20150322
Candidatura completa do BNG para Ribadeo, ordeada e con algún comentario
1.Fernando Suárez Barcia, actual alcalde
2.Mari Luz Álvarez Lastra
3.Vicente Castro Reigosa
4.Ana María Martínez Fernández (ata aquí, todos concelleiros actuais)
5.Xosé Farruco Graña
6.Sonia Meilán Vizoso
7.David Ribas Peña
8.Paz Ermida Igrexas
- De aquí en diante, se saíra elixido o seguinte, o BNG tería maioría absoluta
9.Jorge Díaz Freije
10.Vanesa Yanes Rivas
11.Horacio Cupeiro Rodríguez (5º nas pasadas)
12.María Teresa González Piñeiroa (6ª no 2011)
13.Pablo Vizoso Galdo
14.Paz Ramil Maseda
15.José Rocha Fernández
16.Teresa Díaz Estévez
17.Martín Graña Pérez
Suplentes:
1.Andrea Martíns Fernández
2.Marcos Fernández Fernández
3.Rocío Díaz Mesa
4.Pedro Fernández Villamil
5.María Dolores García Docobo
6.José Luis Baamonde Reigosa
7.Alicia Sarmiento González
8.José Antonio Ramil Acebo
Non está na lista Xavier Campos, actual concelleiro polo BNG.
Lista cremallera, foi presentada como de unidade nacional arredor do BNG.
Lémbrase que a maioría absoluta (que pretenden renovar) estará en 9 concelleiros.
pode compararse esta candidatura coa do 2011.
Candidatura completa do PP para Ribadeo, ordeada e con algún comentario
Eleccións Municipais 2015
Sobre as pasadas eleccións municipais de Ribadeo 2011
E máis sobre eleccións
20210518
AUGA PARA TODOS. Pancho Campos Dorado
![]() |
| Recorrido aproximado do Pipelo |
AUGA PARA TODOS
Pancho Campos Dorado
O título deste artigo é copia (perdón pola ousadía) do nome do libro “Auga para todos” (Biblioteca de divulgación da USC, 2017) escrito en galego polo noso veciño Francisco Díaz-Fierros Viqueira, catedrático (e dende a súa xubilación, emérito) de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago desde 1987. Un traballo exhaustivo e documentado sobre a escaseza e a problemática de todo o relacionado coa auga que temos neste noso planeta Terra. Ese ben común que Francisco nos mostra en todo o seu ciclo hidrolóxico vital para a humanidade, no seu reparto, como enerxía aproveitable, no seu desenvolvemento para os cultivos, ese ben que por estar espallado nun 71% da superficie terrestre, cunha profundidade media de 3,86 km, parece unha cantidade enorme, e en cambio representa soamente o 0,13% do volume total do planeta, e a súa profundidade comparada co radio da Terra, 6371 km, “é algo menos aínda que a pel dunha mazá”. Deste volume, é auga salgada nos océanos e mares, o 99% e só un 1% é auga doce, da que nós, humanos, necesitamos máis que comer. Unha substancia tan escasa como vital para os seres vivos, para a existencia da nosa vida, pois o noso corpo humano está composto por un 70% de auga. Ou sexa é radicalmente esencial que a coidemos como o ben máis prezado que temos, moitísimo máis importante que todos os metais e tódalas pedras preciosas do planeta, por moito que as aprecien os especuladores da riqueza, pois sen elas viven, pero sen beber non.
Pois ben, despois deste introito para saber do imprescindible e escasa que é a auga e que necesaria nos é, temos obriga de conservala en bo estado, e introducireime na problemática que temos en Ribadeo coa auga, pois é un ben co que levábamos desde tempo inmemorial con problemas de abastecemento.
Primeiro aproveitáronse as fontes naturais das parroquias e habilitáronse as dos barrios urbanos, Santiago de Vigo (anterior a 1164) na Vilavella; tróuxose unha canle desde o río de Ove que pasaba de San Francisco ó Campo (río Pipelo), encanáronse augas das Fontes do Lobo, do Monte da Arca e de Folgosa, e fixéronse a Fonte Nova (1536); a Fonte de Guimarán (1687); a Fonte Cavada (1749); a de Espiñaredo (1780); a dos Catro Canos (1894); Fonte da Alza (1935), etc. Un coñecemento máis exhaustivo destas construcións reflíctese no precioso e entrañable libro “As Fontes de Ribadeo” das nosas veciñas Alicia Sarmiento González e Teresa Díaz Estévez (Agrupación Francisco Lanza, 2009).
Hoxe en día desfrutamos dun magnífico servizo de augas da traída, grazas á eficaz medida de encanar a auga do río Eo cara a Ribadeo, obra encomendada polo tamén noso veciño Leopoldo Calvo Sotelo e Bustelo (1926-2008) Presidente do Goberno de España nos anos 1981 e 1982 e Marqués da Ría de Ribadeo con Grandeza de España (Real Decreto 591/2002, BOE núm.151, martes 25 de xuño de 2002). Este pasado 3 de maio foi o 13 aniversario do seu pasamento (q.e.p.d.).
O encanamento de auga do Eo, sacounos os ribadenses da escaseza que sempre sufrimos dela nos veráns. Miña nai mandábame á Fonte Cavada por un caldeiro de auga para poder facer de comer, e coma min, mandábannos aos pícaros do barrio do Matadeiro e de Figueirúa á auga durante moitos días do verán, pois pola tubaxe da traída non saía nin gota. As Fontes do Lobo quedaran obsoletas e non eran quen de abastecer a poboación en crecemento constante, e menos cando aumentaba de súbito cos turistas do interior que viñan de Madrid, de Lugo, de A Coruña, de Bilbao e no mes de setembro as pensións e as casas que daban camas enchíanse de xente que baixaban á vila para tomar os baños quentes de mar.
Aquela falta de auga continuada no tempo, tivo unha solución drástica, un plan de subministro que viu o Presidente que era enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos e un político culto e de gran talla intelectual sen lugar a dúbidas.
Hoxe, aquela obra inxente para aqueles anos da década dos oitenta, está quedando totalmente obsoleta aos corenta anos da súa instalación, debido ó deterioro do colector de entronque Eo-Ribadeo, que segundo sabemos está case arruinado na súa totalidade, e a punto de romperse sen saber ninguén cando, nin en que datas. Menos mal que a rede secundaria de subministro se foi cambiando de hai pouco, e polo menos nas rúas non se esperan consecuencias da tamaña inundación que se prevé.
Para cando espera a Corporación Municipal de Ribadeo afrontar esta obra de recambio do colector principal e a tubaxe subsidiaria que faga falta para manter o excelente servizo actual que tan necesario é como en precario estado se atopa?
Fai uns anos rebentou un tramo pequeniño, e Ribadeo estivo durante dous días sen auga, e o caos nas casas era monumental, non había auga para os inodoros, había que mal lavarse con auga embotellada, e os nenos e vellos, non falemos!
Cando rebente de novo a tubaxe, que rebentará en calquera momento por calquera lado, canto tempo nos quedaremos sen auga? Todo o verán? Todo o inverno? Todo o outono? Toda a primavera? Cantos prexuízos traerá a toda a hostaleira de verán, inverno... ao comercio en xeral. Como nos amañaremos sen auga nas casas, nos pisos onde vivimos unha grande maioría dos veciños? Esas coelleiras da época industrial que tanto furor causaron nos “booms inmobiliarios” deste país e que compramos como unha “bendita” solución as nosas necesidades de habitáculo.
Hai que poñer en marcha un plan de rexeneración sistemática do colector, xa. Non se pode esperar a que ocorra un accidente monumental que deixe a Ribadeo sen auga. Aínda temos na memoria a velocidade de construción que tivo a Xunta de Galiza para reconstruír a ponte de Arante cando a levou o río. Estiveron os veciños anos enteiros sen camiño, porque si patrimonio, que si patatín que si patatán... ¡Sen servizo anos enteiros!
Esperemos que a Xunta responda en condicións de dar solucións e non alarguen o problema ata que o remedio pase por un inferno de problemas.
20151219
Pensa... e actúa
Ben, xa temos aquí as eleccións, cos votos a partidos, abstencións, votos en branco e votos nulos. Os primeiros este ano presentan unha variedade máis salientable que outras veces, non tanto porque haxa máis partidos (que non sei se os haberá), senón porque os que máis soan están máis diversificados.
Na provincia de Lugo temos o seguinte:
Congreso de los Diputados
Lugo
. PARTIDO POPULAR (PP)
. PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-PSOE (PSdeG-PSOE)
. CIUDADANOS-PARTIDO DE LA CIUDADANÍA (C's)
. PARTIDO DA TERRA (PT)
. RECORTES CERO-GRUPO VERDE (RECORTES CERO-GRUPO VERDE)
. PARTIDO ANIMALISTA CONTRA EL MALTRATO ANIMAL (PACMA)
. UNIÓN PROGRESO Y DEMOCRACIA (UPyD)
. NÓS-CANDIDATURA GALEGA (BNG-CG-FOGA-PCPG-PG) (NÓS)
. COMUNISTAS DA GALIZA-PCPE (PCPE)
. EN MAREA (PODEMOS-EN MAREA-ANOVA-EU)
1. PARTIDO POPULAR (PP) . Joaquín María García Díez . Jaime Eduardo de Olano Vela . Mercedes Josefina González Alonso . María Ana de Jesús Fernández Castro
Suplentes: . Verónica Prado Diéguez . Manuel López Fernández . Rosa María Arza Rodríguez . María Manuela Carballeira García . Tobías Martínez Cotarelo
2. PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-PSOE (PSdeG-PSOE) . Margarita Pérez Herráiz . Iago Fernández Pena . Marta Jato Díaz . Rodrigo Pavón Prieto
Suplentes: . Julia García Prado . Jesús Vázquez Tallón . Marina Ramudo Graña . José Ángel Rico Álvarez
3. CIUDADANOS-PARTIDO DE LA CIUDADANÍA (C's) . Isabel Ángela Cendán Fernández-Peinado . Jesús Pérez Prada . Óscar Regueiro Díaz . Raquel Jiménez Ferreiro
Suplentes: . Óscar González López . Sabela Fernández Díaz . Alberto Carreiras González . Ana Luisa Iglesias Mateo . Pablo Vigo López . María del Mar Flores Rodríguez
4. PARTIDO DA TERRA (PT) . Violeta Núñez Martínez . Marcos Celeiro Carballo . María Belén Fontal Belón . Ramón Servia García
Suplentes: . Ana Osorio Álvarez
5. RECORTES CERO-GRUPO VERDE (RECORTES CERO-GRUPO VERDE) . Estrella Mo Álvarez . María del Carmen Soliño Castro . Jacobo Castro Castro . Pablo Rodríguez García
Suplentes: . Susana Paz López
6. PARTIDO ANIMALISTA CONTRA EL MALTRATO ANIMAL (PACMA) . María Raquel Casabella Fernández . Francisco José Fernández Ortiz . María Landa Gundín . Luis Mateos del Moral
Suplentes: . Ana María Béjar Díaz . Juan Carlos Jiménez Espí . Ana María García Moreno
7. UNIÓN PROGRESO Y DEMOCRACIA (UPyD) . Agustín Gallego Vigo . Beatriz Seivane Llanes . Marcelino Montoto Ledo . María Luisa Velasco Prieto
Suplentes: . María Veiga Argiz . Javier Gallego Vigo
8. NÓS-CANDIDATURA GALEGA (BNG-CG-FOGA-PCPG-PG) (NÓS) . Olalla Rodil Fernández . Xosé Antón Ledo Pan . María Montserrat Porteiro Sánchez . José Paleo Rodríguez
Suplentes: . Felipe Rivas Jorge . María Teresa González Piñeiroa . Xavier Castro Martínez . Natalia Cabana Rancaño . Manuel Requeijo Arnejo . Dorotea González Fraga . Iago Villamil Cajoto . Elva Carrera González . Martín Graña Pérez . María Montserrat Tubío Fernández
9. COMUNISTAS DA GALIZA-PCPE (PCPE) . Porfirio Embade Pita . Rosa María Rey Varela . Diego Rodríguez Reija . María Jesús Fernández Fernández
Suplentes: . Daniel López García . María Candelas Pardillo de las Heras
10. EN MAREA (PODEMOS-EN MAREA-ANOVA-EU) . Miguel Anxo Elías Fernández Bello . Rocío Somoza López . José Manuel Pérez Afonso . Sol González-Ruiz Carcur
Suplentes: . José Manuel Saa Vázquez . María Zita Méndez Fernández
Quedémonos aquí, sen pasar ó Senado.
Coido que o primeiro é decidir se votar ou non. O razonamento iría dende cousas como preguntarse se sirve para algo a consideralo un deber cidadán. Estimo que non debera servir para a decisión algo como a comodidade, aínda que algo así terá a súa influencia na maioría da xente que colla esta opción. Para min, esta escolla ten un inconvinte práctico: o como aproveitar doutro xeito a posibilidade de participación. Algo que non é tampouco incompatible con votar. Representaría o saírse do sistema de xeito consciente. Ounha opción que se se fai pensada, pode ser difícil de levar unha actuación consecuente. Se se fai sen pensar, a actuación despois pode ser calquera, mantendo o mesmo nivel de consecuencia... (se queres máis 'teoría', procura en internet "Voto en blanco, nulo y abstención, ¿a quién beneficia cada uno?")
Se se pensa en votar, facer de xeito consciente un voto nulo ou en branco, con matices, pode asemellarse a non votar, por moito que o seu significado poa ser obxectivamente diferente.
Para os votos ós partidos, habería que pensar primeiro en ler o programa. Se non todo, polo menos, ser consciente das grandes liñas: que propoñen en medio ambiente, para a distribución do traballo, distribución da riqueza, ...
Non? Vale, ata certo punto é comprensible unha certsa desinformación, tanto pola extensión como polo sentemento arraigado por estes lares de que os programas son papel mollado unha vez pasadas as eleccións. De que te vas fiar entón? Das entrevistas? De Bertín Osborne? Da cara máis bonita? Da historia do partido?
Dos dez partidos que se presentan por Lugo, pode chamar a atención a orde de presentación, non alfabética, nin de representación anterior, senón de presentación de candidatura. Non ten importancia porque as papeletas son separadas. O que si ten importancia é que só 6 formacións, PP, PSOE, C's, UPyD, Nós e en Marea son coñecidas. As outras catro parecen de recheo, aínda que en teoría teñan as mesmas opcións.
PP e PSOE representan o desastre do poder actual. Máis o PP, si, como máis actual, e nestes tempos, máis corrupto, déspota, etc. Como xa comentei onte en "B? Non, PP!", corrupción sistémica non quere dicir corrupción persoal de todos e cada un dos participantes, pero a medida que se sube no escalafón é máis dificil a integridade. Integridade ou corrupción que en moitos casos parecen ser postergadas fronte a un acto puntual como unha bofetada dun parente etiquetado como de oposición no primeiro momento ou a entrevista dun famoso.
UPyD... si, é coñecida porque chegou a ter algo de soa. Pero, alguén sabe algo de UPyD?
Quedan outras tres formacións. Nós é nova en nome, pero a principal forza que a integra está lonxe de ser nova nin descoñecida: BNG, que se presenta como única opción de país, aínda que iso sexa totalmente invalidado por outras forzas. Gozou de menos difusión que outras forzas polo seu carácter galego e non estatal, a máis do bloqueo selectivo dos medios a segundo que forzas.
C's leva a etiqueta de partido do capital, e xa escoitei dicir que luns, o 21, estaría en quebra técnica. A máis de meter a pata con diversos temas en campaña, comezando coa postura en relación ó maltrato feminino, que fixo que recuara nas enquisas ata o momento.
Podemos, despois de ser o futuro hai un tempo, entrou nunha posición non moi boaen campaña, pero dende o comezo, foi subindo postos e hoxe está en posición de sorprender. E en Marea non é Podemos, pero integra a Podemos e á Marea Atlántica, incluíndo tamén a Anova e EU, forzas as dúas primeiras en medre e que poden aproveitar a experiencia (e quedar lastrados pola experiencia) das outras dúas participantes...
Que vas facer? Non era a miña pretensión inclinar o voto (podería dicir o que farei, pero non, e pode que intúas mal a partir do artigo) senón contribuír a que o tomemos un pouco máis en serio... e que, de calquera xeito, os catro anos despois actúemos pensando.
20081208
Tres fotos a Ribadeo dende fóra
A praia que queda onde a antiga casa de baños é algo descoñecida para os ribadenses actuais. Podese chegar a ela sen atravesar as instalacións do restaurante?
O perfil a contraluz de Ribadeo tamén pode resutlar estrano...e o que queda do 'rego de Barcia' (coido que foi o nome que me dixo Teresa Díaz) antes de mergullarse nas alcantarillas da dobre rotonda de Vilaselán na autovía.
20150605
Paseo polas bocas do regos de Ribadeo
Agora está colgado en Issuu. Déixoo nas imaxes embaixo, ampliables, e tamén coa ligazón por cousas da compatibilidade e descargas.
http://issuu.com/agremon/docs/paseo_polas_bocas_dos_regos_de_riba
20210625
Botándolle unha primeira ollada ó Peprich
O PEPRICH, Plan Especial de Protección e Reforma do Conxunto Histórico de Ribadeo, está aprobado. Coido que as lerias partidarias sobre a aprobación deben de quedar niso: lerias partidarias. E o contido, a ver.
Son moitas páxinas e planos para que quede nun resume como 'bo' ou 'malo', e tamén para comentar en profundidade sen á vez ter un coñecemento profundo do tema. Por iso collo un par de ligazóns e algunha cousa dun dos moitos documentos. Máis adiante seguro que voltarei por algunha outra ocusa.
O caso é que á documentación completa, que está accesible na plataforma na nube 'onedrive', e pode accederse a través dunha ligazón na páxina do concello, ista: PEPRICH Ribadeo.
Aí, a lista de documentos é ampla. Collendo un deles, o 'VI.2 CATALOGACIÓN DOS ELEMENTOS ARQUITECTÓNICOS E ETNOGRÁFICOS', podemos acceder a fichas como a seguinte sobre os bancos do Cantón (que deixo partida en dous polo seu tamaño, para poder manexala mellor no blog):
Outras fichas son semellantes, e non deixa de haber lugares comúns ou repeticións erróneas: o documento é extenso e é de supoñer que haxa abondos erros, mais é inexplicable que, se foi repasado polos edís antes de ser aprobado, apareza unha mesmo foto da muralla correspondente á rúa da Muralla en 6 lugares diferentes, de tramos diferentes da muralla (e si, non é que apareza en todos os tramos da muralla como ilustración, só en algúns, que hai máis de seis referidos) e, en cinco, en lugar non correspondente. É unha das que deixo na ficha seguinte, sobre o tramo da muralla sobre Cabanela:
Por certo que, seguindo os planos, pódese 'reconstruír' a muralla de Ribadeo, facer un recorrido polos límites do Ribadeo antigo, etc. Cousas aínda non realizadas.
Algún comentario chamoume a atención, como o da ficha das columnas entre a r/ da Muralla e a r/S. Miguel:
20050924
Continuando a loita


Fago unha nova intervención hoxe para postear dúas fotografías dunha loita que continúa: a da piscifactoría de Rinlo. Hoxe houbo na rúa peonil unha mesa e un cartel avisando do roteiro de mañá, percorrendo toda a zona lic (lugar de interese comunitario) e comezando dende antes del ata despois de pasar Rinlo cara a Ribadeo (ver mapa feito por Teresa Díaz un pouco máis abaixo). En fin, que aínda que polo momento parece que todo se conxuga para que se constrúa a piscifactoría, aínda non está todo perdido...
Rita xa non é máis que unha tormenta tropical forte... haberá que esperar para que se considere mellor o cambio climático como fonte motora deses ventos de perto de 300 km/h. Bush, que con Katrina debeu estar tentado a recoñecer a influencia dese cambio, agora supoño que xa o descarta: volve Iraq a ocupar máis sitio porque segue a morrer xente, tamén norteamericanos.
20160430
A divulgación da ciencia en Galicia. Ribadeo
O pasado día 20 de maio, en Santiago, tivo lugar o que foi o momento punteiro en todo o ano para avaliar o estado das relacións entre ciencia, técnica e sociedade en Galicia. O Consello da Cultura Galega presentou un informe que hai cousa de ano e medio puxo en mans dun conxunto de dez especialistas para determinar o estado da divulgación da ciencia en Galicia. Ó longo das súas 385 páxinas vai desgranando a diversidade de ecosistemas polos que transcorre a divulgación científica na nosa terra. Descargable en pdf ou lido apartado por apartado, presenta -dun xeito rigoroso mais áxil- ata o máis pequeno dos camiños polo que se pode producir esa difusión, e tamén explora o impacto de cada un deses camiños na sociedade galega, poñéndoo en relación coas outras posibilidades e co que se pode vislumbrar fóra da nosa terra. Como se di no texto, é algo necesario para potenciar a toma de contacto da sociedade e a ciencia, e polo tanto para o desenvolvemento da propia ciencia en Galicia.
Nun informe de tanta extensión, hai moitas partes que gustaría destacar. Collerei só dúas: o impacto da publicación do informe nos medios e o apartado de feiras de ciencia.
![]() |
| Portada do informe |
O segundo cólloo por estar tanto eu como Ribadeo involucrados directamente nel. O apartado de feiras de ciencia. Nel, refírese en boa parte ós datos recollidos na wiki As Feiras de Ciencia na Galiza, publicación irmá tantas veces relacionada neste blog, e da unha importancia grande á feira de ciencia máis lonxeva da nosa terra, a Feira da Ciencia de Ribadeo, na que Mª Jesús Besteiro, dende o comezo, Teresa Díaz, en case todas as ocasións, e outra moita xente, participamos xunto con moreas de alumnos nas 22 edicións mantidas dende maio de 1995, primeiro no IES Porta da Auga e agora no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. A Feira da ciencia ten xa un longo recorrido neste blog, mais non deixa de ser moi ilustrativa a comparación con outras feiras de ciencia, de centros de ensino ou institucionais, que Silvia López Ben fai nese apartado do informe, e as conclusións que tira da súa exposición. Non furtarei a súa lectura no propio informe...
20170606
ESCUDO DE ARMAS DA CAPELA DE SAN LÁZARO. Francisco José Campos Dorado
Pero nos “Apuntes de Ribadeo” de Mendez San Julián, páx.42, nunha Acta do Concello de Ribadeo do ano 1550, faise a tradución de “malato” como “leproso”, cando se refire a unha muller chamada María Basanta “que por su aspecto era malata (leprosa) y no obstante iba a la iglesia y alternaba con los sanos, vendiendo pan y fruta con oprobio y deshonestidad de las personas sanas y el pueblo pidió que se la separase del trato de las gentes...”.
Por todo isto, seguramente, ó Barrio dos Malatos, era o lugar apartado a onde se mandaban hospedar ou a lavar o río os enfermos denunciados por lepra ou por enfermidades con úlceras que podían ser infecciosas e afectar os núcleos grandes de poboación. As magníficas augas do río dos Malatos, que desembocaba na Vilavella, foron desde moi antigo, usadas para lavar a roupa dos veciños do Concello de Ribadeo (hai fotos de finais do XIX con varias lavandeiras no río) e as augas da Fonte dos Malatos, ata o día de hoxe, son usadas para beber. Este manancial, “débelle o nome á malatería, fundada no século XIV pola Orde de San Lázaro” (As Fontes de Ribadeo, Alicia Sarmiento e Teresa Díaz, 2006, páx.45).
Outro vestixio da leprosería é a perfecta e antiga Cruz de Malta da fachada Oeste da Igrexa de Ove, emblema dos Cabaleiros Cruzados ou Templarios que na primeira cruzada do ano 1098 estando as ordes de Godofredo de Bouillón, tomaron por símbolo a mesma cruz que xa tiñan en Terra Santa os membros da Orden de San Lázaro de Xerusalén. Esta Cruz de Malta, máis grande e pometeada (con roeles nas puntas) podemos vela tamén na fachada Oeste da Capela da Virxe do Camiño, cuxa forma, a día de hoxe, utilízase para as cruces de condecoración dos membros distinguidos por esta Orde de San Lázaro de Xerusalén.
Por outro lado, este escudo de San Lázaro, formula un enigma máis ás primitivas Armas do Escudo de Ribadeo (Escudo de Ribadeo (I), tamén en La Comarca del Eo 20-08-2016). Observado detidamente, podemos ver que sobre a parte alta do paletón ó final da asta, hai unha pequena estrela de seis ou oito puntas (está moi gastada e vese mal, no debuxo está aumentada) e sobre as tres gardas (dentes da chave), percíbense dúas aspas. ¿Qué significan ou significaban estes símbolos?. A forma das gardas desta chave, tres dentes cadrados, parecen representar unha “xurisdición civil”, tipo das ameas das torres e castelos, e das coroas murais do poder civil, véxase a coroa do Escudo de Armas do Pazo do Xulgado de Ribadeo (La Comarca del Eo 1-Outubro-2016). Si son armas de “xurisdición civil”, ¿como é que están nunha Capela e non nun edificio civil? ¿Foi trasladada esta pedra armeira da fachada do Hospital de San Lázaro para a Capela o día que se derrubou aquel?. Puidera ser.
As chaves de “xurisdición eclesiástica”, bastante claramente nolas dan a entender as gardas da chave da Virxe do Camiño (foto 3), cuxo escudo parece tanto, ou algo máis antigo que o de San Lázaro, e presenta unha chave cun paletón moi particular, pois ademais de ter antes da asta, dous entalles, un arriba e outro abaixo, as gardas forman un oco coa figura dunha cruz cadrada (de brazos iguais). A cruz do oco, da a entender que é unha “chave pontificia”, isto é, pertencente o poder do Papa, que neste caso, estaría representado e baixo a xurisdición dun bispo (Escudo de Ribadeo (I), La Comarca del Eo 20-08-2016). Por outra banda, a chave, cremos que si tivera esmaltes, debería ser de prata neste brasón da Virxe do Camiño, debido a que as dúas chaves pontificias en aspa, da insignia papal, a da destra é de ouro, o que significa o poder sobrenatural que se estende o ceo, mentres que a sinistra é de prata, e representa o poder sobre os fieis da súa igrexa (Tratado de Genealogía, Heráldica y Derecho Nobiliario, Instituto Luís de Salazar y Castro –C.S.I.C.- Curso de Licencia, Madrid 1961, páx. 176). Como o bispo de Ribadeo, exercería o poder sobre os fieis e non un poder sobrenatural estendido o ceo, por iso cremos que a chave é de prata. ¡Pero, ¿quen sabe...? o mellor, pode haber outra opinión, e debera ser unha chave de ouro pois o Papa delega o seu poder ós Bispos, e tamén nós pensamos, que “de Ribadeo o Ceo”...! En fin!
Á vista de todo o exposto, ¿será por isto, do traslado do Hospital á Capela de San Lázaro, polo qué o escudo se colocou nunha fachada lateral da Capela, cara o Camiño, e non no frontispicio ou fachada dianteira principal do edificio?. ¿A estrela e aspas do paletón da chave, terá que ver cunha distinción ou graduación militar de Comandancia que ostentaba o xefe ou administrador do lazareto? Eu non creo que sexa unha estrela de graduación militar, máis ben paréceme que ten que ver coa simboloxía heráldica baseada na lenda daquela estrela que se “pousou” para anunciar o lugar en que se atopaba a sepultura do Apóstolo Santiago no seu descubrimento, e cuxo símbolo debeu servir como marca do Camiño nos primeiros séculos da peregrinación a Santiago, antes de adoptarse a cuncha de vieira para dita sinal. ¿E por qué está colocada na punta da asta da chave e non no campo libre como no escudo actual de Ribadeo?. Dado que o significado da simboloxía antiga gravada nas pedras, é algo esotérico e oculto en misterios para ós que non estamos iniciados, podemos soamente aventurar unha interpretación comprometida, de que como Ribadeo é porto de mar, era un primeiro punto (Norte) por onde se entraba por mar na Gallaecia ou no Reino de Galicia, morada do sepulcro de Santiago, asemellando así o significado do porto coa punta da asta da chave que tamén é a parte primeira da chave que entra na cerradura.
Sen dúbida estas preguntas fágoas soamente por curiosidade, pola inquietude de establecer conclusións, por encontrar coñecemento nos recunchos da tradición. Como di a frase daquel autor anónimo: “Solo quen ten o poder de asombrarse pode dar un paso adiante entre tantas incógnitas”, e a nós podería levarnos a formular moitas preguntas máis, razóns non nos faltan.
Como sabemos, os Hospitais de San Lázaro, ou lazaretos, foron creados por primeira vez en Francia polos Cruzados que volvían de Terra Santa no século XII, e estaban destinados a coidar a todos aqueles que presentaban enfermidades con úlceras na pel. Así que, a Capela e o Hospital de San Lázaro de Ribadeo, tamén poderían datarse de finais do século XIII, cando S. Francisco e algúns discípulos (¿todos italianos?) pasan por Ribadeo en 1214, camiño de Santiago, e fundan o Convento de San Francisco e ¿por qué non puideron tamén fundar unha leprosería (malatería) que como podemos corroborar a día de hoxe aínda conserva os nomes italianos “malatos” e “malatería”, e non o de leprosos e lazareto?
Por outro lado: ¿como é que o Camiño de Santiago pase pola Regueira o lado da leprosería, que se supoñía era o lugar a onde se levaban ou ían os enfermos infecciosos, e non pase, como seu nome “parece indicar” pola Capela da “Virxe do Camiño”? ¿habería en Ribadeo, nun principio, un Camiño de Santiago para a xente que desembarcaba na cala e praia de Guimarán, ou na dársena de Porcillán, cunha senda para a xente sa, e outra cun desvío ó lazareto para os enfermos (malatos), onde se curaban ou aliviaban da lepra (daquela chamada “mal de San Lázaro”)? ¿Había no Barrio dos Malatos algunha casa, pousada ou establecido un lazareto onde se lles facía gardar “corentena” os peregrinos “lacerados” para ver si estaban infectadas de lepra as súas úlceras, e non propagar a infección polo Camiño?
Nós non chegamos a indagar tanto, pero queremos deixar preguntas sen contestar ante tantas particularidades das reliquias coas que nos atopamos dando unha volta polos Barrios de Ribadeo, pois desde pícaros pasamos “mil veces” polo lado delas e nunca chegáramos a ver o que agora relatamos.
Non quixera esquecerme de dicir de que detrás da rexa imaxe de San Lázaro, vese que hai algúns trazos facendo un rectángulo dunha pintura mural tapada polo caliche e que parecen non ter interés patrimonial ¿ou si o teñen?, ¿sería cousa de restaurar a pintura do fornelo do Santo?
Desde aquí darlle as miñas máis expresivas grazas o veciño e amigo Julio Méndez Rodríguez, dono do comercio de pícaros, bebés e lencería MENFER do lado da Praza de Abastos de Ribadeo, quen pasou toda unha tarde comigo, ensinándome o barrio e o posible percorrido do río dos Malatos, entre tantos leitos de ríos e regatos que por alí houbo, que chegaron a mover case unha vintena de muíños de fariña, e hoxe desaparecidos: o Rio de Ove, de Reverte, da Alza, canles públicas artificiais como río O Amalló que chegaba ó Pipelo que desembocaba na Cova da Vella e outra rama en Cabanela, hoxe todo elo oculto e desfigurado pola estrada de circunvalación de Ribadeo e transformado nunha “fraga”, case que unha “xungla” impenetrable. ¡Non temos remedio!
20060831
Máis historias, de Ribadeo ó Universo

Algunhas cidades anunciábanse (aínda se anuncian) con cousas como 'ver Madrid e morrer' ou 'de Barcelona ó ceo'. Con Ribadeo pode pasar o mesmo, pero cada vez máis polo que se lee nos periódicos e menos pola realidade.
O certo é que non sei por ónde comezar polo 'traballo' que teño acumulado. Por calquera sitio: onte, na procura de datos meteorolóxicos antigos da 'Pedro Murias', atópome con eles espallados de xeito salteado en diversas Comarcas entre o 53 e 57, non antes e pode que si algún despois, pero tamén me atopo con cousas como que na 'Riberas del Eo', o 6/1/1934 aparece o nome da ría non como ría de Ribadeo... claro, non é a única volta, e así é de esperar que a polémica rexurda de xeito periódico, e cada volta con menos pulo para Ribadeo, pois ó cabo, o río segue a estar presente e da as curiosidades xa sabidas de procura en internet, que agora mesmo arroxan o balance (en Google):
1)Ría + Ribadeo: 174.000 (as dúas verbas illadas nun documento)
2)"Ría de Ribadeo": 11.900 (o conxunto das tres verbas nesa orde)
3)Ría + Eo: 361.000
4)"Ría del Eo":17.800
5)"Ría do Eo": 1.260
... hai outras combinacións curiosas, como cando se pon ria (sen acento), pero está claro que mentras máis 'finos' somos na procura, mellor se atopa a ría de Ribadeo, e é que Ribadeo asociado en escritos con ría, ten moitas máis posibilidades que Ría de Ribadeo, e o mesmo sucede con 'Eo'. Esta mesma entrada contará varias voltas máis se se fai a procura dun xeito que se se fai de outro, e mentras que non contará máis que 1 volta se se procura do xeito 4 ou 5, se se fai do 3 contará un número de veces semellante a se se fai do 2, tendo como campeón indiscutible de veces de referencia a procura tipo 1, polas que sae no escrito a verba 'ría' e tamén 'Ribadeo'. Quen quera facer a proba, que deixe indexar o Google (que deixe pasar varios días) e que probe co título e as combinacións...
Ben, o caso é que a ría, fronte a Reme, na lama, está vendo aparecer cada volta máis verdín en maré baixa, nun proceso natural acelerado, co que ó cabo dunha década por alí teremos xa plantas extremófilas fixando o terreo e preparando as marismas. A marea baixa deixa ver tamén o perfil dos meandros ó sur da Veiga, moito máis acusado á forma típica de curvas de río no seu treito baixo que á de perfil de ría (é dicir, debuxo de arriba fronte a debuxo de abaixo) o que significa menos volume de auga e que a influencia mareal é abondo menor do que eu creía e o trafego de auga por marea, tamén (ver no debuxo a zona entre mareas con menor volume arriba), e a resistencia ó avance da auga, maior, co que o arrastre é menor e a colmatación cara ó fondo da ría, máis rápida... indicando un crecemento dos tesóns maior.O da ría entronca coa exposición que xente reacionada coa Plataforma para a defensa da ría de Ribadeo organiza entre fin de mes e o día 10 na Casa da Cultura (planta alta da biblioteca) expoñendo cartas marinas, planos e documentos sobre a ría. a xente que se achegue, ademáis, terá o alicerce de ver a casa da xuventude aparentemente lista dende hai tempo e sen inaugurar posiblemente esperando as eleccións e cortando ás á xente nova de Ribadeo que podería aproveitala...
Outra exposición corresponde ó cartel, bonito e que deixei de ilustración da entrada de hoxe, para animar o 'de Ribadeo ó Universo'.
Pois en Ribadeo, mentres segue a relación acoso - cinismo na prensa, e se fan roldas de prensa en relación cun dos abondantes xuízos que merodean polo concello, segue a ser nova o rexeitamento do PXOM na Xunta. As reaccións, pintorescas. O alcalde, nun xornal, sae dicindo en titulares que o grave é o retraso en dar o informe, e noutro que non hai máis que o rexeitamento das urbanizacións. Se non fora o alcalde de Ribadeo, seguramente aconsellarían algo como que o vira un psicólogo, pois non é iso o que se deduce do documento de referencia (reseñado na entrada "O tratado non é Europa") nin das alegacións, sen contar con outras variacións que van ter que facer de xeito posterior. É dicir, van ter que redactar de novo o PXOM, e pregúntome cánto costará. Pero tampouco os outros partidos se libran. O Bloque está contento co rexeitamento das urbanizacións porque di que avala as súas teses, pero non logrou que fora sen elas. E o PP tan pronto critica o das urbanizacións como di que que vai facer a xente que ten apalabradas as fincas, e promete máis comentarios para seguir co tema en plena campaña pro municipais 07.
Ben, a consecuencia da procura dunha ruta de sendeirismo, decátome que Ribadeo, a pesares dos esforzos de Teresa Díaz, non ten unha soa ruta catalogada, e eso cando hai uns días se pretendía (teóricamente, porque non o creo) nunha xuntanza a nivel comarcal, voltar ó tren Ribadeo - Vilaoudriz como tren turístico, por riba xa da recuperación dos tramos que se poda da vía como iniciativa turística de camiños para camiñatas na natureza. Adeus plan de rutas turísticas a pé, en aras dun novo fume que se disipará pouco a pouco se non o está xa.
Para rir un pouco con cousas de fóra de Ribadeo, collo hoxe dúas novas científicas referidas pola prensa dun xeito dubidoso:
Unha, que a capa de ozono comezou a crecer, segundo un estudio da NASA e a Universidade de Xeorxia (EEUU). Se non lembro mal, o outro inverno foi o que a descoberta da capa de ozono na Antártida bateu récord de extensión... outra cousa moi diferente é que, pola tendencia, se esto segue así, o que comezou a verse desbaratar nos anos oitenta poda voltar á normalidade sobre o 2050, algo que non é novo que se diga, se ben agora parece que se fai con máis precisión. Por outra parte, éste é un tema netamente estatístico, co que, sensu stricto, habería que falar de outro xeito ó dar a nova...
A outra, que se ve unha supernova (unha estrela moi masiva estalando, vaia) por primeira vez en 'tempo real'... a 440 millóns de anos luz de distancia, o que significa que as imaxes se ven diferidas 'só' 440 millóns de anos... o que non deixa de ser un real tempo. Como se ve, coas novas na ciencia hai que ter aínda máis coidado que coas da política.
20170314
ESCUDO e LAUDE DA CAPELA DA VIRXE DO ROSARIO DE Sta. MARIA DO CAMPO. Francisco José Campos Dorado
O adorno exterior é tan sinxelo como expresivo, pois semellan ser enclaves de afirmación, dispostos para cravar con cravos o escudo á cartela de pedra que lle sirve de base. Para a numeración e descrición dos cuarteis, tomamos a orde establecida na obra citada, e tamén da “Heráldica Española, El Diseño Heráldico” (D.Luis F.Messia de la Cerda y Pita, páx.131). Por outra banda, para unha mellor definición das armas, daremos os esmaltes de cada brasón, segundo se describen nos nobiliarios, pois este escudo carece deles.
Primeiro cuartel (cantón destro do xefe), aparece unha cruz cargada de cinco veneras. Son armas dos ARMESTO (en campo de azur unha cruz de prata cargada de cinco veneras de ouro, unha en cada brazo e a quinta no centro // outros ARMESTO presentan: en campo de azur unha cruz gamada de ouro, cargada de cinco veneras de prata e gules).
Segundo cuartel (cantón destro da punta), sobre ondas unha torre de catro ameas donxonada con torre de homenaxe de tres ameas, ambas de portas adxuradas (abertas) e dúas árbores arrincadas (desenraizadas ou coas raíces á vista) unha a cada flanco da torre. Parecen ser armas da Casa de D. Sancho Marqués e de Dª Inés López de Vaamonde, veciños de Ribadeo, cuxa filla Dª María Marquesa de Miranda, falecida en 1639, funda a Capela da Inmaculada Concepción da Catedral de Mondoñedo (Heráldica del Municipio de Mondoñedo, Dª Olalla Rúa Veloso, 2005, páx.34). Tamén puideran ser armas dos Castrillón, que desde moi antigo emparentaron con ramas familiares dos Miranda.
O terceiro cuartel, neste caso, a partición sinistra, está ocupada enteiramente por unha torre redonda con seis ameas triangulares ou á xibelina (de ameas fendidas), donxonada dunha torre de homenaxe con catro ameas tamén triangulares, e o todo mazonado (gravado con liñas que significan as gretas da xunta entre pedras de cantería). No adarve da torre asoma a cabeza dun home que toca un corno de caza, e cargado no castelo, tres bustos con brazos, de homes sentados de fronte a un lado dunha mesa, sobre a que están dúas fogazas de pan ás cabezas e no centro un coitelo inclinado coa punta alta e o fío cara a sinistra. Claramente, son tres comensais dispostos a comer á mesa. Posiblemente, esteamos ante un escudo cun brasón único, dos máis completos e descritivos do por que do brasón das antiquísimas armas da Casa de RON, que son orixinarias das Terras do Condado de Ribadeo, que abarcaban un amplo territorio do antigo Reino de Galiza (algunhas, hoxe do Principado de Asturias).
Na bordura desta partición sinistra, reza a lenda: “A (en xefe) ESTE SON COMEN (flanco sinistro) LOS DE RON”(en punta) (A ESTE SON COMEN LOS DE RON). Esta lenda descúbrenos, sen dúbida, unha das ramas xenealóxicas principais das liñaxes a quen pertence o escudo. D. José Santiago Crespo del Pozo, na súa extraordinaria obra Heráldica: “Blasones y Linajes de Galicia”, Volume IV, páx. 371, fai constar que: “xa o Licenciado Molina advertía que os desta Casa de Ron, facían tocar un corno polas rúas para que todos os que quixeran comer, fosen a súa casa” (Descrición do Reyno de Galizia, ano de 1550). O que nos da fe do humanos, solidarios ou caritativos que debían ser os membros desta familia coa xente do pobo onde habitaban, pois invitaban a comer os veciños, supoñemos que despois das cacerías, e polo que da a entender a relevancia do brasón, con bastante frecuencia.
Polas súas Armas, o escudo presenta a liñaxe de D. Gonzalo de Armesto, da Casa de Veiga de Forcas, ascendente dos Marqueses de Viance e dos de Villaverde de Limia. Testou en 1630, e estaba casado con Dª Ana Ron Valcarcel, filla de D.Pedro Valcarcel Ron e de Dª María Armesto Balboa, neta de D. Juan Saco de Armesto e de Dª Beatriz de Balboa. Un fillo, D. Antonio de Armesto e Ron, sigue a liña dos Marqueses de Viance e de Villaverde de Limia. Outro fillo, D. Matías de Armesto e Ron Valcarcel, sigue a liña da Casa de Veiga de Forcas. (Notas xenealóxicas sacadas do arquivo de D. Alexandro Pedrosa Neyra, citadas por D. José Santiago Crespo del Pozo, “Blasones y Linajes de Galicia”, Volumen II, páx. 127).
No frontal destro xunto deste altar da Virxe do Rosario hai unha laude (pedra cunha inscrición) na que podemos ler: “ESTA CAPILLA DENDE SU FVNDACION ES DE LOS SEÑORES DE LA CASA DE MIRANDA QUE ESTAS SITA EN BILLA (?)EIML(?) DE MIRANDA I NADIE SE PVEDA ENTE(R)RAR SIN LICENCIA DEL MAIORAZGO (?)I LA(?) I HIZO DE NVEVO D. PEDRO DE MIRANDA SEÑOR I MAIORAZO DE LA DICHA CASA ANO 1616”.
Os maiorazgos, eran institucións feudais que pretendían manter o esplendor da clase nobre, e para a súa fundación necesitábase a autorización do Rei. Tiñan unha vinculación civil perpetua, por virtude da cal realizábase unha sucesión na posesión e disfrute dos bens segundo regras especiais da vontade do testador ou do fundador do maiorazgo. Os maiorazgos foron suprimidos do Dereito Civil pola lei do 11-Outubro-1820 (Tratado de Genealogía, Heráldica y Derecho Nobiliario, Instituto Luís de Salazar y Castro –C.S.I.C.- Hidalguía, Madrid 1961, páx.103)
Esta laude, a primeira vista parece non ter que ver co escudo colocado o outro lado do altar da capela, pois no escudo de armas non está o brasón das Cinco Doncelas, relevante da Casa dos Miranda, e podería pensarse que nalgunha das reparacións ou reformas sufridas no último século pola capela, se colocaron ámbalas dúas pezas xuntas, baixo a advocación da Virxe do Rosario, pero soamente co criterio de conservalas, posto que ninguén ía ser enterrado alí nun futuro, e non se ía romper ningún compromiso cos antigos donos do maiorazgo. Pero no mesmo arquivo de D. Alexandro Pedrosa Neyra, citado por D. José Santiago Crespo del Pozo, “Blasones y Linajes de Galicia”, Volumen IV, páx. 372, atopámonos con: D. Pedro Miranda de Ron, ó que debe referirse a parte do laude: “I HIZO DE NVEVO D. PEDRO MIRANDA SEÑOR I MAIORAZO...”. D. Pedro era irmán de D. Alvaro Díaz de Ron, de Dª Mayor e de Dª Leonor Miranda de Ron (señores das Casas de Barreiros, Santalla de Oscos e de Caldaloba, cuxa casa solar estaba emparentada cos Pesoz de Ibias, e cos Valcarcel dos Barrios). D. Pedro tivo tres fillas: Dª Inés de Vaamonde que casou con D. Sancho López de Moscoso y del Río; Dª María de Vaamonde que casou con D. Juan Díaz Pardo de Donlebún e Dª María de Bolaño que casou con D. Alvaro Pérez de Navia. Por outra banda, D. Alvaro Díaz de Ron é padre de D. Diego Sánchez de Ron que casou con Dª Teresa González de Rodil, da Casa de Villagudel, señora do maiorazgo de Barreiros. Tiveron por fillo a D. Fernando Rodil de Ron que sigue a liñaxe, casando con Dª María Mayor Tobar y Vaamonde de Ribadeneira (irmá de D. Gonzalo de Mesía e de Dª Blanca Pimentel de Ribadeneira)... etc. etc.
Como podemos ver na secuencia xenealóxica relatada das xeracións deste escudo de armas, os parentescos entrecruzados por matrimonio entre os brasóns dos Escudos de Armas de Ribadeo, son evidentes. Non cabe dúbida de que as árbores xenealóxicas dos Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, requiren un estudio aparte, moito máis profundo do que este traballo pretende, pois nós soamente queremos divulgar un pouquiño da Heráldica, Xenealoxía e Nobiliario de Ribadeo, e darémonos por contentos se espertamos o interese dalgúns, incluso só duns poucos, pois iso quererá dicir que sempre haberá alguén que recolla a testemuña para seguir estudando e loitando para nunca esquecer a Historia do noso magnífico e exquisito Patrimonio, e que non é doado de sacar a luz, pois está reflectido en múltiples disciplinas do saber, que requiren de tempo e perseveranza para ler e entender os escritos que nos dan os datos. Queda unha gran labor de estudo nos campos da Paleografía, Diplomática, Simboloxía, Sixilografía, Historiografía, Arqueoloxía, Lingüística, etc. etc.
Non queremos deixar sen comentar unha particularidade que vemos neste escudo. Está suxeito a parede con grampóns, e non empotrado nela, o que parece dar a entender, que o escudo pode non ser orixinario dunha capelanía do Convento de San Francisco, fundado no ano 1214, se non que pode proceder da antiga Colexiata de Santa María do Campo (1207-1852) cando os confrades trasladan algunhas das capelanías, ó tempo que o bispado de Mondoñedo lle reclama o Cura Párroco de Ribadeo os arquivos, documentos de fundacións, foros e convenios, libros, xoias, incluíndo o báculo e zapatillas do bispo D. Pelaio de Cebeira, roupas litúrxicas e demais enseres, cando ía ser desmantelada para facer unha nova Colexiata, que nunca foi levantada (La Colegiata de Ribadeo, D.José María Rodríguez Díaz-2011, pax.52). Este mesmo sistema de suxeición aparece na laude, e podemos velo tamén no Escudo de Armas da Capela da Virxe das Dores, que describiremos nun próximo artigo. Vemos, que antes ou despois, sempre nos atopamos coa “mala sorte” de Ribadeo, como no caso das pertenzas da Colexiata, que poderían estar en Ribadeo, formando parte do “tesouro parroquial”, como ocorre no Mosteiro de Lourenzá, na Catedral de Mondoñedo, ou como en calquera outro lugar que tivo e ten un lugar relevante na Historia de Galiza. Pero non, a Ribadeo o máis normal, é que se lle levanten “por orden de birlibirloque ou de bóbilis bóbilis” todos cantos bens patrimoniais ten, e “sen unha queixa”, pois, Ribadeo é un pobo culto, tolerante e non gusta de liortas. ¡En fin!
Xa vai sendo hora de que as nosas autoridades locais, sobre todo, provinciais e autonómicas se dean conta de que teñen a obriga de traballar polo noso patrimonio e de conservalo no propio territorio, nos pobos ós que pertence. Subliño, sen ningunha dúbida, o dito: “Ribadeo First” (Primeiro Ribadeo) pois aínda que non estea de acordo coas moitas das ideas peculiares do Presidente Trump, si o estou co seu slogan de defender primeiro o seu, o da súa casa. Nós non podemos seguir perdendo, ano tras ano, todos cantos bens patrimoniais temos, de forma practicamente irrecuperable, pois son parte da nosa riquísima Historia. Non vemos que haxa ningunha iniciativa para crear un listado inventariado de ditos bens, onde se diga, p.e.: “ben patrimonial XXL de Ribadeo, descrición, foto, soporte documental, está en tal sitio, gardado en depósito...” ¿Cantos restos arqueolóxicos da Ría de Ribadeo desaparecen “sen deixar rastro”? ¿Cando se van escavar os Castros e poñelos en valor? ¿Cando retornarán os achádegos do xacemento de Louselas? ¡Pero bueno, ese é outro tema! ¿Cantos bens de produción de riqueza nos deixaron os nosos ancestros, e só nos interesen os bens de servizo...? ¡Pero bueno, ese é outro tema! ¿ata cando seguirá sendo todo, outro tema? ¿Para cando vai ser a construción dese magnífico Museo Arqueolóxico, dese Teatro, dese Pazo-Auditorio-Escola Superior da Música...? ¿que non hai nin sequera proxecto de ningún deles? ¡Pois estamos apañados cos nosos políticos, sen proxectos culturais, industriais ou portuarios de futuro!. Iso si, ¡Portos de Galiza choiando por destruír a Illa Pancha e o Faro, e Fomento sen dar luz a Ponte dos Santos, nin ós Santos da Ponte...! ¿E estes son dous organismos oficiais que “velan polo interese da cidadanía”? Portos pretendendo palear a terra e a roca viva da Pancha, como si foran escombros, e Fomento destruíndo a Ría de Ribadeo con obra cada día máis “incivil” e deixando a ponte a escuras, para que “paseemos moi, pero que moi, namorados a luz das estrelas”! ¿Será por isto...? ¡Ó mellor ata lle lo temos que agradecer! ¡manda truco! ¿non?
Nota a posteriori: No artigo anterior dos Escudos do Altar Maior de Sta. María do Campo, facíamos referencia a Capela da Misericordia, e segundo nos comentaron algúns veciños, situámola mal. Polo que moi agradecidos pola advertencia, corriximos o erro: “A Capela de Nosa Señora da Misericordia, estaba a case un terzo da rúa Rodríguez Murias, na casa Nº7 (hoxe de Nistal), entre a Casa de Sarmiento que sobresae á rúa e fai esquina, e a Boutique Valentina. Fronte a ela está instalada unha fonte pública de auga, que podería chamarse, como recordo: “Fonte da Misericordia”, igual que a Fonte da S. Roque, a Fonte da Virxe do Camiño, a fonte de S. Lázaro ou a fonte de Santiago de Vigo, todas elas denominadas pola súa situación o lado da capela do santo respectivo. A Capela da Misericordia e a casa do lado onde vivía o capelán, derrubáronse “a piqueta” no mes de Abril de 1964 debido o seu estado ruinoso (La Comarca, 26-Abril-1964)”. Moitas grazas a todos vos polas correccións.
20171218
ESCUDO HERÁLDICO DA ERMIDA DE NOSA SEÑORA DA PONTE DE ARANTE Francisco José Campos Dorado
Este Escudo de Armas está pintado na parede Norte interior da Ermida da Ponte de Arante, cuxos documentos máis antigos, do ano 1514, a denominan Ermida de Nosa Señora Santa María da Ponte. En 1517 usan a expresión: Hermita de Santa María da Ponte das Mestas, cuxo apelativo “mestas” provén do feminino latino “mixtas” que significa: “mesturadas”, neste caso, produto da unión ou confluencia de augas correntes do rio e regatos (augas mestas), circunstancia que ocorre no lugar onde se sitúa o Santuario. Desde o ano 1561 ata o día de hoxe, coñecese como Ermida de Nosa Señora Santa María das Virtudes, ou como agarimosamente lle din os vellos veciños, “A Santiña” (Santuario de Nosa Señora da Ponte, Arante, D.José María Fernández Fernández, Arquiveiro Diocesano de Mondoñedo, 1986, páx.7-8 // Cadernos de Investigación IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo, Nº6, 2005, Limiar de D. José Ferreiro González, Cura Párroco de Arante).
Nesta parede norte, hai pinturas murais do medievo que representan elementos evocativos, segundo se miran de fronte e de esquerda a dereita: a Asunción, a Coroación de María e o Descendemento da Cruz, e no marco da dereita destas últimas imaxes, está este escudo heráldico, sen acabar de rematar o brasonado, tal e como o vemos na foto re-debuxada. Na parte inferior das pinturas, hai unha inscrición que di: “ESTA OBRA MANDOACER EL SENNOR PERO PARDO DE AGVIAR SENNOR DEL COTO DE SAN MARVGO A SV COSTA SE INICIO DE NVESTRA SENNORA EN EL ANO DE MIL D XVI” (Ano 1516) (ibidem, Nº6, 2005, páx.12).
O escudo ten a forma que os tratadistas heráldicos chaman “español carlista” ou “de forma de casulla” (El Diseño Heráldico, Luis F. Messia de la Cerda y Pita, 1990, páx.29). O apelativo “carlista” refírese ó rei Carlos I de España e V de Alemaña (rei 1517-1556), pois da súa época datan as labras de deseños heráldicos españois con reminiscencia xermánica. É un escudo contido nas formas, sen adornos e sen ostentación algunha, coa boca (perfil que bordea o contorno do campo) formada por unha bordura diminuída chamada “filiera”, cuxa parte do xefe está desaparecida.
Como nos di a inscrición, a obra pictórica mandouna facer, “Pedro Pardo de Aguiar señor de Samarugo”, pero o escudo do mural, é un escudo partido, en cuxa partición destra (do escudo) presenta en campo de ouro os dous lobos en pao dos OSORIO e na partición esquerda non hai ningún brasón pintado, ¿por qué? ¿a quen pertencería esa partición esquerda? ¿quen foi este señor Pero PARDO DE AGUIAR? ¿onde vivía para preocuparse de obras, reformas, adornos como as pinturas murais, etc. desta Ermida da Ponte?.
Segundo vemos en “Blasones y Linajes de Galicia”, do Padre D. José Crespo del Pozo, Volume IV, páx.123-125, os PARDO da Casa de Samarugo, veñen por liña sucesoria de D. Juan NUÑEZ PARDO “el Viejo” que estaba casado con Dª Teresa RODRIGUEZ DE AGUIAR, cuxo segundo fillo foi o Mariscal D. Pedro PARDO DE CELA, casado con Dª Isabel de CASTRO OSORIO, filla de D. Pedro ÁLVAREZ OSORIO, primeiro Conde de Lemos, e da súa muller Dª Beatriz de CASTRO Y CASTILLA, señora de Sumariego e irmá do Duque de Arjona (El Mariscal Pedro Pardo de Cela, Eduardo José Pardo, Alvarellos 1981, páx. 156). O Mariscal D. Pedro Pardo de Cela, viuse Señor de Samarugo, por ser sucesor dos seus sogros, así como do señorío da Frouseira, entre outras moitas propiedades. É obrigado non esquecer o comentario que fai o Padre Crespo a pé de páxina 124, onde lle parece estraño que a “Enciclopedia de Garraffa”, sitúe Samarugo do Partido Xudicial de Vilalba, Lugo, na provincia de León, o que considera unha errata que soamente se explica cando se escribe desde Madrid, sen coñecer o territorio galego. Cousa que con bastante frecuencia atopamos noutras moitas, pero moitas, citas e feitos da nosa historia de Galiza, das que en Ribadeo temos algúns exemplos, e non só do escrito en Madrid.
Como sabemos, o Mariscal Pardo de Cela foi decapitado en Mondoñedo o 17 de Decembro de 1483, e a súa viúva Dª Isabel de CASTRO OSORIO, retírase a pasar os últimos días, na fortaleza de Castromor onde falece o pouco tempo. Dª Isabel era neta de Dª Isabel de Castro Enriquez e de D. Pedro Enriquez de Castilla, Conde de Trastámara, é por tanto, Dª Isabel de Castro Osorio, era parente dos Reis Católicos por liña directa deste avó materno, tanto de Dª Isabel por ser Trastámara por parte de seu pai Xoán II de Castela (rei 1406-1454) aquel que lle concedeu a D. Rodrigo de Villandrando o título de III Conde de Ribadeo (Escudos de Armas da antiga Fortaleza de Ribadeo, tamén en La Comarca del Eo, 16-Set-2017), como de D. Fernando II de Aragón “O Católico”, por ser este fillo de Dª Juana Enriquez e neto de D. Fadrique Enriquez mestre de Santiago e Almirante de Castela. Deste parentesco cos Reis Católicos valeuse Dª Isabel de Castro Osorio, para pedir o indulto do seu home, e ao quedar viúva, para que lle fora revocada a orde de confiscación dos bens do Mariscal, que eran cuantiosos entre Mondoñedo e Viveiro. O Mariscal e Dª Isabel tiveron tres fillos: 1) Pedro “el Mozo” ou Pero de MIRANDA SAAVEDRA E CASTRO, que segundo parece, foi decapitado o mesmo día e na mesma praza de Mondoñedo que o pai a idade de dezaseis anos. 2) Dª Beatriz de CASTRO, que casou con D. Pedro BOLAÑO E RIBADENEIRA, señor da Fortaleza de Torés, na serra do Cebreiro. 3) Dª Constanza de CASTRO, herdeira da Casa de Samarugo entre outras propiedades, casada con D. Galaor OSORIO, quen era fillo bastardo do Conde de Lemos, polo que o dito Conde de Lemos, casou ao seu fillo bastardo cunha neta lexítima, seguindo as costumes da endogamia da época, polo que un medio tío casouse cunha sobriña. D. Galaor fai testamento o 13 de Maio de 1480, data que nos sirve para situarnos no período de tempo cronolóxico.
Dª Constanza e D. Galaor tiveron por fillo a D. Pedro ALVAREZ OSORIO, señor de Samarugo, Muras, Piedrafita, etc. que casou con Dª Mayor BASANTA DE AGUIAR, os cales tiveron por fillos a: 1) Dª María OSORIO que herdou o señorío de Samarugo, e casou con D. Pedro PARDO DE AGUIAR a quen parece, pola cronoloxía e data das pinturas, que se refire a inscrición desta pintura da Ermida de Nosa Señora das Virtudes da Ponte, pois ó casarse con Dª María OSORIO pasa a ser el o Señor de Samarugo. D. Pedro PARDO DE AGUIAR, era fillo de D. Pedro PARDO DE AGUIAR, Señor do Val de Cabarcos, de aí a proximidade de veciñanza e relación coa Ponte, e de Dª María SIERRA E RON.
Dª María OSORIO e D. Pedro PARDO DE AGUIAR, o da inscrición, tiveron catro fillos: 1) D. Andrés PARDO OSORIO de AGUIAR que herda o señorío de Samarugo, e cásase en 1ª nupcias con Dª María TORRES, e en 2ª nupcias con Dª Beatriz de TABOADA. 2) D. Antonio PARDO OSORIO DE AGUIAR, casou con Dª Teresa GONZALEZ DE CÁNDAME ANDRADE E RIBADENEIRA, de cuxo segundo fillo, D. Pedro PARDO OSORIO, casado con Dª Antonia de NOBOA, descende Dª Emilia PARDO-BAZÁN. 3) Dª Inés de CASTRO ou Dª Inés OSORIO que casou con D. Luís de Villarín. 4) Dª Teresa OSORIO que se casa con D. Ruiz DÍAZ DE RIBADENEIRA.
O escudo de armas, ó ser partido (polo que vemos) e ó ter á destra do campo as armas dos OSORIO, lugar das armas do marido segundo as normas heráldicas, parece que tería que ser do matrimonio de D. Pedro Álvarez OSORIO, señor de Samarugo e de Dª Mayor Basanta de Aguiar, como describe a xenealoxía. Pero cinguíndonos literalmente o que di a inscrición, parecen ser as armas familiares de Dª María OSORIO e na partición esquerda (do escudo) terían que aparecer as armas primitivas dos PARDO DE AGUIAR: en campo de gules, unha aguia do seu color, picada, membrada e armada de ouro (en campo vermello, unha aguia negra, co pico, patas e garras de ouro). Isto contradiría a regra heráldica de colocación das armas: “á destra marido e á sinistra muller”, ¿sería por este contra motivo da regra heráldica que non se pintaron as armas da sinistra? ou ¿habería outras razóns que motivaron o borrado ou a non inclusión do brasón dos PARDO? ¿Que razóns ou incompatibilidades houbo?
Posiblemente a discrepancia que houbo para non rematar o brasonado do escudo, non foi unha cuestión heráldica, senón que había “discordia e enemistade política” por intereses moito máis terreais cós atinxidos á nobreza, entre os bispos de Mondoñedo e D. Pedro. Si miramos os documentos que aparecen na Real Chancillería de Valladolid, vemos que D. Pedro Pardo de Aguiar empezou a litigar por certas terras, co bispado de Mondoñedo desde o ano 1507, e cuxos litixios acadaron o ano 1542. Documento 1) Preito do bispo de Mondoñedo con Pedro Pardo de Aguiar e consortes, veciños de Mondoñedo, sobre a posesión de certas terras (anos 1507-1542) (Código: ES.47186.ARCHV/8.12.1.2//Preitos civís, Alonso Rodríguez (F), CAJA 2595,1. PERGAMIÑOS, CARPETA 112,6)
Documento 2) Executoria do preito litigado por D. Antonio de Guevara, bispo de Mondoñedo, con D. Pedro Pardo de Aguiar e consortes, veciños de Mondoñedo, sobre a posesión de certas terras (4-Novembro-1542) (Código: ES.47186.ARCHV/8.7.1//REGISTRO DE EJECUTORIAS,CAJA 564,45. Preitos civís, Alonso Rodríguez (F), CAJA 2595,1)
Durante estes trinta e cinco anos en preito, rexentaron a dioceses de Mondoñedo os seguintes bispos: D. Diego de Muros (1505-1512) quen inicia o preito; D. Diego Pérez (1513-1520); D. Gerónimo Suárez (1523-1532); D. Pedro Pacheco (1532-1537); Frei Antonio de Guevara (1537-1545) con quen se remata o litixio.
Estas terras en litixio, é de supoñer, que eran da herdanza de Dª María Osorio, e que pertencían a aquelas que lle foran restituídas polos Reis Católicos a Dª Isabel de CASTRO OSORIO, viúva do Mariscal Pardo de Cela. Dª Isabel de Castro, cando se casou co Mariscal, tivo unha dote espléndida do seu tío D. Pedro Enriquez de Castro que foi bispo de Mondoñedo entre 1426 e 1445. O bispado e prelados reclamáronlle o Mariscal moitas destas propiedades: “...quienes fulminaron contra él sentencias eclesiásticas que no lo conmovían en lo más mínimo” (Ibidem, Padre Crespo, Volume IV, páx. 124) de aí que houbera tantos anos de preitos xudiciais, incluso despois da vil execución do Mariscal Pardo de Cela.
D. Pedro Pardo de Aguiar, a pesar dos preitos, supoñemos seguiría sendo un fervente católico, que patrocinaba obras pías, como estes atraentes murais da Ermida de Nosa Señora das Virtudes da Ponte, que facían reflexionar sobre a idea da insubornable Morte viva e invitaban á devoción os miles de peregrinos que percorrían este Camiño Norte de Santiago, e que tamén, tantos beneficios traía para os veciños da comarca deste tramo do antigo Camiño Francés: Ribadeo, Ove, Cubelas, A Ponte, S. Xusto de Cabarcos, Lourenzá e Mondoñedo. Pero, D. Pedro, ó non querer “dar o seu brazo a torcer” e non ceder “polas boas”, aquelas ansiadas propiedades ós bispos de Mondoñedo, que levaban preiteando anos e anos tras delas, estes non lle permitiron tampouco integrar as súas armas, dentro da igrexa, no brasonado do escudo que nos acontece, posiblemente como unha acción que hoxe chamaríamos de “ninguneo”, por iso quedou o brasonado sen rematar, pois non lles gustaría que tales armas dos PARDO quedaran reflectidas en tan estratéxica e concorrida localización. As de OSORIO, ¡nin tocalas!: “viñan dos Reis Católicos”. Por suposto, non son eu a persoa máis cualificada para aseverar con toda certeza a hipótese aquí desenrolada, pero as Armas dos PARDO, non debían estar, por aquelas datas, moi ben vistas no ámbito catedralicio, pois eran as Armas daquel Mariscal que tiñan cualificado como: “un orgulloso señor “feudal” que presentaba “fobia anticlerical”, e que fora decapitado con aleivosía, trinta e tres anos antes de realizadas as pinturas da Ermida da Ponte, e segundo a lenda, pola bárbara e cruel ignominia da xente do bispo Fadrique de Guzmán (1462-1492) quen fixo entreter no lugar coñecido desde entón como a Ponte do Pasatempo, a Dª Isabel de Castro, que traía o perdón real firmado polos Reis Católicos, indultando da morte ao seu home o Mariscal D. Pedro PARDO DE CELA AGUIAR E RIBADENEIRA. Aquí pregúntome eu, pois non atopo os motivos por ningún sitio: ¿que crime cometeu o seu fillo de dezaseis anos, para ser decapitado tamén na mesma praza de Mondoñedo xunto có seu pai?. ¡Ningún, pero o exercicio da crueldade non precisa de razóns!
A lenda e a historia de PARDO DE CELA mestúranse, e aqueles acontecementos do cerco e traizón da Frouseira, dos crueis e bárbaros asasinatos, teñen feito correr rios de tinta en forma de poemas, cancións, ensaios histórico-lendarios e análises científico-históricas o que non quita en absoluto que teñamos nós, un anaco das consecuencias daquela mítica historia, na Ermida de Nosa Señora das Virtudes da Ponte de Arante, a cal, é un verdadeiro regalo tela tan cerca, e poder visitala calquera día que estea aberta, para poder contemplar e reflexionar con calma sobre os motivos das súas preciosas pinturas medievais: “onde a Morte viva, está situada na nave o lado dos fieis para que estes non poidan eludir a súa presencia, sempre a esquerda, orientada ao Norte, no reino do Demo, do frío e das tebras” (ibidem, Nº6, 2005, páx.17). Un pracer, un luxo, rememorar a nosa historia, as nosas lendas.
20130529
Ribadeo e os vascos
Facer unha breve historia sobre Ribadeo e os vascos, non é doado pois sempre quedarán algúns sin nomear, pois non se atopa información xeral o respecto.
Eu decidín guiarme polo nome dos vascos máis relevantes que viviron, traballaron e fixeron negocios no noso pobo, e que contribuíron o engrandecemento de Ribadeo tanto do comercio como da pequena industria á que eles impulsaron de forma notable sin ningunha duda. Por eso creo obrigado este artigo para que non caia no esquencemento da memoria esta contribución histórica de máis de dous séculos para o que foi e sigue sendo o transcurrir da nosa vila.
Os vascos máis relevantes aparecen como armadores de barcos, así o máis antigo antecesor en Ribadeo é D. Manuel Olabarrieta, armador do bergantín “Feliz” (Lista de embarcaciones del Puerto de Ribadeo de 16-Agosto-1787) Na terceira década do XIX, aparece a grandísima personalidade de D. Francisco Antonio Bengoechea, banqueiro, comerciante e liberal home de negocios, afincado en Ribadeo al menos desde 1839 (“Pláticas de Familia” p.17, D. Leopoldo Calvo-Sotelo). Construíu a “Casa de Abaixo” unha das máis grandes casas de Ribadeo, herdada en 1900 por D. Ramón Bustelo. Bengoechea, rexentaba unha banca de crédito e unha Casa de Navegación que tiña nada máis e nada menos que trinta e tres barcos mercantes: 17 bergantines; 2 bergantíns-goleta; 4 corbetas; 2 goletas; 3 quechemarines; 3 polacras-goleta; 1 pailebote e 1 patache. Con eles facía negocios na navegación de cabotaxe e cos máis grandes navegaba por tódolos mares e con líneas regulares o mar Báltico e o mar Caribe, especialmente. D. Joaquín Aurrecoechea aveciñado en Ribadeo en 1859. É armador do lugre “José Fermín”, construído en Pasajes en 1853 co nome de “José Manuel”. D. Mariano Sanjinés en 1863 contrata a corbeta mercante “Lima” de 332 TRB o constructor, D. Julián Unzueta de Deusto en Astilleros Olaveaga. Corbeta que pasa a ser propiedade de D.Carlos Casas, por escritura de venta o 2º Piloto D. Agustín Torrontegui, ambos veciños de Ribadeo. En 1865 D. José Benito Goldaracena de Bilbao, asenta na Comandancia Marítima de Ribadeo o bergantín barca “Tio y Sobrino” de 322 TRB. que construe en Viavelez con un costo de 25.000 pesos fuertes que paga D. Valentín Rentería de Mondaca, facultado no nome do Sr. Goldaracena. En 1866 D. Pedro Goicoechea de Lequeitio, asenta en Ribadeo a bricbarca “Carmencita” de 258 TRB. con un costo de 360.000 reales que constrúe en Viavelez D. José Ron. A prosperidade que os barcos dan o desenrolo industrial de Ribadeo é algo tan notorio, que o carón dos armadores vascos, outros como D. Antonio Casas, empeza tamén o negocio de armador con un pequeno quechemarín de 58 TRB, o “Ceferina”, e pronto chega a ter, a familia Casas, 22 barcos, entre eles a fragata de 652 TRB chamada “Antonio Casas”. Outros homes de negocios tamén se fan armadores, como: D.Antonio Couto; D. Patricio Gayol; D. Manuel Laje; D. Victorino Pérez Vizcaíno; D. Juan Díaz Acevedo; D. Manuel Reynante; D. Fco. González; D. José García Piedra. Pero un vasco ilustre por antonomasia en Ribadeo, foi D. Julio Lazúrtegui, creador e promotor da Sociedade Minera de Vilaodrid que funcionou a partires de 1903, e que deu lugar a construcción do ferrocarril Ribadeo-Vilaodrid de 50 km de percorrido. Gracias a esta explotación mineira e os antecedentes marítimos de Ribadeo como porto de relevancia, o que contribuiron en gran medida os vascos, toda a comarca vive décadas do século XX, con un gran progreso industrial. Nos corenta primeiros anos o capital aflúe a Ribadeo de forma continuada e créanse empresas de todolos tipos. Conta con duas bancas privadas, unha na Casa de Abaixo pechada en 1927, e outra na Casa de Arriba, a Banca de Casas, que se deu en bancarrota fraudulentamente en 1933. Constrúese a Torre dos Moreno Ulloa, as fábricas de conservas e salazón de pescado de Peláez, de Bravo Otero e a da Vilavella de Fidel Gayol, Luis Garcia e de Manuel Lens, con 130 traballadores. Ramón González dona a Praza de Abastos e a zona do Mercado, constrúese a Escola Agrícola de Pedro Murias, nos asteleiros da Vilavella non falta traballo, e a Caseta de Baños ten decenas de visitantes. Ribadeo é Partido Xudicial con Xuzgado de Primeira Instancia, Comandancia de Carabineros, Axundantía de Marina e edifícase a Aduana Nova pois o tráfico marítimo internacional está en aumento. As familias Nistal e do Ferrocarrilana, establecen líneas de autobuses a Lugo e Viveiro.
Nos anos trinta os talleres mecánicos de reparación de automóviles, empezan a ser rendibles e outro vasco D. Félix Larravide, Mecánico Naval Maior, monta un taller mecánico que ademais de reparar, enseña a moitos rapaces o oficio da mecánica e os diversos oficios que a reparación mecánica conleva. Entre eles estaba Pancho Campos Martínez, meu pai. Nos anos corenta e cincuenta síguenlle a zaga outros talleres mecánicos como o Garaxe Parga, para turismos e camións, que compiten cos de D. Manuel Lens na rúa de S. Francisco, para reparar o Saurer da Escomulgada, os de D. Manuel Luxen de Transportes o Comercio detrás da cárcel, cos de Jesús e cos de Seivane e o Carrelo no muelle de Figueirúa. Tamén monta Severiano López o seu primeiro taller eléctrico de reparación e rebobinado de motores.
A prosperidade é grande, incluso para o lecer. O Cine Teatro e o Cine Colón teñen duas sesións diarias, e tres os domingos e días de festa, o Baile do Rosa Lar ten orquesta tódolos domingos do verano e a Banda Municipal toca os xoves no parque, e o capital flue por Ribadeo e a súa comarca en regatos pequenos pero caudalosos. Os aserradeiros de Couso e Conde, non paran de traballar, e as carpinterías de Maseda, Cienfuegos e Ramos, teñen traballo continuado, abre a Fábrica de Alginatos da Vilavella do Sr. Puértolas, a fábrica de gabardinas da familia Llaú, as granxas de galiñas e de cemento de D. Manuel Lens, en 1958 inaugúrase o Instituto Laboral “Carlos Mª Rodríguez de Valcárcel”... A inercia do crecemento industrial continúa ata mediados dos anos sesenta, do cal hoxe carecemos total e absolutamente, pois según a miña forma de ver, hoxe Ribadeo ten cerrado a cal e canto o seu verdadeiro motor e xerador industrial de riqueza, a Ría de Ribadeo.
Non ten o calado necesario para un desenrolo axeitado os tempos que vivimos, debido o mal diseño da Ponte dos Santos sobre pilastras e sin altura dabondo, ós recheos da escollera e das dársenas “asesinan” toda perspectiva de futuro, con carácter irreversible, pois incrementaron de forma alarmante a colmataxe de area sobre o fondo e o agrandamento incontrolable dos tesóns. Outros vascos-ribadenses que se asentaron en Ribadeo en épocas de antano, son as familias de D. Maximino Aramburo Mejeras, comerciante; D. Salvador Díaz Echevarría profesor de Física e Química do Sto. Tomás e do Instituto Laboral; seu irmán D. Cesar Díaz Echevarría que durante máis de 30 anos foi secretario do Pósito de Pescadores, contribuíndo en gran medida o desenrolo do porto pesqueiro de Ribadeo, que chegou a ter máis de 350 mariñeiros inscritos.
Polo ano 1958, aparecen os barcos dos Decanos, armadores de Burela: José, Eliseo, Benigno e Santiago, que dan traballo a cincuenta e un mariñeiros, e contratan vascos como patróns de pesca do arrastre para as dúas parexas: Tierra Vasca e Costa Vasca; Huerta e Decanos, e así avecíñanse: Pablo Mújica e Felicia, cos seus fillos Begoña, Pablo e Iñaki; Patxi Vidaurrázaga e Teresa Urbieta cos seus fillos Jaime e Anatere; e tamén Benancio Larrosea (Larrucea?). A finales dos sesenta, chega tamén a Ribadeo o Sr. Jaureguizar, profesor de matemáticas do Instituto Laboral. Hoxe volvemos a sentir o empuxe dos vascos no desenrolo das grandes superficies, EROSKI Center, foi pioneiro deste tipo de supermercados en Ribadeo, seguido por Brico-King, Día, Lidl... que cos supermercados montados nos baixos de edificios da propia vila, como: O Arbol, Gadis, Alimerca... están xerando o desenrolo do mercado e comercio en Ribadeo, con moitos postos de traballo estable, que boa falta fan.
É unha pena que non haxa todavía a día de hoxe aceras para poder transitar os peóns tranquilamente e sin medo a ser atropellados por un coche, hacia as aforas de Ribadeo, pois, creo eu, sería tan atractivo como rentable para os grandes e pequenos comerciantes do centro do pobo, unha fluida circulación dos miles de clientes “yentes e vinientes” as grandes superficies. Por todo esto, creo de obriga este artigo de recoñecemento os vascos e o traballo que tanto levan feito e compartido con nos. Saudiños e unha aperta.















