Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta decrecemento. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta decrecemento. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20211029

O futuro? Pasa polo de decremento. Infórmate


    Mañá sábado 30 de outubro, ás 18:30, terá lugar no Cine-teatro de Ribadeo a presentación da rede para o decrecemento mediante a do libro de textos extraídos do I Congreso sobre Decrecemento, "Decremento: construíndo alternativa".

   Iván Rodríguez Lombardero, Isabel Villalba Seivane e Miguel Anxo Abraira, achegaránse a falar nuntempo para falar do importante entre tantas urxencias que non nos deixa ollar alén das árbores máis achegadas”.

   Un tempo para enterarnos, e, se cadra, concienciarnos dun futuro que é xa, inminente. Sobre iso, unha idea: algunha vez teño xa falado do blog sobre a illa de Pascua e a historia que me contaron sobre ela, que de xeito resumido sería algo así: A illa de Pascua tiña unha comunidade relativamente próspera, e a illa mantíñase como sistema ecolóxico. Mais a poboación e o consumo aumentou, a illa talouse para conseguir enerxía e alimento e convertiuse nun lugar desanxelado onde poucas cousas medran sen dificultade. A poboación pasou fame e o sistmea social físoxe máis primitivo, de xeito que cando chegaron os 'descubridores' atoparon unha sociedade moi udimentaria onde mesmo se practicaba o canibalismo e que non podería ter sido capaz de facer os moais, as xigantescas estatuas en pedra que son o símbolo da illa e o alicerce turístico que move a súa economía actual. Saíron do sistema no que caeron por o resto do cumndo. Pero na actualidade, é o mundo enteiro o que está a caer no furado. Virán os extraterrestres sacarnos del?

20230124

Slow economy & necesidade

Slow economy & necesidade

    Permite o capitalismo a conservación do planeta? Mesmo pode parecer que a facilita, facendo negocio con actividades que poden axudar. Ou debera dicir, potenciando actividades que poderían axudar co ollo posto en gañar máis cartos? Pero o capitalismo necesita medrar, esas actividades en xeral son con vistas a medrar, e o planeta, chegados a este punto de actividade febril global e escaseza de recursos tamén global, necesita calma, que se tería que traducir en menor actividade, o que se soe chamar 'decrecemento' económico. 

    Nun sistema que prima a produción e que necesita medrar para subsistir, quen decrece, perde fronte a quen non decrece. Son as regras do sistema. Como facer decrecer un sistema que ten a base no medrar? Se necesitamos decrecer, necesitamos un cambio de sistema. Como? Iso, 'para outro día', non se improvisa todo un sistema socioeconómico así, de pronto, da nada. Pero vai pensando niso, que a todos afecta e como tal, todos podemos, deberiamos e teremos que contribuír. E non vai ser doado, como calquera cousa que compensa e non se sabe por onde comezar. Unha mostra de que non vo cai ser: nunha conversa, hai pouco, houbo quen mo deixou claro: "estou de acordo en que A é o mellor para todos, pero se vexo que con B vou gañar x, entón voto a favor de B". É dicir: si, ben para todos, pero sobre todo para min, aínda que no sexa para os máis. Se queres saber máis sobre esa decisión, procura polo chamado 'dilema do prisioneiro'.

    O cambio ten que ser, vai ser, diferente nas grandes cidades que no campo, nunha sociedade que teña perdido o vínculo coa natureza que noutra que aínda conserve relación. E iso, a pesar da colonización das cidades sobre o campo. Xustiza, democracia, son termos que se mesturan nesa necesidade de decrecemento e cambio: quen tería que consumir menos? En realidade, quen tería que deixar de consumir máis? E claro, tamén producir menos. Como se vai decidir? Son preguntas que se meten por medio se pensamos construír o futuro común. Polo medio. Polo medio, aparte do emprego (30 h/semana 'chegarían' se hai que producir menos? 4 días/semana?), redistribución de masa dineraria (non só salarial, e con esa 'masa', de poder de diferentes tipos), ou eliminación da sobreprodución (e polo tanto, dos lixos / desperdicios / contaminación desprendidos nela) que solucionaría problemas, pero que hai quen ve como problema en si, por selo dentro do mesmo sistema, para o sistema como se concibe na actualidade. E é que 'esas cousas' chocan tamén con modelos culturais, sociais, que se venden como sen alternativa e que son, no fondo, tradución de esquemas económicos: repensar o futuro, repensar o sistema, é tamén, e sobre todo, repensar a sociedade.

    Necesitamos unha economía tranquila, quizais máis lenta e local, que sairá co que hoxe é unha mixtura de conceptos, visións, linguas,,, O título vai diso.

    E mentres, rematou unha nova edición do Foro de Davos, con asistencia estelar de autorepresentantes da riqueza. As conclusións? Aquí non pasa nada, excepto que hai que seguir a darlle voltas ó problema de os máis ricos conserven e mesmo potencien o seu poder e xeito de vida. si, desa xente que vive noutro mundo, parecería que noutro planeta.

20230329

Preguntas. As municipais están aí. Quen non quixera saber?

- Preguntas

 As municipais están aí. Quen non quixera saber? -

    Dúas notas previas:

    - Para poder concretar, poñamos que escribo dende Ribadeo, mirando a Ribadeo, pero algo semellante pode ser escrito en calquera punto de Galicia e de España, mirando para o concello correspondente.

    - O artigo non pretende ter unha profundidade nin lanzar un programa, só influir en que os programas podan ser máis pensados, máis achegados á xente e tamén máis cribles.

   Comecemos. Cal é 'o Ribadeo que queremos' de cada partido? Non se trata de dicir 'que sexa bonito' ou 'que se viva ben', senón de especificar as liñas e condicións que estimas para poder achegarse un pouco máis a ese 'bonito' ou 'bo vivir', os criterios nos que se basan esas liñas mestras, algo que se poda ver claramente, medir, establecer se se cumpriu ou non, que permita o control da xente e facilite a súa -nosa, de todos- participación. A mira de facelo así é medrar como sociedade ó tempo que se estuda e discute o que lle ven ben ó pobo e como obtelo. Algo que é o contrario de ter un arma arroxadiza ou un instrumento para ganar eleccións.

    Así pois, poderán xogar os nenos nas rúas? Hoxe por hoxe as rúas non son para os nenos, hai parques que en outros tempos non había, e parece que con iso chega. É así?

    Ven sendo algo tradicional querer deixar obras feitas, e esquecerse do mantemento e bo uso do que xa hai, perdendo tempo e cartos. Que se pretende aproveitar do que hai e como?

    Dous temas en parte relacionados: Que se pretende facer para evitar a xentrificación? Hai días unha nova daba nota de que non hai quen alugue para o ano, só para o verán, o ruído está presente en todo o centro (aínda que máis nuns lugares ca noutros), o verán parece que non se fixo para quenes residen en Ribadeo, procúrase un 'turismo de calidade' (= de 'caridade', máis caro)... e, ó tempo, as parroquias están perdendo poboación. Enténdese o por que pasa? Hai propostas para mellorar a vida nas parroquias? A redistribución vila-campo? Que se prevé para acoller ó turismo sen xentrificar á poboación actual? Que directrices hai para conseguir un turismo enriquecedor da vida da xente, non de determinada xente en prexuízo dos máis? Como afronta a crise da vivenda?

    Como vai favorecer o desenvolvemento industrial? Un territorio equilibrado?

    Como se vai enfrontar o cambio de mobilidade para ter maior/mellor uso para os peóns, dos trasportes públicos (se os hai...) ou da bicicleta e menor do coche? O tren cada vez é menos tren: 4 servizos diarios dende e cara a costa galega a alguén lle poden parecer abondo, 2 cara a costa asturiana, imposible. En calqueira caso, abondo menos que o servicio de bus. E iso, na rasa costeira. Cara ó interior, que poboación queda a menos de 1 km dun transporte público con dúas viaxes de ida e dúas de volta ó día? Toda. E vai facerse algo?

    Algunha proposta para rematar o mandato cunha Torre dos Moreno rematada e con algún resquicio de patrimonio de todos?

    Ou decrecemento ou crise... Como afronta o decrecemento cada partido?

    A estrutura en concellos non está pensada para enfrontarse directamente a temas como a guerra ou a xubilación e as pensións. Pero si axudaría saber ideas concretas dos diversos equipos en confrontación sobre estos temas. Máis que nada para que as concentracións diante da casa do concello saiban que esperar de dentro do edificio.   E o impulso dun plan de ordenación da natureza na ría de Ribadeo? (de Abres á Illa Pancha, da Lieira a Reme, claro!) Sostibilidade ambiental, e non só na ría: para afrontala en todo o concello fai falta acción a partir de toda a poboación. Como se vai enfrontar?

    E por último, como sabemos que as respostas corresponderán cos feitos na medida do posible?

    E unha idea: copiar un bo programa dos máis (mesmo de convocatorias pasadas ou doutros lugares) non ten por que estar mal, sempre e cando non sexa algo cosmético, senón sentido, explicado e mesmo recoñecido que outra xente tivo primeiro esa idea.

20240111

Dúas alternativas para mañá venres na veciñanza de Ribadeo

    Hai quen di que en Ribado non se organizan cousas, non hai actividade. Quen siga o blog verá que esa opinión é difícil de manter. E iso que nas entradas só aparecen unha mínima parte das que hai, aquelas das que me chega información e por algunha razón acudo ou me interesan aínda que non poda ir, e publico algo sobre elas. De calquera xeito, tamén nos arredores se organizan cousas que poden interesar. Deixo aquí dúas para mañá, organizadas en concellos veciños.

 

    A primeira actividade, na Veiga, ás 7 da tarde, un encontro sobre o decrecemento do que me pasan o seguinte: 

    "(...) O vindeiro venres día 12 celebramos o día polo Decrecemento. Unha festa na que compatiremos ideas, experiencias (e medos, por que non?), en xuntanzas simultáneas por toda esta biorrexión do Noroeste peninsular (ver cartaz) 

    Decidimos descentralizar a convocatoria para reducir viaxes e empregar a data en proveito do proceso necesario de construción de comunidades locais resilientes, achegarnos a máis persoas e difundir máis eficazmente o Congreso Internacional que terá lugar en Pontevedra este verán. 

    Trátase dunha convocatoria aberta a todas as persoas que sentimos que o Sistema non camiña cara a mellor, que se vén unha transformación inevitable que convén planificar, e que suspeitamos que eses enormes titanics que son as administracións non van ser quen de modificar a tempo a súa deriva cara o iceberg, polo que cómpre e urxe ir reconstruíndo as comunidades locais.

    A xuntanza da Mariña - Occidente Astur será na Veiga, no Local de Asociacións, a partir das 19h. Ás 20:30 faremos unha conexión con todas as outras xuntanzas para compartir as conclusións e a enerxía."

    A segunda actividade cadra da outra beira de Ribadeo. Será en Benquerencia, Barreiros, ás 19 horas, sobre un tema que non é a primeira vez que sae no blog: a presentación do libro de Manuel Rivero sobre Aurora Sampedro.



20111116

Xestionar a merma

Comida para musulmáns.
Foto tomada en Ribadeo.
O despoboamento da Mariña, e en xeral de toda Galicia, é un feito. Algo que se ve ó tempo mitigado e pronunciado por dous factores. O primeiro, o cambio de peso relativo do rural fronte ó urbano, que acrecenta os problemas nunhas zonas mentras os mitiga noutras, e o segundo, un aporte inmigratorio destes anos pasados que está demostrado ser de fluxo e refluxo ó tempo que enfronta á sociedade a outro tipo de problemas.
Estatística tras estatística, vése corroborada a tendencia. Hoxe a Voz de Galicia faise eco dela dando os números de votantes mariñáns: 62.244 maiores de 18 anos, un 2,47% menos que en 2004. No extranxeiro viven outros 7.966, é dicir, 70.210 entrambos, un 1,02% menos que nas anteriores, aumentando a un 11,34% os que viven fóra, dende o 9,18% de 2008 e o 8,59% do 2004.
a nivel mundial, fálase da necesidade do decrecemento para poder soportasr a presión humana sobre o medio ambiente. Aquí debéramos estar preparados para poder dar leccións sobre o tema. A experiencia na xestión do decrecemento ímola ter queiramos ou non, sexa sustentable ou non. Que sexa boa ou mala, iso xa é outro cantar.

Despoboamento? Non, coidado da carteira dos cidadáns coa entrada en vigor da ORA.

20130605

Política e paro

As dúas p, que non PP, tiveron efecto en Ribadeo.
A primeira, coa presentación da agrupación de Anova en Ribadeo, con Jorge Díaz Freije e Xavier Chao Lolo como cabezas visibles polo momento. Jorge provén da estrutura do PSOE, rastreable de xeito doado na rede, mentras Xavier que eu saiba non estivo integrado en estrutura política algunha, pero ten un longo rastro de activismo como pode verseno seu paso por a Plataforma de defensa da ría de Ribadeo ou aquí.
O outro,o paro, viu da man da comparación do paro comarcal, provincial, galego e estatal.
a gráfica a continuación está realizada apresa e correndo con datos do xornal sobre o paro na Mariña. A primeir adas gráficas da unha perspectiva máis fiel, pero a de embaixo dáa máis resaltada.
 Entrambas e a táboa, o único que se deduce é que este maio (un mes que estacionalmente é favorable) foi mellor que o pasado, e que na zona levamos tres meses de decrecemento do paro. De aí a dicir que a cousa vai ben, coido que hai un bó treito, tanto polos números en absoluto como polas condicións de traballo.

20171017

Aire ulindo a eucalipto queimado

Estou oíndo chover antes de amencer. Que non chova torrencialmente para evitar que a terra queimada vaia parar ós ríos é a pregaria de hoxe. A de antonte era para evitar as mortes e o terreo queimado. Pero onte non había pregaria, senón noite a mediodía, luces acesas nas casas e nos coches para poder ver sabendo que o Sol estaba no máis alto do ceo, nubes cargadas de cinza que facían o efecto dunha eclipse, dunha luz fantasmal que sabía a eucalipto queimado mentras as novas seguían achegando que os incendios estaban controlados, pero non extintos. O frío non era intenso, só un entretempo que non obstante contrastaba co agobio de temperatura do día anterior, propio doutros lugares, non de Ribadeo. Un entretempo apagado que metía o medo no corpo, o medo ó futuro.
Si, hoxe a situación xa está normalizada. A auga apaga o lume. A temperatura é de outono. Galicia non é unha encendida Galifornia. Tal parece que nos podamos esquecer xa das mortes, dos eucaliptus, do cambio climático, dos incendiarios, da falta de medios ordenada, da erosión do terreo, das cidades ardendo, do cheire a eucalipto na penumbra. Xa non fai falta que poñamos medios, que cambiemos a ordenación do noso terreo, que tentemos un decrecemento ordeado evitando contaminación e efecto invernadoiro, que... Non, hoxe voltará Cataluña, coas súas empresas marchando cara ó poder central, esquecendo que de aquí levan marchando moito tempo. Ou Venezuela, que alí hai moita perda de liberdade da oposición, como se aquí o título de lei mordaza fora un conto. Ou a emigración perversa, tratándose de inmigración pero variando a palabra porque xa estamos afeitos a ver como marchan os nosos na procura dun futuro mellor.
Mentres, podemos quedar parados, voltar a facer vida normal, o cambio climático non vai connosco, a política para os políticos, que máis nos da o que faigan nos montes se nós non temos monte (ben, si, unha leira pequena que non vale para nada), cada quen que se apañe.
E resulta que nós temos dificultades para apañarnos, e sabemos que aqueles veciños poden apañarse ben, pero aqueles outros non teñen recursos para apañarse, nin ben nin mal, pero podemos seguir a discutir de calquera cousa, mentres poidamos poñernos de perfil.
Comezaba hoxe falando de pregarias. É cousa de lembrarse do refraneiro: a deus rogando, e co mazo dando.
Onte tomáronse e publicáronse moitas fotos da negrura  a mediodía, a media tarde. As que veñen a continuación só son unha testemuña máis dun ceo que ás veces deixaba ver o espectro da luz apagada a unha beira e as tebras a outra. As tres fotos seguintes están tomadas entre as catro e media e as cinco e media da tarde dun día de comezo de outono, onte.


A seguinte só foi un belo aviso, ceo vermello o día anterior, de que o Sol comezaba a ser filtrado:
Un par de artigos para saber de lume:
http://lapoesiadelconocimiento.blogspot.com.es/2017/10/tienes-fuego.html
'Fuego, mentiras y plantaciones de eucalipto' en ctxt

20120605

Unha tarde para desfrutar


Onte, á tardiña, en Ribadeo, desfrutábase con vivir. Prima de risco? Dívar? Bankia? Latrocinio legal? Mellor a esperanza dun futuro mellor, máis en convivencia coa natureza, as protestas firmes, mantidas, pero lúdicas, imaxinativas, con futuro, as novas mañás (como a de hoxe) cun ceo que podes comer sen atragantarte, un decrecemento mantible, ...
A vida continúa, e sabemos que non vai ser o segundo sen algo do primeiro, pero hai que loitar para que nun futuro próximo todas esas cousas que nos teñen atenazados non sexan máis que unha anécdota. Entre todos. A sociedade, que somos nós.
Actualización: Vaites! e resulta que hoxe é o día mundial do medio ambiente!

20220419

Informe IPCC para tontos (ou sexa, resume para políticos)


   
Ler case 3000 páxinas de informe non está entre as costumes dos políticos. Cando hai un informe importante e voluminoso, reciben un resume máis 'á súa medida'. Coido que isto é comprensible, pois os políticos-decisores que nos gobernan (aquí, na China, no Congo ou en calquera outro lugar) teñen que decidir sobre cousas moi variadas, descargando o que queren en asesores diversos que -suponse- lerán os informes completos -a suposición non é broma-.

    Cando se trata de informes internacionais, os expertos que os realizan tamén proveñen de todo o globo terráqueo (dalgúns lugares, máis, doutros, menos), pero canta máis xente intervén e máis voluminoso é o informe, máis trabas para facer o resume. Sobre todo porque eses resumes non son tan técnicos (outra vez a capacidade limitada dos políticos de 'saber de todo' e interpretalos). É dicir, os resumes son traducidos de 'lingua científica' a 'lingua política' ó tempo que se suprime máis do 90 % do contido, incluídas as bases (científicas) do conxunto.

    E aquí entra o que poderíamos chamar 'a picaresca'. Picaresca significa poñer en práctica artimañas por espabilados, a favor de determinados intereses, de xeito tramposo, desvergonzado. Ou sexa, póñense en marcha os 'lobbies', os influenciadores da industria a quitar e poñer palabras. E con elas, ideas. E o documento, que xa deixa de ser un documento científico, espállase entre xente que non ten nin ganas nin tempo nin coñecemento para ir moito máis aló. E chega o 'informe' e está descafeinado.

    No informe último do IPCC, o Panel Internacional do Cambio Climático, parece que pasou o que indica o manual Máis aínda cando se filtrou -científicos disconformes con eses trapicheos- un borrador do resume, e entón puidose comparar o resultado final.

    Entre outras cousas, desapareceu o lembrar que a participación democrática é unha ferramenta social que pode permitir un paso máis rápido e suave a través dunha transición na que levamos atraso. Onde hai menos democracia hai máis posibilidades de manexo de quen ten acceso ó poder. E polo tanto, dos grupos con moitos cartos que queren ter máis. Hai tempo que lle concederon o Premio Nobel a Amartya Sen por amosar cousas como a relación entre a participación cidadá e o aproveitamento económico real, pero esa participación vai contra dos intereses dunha minoría, e trata de frearse, diminuírse, facer que desapareza. No caso das democracias, convertíndoas nunha casca baleira.

    Tampouco aparece na última versión algo claro: a urxencia de cambios drásticos a tódolos niveis, non só individual. E é que pasaron xa os tempos de poder usar cambios paulatinos ou usar os cambios voluntarios e individuais. Estamos todos no mesmo barco, e se afunde por un choque contra un iceberg, non chega con que poña eu o tapón do baño para que non entre auga por alí.

    Desaparecen tamén as alusións a que faltan materiais para facer a transición. E desaparece tamén iso que se concibe contra o capitalismo -ó fin, o sistema que nos levou a este punto- do decrecemento.


20210417

SOBRE O PORNA DA RIA DE RIBADEO . Evaristo Lombardero

 

A ría, no OpenStreetMap

SOBRE O PORNA DA RIA DE RIBADEO

    Estes dias estase falando outra vez do nome da Ria de Ribadeo. Estou agardando recibir o informe que a D.G. de Política LLingüistica do Principado de Asturias remitiu á DG do Instituto Geográfico Nacional para coñecer exactamente a sua proposta e cecais escribir algo.

    Namentras quixera lembrar que a Ría de Ribadeo debera contar con un Plan de Ordenación dos Recursos Naturais se se cumplise a Ley 4/89 de "Protección de los Espacios Naturales y de la Fauna y Flora Silvestre" e a declaración de Zona ZEPA o 23 de Novembro do mesmo ano. A Lei 4/89 foi derogada posteriormente, pero hai outras normas que esixen un Plan de Protección da Ría de Ribadeo, mesmo a nivel europeo e que siguen sen cumplirse como son os mínims requisitos que se estableceron para a Rede Natura 2000 e como é ben sabido, no caso da Illa Pancha o Concello de Ribadeo autorizou uns apartamentos e unha cafetería sen que se fixese o preceptivo Estudo de Impacto Ambiental Simplificado que esixe o art 7.2 da Lei 21/2013 de Evaluación Ambiental. Tamén é amplamente coñecido que o Defensor del Pueblo emitiu seis informes esixindo o devandito Estudo Simplificado que o concello de Ribadeo non quixo aceptar.

    Na historia da protección da Ría de Ribadeo poderíamos suliñar que nos 31 anos trascurridos dende que a lei esixe que debe dispoñer de un Plan de Ordenación dos Recursos Naturais o PSOE gobernou en Asturias durante 26, o PP 4 e Foro 1. En Galicia gobernou o PP durante 24 anos e o PSOE en duas coalicións os sete restantes. No concello de Ribadeo o goberno foi do BNG uns 20 anos, oito do PP e catro da coalición PSOE-BNG. Ao longo de estes anos, nengún dos gobernos devanditos nen dos partidos da oposición prantexou o cumprimento da obriga legal de iniciar o estudo de un Plan de Ordenación dos Recursos Naturais e polo tanto a ría segue sofrindo un deterioro ambiental progresivo e vanse perdendo oportunidades, en primeiro lugar de conquerir o coñecemento imprescindible para correxir as eivas detectables e en segundo lugar para aplicar normas eficaces na mesma dirección. Tampouco nos concellos de Castropol, Vegadeo, San Tirso de Abres e Trabada, pesie ao enorme despoboamento e decrecemento que veñen sofrindo nestes 30 aos ten xurdido nengunha voz, nen nos gobernos nen nas oposición que quixese levar a protección da ría a algún pleno e de aquí á respectiva comunidade autónoma e ao gobernó central.

    Compre lembrar que un PORNA non é un so unha disculpa para contar os páxaros e pasar o tempo como siguen pensando algúns. O PORNA é un traballo de longo percorrido para estudar todolos factores que inciden nun espazo como é a Ría de Ribadeo, incluíndo os elementos biolóxicos, a sedimentación, as correntes, a contaminación, o impacto das obras, os verquidos etc. Finalmente o PORNA é, ou pode ser, un recurso chave para coñecer porqué se acabaron os longueirós, os berberechos, as anguias, as lampreas etc. e polo tanto un medio de desenvolvemento económico e recuperación de recursos propios e naturais que sigue estando ahí e non somos quen de aproveitar porque botamos o tempo facéndonos fotitas asubiándolle ao nordés.

    Pero tamén podemos seguir así, tan contentos de ternos coñecido.

    Evaristo Lombardero Rico

    Abril 2021

20221216

Manifesto da Outra Xente. Para ler e/ou asinar

    Deixo a continuación o manifesto e a ligazón para asinalo.

Manifesto da Outra Xente

Vivimos un tempo de emerxencia planetaria. Cómpre poñer fin á guerracontra a natureza. Poñer fin aos procesos de extinción. Acabar cos asasinatosecolóxicos en masa contra a Outra Xente.

É hora de descolonizar e desescravizar a nosa mente. O respecto á OutraXente, á natureza, é tamén a nosa emancipación. Sen a biodiversidade non haberálugar para o ser humano.

Fronte ao fanatismo da sobreexplotación ilimitada debemos abrir paso aun decrecemento, entendido como unha nova abundancia. Abundancia no benestar con e coa natureza. Temos que renaturalizármonos para reencantarnos coa nai terra.

Chegou o intre de pensar en ampliar os dereitos da outra xente e espallar de xeito universal leis que a defendan fronte a todo tipo de ecocidio.

Hai que actuar. O primeiro paso, a primeira revolución, é comezar aescoitar as voces da Outra Xente. 

Para unirse, podes facelo aquí.

20200530

Alcoa na Mariña: tan lonxe, tan preto


   Alcoa, no corazón da Mariña, está estes días tamén na cabeza dos mariñáns. Sen ir máis lonxe, mañá mesmo, domingo 31 de maio, terá lugar unha concentración en Ribadeo co lema 'Alcoa non se pecha'.
   Era o 1998 cando unha industria pública española se vendeu ó sector privado estranxeiro para rematar hoxe sendo propiedade de Aluminum Company of America. Coido que é preciso dicilo con todas as letras: a 'nosa' Alcoa é -se lle imos poñer patria ó capital- norteamericana. É dicir, iso de que está no corazón da Mariña e na cabeza dos mariñáns é en certo xeito equivalente a dicir que unha película está no noso corazón e na nosa cabeza: consumímola, formamos parte do seu mercado... pero non é nosa por moito que nos guste, nos encha ou sexa un icono para nós. E aí están os créditos da película para lembrárnolo.
   O dos créditos lévanos a outro tipo de consideracións: os cartos recibidos pola multinacional -non pola fábrica- en forma de subvencións e regalías. Cartos, en parte, dados de xeito directo para empregar en manter un emprego que agora se desvanece. Ou unha tarifa eléctrica -controvertida polo período de aplicación, segundo a empresa- que pode non ter o mellor deseño posible, pero que significa unha enerxía varias veces máis barata que a que pode pagar calquera de nós -outras empresas incluídas-. Mentres, o tema da contaminación, os lodos vermellos, quedan a outro nivel, desaparecen de escea de xeito periódico, por moito que a balsa quede aí por tempo indefinido como unha bomba a estoupar en calquera momento.
   E é que da industria aluminera depende a terceira parte do PIB da provincia. Tanta é a importancia dada, que ata se pretendía facer unha central nuclear para a súa alimentación -cousa que parece esquecida- e foi fundamental para a vida da maior contaminante en moitos, moitos quilómetros á redonda, a central térmica das Pontes. Si, esa en trance de desaparición, o que representou un aviso máis dos moitos espallados no tempo que foron advertindo de que a planta de aluminio non era para sempre.
   Pero, como xa tentou e impuxo no seu momento Margaret Thatcher, 'There is not alternative': non “hai” alternativa, hai imposición, ou o tomas ou o deixas. Tanto na negociación dos convenios como na presión para recibir axudas, sempre necesarias, sempre demasiado poucas, sempre cos traballadores como forza de choque para o beneficio da empresa. Ou, sinxelamente, para a procura doutras posibilidades. Si, pois, o mesmo que no 'Plan E' para combater o desastre da construción os fondos empregábanse sobre todo para construír/asfaltar, aquí non xurdiu nin unha empresa que aumentara o valor engadido do producido, para canto máis pensar na diversificación industrial ou nun tecido que atenuara os posibles contratempos. É aínda agora o día no que se procura presión para 'non pechar Alcoa', non para producir rendibilidade ou procurar alternativas. O do decrecemento? Non entra nin na axenda. Xógase á contra. E cando se xoga á contra, as probabilidades van contra un.
   Foi avisado. Pero iso non xustifica nin a inacción nin a defensa a ultranza. Os afectados somos todos. E mesmo quen menos, máis do que parece.

20211125

#eolicosnamarinhaasinon


   Despois do anuncio de que A Mariña e o mar limítrofe sería puntos de construción de novos parques eólicos, a xente púxose en marcha. A visión desarrollista, sen interese real polo medio, propia de mediados do século pasado, xa non ten cabida hoxe nun mundo de recursos escasos onde se contempla o decrecemento e se tenta procurar o equilibrio coa natureza como opcións de futuro.

    O movemento non está só; de feito, onte mesmo o concello de Foz alegou contra a pretensión de instalar o parque eólico 'Fonte Barreiros', que abrangue dende o concello de Foz ata o de Ribadeo, nota que deixo ó final.

    O caso é que o pasado fin de semana, houbo unha xuntanza máis da plataforma #eolicosnamarinhaasinon en Foz. A destacar que a plataforma é aberta, é dicir, pode sumarse xente, é distribuída, é dicir, as tarefas distribúense, o mesmo que se aportan ideas e se tenta facer o traballo de xeito cooperativo, é indepenente, é dicir, non ten ligazóns con partidos ou ideoloxías, e non é inxenua: sabe o camiño que ten por diante.

    Na acta da xuntanza cabe reseñar diversas accións, todas comanditarias, para explicar o movemento -a nivel logal e xeral-, presentar unha fronte común coas outras plataformas de Galicia ou comezar as protestas efectivas. Para iso, poñeranse en contacto con concellos, asociacións de veciños, de mariñerios, etc, procurando algutinar a maior cantidade de xente e asemade, a súa integración na rede creada. A reseñar que unha comunicación máis continuada e extensa do que se vai facendo ou se pretende facer, ou o xeito de poñerse en contacto, pode atoparse en https://www.facebook.com/eolicosnamarinha.asinon (Eólicos na Mariña, así non)

--

    Nota de prensa do concello de Foz:

Foz, 24 de novembro de 2021. O Concello de Foz presentou alegacións ao Estudo de Impacto Ambiental e á solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Fonte Barreiros, de 96 MW, e da súa infraestrutura de evacuación.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, indica que o Concello de Foz “actúa sempre de forma seria e responsable: informándonos, contactando con técnicos solventes para estudar a documentación e presentando alegacións en todos aqueles puntos que podan ser prexudiciais para veciñas, veciños e o patrimonio do noso concello. Neste sentido, o proxecto do parque eólico Fonte Barreiros presenta incongruencias, erros e falta de estudo en moitos puntos”.

O rexedor municipal engade: “aínda que neste caso -a diferenza do proxecto denominado Borrasca- non se proxectan aeroxeneradores en Foz, o parque Fonte Barreiros si ten un impacto claro coa liña de alta tensión proxectada. Volve producirse o mesmo erro doutros proxectos, de duplicar liñas de tensión con trazados paralelos cando a normativa esixe que se aproveiten os trazados das actuais adaptando as infraestruturas, para evitar un maior impacto. Ademais no barrio do Carme, en San Martiño, a liña pasa en aéreo sobre solo clasificado como núcleo rural e edificable, non respectando a normativa. Hai que aterse tamén ás disposicións do PXOM, é o legal e o que procede”.

Nas alegacións tamén se encontraron outras faltas, como obviar o anteproxecto ou o proxecto de trazado da autovía da Mariña A-74. “É un documento incompleto que non respecta as características do entorno”, remata o alcalde de Foz.