Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Eo alimenta. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Eo alimenta. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20220402

Eoalimenta!

    Esta semana pasou medio inadvertida unha xuntanza que pode ter un impacto forte no futuro da zona. Os partícipes de Eo Alimenta  reuníronse en Ribadeo o pasado día 30, e, a pesar da nota de difusión do concello, coido que a información quedou coxa. Por iso recollo, a máis da nota do concello que deixo a continuación, un tríptico e fago diversas ligazóns dende o texto da nota a outras web ou a outras entradas de Ribadeando para completar a visión.

Foto Eo Alimenta

INICIATIVA PIONEIRA A NIVEL ESTATAL

Eo Alimenta

31/03/2022

O proxecto Eo Alimenta avanza cara un modelo de produción, distribución e consumo capaz de alimentar á súa poboación. Onte, mércores, tivo lugar unha xuntanza no salón de plenos do Concello de Ribadeo

O proxecto Eo Alimenta celebrou onte en Ribadeo un momento importante coa presentación do borrador da estratexia alimentaria diante dos socios do proxecto: concellos do territorio, USC, GDR Terras de Miranda, CEDER Oscos-Eo, Fundación Edes e Sindicato Labrego Galego.

Este mércores, día 30 de marzo, ás 17.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Ribadeo, tivo lugar a reunión do Comité de Seguemento do proxecto Eo Alimenta, un proxecto participativo financiado pola Fundación Carasso, no que traballan dende hai dez meses e de forma colectiva diversos axentes vinculados ao sector da alimentación (administración, persoas consumidoras, organizacións agrarias, proxectos de produción agroecolóxica, universidades, grupos de desenvolvemento rural, etc.).

O obxectivo deste proxecto é elaborar unha estratexia alimentaria para o territorio do río Eo que aborde o reto de conseguir autoabastecer de alimentos a todo o territorio a partir dos produtos ofrecidos polo propio territorio e a través de diferentes medidas que redunden no fortalecemento e a articulación da produción agroecolóxica a pequena escala, no impulso do consumo de proximidade, no apoio ao comercio local ou no compromiso por parte das administración públicas de levar a cabo procesos de compra pública responsable.

En dita reunión, onde foron presentadas as 11 medidas e 33 accións que conforman o borrador da Estratexia Alimentaria Participativa da biorexión do río Eo, participaron representantes dos concellos de Ribadeo, Barreiros, San Tirso de Abres, A Veiga, A Pontenova,representantes da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo, representantes da asociación Inter Eo e representantes do resto de socios do proxecto: Sindicato Labrego Galego, Fundación EDES, Universidade de Santiago de Compostela, do GDR Terras de Miranda e do CEDER Oscos-Eo.

Tras a boa acollida de dito documento na reunión de onte, os socios do proxecto farán as súas últimas aportacións ao documento, para posteriormente levala aos plenos municipais dos nove concellos participantes -cinco da parte asturiana e catro da parte galega- no proxecto. A partir de aí, comezará o traballo de implementar as medidas contempladas na mesma, que contan cun horizonte temporal de aquí a 2026.

Eo Alimenta representa un proxecto pioneiro a nivel estatal, por ser o único das súas características que reúne a traballar a persoas axentes de dúas comunidades autónomas e comeza a súa fase de implementación nun contexto, atravesado polas crises de subministro e abastecemento xeradas pola invasión de Ucraína, a suba dos prezos dos combustibles os paros do leite, que poñen de manifesto a necesidades de avanzar cara modelos de produción, distribución e consumo de proximidade que poidan resistir as embestidas da economía globalizada.

 



 

 

20220901

A COSTA DO GOLF. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

A COSTA DO GOLF

Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    Así se acabará chamando a Costa do Sol pola proliferación de campos de golf, case tantos xa como de labranza. Para que se dean unha idea, dicirlles que a meirande parte dos vendedores ambulantes teñen diversos tipos de palos como produtos estrela. Lonxe fican como reclamo dos seus postos efémeros os bolsos falsificados e as falsas prendas de marca.

    Só a min se me ocorre visitar eses lares en agosto. A calor impide teimudamente facer unha vida normal, non digamos xa traballar. A cousa foi culpa dunha amiga que veranea alí desde hai 25 anos (moi perto da casa de María Teresa Campos) e que me ofreceu aloxamento de balde e, claro, “a caballo regalado no se le mira el diente”. Creo que foi a primeira vez na miña vida que tiven que mercar un abano, mais con esas temperaturas, un non ten ánimo nin de movelo, e moito menos de darlle un aquel flamenco.

    A Malaka fenicia e logo romana e árabe, entre o mar e a serra de Ronda e da Axarquía estará moi ben para vivir desde o outono á primavera, mais en época estival, mellor fuxir dela ou refuxiarse termicamente nalgún dos seus frescos e sombrizos monumentos como a inacabada catedral (construída sobre a antiga mesquita) á que, por lle faltar unha das torres, chaman “la manquita”.

    Aloxeime nun pequeno apartamento dun antigo casarón moi perto da arteria principal da cidade, a rúa Larios, con nome de marqués amante do alcol. A mala sorte quixo que se escarallara o aire acondicionado, tendo que intentar durmir coas xanelas abertas para que entrara o pouco fresco nocturno e o moito boureo dos días grandes de “feria”. Resultado: insomnio a domicilio.

    Subir a pé á alcazaba musulmá e á fortaleza de Gibralfaro baixo un sol abrasador foi como facer unha etapa do Tour de Francia ao cumio do Tourmalet. Desde o alto albíscase toda a cidade a rentes do Mediterráneo, coa praza de touros en primeiro plano e a costa de África intuída nunha lonxanía bretemosa de cadro impresionista.

    Non moi lonxe está a igrexa na que baptizaron a Picasso quen morrería no seu estudio de París cun pincel nunha man e na outra un cigarro noventa anos despois. Quen puidera facelo igual a esa idade mudando o pincel por un bolígrafo e o lenzo por un folio en branco! No seu museo malagueño de estilo renacentista están as obras que non quixo vender e as que mercou, despois da súa comercialización, outra vez. Na súa casa natal, non hai tanto para onde mirar.

    En Málaga está o primeiro cemiterio protestante de España, se cadra pola abondosa presenza de románticos ingleses abraiados polo pintoresquismo andaluz no século XIX. Jorge Guillén repousa aí, non por protestante, mais se cadra, por “protestón”. En época andalusí, os cristiáns eran soterrados con nocturnidade e aleivosía na praia da Malagueta, cuxa area disque foi traída polos ventos desde as costas magrebís.

    A alameda urbana (ateigada de verdes cotorras arxentinas, ruidosas e invasivas) foille gañada ao mar e o obelisco no que están os restos mortais do heroe liberal Torrijos aínda é hoxe de soberanía francesa. Da súa custodia encárgase o consulado da República na cidade. Non moi lonxe están as antigas atarazanas musulmás (estaleiros de ribeira), hoxe reconvertidas en mercado central de férreo estilo neomudéxar. Aos pés da muralla árabe descubriuse en 1951 o teatro romano, moi perto do modernista no que se celebra o festival internacional de cinema. Construíndo un aparcadoiro subterráneo, a liña do novo metro ou rehabilitando unha librería atopáronse tamén varios treitos dos antigos muros medievais, entre os cales, procesionando hai séculos en Semana Santa a altas horas da madrugada, dúas irmandades de confrades remataron, non se sabe moi ben por que, como o rosario da aurora, segundo di a tradición popular e o refrán.

    Un dos seus cafés míticos é o Central, desde onde “urbe et orbi” se pide o café de ata dez xeitos diferentes. Tamén é un clásico a taberna El Pimpi, un longo túnel de ambiente taurino ateigado de bocois de moscatel ou Málaga Virgen asinados por todos os famosos que por alí pasaron. Por non falar do bar “La casa del guardia” na que só se atende na barra, sobre a que se fan as contas dos clientes con xiz.

    Trece chemineas fabrís (das 300 que chegou a haber) mantéñense ergueitas como palmeiras ao longo co cauce do río (regato en verán) Guadalmina. Sentado nun banco do paseo marítimo pasa case desapercibida a estatua de Hans Christian Andersen, outro nórdico namorado da cidade como hoxe os milleiros de turistas estranxeiros que ateigan as súas rúas a todas horas de luns a domingo. Tamén é discreto o semáforo que este verán lle adicaron a Chiquito de la Calzada para cruzala cos seus movementos de “fistro de la pradera”. Pola rúa atopeime con outro humorista: Ángel Garó, acompañado do presentador José Manuel Parada. Tamén me pareceu albiscar a Juan Luis Cebrián, antigo director de El País, mais iso xa non o podo asegurar.

    Mijas (a Mixa andalusí) cos seus burro-taxis conta cun museo do carro e con outro de miniaturismo no que se pode ver a Derradeira Cea de Leonardo da Vinci pintada nun gran de arroz. Desde o século XIX conta cunha importante comunidade de orixe británica asentada por mor da minería e hoxe polo turismo. Á entrada da localidade hai unha rotonda adicada ao pobo navarro coa bandeira foral das cadeas no seu centro. Gostaría de saber o motivo deste curioso irmandamento.

    O antigo concello é agora un museo etnográfico onde tamén se lle rende homenaxe ao derradeiro alcalde republicano da vila que ficou trinta anos agochado detrás dun muro da súa vivenda durante a ditadura. A súa resistencia e a súa resiliencia inspiraron o impactante filme “La trinchera infinita”. Ao pé da súa praza de touros (a única ovalada de España), o son das chicharras é tan persistente como o dunha desbrozadora. No parque próximo, os columpios teñen cinto de seguridade. Velaí deixo a idea para algún alcalde.

    En Marbella a maior atracción turística para os do bando (ou banda) nacional é facer unha foto diante do busto do infausto Xoán Carlos I. Unha das entradas á cidade é pola avenida do Trapiche, que ben puidera chamarse do “trapicheo”. Porto Banús segue ateigado de iates, coches e tendas de luxo onde, en pleno agosto, locen nas súas vitrinas abrigos de pel a 20000 euros. Á beira da praia, toman o sol múltiples esculturas de Dalí, que semellan medio derretidas como os reloxios dos seus lenzos. No século XIX creáronse aquí os primeiros altos fornos do país. A súa temperatura non sería moito maior da que hai, por estas datas, nas súas rúas.

    A serrana Ronda (a Arunda celtíbera) está curtada polo desfiladeiro do río Guadalevín, que separa a zona vella da nova, unidas por unha impresionante ponte. Popularrmente coñécese como “El tajo del pequeño Tajo”. As súas casas penduradas desafiando a lei da gravidade están irmandadas coas de Cuenca. A pétrea praza de touros de touradas “goyescas” disque está orientada cara a Antequera, desde a cal, segundo o dito popular, sae o sol por onde lle peta. Na “Posada de las ánimas” descansaba Cervantes cando era recadador de impostos pola bisbarra, esa mesma na que proliferaran os bandoleiros ao xeito do televisivo Curro Giménez e que, hoxe, mesmo contan cun museo. O seu “Palacio del rey moro”, presume dos baños árabes mellor conservados da Península, entre os que se pavonean as parellas de engreídos pavos reais seguidos das súas crías. De ronda e de rondas por Ronda non me resisto a recomendar a céntrica terraza panorámica do hotel Catalonia.

    Na serra que a rodea, as oliveiras e aciñeiras amósanse en formación perfecta como o exército norcoreano entre outros tantos milleiros de pelouros chantados na terra como menhires apuntando ao ceo ou meteoritos caídos del. No pintoresco Setenil de las Bodegas, os seus habitantes e máis elas seguen a emprazárense nas inmensas covas prehistóricas como xa facían hai case sete mil anos os seus antepasados.

    Como curiosidade de Estepona dicir que as árbores dos seus parques están apadriñadas por oriúndos ou turistas habituais e nas casas de cada rúa os meceteiros son dunha soa cor, diferente segundo a vía pola que se transite.

    Fuengirola naceu arredor da fonte que alimenta o río do mesmo nome. Chamoume a atención que a súa bandeira municipal fose igual que a da Arxentina, mais sen sol no centro e cunha estrela no ángulo inferior dereito. Decorados con fotos do lugar están todos os colectores do lixo. Promoción turística de reciclaxe e de balde da que tamén poderían tomar boa nota moitos alcaldes.

    Na branca e impoluta Frigiliana, atenden a oficina de turismo uns monicreques que explican polo miúdo os seus atractivos. Iso si, meténdolles antes unhas cantas moedas. Moralexa: aforro en persoal para as arcas municipais.

    En toda a Costa do Sol chamoume a atención non só a cantidade de árabes de alto poder adquisitivo grazas aos petrodólares, mais tamén os moitos magrebís emigrados a Europa facendo turismo de clase media, afortunadamente como calquera. Máis afeitos á calor ca min e máis amantes dela, suaban bastante menos aínda levando enriba ben máis prendas. Para que se fagan unha idea, resultábame imposíbel limpar os lentes de sol. Era intentar botar o bafo e evaporarse este de inmediato sobre os cristais antes de poderlles pasar o pano. Fáganme caso: Raffaella Carrà trabucábase cando cantaba aquilo de “Para hacer bien el amor hay que venir al sur”.

20060830

Ribadeo, historia e historias

Remato de ler 'La unificación de las fuerzas fundamentales', escrito por Abdus Salam coa participación de Werner Heisenberg e Paul Adrien Maurice Dirac. Os tres son dos máis grandes científicos do século pasado, Nobel (1979, 1932, 1933), etc. Cada volta que abría o libro me preguntaba pola tirada (é un libro pequeno, non chega ás 200 páxinas en A5, rústica, sen fórmulas, ...) que descoñezo, e pola tirada doutros libros que fan historia en Ribadeo, ou pola lectura relativa no pobo. Está visto que Ribadeo está envorcado ó seu embigo, e non é o único pobo que o está, nin moito menos. Podería dicirse que é porque a palabra é máis doada, máis usada e máis dúctil que as relacións matemáticas, por exemplo, pero o caso é que xa dixen que o libro non ten fórmulas, e coas palabras que introduce antes fai eso, introducilas. Pero parece que o que está aparentemente mais preto de nós, como pode ser a historia do pobo en relación coa historia da comprensión do que nos rodea en conxunto, produce máis interese, vémonos máis recoñecidos e, ó vérmonos dalgún xeito reflectido, tamén alimenta o ego propio (da persoa e do pobo como tal).
Pode que esa sexa unha das causas da proliferación dende que comezou o século de libros sobre Ribadeo e a súa historia (incluíndo o de 'Ribadeando', historia recente). Nese sentido, onte escribiuse un capítulo máis coa presentación de 'tras sus huellas', despois de haber publicado o autor, Manuel Díaz Aledo, 'entre tus calles'. Tras a presentación do autor por Roberto Rodríguez, tomou este a palabra e deixou claro que o pasado era un libro da súa historia en Ribadeo e o actual, unha biografía novelada a base de hemeroteca dun parente seu. O certo é que retazos da historia que foi desganando deixaron en min certa gana de lectura do Ribadeo en castelán, se ben entre outras cousas, a segunda razón do corte do libro no ano 36 deixoume cun pensamento fixo. Dicía que había unha primeira razón para o remate do libro nese ano: a morte o seu tío, o personaxe principal. Pero engadiu que esa época enconáronse os sentimentos en Ribadeo que que non ía el a meterse no tema. Coa primeira explicación para min abondaría, pero o meterse na segunda implicou un recoñecemento de que a memoria quere esquecer cousas que xa están a rememorarse e que se ve que costa facerse con elas. En fin, hai xente que está a favor do exercicio de memoria e hai xente que está en contra. O tema da que pensar, por exemplo de por que non se escribe historia actual de Ribadeo: pode que en parte porque non ten o poso abondo, pero tamén en parte por medo, por quedar ben con todo o mundo (tamén o autor se referiu de xeito indirecto a este tema de que se escribía sobre aqueles anos ía quedar mal con xente), é dicir, por un espírito moi humano que está a flor de pel en Ribadeo. Tamén dixo que antes, 'Las Riberas del Eo' tiña un apartado de cousas da rúa, que agora botaba de menos na Comarca: estiven a piques de lle dicir que esas cousas, transformadas, agora aparecían nos múltiples blog de Ribadeo.
Esa era a historia. E aí as historias, que irán tecendo a historia pouco a pouco: onte chamei para tentar conseguir os planos da ponte, da que aínda agora non sei se admitirá peóns, bicicletas, ... en Castropol nin sabían en principio se tiñan os planos, e por fin, na demarcación de estradas en A Coruña dixéronme que tiña que esperar a que alguén viñera de vacacións. De xeito diferente foi o tema dunha consulta sobre o Castro das Grobas en relación coa piscifactoría (por certo, aquí tedes un artigo que saíu onte na prensa sobre o mesmo tema, posteado dous días antes), pois por terceira ou cuarta vez non din collido ós arqueólogos da Xunta, que en Lugo non estaban, senón nunha escavación (xa me dixeran que tiña que chamar antes), co cal non me puiden enterar polo momento do status do castro a invadir parcialmente pola piscifactoría. Dúas historias ribadenses de actualidade ás que lle custa saír 'do armario'. Hai outra. Antonte, por fin, fixen a travesía bloques-Figueiras-bloques, cun trazado un pouco diferente ó especificado nunha entrada anterior sobre a travesía da ría de Ribadeo, e puiden comprobar que a distancia a nadar, aproveitando a marea, non chega en total ós 500m (ida), pois o tesón de Castropol está avanzando cunha lingua (que pode chegar a independizarse ou seguir unida ó mesmo tesón) que permite ir andando ata pouco máis de 50 m da Berlinga das Figueiras. É dicir, un novo tesón na ría que reforza o que dicía sobre o cruce da ría de Ribadeo outro día antes: o avance dos tesóns, visible dende a costa e a pesares do repetido rañar no fondo para baixar area. En fin, tres cousas do día a día de Ribadeo que non soen ser nova por eso precisamente, porque son do día a día e diso, en Ribadeo, fálase nos cafés daquel xeito.

20230919

De que pobo estamos a falar?

De que pobo estamos a falar?

    Vérmonos como parte dunha sociedade é o lóxico, que temos asumido. Por suposto, hai e seguirá a haber diferenzas de todo tipo entre nós. Entre elas, o xeito no que miramos á sociedade á que pertencemos, ó noso pobo. Palabra esta, pobo, que pode aguantar dende un só lugar dunha aldea ata a humanidade enteira. Quizais por iso mesmo, por esa diferenza de escala á que pode ser usada, tendemos a xeneralizar cara a sociedades máis grandes, que controlamos menos, o que temos percibido e/ou asumido para sociedades máis pequenas, como a que se desenvolve a nivel pobo ou Galicia.

    O anterior ven a conto do tema do declinar demográfico de Galicia, que leva xa tempo baixando de poboación. De xeito cada vez máis acusado, e a pesar mesmo da inmigración que non cesa. Ou da poboación de Ribadeo, que dende hai quince anos se mantén no entorno dos 10000 habitantes, cen arriba, ou máis ben cen abaixo. Aínda hai pouco falaba cun amigo do caso de vilas como Meira, que como núcleo urbano non perde poboación mentres se alimenta dun entorno que vai quedando baleiro. Cando chegue a un punto de baleirado do entorno meirense, que lle ha pasar á vila?

    Pois a nivel mundial, con todas as diferencias de escala ou entorno, a cousa leva un camiño abondo semellante. Máis adiantado no tempo nalgúns lugares, máis atrasado noutros. Europa tiña, no ano 1950, máis de dúas veces a poboación de Africa. Cara a 1995, a poboación era semellante. E hoxe, África ten máis do dobre de poboación que Europa. Naturalmente, iso implica un cambio de importancia dunhas zonas respecto a outras, unha relación co medre económico, unha necesidade de recursos diferente, etc. Segundo diferentes estimacións, está previsto que a poboación mundial chegue a un máximo entre o 2060 e o 2090, acadando entre 9 e 10,5 mil millóns de persoas. Unhas variacións moi importantes en tempo e cantidade, que con seguridade serán revisadas múltiples veces aínda, pero que vemos como unha crise de poboación que engadir as outras de todo tipo que temos xa aquí ou que ollamos nun horizonte próximo.

Poboación estimada 1950 - 2050, pola ONU (2011). Eixo vertical en millóns, con escala logarítmica. Feito por Conscious para a https://en.wikipedia.org, lic. CC BY-SA 3.0

    Sei que os datos puntuais poden servir para testemuñar unha tendencia ou polo contrario, unha excepción, pero non deixa de ser curioso botar unha ollada sobre algún deles que podemos atopar en moitos lugares. Por exemplo, despois de séculos como o país máis poboado do mundo, a China remata de pasar a segunda posición, por tras da India. Máis de dúas décadas de política de 'fillo único' facíano inevitable dende hai tempo. Hoxe por hoxe, o terceiro país máis poboado son os Estados Unidos de América. En pouco máis de dúas xeracións, Nixeria, Paquistán ou o Congo (República Democrática do Congo) está previsto que teñan abonda máis xente que os EEUU. O que nos leva a outra curiosidade: nos próximos 20 anos, un de cada dous nacementos terá lugar en África. Por outra banda, a poboación será cada vez máis urbana. No 2025, a urbe máis poboada, Toquio, terá unha poboación de 3/4 da de España na actualidade. En 20 anos, está previsto que Bombai teña unha poboación equivalente ó 90 % da española actual. Uns 20 anos despois, Kinshasa superará á España actual en 10 millóns de persoas. Só para que,cara a fin de século, a capital de Nixeria, Lagos, acade unha poboación dobre que a que acubilla o estado español na actualidade. Poboación que daquela, abondo probable, será menor. Iso, como deixa a idea de que Madrid é unha gran cidade?

    Costa traballo afacer a nosa mente a cambios así. É certo que escápanse ó noso control individual, pero tamén o é que nós, coas nosas actitudes e as nosas accións, entramos na fabricación desas proxeccións. Tanto para a súa confección como para sufrir ou desfrutar dese mundo que prevén. Queiramos ou non.

20230813

A seca

A seca

    Ribadeo non ten polo momento restrición de uso da auga da traída, aínda que mira con atención os fortes problemas doutros concellos, como o veciño Barreiros, sobrepasado ano tras ano no verán por un urbanismo descontrolado e unha falta de previsión asociada tamén sen control. 

    Non, en Ribadeo non temos os mesmos problemas. Temos outros. É raro xa pasar un ano enteiro sen avarías na canalización dende o depósito de Vilarbetote, no concello de Trabada, a uns 17 km de canalización do depósito xeral para Ribadeo, nas aforas da vila, na ladeira de Santa Cruz.

     Hoxe fixen un paseo pola zona do encoro de Lexoso. Un lugar do que se colle auga para subministrar Ribadeo. Non o principal, pero alimenta a rede das parroquias do interior, aliviando a presión sobre a toma principal e evitando ter que bombear a máis altura a auga recollida do Eo en Vilarbetote. Vin que os regos que o enchen teñen só un fío de auga. Antes e despois do encoro. No encoro, o seu aspecto medio baleiro con nivel baixo, a máis de colmatado daba a impresión dunha pequena piscina descoidada. O descoido viría de que ó estar o seu vaso cheo de terra/area/lama, a súa capacidade máxima vese moi minguada. En calquera caso, o estanque reforza a súa imaxe co verde das árbores das súas beiras e pode inducir a pensar que aquí non fai falta auga. Ó fin, non estamos na terra dos mil ríos?

    A máis do aviso de hai xa moitos anos de que moitas fontes por Galicia adiante estaban contaminadas, das perdas de auga en canalizacións vellas, ou do consumo rampante sen consciencia de que a auga é un ben escaso (a terra dos mil ríos, lembramos) e que necesitamos compartir coa natureza, súmase o cambio climático: o aumento de temperaturas e a moitas veces desapercibida evaporación, e a diminución da chuvia en moitos lugares, xunto co aumento da irregularidade na caída. Contaminación que tende a aumentar pola presión humana. Perdas de auga que non diminúen se non hai un plan de mantemento inexistente en moitos lugares. Aumento do consumo que só se ve limitado ou de xeito cosmético ou pola falta cada vez máis evidente. E cambio climático planetario que está acelerarse xunto coas súas consecuencias, sexan diminución de chuvia ou variación de réxime de pluviosidade.

    Hoxe a seca non é só un ocasional dito dos labregos para os que non chovía a gusto de todos e enfrontados ó falar dos cidadáns e veraneantes que escapaban da choiva vivificante. É unha realidade que tende a quedarse un ano si e outro tamén, coa que hai que aprender a convivir pero tamén e ó tempo que se dan os pasos para tentar evitala no futuro. O noso impacto sobre o planeta está a sobrepasarnos, e dun planeta salvaxe, tras estragalo, non nos queda outra que coidalo como un xardín: o único salvaxe que queda sobre o planeta somos nós.

Vista do encoro de Lexoso, hoxe.

Baixada ó encoro, dende a LU 133
--

Engado un comentario de Evaristo Lombardero:
Tamén podemos suliñar que dende o comezo da democracia nunca houbo un debate público e aberto sobre o servizo de augas en Ribadeo, as decisións sempre se tomaron no segredo ou semisegredo dos despachos, con mínimos anuncios á veciñanza. No mil novecentos noventa e oito, baixo o goberno do PP aprobouse a privatización do servizo ca oposición de PSOE e BNG. A concesión foi por vinte anos. Xa no 2006 ampliouse por seis anos mais co voto favorable dos tres partidos devanditos. E en febreiro do dous mil vintetrés aprobouse un novo proxecto de privatización por outros vinte anos nos que o concello pagará vintecatro millons de euros á empresa concesionaria, pendente de trámites. Os tres grupos volveron a votar a favor.
Tamén se podería lembrar un traballo que presentamos nas eleccións de dous mil dezanove para reducir o consumo rebaixando o mínimo que agora está en vinte m3, e algúns concellos téñeno en seis. Obviamente está medida podería ser un estímulo para que a xente consumise menos. As familias que chamamos "monoparentais" raramente chegamos aos vinte, senón mirade as vosas facturas.

20120217

Sobre a demografía actual na zona

Este mesmo mes, un amplo artigo de La Voz de Galicia ofrecía unha táboa coa demografía de cada un dos municipios da Mariña. Aproveitando esa táboa, fixen un reparto de datos para poñer en perspectiva a demografía mariñán dende hai século e medio.
Aproveitei a subdivisión comarcal como referencia, e o resultado é o seguinte:
Na primeira gráfica vese un mentemento da poboación da comarca enteira entre mediados do século XIX ata a migración a Europa dos anos 50/60, a pesares da existencia dunha emigración anterior a América. Tras unha lixeira recuperación nos setenta e posterior meseta, as estatísticas cada menos tempo fan retorcerse lixseiramente a curva, pero amosando un nivel descendente salvo nos primeiros anos do século.
A nivel subcomarca, preséntase no mesmo gráfico a evolución das tres zonas de demarcación recente para comparación, pero sendo desenvoltas na gráfica de abaixo:
Por división administrativa, a menor en terreo e poboación é a da Mariña oriental, coas outras dúas, centra e occidental, máis equilibradas entre sí.
Hai que lembrar que a distribución en comarcas é recente, aínda que no gráfico aparezan agrupados os concellos dende hai século e medio, que foi nos anos noventa cando se dividiu Burela desgaxándose de Cervo (e pasando logo cada un dos dosu municipios a unha comarca diferente), e que as comarcas están formadas por:
Conforman a Comarca da Mariña Oriental: Barreiros, A Pontenova, Ribadeo e Trabada.
Comarca da Mariña Central: Alfoz, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo e O Valadouro.
Comarca da Mariña Occidental: Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove.
Con estes datos, observamos que as tres zonas teñen unha certa estabilidade de poboación ata os cincoenta, nos que se nota a presión migratoria e comeza o declive absoluto. O declive relativo fronte a España está claro moito antes, pois no período a poboación española multiplicouse por 3, e ata a galega aumentou, aínda que abondo menos.
A partir dos cincoenta, o declive na noza oriental, na que esa integrada Ribadeo, é patente. Nas outras dúas zonas, o reflexo do ascenso de Burela (que conta con Cervo na M. Occidental ata os 90, e logo, na Central) e a implantación de Alcoa, enmascaran o proceso, pero unha vez pasado o tirón de ambas circunstancias, a poboación deixa ver un lixeiro declive tamén na zona occidental mentras se estabiliza na central.


En canto a Ribadeo por si só, o concello segue un patrón con certa semellanza ó da zona en conxunto, pero con particularidades, pois a partires do 1900 o núcleo urbano 'independiza' a súa evolución en relación á zona rural, da que se alimenta, chegando a 1990 no que o tirón xa non queda reducido á propia zona rural, senón que a vila convírtese en auténtica capital comarcal, pasando a absorber de xeito máis patente poboación dos outros concellos e do occidente asturiano e arrastrando a poboación total cara enrriba. De calquera xeito, hai que ter en conta que hoxe a poboación dos catro concellos que constitúen a Mariña Oriental concéntrase na súa maioría en Ribadeo.
Conclusións? Quizáis no momento actual se poideran sacar algunhas conclusións sobre a evolución próxima da poboación na zona ...

20240521

Sargadelos, un val poboado por unha industria (1). Pablo Mosquera

Auga para Sargadelos

Sargadelos, un val poboado por unha industria (1)

30 de abril de 1798. Habitantes das 17 parroquias próximas a Santiago de Sargadelos no Concello de Cervo marchan sobre a fábrica que rixe o ilustrado Antonio Raimundo Ibáñez. Son recibidos non só con improperios. Reciben granadas e balazos. Hai un morto e moitos feridos. Causas do motín: o imperativo de que teñen que cargar carbón, e diversos materiais relacionados coa fábrica, por un salario mensual de 12 reais por carro, que necesita dous homes e unha parella de bois cun tempo de dedicación de tres días, o que leva consigo o descuido das tarefas de sembra e colleita. A desobediencia é sancionada con multas e prisión nun maldito cepo instalado nas fábricas.

Ibáñez logrou, pola autoridade central do reino, autorización exclusiva para manexar as fragas de Rúa. Ante tamaño mandato, os paisanos buscan amparo na Intendencia Xeral do Exército de Galicia, o que non logran e provoca o aumento na represión do señor feudal-ilustrado. Sargadelos é unha fábrica de municións con amplos privilexios reais. A fidalguía civil e relixiosa acusaban a Ibáñez de ser un déspota cuxa conduta industrial desarticulaba a economía agropecuaria da comarca.

No entanto, non podemos de ningún xeito obviar os seus logros. Dos seus fornos saen os potes que dan para comer a moitas familias humildes da zona, os proxectís que defenden á nación en momentos cruciais ou as tubaxes que levan o progreso á capital do reino en forma de auga corrente.

Con frecuencia gozo ensinando Sargadelos. O paseo desde os fornos até a presa coa canle e os eucaliptos aos lados do carreiro. O museo que garda e expón as catro etapas da louza que chegou a competir con Picman e Cartaxena, e na súa primeira etapa até con Bristol. A fábrica fundada por Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane, con ese fermoso mural que lembra un guerreiro do denario ibérico, ou a presenza escultórica dos grandes pais da nosa literatura Galaica.

Aínda se conservan as mouteiras do camiño con peaxe entre Sargadelos e o porto sito nos Campos-Ría de San Cibrán, onde a flota de buques con pavillón da fábrica, traían e levaban, materiais relacionados coa produción. O pazo coa súa heráldica e unha fermosa fonte, entre escaleiras de pedra e xardíns. Se pecho os ollos e poño atención creo escoitar aquelas orquestras que animaban as festas do Apóstolo Santiago pegadas á Casa da Administración. Bailes de outrora. Tango, chachachá, bolero, vals. Era unha muchachada alegre entre pegadas da historia.

Unha historia que debería ensinarse na disciplina de "sociais" nos centros de ensino, polo menos da Mariña mindoniense. No seu forno de fundición elaborábanse até 30 000 quintais de ferro que deron cociñas, balcóns, tubos, molinetes para barcos, rodas hidráulicas, baterías de cociña, municións, potes a estilo Bordeus. Eses consumos de 50 000 quintais de carbón mineral, outros 20 000 de carbón vexetal, uns procedentes de minas astures e outros das fragas sitas en Rúa e Trasbar.

E o máis importante. A industria empregaba até 1000 familias, 250 carros con 300 parellas de bois, que achegaban e trouxeron mercadorías dun porto -Os Campos de San Cibrán- que chegou a contar cunha flota de 22 buques.

Tal actividade foi causante da creación dese pobo-parroquia. Non só obradoiros, casas para residencia dos numerosos operarios e as súas familias, e desde logo unha igrexa que encomendaron ao Apóstolo Santiago, así como ese mesón que perdura hoxe esquecido.

En 1804 comeza o esplendor da louza que será contrasinal do bo gusto, até ese momento en 1848 en que até S.M. a raíña acusa mediante Real Orde haber recibidos dúas fermosas vaixelas de tal compañía -Sociedad La Riva- que se considera como presente das artes e homenaxe á industria de Galicia. Fago un inciso para comparar o que antecede coa pestilencia contaminante desa ALCOA moribunda. En Sargadelos houbo emprendedores, comerciais, deseñadores e continua mellora nas instalacións e ferramentas. Incluso un camiño de peaxe do que hoxe quedan as mouteiras que nos indican por onde pasaban os carros celtas desde o emporio industrial até o porto na ría do Covo.

En pleno primeiro terzo do século XXI, a louza daquel Sargadelos do século XIX é un luxo que adoita estar exposto polo seu valor integral, que ademais para un galego da Mariña é un símbolo que alimenta o orgullo identitario. De todas as pezas posibles quedo coas fermosas escribanías que a recado estaban na mesa escritorio dun catedrático, un bispo, un médico de prestixio ou un avogado triunfal. As súas cores poden confundirse coa louza de Cartaxena ou da Cartuxa, pero non para alguén que sabe de marcas.

Pablo Mosquera Mata

 

20060128

Un artigo non publicado aínda. A 2ª entrada de hoxe.

Adxunto un artigo que tiña que ter saído hoxe, pero non o vin publicado. De que vai? Lee e xa o descubres ti mesmo. e despois, outra ración dun artigo sobre Hernán. Mañá, máis. Que? ... veralo.

Un tesón, unha ría, unha vida.

Remata de chegar ás miñas mans a proposta da Plataforma para a Defensa da Ría para o establecemento dun plan de protección. E preveo que sigan a chegar boas palabras e malos actos moito tempo máis. Nembargantes, como a situación ten que cambiar (ou cambiamos nós, que é outra posibilidade), paso a leelo e póñome en situación: a fin de mes está previsto un cumio galaico-astur e a Plataforma pretende entregar ás autoridades unha versión revisada da proposta que está a difundir agora. É dicir, o leelo e criticalo é parello a unha esmola para a ría. E quero a ría, ou sexa que de esmola, nada: contribución.

Pídese a declaración de espazo protexido, e unha comisión permanente e con participación cidadá para o seguemento e control da súa conservación. É dicir, leis, pero asegurando o seu cumprimento. Claro, do anterior se desprende que se debe renunciar a calquera recheo, e máis cando parece que a beira asturiana xa está farta de que sexa a parte galega quen faga recheo tras recheo.

Como as leis necesitan unha concreción despois de promulgadas, nas propostas inclúense medidas derivadas a curto e medio prazo. Por exempl, e fronte a presión urbanística que se deixa sentir na redacción do Plan xeral de ordanación urbana, propónse a ampliación ata 500m da prohibición de cosntruír, ou o saneamento de puntos concretos que lle fai falta, ou algunha medida para poñer en valor o propio que ten como espazo natural.

Son un total de 20 medidas para facer posible unha ría mantible no tempo como unha xoia que temos, sen emporcallar e sen facela desaparecer baixo recheos ou sinxelamente, sen facela desaparecer da vista.

É certo que o borrador presentado non fala moito dos tesóns, pero na actualidade e tras as derradeiras obras, a súa capacidade de recuperación é asombrosa, como se pode ver día tras día mesmo fronte a Mirasol, o que parece dicir que non corren perigo mentras a draga pase algunha tempada fóra da ría.

Vai sendo hora de que nos decatemos que a ría ten unha vida propia, que defende con tesón das agresións que sufre, pero que como calquera ser vivo pode enfermar debido a elas. Es eso está pasando. É hora de cuidar un espazo que polo momento sirvéunos a nós e non elixir o mal camiño de tentar de crecer económicamente a costa do medio ambiente, dun xeito desordenado e sen futuro. A ría é algo parello a unha galiña dos ovos de ouro: alguén se imaxina aunha galiña así estabulada nunha granxa con outras moitas semellantes?


--

Data: 2002

Fonte: do autor. Publicado en „La Comarca del Eo“

Título: Lacrimosa dies illa

Autor: Fernando Rodríguez Raño

Descrición: En lembranza de Hernán.

Comentarios:

LACRIMOSA DIES ILLA”

por Fuji

“Lacrimosa dies illa....si, foiche ben certo, tamén de dor, carraxe,sorpresa... traxedia implacábel e irreparábel...

Pois aínda me levou o seu tempo atinarlle co título, non, tranquilos; nen é un tratado sobre a gaita de fol en inglés nen a “pachanga” que soará nas orquestras o vindeiro vrao....

É un fragmento (“Lacrimosa”) do texto latino que se usaba nas misas de defuntos (“Réquiem”)... Mozart o inimitábel (Wolfang Amadeus, Salzburgo 1756 – Viena 1791) deixounos en herdanza, entre outras moitas cousas, o que coñecemos coma o seu Réquiem (Réquiem en re menor para solistas, coro e orquestra KV 626; pero solistas sen medo escénico por suposto) ; música estremecedora donde as haxa; escrita por encargo; e, que por ironías da historia ( ou da vida vaian vostés a saber), trocouse na banda sonora do seu propio funeral....

... Eu tiña un amigo (sempre foi alén da amizade: mentor, pai, profesor, guía, psicólogo, confesor, educador, músico, director, poeta, escritor....) co que compartía certa afeción polo compositor salzsburgués. Tamén compartía cervexas cando cadraba, nicotina case sempre, alguns gostos literarios, e ata coche en certas ocasions... pero iso eche outra historia...

A cuestión é que coñecín a este amigo moitísimo antes que ó señor W.Amadeus.... e a este último coñecíno gracias ó meu amigo. Coma tamén coñecín o gosto pola literatura (musical e da outra) pola historia (musical e da outra); o gosto pola música (das verbas e da outra: facéndoa, escoitándoa ou sinxelamente léndoa); pola vida e intención dos compositores ( non botan vostés de menos os textos nos programas de man da Banda?); polo cine; os cafés cos amigos (e amigas),...E por moitas outras cousas a través do seu esforzo impagábel na educación de xeracións de músicos (algúns debémoslle o noso pasado, presente e futuro); de moi variado público de tódalas idades (miña nai non soubo quenes eran Sibelius e Shostakovich ata que apareceron nos atrís da Banda, eu tampouco); dos mesmos pais e compañeiros de músicos (non sempre estudar música tivo o recoñecemento social dos últimos seis meses ).....

Sí, educación no senso mais amplo desta verba. No senso da formación global do individuo reflectida coma suma dos pequenos detalles diarios, nos que poñía toda a súa intención e coidado. Ó mesmo tempo que era plenamente conscente da súa influenza no desenrolo de cada músico, non só coma músico senón (o que é mais importante) coma persoa...

Evolucionar, medrar e aprender; iso foi o que fixemos coa nosa Banda músicos, público e director até o 17 de Maio...E cometer erros por suposto, o longo de case dez anos, pero iso é a maneira mais importante de aprender cousas importantes. Todo isto a través da música; en ocasións da súa música; en ocasións da dos grandes mestres; en ocasións da mais comercial e coñecida.(como era aquilo do heterodoxo quefacer dos seus músicos...?). E, case sempre, con mais imaxinación que medios. Contra vento e marea, ou se se quere ser menos retórico: contra institucións e sectores da opinión pública se era necesario.

Mozart estivo presente varias veces nos atrís da Banda. Os mais veteranos lembrarán a súa expresiva “Música Fúnebre Masónica”, ou o “Ave verum Corpus”, até a Banda desfilou (de vez en cando non nos queda mais remedio) ó ritmo dunha marcha que pertence a “Frauta Máxica” do compositor. Máxicas tamén as nosas frautas na primeira obra do disco, póstumo coma o Réquiem, da Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo que fai pouco saiu a rúa.

Aínda que o “Réquiem” lle pertenza en espírito e concepción ó mestre Amadeus non chegou a reflectilo na partitura por enteiro.. A morte sorprendeuno con nocturnidade e mala intención, detendo a súa pluma nos primeiros compases da “Lacrimosa”... Foi un aluno seu, (Franz Xavier Süsmayer) quen rematou a obra do seu mestre, atinadamente en opinión da crítica, aínda que os nostálxicos pensemos que Mozart só hai un. Escoiten, escoiten a Lacrimosa, ese salouco desgarrador que nace case inaudíbel e remata nun berro de profunda dor....

O feito de que non rematara a súa obra alimenta a lenda do Réquiem. Hai un romanticismo profundo nesa idea do discípulo tomando o relevo do mestre (establezan a comparación que lles pete). Pero a realidade histórica érquese aquí en asasina sen piedade dese romanticismo implícito na idea. Xusto no intre no que descubrimos os motivos que levaron a Süsmayer a tomalo relevo... Estes foron somentes económicos. O Réquiem constituiu un encargo, dun conde apenado pola morte da súa dona, feito no seu momento a Mozart...(viva o materialismo histérico!, perdón, histórico)...

...O que se nos asemella certo e inevitable, é que xamáis chegaremos a coñecer a opinión do xove Mozart sobre a súa própria obra mestra...

...Fernando Rodríguez Raño foi trombón primeiro e solista da Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo baixo a batuta de Hernán Naval, trombón terceiro con Mariano Rivas e actualmente toca o que pode ou lle deixan...

20100522

Da presentación do libro de Pablo Mosquera


Onte tivo lugar a presentación do libro de Pablo Mosquera na Casa das Letras.
Deixo a continuación unha copia da entrada no blog de O Tesón:
A coincidencia do acto con outros catro eventos non facilitou a asistencia de xente, que se manifestou en vinte persoas como público. Como estaba previsto, falaron A. Gregorio presentando ó autor, J.Mª Rodriguez introducindo o libro e o propio autor con verbas sobre diversos temas relacionados co libro, incluída a idea da súa realización. A falta da gravación do acto, que se fastidiou, a continuación inclúense as verbas dos dous primeiros (que sufriron algunha variación no acto)
--
Boas tardes.
Os contactos entre O Tesón e Pablo Mosquera, e por extensión, os Aventados, fan posible este acto de hoxe nesta casa da cultura que se nos brindou e que é a Casa das Letras.
Temos na mesa a José Mª Rodríguez, que fará a presentación e ó autor, Pablo Mosquera, que falará da Mariña, do que fala o libro “Senderos para el Viajero”. Ambos son coñecidos abondo como para non necesitar presentación previa, pero cabe dicir que unha pequena visita a internet, onde me atopei cun medio millón de ocorrencias de 'Pablo Mosquera', fíxome variar a miña cómoda postura inicial de escudarme no coñecemento previo por parte do público para tentar facer un pequeno desbroce informativo.
Co permiso de José Mª, e como a presentación esta volta corresponde a un libro de Pablo, só direi del a lembranza do seu último libro polo momento, 'Sobre os castros de Ribadeo', presentado hai non tanto tempo neste mesmo lugar.
En canto a Pablo, xa dixen que o que me fixera cambiar de idea sobre a presentación foi a cantidade de información e desinformación na rede. Así, atopeime cun Pablo Mosquera campeón galego coido que de tenis. A cousa sería para para engadir ó curriculum, pero resulta que era na categoría alevín no ano 2004, co que non cadran as contas. E vinme na necesidade de aclaralo, mesmo cando a solapa do libro que hoxe se presenta contén unha relación parcial de feitos relacionados con el.
A quen temos aquí é a Pablo Alejandro Mosquera Mata, de alcume 'Bígaro'. Nalgunha biografía din que é político, escritor e articulista. Non obstante, de profesión, é médico, especialista en saúde laboral, e no seu ámbito profesional ten desenvolvido diversos cargos, entre os que destacan a dirección de Hospital en Vitoria, Burela e Jarrio. E na súa profesión segue.
En política, foi parlamentario vasco por Álava cinco mandatos, e parlamentario foral alavés en tres, tendo impulsado e creado un partido, Unidad Alavesa, do que foi presidente. Do seu paso pola política queda asemade a súa membresía como parte do Goberno Foral de Álava. Abandoou a política activa hai xa perto dunha década para virse dende o País Vasco a Galicia, ou máis en concreto, á Mariña.
En canto ó seu aspecto literario, a parte doutras obras como 'Entre líneas', ten colaborado con numerosos diarios e revistas, sendo ademáis tertuliano en varios medios. Calquera pode telo escoitado de xeito recente en Onda Cero ou leído na Voz de Galicia, o mesmo que pode ter accedido a centeares de artigos seus noutros medios, como El País ou El Progreso, o mesmo que en diarios de ámbeto vasco.
Pero quizáis sexan outros intereses os que nos aproximen máis ó actual libro: retomando ó chegar a súa terra o interese asociativo que o levou a participar na fundación do Foro de Ermua, de igual xeito ten hoxe entre mans ós Aventados, asociación cultural que é con diferencia na actualidade a que máis se está a mover na Mariña, e que non por casualidade terá mañá un dos seus numerosos actos, esta vez en función do poeta Miguel Hernández, ó tempo que hoxe mesmo é o propio Pablo e Alfonso Otero Regal saen nos papeis a conto doutra actividade da asociación mantida mércores en Viveiro. Un só detalle define quizáis esta asociación tan vencellada a Pablo: non hai moito, declarou que é doado ser un 'aventado': chega con ser alguén que ama á súa terra. Ista, na que estamos.
E co citado detalle, coido que queda algo clarificada a traxectoria vital de Pablo, e encarriladas as verbas xusto abondo para ceder a palabra a José Mª e comezar, agora si, a presentación do libro.
--
La cosmología aristotélica, inspirada en Ptolomeo, sobre los cuatro elementos del cosmos, tierra, aire, agua y fuego, no se acabó con Galileo, sino que pervive en el grupo de los Aventados de San Ciprián. Su cabeza visible, Pablo Mosquera, que nos honra aquí con su presencia, se encarga de recordárnoslo a través de este precioso libro que hoy pone a nuestro alcance. Un libro en el que el autor, como buen aventado, rinde tributo a los cuatro elementos que, según Ptolomeo, componen el mundo físico en el que vivimos y del que somos parte. Un mundo que Pablo se encarga de descubrirnos a lo largo de las páginas de este libro. Un libro en el que su autor nos revela bellezas ocultas, en situaciones y cosas, que a los demás se nos esconden.
Nos habla del viento cuando lo oye azotando en la noche los blancos mantos de la Santa Campaña en su recorrido nocturno por las costas del litoral mariñano, por tierras de San Andrés de Teixido o celebrando sus aquelarres en Os Farallóns de San Ciprián, invitada por la Maruxaina.
Nos habla del agua cuando nos cuenta los naufragios de tantos caminantes incógnitos y desconocidos peregrinos que las aguas engulleron en los muchos y trágicos siniestros sufridos en nuestra mar bravía a lo largo de nuestras costas.
Nos habla del fuego cuando con imaginación nos va relatando los destellos luminosos de los hermosos faros que, sin otros indicadores ni señales de tráfico que los guiasen, iluminaban los caminos de las naves que cruzaban el mar frente a nuestras costas.
Se ocupa de la tierra cuando, guiando los pasos de los peregrinos, les va descubriendo los bellos parajes que se esconden detrás de cada recodo de nuestras costas, desde Ribadeo hasta San Andrés de Teixido.
De todo esto y de mucho más nos habla el autor en la primera parte de su bello libro, escrito con una hermosa prosa, imaginativa y cunqueiriana, con la que va guiando a los viajeros y peregrinos hacia los lugares más señeros de nuestra costa britona. A través de estas páginas, siempre nuevas por su contenido poético y su frescura, nos va descubriendo bellezas y cosas que a los demás mortales se nos ocultan.
Yo me imagino a Pablo, sentado a la vera del campo santo de Vares, contemplando la isla Coelleira. Y en ella, esa reliquia de nuestra antigua cultura britona que, allá por el año 540, acogió al primer barco de los britones llegado a nuestras costas, y en donde levantaron el primer monasterio para albergar a Mailoc que llegaba con sus monjes britones para combatir los restos del priscilianismo y las incipientes herejías arrianas importadas por los suevos. Desde ese bastión de la Coelleira saltarían más tarde los monjes, con su abad al frente, hasta San Martín para fundar el gran Monasterio de Máximo, en donde quedó establecida la sede de nuestra diócesis britona, que después de su breve paso por Ribadeo, quedaría establecida para siempre en Vallibria, la actual Mondoñedo. Testimonio de los lazos que unían a esos dos monasterios britones y de esa herencia pasada compartida es la relación de dependencia que ambos monasterios, el de San Martín y el de l Coelleira, mantuvieron a lo largo de los siglos de existencia hasta el siglo XVIII, en la baja Edad Media.
Luego nos va exponiendo el autor, con numerosos y exhaustivos datos y fechas, los avatares vividos por los peregrinos desde el siglo X en su caminar hacia Compostela, guiados por la Via Láctea, que nosotros llamamos el Carro de Santiago. Y llevando de la mano a estos modernos peregrinos, que caminan movidos por una espiritualidad sin religión, en busca de la paz interior y del encuentro con la Trascendencia, el autor los conduce por los caminos de nuestra historia y los recovecos de nuestros paisajes, mientras les va recordando la intensa actividad ballenera habida en los puertos de la mariña. Todo ello adornado con hermosas leyendas que hablan de famosos acontecimientos pasados.
La historia del Marqués de Sargadelos le sirve al autor para dar a conocer al visitante que recorre nuestras tierras mariñanas el primer florecer de la industria de nuestra tierra gallega: la transformación del hierro, del caolín o del lino, la importación y exportación de nuestros productos textiles y agrarios, todo ello bajo el impulso hechicero y prodigioso de la figura del ribadense Antonio Raimundo Ibáñez, 2º regidor del concejo de Ribadeo.
Y no falta tampoco, como no podía ser menos, un recuerdo a la gran labor evangelizadora del hereje Prisciliano a lo largo de la Gallaecia. Un apóstol que, predicando pobreza y austeridad, criticó enérgicamente todo contubernio entre el poder civil y el religioso por lo que tuvo grandes enemigos que lograron su ajusticiamiento en Tréveris, desde donde fue traído y enterrado en algún lugar de la Gallaecia. De todos es conocido el “rum-rum” que circula entre muchos y destacados escritores que atribuyen a la tumba de Prisciliano el origen de las peregrinaciones a Compostela. Un Prisciliano, apóstol de la Gallaecia, de cuya labor misionera dan testimonio tantas ermitas y santuarios escondidos en las zonas agrestes de nuestras montañas, como Santo Estevo do Ermo, y en recodos ocultos de nuestras costas, como San Andrés de Teixido y tantos otros lugares que florecieron en nuestro antiguo reino de la Gallaecia, que abarcaba desde el Atlántico, ocupando toda la tierra de la orilla norte del Duero hasta las Vacongadas.
En resumen, el lector encontrará en este libro el canto de un gallego a su tierra y a sus tradiciones. Un recuerdo a las raíces que lo fueron formando y lo sosotienen y de las que aún se alimenta la Galicia actual.
Y termino felicitando a Pablo Mosquera por su aportación al mundo de la cultura con la aparición de este libro que viene a llenar un vacío en nuestra cultura comarcal y que, sin duda, colmará de placer a todos los que se paren a leerlo, como me ha ocurrido a mi mismo. Como dice Flavio Josefo en sus Antigüedades “importa tanto acertar con un estilo literario que haga placentero lo que se relata, como atenerse a la realidad de los hechos”. Y estas dos cualidades que, según Flavio Josefo debe tener un historiador, las encontrareis en este libro, escrito con un lenguaje culto, pero al mismo tiempo sencillo.
Felicidades al autor por este regalo.

 Obras de José Mª Rodríguez