![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhca8Qf9YIVPt0flHSLtwqu6FA1IviTXFmg5h44PEYj9Wye0iAxIbxEvQcbsoLUWCvir1DkZjsT8fMNG10USG02cuz4LSiDzXDXQbuLsH-xZLhnBgOeCgVpvfd5DZzDUOLprWA0Bg/s320/colexio+peregrinos+residencia+2.jpg)
Esta tempada anda nos medios a discusión da situación do futuro hospital. Recapitulando, ocorre que o goberno municipal ten apalabrado a casona rectoral de Ove para asilo/centro de Alzheimer e o antigo colexio da r/Trinidade para albergue de peregrinos, a traverso de convenios coa igrexa e a Xunta. Nisto, hai pouco, UPRi propón unha variación, o uso do colexio para asilo, ó que se unen dúas asociacións (logo unha da marcha atrás alegando que quen falou o fixo a título persoal e non da asociación) e comeza unha recollida de sinaturas.
Mentras nos medios saen as noticvias, hai diversas opinións sobre o tema. Así, podemos consultar o blog do cargadoiro (Vida socio-política de Ribadeo) ou o da Atalaia, mentras o correspondente a UPRi esta misma mañá está sen actualizar dende abril, e polo tanto non ofrece datos.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiwr7wxLydywyhQd6JSo8EuLCI8564Lro2ArmG_Y2sB5mMxdIFfiE41a5Q2u-jEdJCc6-99KwaBcFqCQkNu1GBaGXmdunt5-Vuse-dQEKdHE1m0p7tsxMUTMG9BeveuqgHXAmxMdg/s320/colexio+peregrinos+residencia+1.jpg)
Tamén deixo abaixo unha relación de distancias orientativas de ambas en liña reta a diversas partes de Ribadeo, segundo o sigpac, por aquelo da distancia, dende o punto considerado á porta do de Ove e do Colexio, respectivamente (sen incluír, claro, distancia ás parroquias, fóra do que se considera Ribadeo pobo)
Concello 1,4km - 80m
Igrexa de S. Roque 1,2km - 400m
Vilavella 750m - 900m
Vía Transversal 1,05km - 800m
entronque R.San Lázaro/R.Deputación 960m - 530m
Grupo S.Miguel 1,6km - 400m
Outras consideracións?
Pois si, como se se quere facer andar máis ou menos a uns peregrinos que van a camiñar centos de quilómetros, ou se se quere achegalos ó pobo para beneficiar ó comercio que non soen usar en demasía, que se os anciáns necesitan espazo á beira e non no parque, ou as ventaxas dunha relación máis preto que poden ter nun sitio e que non podería no outro por iso da distancia. E máis, como a seguridade nun sitio e noutro.
O dito: que se fagan.
1 comentario:
Eu considero que para Ribadeo é mellor contar co albergue no pobo, pois os peregrinos son turistas... e ademáis de gastar algo dos seus cartos no pobo pode gustarlles o que ven e voltar visitalo pobo máis adiante. Ademáis nun centro de alzheimer, non creo que a xente poida sair moito do centro, xa que necesitaran moita vixianza, e de poder saír penso que é mellor pasear por un sitio sin tanta aglomeración de xente e máis tranquilo donde se poden vixiar mellor.
Publicar un comentario