20060910
Unha nota de prensa de Adega respecto á piscifactoría (2ª de hoxe)
Santiago, a 10 de Setembro do 2006
ADEGA PIDE QUE A PISCIFACTORÍA DE PESCANOVA DESPRAZADA DE CABO TOURIÑAN A RIBADEO SE APROXIME AOS LINDES DO POLÍGONO INDUSTRIAL EN TRAMITACIÓN
O chamado Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria que o governo anterior, -da mán do exconselleiro de Pesca, D. Enrique López Veiga, nos deixou en herencia-, non consistía máis que nun mapa cos lugares elexidos polas empresas do clúster de acuicultura, sen outros criterios que os de fácil acceso á auga do mar e reducidos costes de expropiación. Nada importaba que se tratara ou non de espazos protexidos ou de paisaxes singulares e así resultou que dun total de 23 parques iniciais, 13 afectaban a espazos protexidos ou que mereceran ser considerados como tais. Entre estes estaban, a piscifactoría do Sr. Alvárez-Cascos en Rinlo-Ribadeo (hoxe paralizadas as obras por decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza) e a piscifactoría de Pescanova en Cabo Touriñán, ambas as dúas en idéntica situación administrativa: estudo de impacto ambiental favorábel e proxecto sectorial aprobado no último consello da Xunta de Galiza presidido por D. Manuel Fraga.
Aínda que a actual Consellería de Pesca, de forma incoerente, tén acordado, -a pesares das múltiples irregularidades do Plan (fáltalle avaliación de impacto ambiental e informe urbanístico da consellería de Ordenación do Territorio)-, continuar adiante co Plan de acuicultura do Sr. López Veiga, hai consenso entre Pesca e a Consellería de Meio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel en facer respetar os espazos protexidos da Rede Natura, obrigando así a Pescanova a buscar outra ubicación para a piscifactoría de cabo Touriñán e a Stolt a buscar outra para a piscifactoría nos lindes do Parque Natural de Corrubedo.
A nova proposta de ubicación para a piscifactoría desprazada de Cabo Touriñán ven a ser agora a punta de Pena Corveira ou Pena do Corvo en Ribadeo, nun área de apenas un quilómetro de ancha entre o LIC de As Catedrais e o LIC e tamén ZEPA da Ría do Eo. Trátase dun área dentro da rasa costeira cantábrica á que aínda non tiña chegado a presión urbanística do litoral e de importante valores paisaxísticos na que, ademáis, podemos contemplar un castro no que aínda son ben visíbeis os seus muros perimetrais. Dende o punto de vista ecolóxico, esta área comparte a mesma xeoloxía, edafoloxía, condicións climáticas, etc, dos LICs colindantes nos que se constata a existencia de valiosos hábitats prioritarios: o *4020, Uceiras húmidas atlánticas de erica ciliaris e erica tetralix, ou o *4040, Uceiras secas atlánticas costeiras de erica vagans e Ulex maritimus. A escasa presencia destas especies nesta área na que está prevista a ubicación desta granxa mariña de engorde de peixes planos non é debida máis que a tratarse de parcelas aínda traballadas para uso agrario, cumplindo cos criterios do anexo III da Directiva 92/43 para a selección dos lugares de importancia comunitaria. E, en tal sentido, tanto dende ADEGA como dende a Federación Ecoloxista Galega, vimos solicitando reiteradamente a conexión destes dous espazos protexidos que só se entende que quedaran no seu día desconectados non polos seus valores ecolóxicos senón por, máis que seguramente, por intereses da especulación urbanística.
En base a isto, ADEGA pide da Consellería de Meio Ambiente que se atenda a solicitude de ampliación da Rede Natura que se tén presentado xa no principio desta lexislatura conectando estes e demáis espazos da Rede Natura do litoral de Lugo e pide da Dirección Xeral de Recursos Mariños que se lle propoña a Pescanova desprazar esta instalación ata os lindes do polígono industrial que se está iniciando en Ribadeo, de forma que, -ademáis de aproveitar os servizos propios do polígono-, permita dar coerencia a estes espazos da Rede Natura e preservar os valores paisaxísticos e ecolóxicos de toda esta zona costeira. Para facilitar isto, ADEGA propón que, dos fondos anunciados pola Ministra de Meio Ambiente para a adquisición de espazos protexidos no litoral, se solicite, por parte da Consellería de Meio Ambiente, a recompra das parcelas adquiridas por Pescanova a cambio tamén de facilitarlle a cesión de terreos necesarios dentro do polígono industrial.
Noutra orde de cousas ADEGA pide a redaccción por parte da Empresa dun nov Estudo de Impacto Ambiental que subsane carencias tan importantes como a falta dun estudo sobre o patrimonio, sobre o impacto dos vertidos ao mar ou da escombreira que resulte de rebaixar a cota do solo dende 15 m. ata os 7 m. sobre o nivel do mar.
Pide tamén ADEGA que, en todo caso, se proceda á apertura dun novo período de exposición pública para cumplir a lexislación de avaliación ambiental no que respecta a que o Estudo de Impacto Ambiental ten que facerse de forma conxunta coa exposición do proxecto, cousa que, -como xa se anuncia na publicación do DOG-, non se fixo coa exposición pública da documentación na Delegación Territorial de Pesca de Cervo onde só estivo a exposición pública o estudo de impacto ambiental.
20220831
Por Nuestra Faro agarda novas do Defensor del Pueblo
AVV Por Nuestro Faro
Nota de prensa
31 de agosto de 2022
Por Nuestra Faro agarda novas do Defensor del Pueblo
O pasado 22 de Agosto a AAVV “POR NUESTRO FARO” dirixiuse de novo ao defensor del Pueblo solicitando información sobre a situación da nosa queixa remitida. O motivo desta última queixa foi a falla de Estudo de Impacto Ambiental no proxecto da cafetería que ven funcionando na Illa Pancha dende Agosto de 2021.
Os antecedentes son os seguintes: O 19 de maio de 2020 o concello de Ribadeo aprobou o proxecto de obra da cafetería despois de tramitalo no segredo dos despachos en plena pandemia do Covid 19. O 20 de xullo seguinte, a AAVV “POR NUESTRO FARO” presentou un recuso de reposición pola falla de Estudo de Impacto Ambiental no devandito proxecto. O noso argumento era sinxelo: Se os apartamentos tiñan que estas suxeitos ao Estudo de Impacto, con mais motivo o tería que esixir o proxecto de cafetería engadido ao anterior. A resposta do Concello tamén foi sinxela: Agora non procedía o Estudo de Impacto. Xustificación xurídica: ningunha. Deseguido o noso colectivo presenta unha queixa ao Defensor del Pueblo que nos resposta o día 2/XI/21. Da sua resposta resumimos os dous puntos mais significativos:
1º E preceptivo que os Estudos de Impacto Ambiental se realicen ANTES DE DAR AS LICENZAS.
2º O Concello resposta con evasivas ao Defensor sobre o Estudo de Impacto. (Comentario noso: Resulta obvio que non existía, dado que eso foi a sua resposta ao noso recurso).
O paso seguinte do Defensor é solicitar informes da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, pero esta aínda non respostara en marzo de 2022, polo que a oficina do Defensor vese obrigada a reiterar a petición de informes naquela data. Agora, seis meses despois da última comunicación desta oficina ao noso grupo, temos que dirixirnos de novo ao Defensor para tentar actualizar esta información tan sinxela: ¿Hai Estudo de Impacto Ambiental ou non o hai? ¿Que está sucedendo? Que a Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo están toureando ao Defensor del Pueblo e desautorizando a súa función para dar largas e consolidar a privatización ilegal da Illa Pancha.
Xa temos demostrado en numerosas ocasións que non hai unha soa denuncia presentada polo noso grupo que non se axustase a verdade e á normativa legal vixente en Europa e no Estado Español. Hai un mes que a Autoridade Portuaria, despois de darlle mil voltas durante sete anos e de tramitar un expediente de todo punto ilegal dende o primeiro día, obrigou a abrir as portas de acceso dentro de un horario limitado.
O Concello de Ribadeo non fixo mais que abeirarse aos criterios (e intereses) da Autoridade Portuaria poñéndose de costas aos informes xurídicos do Defensor del Pueblo. Debemos suliñar mais unha vez que non existe ninguna xerarquía administrativa entre os concellos e as autoridades portuarias, polo tanto o concello de Ribadeo é libre e independente á hora de conceder as licenzas e se decide abeirarse á Autoridade Portuaria é por unha decisión puramente política da sua exclusiva responsabilidade.
Quedamos na agarda da resposta do Defensor e anunciamos que haberá novas frescas nos próximos días.
20230307
Nota de prensa: Por Nuestro Faro pide ó alcalde que aplique a lei
![]() |
| A illa Pancha, a vista de satélite |
Por Nuestro Faro pide Ó alcalde que aplique a leI
Tras o informe dol Defensor del Pueblo recibido pola asociación e polo alcalde de Ribadeo o pasado mes de febreiro, Por Nuestro Faro tense dirixido ó alcalde para pedirlle que aplique canto antes as resolucións concluíntes de esa institución.
A queixa enviada ó Defensor por parte da nosa asociación tiña como orixe o procedemento administrativo seguido polo Concello de Ribadeo para aprobar a licenza de apertura da cafetería da Illa Pancha, sen ningún tipo de informe medioambiental.
O correo enviado ó sr. Alcalde di textualmente :
« Como Vde. recordará ou terá constancia polos arquivos do Concello, o proxecto de cafetería foi aprobado pola Xunta de Goberno do Concello de Ribadeo o día 19 de maio de 2020, ou sexa dentro do período de confinamento, cando as oficinas do Concello non estaban abertas ao público, sen que existise un motivo de urxencia xustificado e un mes antes de que o noso grupo poidese acceder ao expediente.
O día 20 de Xullo de 2020, dentro do prazo legal, o noso colectivo presentou un Recurso de Reposición en base ao argumento seguinte: se o proxecto inicial dos apartamentos turísticos requería a realización dun Estudo de Impacto Ambiental Simplificado para evaluar a posible afección aos obxectivos de conservación da Rede Natura 2000 -e así foi admitido pola Autoridad Portuaria-, resultaba obvio que debera ser preceptiva a realización do devandito estudo diante dun novo proxecto de cafetería aberta ao público que multiplicaría os impactos do proxecto inicial.
Con todo o Concello de Ribadeo rexeitou o noso recurso, e sen base xurídica algunha respostounos que os informes do Defensor del Pueblo facían referencia ao proxecto inicial e non serían de aplicación á nova cafetería prevista no segundo proxecto. Unha resposta que cualificamos de incoherente e que só agochaba a decisión de non avaliar os innegables impactos do segundo proxecto. Tamén era evidente a falacia de afastar os impactos do primeiro proxecto dos do segundo, negándose a aplicar a normativa vixente nun espazo da Ría de Ribadeo afectado pola Rede Natura 2000, como ven recollido no art. 7.2 da lei de Impacto Ambiental 21/2013 de 9 de decembro. »
Todos estes extremos foron notificados ao Defensor del Pueblo que xa con data do 2/11/21 nos notificou, como tamén ao Concello de Ribadeo, que “os procedementos establecidos na Lei 21/2013 de Avaliación Ambiental, deben ser previos á autorización sustantiva; e tamén aos actos municipáis de intervención, tanto no outorgamento de licenzas como de supervisión de comunicacións previas, de acordo con a lexislación urbanística”.
O Defensor del Pueblo no seu último informe do pasado mes de febreiro expresa que «el certificado de no afección del proyecto a la red Natura 2000 en la medida en que excluye una evaluación reglada en un gran número de supuestos, debe estar suficientemente motivada conforme a la ley y, por tanto, debe incluir todos los efectos apreciables que puedan producirse durante la ejecución y explotación del proyecto y estar referida a los objetivos de conservación del espacio, de manera que quede acreditado que no se afecta a la integridad de dicho espacio.» […] «Si no se valoran todos esos efectos, no puede decirse que la valoración haya sido adecuada ni que la Administración se haya asegurado de que el proyecto no perjudica la integridad del espacio».
Agora Vdes teñen, como temos nos, a evidencia documental e xurídica de que veñen mantendo un procedemento administrativo irregular, ou sexa fora da norma esixida, e que os dous proxectos de Apartamentos e Cafetería na Illa Pancha, desdobrados por unha decisión inxustificable, deberan ter sido sometidos ao preceptivo Estudo de Impacto que esixe a lexislación devandita.
En consecuencia, pedimos ao Concello de Ribadeo que teña en consideración os informes do Defensor del Pueblo, aplique a lei, rectifique e revoque as decisions tomadas á marxe da esixencia legal do Estudo de Impacto Ambiental, e no caso de que non se realice urxentemente queden sen efecto as licenzas de actividade dos apartamentos e da cafetería da Illa Pancha. »
A VV Por Nuestro Faro
20200724
RECURSO DE REPOSICION. Por nuestro faro
![]() |
| Zona de illa Pancha. En fondo verdoso, o que abrangue a Rede Natura 2000. Imaxe Sigpac. |
20220106
Non lle pido ós reis, abogo por xustiza. Evaristo Lombardero
Esta é unha alegación que presentei a este proxecto xunto co grupo Eólicos na Mariña, así non. A intención era que houbese unha alegación que puxese en primeiro plano os temas relativos á saúde. Esto é un refundido de varios documentos que me chegaron pero gustaríame seguir traballando no tema e se hai persoas interesadas ter un contacto para ver de engadir máis aportacións. Gustaríame suliñar que o proxecto contempla grandes movementos de terras e maquinaria xunto da presa de Lexoso, onde se atopa unha das tomas da auga de bébeda de Ribadeo e mais en un ensanchamento da pista que vai paralela ao rego de Noceda que tamén surte á devandita presa, pero na memoria do proxecto o encoro de Lexoso NON EXISTE. Pola sua banda o Concello de Ribadeo non ten decidido se vai presentar alegacións cando faltan 5 días para que se peche o prazo.
SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
Área de industria e Enerxía
Praza de Ourense, nº 11, A Coruña, C.P. 15003.
Don Evaristo Lombardero Rico, con DNI: Nºxxxxxxxxxx, con domicilio a efectos de notificacións en xxxxxxxxxxxx, Piñeira, municipio de Ribadeo, provincia de Lugo, teléfono xxxxxxxxx.
EXPÓN:
Á vista do Anuncio da área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico “FONTE BARREIROS” de 96 MW e a súa infraestrutura de evacuación na provincia de Lugo; BOE de Lugo número 246 de data 14 de outubro de 2021; Código do proxecto: Peol-383; e á vista da corrección de erros publicada no BOE número 282 de data 25 de novembro de 2021, por medio do presente escrito realiza as seguintes alegacións:
1)INSUFICENTE CALIDADE DO E.I.A.
-
A execución do Proxecto do
Parque Eólico Fonte Barreiros leva aparellado o correspondente “Estudo
de Impacto Ambiental”, e tralo seu análise, considérase incompleto e
insuficiente.
Abonda dicir que adica 69 páxinas a resumir o proxecto avaliado mentres
abondan 10 páxinas para todo o inventario do medio natural e
socioeconómico: as características climáticas, xeolóxicas, das augas,
solos, vexetación, fauna, paisaxe, medio social, actividades
económicas. Do mesmo xeito, os inventarios de espazos naturais,
especies e bens patrimoniais son meras listas carentes dunha análise
alén da propia enumeración.
Este deslexo amósase tamén nos apartados adicados a identificación de impactos e a súa avaliación, carente de xustificación algunha nin base científica. Nos seguintes puntos faise unha somera relación dos aspectos nula, insuficiente ou deficientemente tratados no EIA, particularmente no que atinxe á saúde humana, consierándose que DEBERA SER REXEITADO POLA SÚAS DEFICIENCIAS.
A traida municipal de augas de Ribadeo ten un punto de abastecemento na PRESA DO LEXOSO, abastecida polo rego do mesmo nome e máis polo rego de Noceda. Obviamente trátase de un punto da máxima sensibilidade localizado nun lugar inmediato a onde o proxecto ten previsto importantes movementos de terra, pol tanto con presencia e actuación de grandes máquinas excavadoras e de transporte. Sin embargo este punto de alto risco non está identificado no inventario e non se teñen en conta os probabeis verquidos e impactos sobre a auga de bébeda e consumo humano, nen os graves efectos que pode ter sobre a saúde pública que non están avaliados no EIA.
3) IMPACTO ACÚSTICO
O impacto acústico dos parques eólicos, xerado tanto pola mecánica como da aerodinámica da súa actividade, representa un dos principais impactos para as persoas, a fauna e os hábitats, polo que a análise profunda nesta materia resulta imprescindible. Porén, neste caso o Impacto Acústico derivado da actividade do propio parque unha vez iniciada a súa vida útil resulta insuficiente, vago e impreciso. De feito, o estudo non revela os factores tidos en conta no modelado do ruido xerado e a súa trasmisión, aínda que polo resultado obsérvase que non se tivo en conta o vento, e que se empregou un modelo que trata o ruido coma se estivera xerado por unha fonte puntual e omnidireccional, cousa xa superada na actualidade. Pola outra banda, non se fixo unha análise diferenciado por bandas de frecuencia pese ás evidencias científicas da diferente capacidade de trasmisión e efectos entre entre frecuencias altas e baixas.
4) RADIACIÓN ELECTROMAGNÉTICA
O estudio non recolle o nivel de “RADIACIÓN ELECTROMAGNÉTICA” emitida polos aeroxeneradores ás liñas eléctricas, nin o impacto sobre a saúde dos habitantes da zona nin á fauna. No momento actual xa hai abondos estudos que relacionan as concentracións da hormona melatonina co desenrolo de diversos tipos de cáncer. Existen evidencias científicas de que a melatonina podería suprimir a formación de algús tumores polo que unha radiación que reducise a producción de melatonina en humanos, estaría relacionada con aquelas enfermedades (ver publicacions científicas de Boorman et al., 1999, McCormick et al., 1999, Lagroye et al., 2011, ou a de World Health Organization, 2002, concretamente os Capítulos 4º y 5º). Cada vez hai menos dúbidas no mundo científico de que existe unha relación directa entre a exposición a campos electromagnéticos e diversas afecciones á saúde. Son abondo coñecidos os estudos da Universidade de Oxford (Draper et al., 2005) que relacionan este tipo de contaminación ca leucemia infantil ou co incremento de cancro infantil. Outros autores tamén atoparon risco de contraer leucemia infantil en fogares con nenos a menos de 600 m de líñas de outa tensión (Copes, R., & Barn, P. (2008). A Alianza Internacional de Campos Electromagnéticos (IEMFA) publicou no 2011 un informe e declaración de consenso científico sobre os riscos dos campos electromagnéticos (http://www.iemfa.org/seletun-statement/), incluidos os de frecuencia extremadamente baixa, como os que se xeneran nas líñas de outa tensión ou nas estacions eléctricas transformadoras (v.gr. Sirav et al., 2014).
5) OUTROS IMPACTOS SOBRE A SAUDE
Ademais do devandito impacto dos ruidos a contaminación lumínica, las ondas sónicas de baixa frecuencia, as ondas electromagnéticas e otros actúan de maneira individual e sinérgica, con efectos que se potencian en función da proximidade das persoas as instalacions, así como o tempo de exposición. Outos niveis de ruido xenerado polas turbinas eólicas (aeroxeneradores) asocianse ca prescripción de medicamentos para durmir e antidepresivos entre os ancians, o que suxiere que o ruido ao aire libre xenerado polas turbinas eólicas pode estar asociado ca perda de calidade do sono e a saúde mental. (Poulsen et al., 2019).Asemade teñense descrito o impacto de ions na calidade do sono mediante a interrupción obxectiva do mesmo, reflexada por unha maior frecuencia de despertares, proporción reducida de sono en fase mais fonda, ou a reducción do sono na fase N2 (e.g. Smith M.G. et al., 2020).
Dos anteriores argumentos desprendese a recomendación de aplicar, nos parques eólicos, maiormente en casos como o actual no que se proxecta a instalación de enormes estructuras escasamente estudadas a nivel mundial e mesmo nas instalacions eléctricas de outa tensión, o Artígo 3 da Ley 33/2011, de 4 de outubro, General de Salud Pública, sobre o principio de precaución, que di “La existencia de indicios fundados de una posible afectación grave de la salud de la población, aun cuando hubiera incertidumbre científica sobre el carácter del riesgo, determinará la cesación, prohibición o limitación de la actividad sobre la que concurran.”
Asemade invocaremos aquí o artigo 43 da Constitución Española que di:
1. Se reconoce el derecho a la protección de la salud.
2. Compete a los poderes públicos organizar y tutelar la salud pública a través de medidas preventivas y de las prestaciones y servicios necesarios. La ley establecerá los derechos y deberes de todos al respecto.
3. Los poderes públicos fomentarán la educación sanitaria, la educación física y el deporte. Asimismo, facilitarán la adecuada utilización del ocio.
SOLICITA:
1º.- Que se teñan por presentadas as anteriores alegacións dentro do prazo e forma establecidos, e seguindo o legal transcurso do procedemento se acepten e no momento oportuno se produzan as necesarias modificacións no expediente de referencia.
2º.- Que como parte interesada, me realicen tódalas notificacións que procedan, e de acordo co artigo 86.3 da “Ley 30/1992, de 26 de novembro, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y el Procedimiento Administrativo Común”, solicítase a esta Administración que remita resposta razoada e xustificada a tódalas alegacións presentadas.
3º.- Que a Declaración de impacto ambiental se considere negativa ou desfavorable, en razón dos datos expostos no presente documento de alegacións, e que non se outorgue a Autorización administrativa previa do parque eólico Fonte Barreiros, e en consecuencia se desestime a execución do proxecto. Que non se outorgue a Autorización administrativa previa.
Ribadeo, cinco de xaneiro de 2022
20220621
Bandeira Negra para a Illa Pancha. Comunicado da AVV Por Nuestro Faro
Bandeira Negra para a Illa Pancha
O 14 de xuño, a confederación de grupos ecoloxistas de España coñecida co nome de Ecoloxistas en Acción, presentou o informe «Bandeiras Negras 2022». Como cada ano, os ecologistas publicaron a lista dos casos máis relevantes de contaminación e mala xestión ambiental do litoral español. E desas 48 bandeiras negras, unha delas foi para a Illa Pancha de Ribadeo.
Nese informe, 22 páxinas están dedicadas a Galicia, das cales, nada menos que catro foron destinadas a explicar exclusivamente a situación da illa Pancha. O motivo para esta deshonrosa distinción é, en palabras de Ecoloxistas en Acción, a mala xestión ambiental, en concreto, a falta de estudo de impacto ambiental malia as figuras de protección coas que conta ríaa de Ribadeo: «Zona Especial de Conservación ‘Río Eo’, ZEC E1120002, Humedal Protexido ‘Ría de Ribadeo’, Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) ‘Río Eo’ e ‘Ribadeo’, Zona Húmida de Importancia Internacional (Convenio Ramsar) «Ría do Eo» e Zona de Especial Protección das Aves, ZEPA E0000085.»
A confederación ecologista lembra que o Defensor do Pobo pedira un estudo de impacto ambiental trala intervención da asociación de veciños Por Nuestro Faro. Finalmente Puertos de Ferrol-San Cibrao comprometeuse a esixirllo á empresa concesionaria, pero nunca chegou a cumprir tal esixencia. Doutra banda, o Concello de Ribadeo tampouco tiña expresado ningún reparo nin efectuado ningunha reclamación respecto diso.
O informe de Ecoloxistas en Acción sinala á Autoridade Portuaria e ao Concello como as institucións responsables da actual situación en Illa Pancha. Nos antecedentes deste caso subliñan permanentemente as decisións e as evasivas de Puertos, así como as licenzas e silencios do Concello de Ribadeo, claves en todo o proceso. Tamén repasa a historia da actividade da A VV Por Nuestro Faro, o seu compromiso co patrimonio e o medio ambiente fronte ás irregularidades na tramitación do expediente para o uso privado e turístico da illa.
O informe lembra tamén a opacidade fronte a certos problemas, por exemplo a falta de información con respecto aos vertidos á Ría de Ribadeo. Lembremos que se descoñece o sistema de evacuación, dado que a illa Pancha conta cunha fosa séptica a día de hoxe sen legalizar, con todo o que iso supón, sen que de portas para fóra os ribadenses poidan imaxinarse a xestión dos residuos.
Para rematar, o informe achega a solución para mellorar esta situación:
«Solucións ou propostas de mellora: Revisión do expediente completo de concesión, realización dos estudos preceptivos e reevaluación das solicitudes de licenza das dúas actividades. Restitución inmediata do dereito de libre acceso do público á Illa Pancha. Suspensión da eficacia das licenzas de actividade por parte do concello de Ribadeo mentres non se cumpra o anterior, por afectar non só ao impacto ambiental e ao dereito de acceso senón tamén á seguridade dos usuarios e usuarias en caso de urxencia.»
Só nos queda dicir que Por Nuestro Faro seguirá de cerca os esforzos das institucións por corrixir a situación que levamos 7 anos denunciando.
A VV Por Nuestro Faro
20241116
Unha transición responsable para a illa Pancha. A VV Por Nuestro Faro
Unha transición responsable para a illa Pancha
Temos entrado xa no décimo e último ano de validez da concesión que permitiu a explotación privada da illa Pancha para montar un negocio hostaleiro. Dende esta perspectiva, e para asegurar unha transición dentro da legalidade, a asociación Por Nuestro Faro xa enviou correos a Puertos del Estado, Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao e ó Concello de Ribadeo.
O pasado mes de xuño, o Defensor del Pueblo comunicaba á asociación: «la Consejería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda ha remitido un informe en el que manifiesta aceptar la Recomendación formulada, referida al cumplimiento del apartado cuarto del artículo 46 de la Ley 42/2007, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad.». En consecuencia, daba por rematado o intercambio de correos con nós, «ello en la confianza en que la consejería adoptará las medidas precisas para el cumplimiento de la Resolución en las próximas certificaciones que emita sobre los posibles efectos de un proyecto sobre los espacios de la Red Natura 2000 de Galicia.»
Lembremos que a día de hoxe os proxectos de apartamentos turísticos e cafetería instalados na illa Pancha non teñen estudo de impacto ambiental, e polo tanto están funcionando de xeito totalmente irregular.
En consecuencia, temos pedido a Puertos e Concello que a asociación Por Nuestro Faro sexa informada «das medidas adoptadas de cara a realizar o preceptivo Estudo de Impacto Ambiental, ou, no seu caso, as que teñan proxectado realizar no lo sucesivo». De igual modo, e tendo en conta de que existe a posibilidade de que a concesión outorgada sobre a illa Pancha sexa prorrogada outros cinco anos, pedimos a estas institucións que, en caso de ser solicitada, «se abra un novo período de exposición pública ó que podan ter acceso todos os veciños de Ribadeo e persoas interesadas, coa debida publicidade [...]». Non hai que esquecer o obscurantismo informativo que levou á sinatura da concesión actualmente en vigor, así como á aprobación das licenzas de actividade e apertura dos negocios que alí funcionan.
Por otra beira pedimos «que se admita a nosa Asociación POR NUESTRO FARO como parte interesada no expediente, polos antecedentes que figuran nos seus arquivos e por representar a parte da opinión pública». E, por último, «que se nos informe coa debida antelación de todos os trámites e actos administrativos que se produzan neste expediente no lo sucesivo».
Asemade, témoslle lembrado ó alcalde de Ribadeo que a nosa queixa presentada no Concello o 29 de xullo segue a día de hoxe sen resposta. Ó mesmo tempo que reiteramos a esixencia legal do estudo de impacto ambiental antes de levar a cabo calquera actividade, xestión, ou trámite no terreo concesionado, pedímoslle transparencia e información sobre calquera iniciativa ou proxecto en relación coa illa Pancha do que teña coñecemento.
Por Nuestro Faro parte da creencia de que Ribadeo ten dereito a participar dun xeito ou outro no destino dun ben común tan emblemático como o é o faro e o seu su entorno. E para que así sexa, os ribadenses deben ser informados do estado da illa Pancha e das iniciativas que se podan levar a cabo. Por outra beira, calquera proxecto que se plantexe na illa Pancha debe cumprir as leis galegas, nacionas e internacionas, e contar cos informes preceptivos.
En consecuencia, esiximos ás instituciónes implicadas, unha vixiancia e supervisión da legalidade e da integridade dese espazo protexido, neste período de transición que pode ser decisivo no futuro da nosa illa.
A VV Por Nuestro Faro
20190706
Mosquiñas no Indiano
Ao fío do chegada masiva de mosquiñas, presuntamente a través do porto de Figueirúa, faremos algúns comentarios históricos e actuais.En primeiro lugar lembrar que a Ría de Ribadeo foi declarada Zona de Especial Protección de Aves o día 21 de Novembro de 1988 e como tal, por aplicación da lexislación vixente debera terse redactado un PORNA (Plan de ordenación dos recursos naturais), pero ningún grupo político no ámeto municipal, galego ou estatal prantexou nunca algunha proposta neste senso, como tampouco os deputados autonómicos, nen os representantes na deputación provincial. Nas recentes eleccións municipais o noso grupo prantexou a necesidade de iniciar xestións nese camiño, pero como é sabido non conquerimos representación na nova corporación.
A redacción de un PORNA levaría aparellado un proxecto económico (entre outros moitos temas) para as diferentes actividades na Ría de Ribadeo, entre elas o Porto Comercial de Figueirúa.
No ano 1991 iniciouse a construcción da escollera, pero non se redactou un Estudo de Impacto Ambiental, incumprindo a lexislación ca disculpa de que era “unha ampliación dun porto xa existente” e chamándolle ao porto deportivo “Puerto de Embarcaciones Menores", unha figura administrativa inexistente, porque a normativa de Impacto Ambiental obrigaba literalmente a realizar este estudo nos portos deportivos. Tampouco se fixo o Estudo de Dinámica Litoral que esixía a Lei de Costas e só o deputado de UG Domingo Merino apoiou unha reivindicación tan sinxela como o simple cumplimento da lexislación vixente. No Parlamento Galego e no concello de Ribadeo o BNG e o PP fixeron un tándem aplastante para que non saise adiante nengún prantexamento ou debate alternativo. Na propaganda daqueles tempos xogaba un papel destacado a mensaxe de que “xa non se iban necesitar mais dragados”, sen comentarios.
Nos anos seguintes a Plataforma Pola Defensa da Ria de Ribadeo mantivo unha certa actividade, que tamén coincidiu en varias ocasións ca AVV O Tesón. Con distintos motivos publicáronse artigos demandando un Plan Estratéxico para o Porto de Figueirúa e unha Estación de Transferencia e depósito de Mercadorías, pensando fundamentalmente na madeira, nalgúnha zona próxima ao porto e á estrada de circunvalación (en proxecto ou en obras). Folga suliñar que nengún grupo político municipal nen nengún deputado se fixo eco desta proposta nen cousa semellante. Anque recentemente o noso grupo volveuna a prantexar cara ás eleccións municipais.
No ano 2001, concretamente o 26 de Agosto, celebrouse unha manifestación en Ribadeo para protestar polo proxecto de recheo de 8000 metros cadrados na dársena do Porto de Figueirúa. Tampouco se fixo estudo de dinámica litoral e dado que no goberno municipal estaba o PP, algúns membros da oposición deixáronse caer pola manifestación sen dar outros apoios máis consistentes a nivel galego ou estatal. Fíxose o recheo e dúas naves mais. Ninguén prantexou o mais mínimo análise ou debate sobre os pros e contras destas actividades sen nengún tipo de rigor, sen proxectos estratéxicos, sen debates públicos e gastando os cartos tontamente. A Plataforma e o Tesón non puideron facer outras cousa que manifestarse unha vez máis.
Polo medio dragados na ría, deterioro medio ambiental, degradación económica, ensanchamento das cepas da ponte contravindo a lexislación de impacto e a resolución correspondente e silencio absoluto das autoridades e ribadenses distinguidos. En fin, xestión medioambiental nula e imaxen pésima cara ao gran evento do ano.
Evaristo Lombardero
20151230
ALEGACION A UN VERQUIDO NA BOCA DA RIA, artigo de Evaristo Lombardero Rico
![]() |
| Lugar aproximado do verquido da draga, 1,2 km ó N da Punta da Cruz |
A primeiros do mes de decembro demos conta do Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto de Dragado na canle de As Figueiras, publicado no Boletín Oficial da Provincia de Asturias o 2.12.15. O proxecto consiste no dragado de 55 000 metros cúbicos por ano na canle de As Figueiras ata completar 220 000 metros cúbicos entre 2016 e 2019.
O motivo da alegación radica no posible impacto do verquido destes materiais a 1200 metros da Punta da Cruz en dirección norte, tal como se prevee no proxecto. Maiormente tendo en conta que nesa zona é onde se veñen verquendo os materiais dragados nos últimos anos.
Habida conta que a navegabilidade nas canles e na boca da Ría de Ribadeo sofreu un deterioro considerable nos últimos 30 anos, semella razoable sospeitar que un verquido dese volumen tan preto da Punta da Cruz poida ter un impacto significativo negativo sobre o calado nesa zona.
O Estudo de Impacto Ambiental que comentamos analiza outros posibeis impactos polo miudo pero non lle dedica atención ao estudo batimétrico da zona do verquido antes, durante e despois da intervención.
Pola nosa banda propoñemos que se estude concretamente este tema: o impacto do verquido sobre o calado e que se avalie a posibilidade de levar o verquido duas ou tres millas mais ao norte onde os calados actuais cáseque duplican os da zona devandita.
Compre suliñar que esta é a primeira vez que se fai un estudo de impacto ambiental para un proxecto de dragado e verquido e que nos anos anteriores temos denunciado estes verquidos repetidamente sen recibir resposta alguna das autoridades medioambientais galegas nen asturianas. Recentemente remitimos unha alegación ao Principado de Asturias polo proxecto de construir unha nova escollera no Porto Deportivo de As Figueiras, que sen dúbida vai provocar un incremento da sedimentación na canle que se proxecta dragar, pero non recibimos nen acuse de recibo.
Folga lembrar que os concellos, clubes deportivos e similares pasan amplamente.
Ribadeo 29 de decembro de 2015
20231102
A fosa sen legalizar na illa Pancha. AVV Por Nuestro Faro
A fosa sen legalizar na illa Pancha
A fosa séptica da Illa Pancha leva anos en situación irregular.
Hai exactamente cinco anos e dous meses -en agosto de 2018- a asociación veciñal "Por Nuestro Faro" presentou alegacións a unha proposta de legalización da fosa de "Augas de Galicia", que aínda segue sen resolverse a día de hoxe. Lembremos que aquel proxecto de legalización inconcluso foi presentado despois de que o hotel xa estivese aberto ao público e se aprobaran todos os informes, autorizacións e licenzas pertinentes, sen ter en conta o funcionamento da citada fosa. E así ata hoxe.
Hai uns días, e aínda que poida parecer unha broma, recibimos resposta de “Augas de Galicia” a aquelas vellas alegaciónss.
Sabemos dende a actualidade que a sanidade da ría de Ribadeo non é unha cuestión de primeira orde para moitos responsables políticos, non importan os engadidos (escolleiras, peiraos, etc.) que se queiran sumar ao formigón xa presente por banda e banda asturgalaica, que leven por diante biodiversidade e traian areeiras. A Illa Pancha é outro exemplo: non serviron de nada as 8 declaracións escritas do Defensor del Pueblo (con copia no Concello de Ribadeo, no Porto de Ferrol-San Cibrao e na Xunta de Galicia) reclamando un estudo simplificado de impacto ambiental -esixido pola lei, pero nin así-. Se a lei e o Defensor non fan que se mova unha palla en ningunha oficina, é porque nas oficinas non queren que se mova, e esa vontade supera a de pertencer á Rede Natura 2000, ser unha zona de especial protección para aves (ZEPA) ou un lugar de importancia comunitaria (LIC): estes títulos non son os que moven montañas.
Algo tan sinxelo como a eliminación de residuos, a hixiene básica en calquera país civilizado do século XXI, está no aire, por así dicilo. E máis de cinco anos despois de presentar as nosas alegacións, obtemos unha resposta que non só non ten en conta os aspectos xa mencionados senón que presenta un claro desaxuste coa situación actual da illa e coa actividade que nela se desenvolve.
Dende a asociación “Por Nuestro Faro” remitimos a “Augas de Galicia” un novo escrito coas alegacións que responden ao correo electrónico recibido e que son, textualmente, as seguintes:
«1º. Consideramos que a demora de cinco anos en emitir este informe podería afectar aos contidos do mesmo. Descoñecemos os controis que se levan efectuado ao longo destes cinco anos das emisións emitidas polos apartamentos turísticos pero evidentemente existe unha contradicción manifesta entre esta demora tan excesiva e o suposto seguimento das devanditas instalacións.
2º. Dende agosto de 2021 está funcionando unha cafetería anexa aos devanditos apartamentos. Descoñecemos se as emisións de dita cafetería están conectadas a algún sistema de depuración ou mesmo se engaden ao verquido que se trata neste informe. No texto deste documento cítase varias veces a devandita cafetería como algo ´´ futurible ´´. Suliñamos tamén esta contradicción entre a realidade actual e un texto que semella redactado polo menos dous ou tres anos antes.
3º. No informe non se citan as condicións que afectan ao verquido por atoparse nun espazo incluído na Rede Natura 2000.
4º. Asemade non se toman en consideración os oito informes do Defensor del Pueblo, aludidos na nosa primeira alegación, nos que se manifesta claramente a ilegalidade de todas as instalacións por carecer o proxecto do preceptivo Estudo de Impacto Ambiental dacordo ca normativa vixente para as zonas incluídas na Rede Natura 2000.
5º. Non consta que o cambio de ubicación da fosa fose avaliado, nen incluído no expediente, nen previsto nas avaliacións iniciais.
EN CONSECUENCIA PROPOÑEMOS QUE SE SUSPENDA A PROPOSTA ACTUAL E SE REDACTE UN NOVO INFORME TENDO EN CONTA OS INFORMES DO DEFENSOR DEL PUEBLO E A FALLA DE ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO, ASEMADE QUE SE INCLUAN OS VERQUIDOS DA CAFETERÍA, O CAMBIO DE LOCALIZACION DA FOSA, E OS IMPACTOS SOBRE A ZONA INCLUIDA NA REDE NATURA 2000.»
A VV Por Nuestro Faro
20210707
POR NUESTRO FARO SAÚDA A INICIATIVA DE ECOLOXISTAS EN ACCION. Nota de prensa
POR NUESTRO FARO SAÚDA A INICIATIVA DE ECOLOXISTAS EN ACCION
Como saben os lectores, o colectivo POR NUESTRO FARO ven denunciando dende mediados de 2015 a privatización do Faro e da Illa Pancha, promovida polo Ministerio de Fomento e apoiada sen folgos polo Concello de Ribadeo. Aínda mais temos post negro sobre branco moitas irregularidades (presuntas) deste proxecto con escaso éxito pola negativa das autoridades competentes. No outono de 2020 entramos en contacto con Ecoloxistas en Acción que agora ven de denunciar diante da Fiscalía do Xulgado de Lugo a falla de Estudo de Impacto Ambiental na concesión do faro da Illa Pancha para a explotación privada de dous apartamentos turísticos. Lembremos os feitos mais salientables.
En decembro de 2013 o Ministerio de Fomento do goberno de Mariano Rajoy puxo en circulación o programa Faros de España. Baixo un discurso desenrolista pretendíase privatizar unha gran parte dos faros de sinais marítimas das costas españolas. Pasados sete anos e medio o saldo non pode ser mais ridículo: dous faros funcionando como servizos de hostelería e non se sabe cantos cartos gastados en publicidade, festas, etc.
Pouco tempo despois anunciouse no BOE a solicitude dunha empresa privada para explotar o faro de Ribadeo, pero o asunto pasou desapercibido grazas ao agochamento propicidado polo concello. Xa no 2015 o Sr. Alcalde declaraba ao diario El Pais que era “un premio para Ribadeo”, ou sexa un emporio turístico que nos iba deixar encantados. Esa foi a primeira “información” pública e poucos día despois formouse o COLECTIVO POR NUESTRO FARO, que axiña acadou mais de 700 apoios (o 95 % xente de ou vinculada a Ribadeo) sen contar as mais de 1600 sinaturas recollidas naqueles días. O 30 de xuño do mesmo ano a Autoridade Portuaria aprobou o proxecto de apartamentos e cafetería e a concesión por vía directa, ou sexa sen concurso público.
En maio de 2016 o colectivo POR NUESTRO FARO denunciou a falla de Estudo de Impacto Ambiental, diante do Defensor del Pueblo, despois de asesorarse ca Sociedade Española de Ornitoloxia (SEO-BIRD LIFE) e despois de publicitalo e informar ao concello, que non se deu por aludido. O 16 de febreiro de 2017 a Oficina do Defensor remitiu un amplo informe xurídico a todos os actores do programa comunicándolles que se incumpría o art 7.2 da lei de Avaliación Ambiental 21/2013 de 9 de decembro, que esixía sen ningún xénero de dúbidas a realización de E.I.A. Simplificado para proxectos de este tipo. Sin embargo o Concello de Ribadeo e a Autoridade Portuaria botáronse a andanas porque había que sacar adiante como fose o único proxecto do famoso Programa Faros de España. O día 1 de decembro de 2017 o concello concedeu a licencia de actividade para os apartamentos ca condición, incumprida ate hoxe, de que a porta de acceso á illa estivese aberta aos veciños e visitantes. (Aquí habería que facer un inciso para analizar en que beneficiou ao turismo e á economía de Ribadeo, nestes tres anos e medio, o “premio” que auspiciaba o Sr. Alcalde en maio de 2015).
Como antes dixemos no outono de 2020 entramos en contacto con Ecoloxistas en Acción, estudaron a documentación e puxeron en marcha os trámites preceptivos ata levar a denuncia á Fiscalía de Lugo. Insistimos en que todos os pasos foron anunciados de xeito público e notificados ao concello sen que houbese unha resposta ou polo menos unha reacción de análise ou dúbida sobre as consecuencias que poderían derivarse.
Convén suliñar aquí que Ecoloxistas en Acción é unha das organizacións ecoloxistas mais potentes do estado español, con importantes contactos internacionais, cunha gran experiencia en temas deste tipo, que se apoia en unha estrutura apartidista con equipos de asesores xurídicos acreditados e que ven de gañar un preito con algunhas similitudes co noso caso, en Extremadura, despois dun longo proceso de varios anos. Calquera pode entender que un grupo deste tipo non se implica en calquera chilindraina se non aprecia que existe unha xustificación xurídica potente e que están en xogo intereses xerais, mesmo de ámbito europeo, na defensa dos valores medioambientais consolidados na sociedade actual. Pola nosa banda temos que poñer no primeiro plano, unha vez máis, que o obxectivo do noso grupo é loitar contra a privatización do Faro e da Illa Pancha, por consideralo un ben común dos ribadenses, e sexa cal sexa o resultado deste procedemento xudicial seguiremos adiante ata conseguir o uso público do mesmo, debendo constatar que, pese ao tempo trascorrido, os apoios que recibimos tanto en Ribadeo como fóra son cada vez maiores.
20230217
O Defensor del Pueblo ve ilegal tamén a cafetería. Nota de prensa de Por Nuestro Faro
O Defensor del Pueblo ve ilegal tamén a cafetería
Esta semana a asociación veciñal «Por Nuestro Faro» recibiu unha nova resolución do Defensor del Pueblo onde volve a insistir, por séptima vez, na situación de ilegalidade na que se atopa a IllaPancha.
Lembremos que os proxectos levados a cabo nela carecen de Estudo de Impacto Medioambiental. Xa no 2016 a situación foi denunciada pola asociación cando se aprobou a instalación dos apartamentos turísticos no antigo faro, presentado como proxecto desdobrado da cafetería. O 16 de febreiro de 2017 o Defensor na súa resposta tiña informado que a lei 21/2013 de Avaliación Ambiental exixía facer un estudo de impacto medioambiental. Daquela, a Autoridad Portuaria comprometeuse a facelo, pero nunca se fixo.
En maio de 2020 o Concello de Ribadeo concedeu a licencia de obra para a cafetería proxectada na illa Pancha. A asociación veciñal «Por Nuestro Faro» presentou entón un recurso que foi desestimado polo Concello, e o proxecto levouse a cabo a pesar de non contar con ningún estudo medioambiental, e cun impacto claramente incrementado pola dobre actividade que ía desenvolverse na illa. Ante a situación, Por Nuestro Faro, presentou unha nova denuncia ante o Defensor del Pueblo, pois o Concello de Ribadeo e a Autoridad Portuaria seguían dando continuidade á explotación dun espazo protexido sen tomar as medidas necesarias para facer efectiva dita protección. No informe recibido pola nosa asociación a semana pasada, o Defensor cuestiona directamente o xeito no que se deu por feito que non hai efectos significativos no medio ambiente. E di textualmente:
«[...]en el análisis de la afección de un proyecto a un espacio protegido que forme parte de la red Natura 2000, la consellería ha de tener en cuenta todos los impactos del proyecto: tanto los derivados de la fase constructiva como los derivados de la fase de explotación. Además la valoración de los efectos del proyecto sobre el medio ambiente ha de ponerse en relación con los objetivos de conservación del espacio protegido. Ambas cuestiones son exigencias legales[...]»
Asemade, indica que «de acuerdo con el artículo 46.4 de la Ley 42/2007, del Patrimonio Natural y la Biodiversidad, cualquier proyecto que pueda afectar de forma apreciable a las especies o hábitats de los espacios incluidos en la red Natura 2000 [...]debe someterse a una adecuada evaluación de sus repercusiones en el espacio, teniendo en cuenta los objetivos de conservación de dicho espacio. A la vista de las conclusiones de la evaluación, el órgano competente para aprobar o autorizar el proyecto sólo puede aprobarlo o autorizarlo tras haberse asegurado de que no causará perjuicio a la integridad del espacio en cuestión. Con fundamento en este precepto (que es transposición de la Directiva Hábitats) los órganos encargados de la gestión de los espacios protegidos deben pronunciarse antes de aprobar el proyecto sobre si existe una afección apreciable al espacio protegido (en cuyo caso se someterá a evaluación de impacto ambiental ordinaria o simplificada) o sobre si no existe tal afección, en cuyo caso emitirá una certificación de no afección.
En consecuencia, «el planteamiento que esta institución sostiene es que para emitir una certificación de no afección (en el caso planteado en la presente queja y en cualquier otro) deben tenerse en cuenta todos los efectos característicos o propios del proyecto, no solo los de la fase constructiva sino también los asociados a la explotación del proyecto. Si no se valoran todos esos efectos, no puede decirse que la valoración haya sido adecuada ni que la Administración se haya asegurado de que el proyecto no perjudica la integridad del espacio.
Por otro lado, el citado precepto establece que la valoración de los posibles efectos del proyecto debe realizarse teniendo en cuenta los objetivos de conservación del espacio, los cuales no se mencionan en los informes realizados. La isla forma parte de una ZEC y de una ZEPA en atención a sus valores ecológicos como cantil costero. Aunque en la isla no existan hábitats de interés comunitario, o esa zona tenga una protección menor que otras dentro del espacio, desempeña una función ecológica en el conjunto de ecosistemas protegidos, pues de lo contrario, no estaría incluida en la delimitación del espacio. Esa función no debe verse perjudicada de forma apreciable por el proyecto, por tanto, una motivación concluyente al respecto es ineludible en la valoración ambiental de los posibles efectos apreciables del proyecto.
En conclusión: el certificado de no afección del proyecto a la red Natura 2000 en la medida en que excluye una evaluación reglada en un gran número de supuestos, debe estar suficientemente motivada conforme a la ley y, por tanto, debe incluir todos los efectos apreciables que puedan producirse durante la ejecución y explotación del proyecto y estar referida a los objetivos de conservación del espacio, de manera que quede acreditado que no se afecta a la integridad de dicho espacio.»
Por todo o anterior, para rematar, o Defensor del Pueblo na súa conclusión ditamina a forma en que debe expresarse e materializarse a protección do espazo da Illa Pancha, para que non exista ningunha duda ó respecto:
«Que cuando expida una certificación de no afección de un proyecto a un espacio protegido que forme parte de la red Natura 2000, motive expresamente en la resolución que, conforme a lo dispuesto en el artículo 46.6 de la LPNB, en la evaluación previamente practicada para determinar que las repercusiones no son apreciables, se han cumplido los siguientes requisitos:
1. Que se han valorado todos los efectos del proyecto, tanto los que deriven de la ejecución de las obras como de la explotación de las instalaciones.
2. Que se han tenido en cuenta los objetivos de conservación de dicho espacio y no se perjudica su integridad.»
Dende a asociación de veciños «Por Nuestro Faro» condenamos a irresponsabilidade das institucións, que a día de hoxe seguen permitindo que a illa Pancha leve case 8 anos en situación ilegal. Por elo instamos á Xunta de Galicia, á Autoridad Portuaria e ó Concello de Ribadeo a que apliquen a lei para garantizar unha protección real e transparente na illa Pancha.
A VV Por Nuestro Faro
20151203
DRAGADOS NA RIA DE RIBADEO, artigo de Evaristo Lombardero Rico
O BOPA (Boletin Oficial Provincia Asturias) do día 2 de decembro publica o anuncio do proxecto de dragados na canle de As Figueiras para o período 2016-2019 e mais o Estudo de Impacto Ambiental que pode leerse en www.asturias.es. Anúnciase ademais un periodo de alegacións de 30 días, suponse naturais.
Nunha primeira ollada semella que o punto mais conflictivo van ser os verquidos dos materias extraídos nos dragados. Aínda non tivemos tempo de leer os volúmenes que se van dragar pero resulta obvio que serán moitos miles de toneladas. Respecto dos pontos de verquido puidemos apreciar que se estudan tres posibilidades, todas elas no radio dunha milla da boca da ría. Cando téñamos mais información publicaremos estes datos. Namentras convidamos aos interesad@s a participar nestas alegacións, estudar o proxecto e ponerse en contacto para facer un traballo de equipo.
Come é sabido o Principado de Asturias leva varios anos realizando dragados na canle de As Figueiras e verquendo os materiais extraídos a menos dunha milla da boca da ría según temos calculado repetidamente e teñen observado tanto profesionais en activo como xubilados. A opinión xeral é que unha parte deses verquidos volven entrar na ría ou quedan na boca contribuíndo a incrementar o volume da barra natural e dificultando a navegación. Ate agora temos remitido denuncias ás consellerías galega e asturiana en varias ocasións sen conquerir nengunha resposta. Tamén é certo que nunca tivemos a habelencia necesaria para implicar a concellos, partidos políticos, sociedades deportivas e outros colectivos ecoloxistas, profisionais, etc. Cecais agora que estamos na fase de Estudo de Impacto Ambiental se poida facer unha presión mais efectiva; falta saber se se quer.
Polo demais engadir que a nota do BOPA e mais o Estudo de Impacto Ambiental poden ser recurridos en lei, porque fan referencia unha ría imaxinaria, á que chaman “Ría del Eo” e como todo o mundo sabe esa ría non existe e esa denominación non pode ser aceptada en documentos oficiais, pero ao ver as fotos que figuran no expediente decatámonos de que debería ser un erro tipográfico xa que se estaban referindo á Ria de Ribadeo.
![]() |
| No centro, a canle das Figueiras. Foto de http://sigpac.mapa.es/fega/visor/ |
![]() |
| No centro, a canle das Figueiras. Foto de Google Maps |
20200129
Resposta da fiscalia a Por nuestro Faro: “A illa Pancha debe ter a porta aberta”
![]() |
| O cartel estivo colocado. |
20201110
Ribadeo : licenzas á carta
![]() |
| Ribadeo e a Illa Pancha nun mapa de 1880 |
Nota de prensa de Por Nuestro Faro
Ribadeo : licenzas á carta
O concello de Ribadeo ven de dar unha nova versión do procedemento de concesión de licenzas que contradí abertamente as reiteradas declaracións, respecto das licenzas concedidas para os apartamentos e o novo proxecto de cafetería na Illa Pancha.
Segundo a versión anterior as licenzas son procedementos regrados e o concello ten que concedelas si ou si, dentro do regulamento. Segundo a versión actual o concello pode poñer “unha serie de esixencias administrativas” que leven ao promotor a desistir do proxecto. E isto lévanos de novo á motivación do noso recurso contra o proxecto da nova cafetería e á resposta do concello respecto dos informes do Defensor del Pueblo.
Aínda que xa é coñecido lembraremos brevemente os trámites deste procedemento.
1º.- En maio de 2019 a empresa concesionaria da explotación turística da Illa Pancha presenta no concello un novo proxecto de cafetería nos antigos garaxes do faro. O concello mantén o segredo mais absoluto ata xaneiro de 2020 que aparece na prensa.
2º O colectivo “Por nuestro Faro” solicita o acceso ao expediente e xorden novas “disposicións administrativas” que nos impiden exercer ese dereito ata xuño de 2020. Mentres tanto tramitase o expediente perante o período de confinamento e a Xunta de Goberno aproba a licenza de obra o 18 de maio.
3º Por Nuestro Faro presenta un recurso ao abeiro dos 6 informes do Defensor del Pueblo que pedían un Estudo de Impacto Ambiental Simplificado para avaliar os efectos do proxecto, dacordo ca normativa vixente para protección da Rede Natura 2000. Lémbrese que a A. Portuaria acabou aceptando a realización do Estudo de Impacto Ambiental simplificado pero non se chegou a realizar.
4º O concello resposta que as licenzas teñen un procedemento regrado e que neste novo proxecto non procede aplicar os criterios do Defensor.
Obsérvese o criterio político, que non administrativo para decidir cando se aplica unha norma ou outra ou se segue sen aplicar unha norma que nunca se aplicou. Os informes do Defensor van dende o 17 de febreiro de 2017 ata o 10 de outubro de 2018, pero nen a Autoridade Portuaria, nen a Xunta de Galicia, nen o concello de Ribadeo deron unha resposta coherente en dereito con argumentos xurídicos. En realidade non deron ningunha resposta que non fose a negación da evidencia. A última resposta da Autoridade Portuaria comprometíase a realizar o Estudo Simplificado pero non se levou a cabo. Caese do seu peso que se ese estudo era preceptivo para os proxectos anteriores, como así o recoñeceu a Autoridade Portuaria, con mais motivo o será cando se engaden novos proxectos e actividades que non foron avaliadas anteriormente. E segundo este criterio poderíanse seguir engadindo novas obras e proxectos obviando calquera avaliación.
Aínda máis, seguen incumpríndose as condicións da licenza de apertura, como a non apertura la porta da Illa Pancha ao público en xeral, segue sen aclararse a situación da fosa séptica, a normativa ambiental e as promesas feitas pola alcaldía, como temos denunciado outras veces.
En resumen o Concello de Ribadeo prescinde dos informes do Defensor de Pueblo para a concesión de determinadas licencias seguindo criterios políticos e non administrativos e declara que as licencias seguen protocolos regulamentados, pero non sempre.
20210214
Nota de Prensa de Ecoloxistas en Acción. Illa Pancha
- Ecoloxistas en Acción demanda á Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao que indague como se concedeu permiso de explotación do Faro da illa Pancha sen o Estudo de Impacto Ambiental preceptivo. O propio Defensor do Pobo corrobora na súa resposta que non consta que fora elaborado o obrigado Estudo de Impacto Ambiental preceptivo.
- A organización ecoloxistas denuncia que a avaliación das repercusións sobre a Rede Natura 2000 resulta obrigatoria para todos os proxectos que poidan afectar de forma apreciable ás especies ou hábitats obxecto de conservación na Rede Natura 2000 á que pertence a illa Pancha – Ría de Ribadeo.
- Veciños e veciñas de Ribadeo preocupados polo uso da illa Pancha por unha empresa privada para apartamentos turísticos da illa Pancha constituíronse no colectivo “Polo noso faro”. Dito colectivo demandou a colaboración de Ecoloxistas en Acción ante o desleixo das administracións por responder así súas solicitudes administrativas e peticións de informacións.
A lexislación portuaria parte da regra xeral de prohibición de uso habitacional ou residencial, coincidindo co tenor da Lei de Costas que sinala que no dominio público portuario só poderán levarse a cabo actividades, instalacións e construcións acordes cos usos portuarios e de sinalización marítima, de conformidade co establecido na Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante.
Os requisitos legais que permiten o eventual levantamento da prohibición para o seu uso hostaleiro deben obedecer a razóns de «interese xeral» debidamente acreditadas. En todos os casos, ha de intervir preceptivamente Portos do Estado emitindo o correspondente informe, o cal debe ponderar os motivos que xustifican a implantación do uso hostaleiro, e a súa harmonización co interese xeral informado pola Autoridade Portuaria.
Ecoloxistas en Acción reclama á Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao o informe no que se recollan os motivos que xustifican a implantación do uso hostaleiro e a súa harmonización co interese xeral. Ademais solicitan copia da autorización da Dirección Xeral da Costa e o Mar pola ocupación do dominio público marítimo-terrestre. A organización ecoloxistas sinala que no expediente debe constar tamén a autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Natural ou, no seu defecto, do departamento que corresponda da Consellería de Medio ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
Na denuncia presentada Ecoloxistas en Acción solicita á Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao que se ordene incoar o correspondente procedemento sancionador e que na resolución que recaia no mesmo, ademais das sancións que procedan, impóñase ao infractor a obrigación de reparar o dano causado, e subsidiariamente, que indemnice os danos e prexuízos que non poidan ser reparados, impoñéndose ao infractor as multas coercitivas necesarias para cumprir o ordenado, en caso de non realizar voluntariamente a reparación ou indemnización impostas.
Ubicación e características do faro da illa Pancha
A dous quilómetros da localidade de Ribadeo (Lugo) localízase a illa Pancha. Esta illa está na parte máis occidental da Ría de Ribadeo e alberga un faro construido no 1857, operativo ata 1983 e dependente da Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao.
Polas súas características a Ría de Ribadeo ten recoñecidas varias figuras de protección:
- Zona Especial de Conservación «Río Eo», ZEC ES1120002 de 982 h.
- Humidal Protexido “Ría de Ribadeo”, de 614 h.
- Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) “Río Eo”, de 1.003 has. e “Ribadeo” de 536 h.
- Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”.
- Zona Húmida de Importancia Internacional (Convenio Ramsar) «Ría do Eo», con 1.740 h (Compartidas con Asturias).
- Zona de Especial Protección das Aves, ZEPA ES0000085 625 h.
A illa alberga os dous faros de Ribadeo. O antigo foi construído no século XIX e posteriormente substituído polo actual a finais do século XX. Segundo algunhas guías turísticas, está considerado como un dos faros máis fermosos de Galicia e tamén é o primeiro deles entrando nesta comunidade desde Asturias. Forma parte do Roteiro dos Miradoiros. Ademáis a illa está a 8 quilómetros da praia das Catedrais, declarado Monumento Natural segundo a Orde do 5 de xullo de 2020 da Xunta de Galicia de julio de 2020.
![]() |
| Concentración en 2016 |














