20070805
Rinlo, o día despois
Unha festa como a do percebe deixa pegada. Pasei por alí 'o día despois'. Estaban recollendo, e aínda falta, pero o pobo estaba tranquilo (todo o tranquilo que pode estar en agosto, entendámonos), como se nada tivera pasado o día anterior. Pode que tamén sexa en parte porque hoxe era a xira de Sta. Cruz, pero o certo é que os restos notábanse só de xeito puntual. Como case sempre, unha gozada.
As fotos, do cartel da percebada de onte (as gaivotas na parte superior esquerda eran só para chamar a atención lo posto a man de que o acto era no porto; noutros carteis tiñan outros motivos), a zona do peirao coa carpa a medio recoller, unha papeleira usada como contedor de lixo onte, e, ó fondo da enseada, a vella ponte. O mar estaba algo movido: ver o vídeo abaixo nesta entrada (está en youtube).
Publicado por
agremon
ás
8/05/2007 08:08:00 p.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
economía,
Fotos Ribadeo,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario