20130211
Antroidadas
Despois do ano pasado, ó chegar esta época, sería de esperar que o esprito do antroido poidera levar á xente, en xeral, a amosarse como é. Así, por exemplo, levaría ós corruptos a amosar a súa corrupción sen cortapisas. Mais, ó chegar, o que se ve é que a corrupción está xa tan á vista, que ás debiles barreiras que a apartan dos nosos ollos parecen unha disuasión para amosala máis claramente nun tempo de disfraces. É unha antroidada máis: os disfraces, en troques de facer amosar a cadaquén como o que é, fan que se apresente como outras cousas que podería ser. E, en relación á corrupción, iso é o que xa sucede ó longo do ano: unha antroidada permanente.
Publicado por
agremon
ás
2/11/2013 09:05:00 a.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario