![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgnECkkyfbBuQ1U0GPW470pavuSsmOzo3L9KfsmsKJ5TFa6qVGMxcw51mD5wNzAjUhHwF3AbvYeKNnBmBYUpO6MqCJDX203liY-nonvEOLMlGKW1N3qNCACyBE1mWZOzMzPC6ybRg/s400/after+galician+letters+day+1.jpeg)
... segundo como se mire, pero... De miles de novas vivendas en Barreiros pódese pasar a nin unha máis nun ir e vir do péndulo ó que xa nos ten acostumados a historia, pero que costa creer. Os soldados 'de paz' españois en Líbano son recibidos por 'bombas trampa' de guerra de Hezbollá (din que foron os de Hezbollá, e non sei ben por que lembro cando os alemáns deron comezo á segunda guerra mundial por un pretendido ataque de tropas polacas a postos fronteirizos). Segue a haber un xenocidio en Darfur, con máis de 400000 mortes e millóns de desprazados e nos EEUU na UE hai plans para reducir a obesidade. Aviso de tormentas e neve en once comunidades autónomas despois do que xa é o outono máis cálido do século, é ó tempo de que se avisa de ferido por un torado no norte de Londres... E o feito de que se poda misturar todo isto sen grandes cambios nas propias tripas ó pasar de falar do tempo á unha nova escalofriante pero xa descafeinada no tempo como a de Darfur, tema no que non se está a facer pŕacticamente nada porque parece que... pode haber petróleo en Darfur! e claro, hai que limpar a zona e non falar moito do tema.
Adxunto un artigo tamén en plan de contradición, publicado o 24 do 9 do 2002, no mesmo 'A Mariña/El Progreso' que traía como nova principal de Ribadeo a multa a un barco por non levar a bandeira española; polo que parece, levaba unha ikurriña, e lendo, non foi unha multa, senón un apercebemento.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgDvkCozAqyVwfOpUv7me9d0bIaSVRtlKxpVTaxz_iJb-CKJw_vC-xic3OKF-S6JJDvg7Q_5_u1kuMIfJUj7CkXQ-oeYYwg9B0yLWoHo3RdfQUFeIGLhhpTb9oDd1O-iy5oI07jcg/s400/after+galician+letters+day+2.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario