZALEZ da Casa de Luarca; tal como comentamos arriba, e os esmaltes como no retablo do altar maior da igrexa parroquial de Ribadeo (Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, p.168)

Sexto cuartel: Un lobo cebado (que leva algo nas fauces) cara a sinistra, embarcado nun bote a flote ou sobre a auga. Brasón descoñecido para nós.

Sétimo cuartel: En campaña. A destra un castelo, sinistrado de tres lanzas á destra e unha árbore sen copa; unha serie de tres lanzas e unha árbore sen copa, e doutra terceira serie de tres lanzas e unha árbore sen copa. Brasón descoñecido para nós.

Estes prezados escudos de Armas do Pazo dos MARQUESES DE FERRERA ou de SANTA CRUZ DE MARCENADO, presentan as variadas ramas dos seus enlaces familiares, e con sorpresa vemos que tamén forman parte desta familia de marqueses os ancestros dos MADERA, actuais donos do Pazo, e que o restauraron luxosamente para que non caera de vello como está pasando coa Casa dos VALLEDOR. E unha pena que tamén estando na súa man a reparación e disfrute da Torre dos Moreno de Ribadeo, non reciba o mesmo trato de favor para acabar de restaurala antes de que caia nun montón e, por desgracia, mate a alguén. Non digo máis nada. Ata outra.