20150115
Arredor de Charlie, nas nosas vilas
Son testemuña de que entre a xente nova a integración social dos pícaros de diferentes orixes é semellante, estando moito máis marcada por cuestións que afectan de xeito individual (estrutura familiar, nivel económico, xeito en que golpea a crise a unha determinada familia...) que por temas como a relixión ou o país de orixe dos pais. Pero tamén teño sido testemuña dun trato diferenciado de inmigrantes xa adultos polo mero feito de ter unha relixión diferente e saber que están en minoría, como agresións verbais repetidas sen ter cobrado conciencia os agresores de que 'iso' era un maltrato e un acoso, a pesar de telo falado. Supostamente, farían intervencións equivalentes ante xente de relixión cristiana, pero o caso é que o ser máis numerosos implica non só un recelo ante a posibilidade dunha resposta en grupo, senón tamén o sentemento de pertenza a ese mesmo grupo ó que se ataca, co que de xeito inconsciente toma outro cariz, tanto para quen ataca como para quen é atacado.
Entendo que non se trata pois de centrar o tema nuns atentados que evidentemente son condenables, senón na consideración tanto social como individual do 'outro' como un máis, ó tempo que nós mesmos tamén somos 'un máis'. E nestes tempos de construción dunha sociedade máis desigual, a falta desa consideración está a traer problemas para todos.
20070225
Domingo en Ribadeo, quen vai á misa?
Hoxe, o título dunha obra de teatro a representar no auditorio Hernán Naval fai reflexionar sobre que pasaría se o teatro fora tanpopular como hoxe o é o fútbol. E que pasaría, hoxe domingo se o fora a relixión? Só teriamos que voltar a vista uns anos atrás para ter unha aproximación. Despois do artigo 'Procesións e fauna' (metido no blog aquí) quédome con ganas de estudar algo máis a socioloxía da relixión, e en concreto en Ribadeo. Pero non é doado ver os vaivenes da asistencia e participación nos actos relixiosos e poñelas en relación con outras variables: hai moitas, e en Ribadeo, como terra de aluvión no verán e fins de semana, máis aínda.
O certo é que agora que o do Ostedijk parece que xa pasou e que foi case algo así como unha cortina de fume non só na realidade, senón en sentido figurado, e visto o movemento ó seu arredor que xerou comparándoo con outras cousas, case parece que algunha xente deba de estar cumprindo os seus ofrecementos relixiosos motivados polo barco, para que non pasara nada, e estes días algunhas igrexas costeiras rexistrarán un aumento estatístico de visitantes. En Ribadeo, o aumento visible é o das fins de semana, o debido á xente de fóra que ven escoitar misa ó pobo.
Na foto, a xerme da nova ponte sobre o porto que case se pode chamar 'xerme da nova ría', pois anda que non cambiou a ría dende que comezou o porto deportivo de Ribadeo. A todas estas, non parece que houbera resposta dos presidentes autonómicos ás propostas da Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo, co que seguirá a ser un perigo atravesar a ría no verán.
Unha última cousa que vexo no xornal: parece que o tema de Reinante xa rematou (ou se calmou) en Ribadeo, pero segue na Deputación en Lugo, a conto do cobro de dietas, que curiosamente pode incrementar respecto ás que tiña antes. Será o final do culebrón?
Unha nota posterior, mentras non vedes o blog de fuji:
20231203
En Ribadeo, pola paz
Esta mañá, ás doce e media diante da casa do concello, tivo lugar en Ribadeo unha nova concentración pola paz. Limos ou falamos varias personas, comezando por min e continuando por Suso Fernández, Jesús Irigoyen, José Ángel Salvatierra, ou Nana.
Deixo en baixo unha foto de Suso, o que lin eu e a intervención na ONU do embaixador palestino que me pasou Suso:
Das guerras e da paz
Se estamos reunidos para protestar pola guerra, xa perdemos por partida dobre.
Primeiro, porque a guerra, as guerras, están en marcha e estamos á defensiva, tentando que pareza unha ofensiva o que estamos a facer, cando pouco pintamos. Aínda así, hai que intentalo e facer forza para desgastar ó noso inimigo, para facer que non lle compense. Diso se trata.
Mais tamén perdemos porque estamos metidos na súa sociedade e na súa lingua, na lingua de quen fai a guerra. Loitamos coas súas armas, e por iso levamos desvantaxe: coas súas armas teñen máis práctica, loitan mellor. E tamén porque estamos a loitar.
Por iso, non estamos aquí contra, senón polo empeño por construír a paz. Por construír as condicións de paz, a mentalidade de paz, de non violencia, do uso da lingua para colaborar, para vivir, para construír. E aí si levamos avantaxe. Ou debéramos. Porque sabemos facelo, sabemos convivir e resolver en paz os conflitos, aínda que ás veces sexa difícil e o proceso leve moito tempo. Aínda que máis dunha vez perdamos pé e nos vexamos envoltos nun furacán incontrolable do que saímos en canto podemos. Pero aínda así, mentres o intentamos, estamos facendo pola paz.
Estamos a facela mentres usamos palabras que non usan máis que para desprezalas quen crea o conflito. Estamos a facela mentres alzamos os corpos e a voz para dicir que estamos aquí e queremos vivir en paz, un mundo no que a xente, nosos irmáns e irmás de toda a Terra, podan vivir en paz.
Falando así sae a expresión como se fora unha relixión. Chamádea así se queredes, pode que sexa a única relixión pola que mereza a pena rezar.
Pero mentres, empregando xa que logo un dito relacionado co relixioso, ‘a Deus rogando e co mazo dando’, temos que seguir actuando en pro da paz. Por activa e por pasiva, polos medios que se nos ocorran. E mesmo aínda que non sexamos moi ocorrentes, facendo as cousas cun fin claro: lograr a paz. Na Ucraína invadida onde os rusos -os dirixentes, claro- teñen a culpa mentres os ucraínos -os dirixentes, claro- non deixan de ter a súas. Ou na Gaza onde a poboación está a sufrir por un ataque mortífero, exterminador, desencadeado por un presidente que quixo acabar co poder xudicial mentres está acusado de corrupción. Iso si, antes actuou unha guerrilla con base en Gaza e tamén mataron israelís, na desproporción a que xa nos ten afeitos ó longo de tres cuartos de século no que se perde o fío dos agravios dunha e outra beira. E tamén noutras guerras esquecidas, que xa nin estamos seguros se hai ou non porque os medios non se ocupan xa -se se ocuparon algunha vez- delas. No Tigray. Onde estaba iso? En África, non? Había unha guerra, coido. E a guerra do Afganistán contra os rusos primeiro, logo contra os norteamericanos e logo entre eles cos outros por tras, está rematada mentres as mulleres son tratadas como animais de curral? Pacificouse Somalia? E o Iemen? Para, que nesa, como hai implicado algo de petróleo sabemos que aínda non, que segue, aínda que sen detalles. E Sudán do Sur, está pacificado? De calquera xeito, somos conscientes de que falamos das guerrazas, de cando en vez, das guerras, e case nunca das guerriñas. Pero non somos nós quen establece esa cualificación, quen mete unha nun estante e outra no outro, senón outra xente. Pode que non se cualifique de guerra, pero hai señores da guerra no Congo, tentando controlar produtos como o coltán que logo temos nos nosos móbiles. Unha loita a conto das ganancias que rematamos pagando nós. Un círculo forzado do que non é doado escapar.
Ninguén dixo que facer a paz fora doado. Non o é.
Ninguén dixo que a paz se impoñería por si soa. Por certo, impoñer: outra palabra traída con violencia.
Ninguén dixo que por procurar a paz non nos acusaran de alimentar a guerra. Ata din que a segunda guerra mundial activouse de vez por un acordo de cesión para calmar a besta.
E ninguén dixo que non podamos estar equivocados nas cousas que facemos. Somo humanos. Pero estamos convencidos de que a paz é sempre mellor que a guerra. E estamos convencidos delo tendo presente que, da outra beira, hai xente que pensa beneficiarse da guerra e non ten en conta todo o prexuízo que leva consigo. Mesmo para eles, aínda que estean a acumular cartos a distancia dos mortos.
Sigamos traballando pola paz. Nese traballo está a semente que xerminará algún día. Estamos a facer o correcto por moi lonxe que estea o obxectivo e queiramos berrar: paz xa!
20120303
Fun a Partenia, e gustoume
Fun a Partenia, e Gustoume. Sería un lema turístico como outro calquera, senón fora porque a tal Partenia é un lugar no norte de Africa, na actual Arxelia, que teño entendido que hoxe é ilocalizable. Nembargantes, existiu. Perante uns cantos séculos foi un lugar importante, sé dunha diócese, e aínda que desaparecera como vila, a distribución eclesiástica correspondente mantense. Como tal, pode ter un bispo ó mando, e teno. Como di Jacques Gaillot, nomeado vai para catro anos como cabeza de dita diócese, non ten catedral, senón que oficia fora dela. Na realidade, está case fora da igrexa oficial.
O bispo di ben: foi nomeado para unha diócese virtual como "castigo" polas súas ideas, e non ten catedral nin as rúas dunha vila. Parece que era incómodo ou tiña ideas diversas coa xerarquía na que estaba incluído (ó fin, as dúas cousas van da man se se cumpre dun xeito consecuente) A falta dunha sé física ben especificada, buscou o seu lugar, e agora ten asento en dúas sés diferentes: a rúa, calquera rúa do mundo, e internet. Ben mirada a súa páxina no correspondente lugar electrónico e ollando un pouco pola rúa, os recursos dos que goza en ámbalas dúas son escasos. Cheguei ó seu lugar en internet a raíz dunha noticia na prensa, e realicei a viaxe de xeito abondo máis rápido, barato e doado que se fora en avión en busca dunha Partenia que xa non existe. De feito, creo que xa tiña fai tempo un pé na diócese de Partenia sen sabelo. É tan doado conectar coas súas ideas como aproximarse a facerlle unha visita por este medio electrónico. E logo, a rúa xa é Partenia.
A pesar de ser un destino de aparcamento, que se interpreta como de castigo e en teoría sen fieles, na realidade convertiuse, por unha transformación do sentido administrativo, nunha agrupación que representa (trata de facelo) a máis grande parte dos integrantes na Igrexa. Botando contas da cantidade de católicos oficiais que hai e, dentro de nós, comparándoo co número dos afectos á xerarquía, penso que hai unha grande diferencia dende vai xa tempo.
¿Onde están estes outros cristiáns non encadrados? Os diversos movementos "de base" dunha ou outra tendencia, apoiados en parte por elementos de a pé da xerarquía, receben directrices ou paus con regular frecuencia doutra parte desa mesma base e de estratos superiores. A forma de organización como Igrexa de todo o resto é moi variable, dende o marxinalismo pasota ata o integrismo (por suposto, tamén aquí) máis recalcitrante, pasando por un compromiso externo á estructura. O paso de ser cristián comprometido a formar parte dese outro "resto" pode ser só cousa de estar cansado do rexeitamento oficial.
Nun momento no que en España se trata de influír no ensino da relixión máis que no sentimento relixioso, e así tomo a aplicación do Concordato igrexa-estado en revisión continua no ensino, ou de separar ese mesmo estudio da formación, como penso que ocorre cando se trata de obrigar a escoller relixión no ensino regrado como complemento para poder asistir ó cursiño previo á Confirmación, iniciativas como a mantida na diócese partenia de dar cabida ós que non a teñen nas catedrais, poden supor un refresco que vivifique á mesma Igrexa da que moita xente forma parte sen estar encadrada na, nin tampouco pola, xerarquía.
En calquera lugar desta terra nosa son (somos) a gran maioría os bautizados. Nembargantes, a mala prensa (mellor, a mala lingua, que a prensa ten outras implicacións) sobre a Igrexa non é de hoxe. Ademais, fálase moito máis e tamén preténdese ter coñecemento sobre a igrexa - xerarquía que sobre a Igrexa, unha descoñecida. Unha revisión de boa fe sobre a última, pero tamén sobre a penúltima, aínda que poda ser un revulsivo, a ben seguro será beneficiosa para todos. Nembargantes, fai demasiado tempo que non se pide de xeito craro nin dende dentro nin fora dun púlpito.
En fin, remata esta pequena reflexión a conto de Partenia. Pode que agora se comprenda un pouco mellor que non é un lema turístico: fun a Partenia, e gustoume.
20070404
Unha nova Semana Santa en Ribadeo


Pódese apreciar polas imaxes dous contrapuntos da Semana Santa. Nun caso, a relixión, que a traverso do seu programa pretende unha celebración dese tipo, de tradición relixiosa. Por outro, os pícaros xogando nunha manifestación de asueto que moitas persoas coñecen por "Semana Santa". Dúas concepcións diferentes para un mesmo tempo (se non as leíches, mira 'Procesións e fauna' e 'Detalles no via crucis de Ribadeo, artigos ós que penso engadir outros xa publicados sobre tema relacionado coa relixión)
E en espera de que rematen os programas para que vaian aparecendo polo blog, para esquecer novos asuntos xudiciais relacionados con políticos ribadenses, dous temas suaves:
En lembranza das Grobas, que agora levan un mes sen novas, unha ligazón ó blog de Mariano, sobre o círculo lítico de A Mourela, algo noutro lugar de Galiza...
E outro, suave por ser a auga pasada polo momento, mentras non haxa unha iniciativa legal: estivo de'moda informativa' o debate sobre o canon das bibliotecas, pero xa non está. Por eso, e porque coido que nos afecta a todos, volvo sobre o tema. Mellor información,, de seguro, a da no seu 'pola lectura, José Luis Sampedro', pero baste saber que a partires de agora, cada libro mercado pola biblioteca terá que pagar un sobreprezo. Non parece xusto, verdade? Pero non só é legal, senón que se non o aplica, o goberno tera que pagar unha multa diaria de 300.000€... por non ter loitado a tempo os cidadáns en Bruxelas, tendo como opositor un forte 'lobby' de intereses. É dicir, outro caso máis no que os cidadáns deixamos os nosos dereitos en mans de xente e/ou institucións que teñen intereses diferentes dos nosos. E unha mostra do que os franceses (e aquí, sente coma min) non consideraban Europa cando votaron 'non' no refrendo sobre o Tratado Constitucional (que non constitución)
20060413
Co paso cambiado
En calquera caso, non me refería no título á diferencia de trato entre Viveiro e Ribadeo, senón na vivencia da Semana Santa e o aproveitamento de mercadotecnia cos seus resultados. Por poñer únicamente un exemplo, quen se beneficia máis desos visitantes extras que foron promocionados? E quen paga o aumento de gasto en promoción ou neses once polis extra? Eso, sen saír do círculo economicista que nos queren meter. Socialmente, estáse a facer un aproveitamento indebido dunha tradición que é relixiosa, cultural ou social para convertila nun negocio que vai en sentido contrario de relixión, cultura ou sociedade relacionadas coa Semana Santa, creando problemas e 'efectos secundarios' que logo díse que non se queren.
Se se fala do tema nun bar, é osible que se remate con algo parelo a 'éche así'. Se procuramos causas máis profundas, non é necesario escarbar moito para chegar ós intereses creados, dos que xa falaba Jacinto Benavente na súa obra de igual nome, os cartos procurando facer maís cartos como solución a tódolos problemas, non só económicos, seón por esxtensión, sociais, culturais, medioambientais, ... non importa, a panacea do ouro empaña calquera outra visión. É algo así como unha nova relixión con proselitismo extremo e imperialista, pois non só se propaga para crecer 'de boas formas' senón que se impón para que os que xa están metidos no sistema se encumen. Algo así como o timo da 'Pirámide': os novos acólitos pagan ós vellos, co que aqueles recuperan a inversión con creces, sempre que teñan abondos 'novos crentes'. É un xogo exponencial, un límite, o do esgotamento dos recursos.
Chegados aquí, pódese dicir 'continuará', pero só referido ó pensamento sobre o tema, pois o final está claro, aínda que non se vexa cánto tempo tardará e se esté a tratar de que non se vexa para que os que están no allo podan recuperar a inversión feita en termos materiais para tratar de compensar o que entenden que perderon noutros termos máis humanos. Por eso o 'continuará': levaría abondo tempo e sáese dos obxectivos e posibilidades do blog, aínda que poida ser tratado moitas voltas máis dende outros puntos de aprtida.
20120717
Máis historia en Ribadeo
É dicir, xa é oficial que o próximo curso haberá o Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo, polo momento sen máis nome e sendo de esperar que aínda se lle tarde en asignar un un certo tempo. Facelo doutro xeito sería ben esquecer unha parte da historia de Ribadeo, por un nome novo, ben dar preeminencia a un dos nomes anteriores, cousas ambas que coido desaconsellables.
Primeiro, corto e pego a historia do de vida máis longa dos que se fusionan, o IES Dionisio Gamallo Fierros:
Anos 20:
Créase en Ribadeo o primeiro Instituto de Ensino Secundario. Pechou ó rematar a guerra.1955:
Inicia a súa actividade o actual Instituto, sendo Dionisio Gamallo Fierros o primeiro director. En principio as clases eran na casa do óptico, por non contar con edificio propio.1958
Inaugurouse o actual edificio. Ó acto asistiu Francisco Franco, como quedou recollido na prensa da época.
"El Jefe del Estado, con su esposa y demás miembros de la comitiva, fue recibido en el Instituto Laboral por el Director del mismo, D. Dionisio Gamallo Fierros, y el Claustro de Profesores.
"En el vestíbulo del nuevo edificio se había levantado un altar, en el cual se revistió con los ornamentos litúrgicos el Prelado de la Diócesis, Dr. Argaya Goicoechea, que procedió a la bendición del Instituto.
"A continuación, el Caudillo, acompañado de su esposa, del Ministro de Educación Nacional y del Director del Centro, visitó las dependencias de éste, interesándose por su funcionamiento y examinando detenidamente el material pedagógico y científico de que dispone, y escuchando las explicaciones dadas por el Ministro."Terminada la visita, el Jefe del Estado expresó su complacencia por las nuevas instalaciones del Instituto Laboral, trasladándose luego, con la misma solemnidad que a la llegada, al Parador de Turismo."Las características del nuevo edificio del Instituto de Enseñanza Media Profesional de Ribadeo, son las siguientes:"Ha sido construído a la salida de la villa, en la margen izquierda de la carretera de Asturias a Galicia. Sencillo de líneas y armonioso en el conjunto, el proyecto se ha debido al Arquitecto del Ministerio de Educación Nacional, D. Francisco Navarro Borrás.
"Consta la edificación de cuatro plantas. La baja mide 1.400 metros cuadrados, destinados a salón de actos, patio cubierto para recreo, oficinas, talleres de diversas actividades, etc. La planta primera mide 820 metros cuadrados, y en ella están el vestíbulo, el anfiteatro, la capilla y cinco aulas, de 60 metros cuadrados cada una."La segunda planta mide 680 metros cuadrados, y en la que se han instalado el local del Frente de Juventudes, bar, cocina, salas de dibujo y laboratorios. La última planta se destina a almacenes y una torreta, donde se han colocado aparatos para observaciones meteorológicas."El edificio tiene capacidad para dar en él enseñanza a numerosos alumnos, y todas las instalaciones y servicios han sido adecuados a la función a que se destinan, no sólo para su utilización en la actualidad, sino para que en el Instituto puedan recibir enseñanzas numerosos alumnos en años futuros".Revista Lucus, Excma. Deputación Provincial, nº 3, decembro de 1958, páxs. 11-13.
1963:Déuselle o nome de "Instituto Laboral Carlos Mª Rodríguez de Valcárcel"
O Instituto pasa a ser mixto. Ata esa data só asistía alumnado masculino.Curso 1966-67:
Implántase o Bacharelato Superior.1967:
Créase un Colexio Menor. Os alumnos residían nas vivendas anexas ó centro.Curso 1975-76:
Implántase o Bacharelato Elemental nocturno.
Extinguido o vello plan de Bacharelato, comeza a impartirse o BUP.Curso 1998-99:
Pasa a impartirse un Ciclo Superior de Animación Sociocultural.2000:
Intégrase o Centro Dámaso Alonso, ata entón independente, e dedicado á educación permanente de adultos.
Empeza a impartirse a ESO
O IES nº 1 pasa a denominarse IES Dionisio Gamallo Fierros.Curso 2001-02:
Empeza a impartirse un Ciclo Superior de Educación Infantil e un Programa de Garantía social de Auxiliar de Puericultura.E logo, a do Porta da Auga:
- Rama Administrativa e Comercial, profesión Administrativa.
- Rama Electricidade e Electrónica, profesión Electricidade.
- Rama do Metal, profesión Mecánica
- Un profesor da Área Formativa Común.
- Un profesor da Área de Ciencias Aplicadas.
- Un profesor de Expresión Gráfica.
- Un profesor de Idiomas.
- Un Profesor de Tecnoloxía para cada profesión concedida.
- Un profesor de Relixión.
- Un profesor de Formación Cívico-Social e Política.
- Un profesor de Educación Físico –Deportiva.
- Un mestre de Taller ou profesor de Prácticas por cada profesión concedida.
- Un oficial e un auxiliar.
- Tres ordenanzas
- Tres serventes de limpeza.
- D. Alberto Mediavilla Martínez
- D. José Benito Santana Gutiérrez
- D. Jesús Fermín Rodríguez Pérez
- D. Mario López Durá
- D. Leonardo Díaz Sedano
- D. José González de Sela Torres
- Formación do Espírito Nacional
- Dª Antonia Lazurtegui Cuervo.............................4h.
- Ensinanzas do Fogar.
- Dª Fernanda González de Sela Torres................2h.
- Educación Física.
- DªCarmen Gómez Montero...................................3h.
- Educación Fisica
- D. Francisco López Castro ..................................3h.
- Relixión
- D. José Yáñez Basanta.........................................4h.
- 1 armario A-1
- 40 cadeiras xiratorias.
- 40 máquinas de escribir.
- 40 mesas de máquina de escribir.
- 1 calculadora.
- 1 fotocopiadora.
- 70 pupitres.
- 70 cadeiras.
- 3 mesas de profesor
- 2 sillóns .
- 2 mesas de oficina.
- 2 cadeiras de oficina.
- 1 máquina de carro grande.
- 1 percha.
- 1 xogo de ciceis e burís.
- 4 tesoiras para cortar chapa de 8”.
- 1 armario con peche de persianas e equipo de ferramentas para electricista.
- 40 equipos de ferramentas mecánicas para alumno.
Nestas dúas fotos pódese
observar o aspecto das partes anterior e posterior do novo edificio no
mesmo ano da súa inauguración (bueno, a verdade é que non houbo ningún
acto oficial de inauguración).
|
No
terreo baldío que vemos nesta foto actualmente atópase o polideportivo e
o edificio que alberga os talleres de electricidade e aula do
Bacharelato de Tecnoloxía.
|
Ano
|
Ensinanzas implantadas
|
1975-76
|
FP1 Administrativo
|
1977-78
|
FP2 Administrativo
FP1 Electricidade |
1979-80
|
FP2 Electricidade
|
1981-82
|
FP1 Automoción
|
1983-84
|
FP2 Automoción
|
1984-85
|
FP1 Sanitaria
|
1987-88
|
FP2 Anatomía Patolóxica
|
1992-93
|
3º E.S.O.
|
1994-95
|
Bacharelatode Humanidades e Ciencias Sociais
Bacharelato de Tecnoloxía |
1995-96
|
CFGM Electromecánica de Vehículos
CGFM Equipos e Instalacións Electrotécnicas |
1996-97
|
CFGS Administración
CFGS Automoción |
1997-98
|
CFGM Coidados Auxiliares de Enfermería
CFGM Xestión Administrativa |
1998-99
|
Prog. Gar. Social: Axudante de Operacións de Carrocería do Vehículo
|
1999-00
|
Último ano de Anatomía Patolóxica e do
CFGM Coidados Auxiliares de Enfermería |
2000-01
|
Prog. Gar. Social: Dependente de comercio
|
2001-02
|
CFGM Acabados de construcción
(réxime nocturno) |
2002-03
|
CFGM Carrocería (réxime nocturno)
|
| 2003-04 |
Condición de Centro Integrado de Formación Profesional
|
2007-08
|
Primerio curso que funcionan desdobrados o IES e o Cento Integrado de Formación Profesional Porta da Auga
|
- Flor Núñez Sánchez
- Antonio Gregorio Montes
- Xose Antón Méndez López
- Luis Manuel Álvarez Martínez
- Álvaro Doural Leiras
- Alfonso Piñeiro Funcasta
20211017
ASÍ ES MONDOÑEDO. José María Rodríguez Díaz (2007)
Unha das súas entradas máis longas, para un sitio moi querido, onde pasou quizáis os mellores anos da súa vida. Unha entrada poética e ilustrativa declaración de amornun recorrido por historia e cultura. E algunha frase para a lembranza, como a que di 'e, á xente que non lle puido chegar a cultura, chegoulle a educación'.
Jueves, 29 de marzo de 2007
ASÍ ES MONDOÑEDO
Una pequeña ciudad, construida en piedra, con calles estrechas y
tortuosas, bordeadas por palacios y casas antiguas, con sus escudos y
portalones, sus patios y sus balcones de hierro forjado en la antigua
fábrica de Sargadelos, que yace dormida a los pies del Padornelo que,
como un león recostado, la protege y vigila. Una pequeña ciudad que, a
través del paisaje que la rodea, de las antiguas piedras de que está
hecha y hasta de la misma lluvia que moja sus calles en los largos
inviernos, expresa paz y silencio. Una ciudad, como la definía
Cunqueiro, de casi mil años de vida canónica, aristocrática y letrada.
Una ciudad con esa belleza y ese silencio que ha inspirado a tantos
poetas, músicos y escritores. Una ciudad rodeada de hermosos valles,
como los de Viloalle, Masma o Couboeira, sugestivas encañadas estrechas,
como las de Valiñadares o la Fervenza y altos miradores como el de
Fiouco, Padornelo o Tronceda. Una ciudad con un patrimonio paisajístico
inigualable como no posee ningún otro pueblo de su contorno. Una ciudad
que guarda un monacal y eterno silencio desde la muerte de su Mariscal.
Una ciudad creada por tantos personajes ilustres que construyeron su
historia y por las gentes que viven en ella, con su cultura y su
sencillez.
¿Por qué es esta ciudad distinta de otras? ¿Cuál es su secreto? La
respuesta está en su historia, en las especiales circunstancias en las
que se desenvolvió su trayectoria a través de los tiempos hasta la
actualidad.
Ya desde el siglo XII la sede episcopal va a marcar su vida y su
futuro. La importancia del mecenazgo y la cultura que imprimió la sede
episcopal a la vida de la ciudad y de sus gentes fue determinante para
configurar esa forma especial de ser de sus gentes. Y lo fue hasta tal
punto que a la sede le debe la ciudad, incluso, su nombre, importado del
cercano pueblo de San Martín, en donde estaba primeramente ubicada la
sede episcopal. Desde su papel de Señores de la Ciudad toda la vida de
Mondoñedo gira en torno a sus obispos que son los que marcan su ritmo
religioso, político, social y cultural. A muchos de ellos, como a Muñóz y
Salcedo o a Sarmiento debe Mondoñedo sus grandes estructuras
monumentales. Porque de la iglesia salía no solamente la palabra de
Dios, sino, también, la gramática, la filosofía, las ciencias y las
artes. En una palabra, todo el acerbo cultural que la ciudad heredó.
Basta pensar en la influencia que ejerció su catedral en la vida de la
ciudad. Durante un largo período de su historia la catedral, verdadero
corazón de la ciudad, iba a ser la única fuente de formación de que en
aquel entonces se disponía, y del que otros pueblos de su entorno no
disfrutaban. Allí acudía masivamente la gente en los tiempos pasados a
escuchar los famosos sermones de los canónigos magistrales en las
grandes solemnidades, las famosas disertaciones públicas de los
opositores a las canonjías, sobre cuya maestría y destreza luego la
gente discutía en la calle, las grandes interpretaciones musicales de la
orquesta catedralícia o la asistencia a las aulas en donde muchos niños
y jóvenes de Mondoñedo, los niños de coro, recibían una formación
musical y humanística de alto nivel. Las representaciones de los autos
sacramentales de nuestros clásicos de la edad media y todas las
actividades culturales que se derivaban del culto catedralicio, todo
ello era como una gran aula magna al alcance del pueblo que en masa allí
acudía para convertir su ocio en cultura. Hasta tal punto el pueblo
vivía y participaba en los avatares culturales de la catedral que en
unas oposiciones celebradas en mayo de 1900 a la canonjía de magistral,
circuló por la ciudad un folleto criticando el resultado de la contienda
en la que le habían usurpado la plaza al opositor D. Antonio Mª Agrelo,
tío del que más tarde sería cura de la parroquia de Santiago de la
ciudad, D. José Mª Agrelo, que aún hoy algunos mayores recuerdan. En ese
folleto se criticaba la actuación de los demás opositores con estas
palabras: “¡Qué desbarajuste, qué confusión de ideas! ¡Qué significado
desconocimiento de las más rudimentarias reglas de la vida logística!
¡Qué exposición de premisas! ¡Qué consecuencias de pie de banco! ¡Qué
lógica más peregrina, niñas de la catequesis! ¡Fustibus est arguendum!
¡A palo limpio, debiera ahuyentarlo de allí Bertolo en persona o
Ferrerías, el excusador de las Somozas… para que fuese a hacer comedias a
la plaza!” Y terminaba diciendo: “¡Mientras haya mujeres bonitas en los
Molinos no quedarán sin castigo los vejámenes que tomemos en serio los
de Mondoñedo!” Todo esto demuestra hasta qué punto el pueblo vivía y
participaba por aquellos tiempos en los avatares de la vida catedralícia
y la influencia que esta ejercía en el pueblo.
La misma presencia del entonces numeroso clero catedralicio, gente
selecta en lo cultural, ejerció una marcada influencia entre los
mindonienses, que se prolongó aún hasta nuestros días. Exponente de esta
influencia era aquella participación de los canónigos en la vida socio
política de la ciudad, tan bien reflejada en la prensa local de
principios del siglo pasado, como Don Fino o La Voz de Mondoñedo. Y ya
en nuestros tiempos, ¿quién no recuerda las cultas y enriquecedoras
tertulias que tenían lugar en los bares, en las barberías, en las
boticas, en las zapaterías o en los comercios de la ciudad, convertidos
espontáneamente en aulas universitarias? Eran famosas las reuniones que
tenían lugar en la tienda de Bernardino Vidarte, convertida en un
verdadero ateneo literario abierto a todo el mundo, en donde las jóvenes
promesas de la literatura, como Cunqueiro, empezaban a hacer sus
pinitos. ¿Quién no recuerda las cultas charlas del gran conversador y
articulista, D. Manuel Rico, en la barbería de Dionisio, en donde se
hablaba de todo, desde el libro de los “Desconxuros para sacar as
eirugas das hortas” hasta los comentarios sobre las fabulaciones de
Cunqueiro?. ¿O las amenas conversaciones de D. Manuel Lamas en la
Librería Montero comentando con gracia y parsimonia los temas de
actualidad que aparecían en los periódicos? ¿O las científicas
explicaciones de D. José Cascudo, en la tienda de Castañal, sobre la
vida de las abejas o sobre las setas, mientras esperaba la hora del
coro? El mismo repartidor de la prensa en la ciudad era un culto
canónigo de la Catedral e ilustre catedrático de latín en el seminario Y
esta espontánea transmisión de cultura no era patrimonio exclusivo de
los eclesiásticos, sino que había trascendido al mundo de los laicos,
creando una especie de escuela de enseñanza peripatética. ¿Quién no
recuerda, sino, las lecciones de historia que impartía D. Juan Mon en el
Bar Central a la sombra de un café mientras el público escuchaba,
callado y atento, sus largos y brillantes monólogos? ¿O las técnicas y
explicaciones y discusiones que sobre música y literatura tenían lugar
en la barbería de O Pallarego?
Otro factor de no menor importancia que contribuyó a impregnar de
cultura a la sociedad mindoniense y conformar así la idiosincrasia de su
población, y que aún perdura hasta hoy, fue la enorme influencia que
tuvo el seminario conciliar de Santa Catalina.
El seminario actual no siempre fue tal como hoy lo conocemos o como
era en mis tiempos de estudiante. Entonces funcionaba como un internado
en el que sólo los jueves y los domingos salíamos a dar un paseo
caminando por alguna de las recónditas calles de la ciudad y sin
contacto alguno con la población. Pero, aunque el seminario fue siempre
un centro de cultura y comunicación de nivel superior, hubo otros
tiempos, muy anteriores a los que hoy recordamos, en los que la
intercomunicación entre el pueblo y el seminario era mucho más profunda.
Tiempos en los que los estudiantes se hospedaban en las casas
particulares de la ciudad, prolongando así en ellas la vida cultural del
seminario, mientras que otros muchos jóvenes de la ciudad cursaban sus
estudios en el seminario enriqueciendo con su adquirida cultura en
ambiente social de la ciudad. Todo ello sin contar con el ilustre
claustro de profesores, élite intelectual de Mondoñedo, muchos de los
cuales compartían su vida en estrecho contacto con el pueblo,
integrándose en el como personajes ilustres y hasta anecdóticos, algunas
veces. Una intercomunicación tan profunda que hacía que la vida
cultural del seminario trascendiera al ámbito de la población
mindoniense, irradiando inteligencia y cultura y que aún hoy se palpa en
el ambiente de la ciudad. Sólo así se explica la existencia de esa
pléyade de poetas y escritores, casi todos ellos vinculados al
seminario, en cuyas aulas adquirieron su formación humanística a través
del estudio de los clásicos latinos, guiados por sabios maestros
latinistas, como D. Francisco Fanego. Por eso, cuando en mis
conversaciones por el mundo adelante quería yo reflejar las cualidades
que diferencian a la gente de Mondoñedo de la de otros pueblos, lo hacía
diciendo que en Mondoñedo era normal encontrarse con un molinero que
era poeta, un zapatero escritor o un barbero compositor. Tal era el
nivel cultural y la idiosincrasia de este pueblo. Humanismo y cultura
del mundo clásico que se hicieron presentes en esta comunidad a través
del seminario, a través de la iglesia. Una perfecta simbiosis en la que
la ciudad puso el corazón y la iglesia la inteligencia. Y a la gente a
la que no pudo llegar la cultura, llegó la educación, siempre presente
en el ambiente de la ciudad y que es el sello distintivo que hoy hace
que Mondoñedo sea diferente de otros pueblos.
Cabe, también, recordar la influencia y el calado cultural que
imprimió a Mondoñedo la presencia de las órdenes religiosas que vivían
entonces en la ciudad. Los franciscanos primero, y después los
pasionistas. Su influencia en la cultura de la ciudad no fue de menor
calado. Con sus sermones y sus novenas, con su ministerio y su trato
personal con la gente, supieron dejar su impronta cultural en la ciudad.
Recordar a esa pléyade de afamados poetas, literatos, artistas y
músicos que florecieron entre sus gentes y recrearse en su ilustre
pasado y en el esplendor que tuvo esta ciudad es importante para sus
actuales vecinos. Y lo es para que tomen conciencia de sus valores y
abandonen ciertos complejos para encauzar el futuro con ilusión y
recuperar el papel que jugó en tiempos pasados. El Diccionario
Geográfico Universal de Montpalau, publicado en el año 1783 – y lo cito
como afirmación de lo que digo – nos dice que esta ciudad, situada sobre
los ríos Sisto, Pelourín y Ruzos, tiene una Iglesia Catedral, un
convento de frailes, otro de monjas, dos hospitales y un seminario. Y
contiene, dice, 5100 vecinos. Y 5100 vecinos en esas fechas era mucha
gente, si la comparamos con otras ciudades y pueblos de aquella época.
Pero hay otra faceta muy importante de Mondoñedo que quiero
subrayar por su importancia y singularidad. Me refiero al carácter
acogedor de sus gentes y a su sello de hidalguía. ¿Qué tiene de encanto y
de misterio esta ciudad que - y lo se por experiencia - tan bien sabe
seducir a los forasteros que se acercan a ella?
Se dice de los forasteros que, por una u otra razón, vienen
destinados a esta ciudad, que lloran dos veces. Una de pena al llegar,
por la sensación aparente del ambiente aburrido que se percibe en sus
calles, y otra al marchar, por la pena de tener que abandonarla,
recordando los momentos felices en ella vividos. Y los que se ven
forzados a abandonarla siempre recuerdan con cariño y mucha nostalgia
los días vividos entre el calor de sus gentes.
Y este es el Mondoñedo que yo he conocido en los tiempos que allí
he vivido y que aún hoy sigue ahí como testimonio de lo que digo. Con
sus calles tranquilas, su vida familiar compartida entre todos los
vecinos que, como una gran familia viven y participan de los problemas
de todos. Una ciudad en la que parece que el tiempo no pasa. Una ciudad
en la que nadie es forastero.
Pero el brillante pasado de Mondoñedo no puede quedarse sólo en
historia. Ha de ser un aliciente para despertar en los mindonienses de
hoy las ansias de superación necesarias para encontrar el camino hacia
un nuevo futuro prometedor. La corriente efímera del turismo actual es
una fuente de riqueza muy apreciable, pero sólo con eso seguiría la
ciudad languideciendo. La recuperación de la artesanía de tiempos
pasados, la producción y elaboración de productos ecológicos para los
que dispone de una huerta privilegiada pueden ser los nuevos caminos
para que sus gentes puedan volver a vivir con prosperidad y en sus
calles vuelva a sonar el bullicio de sus niños jugando y la música de
sus rondallas vuelva a oírse alegre en sus calles en las noches de
verano apacibles. Mis votos por el futuro de Mondoñedo.-
Comentarios (1)
• Fecha: Sábado, 31 de marzo de 2007
• Hora: 13:16
Autor: agremon
Está ben iso de acudir á existencia de nenas bonitas en Mondoñedo en relación coas disputas de signo relixoso. Unha lembranza para a Semana Santa ou a relixión moxigata e de mercaderes, algo que da que pensar sobre as ideas en relixión e a posta en practica.
20130514
In crescendo
Hoxe recibín de novo un envío da presentación que cito, e coido que xa van tres veces, e iso que é sobre algo que ocorre teóricamente en Francias (aquí as prestacións sociais xa sabemos que pasaron por tempos mellores, e nunca chegaron á altura das deles para poder facer propaganda).
Coido que, mirada friamente, é para pensar algo así como na potenciciación do agnosticismo ou no ateísmo, ou ao menos, en tentar eliminar os privilexios das diferentes relixións nos diferentes lugares ou os abusos do sistema por algún particular. Máis, o vector para o que se está a usar, como dixen, é outro. E é que o racismo non é cousa só doutros países, senón tamén daquí. Non importa que onte mesmo se poideran escoitar os ecos dun estudo que anuncia que os nenos inmigrantes estánse axustando perfectamente, compartindo amigos, comportamentos ou mesmo nivel de notas con outros de pais 'nativos', pois sabemos que esas cousas, con campañas abondo longas, poden cambiar: non se desfixeron en Iugoslavia despois de anos de convivencia porta con porta? É certo que aquí, na zona, a inmigración árabe non é grande, pero é o mesmo: dos árabes pode pasarse ós rumanos, ós xudeos ou ós xitanos dun santiamén, por non falar da xente con aspecto sudamericano ou ós máis evidentes de pigmentación negra.
E ben, claro: mentras nos pelexemos contra o outro, o 'diferente', o de nivel socioeconómico semellante a nós ou un pouco máis baixo, os que son 'máis iguais entre si' por estar situados máis no alto do nivel que indica a socioeconomía, sexan da relixión ou aspecto que sexan, terán menos problemas connosco, máis tranquilidade para seguir mangoneando o que lles pete.
20150727
O pobo e(n) festa
Verán, máis luz, temperie máis agradable, máis alegría, festa! O pobo, a xente, o noso pobo, os pobos, énchense de festa. No caso de Ribadeo, a vila ten aumentado ás festas ditas relixiosas (por orde de achegamento á idea de Ribadeo, a patroa, San Roque, O Carme, Corpus...) outras máis turísticas, folclóricas, mercantís, como a nova dos indianos ou a xa vella (e cambiada dende a súa orixe) xira, ou mesmo actividades que non son declaradas como festas pero tentan achegarse a ese ambiente festivo de diversos xeitos, como a feira do libro e a súa animación de ambiente do pobo durante o seu transcurso.
A luz e o bo tempo ten elevado os ánimos das persoas de sempre. E cando se queren representar eses ánimos, aparece entón a luz. De aí a ligazón de moitas festas co solsticio de verán e máis aínda, de aí que na primavera, cos días máis amplos e luminosos, comece o ánimo de festa. Ánimo que acada o clímax cos eventos festeiros do verán, marcando un atraso en relación ás estacións astronómicas parello ao desfase que manteñen as temperaturas, que acadan o máximo anual a comezos de agosto.
Estamos no verán. Estamos en festa.
Tempo hai, a festa era patrimonio da relixión, máis aló da advocación santeira que a simbolizaba. Tiña algo de sagrado o dispor de bens en exceso durante un curto período, aínda que despois del viñeran as penalidades cotiáns. Algo herdado -ou non- doutros tempos anteriores nos que o ánimo de vivir concibíase relacionado con deuses máis mundanos, que intervirían no día a día das persoas e os seus problemas. Hoxe parece que volvemos a eses vellos tempos que non se foron nunca de todo.
As festas relixiosas teñen máis tradición, pero ó tempo que se desnaturalizan co espectáculo ou a diversión allea ó motivo da festa e que o substitúe, teñen que competir con outras novas, emerxentes, saídas hai pouco da imaxinación da xente. Aí a dos indianos, pero tamén outras moitas que tentan usar a lembranza do medievo, dos celtas, ou do que sexa, para crear ambiente e mover o comercio, e propiciar máis diversión, en competencia tamén cos medios tecnificados de hoxe en día ós que non lles é necesaria a idea de 'festa'. O sentido da festa está a mudar. Xa non é só o dispor dun algo -tempo, produtos que consumir- propio e apropiado ó perfil da festa, senón o facer fincapé na evasión do día a día, nunha certa emulación da transcendencia por uns momentos cheos con actividades con caducidade programada pero retomables de xeito máis ou menos continuado.
A Igrexa non ten o monopolio festeiro; é máis, está quedando en minoría na convocatoria festiva. Por iso debe imprimir a marca de calidade nas súas propias festas, que as distinga e as faga prosperar non só no tempo, senón de xeito moito máis profundo, nos corazóns. O pobo, a vila, estará en festa, pero será o pobo, a xente, o que sexa unha festa.
Antonio Gregorio Montes
20111018
Sobre a separación da igrexa e as institucións políticas
Xa hai catro día que foi emitida unha nota de prensa polo concello, que devolvía de xeito propagandístico a resposta a unha intervención en sentido contrario tamén propagandística.
Coido que na constitución española actual (isa que é imposible cambiar para algunha cousa pero que un par de amiguetes poden cambiar para outras) recóllese a aconfesionalidade do estado e polo tanto das institucións que o estruturan. O que se coñece como separación de poderes igrexa-estado comezou a darse hai varios séculos en moitos lugares. Aquí, polo que parece, á vista deste suceso en Ribadeo e doutros varios ó longo da xeografía española, aínda non demos con el, e as institucións e representantes políticos teñen que seguir rendindo pleitesía a institucións e repreentantes relixiosos.
Hai máis de vinte anos (quizáis polo 1989), nunha visita que o sr. bispo daquela fixo a Ribadeo, visitou o que na actualidade é IES Porta da Auga e plantexouse un pequeno dilema sobre o protocolo. Aceptouse a visita dun xeito cortés (ó fin, aí está a materia de ensino relixioso), pero os pinchos ofertados foron pagados a escote entre os profesores que así o quixeron. Houbo a quen non lle pareceu ben, pero a cousa resultou.
Máis de vinte anos despois, a nivel local, seguimos igual (ou peor)
20220205
Manifesto da concentración pensionista de Ribadeo, sábado 20220205
Case 50 persoas xuntámonos nunha nova concentración a favor do público, das pensións, dos servizos. Unha vez máis, xunto con avisos diversos (como o da manifestación do próximo sábado 12) deuse lectura a un manifesto por boca de Básaro López:
| Antes da concentración. |
Hoxe vai ser un manifesto distinto, porque a súa principal función é tratar de convencer ás máximas persoas posibles de que acudan á manifestación do próximo sábado día 12.
Será unha manifestación a nivel nacional, que aquí, en Galicia farase en dous lugares distintos en lugar de centralizala en Santiago. Unha será en Cangas e a outra en aquí, en Ribadeo.
Penso que non debería ser moi complicado convencer a ninguén, xa que os motivos polos que estamos na rúa son coñecidos por todas e todos, neste caso concreto porque cremos que xa está ben de tomarnos o pelo co tema da subida das pensións con respecto ao IPC real, pero motivos sobran.
Para animarvos a acudir o sábado que ven e quentar un pouco o ambiente imos lembrar algunhas cousas que nos foden moito, pero que nin os medios nin os políticos teñen moito interese en abordar, e o que é peor, a xente non quere ver.
Creo que fixo dous anos xa, tivemos en Ribadeo un gran conferenciante experto no tema da Constitución Española, un veciño de Vegadeo, Miguel Presno. Despois de escoitar o que dixo sobre as Pensions, recollido na Constitución, fixo que me informase sobre o tema, aínda que hai que recoñecer que é un auténtico coñazo.
Imos ver alguns dos artigos da Constitución que se incumpren sen que case ninguén se alarme e que nos afectan moi directamente.
Nas case catro décadas que a Carta Magna leva en vigor, debateuse máis sobre o cumprimento do que di das institucións que do que dispón para os cidadáns.
Di o artigo 1: "España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político".
A Comislón Europea, hai non moito tempo, anunciou que España é hoxe un dos países da UE con maior desigualdade de renda. A OCDE, fai tamén uns meses, certificou que España é o sétimo pais dos 33 da organización onde mais creceu a desigualdade.
Di o artigo 14: "0s españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social". E sin embargo din multitude de indicadores que, a día de hoxe, a muller segue claramente discriminada respecto ao home e en multitude de campos.
Cun artigo, o 57, da propia Constitución: na sucesión ao trono, é preferido "o home á muller".
Di o artigo 16: ”Garántese a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos (...) Ningunha confesión terá carácter estatal. Este mesmo Estado aconfesional, achega á Igrexa uns 11 000 millóns de euros ao ano.
Di o artigo 20 que "se recoñecen e protexen as dereitos" á liberdade de expresión ou á creación literaria e artística, entre outros. Pero din os informes de diversas entidades independentes e institucións internacionais, que eses dereitos e liberdades están en retroceso e en perigo en España por normativas como a Lei de Protección de Seguridade Cidadá (a chamada lei mordaza) ou as recentes reformas do Código penal ou da Lei de Enxuizamento Criminal.
Di o artigo 31: ”Todos contribuirán ao sostemento dos gastos públicos de acordo coa súa capacidade económica mediante un sistema tributario xusto inspirado nos principios da igualdade e progresividade que, en ningún caso, terá alcance confiscatorio”.
Incúmprese de modo sistemático: as Grandes empresas pagan porcentualmente moitos menos impostos que as medianas ou pequenas, e os ricos e as grandes fortunas moitísimos menos que as clases medias ou baixas.
Di o artigo 35: ”Todos os españois teñen o deber de traballar e o dereito ao traballo, á libre elección de profesión ou oficio, á promoción a través do traballo e a unha remuneración sufIciente para satisfacer as súas necesidades e as da súa familia....
Pero miles de fogares teñen todos os seus membros en paro, miles de persoas están inscritas como paradas nos Servizos Públicos de Emprego (e moitísimas, non cobran ningunha prestación); e a crise trouxo un fenómeno novo: traballadores con emprego, pero cunha remuneración tan insuficiente para satisfacer as súas necesidades que xa son considerados tecnicamente “pobres".
Di o artigo 47: ’Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación”.
Moitas persoas están atrapadas en hipotecas que valen máis que as súas casas. Desfiuzamentos por centos, especulación en calquera esquina, non mais comentarios.
Di o artigo 48: "Os poderes públicos promoverán as condicións para a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social. económico e cultural”. As estatísticas din, con todo, que os mozos son un dos grandes perdedores da crise: a renda mediana dos españois de 18 a 24 anos caeu un 20 %; a taxa de paro entre os mozos de ata 20 anos é do 50,5 %
Imos polo artigo 50 da Constitución Española a ver o que di: "0s poderes públicos garantirán mediante pensións adecuadas e periódicamente actualizadas a suficiencia económica aos cidadáns durante a terceira idade; así mesmo e con independencia das obrigas familiares promoverán o seu benestar mediante un sistema de servlcios sociais que atenderá aos seus problemas específicos de saúde, vivenda, cultura e de ocio.”
Pero as leis de Zapatero no 2011 e Rajoy no 2013, pegáronlle un repaso ao art. 50, que o deixaron tremendo.
Collemos este artigo 50 e levámolo da man ata o 149 que é o que fala das competencias , ¿Que poderes públicos son os competentes para garantir as pensións? 0 ESTADO.
Que quere dicir isto? Que entón as pensións non as garanten nin os cotizantes nin as garante o salario diferido que están cada mes aportando os traballadoras e traballadores. As pensións as garanta o Estado.
Logo podemos pensar sin temor a equivocarnos que o recorte das pensións non é nada distinto dos recortes en sanidade ou en educación; é un problema de distribución, e o capital corre presto alí onde hai negocio. E dende logo, nas pensións hai máis negocio que en ningún sitio. Polo tanto os que están traballando hoxe e a mocidade en xeraI teñen que convencerse de que as pensións van a ser de miseria, e van esixirlles ir aforrando todo o que poidan para ir metendo os cartos en plans de pensións privados. Aí esta o negocio e esa é a estratexia.
O problema das pensións non é un problema de cotizantes. Nin o da sanidade, nin o da educación. É un problema de reparto da riqueza, é un problema de PIB, e de como se reparte.
Para o reparto da riqueza hai tres instrumentos fundamentais. Un é o traballo, outro son os impostos i outro é a seguridade social. Entón teñen que meterlle man a todo iso porque son elementos confiscatorios a prol do capital. Dende os últimos trinta anos veñen cambiando as relacions de poder a prol do capital. A renda do traballo sempre era máis alta que a do capital, e xa levamos anos que non, que a renda do capital e máis alta que a do traballo e segue aumentando, co que segue aumentando a desigualdade. E o problema de novo é a xa tan nomeada distribución da riqueza.
O capital, como os voitres, aparecen alí onde poden rapiñar e ademais axudados con todo este aparato de propaganda co que nos bombardean por todos lados prensa, televisión, Banco Central Europeo, Banco de España, Presidente da CEOE... e tamén axudaron e moito os grandes sindicatos nacionais.
Só temos un xeito de contrarrestar esta situación. E é saíndo á rúa, manifestando un dia si e outro tamén que deixen de defender os intereses do capital, e atendan ao pobo que os votou.
Que pensen os votantes do PP ou do PSOE ou do BNG ou de Podemos ou de Marea ou de calquera outro partido, que non se deixen levar polo fanatismo, que pensen no peto, que nos están fodendo, que votemos a quen votemos temos que ser críticos e non funcionar como borregos.
É necesario, moi necesario, que o vindeiro sábado poidamos encher as rúas de Ribadeo para manifestar a nosa repulsa ante o recorte do poder adquisitivo das pensións, e lembrade que GOBERNE QUEN GOBERNE, AS PENSIONS E OS SERVIZOS PUBLICOS DEFÉNDENSE.
20141211
Un 'bo home' para o conflito de Conforto e algún comentario
O recurso a figura do home bo, un mediador na procura de acordos en procesos conciliatorios, foi unha práctica habitual nos tempos dos nosos antergos. Un bo recurso para acadar hoxe, quizabes, a conciliación entre os fregueses de Conforto e mesmo doutras parroquias do concello de A Pontenova por unha parte e o bispado de Mondoñedo por outra co gallo dos conflitos xurdidos entre eles como é, entre outros, o rexeitamento do Crego responsable de esas comunidades cristiáns. Un longo conflito, fondamente enquistado, no que as posturas mantidas por cada unha das partes non se move das súas esixencias. E non so non se albiscan solucións axeitadas a curto prazo senón que semellan ir para largo. Ámbalas dúas partes se manteñen en “sostella e non enmendalla”, intensificando por unha das partes as manifestacións contra a presencia do Crego nesas parroquias, e mantendo por parte do bispado e de certos cregos a súa intransixente e afastada postura.
¿Quen ten a razón neste preito? Moitas das esixencias que manteñen os manifestantes non parecen hoxe axeitadas. As limitacións humanas e as novas esixencias pastorais ás que se ve abocada a Igrexa nos tempos de hoxe, por circunstancias ben coñecidas por todos, discorre por outros camiños ben afastados das costumes do século pasado. Tradicións que hoxe non teñen cabida na pastoral dunha Igrexa condicionada polas limitacións que impón a falta de cregos. Costumes nas que os fregueses desas parroquias parecen aínda ancorados por falta da debida información relixiosa. Pero en descarga da postura dos fregueses desas parroquias, convén preguntarse quen son os responsables das súas extemporáneas demandas de esixir a volta do servizo relixioso ós vellos hábitos de antes. Alguén terá que responder desas pretensións anacrónicas. ¿Non serán, mais ben, os propios cregos, polas razóns que fosen, os que ata o de agora mantiveron a xente ancorada nas vellas costumes e non se preocuparon de adoutrinar ós seus fieis nas novas esixencias e liñas pastorais que se impoñen nos tempos de hoxe?
Pero, ¿é realmente necesaria a presencia dun “home bo” para solucionar este conflito tan enquistado? ¿Non teñen como tarefa fundamental o bispo e os cregos de exercer esa tarefa, como bos pastores do seu rabaño, poñendo tódolos medios necesarios para acadar dunha vez a paz neste preito sobre todo no mes do Nadal? E, sen pretender influír nin condicionar as decisións de ninguén, cabe preguntarse por que non pode acudir o mesmo bispo a parroquia de Conforto para xuntarse alí cos fregueses desta e das parroquias veciñas nun encontro aberto e sincero para dialogar e acercar posicións, pedir perdón, tratar de entender as razóns alleas e expoñer as propias para acadar unha solución axeitada, tratando así de oler a ovella que lles demanda o papa Francisco? En fin, explicarlles os novos camiños da pastoral actual, ben distinta da que se fixo ata o de agora e que hoxe non é sostible manter do mesmo xeito que a xente demanda? ¿Non é, acaso, misión da Igrexa levala paz e o perdón á xente, como nos recorda a liturxia coa frase “podeis ir en paz” coa que se despide ós fregueses na misa?
20221213
Tik Tokpio
Tik Tokpio
De Tik Tok e opio, por se quedaba dúbida...
Tik Tok. É unha aplicación en alza. Vídeos cortiños sobre calquera cousa, que fan engancharse sobre todo á xente nova, que comprende mellor o sistema e sácalle máis partido a base de adicarlle máis e máis tempo. Unha aplicación que se usa no móbil e que tende a consumir todo o tempo dispoñible e máis que se tivese. Unha especie de mistura de Youtube, Instagram e Facebook, que produce máis adicción, de secuencia máis rápida, e nalgún sentido, máis pasiva. E, en contraste coas outras citadas, de orixe non norteamericano, non 'occidental', senón chino, 'oriental'.
![]() |
| Opioides e opiáceos. Mplanine en https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Opiates_v_opioids.png, lic. CC BY SA 4.0 |
Opio. Droga. Ven comparándose, por exemplo, a relixión como 'opio do pobo' dende antes de que Marx popularizara a cita, asociando o termo a substancia indutora de vicio e mala vida. Lémbraste das guerras do opio que propiciaron a submisión da China ás potencias occidentais? -por certo, co opio pagábase o descompensado comercio con ese xa daquela industrioso país-. Con esa submisión deu comezo un período aciago para o Imperio do Medio. A submisión da xente o que naquel momento era considerado un vicio abstraínte e idiotizante -houbo outros momentos e lugares nos que non foi así-. Foi occidente o que impuxo a non prohibición do uso dos opiáceos, coñecidos dende hai tempo en occidente, que mantivo ós chinos -e á China- submisa.
E agora, hoxe. Hoxe usamos diversos avances tecnolóxicos, nunha espiral á que polo momento non se lle ve fin. Mais o avance non ten por que ser bo. Sirva como revelador o chiste que poñía en boca de Franco 'Estábamos diante dun precipicio. Hoxe demos un paso adiante'. O caso é o uso que se faga do avance, neste caso científico ou tecnolóxico. Avanzar implica a apertura de posibilidades en tódolos sentidos, bos e malos. Hai tempo lembro ter discutido sobre a bondade dos avances tecnolóxicos, e certamente, depende do uso que se faga deles, e, nese sentido, da formación da xente para afrontar o seu uso. Que conste que nesa discusión lembrada, fun eu quen cambiou a idea ó final, non o meu interlocutor.
Insisto: un avance, unha novidade, pode ser bo, pero non ten por que selo. Todo depende como e para que se use. Unha mesma tecnoloxía pode servir para producir enerxía ou para facer armas. E mesmo xa producida, un arma como un coitelo pode usarse para matar, pero tamén para moitas outras cousas, dende para cortar a comida a pelar unha rama para facer un bastón de apoio.
Tik Tok pode ser unha enorme perda de tempo, uso maioritario en occidente, ou unha ferramenta de formación, como está tentando regular o goberno chino coa versión interna, Douyin. O opio tamén pode ser usado como analxésico ou sedante no marco da medicina, ou constituír un problema de saúde pública e contribuír a prostrar unha sociedade. O opio contribuíu a manter dependente a China durante moito tempo, viciando o seu pobo. Semellanzas abondo como para considerar o xeito de uso e abuso do outro termo da comparación, Tik Tok, como último expoñente dunha tecnoloxía que levou á interconexión e acceso instantáneo ó coñecemento, pero tamén a unha morea de posibilidades de sinxelas perdas de tempo idiotizantes.
20241220
O pobo e(n) festa (2015)
Deixo en baixo, en texto inserido e dous formatos máis, o artigo aparecido en 2015 en Ágape (revista da Unidade Pastoral de Santa María do Campo de Ribadeo) nº 8, p.4:
0 POBO E(N) FESTA
Verán, máis luz, temperie mais agradable, mais alegria, festa! 0 pobo, a xente, o noso pobo, os pobos, énchense de festa. No caso de Ribadeo, a vila ten aumentado ás festas ditas relixiosas (por orde de achegamento á idea de Ribadeo, a patroa, San Roque, 0 Car-me, Corpus...) outras mais turísticas, folclóricas, mercantís, como a nova dos indianos ou a xa vella (e cambiada dende a súa orixe) xira, ou mesmo actividades que non son declaradas como festas pero tentan achegarse a ese ambiente festivo de diversos xeitos, como a feira do libro e a súa animación de ambiente do pobo durante o seu transcurso.
A luz e o bo tempo ten elevado os ánimos das persoas de sempre. E cando se queren representar eses ánimos, aparece entón a luz. De aí a ligazón de moitas festas co solsticio de verán e máis aínda, de aí que na primavera, cos días máis amplos e luminosos, comece o ánimo de festa. Ánimo que acada o clímax cos eventos festeiros do verán, marcando un atraso en relación ás estacións astronómicas parello ao desfase que manteñen as temperaturas, que acadan o máximo anual a comezos de agosto.
Estamos no verán. Estamos en festa.
Tempo hai, a festa era patrimonio da relixión, mais aló da advocacion santeira que a simbolizaba. Tifia algo de sagrado o dispor de bens en exceso durante un curto período, ainda que despois del viñeran as penalidades cotiáns. Algo herdado -ou non- doutros tempos anteriores nos que o ánimo de vivir concibíase relacionado con deuses máis mundanos, que intervirían no día a día das persoas e os seus problemas. Hoxe parece que volvemos a eses vellos tempos que non se foron nunca de todo. As festas relixiosas teñen mais tradición, pero ó tempo que se desnaturalizan co espectáculo ou a diversión allea ó motivo da festa e que se substitúe, teñen que competir con outras novas, emerxentes, saídas hai pouco da imaxinación da xente. Aí a dos indianos, pero tamén outras moitas que tentan usar a lembranza do medievo, dos celtas, ou do que sexa, para crear ambiente e mover o comercio, e propiciar mais diversion, en competencia tamén cos medios tecnificados de hoxe en día ós que non lles é necesaria a idea de 'festa'. 0 sentido da festa esta a mudar.
Xa non é só o dispor dun algo -tempo, produtos que consumir- propio e apropiado ó perfil da festa, senon o facer fincapé na evasion do día a día, nunha certa emulacion da transcendencia por uns momentos cheos con actividades con caducidade programada pero retomables de xeito mais ou menos continuado. A Igrexa non ten o monopolio festeiro; é mais, está quedando en minoria na convocatoria festiva. Por iso debe imprimir a marca de calidade nas súas propias festas, que as distinga e as faga prosperar non só no tempo, senon de xeito moito mais profundo, nos corazóns. 0 pobo, a vila, estará en festa, pero sera o pobo, a xente, o que sexa unha festa.
Antonio Gregorio Montes



