Amosando publicacións coa etiqueta galeón de Ribadeo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta galeón de Ribadeo. Amosar todas as publicacións

20160329

AS DESFEITAS DE RIBADEO E CONTORNOS, artigo de Pancho Campos Dorado

Cunha semana de retraso sobre o seu envío, deixo a continuación un artigo de Pancho Campos sobre temas que inclúen algún que está candente estes días:
“Desfeita” é un termo que se emprega como equivalente a: destrución, desastre, derrota, confusión. Nalgúns lugares quedou o termo como designación toponímica ligada a testemuñas de feitos aciagos que alí aconteceron, como por exemplo o Rego da Desfeita, no concello de Trabada.
Pois ben. En Ribadeo, imos ter que empezar a enumerar as riquezas patrimoniais por “As Desfeitas”. Vemos na prensa, casi tódalas semanas, que se destrúen espazos patrimoniais sen que se tome ningunha medida administrativa, xudicial ou penal, contra dos depredadores, nin por parte da Xunta, nin de Costas, nin do Concello, nin de ninguén con competencia para facelo. 
Exemplos: 
1) A Ría de Ribadeo. Estase destruíndo día a día coa colmatación de area que a está deixando completamente cegada, e noutros vinte anos poderase ir andando por toda ela en marea chea. Quizais daquela, a alguén se lle ocurra prantar palmeiras no medio dos tesóns e facer o seu carón o “Hotel Chabola” ou o “Choupana”, “para sacarlle algún rendimento á desfeita”. 
Din que non hai cartos para dragar o canal, e moitos menos para facer fronte á destrutora obra civil que se vai concatenando ano tras ano, desde o primeira obra do paseo marítimo, cada vez máis ampliado coa escolleira e recheos varios das pequenas calas da ría. Outro importante impedimento ó vaciado das augas da ría son as zapatas mal plantexadas da Ponte dos Santos. 
2) ENCE e a XUNTA DE GALICIA. Como todo o mundo sabe, a Xunta de Galicia é o órgano administrativo de goberno que rixe os intereses peculiares dos cidadáns da Autonomía de Galiza. Pois ben. Vemos que a Xunta está derrotada ante a administración de ENCE, pois en vez de sacar rendemento dos recursos do Porto de Ribadeo, para dragar a ría e crear infraestruturas con futuro, pois non, abarata os custes de transbordo de carga e os dereitos de uso do peirao, como si eiquí xa foramos ricos dabondo e non precisáramos de nada. 
Por outra banda, ENCE son as siglas coas que se coñecía a Empresa Nacional de Celulosa Española, fundada no ano 1950 na dictadura de Franco polo INI (Instituto Nacional de Industria), adicada a transformación de madeira de eucalito en pasta de papel ou pasta de celulosa, nas fábricas de Pontevedra (Galiza) e na de Navia (Asturias). ENCE tivo carácter público, ata a súa salida á bolsa no ano 1990, onde primeiro privatizouse o 49% e no ano 2001 o 51%. Hoxe en día aquelas siglas pasaron a ser: ENCE Enerxía e Celulosa S.A. que, como seu nome indica, é unha empresa anónima da que ninguén coñece a súa verdadeira nacionalidade, nin posiblemente quenes son os accionistas. 
Según consta na Wikipedia, desde 2006 o seu presidente é D.Juan Luis Arregui e desde 2010 é vicepresidente D. Ignacio de Colmenares y Brunet. No ano 2010 ambalasdúas fábricas causaban un gran impacto ambiental, tanto polos “olores” como pola contaminación de augas debido o seu efluente líquido, que se vertía sin depurar na ría de Pontevedra e no río Navia. No ano 2013, en Navia inaugurouse unha planta depuradora do efluente líquido, e en 2015 anunciaron para a fábrica de Pontevedra o proxecto “Nuevo Ciclo del Agua” para utilizar somentes o 90% da consumida actualmente, pois pretenden reutilizar os efluentes líquidos depurados. Algo non debeu sair “ó gusto” pois, en Pontevedra, a alguén nomearon “persoa non grata”. 
Sinceramente espero que a ámbalas dúas fábricas lles vaia moi ben, non polos accionistas, senón por corporativismo cos traballadores que alí dan o callo. Non obstante, gustaríame resaltar que ditas empresas, en 2014 xeraron 1 500 000 millóns de kWh de enerxía eléctrica coa biomasa que sacaron dos montes galegos. Tiveron en 2015 uns ingresos de 313 millóns de euros, cun beneficio neto de 22,1 millóns de euros, que equivale a un 7% de ganancia, frente a un gasto de producción de 290,9 millóns de €, o que equivale ó 92,93 % de gasto do montón total. Ó meu ver, unha ganancia “moi pobre” para ese volumen de cartos, e que quizais deberían cambiar a tódolos directivos por falta de rendimento.(Datos da Wikipedia. Naturalmente, en esta fonte de información “financiera” pódese poñer calquera cousa, pois ninguén pode correxir a orixe dos datos)  *
A zona do ramal previsto de Feve en Navia, collida no maps de Google

A zona do ramal previsto de Feve en Navia, collida no Visor Sigpac (máis nova que no Google Maps)

Por outro lado, en cambio, a administración do Estado, gasta os cartos que fagan falta, non para mellorar o entorno da Ría de Ribadeo, senón para facer vías de tren para levar por vía estreita 520 000 Tm/ano de pasta de papel a Xixón. ¿Por qué non se constrúe a Ponte dos Difuntos ou dos Mortos dunha vez por todas? ¿aínda non se convenceron a Xunta, Portos de Galiza e a administración do Principado, que a Ponte dos Santos e as escolleiras son unha ruína ambiental totalmente en contra do noso ecosistema? A Ponte dos Difuntos, podería conter a vía do tren por unha tabla baixa e máis a autopista por unha tabla alta. Uniría Castropol e Ribadeo, sin destruir a ría e daría máis vida a toda a contorna, pois o porto de Ribadeo poderíase ampliar para barcos de máis calado e maior tráfico marítimo, que sempre foi o noso gran motor da economía. Mesmo se pode levar a cabo aquel vello proxecto de unir o Porto de Ribadeo con Vilafranca do Bierzo, ou aínda con Lugo pola Pontenova ou por Mondoñedo. A Ponte dos Santos é un verdadeiro atranco na ría, xa o decían aquelles vellos mariñeiros que razoaban un montón: “A Ría de Ribadeo non é o Duero, aquí hai marea cada seis horas”. 
3) No fondo da Ría de Ribadeo hai tanta riqueza en pecios que si a alguén se lle ocurre poñerse a estudialos, ten que ter en conta que non lle chegará o tempo da súa propia vida, pero ¿é mellor deixalos donde están, desaparecendo pouco a pouco? 
4) Fai uns anos, no Cemiterio dos Castros (Teima, 24-Febreiro-1977) encheronse de formigón as tumbas celtas, algunha con ósos e mesmo con algún esqueleto casi completo, para facer un “chalet”. Non pasou nada: “eran outros tempos”. 
5) Os temporais causan estragos nos xacementos arqueolóxicos costeiros de Ribadeo e Barreiros (A Mariña, 23-Febreiro-2016). O Forno romano de Esteiro está a piques de desaparecer; a Punta do Castro de Vilachá en San Miguel de Reinante, pouco a pouco desaparece; a turbeira de Arealonga desfaise; a tumba da praia do Coto de Barreiros afectada. Non pasa nada: “Patrimonio ten moito traballo e cos recursos que ten, non dá para máis”. 
6) A tala de eucaliptos e a súa replantación levouse por diante en Mondoñedo o Castro inventariado do Monte da Arca (A Mariña 16-Marzo-2016). Mariña Patrimonio e Adega presentaron denuncia ante o Seprona. ¡Esperemos que algo pase desta vez! 
7) ¿Que se está intentando facer no faro da Illa Pancha? ¿Un hotel de dúas habitacións...? Postos a arrasar patrimonio público ¿por qué non se deciden a facer un edificio de trinta plantas, cunha luz “estroboscópica” no restaurante-discoteca da terraza, que acade a verse en Espasante e en Xixón e se deixan de tonterías de pouca monta? 
Hai ducias de casos de barbarie “permitida ou sobreseída” que se ven de cotío arrasando o noso magnífico Patrimonio que ten miles de anos de historia, e en contra do “modus vivendi” dos veciños, que unha vez educados como Deus manda, teñen que irse a traballar fora dos pobos que os viron nacer, posto que “eiquí non hai nada do que vivir”. ¡Manda truco!

[*] Máis ben é o revés, calquera pode editar, e aínda que se algúen edita mal pronto soe estar corrixido, non sempre ocorre (nota do blog).

20160203

O Galeón de Ribadeo, en National Geographic Historia

Un  artigo enteiro, que en formato web, reducido, pode verse en "El galeón de Ribadeo se va deteriorando día a día", incluíndo algún comentario.
Unha historia que comezou xa hai tempo, a do galeón de Ribadeo...

(imaxe collida dunha publicación anterior no blog), representando o tramo final da ría de Ribadeo -N cara á esquerda- coa Illa Pancha ben visible, e o forte de S. Damián.

20150627

Un galeón na ría de Ribadeo

Aclaración: no fondo...
Coido que pode considerarse esta entrada como continuación destas outras: "Descoberto nun dragado o pasado ano un pecio na ría de Ribadeo do Século XVI de 32 m de eslora: Charla"e "Investigación en Ribadeo: Galeón"
Si, se se ve o vídeo, pode apuntarse a que ten algunha característica que fai un documento como poucos para certificar a construción naval da época.
De calquera xeito, chegan as verbas da directora do proxecto de ForSeaDiscovery, Ana Crespo, para aplacar un pouco os ánimos que se poideran deducir das verbas de Miguel San Claudio Santa Cruz, de Archeonauta, apoiadas por Ainhoa López, da asociación ribadense en pos do 'El Galeón de Ribadeo, el mejor conservado del mundo': é importante, e seguirán adiante porque teñen cartos e aínda van na procura de máis. Pero non deixa de ser unha investigación máis. E en Ribadeo, dende o tema do Castro das Grobas e o non volver cheirar os restos 'fabulosos' que xa se atoparan (mirar, por exemplo, aquí)...
A referencia da Campaña no relativo a Ribadeo na web de ForSeaDiscovery (por certo, ilustrada con unha foto dunha corbeta francesa que non corresponde a Ribadeo, porque a campaña só recala en Ribadeo para un dos tres pecios ós que vai adicada):
"-Pecio de Ribadeo, este pecio, de un buque español del siglo XVI y de una categoría excepcional, ha sido muestreado anteriormente, pero en un rasgo que lo hace todavía más interesante desde el punto de vista científico, no ofreció ninguna coincidencia en las muestras de madera analizadas. En la presente campaña pretendemos obtener nuevas muestras, ampliar en su planimetría y avanzar en el conocimiento de la construcción naval que manifiesta este pecio.
-Localización y posicionamiento de un nuevo pecio descrito en la ría de Ribadeo por miembros de un equipo local de buceo. Su localización se procurará mediante el recurso al equipo de Sonar de barrido Lateral.
"
Unha cousa máis. A diferenza entre as dúas fotos seguintes...

Púxenas por remarcar que unha volta máis, o alcalde sairá no xornal. O certo é que as súas verbas (ver vídeo) coido que estiveron axustadas.

20150505

Investigación en Ribadeo. Galeón

Atópome esta mañá no correo unha nova, e vou ó facebook a ver se hai algo máis.
Todos debedes saber a estas alturas que o galeón descuberto na ría hai catro anos ten defensores, unha agrupación/asociación que se está a mover para a súa investigación e recuperación. a comunicación que coñezo é mediante o Facebook, cun grupo: El Galeón de Ribadeo, el mejor conservado del mundo. Foi nese grupo no que hai unhas horas saltou a nova (na realidade, corresponde a un cortapega de ABC):
"EN JUNIO, EN EL GALEON DE RIBADEO ....
30 dias: Finisterre, Viveiro y Ribadeo.
"Por primera vez existe un ambicioso proyecto de investigación internacional sobre cómo España y Portugal exploraron los mares del mundo, trazaron las rutas de la primera globalización y forjaron sus imperios. Se llama ForSEAdiscovery y se ha puesto en marcha desde el CSIC con fondos de la UE. 34 científicos de diversas especialidades estudiarán los orígenes y flujos comerciales de la madera que hizo posible la construcción de las flotas de la Edad Moderna (desde 1492 hasta las independencias americanas en 1824) y harán, con sus tesis, justicia a un patrimonio en peligro por causa de los cazatesoros.
«La arqueología no va de objetos, sino de conocimiento», según dijo el pionero de la arqueología subacuática George Bass. De este proyecto que ha reunido a algunos de los más prestigiosos arqueólogos, dendrocronólogos y otras varias especialides relacionadas con la construcción naval y la historia que hay en el mundo, van a salir grandes avances científicos para el conocimiento de la importancia que tuvo aquella época y aquella navegación que nuestros antepasados hicieron posible.
ForSEAdiscovery: la globalización ya se estudia desde la madera de los galeones
La madera era el recurso fundamental durante aquellos siglos y lo fue mucho más cuando las naciones de Europa se lanzaron a explorar y conquistar el mundo. La construcción de barcos de guerra precisaba mucha madera y el estudio de su comercio está deparando grandes sorpresas, puesto que «los enemigos, en mitad de una guerra, podían pugnar o en ocasiones llegaban incluso a cooperar, según sus intereses, para conseguir madera, como hoy puede ocurrir con el petróleo o las armas», nos diceAna Crespo Solanaaa la investigadora que dirige este gran proyecto. El mundo cambia menos de lo que creemos.
Llama la atención que esta investigadora haya tenido que acudir a los fondos de la UE para lograr, en tan poco tiempo, lo que décadas de olvido, o incuria del Gobierno de España y de falta de visión de las Comunidades Autónomas, centradas en la gestión de sus transferencias sobre el patrimonio local, no habían podido ni siquiera debatir o plantear: una estrategia a la altura de este patrimonio, que guarda algunas claves perdidas de nuestra sociedad actual. Ana Crespo nos recibe en la sede madrileña del CSIC, donde ha reunido a la mayor parte de los participantes en este proyecto. Y dice: «Tengo ya larga experiencia y por eso quería demostrar que se puede hacer un proyecto serio en España en relación con la arqueología subacuática de época moderna, con la historia marítima y con el patrimonio marítimo español».
(Sigue)
"
O caso é que aínda que a nova non cita en concreto a Ribadeo, si están xa procurando unha casa onde quedarse a segunda quincena de xuño.
Deixo embaixo tres ilustracións cortapegadas do grupo. Corresponde ó plano da ría e detalle do forte de San Damián (que non aparece na publicación de O Tesón), e a bolaños e pistola descubertos no 2011.


20130413

Descoberto nun dragado o pasado ano un pecio na ría de Ribadeo do Século XVI de 32 m de eslora: Charla

O título é o resume da charla de hoxe no C.N. de Ribadeo a cargo de Miguel San Claudio Santa Cruz, representante da empresa Archeonauta. O pecio non se sabe aínda cal pode ser (hai hipóteses, pero só iso), despois dunha escavación superficial de 20 días ó ser descuberto a partires de atorarse a pipa de succión da draga. O lugar aproximado é o que aparece na imaxe de Google maps de embaixo, máis é algo relativo: quedou cuberto cunha rede metálica para evitar tanto a rapiña como para facilitar a acumulación de area cubrindo o material. O navío tiña dobre parede no casco, un pañol interno, as cadernas e un pañol externo, cuberto de chumbo para a súa protección, cun grosor de perto de 1 m. A súa conservación é boa, tendo en conta que o que se observa é a superficie do fondo da ría actual, sen terse desarmado o casco, que está sen desfacer salvo pequenas partes. Se se ten en conta que algunhas das cousas das que aparecen son da parte superior do barco, é de supoñer que a parte enterrada sexa un documento excepcional. Na superficie obsérvase tanto balas de canón de pedra como cadernas ou unha balaustrada, a máis da estrutura do barco. Foi retirado algún material pequeno do fondo, pero a maioría quedou. Asemade, serrouse algo de madeira para comparar e datar exactamente a máis de saber de onde provén a madeira (todo a partir dos aneis da madeira de fábrica do barco). Na charla foron presentadas moitas fotos e algúns planos e imaxes de sondaxe (ver botija e pipa, na web da empresa). Quedou de manifesto algunha contradición, natural se se ten en conta que é algo totalmente preliminar para presentar uns resultados de importancia. Tamén quedou patente a ausencia do Ministerio de Cultura do proxecto, nado a partires da existencia dun arqueólogo na draga encargada por Portos para dar calado á canle do porto de Mirasol. De feito, o pecio apareceu  case no límite dos traballos, pois na entrada do porto deportivo hai profundidade abonda, non necesitándose dragar.
Na zona sábese ao menos doutro barco abondo máis moderno afondado.
A charla lembroume o Castro das Grobas, cun material que se dixo no seu momento que sería presentado nuns meses, e xa pasaron tantos anos como meses se prevía, sen ulilo polo momento.
Dispoño dunha gravación da charla, pero de mala calidade.