20091123

Tres novas vellas económicas a nivel Galicia

1.O PPdeG bloquea por terceira vez a proposta lexislativa para suprimir o plus dos altos cargos: seguirán cobrando máis despois de ser designados e acabárselles o período de designación. O bloqueo, a unha iniciativa popular con máis de 19 000 sinaturas. Por certo, que o plus afecta só os funcionarios. E que, se ben é certo que agora é a oposición (en particular, BNG) quen quere quitalo, tamén é certo que foi a actual oposición, cando era goberno, quen o promoveu (coido que pasou por unanimidade).
2.É posible que non se unan as caixas galegas e que se unan por separado con outras externas. a cousa é, despois da experiencia de empresas como Fenosa, que o centro de decisión se manteña en Galicia. Tanto porque as decisións sempre beneficiarán algo máis á zona onde está a 'cabeza' como porque a empresa paga impostos no sitio onde está isa 'cabeza'. ...E tamén, porque ó ser a entidade das caixas semipública, se permanece en Galicia os políticos galegos terán máis man nelas. Ben, pois nova do mércores pasado: 1-Caixanova recortará emprego pero manterá a continuidade dos órganos de goberno. 2-Creará unha sociedade con sé fora de Galicia. Iso é bo goberno, responsabilidade social, protección dos postos de traballo por igual, ... si señor.
3.Proposta da Xunta para a taxa de gravamen sobre a auga. coido que a proporcionalidade de gasto debe ir co incremento de consumo. E isa é, máis ou menos a proposta. Pero hai un mínimo, e iso é algo que non entendo. Trátase de animar a consumir menos, logo o mínimo debera desaparecer, coido. De calquera xeito, o pago mínimo tamén aparece como variable: 0,5 € por debaixo do consumo mínimo e 1,50 € por cima del. E logo, os litros, máis caros se consumes máis. Ímonos achegando a unha política mantible medioambientalmente no país da auga?

Ningún comentario: