Milton Friedman e John Maynard Keynes foron os dous economistas máis recoñecidos do século XX. O segundo, primeiro temporalmente, sentou as bases da intervención económica moderada do estado, no que se podería chamar liña socialdemócrata. O segundo, discípulo do primeiro, variou esa liña cavilando sobre o mercado como autoregulable de xeito pleno, en liña de capitalismo 'duro'. O terceiro elemento a considerar é económico só pola súa posible aplicación, a teoría de xogos. Di esta teoría a nivel básico que cando hai tipos que colaboran e tipos que fan trampas pódense dar tres situacións: a)todos colaboran: o conxunto vai o mellor posible e cada quen saca a súa parte. b)todos fan trampas: todo vai mal, e cada individuo tamén. c) uns colaboran e outros non: o conxunto vai máis ben mal, pero os individuos que fan trampas sacan tallada de xeito ben diferenciado sobre os que colaboran.
Agora, un tempo para a asimilación, e logo, a ver que sacamos desto.
4 comentarios:
Eu funme de ribadeo tamén por unha teoría económica... antóllaseme chamarlle a "teoría de chenchu":
Cando un ten que sacarse as castañas do lume, hai que buscar un castiñeiro.
Sobre todo marchei por iso, aunque o teu ponto c) "uns colaboran e outros non" tamén axudou o seu.
Real como a vida mesma, pero hai que valorar as veces tamén os motivos da colaboración e os tipos de colaboración, podese colaborar para sacar tallada, por diñeiro, por ilusion, incluso por deixadez (sempre foi así) mais o resultado exterior o remate quizais sexa o mesmo...a unica diferencia sexa coma nos sentimos nós mesmos.
A xente nova emigra coma fixeron os seus antergos?
quizais entre que che quiten as castañas do lume e lle prendan lume o teu castiñeiro que serían as dúas caras opostas, hai moito que debatir. que vos parece?
Eu busquei un castiñeiro, non un castaño, ollo.
quedabame un derradeiro factor, a sorte e as circunstancias ou sexa o clima... as veces non é que lle prendan lume senon que a terra na que os tentas prantar é estéril ou a "metereoloxia" acaba con eles, sorte lle chaman alguns. Non estou seguro diso a sorte non existe por definicion existe o que fas, e o que deixas de facer e as dúas son formas válidas de actuar que orixinan consecuencias.
Publicar un comentario