Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta enerxía. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta enerxía. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20110404

Rendemento económico: unha imaxe da física para comprender algo do que pasa en economía

Nos tempos que corren, é convinte o ter unha idea clara de como se obtén o rendemento económico. O cálculo do mesmo pode darnos unha información precisa de como funcionan algunhas cousas no mundo. E, ó igual que noutras partes da economía, podemos aproveitar un modelo físico ben probado e desenvolto para facer unha adaptación á economía e así comprender mellor o que pasa nesta última.
O rendemento económico dunha actividade pode así poñerse en relación co rendemento termodinámico, cun esquema ben coñecido, que se pode especificar como se fai aquí á beira: O círculo, que representa calquera máquina que funcione obtendo traballo a partir dunha fonte de calor (ó fin, unha fonte de enerxía), ten un rendemento que ven dado en relación á enerxía recibida e é igual ó traballo realizado entre a enerxía recibida, ou á diferenza entre calor recibido e calor cedido, entre calor recibido. De igual xeito, pode amosarse que é tamén igual á diferenza entre a temperatura á que recibe o calor menos a temperatura á que cede calor, entre a primeira de ambas temperaturas.
Deste xeito, se queremos aumentar o rendemento, ou ben temos que aumentar o calor recibido (equivalente a aumentar a temperatura a que se recibe) ou baixar a cantidade de calor cedido (equivalente a baixar a temperatura á que se cede). O primeiro caso significa darlle máis enerxía ó sistema, mentras o segundo significa retirar menos enerxía del; en calquera dos dous casos, o resultado é que queda máis traballo resultante.
Vaiamos agora á economía, cunha sinxela comparación: relacionemos o calor recibido pola máquina térmica cos cartos que entran nunha empresa, o calor cedido cos cartos que saen, e o traballo resultante co beneficio empresarial. Así, de xeito equivalente ó que pasa en termodinámica, para aumentar o beneficio, teremos que facer entrar máis cartos ou facer que saian menos cartos: o primeiro caso significa máis ingresos e o segundo, menos gastos, quedando en ambos máis lucro resultante.
É dicir, o que queda para aumentar o rendemento empresarial é básicamente aumentar o recibido polas vendas (o 'calor do foco quente') , ou diminuír os salarios e pagos de subministros (o calor cedido no 'foco frío')
Visto nunha perspectiva histórica, tecnolóxicamente, foi máis doado aumentar o calor dado ó aparello térmico, darlle máis enerxía (ou, de xeito equivalente, vender por un monto de cartos maior -máis e/ou máis caro-), pero despois, xa que as temperaturas acadadas foron abondo elevadas (ou as vendas difíciles de aumentar, ó ser saturado o mercado ...) púxose no punto de mira o rebaixar o calor cedido (pagar menos polo produto, por exemplo rebaixando o custe dos subministros ou o salario), rebaixando a temperatura (enfriando a actividade sindical, por exemplo) o que require técnicas un pouco máis complicadas: ó elevar a temperatura (a enerxía entregada ó aparello térmico, ou o nivel das vendas e polo tanto a cantidade de cartos que entra na empresa) só hai problemas 'técnicos' de capacidade (a competencia, por exemplo), o intento de baixar a temperatura do foco frío (a calor a el entregada, ou as prestacións sociais ou o nivel de actividade sindical e os cartos pagados ós traballadores) enfróntase coa limitación da temperatura ambiente (enfróntase coa estrutura social) que ten que violentar enfriando de xeito forzado (que ten que violentar forzando a sociedade) ...

20110315

A voltas cos Terremotos

A conta do terremoto no Xapón (9 na Escala Ritcher), déuselle importancia un pequeno terremoto en Santigo (3,2 na mesma escala).
Sendo a escala usada logarítmica, iso significa que o terremoto xaponés liberou preto duns 1000 millóns de veces máis enerxía que o de Santiago.
Aínda así, do desastre que aló hai, o terremoto só ten culpa directa dunha parte pequena. A producción dun maremoto a conta de que o epicentro estaba no mar foi a causa da grande maioría de desperfectos. E de mortes.

O número de terremotos que se producen é maior canto menor é a intensidade. Collo datos do IGN (Instituto Xeográfico Nacional) para amosar os terremotos maiores de 1,5 na escala Ritcher nos últimos 10 días na zona da península e Canarias. Da a casualidade de que en Canarias só se produxo un, e pequena magnitude, pero máis recente, polo que aparece pulsante e na imaxe parece como se fora de máis magnitude. Observando os do mapa da península, vese que son dunha enerxía liberada abondo menor que os que ocorreron nese tempo no Atlántico ou en Arxelia. O listado dos terremotos nese día abonda nuns cantos en toda a península.
Voltando ó de Santiago, o número de evento que lle asigna o IGN, 1 050187, da unha idea do número de terremotos producido. A profundidade, 6 km, É unha referencia de que a pesares da pouca potencia relativa, calquera terremoto libera unha enerxía considerable.
De calquera xeito, agora no Xapón, despois da destrucción do tsunami, o que se teme é o perigo nuclear. E se o terremoto e o maremoto non poden evitarse, aínda que poden variarse as súas consecuencias cunha preparación adecuada (abonda comparar os danos por terremoto no Xapón e en Haití o pasado ano, cun terremoto abondo máis débil), no terreo nuclear a cousa xa é máis humana. A enerxía nulcear vese na controversia dende os seus inicios e o emprego como bomba en troques de como fonte enerxética. O certo é que as centrais nucleares xaponesas están moi preparadas para eventos límites (coido que en xeral máis que as españolas, aínda que non se digapor parte dos expertos), pero, naturalmente, non para calquera evento, e os efectos neste caso foron graves. Aínda está pro solucionar o tema, e polo tanto nn se sabe se a gravidade pode aumentar, aínda que deberái tender a solucionarse en non demasiado tempo. As fugas foron relativamente pequenas, pero non por iso pouco menos preocupantes: a mostra está na poboación desprazada. Sobre o nuclear voltaremos falar. Máis que un anuncio para o blog, un lema ou ou pronóstico que deixa patente a necesidade de diálogo, prevención e supervisión arredor dunha enerxía que polo momento se nos prantexa como necesaria de non diminuír abondo o consumo - o que vai contra 'o mercado'.
Entradas relacionadas:
Terremoto en China
Terremoto en Triacastela
Terremoto en Haití
Terremoto en Ribadeo

20070905

Hai que garantilo

Hai que garantir que ... acade o seu potencial de promover crecemento sostible e progreso, evitando ó tempo que os ricos se fagan aínda mais ricos, empobrecendo máis ós que sufren a pobreza crónica e producindo un dano maior a un medio ambiente cada día máis fráxil.
Así, pode referirse a case calquera cousa e ser dito por calquera. Referíase á bioenerxía, o autor é o Director da FAO, a Organización da ONU para a Agricultura e Alimentación, e saiu como colofón a un artigo o pasado fin de semana no El País. A lembrar que están a aumentar o przo de alimentos básicos por estarse a adicar terras á bioenerxía, que, ó ser usada, ademáis está contribuíndo a levar máis CO2 ó medio. É dicir, está encarecendo os medios de subsistencia, o que afecta en maior medida ós máis pobres, para beneficiar enerxéticamente a quen pode pagala, os máis ricos, facendo estragos no medio ambiente, vía monocultivos e contaminación.
Por certo, que parece que o impacto (a 'pegada') medioambiental correspondente é menor nos biocombustibles que no petróleo e carbón, pero non deixa de haber pegada e, ó tempo, hai outros efectos colaterais.
O problema enerxético do mundo non deixa de ser un problema plos biocombustibles, e o primeiro paso para solucionalo é a diminuciòn do consumo enerxético. Algo non doado de conseguir mentras se trata de aumentar o que se da en chamar o 'nivel de vida' da humanidade enteira; dunha parte para asegurar uns mínimos de subsistencia, doutra para acadar unhas comodidades, e doutra máis para aumentar ditas comodidades.
Fai moito tempo que se sabe como consumir menos enerxía e en xeral, recursos, en cantidade de operacions, pero a lóxica do mercado, extraendo beneficos doutro tipo de procesos na actualidade, fai difícil a súa substitucion.
Non embargantes, non é só a contaminación por dióxido de carbono (co conseguinte efecto invernadoiro asociado, por exemplo) a ameaza: canta máis enerxía se consuma, máis dificultoso lle será á Terra evacuala ó espazo. E é ben coñecida a 'illa de calor' que se forma nas cidades, que pode elevar varios graos a temperatura no seu interior respecto ás zonas circundantes, o que leva a... usar máis acondicionadores de aire, que aseguran o frío un recinto mentras aumentan fóra o calor (e a suma total de enerxía consumida pola humanidade e a evacuar pola Terra)
Os problemas de supervivencia están entran entrando nunha fase que pasan de ser máis individuais (a procura de sustento) a colectivos (a procura dun impacto mínimo, que remata influíndo tamén na procura do sustento), e a ben seguro que non será a derradeira volta que escriba sobre esto no blog... gastando enerxía para manter encendido o ordenador, funcionando a rede e os ordenadores dos que lean esto.
Por certo, mentras, o gobernon non deixará subir as tarifas as eléctricas este ano, o que evidentemente favoreceá o consumo. Pero, é malo que a nerxía sexa barata? Podría ensaiarse unha resposta como 'depende de a quen vaia a parar o benerficio', ou 'depende do que se faiga cos cartos que sobran do seu custe real?

20220103

Eólicos na Mariña, así non, comeza un novo ano


    A plataforma de loita contra os eólicos invasivos monta un novo acto explicativo en Barreiros, a máis de impulsar o seguir presentanto alegacións. Vai aquí a primeiro, nota de prensa, logo, as indicacións para alegacións e despois os enderezos web da plataforma, rematando cun pequeno comentario da miña parte:

--

"O próximo luns 3 de xaneiro terá lugar en San Cosme de Barreiros unha charla informativa sobre as serias consecuencias que a instalación de varios Complexos Industriais Eólicos terían sobre os sectores gandeiro, forestal e turístico da nosa comarca. En concreto, falarase dos proxectos que afectarían a Barreiros, Ribadeo, Foz e concellos limítrofes. O acto terá lugar ás 20:00 da tarde no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A Plataforma "Eólicosna Mariña, así non", organizadora do acto, convida a asistir a tódolos veciños."

--

"Ola!
Temos preparadas varias alegacións para que poidades escoller a que mellor se adapte ás vosas necesidades. Calquera delas podedes adaptalas coas vosas necesidades e esixencias particulares.
-Alegación máis completa na que se tocan todos os aspectos relacionados co proxecto
-Alegación máis sinxela pensada para que toda persoa interesada a modifique segundo as súas mecesidades
-A alegación anterior adaptada aos afectados de Foz/San Martiño
Calquera das alegacións poderán presentarse no Portelo Único do voso Concello, dirixido a:

SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
Área de industria e Enerxía
Praza de Ourense, nº 11, A Coruña, C.P. 15003.

Tamén poden presentarse de forma telemática no seguinte enlace:
https://rec.redsara.es/registro/
O prazo de presentación é ata o 12 de xaneiro de 2022, así que non vos despistedes!
Para calquera pregunta non dubidedes en facérnola chegar.
Xuntos poderemos parar este expolio. Alegade, compartide, difundide!!"

Plataforma Eólicos Na Mariña, Así Non.

https://www.facebook.com/eolicosnamarinha.asinon

--

    Rematando o ano, recibiuse a nova de que Alcoa e Capital Energy, a principal beneficiaria de adxudicacións de parques eólicos, asinaran un 'preacordo' para o subministro de enerxía -para a que aínda non están instalados os eólicos- a prezo fixo -que non está posto aínda- a partir de 2024 -a lembrar o 'peche-moratoria' de Alcoa- da cuarta parte da enerxía que Alcoa necesita para producir Aluminio -e o resto?-. A nova pode consultarse, por exemplo, no Xornal da Mariña, co título "Outro golpe de efecto de Alcoa; Capital Energy tamén subministrará enerxía renovable á planta de Cervo". A xogada é redonda: un preacordo a pouco obriga, pero ambas empresas autoaxúdanse sen custe. A unha, a multinacional alumineira, dalle credibilidade de que volverá a poñer en funcionamento as cubas electrolíticas e facilítalle un proceso delicado no que contrastan cousas como a ampliación da balsa de lodos para tres anos coa posibilidade dun futuro a longo prazo. Á outra, produtora enerxética, preséntaa como salvadora para inclinar a balanza e permitir a instalación acrítica de eólicos segundo os seus proxectos e contra calquera oposición veciñal lóxica. Entrambas, perfilan a forzaleza dun sistema socioeconómico que non se mantén se non é pola agresión ambiental e social, presentándoo, non obstante, como aproveitador en troques de agresor ambiental, e dadivoso en troques de chupasangue social.

20141204

O goberno non te avisa: non terás trato de favor no prezo da enerxía

Parafraseo no título o título dunha nova de onte mesmo sobre que Alcoa foi avisda de que non terá trato de favor no prezo da enerxía elećtria, o xa ten producido, á súa vez, un comezo para un despido colectivo.
Por partes: a ponte dos Santos está sen iluminar dende hai xa abondos meses por un 'traspaso' de gastos do ministerio ós concellos. Coido que en ningún momento se prantexou unha necogiciaón sobre a 'rebaixa' eléctrica.
Nas casas, todos nós estamos a ver como pagamos máis e máis, e refórmannos as tarifas, e pagamos aínda máis. E reestruturan a factura, e non só pagamos máis, senón que atacan á natureza e a sostibilidade porque invalidan calquer aforro ó minimizar a parte da enerxía e maximizar o 'dereito' a que nos chegue ás casas.
E, cada ano, dende hai varios, as grandes empresas consumidoras teñen unha subasta anual que as relaciona de ti a ti coas compoñentes do oligopolio eléctrico. Iso se fai, a grandes rasgos, nun trato subvencionado por todos nós a traverso do goberno, sen preguntarnos. Da subvención rematan beneficiándose en parte as grandes empresas, se consideramos o prezo do seu consumo enerxético en relación co prezo do noso, pero sobre todo, as eléctricas, que subvencionamos mesmo para que evadan capital ó estranxeiro (caso de Endesa e a súa matriz italiana). Quen non resulta beneficiado somos nós, nin aínda para asegurar o subministro, como se manifesta cada pouco coas perdas correspondentes (de negocios, recoñecidas en pequena parte, e de particulares, non recoñecidas). Ó mellor hai quen di que nós resultamos beneficiados tamén, aplicando aquelo dos beneficios en cascada: cando rebosa a bolsa de quen ten moito, acaba caendo algo para quen ten menos, ou, neste caso, nunha versión subordinada do dito 'o que beneficia á General Motors beneficia a América', 'o que beneficia a Alcoa, beneficia ós mariñáns'.
Ben, mentras tanto, na comarca temos ese caso, o de Alcoa, que despunta a nivel estatal polo consumo necesario para as transformacións necesarias no proceso industrial de produción do aluminio. Tentarei non estenderme moito: as instalacións de S. Cibrao son relativamente competitivas pola súa tecnoloxía en relación a Avilés e A Coruña, que xa buscan restrinxir persoal, nun movemento inmediato de presión  para conseguir prezos máis baratos (da enerxía, si, pero tamén de gastos de persoal, ou non?) O persoal de S. Cibrao polo momento está a salvo: a empresa (cousa que se di con 'letra pequena' perdida no artigo) si conseguiu para S. Cibrao paquetes enerxéticos subvencionados (baixo o titular que achaca ó inmovilismo do ministro deixar no aire 800 empregos na Coru e Avilés).
A noticia que estou a comentar ten ramificacións: por unha beira avisa que Alcoa xa pechou nalgún outro lugar porque non conseguiu o que quería, e marchou; por outra, que Alcoa non é a única (pero claro, as outras non son tan grandes e polo tanto, con tanta potencia de protesta); por outra aínda, pide estabilidade no sistema de prezos para non ter que andar con lerias ano tras ano, pero iso si, unha estabilidade subvencionada sen atrancos.
Os que vivimos por aquí temos a solución tamén de pechar e marchar ó estranxeiro, e tamén sabemos que non somos os únicos que temos esa posibilidade, tamén pedimos estabilidade nos baixos prezos, pero non temos moi claro quen vai pagar a nosa subvención eléctrica...

20150603

Consumindo en Ribadeo

Non, non se trata de andar polas que quizáis son as dúas principais fontes de consumo en Ribadeo, bares e tendas de roupa. Trátase de ser conscientes de que mesmo cousas nimias supoñen un consumo non pensado con anterioridade.
A cousa ven a raíz de algo común: o consumo de auga. Sobre a auga da billa non é a primeira volta que aparece un post no blog, sexa polo tema da contaminación, sexa polo 'subministro dun servizo público' por unha empresa privada. Desta, vai dende outro punto de vista.
Na factura da auga/lixo/depuración aparece un mínimo de 20 m3 cada dous meses. Iso é 20 000 L de auga cada dous meses, ou 330 L de consumo de auga o día por cada casa. É dicir, poderiamos afogarnos unha vez cada día coa auga que consumimos.
Nos meses de pouco consumo, a Santa Cruz chegan cada día uns 3 000 m3, isto é, 3 000 000 L  cada día, agora ás veces só procedentes do Eo, despois da anulación periódica/desviación de recollida do Lexoso relacionada co verquido dos Irmandiños. Iso significa máis ou menos, subir dita cantidade de auga diaria a uns 130 m de altura. E para iso, necesítase unha enerxía de 4 000 000 000 J, 'só' uns 1 000 kWh. É dicir, dependemos desa enerxía para o subministro de auga de Ribadeo.
En números redondos, se consideramos os 10 000 habitantes de Ribadeo, sairían 0,1 kWh de consumo eléctrico para subministrar a auga a cada un. Ou sexa, o ter acesa unha lámpada das de filamento de 100 W durante unha hora é algo equivalente á enerxía que temos que gastar para que a auga chegue ás nosas casas.
A parte, o tema da depuración, entre outros moitos... Non é necesario pensar en mercar algo como un coche, unha cervexa ou un vestido para consumir. O custe? diso podemos falar outro día.

20240629

ALCOA, UN PROBLEMA PARA A NOSA SAÚDE. Pablo Mosquera

ALCOA, UN PROBLEMA PARA A NOSA SAÚDE

Pablo Mosquera

A incertidume que vive a factoría de Alcoa afecta a todo o legado que deixa detrás súa, incluíndo a “balsa de barros vermellos”, un depósito onde teñen rematado durante cuatro décadas todos os residuos químicos e non químicos despois de limpar a bauxita para extraer alúmina. Esta alúmina introdúcese en cubas electrolíticas que a transforman en aluminio líquido que se leva ós fornos de fundición para crear aluminio primario.

O transporte destes lodos faise en camión por unha estrada local que acusa xa os anos de idas e vidas destes transportes e a súa carga. A zona está cuberta dunha capa de arxilla vermella que en días de vento soe expandirse por todo o lugar, contaminando as parcelas privadas a máis de ocasionar molestias nas mucosas. 

Agora, e en previsión dun aumento na produción, a idea é ampliar a balsa para aumentar o almacenamento. “Claro que hai auga nesa balsa de barros, pero é augua procedente da chuvia e de regatos que van a parar alí”. “Esa auga é bombeada a uns depósitos para ser tratada e enviada ó mar a través dun emisario”.

O comité de Alcoa San Cibrao ten informado de que a Consellería de Sanidade catalogou a balsa de barros vermellos (Depósito de barros rojos, DBR) dA Mariña como “residuo perigoso”, polo que agora urxe á compañía a facer inversións para su ampliación.

Nun comunicado, o comité insta a que, á espera do trámite medioambiental, Alcoa aprobe “de forma urxente” a inversión do proxecto de ampliación do DBR ate a cota de 104 metros, catro máis da actual. Esta solicitude do comité procura “comezar de inmediato coa contratación das empresas concesionarias da obra e o acopio de materiais e maquinaria”.

Asociación pola Defensa Ecoloxista de Galicia: “O complexo de San Cibrao é dos complexos químico-industriais máis contaminantes de Galiza e dos que maior pegada teñen sobre o clima polas emisións e os enormes consumos de enerxía que demanda. Consume máis de 3700 GWh/ano de electricidade, o que equivale aproximadamente ao 20% parte de todo o consumo eléctrico de Galiza, ao 65% do consumo eléctrico da provincia de Lugo, e ao total do consumo eléctrico das sete principais cidades galegas. Agora, perante a desaparición da súa principal fonte de enerxía, a central térmica das Pontes, e no marco da transición cara a unha economía descarbonizada, as necesidades enerxéticas de Alcoa terán que ser satisfeitas a partir de enerxías renovables, o cal volvería a condicionar por completo o deseño do futuro sistema enerxético galego e español. Cantos montes, chairas e vales máis teríamos que ocupar con parques eólicos e centrais hidroeléctricas para satisfacer o consumo inxente de enerxía de Alcoa?

No seu proceso de fabricación de alúmina e aluminio, emite compostos gasosos á atmosfera con efectos perniciosos sobre a saúde ambiental e humana, sendo unha das cinco industrias asentadas en Galiza que máis dióxido de carbono emite (1 098 000 tm CO2), entre outros contaminantes: CO 31 000 tm; SOx 3740 tm; NOx 165 tm; HF (fluoruros) 114 tm e 177 tm de partículas PM10, segundo o rexistro estatal PRTR1. Só na fabricación de aluminio emite á atmosfera: CO2 419000 tm; CO 20.600 tm, NOx 207 tm, SO2 3.630 tm, PFC 1,3 tm; Ni 130 kg; Flúor 111 tm , PM10 232 tm.

Non só os sindicatos deben loitar polos postos de traballo. Son ciudadanos residentes na área de influencia da contaminación industrial que verte Alcoa por tierra, mar e aire. Non teñen patente de corso para esixir présa no aumento das dimensións dunha balsa que ten ao menos dous graves problemas. Físico. A acumulación de barros que podan romper o continente e producir unha catástrofe non natural. Eu sempre poño como exemplo lembratorio o que pasou co camping de Biescas, que levaba tempo sendo un risco por esvaramento, anunciado sen o menor cambio para evitar o que sucedeu. Químico. Os compostos que verten ó medio ambiente a transformación da bauxita en alúmina e esta en aluminio.

Non logro aceptar que non se siga unha continuada vixiancia sobre o impacto do medio ambiente na saúde. A Asistencia Sanitaria é unha fonte inmensa de información epidemiolóxica. Pero a máis, os Departamentos que vixían a Saúde Pública dunha Comunidade e as súas comarcas, deben ter moi presente o efecto dos cambios medio ambientais nas enfermidades que se diagnostican e tamén nas causas de morte. Ese aumento do cancro de pulmón que por fin dará lugar a un programa de diagnóstico precoz, como se implantou ou de Próstata ou o de Colon. Aí está a resposta ás sospeitas sobre a relación entre enfermidades oncolóxicas e vertidos procedentes da factoría de ALCOA.

¿E que se pode facer desde a sociedade civil? Non só aqueles colectivos concienciados en defensa do dereito ó patrimonio ecolóxico. As asociacións cidadás deben instar ós Concellos a investigar e persoarse ante ALCOA e esixirlle una información continuada, pero tamén ante a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, tanto ou máis que ese comité de empresa formado por sindicalistas ós que só parece importarlles o seu emprego e salario mentres disfrutan de privilexios e esquecen os vertidos industriais que se poden ver ou percibir en canto se sae das nosas casas. ¡A súa conduta resulta egoísta!

Pablo Mosquera Mata

 

20140930

A vella enerxía do anuncio, en Ribadeo

Non é a primeira volta que falo do tema dos aeroxeradores do porto (31 de outubro de 2012,). Pero continúa a ser o mesmo, sen variación, logo repito de cando en vez, a modo de lembranza.
Embaixo, un dos flamantes aeroxeradores do porto deportivo. As súas aspas, cada unha cunha inscrición anunciante, do fabricante ó CN Ribadeo (por certo que hoxe non podo acceder á súa web), pasando por inelsa ou Portos, nun bonito marco, a ría de Ribadeo.
 Pegado a el, na varanda, información das súas características, incluíndo a súa produción enerxética.
 A torre non deixa de ser chamativa se mire por onde se mire.
 E, se se mira un pouco máis embaixo, unha sorpresa: ningún cable, a torre  non está conectada, vai ó seu aire, sen producir enerxía. Non ten ningún sistema Tesla de transmisión a distancia, non. Xa está oxidándose pero a súa produción enerxética foi 0. Para anunciar ou saír nas novas cunha fonte de enerxía renovable para o porto, iso xa é outra cousa...

20191221

Que non nos enganen: dúas novas económicas que afectan a Galicia

Temporal. Unha cancelación dunha actividade que me afecta polo Fabien. O tempo está tolo. E coa economía quérennos tolear.
Pode parecer que non teñen relación, pero as dúas novas de onte que remato de ler en El Economista e que afectan a Galicia coido que teñen relación co clima. Unha, que as contas do pasado ano sobre o medre das diversas autonomías estiveron abondo mal feitas. En concreto, sobreestimadas en 14 das 17 autonomías (o que leva a unha sobre estimación do 'medre' ds contas do conxunto de España). Entre elas, cun 2,2 % de sobreestimación, de Galicia.
A outra, fronte á petición dunha elecricidade máis barata das empresas electrointensivas, a nova de que hoxe teremos a electricidade máis barata de Europa. Hoxe, e as empresas, non nós.
Que Galicia medre menos do dito implica que houbo un trunfalismo para poñerse medallas e contabilizar, por exemplo, nas eleccións. Non debe ser doado levar unha contabilidade exacta a esa escala, mais a deriva cara arriba de 14 das dezasete comunidades autónomas de España debera facer pensar nun erro sistemático, non accidental, e polo tanto, máis doado de corrixir se se quixera. Ademáis, erros dese tipo tenden a desconectar a economía do entorno, facendo que uns indicadores vaian nunha dirección e outros noutra, perdendo ou mellor, ocultando, conexións e relacións entre cousas diversas, como a produción e o impacto ambiental. Onte mesmo, nunha charla en Ribadeo, Iván Lombardero deixaba claro que na actualidade parece haber unha correlación moi axustada entre variación do PIB e emisións de CO2. Un PIB calculado con datos semellantes ós que agora se corrixen pero que hai tempo que se sabe que non ten tanta relación co benestar persoal, e un CO2 causante -non único- do efecto invernadoiro extra que está a facer que a temperatura superficial media do planeta medre.
Por outra, que en España hoxe sexa a electricidade máis barata que no resto de Europa, como anunciou onte a ministra do ramo para rebatir as pretensións das industrias electrointensivas -léase Alcoa como exponente principal en Galicia- é algo que para comentalo cun mínimo de profundidade tería que dispoñer dun espazo moi superior ó que estou disposto a empregar, polo que van ir só algunhas pinceladas. Comecei o artigo dicindo que hoxe entraba o Fabien, é dicir, que os aeroxeradores teñen "materia prima" abondo (mesmo terán que parar algúns para que non queden destrozados por exceso de vento), e, despois das chuvias desta tempada, as centrais hidroeléctricas, tamén. Esta mesma semana anunciouse que por primeira vez dende que hai rexistro, España non tivo que recurrir ó carbón durante un día para producir electricidade, obviando que en algunha illa non se conseguiu polo sistema de xeración que hai alí. É dicir, enerxía prima gratuíta grazas a unhas renovables denostadas longo tempo por caras, ineficientes, difícis de usar de xeito continuado, etc. O caso é que o anuncio é para hoxe, esquecendo que de media non é así. E a media é o que importa... Pero é que ademáis, esa factura baixa 'non ten que ver' connosco, consumidores de a pé, cunha tarifa que non vai ser hoxe a menor de Europa, e uns custes de enganche que tampouco o serán. E o debate sobre o consumo enerxético / produción de enerxía estase a facer dun xeito monetario, totalmente illado dos presuntos acordos de redución de consumo enerxético -e polo tanto de produción- a pesar da súa validez cacarexada para propaganda. Con Alcoa, a compañía esquécese de que toda actividade emprendedora ten os seus riscos, e carga estes sobre os traballadores e a sociedade, empregando os mesmos traballadores como punta de lanza dos intereses empresariais a curto prazo e non dos intereses da sociedade a longo prazo. Por suposto que existe un problema se Alcoa se marcha -algo que a non moi longa prazo, como teño razoado noutras entradas, é previsible que faga- e por suposto que afecta a toda a zona e á economía galega. Mais a solución dentro dun sistema viciado como o actual tenderá a estar viciada de saída e a ser curtopracista e curta de miras. Así, entre outras moitas preguntas que se poderían facer:
- Hai algunha previsión de alternativas?
- Hai algunha visión de enxuague social conxunto dunha entrada de ingresos como a que representa Alcoa? (non me estou referindo a subvencións ou ós cartos do paro, senón algo máis profundo)
- Algunha consideración do problema de funcionamento dunha fábrica así no seu conxunto e non só no binomio enerxía-cartos? (co que se pon xa de comezo a vida ds persoas en función dos cartos, e non ó revés)
Vivimos nun mundo interrelacionado, e non podemos obviar que novas que aparecen como algo máis, ben lonxe de nós, en termos 'macro' nos afectan de xeito directo, e temos que miralas cun certo detemento, pois outra cousa será só deixarnos enganar.

20240325

Do pasado ao presente e ante o futuro (III). Pablo Mosquera

Parte I

Parte II

Do pasado ao presente e ante o futuro (III)

O concello de Cervo cambia de Alcalde. Taladrid dá paso coa aquiescencia do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento na provincia de Lugo e o nomeamento do Ministro da Gobernación Camilo Alonso Vega ó novo rexidor municipal Arcadio Pardiñas Vila, natural de Burela, que en jxnio de 1971 leva doce anos no cargo. Lembrando, ó facerse co bastón tiña 1600 habitantes e nas festas de San Xoán de 1971 acadaba os 3000. Con Pardiñas formaban consistorio: Manuel Mon e Jorge Dean como tenientes alcaldes; Antonio Barcia, Jesús Enríquez, José Ramón Ben, Antonio Rouco Basanta, Federico Ruiz Cayón, José Farré Pico como concejales. Burela prevé a construción dun Colexio Nacional e un Instituto de Ensino Medio. E o máis conflitivo, un proxecto para uns cien chalets na praia da Areoura. Lembremos os feitos. Construíuse un edificio que pretendía ser hotel, as vivendas unifamiliares, todo elo no territorio do Concello de Foz con invasión da praia e do terreo afectado por Costas, razóns que ata hai pouco tempo xustificaron a paralización e por fin o derrumbe de tales construcións.

Pero, con todo o que antecede, será no porto a obra máis emblemática. Unha ampliación do dique do peirao de 280 metros. Unha fábrica de xeo para a flota. Son 120 embarcacións adscritas á Confraría de pescadores que ocupan 1000 productores. Preténdese un carro varadeiro para tarefas de mantemento nos barcos. Ampliación dos depósitos de CAMPSA para subministrar combustible á flota. E por fin, un proxecto para a construción de vivendas sociais que benefician ás familias que viven da mar. Pero non será a única a actividade pesqueira. Hai fábrica que usa o caolín e a madeira. Os equipamentos e servizos fan de Burela unha vila con excelencia pola súa calidade de vida cun complexo deportivo en A Marosa. Todo elo nunha parroquia do Concello de Cervo.

Mentres tanto: ¿Qué acontece en San Cibrao? Ese Museo Provincial do Mar que se constitúe en 1970 e que dirixe Don Francisco Rivera Casás. Procédese a urbanizar Os Campos. Servizos Médicos da Seguridade Social que se engaden ós do ISM no edificio da Cofradía. Urbanización dos terreos próximos á praia de Cubelas no porto de arriba. Acceso á estación do FEVE. E a posta en escea do Plan Marisquero para protexer de xeito eficiente a explotación e cría do marisco que tanta fama está conseguindo dende esta procedencia e con eses viveiros naturais que son as islas Farallóns ou o Cabo de Morás.

Hoxe a crise de Alcoa continúa sendo un dos principais obstáculos ós que se enfronta a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao en termos de actividade. A caída na bauxita e a alúmina, compoñentes primarios para a fabricación de aluminio e principais tráficos das dársenas portuarias de ALCOA-SAN CIPRIAN.

Os destacables resultados dos portos nacionais contrastan enormemente co porto de San Cibrao, onde a caída na actividade acada o 60,65 % nos primeiros nove meses do ano, pasando dos 4,7 millóns de toneladas en 2022 a 1,8 este ano. Deste modo, no conxunto dos dous portos que xestiona o organismo, a baixada situouse no 26,78% -de 8 842 566 a 6 474 946 toneladas-.

40 anos danando o medio
O rexeitamento á planta nuclear no concello de Xove foi unha desas loitas comunitarias en defensa la terra: milleiros na marcha histórica do 10 de abril de 1977 impulsada polo nacionalismo galego. Pouco despois chegou o aluminio cunha promesa de industrialización para a comarca deixando de lado unha posible aposta polo naval, o forestal ou a industria agroalimentaria, os sectores propios que hoxe botamos en falta.

As emisións veñen afectando durante décadas a veciños, gando e cultivos da zona. Alcoa foi condenada xa dez veces a indemnizar con máis de 4 millóns de euros a particulares, que cursaron demandas e chegaron ao Parlamento coa asociación veciñal Airiños do Lago.

Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, explica que o flúor úsase no proceso de produción de aluminio: "Sempre hai certas emisións que se teñen que manter por baixo duns máximos legais. Se son importantes, poden afectar ós cultivos e tamén á saúde das persoas, porque o flúor é un elemento moi agresivo". Diversos informes amosaban que se excedían de xeito claro os límites.

Máis afectacións ignoradas no debate público: o carbón que abastecía as térmicas galegas viña de Indonesia, onde Greenpeace denunciou nun extenso informe a vulneración dos dereitos humanos, as afectacións na saúde, no medio e a violencia contra as comunidades locais. No caso de Alcoa San Cibrao, a bauxita vén da minería en Guinea. Nun informe de Human Rights Watch, denúnciase a escasa compensación para os habitantes da zona, a destrucción de terras ancestrais e recolle testemuñas que revelan que desde o comezo da minería, escasea a auga para a poboación

Destes problemas derivados do proceso, o debate mainstream dos grandes medios de comunicación e os partidos só propón solucións para o prezo (no consumo) da enerxía, cunha tarifa eléctrica ou co Estatuto das electro intensivas. O Estado ten estado subvencionando a electricidade de Alcoa con máis de 1000 millóns de euros, o que a UE ten cualificada de "subvencións disimuladas".

Tal foi a deixadez, que Alcoa afirma que a situación é "insostenible", que se van, que non hai nada que facer. O despido de traballadores nunha zona dependente desta empresa capitalista necesita dunha solución. O plan non partirá dunha estratexia socioeconómica de futuro para a zona, baseada no interese público e responsable co medio ou coa minería. Os tempos e as condicións márcaas Alcoa.

Hai que buscar industrias sostibles, baseadas na riqueza autóctona do país e que non contribuíran a destruír o planeta, senón todo o contrario: a restauralo. Argumenta Patricia Grela que "Alcoa representa o exemplo da ausencia de transición ecolóxica porque é totalmente insostible enerxéticamente". Sería máis "conveniente" invertir tendo en conta a crise climática, e mencionar a necesidade de apostar pola industria agroalimentaria ou a xeración de enerxía eólica.

Patricia Grela apoia "Hay que facer unha planificación democrática con vías para producir menos, facer unha transición enerxética e recuperar sectores indispensables para a vida". Menciona Grela á agricultura ecolóxica, a ganadería extensiva, o mar ou o forestal.

Antón Sánchez: "Si nos anos 70 tivésemos capacidade de decidir, seguramente todos os recursos que apostaron por estas industrias se destinaran ao naval, á industria agroalimentaria.

"Os primeiros empresarios de electricidade nas aldeas eran os muiñeiros", lembra Casal Lodeiro, facendo referencia a unha descentralización da produción de enerxía. "Temos que volver a iso, porque así estaría en mans de cada comunidade aproveitar o que tivese. Pero non centralizar en grandes parques toda a produción, porque iso é o que lle convén aos monopolios".

No que todas coinciden, en cuestionar una industria tan destructiva co medio e a necesidade dunha resposta de futuro para os traballadores. No caso de Alcoa San Cibrao, as condicións puxéronse desde un despacho de Estados Unidos, que se quere marchar para lucrar noutro lugar, deixando pasivos ambientais e unha comarca deprimida.

E unha gran incógnita pouco debatida. ¿A actual man de obra de ALCOA sabe facer algunha outra cousa distinta á que fai e que lle permita ser reinsertada laboralmente noutros sectores?

Parte I

Parte II 

Parte III

Parte IV 

Parte V

Parte VI

 

Pablo Mosquera Mata



 


20080428

a democracia e os seus valores tamén se aprenden


Falta fai. E necesidade.
O título corresponde ás verbas dunha teóloga autora dun libro de Educación para a cidadanía. O feito de que sexa teóloga dálle un pouco mías de glamour a un tema que ven enfrontando igrexa (e defensores políticos das posturas expresadas pola igrexa como estrutura de mando) co goberno do estado dende hai unha tempada. Pero sobre todo, coido que expresa unha realidade máis da ductilidade e posibilidades de aprendizaxe do ser humano. Ductilidade e posibilidades que son necesarias no noso mundo apra poder vivir e non só sobrevivir.
Contra eso, o mesmo periódico (La Voz de Galicia de onte) pon nun recuncho pouco visible unha nova preocupante: E.On, empresa enerxética líder de ventas en Alemaña (e polo tanto, das maiores do mundo) iniciará un grande proxecto educativo que afecta ó 10% das escoals de Alemaña. Parece que quere sumar forzas para difundir a cultura do medio ambiente e enerxía. Pero é de desconfiar calquera iniciativa de empresas privadas que tenten entrometerse na instrucción pública, pois as tendencias a facer proselitismo consumista son moi grandes. Aconsello, sobre o tema, botarlle una ollada a 'No logo', un libro da autora Naomi Klein que saiu case co século, e que analiza o significado das marcas para o consumidor; ten un capítulo sobre a súa introducción nas institucións educativas. E neste caso, como en xeral, o consumo sería precisamente o que habería que evitar en pro de beneficiar o medio ambiente planetario e a súa conservación. Unha nota final sobre esto: non sería o primeiro proxecto loable que vexo de empresas en institucións educativas, mesmo algún desenvolto tambén en Ribadeo.
E sobre medio ambiente e cidadanía, outro titular: 'O noso desafío é o ruído e os efectos sobre o entorno'. Non vai de movida nouturna (aínda que podería), senón de enerxía eólica, e son verbas ditas pola ministra danesa de clima e medio ambiente, que anima a Galicia a contar coa cidadanía para desenvoltar os porxectos ambientais, que tamén dan problemas (aínda que sexan poucos comparados con outras industrias) como calquera outra decisión política, base de partida para que a ministra anime a contar coa participación cidadá.
A imaxe, coa praza de San Roque ó fondo, ó anoitecer, dende Julio de Lazúrtegui.

20160329

AS DESFEITAS DE RIBADEO E CONTORNOS, artigo de Pancho Campos Dorado

Cunha semana de retraso sobre o seu envío, deixo a continuación un artigo de Pancho Campos sobre temas que inclúen algún que está candente estes días:
“Desfeita” é un termo que se emprega como equivalente a: destrución, desastre, derrota, confusión. Nalgúns lugares quedou o termo como designación toponímica ligada a testemuñas de feitos aciagos que alí aconteceron, como por exemplo o Rego da Desfeita, no concello de Trabada.
Pois ben. En Ribadeo, imos ter que empezar a enumerar as riquezas patrimoniais por “As Desfeitas”. Vemos na prensa, casi tódalas semanas, que se destrúen espazos patrimoniais sen que se tome ningunha medida administrativa, xudicial ou penal, contra dos depredadores, nin por parte da Xunta, nin de Costas, nin do Concello, nin de ninguén con competencia para facelo. 
Exemplos: 
1) A Ría de Ribadeo. Estase destruíndo día a día coa colmatación de area que a está deixando completamente cegada, e noutros vinte anos poderase ir andando por toda ela en marea chea. Quizais daquela, a alguén se lle ocurra prantar palmeiras no medio dos tesóns e facer o seu carón o “Hotel Chabola” ou o “Choupana”, “para sacarlle algún rendimento á desfeita”. 
Din que non hai cartos para dragar o canal, e moitos menos para facer fronte á destrutora obra civil que se vai concatenando ano tras ano, desde o primeira obra do paseo marítimo, cada vez máis ampliado coa escolleira e recheos varios das pequenas calas da ría. Outro importante impedimento ó vaciado das augas da ría son as zapatas mal plantexadas da Ponte dos Santos. 
2) ENCE e a XUNTA DE GALICIA. Como todo o mundo sabe, a Xunta de Galicia é o órgano administrativo de goberno que rixe os intereses peculiares dos cidadáns da Autonomía de Galiza. Pois ben. Vemos que a Xunta está derrotada ante a administración de ENCE, pois en vez de sacar rendemento dos recursos do Porto de Ribadeo, para dragar a ría e crear infraestruturas con futuro, pois non, abarata os custes de transbordo de carga e os dereitos de uso do peirao, como si eiquí xa foramos ricos dabondo e non precisáramos de nada. 
Por outra banda, ENCE son as siglas coas que se coñecía a Empresa Nacional de Celulosa Española, fundada no ano 1950 na dictadura de Franco polo INI (Instituto Nacional de Industria), adicada a transformación de madeira de eucalito en pasta de papel ou pasta de celulosa, nas fábricas de Pontevedra (Galiza) e na de Navia (Asturias). ENCE tivo carácter público, ata a súa salida á bolsa no ano 1990, onde primeiro privatizouse o 49% e no ano 2001 o 51%. Hoxe en día aquelas siglas pasaron a ser: ENCE Enerxía e Celulosa S.A. que, como seu nome indica, é unha empresa anónima da que ninguén coñece a súa verdadeira nacionalidade, nin posiblemente quenes son os accionistas. 
Según consta na Wikipedia, desde 2006 o seu presidente é D.Juan Luis Arregui e desde 2010 é vicepresidente D. Ignacio de Colmenares y Brunet. No ano 2010 ambalasdúas fábricas causaban un gran impacto ambiental, tanto polos “olores” como pola contaminación de augas debido o seu efluente líquido, que se vertía sin depurar na ría de Pontevedra e no río Navia. No ano 2013, en Navia inaugurouse unha planta depuradora do efluente líquido, e en 2015 anunciaron para a fábrica de Pontevedra o proxecto “Nuevo Ciclo del Agua” para utilizar somentes o 90% da consumida actualmente, pois pretenden reutilizar os efluentes líquidos depurados. Algo non debeu sair “ó gusto” pois, en Pontevedra, a alguén nomearon “persoa non grata”. 
Sinceramente espero que a ámbalas dúas fábricas lles vaia moi ben, non polos accionistas, senón por corporativismo cos traballadores que alí dan o callo. Non obstante, gustaríame resaltar que ditas empresas, en 2014 xeraron 1 500 000 millóns de kWh de enerxía eléctrica coa biomasa que sacaron dos montes galegos. Tiveron en 2015 uns ingresos de 313 millóns de euros, cun beneficio neto de 22,1 millóns de euros, que equivale a un 7% de ganancia, frente a un gasto de producción de 290,9 millóns de €, o que equivale ó 92,93 % de gasto do montón total. Ó meu ver, unha ganancia “moi pobre” para ese volumen de cartos, e que quizais deberían cambiar a tódolos directivos por falta de rendimento.(Datos da Wikipedia. Naturalmente, en esta fonte de información “financiera” pódese poñer calquera cousa, pois ninguén pode correxir a orixe dos datos)  *
A zona do ramal previsto de Feve en Navia, collida no maps de Google

A zona do ramal previsto de Feve en Navia, collida no Visor Sigpac (máis nova que no Google Maps)

Por outro lado, en cambio, a administración do Estado, gasta os cartos que fagan falta, non para mellorar o entorno da Ría de Ribadeo, senón para facer vías de tren para levar por vía estreita 520 000 Tm/ano de pasta de papel a Xixón. ¿Por qué non se constrúe a Ponte dos Difuntos ou dos Mortos dunha vez por todas? ¿aínda non se convenceron a Xunta, Portos de Galiza e a administración do Principado, que a Ponte dos Santos e as escolleiras son unha ruína ambiental totalmente en contra do noso ecosistema? A Ponte dos Difuntos, podería conter a vía do tren por unha tabla baixa e máis a autopista por unha tabla alta. Uniría Castropol e Ribadeo, sin destruir a ría e daría máis vida a toda a contorna, pois o porto de Ribadeo poderíase ampliar para barcos de máis calado e maior tráfico marítimo, que sempre foi o noso gran motor da economía. Mesmo se pode levar a cabo aquel vello proxecto de unir o Porto de Ribadeo con Vilafranca do Bierzo, ou aínda con Lugo pola Pontenova ou por Mondoñedo. A Ponte dos Santos é un verdadeiro atranco na ría, xa o decían aquelles vellos mariñeiros que razoaban un montón: “A Ría de Ribadeo non é o Duero, aquí hai marea cada seis horas”. 
3) No fondo da Ría de Ribadeo hai tanta riqueza en pecios que si a alguén se lle ocurre poñerse a estudialos, ten que ter en conta que non lle chegará o tempo da súa propia vida, pero ¿é mellor deixalos donde están, desaparecendo pouco a pouco? 
4) Fai uns anos, no Cemiterio dos Castros (Teima, 24-Febreiro-1977) encheronse de formigón as tumbas celtas, algunha con ósos e mesmo con algún esqueleto casi completo, para facer un “chalet”. Non pasou nada: “eran outros tempos”. 
5) Os temporais causan estragos nos xacementos arqueolóxicos costeiros de Ribadeo e Barreiros (A Mariña, 23-Febreiro-2016). O Forno romano de Esteiro está a piques de desaparecer; a Punta do Castro de Vilachá en San Miguel de Reinante, pouco a pouco desaparece; a turbeira de Arealonga desfaise; a tumba da praia do Coto de Barreiros afectada. Non pasa nada: “Patrimonio ten moito traballo e cos recursos que ten, non dá para máis”. 
6) A tala de eucaliptos e a súa replantación levouse por diante en Mondoñedo o Castro inventariado do Monte da Arca (A Mariña 16-Marzo-2016). Mariña Patrimonio e Adega presentaron denuncia ante o Seprona. ¡Esperemos que algo pase desta vez! 
7) ¿Que se está intentando facer no faro da Illa Pancha? ¿Un hotel de dúas habitacións...? Postos a arrasar patrimonio público ¿por qué non se deciden a facer un edificio de trinta plantas, cunha luz “estroboscópica” no restaurante-discoteca da terraza, que acade a verse en Espasante e en Xixón e se deixan de tonterías de pouca monta? 
Hai ducias de casos de barbarie “permitida ou sobreseída” que se ven de cotío arrasando o noso magnífico Patrimonio que ten miles de anos de historia, e en contra do “modus vivendi” dos veciños, que unha vez educados como Deus manda, teñen que irse a traballar fora dos pobos que os viron nacer, posto que “eiquí non hai nada do que vivir”. ¡Manda truco!

[*] Máis ben é o revés, calquera pode editar, e aínda que se algúen edita mal pronto soe estar corrixido, non sempre ocorre (nota do blog).

20210527

Non se pode vivir da nada (ou sexa, do conto)

   Si, xa sei: hai xente que vive do conto. E viven. Porque llo permitimos. Na realidade, esa 'xente que vive do conto' está a vivir de nós, de explotar ós máis, de usalos (de usarnos), e soe vivir moi ben, mesmo ser famosetes e manexar abondo máis cartos ca media. Son uns poucos que nos teñen enganados. Nada que ver con que todos -literalmente- vivamos ou poidamos vivir do conto. Nada que ver con que a humanidade viva do conto, poda vivir de fume.

   Lembroumo un tweet. Traduzo: Extinction Rebellion Spain @esXrebellion · 18h Hoxe 25 de maio, España xa esgotou os recursos naturais que poden rexerarse. Cada ano chegamos antes. Se o mundo vivira ó paso ó que o fai España, necesitaríamos 2,5 Terras. Imos vivir todos estes meses (ata fin de ano) sobreexplotando a Terra por riba da súa capacidade. #OverShootDay

    E vivimos. E parécenos que a cousa marcha, que esas cousas son contos alarmistas porque seguimos vivindo. Mais na realidade estamos a facer o mesmo que quen dilapida unha herdanza: ó final, remata quedando sen nada, sen medios. E iso que o tweet refírse a 'recursos naturais que poden rexenerarse'. É dicir, non conta con aqueles outros, sexan uranio ou terrar raras, pasando polo petróleo, claro, dos que sabemos que hai cantidade limitada á nosa disposición e o máis que podemos facer é reaproveitar ese recurso unha vez desbotado o utensilio que xa non funciona e o emprega. Sempre que podamos facelo: se se queima como no caso do petróleo, non hai xeito de reaproveitalo, a máis da contaminación que produce e derivados como o efecto invernadoiro. E aínda que sexan pasos adiante os dados esta mesma semana, a sentenza contra a Shell nos Países Baixos pola súa contribución ó cambio climático ou que accionistas de Exxon e ó tempo activistas lograran meter a dúas persoas como directivos proclamando que o xigante petroleiro non inviste abondo en enerxía máis limpa, non é consolo nin abonda.

   Noutros lares a cousa vai aínda peor, e por onde se mire, tende a empeorar. Vanse poñendo chanzos pouco a pouco para tratar de mellorar, de que quede con que vivir a longo prazo, procurando menos plástico nas bolsas ou menos cantidade de terras raras nos procesadores. Mais, ó tempo, estanse a fabricar máis procesadores ou facer que as viaxes de mercadorías sexan cada vez máis. Terzando, e non no medio entre extremos, a máis de non ter alternativa de consumo moitas veces, ou de que a obsolescencia programada invadira o campo de máis e máis produtos, non somos conscientes -inclúome- do que significan pequenas cousas como abrir a billa na casa. En Ribadeo, beber un vaso de auga -200 mL- leva consigo traela por unha rede de canalizacións case 20 km, elevándoa a máis de 100 m de altura antes de volvela a deixar caer cara ás casas. Algo que necesita 200 J de enerxía, a máis da fabricación da canalización ou dos produtos químicos para mantela potable e segura, o mantemento da infraestrutura, etc. Aínda así, moi pouco para os parámetros de moitos lugares (lembro que en Los Ángeles algunha auga vai canalizada dende uns 500 km de distancia).

   E, mentres, de non ter recursos acumulados, xa teríamos consumido todo o que poderíamos conseguir no ano. É dicir, non teríamos nada que nos permitira vivir. Estariamos mortos.

   Ou sexa, hai que cambiar. E rápido.

20240118

Comunicado da plataforma 'Eólicos, así non'

    Adxunto o comunicado que recibín onte sobre a actualidade dos eólicos na provincia de Lugo e algunha relación que se pode observar. Os destaques no texto son meus: 

Solpor nun parque eólico en Abadín. Collido de Commons, feito por iamato, lic. CC BY 2.0

Eólicos, Alcoa e Rock and Roll

    Os pasados días 7, 8, e 9 de decembro publicáronse no BOE as resolución do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (MITECO) nas que se formula a declaración de impacto ambiental dos Polígonos Eólicos “Ventisca”, “Boura”, Monzón”, “Borrasca” e “Levante” e as súas infraestruturas de evacuación. Estos Polígonos Industriais Eólicos, afectarán aos seguintes municipios da provincia de Lugo: As Nogáis, Becerreá, Triacastela, Baralla, Baleira, Pol, Ribeira de Piquín, Meira, A Pastoriza, Abadín, Mondoñedo, Lourenzá, Foz, Alfoz, Cervo e Xove. Todos eles foron promovidos por sociedades unipersoais do Grupo GREENALIA

    Esta avaliación ambiental do MITECO é positiva aínda que esixe cambios na maioría dos muíños no caso do polígono “Borrasca”. Sorprende que, nas propias resolucións do MITECO, se indique, que a avaliación de impacto ambiental está realizada sobre a documentación presentada polo promotor. Esta documentación non aporta ningún traballo de campo detallado senón que se limita a fórmulas estereotipadas. Sorprende tamén a desidia de moitos concellos afectados polos proxectos que ao seren consultados, nen sequera se molestaron en dar unha contestación, foron máis da metade nalgúns dos casos.

    Trátase duns polígonos eólicos que están fora do plan sectorial eólico de Galicia, é dicir, en áreas nas que non está permitida a construción destas infraestruturas. Este é o motivo polo que a empresa promotora paralizou en xullo do 2022 os trámites xa iniciados á espera de que a Xunta de Galicia lle concedera a excepcionalidade “por tratarse de proxectos con clara incidencia territorial pola súa entidade económica e social, e por ter unha función vertebradora do territorio”. Esta excepcionalidade baséase ao parecer nuns supostos contratos para abastecer de enerxía barata á fábrica de Alcoa de San Cibrao.

    Desde as Plataformas asinantes queremos destacar que: Os estudos de impacto ambiental son claramente insuficientes e sesgados, xa que están realizados pola propia empresa promotora e avaliados posteriormente polo MITECO sen tempo nin persoal suficiente.

    Estanse valorando como catro (cinco con”Levante”) polígonos eólicos distintos o que claramente é un único polígono eólico coa súa vía única de evacuación, dándose así unha fragmentación artificial e ilegal dos mesmos.

    Os prazos e os procesos son cada vez máis rápidos sen dar ningunha opción de participación ás persoas e comunidades afectadas, vítimas de decisións que teñen máis a ver cós intereses dos grandes grupos industriais que coa situación da xente que vive nas zonas afectadas.

    Estamos a falar dunha grande afectación a zonas rurais con grande potencial agrario e turístico (no caso da costa) que de feito, están a vivir un rexurdimento poboacional, que quedaría, senón truncado, seriamente danado coa instalación destes polígonos.

    Dado que o motivo de permitir estes polígonos en zonas fóra do plan sectorial é o abastecemento de enerxía a Alcoa, hai que dicir que Alcoa está incumprindo sistematicamente todas as promesas feitas tanto aos seus empregados como ás Administracións. A propia Alcoa comunicou en varias ocasións que non ten intención de cumprir cós compromisos de inversión pactados coas Administracións Públicas e cós traballadores, e non vai retomar a produción de aluminio ao ser inviable por carecer de clientes e ter unhas moi importantes perdas acumuladas que se acrecentarán nos próximos anos. Ao que hai que engadir que chegou ao final da súa vida útil a xigantesca balsa de lodos tóxicos que ocupa 90 hectáreas e que unha hipotética rotura do dique de contención podería provocar unha catástrofe medioambiental de dimensións inimaxinables. Somos moita a xente que estamos a pensar que Alcoa está xogando con nós, para atender en exclusiva os seus millonarios intereses.

    Por todos estes motivos e máis, as organizacións ambientais, asociacións, veciños afectados, a sociedade civil e os seus servizos xurídicos xa estamos traballando e mobilizándonos para tentar frear este despropósito que só busca o enriquecemento duns poucos, sen unha auténtica planificación do territorio que permita a coexistencia pacífica das enerxías renovables co respecto á biodiversidade, ao territorio e á poboación, e conte coa participación de todos os afectados.

    Gustaríanos propoñerlle un xogo a quen nos está lendo. Recorte e garde este artigo, e volva lelo pasados dous anos, ou catro como moito. Repase todas as novas dende hoxe ata entón en relación con estes “Parques” eólicos, e observe a quen beneficiaron e quen saíu danado, mire onde se atopan nese momento cada un dos protagonistas, e saque as súas sus propias conclusions.

    Plataformas asinantes;

Plataforma “ Eólicos na Mariña. Asi non”

Plataforma “Alto Miño. Eólica Así Non”

20220328

Todos contra todos

Todos contra todos

    Xa tardaba. O exemplo das grandes empresas, sexan bancos ou eléctricas por iso de que estamos máis afeitos ás súas falcatruadas, ou outras, cunde e trasládase a outros nichos sociais. Se onte eran as grandes empresas as que aseguraban a súa pervivencia e ganancias por medio dos seus contactos políticos, hoxe estamos a vivir unha época na que os pequenos comercios e industrias, da hostalería ó transporte, tentan render o poder das estruturas de goberno ó seu favor, asegurando de igual xeito a garantía de ganancias.

    Empresa. se consideramos o seu significado, veremos, como no dicionario da Real Academia Galega, 'Sociedade de carácter comercial ou industrial', ou semellante, non 'sociedade que sempre dá ganancias' ou cousas polo estilo. Menos aínda, despois de pretender que unha das vías de asegurar as ganancias continuadas sexa a diminución de impostos. Non para todos, claro, senón para as empresas implicadas na negociación correspondente. Digo, porque iso deixa negro sobre branco o evidente: que o financiamento desas ganancias sempiternas terá que saír dos petos dos máis, dos non incluídos nesas negociacións.

    Coido que unhas negociacións, se chegan a ser negociacións, é porque abranguen temas que por algunha razón non son doados de resolver de xeito individual, e necesitan unha colectividade proactiva na procura do ben común. Polo menos, hai que partir desa base se se quere chegar a algo nunha negociación. Mais, nas actuais circunstancias, tal parece que se instalara o 'todos contra todos' e o 'sálvese o máis forte', sendo, claro, o máis débil quen non ten nin posibilidade de ser escoitados no círculo de negociación. E iso non é solución nunha comunidade, sexa do tipo estado, concello ou familia, por poñer casos a varios niveis de tamaño (e complexidade).

    Aínda nos costa ver a crise ‘actual’, aumento de prezo dos combustibles, como parte dunha crise maior e como algo que nos incumbe a todos, pero tamén que nos transcende a todos, baseada no sistema de desenvolvemento elixido. Capitalismo que leva entre outras cousas a medres exponenciais para que funcione -se non medra ‘a economía’, dise que algo vai mal-, que levan a necesidades que tamén medran de xeito exponencial e que implican esgotamento de recursos limitados, redución da vida e a súa diversidade sobre o planeta ‘para facer espazo’, imposibilidade non xa de atopar enerxía abonda, senón de desfacerse da enerxía xa usada, axudando a quencer o planeta, imposibilidade de desfacerse de lixo -tanto sólido como líquido como gasoso, con implicacións diversas-, etc. Mais todo iso vai ter que cambiar se queremos un equilibrio que permita a vida no planeta -incluída a nosa, a da humanidade-. Un cambio de mentalidade que leva tempo xestándose e ó que se lle están a poñer todo tipo de atrancos interesados para que algunha xente -pouca, pero tendo en conta que nalgunha circunstancia podemos pertencer nós a esa ‘pouca xente’- poda manter avantaxes diversos sobre os máis, nun sinsentido se miramos dende o ben común.

20210823

Auga para todos?

Contaminación no río Suarón, na Veiga.

 Auga para todos?

   'Auga para todos' é o titulo dun libro de divulgación de Francisco Díaz-Fierros Viqueira publicado hai catro anos. Ou sexa, pouco despois de que o presidente de Nestlé non tivera reparos en dicir publicamente que pola auga había que pagarlle a quen a tivera, que de ben común, nada: ben propio, apropiado. E catro anos antes de que en Galicia se fixera patente o baleirado dos encoros para producir de xeito barato unha enerxía eléctrica que se vende cara, con beneficios que deixan tamén cara de lelo a quen vive con miramentos de esguello o fin de mes.

   Neste verán - crucemos os dedos, que aínda non rematou - a traída de augas a Ribadeo non sufriu ningunha avaría importante pese á súa vellez e ás reclamacións que periodicamente se fan para a súa renovación.

   Co anterior, temos xa varias das bases que se deben considerar ó falar dun xeito máis ou menos serio sobre a auga. Por unha banda, o coñecemento do seu ciclo, os usos, cantidades, distribución ou posibilidades; é dicir, a súa consideración como recurso escaso que é necesario estudar. Por outra, a posibilidade de apropiación en exclusiva da auga; non en van foi o ben escollido por Edward Bellamy para a súa obriña 'O Mercado', como alegoría e como unha posibilidade real. E máis, as guerras que xorden de intereses contrapostos como entre auga para beber, para regar, para producir enerxía ou outros usos posibles; guerras feitas con tanques como en oriente medio ou con cartos como en California, pero guerras auténticas. E aínda a consideración e necesidade das redes de aproveitamento, o seu deseño, a súa conservación... para poder asegurar o seu subministro mesmo en lugares tan pouco sospeitosos de escaseza de auga como é Galicia.

   Volvendo ó título, Se a auga nos é necesaria a todos, deberamos ter auga para todos. Esa é a idea de base para facer un estudo sobre ela, e de aí o título escollido por Díaz-Fierros para un libriño moi interesante e ameno. Non vale que alguén se apropie da auga e deixe ós outros morrer de sede. É un ben común, e hai que distribuíla como tal. Procurando solucións en común, e fuxindo do 'teño unha solución, por que non se implanta?', cando a realidade é que ten un interese e unha solución só para o seu interese, á súa medida.

   En Galicia non estamos moi afeitos - fóra do 'se chove, que chova', episodios de seca que noutros lugares tomarían a risa ou rogativas aparte - a tratar sobre a auga. Eu aínda lembro ter ido á fonte na procura de caldeiros con auga, algo que na nosa terra, e salvo casos puntuais mesmo con avaría de por medio, está esquecido aínda en aldeas sen conexión coa rede pública: de xeito individual ou colectivo dun grupo de veciños, soe estar arranxado o problema dende hai tempo. Mais a abundancia de auga é enganosa: non é o mesmo que haxa auga a que a podamos aproveitar para o que queremos. E episodios como o baleirado dos encoros lémbrannos que máis aló de casos puntuais de escaseza, a auga na nosa terra segue a ser un ben a administrar, aínda que non sexa tan escasa como noutros lugares da nosa Terra. E que máis aló de novas e mellores infraestruturas, o bo aproveitamento, a eliminación de contaminación, o rexir o seu uso... son tamén materias pendentes por estes lares.

20200620

OS MUIÑOS DE VENTO DE RIBADEO. Emilio Piñeiroa

   O estudo do patrimonio cultural do Concello de Ribadeo ofrécenos diversas posibilidades, ao tratarse dunha vila medieval cargada de historia; podíamos estudar o Ribadeo antigo (muralla, rúas…) así como igrexas, capelas, fontes, cabozos, o Camiño Norte de Santiago, muíños de auga... Imos estudar un tipo de construción descoñecida para moitos dos veciños de Ribadeo: os muíños de vento.
   Sempre que se fala destas construcións relacionámolas con D. Quixote e coa Mancha. Temos constancia da existencia de dous muíños deste tipo, un en Vilaselán (hoxe desaparecido) e outro en Palmeira, na parroquia de Ove, que conserva a estrutura de pedra.

   Quero dar as grazas a Mercedes, José e Felipe de Casa do Treixo de Palmeira e a Marcelino do Cargadoiro pola súa colaboración e boa disposición para facer posible este traballo; sen a súa información non poderiamos levalo a cabo.

   Un muíño (do latín molinum) é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o trigo e o millo, para obter fariña.
Xeralmente constaba dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra troncocónica que ao xirar segue a forma da anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón chámase moa. Para mover a pedra utilizábase a enerxía eólica (muíño de vento), a hidráulica (muíño de auga) e animais (muíño de sangue).
   Os muíños de vento máis famosos, grazas a don Quixote, son os da Mancha, pero habiaos por todas partes e moi especialmente no centro e sur de España. Tamén son famosos os dos Países Baixos.


OS MUÍÑOS DE VENTO DE GALICIA

   Galicia ofrece grandes posibilidades para este tipo de muíños, en xeral, por toda a costa polo efecto do mar, por ser zona de ventos continuos e fortes.
    O seu número non é moi elevado, se o comparamos cos muíños de auga. Existe documentación dende o século XVI. A maioría foron creados no século XVIII para aproveitar o abundante millo que chegaba de América. Coa enerxía eléctrica foron desaparecendo progresivamente, quedando para uso doméstico. A maior parte están en ruínas ou xa non existen: Aguiño, Illa de Arousa, A Coruña, Muros, Laxe, Camariñas, Ortigueira… só por citar algúns dos lugares onde houbo ou hai este tipo de muíños. En Catoira, atópase un dos muíños de vento más antigos de Galicia que segue funcionando.
   Dentro da clasificación podemos citar dous tipos:
* Muíños fixos de torre: os abanos van fixos e saen da parede. Estes muíños teñen un dobre sistema de abanos para poder aproveitar o vento de direccións opostas.
* Muíños cun teito cónico móvil que xira para orientar as aspas ou velas: son pequenas construcións de pedra de cuberta cónica, a unha ou dúas augas, con abanos ou con velas para recoller o vento; os abanos son tablas unidas entre si que forman unhas pezas rectangulares, que se colocan nunha estrutura de madeira que forma a viga horizontal que atravesa a parede ou teito e os vareiros.
   A cuberta é xiratoria, por ela sae o eixe que sostén o sistema motor. Para que xire a cuberta o sistema é o seguinte: no remate superior do muro da torre van unhas pezas de cantería cunha pequena canle que percorre toda a circunferencia; a cuberta que é cónica, leva na base unhas rodas que circulan por esa canle, faise xirar por medio dun paso longo exterior e así se acada a orientación desexada, amárrase a unhas estacas espetadas no chan.
   Ó xirar as aspas, a viga ou eixe horizontal xira tamén e pon en movemento a roda vertical, provista duns dentes que se insiren noutra roda máis pequena, o piñón, que finalmente move a moa.
   Mentres que o muíño está traballando, hai que botar auga no grilo e ra, para que non se quente en exceso.
   Para frear e parar o muíño hai unha viga que se fai baixar sobre a viga horizontal.
   O muíño é unha construción relevante no mundo rural, xeralmente pertence a un único propietario.
   O oficio de muiñeiro desenrolábanno homes e mulleres, anque polo xeral era o home quen o dirixía e a muller axudáballe.
   A xente da parroquia, e incluso doutras parroquias, vai a miúdo cos seus sacos de gran e o muiñeiro cóbralles de dúas maneiras: en diñeiro ou co sistema de maquía, o máis empregado, e que consiste en tomar unha porción do gran que se moe; esta porción tómase por ferrado.
   O muíño sempre foi un lugar de relacións entre veciños, cando acudían a el para moer, xuntábanse e moitas veces quedaban de leria e de troula, cantando e bailando. Actualmente estos costumes desapareceron.
   No muíño xurdiron cancións, refráns, contos…

A muiñeira

Ó muíño de meu pai
eu ben lle sei o tempero:
cando está alto, baixalo
cando está baixo, erguelo.

Meu meniño, durme, durme,
que teño que ir ó muíño,
teño que ir pola fariña,
para fague-lo panciño.

Fun esta noite ao muíño,
non moín nin muiñei;
perdín a trenza do pelo,
iso foi o que ganei.

OS MUIÑOS DE VENTO DE RIBADEO


   No concello de Ribadeo sabemos que na primeira metade do século XX había dous: un na parroquia de Vilaselán, que hoxe non existe e un segundo na parroquia de Ove no lugar de Palmeira.

O muíño de vento de Vilaselán.

   Situado no Cargadoiro, nun lugar elevado cara á ría, chamado tamén “molino de Puerto Estrrecho“.
   Segundo o historiador focense Xoán Ramón Fernández Pacios, o arquivo do Reino de Galicia atesoura un documento datado en o 4 de xullo de 1810, nesta documentación o muíño de Vilaselán pertencía a don Francisco María Amor, veciño e comerciante de Ribadeo, que llo mandara edificar a Lois López, natural de Vilamor (Mondoñedo). Tendo en conta a documentación, o muíño comezara a funcionar no ano 1807. A súa función era moer gran para, coa fariña resultante, abastecer tanto á poboación civil como aos militares,
   Nos “Planos del Puerto de Cedeira y de las rías de Vivero y Ribadeo” realizado polo Teniente de Navío D. Pedro Riudavest en 1868, e a rectificación polo mesmo en 1882, aparece en Ribadeo a referencia, “Molino de viento”, podéndose tratar deste muíño.
   Non quedan restos deste muíño. Foi demolido por atoparse en estado ruinoso en 1955, segundo afirma Marcelino Díaz Irimia, actual dono da casa que ocupa o seu lugar (parte desta e do muro que pecha a finca fíxose coa pedra do muíño ). O seu avó, Marcelino Irimia González, empregado municipal, que viñera en 1927 de Vilarpescozo (Meira) comprárallo ao pintor José Cuervo Cortés. Despois herdouno a súa filla Eugenia Irimia Fernández.
   Dito muíño tiña uns seis metros de diámetro por sete de alto e o groso da parede setenta centímetros.


O muíño de vento de Palmeira (Ove):

   Emprazamento: nun outeiro nun lugar moi venteado e apartado pero non lonxe das casas.
   Propiedade: pertence a D. Felipe Pulpeiro, da casa do Treixo.
   Cronoloxía: construído polo pai do anterior, tamén de nome Felipe Pulpeiro, en 1888. Para erguer o muíño viñeron os canteiros de Ferreira.
   Tipoloxía: muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
   Descrición:
   Elementos construtivos: non ten plataforma propiamente pero si unha elevación de 2 m de ancho. A torre é cilíndrica, de fábrica de cachote tomado con barro e sen perpiaños nos vans; polo exterior presenta uns orificios para os paxaros. Ten unha porta ao noroeste cunha fiestra por cima; catro fiestras situadas dúas na planta baixa e dúas na alta, simétricas, nas caras N e S respectivamente; presentan marcos de madeira nos linteis. No remate superior dos muros, canterías para xirar a cuberta.
   No interior hai restos de viga de madeira; tiña unha escaleira para subir á planta alta, que sería de madeira e da que non quedan restos.
   As dimensións principias son: diámetro interior 5,05 m; grosor muros 0,85 m; altura aproximada 6,50 m; a planta alta estaba situada a 2,50 m; a porta ten un ancho considerabel de 1,10 m e unha altura de 2,10 m.
   A cuberta tiña un armazón de madeira, de forma cónica e levaba cinc.


   Elementos mecánicos: O sistema xiratorio da cuberta consistía nunha canaleta de ferro colocada nas canterías superiores dos muros, sobre da que circulaban 20 rodiñas de ferro. Para orientar esta, facíano coas vacas que turraban dun pau longo (rabo) que baixaba dende o extremo da mesma; unha vez disposto na colocación axeitada, amarrábase este pau a unha das estacas que había arredor da torre; desta maneira o muíño traballaba a vento fixo.
   Tiña catro velas de lona con corda de cánabo e argolas para amarralas.
   Era de dúas moas, capas e pés; unha para o trigo, francesa, e outra para o millo.
   A roda dos engranaxes era de ferro pero os dentes estaban feitos con cerna de carballo.
   Estado actual: consérvanse os muros da torre en moi bo estado. Da cuberta non quedan restos así como dos elementos mecánicos. Deixou de traballar algo antes do ano 1920, e cando o desmontaron, aproveitouse a moa francesa para o muíño de Meredo.

   O propietario conserva algunha peza solta dos elementos mecánicos.

1-Instrumentos para picar a moa.
2.Rodiña de ferro do sistema xiratorio da cuberta.



EMILIO PIÑEIROA LOZANO