20150502

Previsións

Xa comezou a veda das previsións electorais. Véñense facendo dende hai tempo, aínda que poden variar para adaptarse ós cambios que se van observando. Porque fixen algunha conta, sei que non teñen por que coincidir previsións botando contas con algún criterio con previsións feitas por impresións, aínda que estean relacionadas.
Gardo para min agora as previsións de impresión, e tento facer algunha conta a partir de criterios, simplificando moito as cousas:
0.Parto dos votos recibidos na campaña pasada polas formacións que se presentaron ó concello: BNG 2696 PP 1797 UPRi 734 PSOE 712
1.O aumento de número de formacións que se presentan en Ribadeo, xunto coa situación socioeconómica actual estimo que implicará un aumento de votantes. O censo de 8565 persoas nas pasadas municipais en Ribadeo esencialmente non variará en número. Se nas pasadas municipais resultaron 6197 votos válidos (72,35%), catro puntos porcentuais máis, en números redondos dan 6550 votos válidos.
2.Se ben UPRi reconverteuse en parte en Ciudadanos, cabe esperar que conserve boa parte dos seus votantes e arañe algún mais ó PP por esa reconversión. Poño o 15 % máis, e non fago máis contas para ambos partidos, pois se ben a situación do PP a nivel estatal é a coñecida, en Ribadeo son oposición.
3.O PSOE tocou fondo nas pasadas eleccións, co que, a pesares da situación estatal, non é previsible que baixe moito máis por ese motivo. De calquera xeito, o anterior, xunto co tirón inicial dos cabeza de lista das pasadas eleccións e desta, fan que estime aínda unha pequena baixada: 5%
4.O BNG debera ter un desgaste de goberno. Poño o 15% de transvase, toda conta que hai unha nova formación que aínda que sexa de base complexa, percíbese pola cidadanía de esquerdas.
Co anterior, quedarían uns resultados nas votacións como sigue:
BNG 2292
PP 1527
C's 1004
PSOE 676
ReC 1051

 Por suposto, hai que ter en conta as múltiples variacións posibles, ou o feito de que os seguintes dous concelleiros serían asignados, con moi pouca diferenza, pero nesa orde, por C's, BNG e PSOE, respectivamente. As perdas máis próximas virían por PSOE e, un pouco máis lonxe, por ReC.
En fin, un exercicio de estimación que pode estar profundamente errado... ou non.
Notas posteriores:
1.Ter en conta que queda toda a campaña electoral.
2.Se me deixo levar polo formato de resultados de enquisas e demais, a presentación sería:
BNG 6-7
PP    4
ReC 3-2
C's   2-3
PSOE   2-1
3.Admítense (e sexan benvidas) outras previsións comentando o por que.
--
Nota posterior ... previsións erradas.
--
Sobre as eleccións municipais 2015

2 comentarios:

Im-Pulso dixo...

Só paréceme moi difícil que o PSOE poida obter dous concelleiros; se logra colocar ao número un, xa será un "trunfo".

agremon dixo...

Hai previsións para todos os gustos. O menú é variado. pero o certo é que poñer algo máis que o resultado, unha pequena explicación cuantificando, algo, resulta ó que parece unha labor titánica.