20220518

Actas de plenos

A máis de comentarios diversos dos plenos reseñados e doutros plenos, deixo aquí as catas que aparecen neste momento dispoñibles nas web mantidas polo concello (non están todos na mesma).

 Do que vai de 2022:

ACTA DO PLENO 2022-0002 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO URXENTE 07 ABRIL 2022] PLN/2022/3

ACTA DO PLENO 2022-0003 [ACTA PLENO ORDINARIO 5 ABRIL 2022] PLN/2022/2

ACTA DO PLENO 2022-0001 [Acta Pleno Ordinario 28.01.2022]

De 2021:

ACTA DO PLENO 2021-0013 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO. 16 DE DECEMBRO DE 2021]

ACTA DO PLENO 2021-0012 [ACTA PLENO ORDINARIO 30.11.2021]

ACTA DO PLENO 2021-0011 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO A INSTANCIA PARTIDO POPULAR 05.10.2021] 

ACTA DO PLENO 2021-0010 [ACTA SESION PLENO ORDINARIA DE 5 DE OUTUBRO DE 2021]

ACTA DO PLENO 2021-0009 [ACTA SESION EXTRAORINARIA URXENTE. 13.08.2021]

ACTA DO PLENO 2021-0008 [ACTA PLENO ORDINARIO.28.07.2021. POR VIDEOCONFERENCIA]

ACTA DO PLENO 2021-0007 [ACTA SESION EXTRAORDINARIA URXENTE 17 XUÑO 2021]

ACTA DO PLENO 2021-0006 [ACTA SESION ORDINARIA 31 MAIO 2021]

ACTA DO PLENO 2021-0005 [ACTA SESION PLENO EXTRAORDINARIO 13.05.2021. 2ª SESION]

ACTA DO PLENO 2021-0004 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO. 13.05.2021. 1ª SESION]

ACTA DO PLENO 2021-0003 [ACTA PLENO ORDINARIO 29.03.3021]

Pleno de 26 de xaneiro de 2021  ACTA DO PLENO 2021-0002 [ACTA SESION ORDINARIA PLENO 26.01.2021. POR VIDEOCONFERENCIA]

ACTA DO PLENO 2021-0001 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO URXENTE 26.02.2021]

As restantes xa estaban con anterioridade agrupados nunha entrada (Ligando as actas dos plenos de Ribadeo):

2020

ACTA DO PLENO 2020-0009 [ACTA PLENO ORDINARIO. 24.11.2020]

ACTA DO PLENO 2020-0008 [ACTA SESION ORDINARIA PLENO 24.09.2020]

ACTA DO PLENO 2020-0007 [ACTA PLENO ORDINARIO 28 DE XULLO DE 2020] 

ACTA DO PLENO 2020-0006 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO. 09.06.2020. 2ª SESION]

ACTA DO PLENO 2020-0005 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO. 09.06.2020] 

ACTA DO PLENO 2020-0004 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO. 13.06.2020. ELECCION MEMBROS MESAS ELECTORAIS]

ACTA PLENO EXTRAORDINARIO 07.03.2020

ACTA DO PLENO 2020-0002 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO URXENTE. 19.02.2020]

ACTA DO PLENO 2020-0003 [ACTA PLENO ORDINARIO 06.02.2020]

2019

ACTA DO PLENO 2019-0014 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO 30.12.2019]

ACTA DO PLENO 2019-0013 [ACTA PLENO ORDINARIO 05.11.2019]

 

2018

ACTA DO PLENO 2018-0001 [ACTA PLENO ORDINARIO 23.01.2018]   

2017

ACTA DO PLENO 2017-0009 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO 19.12.2017] 

ACTA DO PLENO 2017-0008 [ACTA PLENO 29.11.2017]

ACTA DO PLENO 2017-0007 [ACTA PLENO]

ACTA DO PLENO 2017-0002 [ACTA PLENO ORDINARIO 23.03.2017]

ACTA DO PLENO 2017-0001 [Acta Pleno Ordinario 24.01.2017]

2016

Pleno Ordinario 8 de novembro de 2016

2015 

 2014

 2013

 2012

 2011

2010

 2009

 2008

 2007

 



SOBRE A UBICACIÓN DO NOVO CENTRO DE SAUDE DE RIBADEO (IV). Evaristo Lombardero

SOBRE A UBICACIÓN DO NOVO CENTRO DE SAUDE DE RIBADEO (IV)

  

        Como xa hai varias semanas que non escribimos sobre este asunto temos que lembrar dous puntos:  

-    1º Se as crónicas non menten, o Concello de Ribadeo e mais a Xunta de Galicia están de acordo en construír un novo centro de saúde en Ribadeo nuns terreos situados enfronte da Estación de Servizo, ou sexa a un quilómetro do centro casco urbano.  

-    2º Ate o día de hoxe non se coñece ningún documento ou proxecto oficial sobre o devandito centro de saúde.  Se existe non se deu a coñecer aos veciños e veciñas nin hai ningunha notificación oficial de que se poda consultar en algunha administración pública.  

        Queremos tratar hoxe un aspecto decisivo da política local que veñen consensuando dende hai moitos anos o PP, o PSOE e o BNG. Refírome á política urbanística e as xestións para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado definitivamente o 25 de Setembro de 2014 polo Pleno Municipal e publicado no DOG o 1 de Decembro do mesmo ano.  

        Mais alá de algunas regueifas e diferencias puntuais os tres grupos municipais estiveron de acordo no seguinte:

1º Permitir que a maioría das rúas de nova creación seguisen o trazado dos antigos camiños e polo tanto a estrutura derivada da propiedade das fincas que se converterían en solares.  

2º Eludir absolutamente a  edificación aberta, con zonas verdes e bulevares para facilitar o máximo aproveitamento especulativo do solo.  

3º Autorizar alturas mastodónticas absolutamente non apropiadas para o uso, a convivencia e a seguridade dos seres humanos.  

4º Evitar a creación de un solo de reserva para equipamentos comunitarios como é o caso do novo centro de saúde.  

5º Aprobar tres convenios urbanísticos no 2012 (con algúns reparos do PSOE) posteriormente incorporados ao PXOM con mínimas contraprestacións para o concello.  

6º e principal: Reducir ao mínimo legal as posibilidades de participación da veciñanza, evitando charlas, debates, vídeos, exposicións ou outras formas de información para facilitar a toma de conciencia social e colectiva que puidese reducir a especulación.  

        Como consecuencia destas políticas agora resulta que hai que levar un servizo público de primeira necesidade, como é un Centro de Saúde de Atención Primaria, a un quilómetro do centro do casco urbano habendo como hai grandes espazos sen edificar no medio e medio da vila que obviamente se reservan para construír macroedificios.  

        Este é o problema e os dirixentes do PP e o BNG están de acordo, mentres os do PSOE aínda non abriron a boca.  

        Pero a cousa non remata aquí. Calquera dos espazos que hai no centro do casco urbano, que poderían servir para construír un centro de saúde podería recalificarse cos correspondentes trámites administrativos se houbese unha decisión política de facelo, e se non se fai non é por ningún impedimento legal, senón porque os señores e señoras concelleiros que poden facelo prefiren mirar para outro lado e facer como que non se enteran.  

        Non me vou estender en outras consideracións porque a cousa é tan evidente que non require mais tempo. É o que hai.  

Evaristo Lombardero Rico, 18/5/2022 
 
--
SOBRE A UBICACIÓN DO NOVO CENTRO DE SAUDE DE RIBADEO: I, II, III, IV, V.

20220516

Os tempos son variados / dos bardos, das idades

Portada do libriño facsímile editado pola Deputación Provincial de Lugo

Os tempos son variados / dos bardos, das idades

    Lingua e xente. Coido que recorrer ó Himno galego o día da lingua non ten nada de especial, como tampouco o facelo no 'día de Galicia'. Escribo xusto antes dun 17 de maio, día das letras galegas, e non é complicado observar que o himno ten letra e que hai unha relación. Precisamente que se achegue o día das letras facilitou que, ó pasar pola feira do libro, me fixera cun exemplar facsimilar do impreso para celebrar o día de Galiza de 1935 en Lugo. Ía dicir que a Deputación Provincial, cunha caseta na feira, mo obsequiou, o cal é certo, pero coido que máis certo é dicir que o collín da caseta porque estaba para coller despois de quedar restos de edición dende o 2010 no que foi editado. Restos que polo que parece non se dan esgotado.

    Ó folleto, de 16 páxinas de interior, foille engadida información sobre a edición facsímile e un escrito de Antón Bao Abelleira, daquela Vicepresidente da Deputación de Lugo. Non é a primeira vez que o vexo, pero si a primeira que o collo e leo. E que penso nel coñecendo o contido. Diso van estas letras. Sen tentar facer un 'spoiler', que coido que as 14 páxinas numeradas (máis anuncios da época, verbas do Vicepresidente, información de edición e portada) merecen a atención para ser coñecidas de primeira man. E, nese sentido, espero que no futuro a Deputación teña a ben facer unha nova edición, quizais sen a intervención do Vicepresidente, aínda que entendo que foi o impulsor da edición de 2010, ou polo contrario, cunha introdución e/ou un estudo moito máis amplo.

    O folleto inclúe o programa da banda, ó comezo, e o himno ó final. Produto dun tempo no que a escrita non estaba normalizada, nin por ser 'normal' escribir en galego, nin por ter un intercambio escrito fluído chegando a un consenso de norma de uso, nin por terse ditado unha 'normativa oficial' da escrita, no primeiro aparece como Himno mentres no final o fai como Hino.

    Os textos, curtos, levan a sinatura de Ramón Otero Pedrayo, A. Villar Ponte, Manoel Murguía (xa non na terra dos vivos polo 1935 do folleto) e X. Álvarez Gallego. E, aínda o seu escaso tamaño, só podo comentar aquí algún feito das ideas, comentarios e citas que aparecen.

    Fala Otero Pedrayo do 'Estilo ardente e refleisivo da nosa Raza, as esencias eternas da Galiza'. Aínda non chegaran os tempos da unha única raza, a humana, mentres aínda hai quen segue a loitar polas esencias eternas máis que por unha Galicia inclusiva, sabendo e apreciando o noso, pero tamén o dos demais.

    Fala tamén Pedrayo de que 'A festa da Galiza abrangue o pasado i-o futuro', non podendo estar máis de acordo, e incluíndo a necesaria perspectiva para non só coñecer e celebrar, senón valorar, aprender e prever.

    Don Antón tamén menciona 'exixencias raciais' e 'imperativos da terra', nun signo de unión con Pedrayo nas ideas do tempo. Mais parece máis pesimista, aínda que sexa a modo de aviso. Fala de 'terra morta espiritualmente na que roian os vermes da caciqueira' ou de 'territorio con habitantes, pero nunca un pais con alma', dando a solución na autonomía. Algo que, despois de máis de corenta anos de aplicación do estatuto autonómico segue sendo en parte actualidade máis que futuro descartado. Claro que non cumpre moi ben o 'Arrechegando a responsabilidade de goberno e do Parlamento o pobo'... Segue vixente a desvalorización da nosa cultura, do noso, que leva, 'que cabería agardar, se non escravitude material e moral, pobreza e cobardía?'

    Un libriño moi pequeno sobre o que cabe falar moito.

--

Por xentileza da Deputación Provincial de Lugo, deixo colgado o folleto Día de Galiza, Lugo 1935 en internet.

20220514

A Bretaña que hai en NÓS, a presentación da exposición

    Onte tivo lugar a presentación da exposición 'A Bretaña que hai en NÓS', na oficina de turismo de Ribadeo, e que estará ata o 30 de maio. Participaron o alcalde, Fernando Suárez Barcia, Anxo Martínez, presidente da Asociación de irmandamento Ribadeo-Loctudy, Nadine Chaminand, présidente du Comité de Jumelage de Loctudy, Xoán Carlos Garrido, o autor da exposición, e Pierre Yves Rougier, que, a máis da intervención musical coa súa compañeira Ugía Pedreira, fixo unha pequena pintura desta terra a mans dun bretón que a coñece ben.

    Deixo en baixo o cartel anunciador, as intervencións de Fernando Suárez (en audio) e o resto de intervintes en orde (en vídeo, a excepción da música, que foi a primeira que soou) e as fotos/pdf da exposición.

Verbas de Fernando Suárez.






20220513

Feira do libro 2022

    Recupérase a feira do libro de Ribadeo, nun fin de semana cheo de acontecementos:


    E tamén, entre outras, exposición, concerto da banda polo día das letras galegas...





REGO DE MEL. José María Rodríguez Díaz (2008)

    Trae José María neste caso unha estimación para un hidronímico, o nome de Rego de Mel, sobre unha suposición súa.

Sábado, 09 de febrero de 2008

REGO DE MEL

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 20:22

La toponimia no es una ciencia exacta como puede ser la matemática en la que las cosas son lo que son. En toponimia caben, a veces, opiniones, explicaciones e interpretaciones diversas sobre el origen de los nombres. Y así los autores que se ocupan del étimo de los nombres no siempre coinciden en sus explicaciones, sobre todo cuando se presenta oscuro en sus orígenes. Por otra parte las apariencias suelen ser, a veces, engañosas y no todo resulta ser lo que parece, como pasa con el topánimo de que hoy nos ocupamos. La carencia de documentos que nos descubran la forma que tenía este nombre en la antigüedad no nos permite descubrir su verdadero étimo. Es por ello que nos vemos obligados a desenvolvernos en el terreno de las conjeturas, más o menos fundadas.

Rego de Mel es el primitivo nombre de un riachuelo de Remourelle, hoy conocido con el nombre de Rego Cabado, que nace en el monte Comado y vierte sus aguas en el río de Remourelle. Un nombre que, como pasa tantas veces, con el paso del tiempo fue asumido por el pequeño núcleo rural que se asienta en sus proximidades. A cualquiera se le pudiera ocurrir fácilmente que su nombre le viene dado por su relación con la miel que discurriría por el cauce del río. Nada más lejos de la realidad esta absurda explicación. Es evidente la inadecuación semántica de la palabra miel con la realidad. Como todo el mundo sabe los ríos en nuestro país son de agua. No existen los ríos de miel, salvo los citados en el libro del éxodo 3,8, en donde dice la Biblia -y la Biblia no miente- que la tierra prometida por Yahvé a los Israelitas, era 'una tierra que manaba leche y miel'.

Estamos, pues, ante un nombre formado por dos elementos: Rego y mel. La primera parte de este topánimo, rego, tiene su origen, según nos confirma el gran investigador de hidronimia E. Bascuas, en la raíz indoeuropea *er 'moverse', 'correr', 'fluir', de donde proviene la base *reko que da origen a rego 'curso de agua poco abundante y no permanente'. Por lo que toca al segundo elemento que forma este nombre, Mel, desechada ya su aparente afinidad con la palabra latina mel 'miel' por su incongruente relación semántica con un regato, se impone entrar ya en el terreno de las opiniones y probabilidades para llegar a descubrir su verdadero origen. Y en este sentido parece más razonable y segura la opinión de que pueda derivarse de la palabra latina gemellus 'gemelo', que en su forma genitiva dapía gemelli y que nos conduciría a la forma medieval emeil, con pérdida de la g- inicial como germanus > hermano. La preposición de que precede a esta palabra ocasiona que se produzca un falso corte, por deglutinación, que hace que la e- inicial de (e)meil desaparezca al encontrarse ya contenida en la mencionada preposición de, por lo que vendría a convertirse en la forma Rego d(e) Meil, que pasaría fácilmente a la forma gallega Rego de Mel. Estaríamos, pues, ante un caso del nombre de posesor germánico, Gemeil, que dejó su nombre a este riachuelo, que acabó convirtiéndose en Mel y del que tomó su nombre el barrio que se ubica en sus proximidades.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20220509

Segundo xoves de maio. Décimoprimeira xuntanza pola paz

     Repito post da semana pasada:

    Cita xenérica para o mes de maio. Os xoves, ás oito da tarde, diante do concello, xuntanza pola paz.

Unha lanza en favor das Panchas

Unha lanza en favor das Panchas

    Anda estes días en Ribadeo unha polémica sobre cartos dados, cartos recibidos e impostos debidos. En resume, o concello puxo cartos para subvencionar as compras no comercio local, e agora, época da declaración da renda, os beneficiarios intermedios (consumidores) teñen declaralos como ingresos. As Panchas, uns vales locais cualificados de 'moeda local' (calquera que teña visto ‘Das Wunder von Wörgl’ pode ver a diferenza cunha moeda local) foron apoiados polo concello de xeito que se ti 'comprabas' 30 € de panchas, dábanche 40 € para mercar. Resultado, 'ingresabas' 10 € do orzamento do concello.

    Anos anteriores, as Panchas, editadas en menor cantidade, parece que non tiveron problema fiscal, pero este ano o concello, pode que en parte polo sistema empregado, tivo que pasar unha relación ó Ministerio de Facenda, quen computou eses ingresos a quen recibiu as panchas. O resultado, a ollos da facenda, está claro: recibiches máis ingresos, pagas máis.

    As cantidades recibidas por cada persoa, son minúsculas en relación ós ingresos totais do ano. Minúsculas, pero non nulas. E saltou a noticia e os reproches. A máxima cantidade de subvención recibida por adulto intermediario consumista terían sido 70 €, pois houbo unha limitación da cantidade máxima a adquirir. 70 €, a un tipo marxinal de IRPF de 30% dá como resultado 21 € máis a pagar na declaración da renda. Unha cantidade aproximada do que tería que pagar, como máximo, cada persoa. Se a declaración se fai por gananciais, a cantidade pode ser dobre. E, se quen mercou as panchas é alguén que non tiña obriga de declarar por non chegar ó mínimo, agora pasa a ter que facelo ó diversificar as fontes de ingreso. Isto último, algo que pode ser beneficioso, pois pode que ó obrigar a declarar por baixo do mínimo, resulte algunha cantidade a devolver

    En calquera caso, a quen colleu desprevido o ter que declarar esa cantidade recibida, coido que agora estará reflexionando varias cousas sobre os impostos. Por exemplo:

- Son cos impostos dos ribadenses cos que se paga esa subvención do concello ó comercio. Algo así como unha transferencia dos teus cartos, a través do concello (e, ó mellor, de ti mesmo) ós comerciantes.

- Se ti recibes cartos dunha entidade pública, non te podes escapar de declaralos como ingresos. Cousa ben diferente é que eses cartos sexan legais ou non, que as novas sobre corrupción están á orde do día.

- Cando manexes cartos subvencionados, pensa de onde veñen: os impostos teñen mala fama, pero son a base que mantén a educación ou a sanidade públicas, a máis dos chiringuitos.

- Como pagas impostos, procura que sexan distribuídos e aproveitados e non asaltados e desperdiciados, vixía a política e implícate para que as cousas vaian ben.

- Non pidas á administración o que en xustiza non lle das, o mesmo que pretendes que non che pida o que en xustiza non debe pedirche.

    En fin, nunca tiven claro o tema das panchas nin a nivel teórico nin no de 'éxito' edición tras edición (aínda que nesta quedaran panchas por solicitar). Pero, aínda coas sorpresas de ter que declaralas cando non se esperaba (xa sabemos que todos podemos vivir nas nubes cando nos convén), coido que esta edición puido servir para reflexionar e aprender un pouco de economía...