Como notas de prensa, esta vez actuais, está que os hestaleiros de discotecas demandan vixiancia para evitar 'festas ilegais' de fin de ano. Coido que non piden a mesma vixiancia cando de producir ruído se trata. Por outra aprte, segue o mal tempo, o que provoca unha rebaixa da ocupación hoteleira, aínda que calquera o diría vendo onte o mercado do nadal, concurrido a tope e no que por certo, o 'tronco' que fixeron e deron a degustar non estaba mal (máis ben diría, estaba moi ben...)Adxunto dous artigos en .jpg:
'O valor do chapapote' saiu o 17 de decembro de 2002 en A Mariña/El Progreso, p.2, baixo unha foto cun pé que indicaba que en San Cibrao os skaters construíran unhas rampas e o concello lles permitiu poñelas nunha pista pública...
'Algo novo baixo o ceo' saíu no mesmo medio o 18 de decembro de 2001, dando a nova dunha agrupación musical novedosa en Ribadeo, nun exemplar no que a foto de portada tiña como titular 'Comerciantes de Ribadeo palpan el euro'... e a foto que acompaña ó artigo traerá lembranzas a máis dun.

1 comentario:
Bufff... certo. ¡¡Que lembranzas!!
Volvín abrir o cedé-rom e hai un texto sobre o míster que me parece moi descriptivo:
O MÍSTER
Tamén coñecido polo alcume de "Her-Nani Naval" (naval de nave, se fose nabal sería de nabo). Os primeiros anos da súa vida pasounos apaciblemente na mariña luguesa, o resto tamén os pasou na mariña, pero xa non tan apaciblemente.
E outro sobre o Portu que me apetece poñelo:
RUBÉN "O PORTU"
[...]Moi rápidamente o resto da Contrabanda decatouse das incribles dotes musicáis deste individuo, xa que é capaz de tocar o piano "con la mano", pode tocar de pé cando lle esquence o taburete e incluso é capaz de tocar telepáticamente cando non lembra acudir a unha actuación. Estas incribles dotes musicáis fan que o Portu sexa moi apreciado polos seus compañeiros cando acude aos concertos e ensaios, para os que sempre garda dez minutiños entre partido e partido de baloncesto, a pesar disto aínda hai xente sentada en Abres esperando polo so de piano de "I can´t turn you lose" dende o ano 97.
E de Fuji (o outro persoaxe que sae ao carón do Portu) teño un texto que ao final Rego decidiu 'censurar' no cedé-ron con moita razón; pero vou poñer eiquí un texto que escribira sobre el para o multimedia:
FUJI
Xa na Escola de Música, a súa facilidade para conectar co seu mundo paranormal particular prodúxolle certa sensación de estar sempre euivocado. Os seus pensamentos eran: " Todos están na miña contra". Bueno, tal vez non fóra un só pensamento, en realidade todos parecen estar contra Fuji. [...]
Buff... ¡¡cantas lembranzas!!
A contraportada dicía:
Se copias este Cedé-Ron, que saibas que pagarás mil anos de purgatorio, que nunca máis te convidaremos a unha cervexa e que estás a poñer en perigo futuras produccións.
Tódolos personaxes que aparecen nesta obra están absolutamente borrachos, calquera parecido coa sobriedade é unha coincidencia.
Cando morra, espero atoparme cos contrabandista no purgatorio; isto o digo eu.
Publicar un comentario