Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta illa de pascua. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta illa de pascua. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20220418

Que se fale, aínda que sexa mal

Que se fale, aínda que sexa mal

    A propaganda é así. A mera presenza dun obxecto, a visibilización dun servizo, xa é un anuncio, e como tal, pode rendibilizarse.

    Alédome pola sentencia de xa hai un mes, na que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia reitera que a illa Pancha debe permanecer aberta ó público. Non en vano o grupo Por Nuestro Faro, do que formo parte, levamos defendendo iso mesmo máis dun mandato local, e ben antes de que entrara a formar parte da axenda do concello. E alédame, aínda que o resultado sexa ambivalente co sistema actual, que obvia a supremacía do poder privado sobre o comunitario, e mesmo sobre o que se chama 'público', e cunha sentencia que só o limita nunha parcela do conglomerado de vulneracións arredor da illa Pancha.

    Unha nota: si, a illa Pancha estaba -e está- cerrada ó paso, a non ser que sexa hora de consumo na cafetería (a tempada que abre) ou vaias hospedarte ós apartamentos. Neste último caso, como di a propagandado establecemento, terás unha illa para ti. En caso de que non sexas ese 'ti', quedarás a velas vir e ir. Para enterarse, chegaba con ir por alí se non se fia da propaganda dos apartamentos. Ou ver fotos en internet, coa cancela cerrada, ou coa nota que transcribo: 

/Pero como tenéis tanta cara GETAS que os adueñais de todo

Poner lo que querais, pero dejar el paso abierto. Todos queremos disfrutar de las vistas

Solo nos quereis para pagar impuestos y que tragemos con todo/


    Seguimos.

    Hai propaganda, e nas novas, a actuación seguida no tempo de Por Nuestro Faro, que levou avantaxe á tímida acción institucional, desaparece. Desaparece guiada polas liñas dunha nota de prensa do concello de difusión controlada para impactar: a noticia prodúcese o 22 de marzo, data da sentencia, mentres a difusión atrásase ata o 13 de abril, xusto no comezo da campaña de Semana Santa. Desaparece nunha nota na que se ignora o feito de que o concello sumouse a posteriori e cunha defensa da illa cualificable de parcial; non só por ser defensa de parte, senón por consideración de só parte das circunstancias. Sentencia por certo que só vén corroborar outra anterior.

    Propaganda é dar a nova ós pés da Semana Santa, pero tamén noutros aspectos. Dicir que a porta ten que estar aberta xusto cando abriu a cafetería para a tempada... que é? E propaganda é dar difusión a algo que, un mes despois, segue sen acatarse (e sen facer que se acate).

    Cando escribo isto é Domingo de Pascua, remate da Semana Santa, polo tanto xa con baixo impacto propagandístico. Mañá estará aberto o paso en horario no que a cafetería está cerrada? Estará suspendida a licenza por desacato?

    Mentres, seguirá a haber ocultación de información sobre feitos na illa. Pode funcionar unha foxa séptica nun establecemento hostaleiro así? Verque ó mar? A seguridade dos visitantes, quen a garante, despois de estar contempladas por contrato medidas que non se advirten? Un novo camiño na illa non atenta contra o ser zona de conservación protexida? Por que, se a concesión é dunha parte moi limitada da illa, se anuncia unha illa enteira só para os hóspedes (e é en realidade así, dada a exclusión do resto da xente) como se estivera arrendada toda a illa? Que pasou coa unlla de gato arrancada e literalmente tirada nun montón na baixada á ponte? Por que non se deu difusión en Ribadeo á convocatoria para a concesión? Que informe positivo fixo o concello previo á ratificación ministerial para a posibiidade dun establecemento hostaleiro na illa? Por que non se prestou oídos nin ós informes do Defensor del Pueblo, nin á fiscalía?

    A anterior é só unha mostra de preguntas sen responder...


20211029

O futuro? Pasa polo de decremento. Infórmate


    Mañá sábado 30 de outubro, ás 18:30, terá lugar no Cine-teatro de Ribadeo a presentación da rede para o decrecemento mediante a do libro de textos extraídos do I Congreso sobre Decrecemento, "Decremento: construíndo alternativa".

   Iván Rodríguez Lombardero, Isabel Villalba Seivane e Miguel Anxo Abraira, achegaránse a falar nuntempo para falar do importante entre tantas urxencias que non nos deixa ollar alén das árbores máis achegadas”.

   Un tempo para enterarnos, e, se cadra, concienciarnos dun futuro que é xa, inminente. Sobre iso, unha idea: algunha vez teño xa falado do blog sobre a illa de Pascua e a historia que me contaron sobre ela, que de xeito resumido sería algo así: A illa de Pascua tiña unha comunidade relativamente próspera, e a illa mantíñase como sistema ecolóxico. Mais a poboación e o consumo aumentou, a illa talouse para conseguir enerxía e alimento e convertiuse nun lugar desanxelado onde poucas cousas medran sen dificultade. A poboación pasou fame e o sistmea social físoxe máis primitivo, de xeito que cando chegaron os 'descubridores' atoparon unha sociedade moi udimentaria onde mesmo se practicaba o canibalismo e que non podería ter sido capaz de facer os moais, as xigantescas estatuas en pedra que son o símbolo da illa e o alicerce turístico que move a súa economía actual. Saíron do sistema no que caeron por o resto do cumndo. Pero na actualidade, é o mundo enteiro o que está a caer no furado. Virán os extraterrestres sacarnos del?

20070420

A intelixencia colectiva e Ribadeo

Puido chamar a atención no último pleno que máis ou menos todos os líderes politicos fixeran gala da intelixencia popular, como querendo flirtear con ela e levar o gato a auga. En momento como ese penso que non existe tal intelixencia popular en abstrato, senón marcada pola estrutura desa 'intelixencia'. Casos para asustarse cando se fai fincapé nela hai abondos. A ascensión de Hitler ó poder, por exemplo (non tivo maioría absoluta, pero chegou arriba por un sistema democrático), a destrucción do ecosistema e radical empobrecemento absoluto e vital da comunidade de habitantes na illa de Pascua (outro día poñerei un vello artigo sobre o tema), ou o actual desequilibrio ecolóxico serían tres exemplos. Hai máis de medio século que se escribiu 'Masa e poder' ou aínda 'A rebelión das masas' para saber que esa intelixencia colectiva, con determinadas estruturas subxacentes, é irracional, e polo tanto non aproveitable en xeral a non ser para considerar a súa condución por intereses capaces de lograr o poder de antemán. Coa nova ascensión das redes en internet estánse a manifestar outras estruturas intelixentes que si serían máis autónomas, construtivas e colaborativas (polo momento, e cos seus erros, aí están a wikipedia e a súa versión galega, a galipedia, para amosar frutos deste tipo de intelixencia colectiva) pero ás que, co retraso en sumarse o noso estado ás novas formas da tecnoloxía, Ribadeo non se pode chamar polo momento. E tampouco é bó exemplo ou ensinanza a que da a miúdo a corporación tomando o adversario como inimigo, ou tomando literalmente como certo o chiste de 'el Roto' no 'El País' do pasado luns 16, e cito a frase vertebral do mesmo: 'El que no haya derecha ni izquierda no significa que no haya arriba y abajo', o que dito por unha persoa manifestamente máis opulenta que o adversario na viñeta pode ilustrar un pouco máis o que citei antes da 'estrutura da intelixencia colectiva' que se trata de engatusar, dirixir e engaiolar.

20071016

A ría e o ártico



Despois do premio Nobel a Al Gore, é lóxico que se lle de algunha volta ó tema da contaminación e cambio climático. Volve hoxe, por exemplo, a saír na prensa que nunha xeración quedamos sen xeo no Ártico. Eso fará que a temperatura media do mar aumente máis rápidamente (aínda que non houbera desxeo na antártida), que suba o nivel do mar en consecuencia e que a ría poda ter máis calado, evitando paisaxes como a que poño hoxe, tomada a semana pasada en Reme. Non sei se será bo para a ría, pero estou seguro que será malo para nós.
Poño asemade unha imaxe escaneada do envoltorio en cartón dunha lata de conservas. Da indicacións de que todo é reciclable, pero... o caso é que para eso hai que botalo no contedor adecuado, cada cousa por separado, e darlle máis enerxía. É unha ventaxa que sexa reciclable, pero a lata e o envoltorio levan materiais, e aínda que sexa para reciclar, require tamén un transporte. É dicir, mentras que se usen latas, aínda mellorando os procesos, imos seguir emitindo contaminación ó ambiente. Que facemos? Non usar latas? Lémbrome agora da historia da illa de Pascua: desenvolvemento, aumenta da poboación, esgotamento dos recursos por sobreconsumo e logo baixón no nivel de vida, número de habitantes, fame ... por non ter os medios para manter o consumo aínda máis baixo dos niveis ós que chegaron para máis persoas.
A nivel humanidade, sempre houbo problemas de supervivencia e ameazas. Serán os problemas que temos agora os definitivos? Pode. Mentras que o averiguamos, podemos ir facendo práctica de vida responsable (máis que de 'consumo responsable') ... eso nunca ben mal.