20210703

Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo

 Unha semana. Esa é a distancia en tempo para a presentación, o próximo 10 de xullo en Ribadeo, do libro 'Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo' que teño citado xa algunha vez.

   Deixo abaixo o cartel, que estes días se poderá ver polo pobo, para anunciar o acto, e un plano para ver a situación da casa natal do Viejo Pancho.


   E a Casa natal do Viejo Pancho, sinalada cun punto negro:


 

20210629

PORCILLÁN NAS GUERRAS CÁNTABRAS. Pancho Campos Dorado


PORCILLÁN NAS GUERRAS CÁNTABRAS

    Pancho Campos Dorado

   Xorden moitas preguntas cando un estudia as Guerras Cántabras, e non se nomea por ningures ao moi antigo porto de Porcillán, sendo un dos mellores portos do Cantábrico como en moitas ocasións expuxemos falando do porto de Ribadeo. Tratarei de explicar o que sabemos, que por certo non é moito, pero suficiente, como para facer unha hipóteses que dentro das incertezas, ao menos entra en contacto coa realidade histórica coñecida.

    En 61-60 a.C. chega Xulio César á Bética para gobernar, como propretor, a Hispania Ulterior na fase de sometemento da Península Ibérica ao imperio romano (cronistas: Dión Casio e Plutarco). Defende aos provinciais lusitanos (galego-portugueses) que foran conquistados por Décimo Xunio Bruto até a altura da batalla do río Douro do ano 137 a.C. (ano 617 UC desde a fundación de Roma). Unha batalla sanguenta en extremo, até tal punto que o poeta Ovidio di que a terra se empapou de sangue. O mesmo Décimo Xunio Bruto valorou o heroico comportamento dos galegos de tal maneira que recibiu o sobrenome de “O Galaico” (Casimiro Torres Rodríguez, La Galicia Romana, 1982, p.30).

    Pero César, cando chega á Península, estaba moi endebedado economicamente, parece ser que debía 830 talentos. O talento romano era unha unidade monetaria que equivalía a un peso de 32,3 kg. en ouro ou en prata. Polo tanto Cesar tiña unha débeda de 830 x 32,3 = 26 809 kg de ouro ou de prata. Unha enorme fortuna. Por isto, non se conforma con quedarse a defender e administrar as terras conquistadas por Bruto, senón que emprende a súa propia campaña de conquista e sometemento da Península Ibérica, a partir de onde a deixara Décimo Xunio Bruto, na marxe dereita do río Douro. César sube a Lusitania cara ó norte, seguindo a rasa costeira e cruza o Douro e tamén os ríos Limia e Miño. Tiña a ansia naquel momento do que se chamaba a “auri sacra fames”, a ambición insaciable do ouro, e ouro habíao nos confines de Occidente, no “Finisterrae”, na terra onde se poñía o sol, e alí quería chegar, a semellanza de Alexandro que quixo chegar a Oriente, ás terras onde nacía o sol (Casimiro Torres, ibidem). Quería chegar ás controvertidas Casitérides, illas Cíes segundo Murguía (Galicia, p.736), que eran os emporios do estaño, das que César oíra falar ao procónsul Publio Craso na súa casa de Roma, quen xa o precedera no envite, e que fora honrado polo Senado con honores de trunfo contra os lusitanos. Cesar quería superar aos seus predecesores e pretende chegar a Brigantium (cidade que aínda hoxe non está claro se foi A Coruña ou Betanzos). Preséntaselle a ocasión de pedir a Gades (Cadiz) o apoio de barcos para facer unha incursión marítima, pois os habitantes lusitanos do Monte Herminio rebeláranse e fuxiran a unha illa, que uns sitúan en Peniche (moi probable) e outros nas Cíes (menos probable). Ditas naves serían barcos mercantes ou comerciais, non naves de guerra. Cesar somete aos herminios e parece como si o teito que alcanzou no seu periplo, embarcado nos seus barcos, foi Brigantium, recorrendo todos os entrantes da rías baixas e algúns entrantes navegables dos rios.

    Pero sobre este punto nos di Antonio Rodríguez Colmenero nun artigo da USC (Universidade Santiago Compostela, “La intervención de la flota romana en la conquista de Gallaecia” apartado 3, “La razzia marítima de Julio Cesar (61-60 a.C.)”] “Nada sabemos acerca del radio de penetración, tierra adentro, que Cesar se fijó, pero seguro que no rebasaría en demasía las alineaciones montañosas de un litoral que recorrería minuciosamente en casi todos los entrantes, internándose en ocasiones en el curso bajo de los ríos que en él desembocaban”. “En todo caso el techo de dicha expedición fue Brigantium, cuya identificación ofrece todavía problemas...” “Tampoco pueden excluirse en la expedición de Cesar finalidades científicas, sobre todo de naturaleza geográfico/cartográfico, complementarias de las aportaciones que Posidonio había hecho casi medio siglo antes y que Estrabón tanto rememora. No se comprendería si no el conocimiento que de la geografía peninsular y sobre todo de la forma Hispaniae en su franja litoral, parecen poseer los estrategas de las Guerras Cántabras”.

    Se primeiro nos din que Julio Cesar, viña remontando a Lusitania e Galiza pola costa atlántica até alcanzar Brigantium, e logo nos din que fai unha cartografía da “franxa litoral que serviu aos estrategos das Guerras Cántabras”, ten que haber sobre pasado Brigantium e percorrer cos seus barcos a franxa cantábrica facendo un mapa cartográfico dos seus accidentes costeiros. Polo tanto, non podemos deixar de pensar que entrou na actual Ría de Ribadeo, e nomeou a Porcillán (Porto Iulanus ou Julianus), e non cun nome trivial ou insignificante, senón que o destacou co seu propio nome, cousa que pensamos que o significa moito, porque xa lle pareceu a Cesar un punto xeográfico moi importante da Cornixa Cantábrica. Continuando a súa forma minuciosa de cartografar todos os recunchos da costa, e seguindo a na nosa hipóteses, cremos que tomaría a ría como fondeadoiro seguro para avituallarse, facer provisión de boca e augada, así como, poder transferir calquera tipo de mercadoría na que estivera interesado el ou a frota romana en calquera tempo. Que se saiba, en Porcillán non houbo construcións romanas ou un pequeno espigón de atraque antes finais do século XIX, agás os varadoiros sobre as pequenas praias de area de Guimarán, Porcillán e Cabanela, onde con algún tipo de barcaza se podía varar ou chegar a terra sen dificultade.

    E cal era a mercadoría que por excelencia lle interesaba a Xulio César naquel momento? Sen dúbida, estaño e ouro. Minas de estaño habíaas no litoral da Mariña e toneladas de ouro en minas e ríos da bisbarra, particularmente en Cervantes, no nacente do río Navia desde primeiros do século I a.C. no Castro de Santa María de Cervantes, que está asociado á explotación das minas auríferas romanas (Nós, Nº381, 22-06-2021). Por outra banda, de Ribadeo a Foz hai ao menos 18 castros, algún deles habitado por xentes que se dedicaban a minería, que senón traballaba todo o poboado nas minas, eran parte, pois hai na nosa bisbarra minas auríferas e de estaño. Onde podían cargar o ouro ou o estaño en naves capaces de transportalo a Roma? Como sabemos, Porcillán era o gran porto de fondeo para todo tipo de naves, e onde as naves podían esperar carga, de calquera sitio que viñera, con toda seguridade e confianza en todas as estacións do ano.

    Para nós, hai outro topónimo interesante no rio Eo que non podemos esquecer, Abres. Aparece como Ables, na primeira mención documental do ano 973? segundo a magnífica e extensísima obra lingüística de Xulia Marqués Valea (A Toponimia de Trabada, 2004, p.122). Sendo eu un ignorante da lingüística, e sen poñer en dúbida nin unha coma de traballo mencionado, podo achegar que esa partícula “bres”, está recollida fonéticamente e case coa mesma sonoridade, en moitas cidades das illas Británicas, co significado de “campamento romano”, p.e. o porto de Bristol en Inglaterra, en Cambridge, Manchester, Colchester (onde no AD 60 ou 61 se revelou Boudica, reina guerreira dos celtas) ou mesmo no porto de Brest na Bretaña francesa, e todos eles naceron dun campamento romano.

    Cabe a dúbida, por suposto, pero non é de todo extravagante pensar que chegado Cesar a darlle o seu nome a Porcillán para situalo na cartografía que estaba facendo do litoral, puidese tamén remontar a ría e penetrar no río Eo (chamado E[g]ove, na época romana) até a altura de Abres, a onde chegaría en falúas coa marea, e que está moito máis cerca dos xacementos auríferos do interior, alixeirando o duro transporte en carro ou en bestas, cara á costa. Teñamos en conta que o río Eo na súa desembocadura en Porto non era un fangal e a Ría de Ribadeo estaba aberta en toda a súa plenitude e non estaba atascada polos sedimentos e recheos que se levaron a cabo para desecala a partires do ano 1869 polos infames negocios do banqueiro Carlos Casas.

    A nosa teoría é posible, pois anos máis tarde, no ano 27 a,C. chega Octavio Augusto a Península Ibérica e completa a fase do asentamento romano no territorio. No ano 26 a.C. funda Lucus Augusti (o Bosque de Augusto) e polo que nos di tamén Antonio Rodríguez Colmenero, no artigo arriba citado (apartado 4, Ab Aquitanico Sinu [...]), “(...) Augusto decide intervenir personalmente en la conquista definitiva del Finisterrae Hispánico. Es el año 27 a.C. (...) una de las provincias asignadas al príncipe es la Citerior a la que pertenecerá Cantabria (...) Augusto está dispuesto a afrontar los peligros de la mar, puesto que duda entre aventurarse a conquistar Britania (...) o marchar contra los cántabros ribereños por el sur del mismo mar.” “Se trataba de utilizar contra los cántabros [enténdase aquí, galaicos, ástures, cántabros e vascos] la táctica de la tenaza, con fuerzas terrestres que marchasen de sur a norte y fuerzas navales que avanzasen de norte a sur. Se trataría, por lo tanto, no de una simple operación de avituallamiento [por parte da flota ao exército de terra] sino de suministro de tropas de infantería embarcadas, procedentes de Aquitania [parte do País Vasco francés], que como sucedería más tarde en la conquista de Germania o con la de Escocia llevada a cabo por Agrícola, utilizarían los desembarcos rápidos e inesperados, en combinación con las fuerzas terrestres, para desorganizar al enemigo”.

    Non é lixeireza pensar, por tanto, que o porto de Porcillán fora partícipe activo nas Guerras Cántabras, por ser refuxio seguro para as forzas navais unha vez deixaran o porto de A Coruña, e que podían alcanzar en pouco tempo, pois é unha travesía de aproximadamente 80 millas náuticas actuais de 1852 m = 100 millas romanas de 1481 m. A infantería embarcada podíana deixar na propia costa de Porcillán ou remontar aos soldados ate un campamento ben arriba do rio Eo, en Abres ou perto del segundo nós, pois como continua dicindo Colmenero, “Nada consta de las características técnicas de la flota (...) un contingente verdaderamente militar, en el que predominarían naves ligeras (naves longae), trieras y liburnas, de dimensiones de 35 m. [eslora] por 5 m. [manga] por término medio, sin descartar embarcaciones de más amplio tonelaje, así como algunas para el transporte de acémilas (...) En conclusión no es mucho lo que se conoce acerca de la intervención de la flota romana en la conquista del noroeste peninsular, y sólo con hipótesis más o menos creíbles, montadas sobre los escasos datos que las fuentes suministran o sobre analogías con lo sucedido en otros ámbitos del imperio se puede montar un relato verosimil de los acontecimientos”. Pola nosa parte, baseándonos na pouca historia documental que coñecemos, creo que podemos dicir que Porcillán data do século I a.C. simplemente analizando o seu topónimo, xa fora dado por Xulio César (61-60 a.C.) ou por Octavio Augusto (27-26 a.C.), para facer unha plaza forte na súa estratexia de combate en tenaza, subindo coa infantería de sur a norte desde Lucus Augusti ou desde Asturica Augusta cara a costa, e baixando de norte a sur desde Porcillán ou desde Abres cara ó interior. Segundo nós o vemos, este relato non está lonxe da verdade histórica xamais contada. Pero haberá que esperar a que haxa algo de presuposto para investigar nos sitios apropiados, para despexar as dúbidas.

    Que poderá aparecer debaixo de tantos fangales e areeiros nas canles naturais da Ría de Ribadeo? Non podemos nin imaxinar, cantas cousas se haberán tirado ou caído pola borda dos barcos, en dous milenios de fondeo.

    Quen tivera unha presidenta na Xunta da Galiza coma a da Comunidade de Madrid, para poder dispoñer duns cantos millóns de euros para a investigación e posta en valor da nosa arqueoloxía marítima e terrestre, con esa tremenda facilidade coa que ela fixo ese hospital sen quirófanos no que gastou 100 millóns de euros (16 mil cincocentos millóns das antigas pesetas) e non pasou nada. Iso si que é ter capacidade de decisión autonómica. Aquí no Concello de Ribadeo temos nove (9) castros e todos sen investigar, e segundo un tal Sr. Ramón Rodríguez González, Conselleiro de Cultura e Turismo do PP na Xunta da Galiza, “non haberá estudo do galeón afundido na Ría de Ribadeo, ante as dificultades que supón a acumulación de dous metros de area na zona para levar a cabo os traballos” (La Comarca del Eo, 12 xuño 2021). Haberá “cuajo” semellante?, dicir estas cousas un Xeógrafo e Profesor Universitario e poder quedarse tan ancho? No ano 2011 cando se descubre, estaba véndose practicamente case todo o contorno das estemenaras do galeón e agora está enterrado por dous metros de area? Unha nimiedade de traballo para unha draga de pouca monta, pero ademais, qué está pasando na Ría de Ribadeo que se está colmatando area a tan inxente velocidade, e que dentro de pouco non se poderá navegar nin en chalano? Como se puido inocular un cáncer na navegación da Ría con esa mal deseñada Ponte dos Santos, e que sigue a “obra incivil” provocándo unha metástases de diques, espigós, malecós, escolleras e balocos de cemento na beira do canal? De quen é a culpa desta barbarie de aproveitamento portuario?. Pero isto é outra historia da nosa esquecida Galiza... demasiadas veces contada, pero que de momento nin tivo remedio, nin dor de contrición e nin propósito da emenda! E así se vai pasando o tempo, e así se vai vivindo do conto!!

LEMBRANZA A CARLOS DE SEVERINA DE MON. Pancho Campos Dorado

 

LEMBRANZA A CARLOS DE SEVERINA DE MON

Pancho Campos Dorado

    O teu nome estivo sempre ligado, para a nosa familia, ao nome de túa nai Severina de Mon. Aquela muller que xunto con teu pai Ramón, fixo todo canto puido polo seu único fillo. Foron tempos difíciles, aqueles anos da década dos cincuenta eran tempos moi difíciles para a maioría da familias do noso país. No ano 1952 deuse por terminado o racionamento en España, pero seguía escaseando de todo. Había o imprescindible para poder vivir e despois de tantas restricións quedara un país demasiado empobrecido, onde había que traballar moitísimo, de sol a sol, e por salarios miserentos que pouco máis daban que para comer e pagar a renda da casa.

    A economía das familias defendíase como se podía, pero unha das obsesións dos nosos pais, polo menos en Ribadeo, era mandar aos fillos a Escola. Eles tiñan que traballar si ou si, pero os fillos tiñan que saír para adiante como fose, e pagaban a Escola que fose. Alí foi onde nos coñecemos ti e máis eu. No Colexio dos Hermanos na Clase 2ª do hermano Isidro. Aquel curso 59-60 ti tiñas dez e eu oito anos. Estabamos nesa idade máxica na que se fan amigos para toda a vida. Algo que ocorre inconscientemente, como sen querer, pero que dura para sempre.

    Daquela Escola temos grandes recordos, pero para ti tamén foi un verdadeiro inferno. Aquel hermano Isidro, a quen ti lle puxeches o “Hermano Toleras” era un bo mestre, pero quería que todos aprendésemos á mesma velocidade as leccións o que é algo totalmente imposible, daquela e agora. O seu lema era, “a letra con sangre entra”, e manexaba a vara de bambú todos os días, unhas veces de punteiro para sinalar nos mapas, e as máis das veces para zorregar tremendas tundas cando se cabreaba con algún de nós.

    Volvíase, como ti dicías, “Toleras de todo”, parecía desesperado, sen control. Ti eras un dos tantos daqueles pícaros que íamos a escola contentos, pois alí atopabamos un compañeirismo fiel que xa non había fora da escola. Pero á hora da clase cando había que corrixir os exercicios de Gramática ou de Matemáticas, aquelo para ti convertíase nun inferno. Chegada a hora de cantar os puntos sacados para facer as notas do día, e si o hermano non consideraba que eran os axeitados, a zurra estaba asegurada, unha zurra demasiado cruel.

    Era o método de ensinanza admitido por todos os mortais daquela España franquista, e encima non lle podías dicir a teus pais que o mestre che pegara inxustamente, pois chegado o caso, na casa recibías outra segunda tunda de paos, pois o mestre sempre tiña a razón, pois a contestación era “por algo sería!!”. Ti, coma todos, aguantabas o que che botaran, pero non eras capaz de soportar a rabia e a impotencia de sufrir tamaño trato e non poder apedrear a aquel home que tanto se estaba ensañando en ti. Aquela rabia contida facíache cerrar os puños e arrancar e esfarrapar todas as follas dun libro, dun caderno ou dunha libreta que estivera enriba ou dentro do caixón do pupitre. Era a túa forma de liberar os nervios, a frustración que che atenazaban o estómago.

    Aquela impotencia infinita ante tamaña “somanta” facía que tiveras o teu caixón cheo de follas arrugadas. O hermano Isidro cando miraba para o teu pupitre e vía aquel desastre, todas aquelas follas desfeitas, dicíache berrando como un “toleras” que parecías unha papelera. Aquelo aos nenos facíanos gracia, e logo te coñeceríamos polo apelativo que che dera o hermano. A ti maldito si che importaba un pemento o cómo te chamábamos, pero eu quero deixar aquí o meu máis grato recordo para ti compañeiro, amigo e veciño que con tanto afecto nos tratamos toda a vida, recordando unha etapa infantil da túa tremenda historia escolar que tiveches que sufrir. Espero que por aló onde vaias te atopes co hermano Isidro e lle teñas ti que dar clases a el. Con todo agarimo, meu amigo, descansa en paz.

Con luz e taquígrafos

Con luz e taquígrafos

   Esa era una expresión usada para manifestar que algo quedaba exposto con datos, de xeito razoado e claro. Hoxe os taquígrafos desapareceron, substituídos polos medios de recordatorio verbal, gravacións mesmo con imaxes e interpretación escrita: estamos nunha era dixital, querendo dicir con iso algo que vai máis aló do seu significado orixinal, comprendendo dende o uso das ondas electromagnéticas codificadas á intelixencia artificial, nunha mistura que soe escapársenos en profundidade e nebulosa en amplitude, contradicindo ó significado da expresión 'con luz e taquígrafos' que, non obstante, fixo quedar anticuada.

   Volvendo á expresión, o de 'con luz', hoxe é caro: os custes ó consumidor están disparados, mentres as ganancias que se lles permiten ás eléctricas tamén o están, e as inxustizas de tarifa, custando só o mantemento da liña unha boa porción do total, a asimetría do trato entre as grandes eléctricas, impoñendo condicións e substraéndose de servizo, etc, fan a situación máis lamentable. Carencia ou pobreza enerxética, así a chaman, e queda encapsulada, clasificada... e oculta a idea do que representa de mala distribución, enriquecemento legal pero ilícito, normas ad hoc en contra do medio humano e ambiente... e corrupción.

   En 'Regreso ó futuro' hai unha pasaxe da película no que hai unha confusión de quen ven do pasado ó presente sobre Ronald Reagan, o actor de segunda, coa conseguinte aclaración de que é o presidente do goberno dos Estados Unidos. Pero é quen ven do pasado quen queda sorprendido, mentres quen non cambia de tempo non ten ningún asomo de sorpresa, pero tampouco de recoñecemento de contraste. Aquí sería ó revés, ó preguntar se segue sendo presidente do goberno, ou ministro, ou... aquel ou aquela conselleira das eléctricas, o que nos levaría máis ben, de 'regreso ó pasado' de connivencia e convivencia de poder político e económico, de caciquismo, para empregar unha verba que por estes lares coñecemos ben. Por outra banda, un recoñecemento que, ós que vimos xa cunha algo longa traxectoria vital, temos asimilado, mentres quen ten menos idade segue sen recoñecer como nada más que real (no sentido de 'natural'...)

   De xeito paralelo, parece que os novos 'taquígrafos' non recollen moito da letra pequena dos contratos, como corresponde ós murmurios nas conversas, inaudibles, pero que prestan efecto para quen os di e son efectivos, causan efecto e considéranse, se ten o poder. Ou sexa, como as grandes eléctricas, telefónicas ou bancos, en relación coas que se podería dicir 'dálles os cartos e corre', non vaia ser que te pidan máis, porque outra cousa non vas sacar, os servizos van ser os que queiran eles, igual que o prezo. Dubido que coñeza a ninguén maior de idade que non tivera un encontronazo (e saíra perdendo) cunha telefónica, unha eléctrica, un banco...

   Non hai taquígrafos, e a luz está cara. Non porque custe conseguir electricidade, senón  polas ganancias que se queren lograr. E penalizar o baixo consumo, aumentando o tramo fixo da factura, fai que as guerras pola tarifa do consumo realmente feito (enerxía, e non potencia contratada) teña importancia pero non sexa máis ca unha distracción de que pase o que pase, as eléctricas seguirán a gañar.

   Unha cousa. E, todos eses sectores, banca, telefonía, electricidade, non son servizos, non poden estar incluídos no servizo público? Non houbo unha telefonía pública en España? Non seguen sendo EDF e EDP testemuñas de empresas públicas de electricidade durante décadas pasadas nos países veciños? Non está a capitalización bursátil dos maiores bancos españois por baixo das axudas recibidas pola banca e nunca recuperadas por esa entidade comunitaria que é o estado?

   Debo recoñecer, por último, que as orixes deste escrito teñen pés nas novas de ganancias das eléctricas e nun pequeno desencontro (segundo eles non chega a iso) coa telefonía. Nada novo: seguirá. Por iso mesmo, nós tamén temos que seguir turrando para poder desfrutar da luz con claridade recollida en medios fiables polos taquígrafos.

20210627

Xardíns colgantes en Ribadeo edición 2021

    Hai tempo que veño facendo referencia no blog ó que eu chamo 'xardíns colgantes', conxuntos de plantas ou plantas soltas que, de xeito non guiado por man humana (máis ben, non evitado pola man) van na procura dun lugar para vivir, en xeral nas partes altas das fachadas das nosas casas. Ás veces, irrumpen á vista, mais o normal é que sexan a penas pequenos borróns nas alturas. Nun día de ánimos baixos poden parecer o descuido e falta de atención cosificados, mais noutros, máxime se fai boa temperie e a persoa ten bo esprito, poden aprezarse na súa beleza sobre o fondo celeste ou facendo filigranas sobre unha ou outra parede.

   Esta mañán, nun pequeno recorrido entre a Atalaia e a praza de Abaixo, recollín algúns detalles de xardíns colgantes que agora deixo aquí, en orde de aparición á miña vista, e onde se poden contrastar diversos estilos, dende simple maleza en fincas abandoadas a unha ramiña mínima en predios ben coidados, en situacións que requiren tamén diferentes xeitos de visión:


















20210625

EMPIEZA LA MOVIDA DE LOS POLÍTICOS. José Mª Rodríguez Díaz (2006)

   Artigo publicado por José Mª Rodríguez Díaz no seu blog O Cargadoiro o 22 de outubro de 2006. De novo, a política, ás veces con escritos de tinte visceral, ocupou unha entrada do seu blog.

Domingo, 22 de octubre de 2006

EMPIEZA LA MOVIDA DE LOS POLÍTICOS

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 23:34

Empiezan a ser noticia en los medios, y también en la calle, ciertas actuaciones de los políticos relacionadas con la vida del concejo de Ribadeo y de esta comarca.

Por la prensa tuvimos noticia de la cumbre inter autonómica, celebrada en Taramundi hace poco, entre los presidentes, Touriño y Areces. Cumbre anual, instaurada en tiempos de Fraga, para tratar los temas comunes de ambas autonomías vecinas. A juzgar por lo trascendido en los medios, parece que esta vez no se trataron temas relacionados con esta comarca galaica asturiana. Los dos presidentes pasaron el tiempo en olor de multitudes, gracias al calor que les brind?óla presencia de las mujeres rurales que allí celebraban su día Internacional. Se congratularon por lo bien que marchan las cosas en las dos comunidades, mientras compartían majares y abrazos y se daban un poco de incienso. únicamente, y quizás para complacer y dar trabajo a los periodistas, hablaron de la autovía, de lo bien que va a quedar, de su rápida ejecución y de lo pronto que va a entrar en servicio. En el fondo, hablaron de algo que no es de su competencia y sobre lo que nada pueden hacer, como bien demostró el Sr. Areces cuando, en las elecciones pasadas, prometió a los asturianos el cambio del trazado en la rasa costera. Un tema inútil, pues, al fin, el tema de la autovía y los defectos que tiene está en la mente de todos. Del AVE, ni se acordaron. Como dijo el Sr. Touriño en las pasadas elecciones municipales, en el Parador de Ribadeo, cuando aún estaba también en la oposición, el AVE nunca llegaremos a verlo, pues sólo existe en la mente de Aznar. De lo que no hablaron los dos mandatarios, a juzgar por lo trascendido en los medios, fue de los temas que afectan a nuestra comarca. Ni del río Eo, ni de la Ría de Ribadeo, ni de la distribución solidaria de las cuotas lácteas entre las dos comunidades, ni de la protección de la llingua en el occidente de Asturias. Temas, todos ellos, que están presentes y vivos en la sociedad. Únicamente se hizo mención de solicitar la declaración de Parque Natural para la Ría de Ribadeo. El problema es que lleguen a tiempo, pues si no se apuran un poco, ya no habrá ría que proteger. ¿Cómo se van a poner de acuerdo sobre la problemática de la Ría, sino no lo hacen sobre su nombre? De lo que no hablaron, precisamente, los mandatarios fue del saneamiento de los residuos urbanos que vierten en la ría sus aguas; de la limpieza de sus tesones; de la eliminación de los hierros, embarcaciones y demás materiales abandonados; de la especial protección de sus espacios prohibiendo la construcción a menos de 500 metros del litoral; de la prohibición de plantar eucaliptos en el litoral; de la recuperación de sus canales de navegación hasta Vegadeo y Abres; de la prohibición definitiva de los rellenos; y de tantos otros temas de protección de la Ría de Ribadeo. ¿De qué hablaron, entonces? ¿Para qué sirvió esta cumbre? Una ocasión más desaprovechada por los dos mandatarios.

Los gestores municipales se empiezan a poner nerviosos por la proximidad de las elecciones a los concejos. Conscientes de las consecuencias amargas que tuvieron para la población algunas de sus decisiones, como fueron la subida de impuestos y tasas, o la política urbanística y salarial y otras decisiones que llevaron la amargura y la tristeza a la gente, hasta tal punto que la gente perdió la alegría y anda seria y preocupada por su futuro económico, pues el dinero llega con dificultar a final de mes, tratan ahora de hacerles recuperar la alegría y la risa con talleres de risoterapia, impartidos por las aldeas para que la gente aprenda a reír otra vez y que no tomen en serio la vida. ¡Lo que discurren algunos para crear imagen y ganar votos!

Fueron, también, de actualidad las Jornadas Ambientales celebradas en Ribadeo. No se escatimaron palabras como desenvolvimiento sostenible, conservación de espacios de interés natural, protección del medio ambiente, dejar de liquidar el paisaje, etc., ‘de xeito que o progreso non nos pase factura nas futuras xeracións’, como decía el alcalde. Y estas palabras me traen a la memoria aquellas que pronunció en su discurso de investidura en las pasadas elecciones: ‘É urgente deixar de liquidar a paisaxe e frear o deterioro do noso patrimonio natural e cultural’. ¡Palabras! Sólo palabras. Los hechos van por otro camino, como se ve por los proyectos urbanísticos. Tal como van hoy las cosas es urgente que la Xunta retire pronto las competencias en urbanismo a los concejos como única solución a la corrupción del ladrillo. Se imponen modificaciones legislativas y un mayor control e inspección en los procesos de ordenación urbanística. Pues en los ayuntamientos existe demasiada discrecionalidad para elaborar los planes de urbanismo. Y ya se sabe que, aunque luego son supervisados por la Xunta, suelen ser fuente de enriquecimiento ilícito. Y si ustedes lo dudan no tienen más que leer la prensa y comprobarán que la corrupción adquiere tintes de latrocinio y se extiende por todo el territorio nacional.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.