Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Pancho Maseda. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Pancho Maseda. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20241127

Corta na praza

Totem en Ribadeo

 Corta na praza

    Ribadeo, século XXI. Novembro. Ribadeo parece seguir os pasos de Madrid. Evidentemente, non en tamaño. Neste caso, en relación á natureza. Cando isto escribo, van tres semanas dende as cortas das árbores no Colexio Público Gregorio Sanz de Ribadeo. Algo que no seu momento me lembrou as cortas arboricidas de Madrid e o encher de asfalto ou semellante o lugar: menos natural, menos purificación de aire, menos protección contra os cambios de temperatura, adeus ás avantaxes de ter á vista ou pasear por un entorno natural, máis gasto... Pero máis que polo anterior, que teño que recoñecer que me comín as vantaxes (várrese mellor) lembroumo por outra cousa: pola falta de escoita da xente.

    Dende aquela, ten sucedido a 'limpeza' de árbores dunha praza, a de Pancho Maseda, e todas as olladas pósanse no parque, na 'Praza de España', a zona axardinada fronte á Casa do Concello, que din estaría sinalada para unha 'entresaca' próxima, que hai unha palmeira que está a morrer.

    Coido que, máis aló de sinalar feitos, cabería lembrar algunha cousa sobre os xa citados.

    Na evolución dunha vila como Ribadeo, os cambios son unha constante de xeito case obrigado. A construción do que é o actual C.P. Gregorio Sanz non se fixo baseada nunha corta de árbores, senón máis ben rodeada de novas plantacións, parte das que agora foron cortadas. Os exemplares cortados na praza de Pancho Maseda pasaron no seu momento non só a adornar, senón a facer máis humano ese espazo, que ó longo do tempo viu outras modificacións. O actual parque, sexa a zona de 'Parque de San Francisco' ou a coñecida como 'Praza de España', bebe o seu uso do antigo campo da feira, por moito que o nome tradicional de 'O Campo' vaia decaendo; un lugar que dende que os documentos gráficos dan testemuña, vese con árbores, aínda que, pola súa dedicación comercial, menos que na actualidade.

    As cortas no C.P. Gregorio Sanz teñen xerado fortes protestas a posteriori. Tivo que ser así porque ata que houbo evidencia, non houbo noticia, e moito menos consulta. Dos da Praza de Pancho Maseda, moitos menos e menos visibles, tampouco houbo consulta nin noticia. Do parque, polo momento, non hai noticia (nin consulta). Pero nestas circunstancias, que xa se chame ‘Praza de España’, evocando algo diferente a un parque, non dá lugar a tranquilidade.

    Non quero entrar en discusións diversas que se veñen dando, como digo, a posteriori. Sen poder substituír o que sería necesario diálogo anterior, claro. E sen poder aspirar a máis que a cambiar a forma de facer as cousas en diante. Os feitos pasados e os temores cara ó futuro, sinxelamente están aí e pódese aprender.

--

Novas relacionadas coa corta de árbores en Ribadeo en 2024.

20071106

Pancho Maseda


   Morreu Pancho Maseda. Para min, ,a nova máis importante de onte en Ribadeo porque significa pasar unha folla da historia, se considere como se considere ó persoeiro e á persoa. Como dixen onte na radio, pouco o coñecía a pesar de ter mantido aínda algunha charla de tipo filosófico-medioambiental algunha vez que pasei pagar pola súa tenda. Alcalde franquista (é dicir, a dedo), sei que tiña incondicionais aínda no campo socialista e que tiña fama por ter deixado facer o antroido naqueles tempos que estaba prohibido. Escoitei tamén onte no debate que axudara a algunha xente, e coido que a impresión entre a xente do seu tempo era que era boa persoa. Pero tamén había quen non o tragaba e o tiña por expresón de facha sen moitos paliativos. Sexa como sexa, para Ribadeo era historia, e como persoa, q.e.p.d.
   Un pode lembrase del por exemplo, cando le hoxe no periódico que os políticos voltan privarnos do parque comarcal de bombeiros despois de moitas promesas incumpridas e peticións varias por aprte de colectivos e traballadores que dalgún xeito tentan paliar que non esteña en funcionamento un parque de bombeiros que leva xa varios anos parado.
   E, mentras Ribadeo ten que pagar dereitos en abundancia por cousas como que soe música nas festas (si, hai que pagar por cada canción tocada nas festas a parte de facelo ós músicos, por exemplo, ou por cada libro mercado para a biblioteca a parte de pagarllo á tenda, mesmo aínda que sexa un agasallo como os que lle teño feitos cos meus que especifican ben clariño 'licencia creative commons', como o blog, e que é unha usurpación de dereitos por parte da SGAE), váise celebrar o primeiro festival '100% SGAE free', 'dicir, libre dese imposto revolucionario de dereitos de autor porque todas as obras empregadas serán libres de dereito de cobro SGAE (algo así como se todos os libros da biblioteca foran editados con licenza 'creative commons' como este blog; así, os da $GAE non poderían alegar falta de distinción entre uns e outros). E é que o tema das liberdades, xa o teño dito máis dunha volta, gáñase día a día mentras pode perderse segundo a segundo.
  A foto, ilustrativa dunha liberdade que queda: a visión de Mondoñedo dende o alto da Toxiza.

20161024

ESCUDO DE ARMAS DO PARADOR DE TURISMO. Francisco José Campos Dorado


Situado no lateral dereito da fachada frontal segundo se chega ó Parador de Turismo de Ribadeo, sobre a parede de pedra vista, está este precioso escudo de armas español, timbrado cunha coroa de xénero descoñecido e sen clasificación.
É un escudo español clásico, cuadrilongo redondeado por abaixo. Está adornado con molduras independentes de recheo nos soportes, e outras continuas e simétricas que conforman unha segunda bordura de deseño moi elegante en forma de casulla como os escudos aristocráticos. Na punta está sostido por molduras miúdas que cerran un conxunto harmonizado e esteticamente ben distribuído.
Está cuarteado en catro, cun escusón no abismo.
Primeiro cuartel, aparece gravado en campo de azur dúas táboas en pau, bordura de prata con oito caldeiras de sable, son armas arbitrarias dos Taboada (Nota: as “armas arbitrarias” en Heráldica, son signos xeroglíficos que adoptan ser brasóns distintivos de familias pero que non o son propiamente). As armas dos Taboada son propiamente: en campo de azur tres táboas en pau (verticais) e bordura de oito caldeiras de sable (cor negro). Segundo cuartel, armas da Casa de Zúñiga descendentes dos reis de Navarra, e dos duques de Béjar: en campo de prata unha barra de sable, e posta en orla unha cadea de oito eslavóns de ouro. A Casa de Zúñiga, está relacionada desde antigamente con Ribadeo, posto que, en 22 de decembro de 1431 o Condado de Ribadeo é concedido polo rei Xan II de Castela a D. Rodrigo de Villandrando que en primeiras nupcias cásase con Dª. Margarita de Borbón, que morreu moi nova, é volve a casar en segundas nupcias con Dª Beatriz de Zúñiga.
Terceiro cuartel, xaquelado de quince casiñas cadradas, oito entrantes de ouro e sete saíntes de gules, estas cargadas cada unha, de tres faixas de prata. Son armas dos Ulloa.
Cuarto cuartel, en campo de ouro cinco estrelas de oito puntas de gules postas en sotuer (postas en aspa). Son armas dos Fonseca.
No escusón do abismo, oito aspas rodean un segundo escusón cuarteado en catro, e cada cuartel cunha árbore igual. Non atopamos as liñaxes deste escusón, que son armas principais do escudo, pois cargan “sobre o todo do todo”. Posiblemente este escusón represente as armas do cabaleiro que Ribadeo tivo como mecenas para levar a cabo as obras do Parador e do Instituto Laboral.
No escudo están representados os matrimonios das familias que loitaron polos dereitos de Galiza, e perderon. Alonso de Fonseca xunto con Fernán Pérez de Andrade loitaron polo Dereito o Voto nos tempos de Carlos I. No ano 1520 estourou o Movemento Comuneiro contra da centralización do poder na capital do estado, coas perdas consecuentes para as cidades “provincianas”. Carlos I sabía da capacidade de manobra da nobreza galega e nomeou rexente de Galiza a un estraño ás necesidades do pobo galego, o Conde de Fuensalida. Estas manobras, mal intencionadas, obrigaron os fidalgos galegos a ir abandonando pouco a pouco Galiza, e fóronse a instalar a corte do rei, o que consolidou a autoridade real en Galiza, pero aquelas familias souberon, dalgunha forma, manter o poder e a influencia.
O Parador de Turismo e o Instituto Laboral, inaugurados o mesmo día 30-Agosto-1958, foron dúas obras de amplísima proxección no tempo, para o porvir dos veciños de Ribadeo e a súa comarca, e quixéramos recordar aquí, un pouco daqueles históricos momentos.
A primeiros de Setembro de 1953, no Consello de Ministros, acórdase construír o Parador de Turismo de Ribadeo, e asínase o 11-Decembro-1953. O lugar elixido para a súa construción, foi o Cemiterio Vello (foto 2) pola beleza natural da paisaxe sobre a Ría de Ribadeo, e polas comodidades próximas dentro do núcleo urbano do pobo. No proxecto entraba a construción dun Parque de Festas, con servizos deportivos para o gran turismo, así como, un plan de modernización da estrada Ribadeo-Ferrol pasando por Viveiro e Sta. Marta de Ortigueira. Falábase tamén, de que no lateral do Parador habería unha ampla escalinata que permitiría seguir contemplando desde o pobo o paisaxe da Ría, e por onde se daría un rápido servizo de acceso o peirao de Mirasol, onde se supoñía que atracarían os iates de pequeno e gran porte dalgúns dos clientes. Estas obras colaterais non se fixeron, e no lugar da escalinata, edificouse a Residencia do Eo, a finais da década dos 60, quedando sen aquel rápido acceso o peirao de Figueirua ou Mirasol. Abriuse por xunto, a Avenida de Asturias que logo continuaría coa Avenida de Galicia, ata o Instituto.

Estaba de Alcalde, por aquel entonces, D. Francisco Maseda García (Pancho Maseda) que se desviviu en esforzos para conseguir aqueles ansiados proxectos, pois sabía da gran mellora que ía representar para o benestar de Ribadeo, xa que institucións industriais ou de calquera outra clase proporcionaban vida, traballo e prosperidade, cimentos estables da vida cotián dos pobos.
As escrituras de compravenda dos terreos do Cemiterio Vello e sitios laterais ata a estrada de Mirasol, foron asinadas a finais de Decembro de 1954, ante o Notario desta vila D. Francisco Vigil de Quiñones y Villalva, polo Delegado Provincial D. Jesús Pedrosas Latas, polo Alcalde de Ribadeo D. Francisco Maseda, e polos propietarios dos terreos Dª Elisa González Monteavaro e seu marido D. José Meira Amoroso, por D. Jesús Rodríguez Brasa e seus fillos D. Jesús e D.Hector Rodríguez Freijo, e por D. Antonio González Miró. Os terreos pasaron a ser propiedade do Ministerio de Información e Turismo (La Comarca 2-Xaneiro-1955).
Nese mesmo ano, B.O.E. de 9 de Novembro de 1954, tamén se aceptan polo Patronato Nacional de Ensinanza Media e Profesional, 8 800 m2 de terreos ofrecidos polo Concello de Ribadeo, no Xardín e na Faxarda para construír o Instituto Laboral de modalidade Agrícola-Gandeira, que levou o nome de Carlos Mª Rodríguez de Valcarcel, daquela Director Xeral do Instituto Nacional de Emigración. As costas das tramitacións notariais, fiscais e rexistros para formalizar o acordo, correron a conta do Concello. As obras foron proxecto do Arquitecto Xefe de Construcións do Ministerio de Educación Nacional, D. Francisco Navarro Borrás.
As clases de Bacharelato Laboral comezaron provisionalmente no curso 1955-1956 na Casa do Óptico, e o novo edificio foi inaugurado polo Xefe do Estado D. Francisco Franco o mesmo día que tamén se inaugura o Parador de Turismo, o día 30 de Agosto de 1958.
Tratamos de atopar quen sería o “padriño” de Ribadeo, que está expresado no escusón do abismo do escudo do Parador, revisando o nome das múltiples Autoridades que acompañaban o día da inauguración o Xefe do Estado e a súa dona Dª Carmen Polo, e atopamos, o Almirante Nieto Antunez, o Gobernador Civil D. Enrique Otero Aenlle (que como veciño de Ribadeo seguramente tivo moito que ver coa culminación do proxecto apoiando o traballo metódico e ordenado do Alcalde), o Xefe da Casa Civil Conde de Loja, Ministro da Gobernación, Xeneral Alonso Vega, Ministro de Información e Turismo, Sr. Arias Salgado; Ministro de Educación Nacional, Sr. Rubio; Director Xeral de Ensinanza Laboral, D. Guillermo de Reyna; Secretario do Ministro de Educación, Sr. Tena Artigas; Delegado Nacional de Asociacións, D. Manuel Fraga Iribarne; Capitán Xeneral da 8ª Rexión Sr. Gutiérrez de Soto; Capitán Xeneral do Departamento Marítimo Sr. Fernández Martín; Xeneral da División Aérea Sr. Fernández Longoria; Rector da Universidade de Santiago Sr. Legaz Lacambra; Bispo de Mondoñedo Doctor Argaya; Bispo Auxiliar de Lugo Doctor Ona de Echave; Xefe da Casa Militar Teniente Xeneral Sr. Asensio e Segundo Xefe da Casa Civil D. Fernando Fuentes Villavicencio.
Ningún apelido destas autoridades, ten que ver coas liñaxes do escudo. ¿Foi o escudo de armas un simple trámite de decoración, con “armas arbitrarias”...? ¡Quizais sí...ou quizais non, pois hai cousas que se fan “daquela maneira”, isto é, sen explicación se non estás “no allo” do asunto! ¿Bon ou mal sistema...? Non o sei, pero o Parador de Turismo e o Instituto Laboral fixéronlle a Ribadeo “mil bienes” e debera de cundir o exemplo para seguir a facer obra pública e conseguir Institucións con futuro, tales como, a Residencia de Anciáns ou o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, entre outras.

20161112

A biblioteca de Ribadeo pode prestar libros electrónicos


    Remato de ver unha nova (curiosamente non difundida -que eu vexa polo momento- nos xornais das grandes empresas editoriais) que certifica que as bibliotecas poden prestar libros electrónicos (non só os aparellos para ler -e_reader-, senón o contido do libro en formato electrónico -e_book-). Esperemos que esta resolución permita que a lectura de formatos electrónicos de libros se vexa menos desfigurada.
    Tentaches coller algún libro electrónico na biblioteca pública Viejo Pancho? dende a biblioteca do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo lévase facendo préstamo de libros electrónicos xa dende hai cursos anteriores, con bos resultados. Imaxino que isto impulsará o tema.
    De xeito lateral, lembro a relación xudicial/de reclamación mantida entre la SGAE e o concello de Ribadeo. Quizáis non veña mal botarlles unha ollada e lembrar como dende hai anos se están promulgando leis que van constrinxindo as posibilidades das persoas substituínduas polas posibilidades dos cartos, e, cando non poden, metendo medo e enganando, facendo 'como se' para que as persoas non usen os seus dereitos porque pensen que non os teñen (e así chegarán a perdelos por non saber nin que os teñen e teñen que defendelos)
    En relación ós libros dixitalizados, hai un inconvinte: para prestalos hai que telos. Polo demais...

20080117

Un paseo polo parque







Dar un paseo polo parque onte tiña un interese engadido: o estado no momento das obras que alí se están a efectuar. As fotos adxuntas son todas do parque, zona praza de España. Por orde, nas fotos, aparece o escudo da época de Franco que continuaba a ser visto no monumento ós Bous erixido nos tempos da alcaldía de Pancho Maseda. O escudo ocupaba unha curiosa posición invertida que se pode ver na primeira das fotos, mentras na segunda vése a pedra sacada da composición do monumento. A lembrar que os bous foron pesqueiros artillados para combater á armada que en boa parte seguiu fiel á república, e que tiñan unha boa base en Ribadeo.
Así pois, a segunda foto non engade moito sobre a primeira, pero o concello ó fondo dálle un certo carácter, ó tempo que se ve o primeiro tipo de bordiño de verde dos que se poden atopar estes días no parque, e que se pode comparar cun ha zona que non te ningún tipo de borde no verde (foto terceira)
Na seguinte pódese ver o estado actual da beira que se está a poñer. Obsérvase a súa finalización brusca nalgúns lugares, que xa comentei noutro sitio, e malamente que a parte alta non queda en todos os lugares á mesma altura.
Na penúltima vése o estado actual doque se está a pavimentar, que non é de igual piso que o que xa se fixera anos atrás, senón dun material semellante ás beiras que se están a poñer.
A última foto é de contraste: Alí obsérvase outra beira de pedra, no monmento ó 'Viejo Pancho' de altura e estilo diferente á do monumento ós bous (é dicir, a da nova fonte que se poñerá nese lugar), ó tempo que se observa a diferente altura á que quedaron dúas beiras de seto diferentes (irregularidades aparte)
Coido que sería cousa de facer os bordiños (as obras en xeral) dun xeito máis uniforme, e que aínda se está a tempo.

20060226

2ª de hoxe: pregón antroido

Esqueceuseme por completo. aí vai o pregón do antroido lido por Rodil venres (tedes este e os outros anteriores en 'wikifontes':
Pregoeiro: Alfonso Rodil Veiga. Ribadeo, 24 de febreiro de 2006
Boas noites, señoras, señores, antroideiras, antroideiros, en fin, amigos todos do carnaval.
Quen lles está a falar, membro de comisións organizadoras destas festas durante cerca de dúas décadas, estaba non fai moitas datas discurrindo algún disfraz para istes días, cando miren por donde gracias as dotes persuasivas do noso alcalde Balbino e o gran amor que sinto por estos festexos, véxome obrigado a lucir o primeiro disfraz do antroido do 2006, subindo a este estrado e interpretando o personaxe de pregoeiro.
Para min, estas festas deberían ser declaradas como as festas da libertade, xa que son as que nos permiten romper con todos os moldes establecidos, con todalas reglas, eliminado prexuizos, tabúes, normas e tópicos. En clave de humor eu suxerería que estas festas fosen declaradas de interés nacional dedicando o martes de carnaval como "O día da clase política", clase esta, tan aficionada ao disfraz e ao transformismo por aquelo dos constantes cambios de discurso, de chaqueta e incluso de traxe completo, incluíndo claro está a roupa interior.
Os orixenes das festas do carnaval remontanse prácticamente ás orixes da humanidade. Tódolos historiadores e estudiosos neste tema coinciden en sinalar que estas festas xurdiron pola necesidade que tiñan os nosos antepasados en pedirlle ou agradecerlle ao Dios Sol e aos deuses da naturaleza que fixeran posible o renacer dos cultivos, cousa que viña sucedendo anualmente coincidindo coa chegada da primavera.
Con motivo deste ciclo anual, os druidas das tribus disfrazábanse utilizando caretas e peles das bestas, e danzaban pedindo ou agradecendo a xerminación das plantas e dos cultivos.
Se trasladamos estas danzas a Galicia podemos ver a similitude que teñen cos disfraces típicos destas datas en moitos lugares do sur de Galicia, e mais concretamente de Ourense, como son os de Viana do Bolo, Xinzo de Limia, Verín ou Laza.
Durante o Imperio Romano e a romanización de prácticamente media Europa, estas festas fóronse adaptando as festas romanas. Os romanos adicaban festas ao Deus Baco e a Saturno, e estaban empapadas polo Espírito Sarcástico e o desorden civil.
Algúns historiadores din que a palabra carnaval deriva da latina Carrus-Navalis, xa que varias cidades do Imperio, entre elas a catalana de Reus, executaban con mascaradas e cun barco que iba subido nun carro, danzas subidas de tono e cancións satíricas e sarcásticas. Aínda hoxe en varias cidades sale ese carro naval arrastrado por cabalarías e tripulado por homes vestidos de mariñeiros que lanzan flores e doces aos espectadores. Pero o apoxeo do carnaval xurde co auxe do renacemento no seculo XVI, cando varias cidades italianas como Florencia,Venecia e Roma empezan a celebrar as festas do carnaval.
Segundo os estudosos, a palabra carnaval deriva da italiana Carnevale, que no latín quere decir carne-vale ou carne-valida, que se pode comer.
Estas festas teñen lugar nos días anteriores á celebración, por parte igrexa católica, da coresma, festividade que dura 40 días dende o mércores de cinza ata o domingo de Pascua e durante os que está prohibido comer calquera tipo de carne. Así xurden estas festas de exceso no comer e beber, e ao poder usar mascara ou disfraz, do exceso na desobediencia civil, a sátira e o sarcasmo. Ribadeo, dende tempos inmemoriables é unha vila culta e liberal, e esta calidade dos ribadenses soubo moi ben interpretala ese gran alcalde que foi e mellor persona que é Pancho Maseda, quen nos anos escuros e cando por orden gubernativa estaban prohibidas as máscaras en "Las fiestas de la primavera", Pancho, conocedor da idiosincrasia ribadense, e sabedor de que Ribadeo non lle iba a fallar, permitiu baixo a súa responsabilidade que as mascaritas ribadenses pudiesen levar a cara cuberta con disfraz.
No outro bando estaba o hermano Isidro, profesor meu durante dous anos no colexio menesiano. O hermano Tolera, como era conocido, persiguiu a capa y espada, todo o que cheirara a máscara ou a carnaval.
Se os nosos pais formaron parte da denominada xeneración da fame, e agora os nosos fillos forman a xeneración do derroche e abundancia, os nenos que nos criamos nos anos 60, formamos a xeneracion da necesidade.
Esa necesidade axilizou o noso inxenio ata o estremo que confeccionábamos os nosos propios xogos e xoguetes, e como non as nosas propias máscaras e antifaces.
Miña nai, Encarna do Telar, pode testificar como na trastienda da mercería que rexentaba na rúa Reinante, os nenos da praza e da regueiratiñamos unha especie de taller clandestino de caretas que fabricábamos aproveitando os cartós que separaban as medias de espuma, de cristal ou de puntinglés.
Eses cartós unha vez debidamente recortados, pintados e utilizando goma de cinturilla, convertíanse nas nosas caretas que se complementaban con todo tipo de toquillas, refaixos, camisas, pantalóns, e chaquetas, remendadas claro está, que atopábamos nos fallados e desváns ata convertirnos naquelas mascaritas que recorríamos as prazas e rúas dende Porcillán ata San lázaro e dende o Xardín ata o Alza disfrutando das antroidadas e facendo algunha que outra trasnada.
E despois, a disfrutar na pista RosaLar, nos bailes infantiles e xuveniles. ¡QUE TEMPOS! , que pena que esas mascaritas que o domingo de antroido abarrotaban as catro calles hoxe desapareceran.
Eran as épocas nas que as de Pio, as de Fariñas, Pili Real, Antoñita de Beremundo, Gloria de Lorenzo, e outras muitas lucían orixinais disfraces feitos por elas mesmas, daba gusto velas pavoneando polas rúas máis céntricas da vila.
Era tamen a época dos Ginzo, Gilberto, Teixeira, Bolita, Pepín Merdiña, Toto, e outros muitos que de forma humilde pero cordial e educada foron o preludio das actuais festas.
Así pasamos a 1982; era un venres de carnaval. Invitados por Beli da Aduana estábamos na guardería Pepin de Pérez, Roberto do Pipo e máis eu. Vendo aquelas criaturas tan ben disfrazadas, comentamos que porqué non organizábamos uns carnavales para o ano seguinte, e decir 1983.
Dito e feito, dous días despois, e dicir, o domingo, puxémonos á saída da misa de 12 entre a igrexa parroquial e foto Pérez e logramos convencer a 23 conveciños que nos constituímos en Comisión.
Ademáis de nosoutros tres, alí estaban entre outros; o patriarca do Antroido, Víctor da Morteira, Gilberto, Choli, Chus Rubio, Cristina, Beatriz Cora, Manoli e Asunción Torviso, Pablo Cociña, Magola Meira, Elisa Fariñas e Pepe Xuya. Xurdiron as charangas A Choca e Os Pintas, a recaudación ascendeu a preto de 740000 ptas, fixéronse 3 días de festas e sobraron cerca de 25000 para o ano seguinte.
A cousa resultou e así, pouco a pouco, foise a máis hasta alcanzar o climax antroideiro ca queima en 1988 dun antroido de 13,32 metros de altura que tivo como alma mater a Cienfuegos e a Choli. O boneco, que quedou inscrito no libro Guinness dos Records como o mas grande do mundo, foi queimado na Praza España en medio dunha gran avalancha de xente comparable soamente á que se congrega nas verbenas do 7 de setembro.
As festas foron a máis, as comisións forense renovando pero nos últimos dez anos eramos prácticamente os mesmos compoñentes, que nos levábamos como unha gran familia. Baixo a batuta de Luis Mourelle, formábamos unha verdadeira pina xunto con Rogelio "O Chiquito", Fernanda Bellón, Nuchi e o seu marido Luis, Celsa e o seu home Juan "O Valenciano", Casiano Pozas e Mari de Motorín , que en paz descansen. A lista de colaboradores e interminable, pero hai que destacar lamentando que alguén sempre quede no tinteiro, a Perpetua da Gallega, Mirta Posada, Ana Gil, Ramona da Corbella; Mari Carmen da Garabata; Minerva e Araceli de Vacas, Rosita Montero, Juanita de Paraje, Tita de Pío, Marisol do Mediante e dentro do sexo varonil a Juanjo e Luisín Mourelle, Quique Lenza, Salvador Iglesias, Pastrana, Fariñas, Vidal, Cima, Pancho dos Galos, Rubén Romero e máis o meu filio Pablo, o que nos di ás claras que o antroido Ribadense nunca vai desaparecer, xa que o porvir está máis que asegurado. Claro está que haberá que intentar involucrar sobre todo á xuventude, pois sempre traerán ideas novas e distintas formas de entender e organizar estas arraigadas festas.
Tampouco se pode concebir o carnaval de Ribadeo sen as charangas. Chegou a haber 7 a un tempo no concello: A Choca, Foliada, Aturuxo, Os Segadores, Os Rapaces de Rinlo, As Grobas de Vilaselán e Xente Nova, sen contar aquelas da década dos 80 como Os Pintiñas, Pena Furada, e Os Húmedos. Tamén hai que mencionar a eses grandes artistas do carnaval Ribadense como son Julio de Conde, Saribel de Torga ou Ernesto Cruzado.
Tamén quero rendir tributo a tres ribadenses de distinta época, pero que coincidía na gracia e o canto personal nestas festas do carnaval.
O primeiro é Recarei" O mexicano" que según ten contado Don Dioniso Gamallo, un sábado de carnaval medio agonizante, asomouse ao balcón de sua casa preguntandolle á xente que se atopaba na rúa -'¡Mascaritas! Me conocéis, soy recarei disfrazado de difunto'. Logo retirouse a súa habitación e despois de cumplir co seu último rito antroideiro desplomouse inerte na súa cama. O segundo é Antoñito "O Serranillo", ou a ironía personifcada. Asiduo disfraz dos antroidos ribadenses, recibiu sepultura un martes de carnaval fai agora 11 anos.
E por ultimo José Mari, que fai exactamente 15 días abandonou este mundo terrenal non sin antes vivir estas festas de forma intensa e ó seu xeito. A José Mari bastábanlle unhas gafas, nariz postizo e antifaz, para convertir este personaxe serie nun antroido que disfrutaba nestas datas de forma única.
E xa remato, espero que ademáis de disfrutar destas festas, que esta novel pero apaixoada comisión nos preparou, non se esquezan vostedes de rendirlle o culto ao porco, verdadeiro rei destas datas, dando boa conta culinaria do cocido carnavalesco, pois, como sentenciaba O Serranillo de forma perifrástica e sentenciosa " Desde la cabeza hasta el rabo todo ha de comerse en el paquidermo marrano".
Feliz Antroido. Moitas gracias pola vosa presencia e a paciencia de aguantarme e que o vocal maior desta comisión que é a metereolixia nos deixe a todos disfrutar un ano máis de estas grandes festas do carnaval.

20250226

ALEGACIÓN O ESCUDO E BANDEIRA DE RIBADEO. Pancho Campos Dorado

ALEGACIÓN O ESCUDO E BANDEIRA DE RIBADEO

Pancho Campos Dorado

Parece ser que xa está resolto o asunto de “impoñer” un escudo e unha bandeira para o Concello de Ribadeo, sen ter contestado as nosas alegacións. Cuestión de mala educación e falta de ética do goberno con maioría absoluta do PP de Ribadeo, que sigue a fe cega, os “sanos usos e costumes” de non facer caso a ninguén que non sexa da súa corda política.

Quizais pensaron que non era preciso contestar a uns “vulgares veciños” de Ribadeo pois a Comisión de Heráldica estaba formada por personaxes relevantes e con nome propio como son: D. Eduardo José Pardo de Guevara y Valdés, que segundo a descrición de Google é historiador especializado no estudo da nobreza baixomedieval galega e profesor de investigacións do Consello Superior de Investigacións Científicas.

Outro membro da Comisión, D. Pablo Otero Piñeyro Maseda, licenciado en Historia pola universidade de Santiago de Compostela e director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. 

E por parte da comisión municipal de Ribadeo está: D. Eduardo Gutierrez Fernández, Cronista de Ribadeo e algún concelleiro máis dos que non coñezo o nome.

Pois ben, o escudo e a bandeira que nos propoñen e nos “impoñen” ambas as partes da comisión, é unha absoluta chorrada, pois desvirtúa, escurece e esquece a historia real de Ribadeo.

Non se pode consentir que veña xente de fora a impoñer sentencias inventadas, e encima apoiadas por árbitros locais que parece mentira deles. Polo menos iso creo eu.

Vamos ó asunto. O escudo mantén a colocación das armas e os esmaltes: “En campo de azur ondas de azur e prata en punta, unha chave no abismo colocada en banda co paletón cara á destra e o anel a sinistra, superada por unha estrela de prata”.

As ondas seguen como estaban; á chave “enriquecérona” con tres floreos no anel. Por qué engadiron esta variante na chave orixinal, señores Pardo de Guevara e Piñeyro Maseda? Quizais por que queda así máis guapiña?

A estrela de oito puntas, de onde sacaron, Señor estudoso do mundo baixomedieval? Aparece nalgún libro ou documento histórico de Ribadeo, señor Piñeyro? Teño a impresión de que nos queren impoñer unha estrela da “bordura compostelán” (oito estrelas de oito puntas), por ser Ribadeo porta marítima principal do Camiño de Santiago. Pois si é así, están inventando, e para inventar e entremeter este argumento, poderían ter posto toda a bordura, como sería debido; pois no caso de facer algo mal, facelo ben e a conciencia.

Por outro lado, non quero pensar que se fixaron nos escudos laterais do Pazo do Xulgado de Ribadeo, onde hai semellanza a un estrela con moitas puntas, cousa que xa comentou Francisco Lanza na súa magnífica obra o “Ribadeo Antiguo”, na que explica na páxina sete (7) o seguinte: “Poco después del año citado (1797), se encargaron al escultor D. Santiago Vaamonde los escudos de cantería que se ven en la fachada de la Casa Consistorial (hoxe Pazo do Xulgado). Los “armeros” locales habían descubierto ya la estrella de cinco puntas que luce sobre la llave del escudo. Pero la estrella no pasó aún a completar las armas populares de Ribadeo, porque el escultor, incurriendo en una confusión frecuente en Heráldica, labró, en lugar de aquella, un hermoso rodete de espuela, que también podía ser símbolo... En 1833 mandó el Ayuntamiento hacer un sello de bronce dorado, con las armas de la villa en relieve, y en ese sello es donde por vez primera -que sepamos- aparece el escudo tal como hoy se usa”.

Polo tanto a estrela de cinco puntas, é a do escudo de Ribadeo desde fai dous séculos. Onde está o documento que acredita a imposición dunha estrela de oito puntas, señores Pardo de Guevara e Piñeyro Maseda?. En ningún sitio.

Así mesmo, podemos ver que están impoñendo en toda a comunidade galega o timbre dunha coroa imperial en tódolos escudos municipais, pois é unha coroa real rematada cun orbe. Por qué se admitiu esta disposición, señores estudosos? Acaso Galiza é un imperio?

Polo menos, si se fora coherente coa nosa historia, haber posto a coroa real do Reino de Galiza; non lles parece, estudosos?

Non cabe dúbida ningunha que Ribadeo é un condado desde tempo inmemorial, é foi rubricado como tal en 1369 por Enrique II “O Fratricida ou o das Mercés”, que acababa de asasinar o seu medio-irmán, o rei Pedro I “O Xusto”, chamado “O Cruel” polos nobres casteláns que viron minguados os seus privilexios durante o seu reinado.

Entón si Ribadeo é un condado desde fai oito séculos, con condes tan relevantes como Villandrando que loitaba o lado de Xuana de Arco, fai seis séculos, a qué ven isto de perder a súa coroa propia de conde, e nosa coroa propia dun condado? Coñecen o escudo do Condado de Barcelona?, creen qué terían arrestos para cambiárllela os barceloneses?

Señores estudosos, espero que expliquen pública e claramente todas estas “anomalías”. Non se vaian de “rositas” pensando no “ben que o fixeron” pois foron aplaudidos por...

Referente a bandeira, expliquen tamén por qué se engadiron as ondas de mar en vertical, semellando raios cósmicos dos “marcianitos”, en vez de investigar nos arquivos da Armada Española, cal era o pavillón dos barcos de Ribadeo?. Moitas grazas, e a súa disposición.

Nota: este artigo refírese ó que deixa ver o texto da nota https://www.ribadeo.gal/ribadeo-xa-ten-listos-o-escudo-e-a-bandeira-oficial-a-sua-aprobacion-ira-agora-a-pleno/ , publicada na web do concello do ía 19 de febreiro, na que se da por feito o cambio de escudo e bandeira, e ás alegacións presentadas, das que se deu parte no blog en https://www.ribadeando.com/2025/01/escudo-e-bandeira-de-ribadeo-pancho.html ou en https://www.ribadeando.com/2025/01/ano-novo-escudo-novo.html

20090830

Artigo de Pancho Campos na Comarca de onte sobre a Ría de Ribadeo e o seu topónimo

SOBRE A RIA DE RIBADEO
Volvemos a ver en estas queridas páxinas de La Comarca del Eo a ignominiosa controversia sobre o topónimo da Ría de Ribadeo. Os artigos de José María Rodriguez, de Victor Moro, de Pancho Ledo e o de Evaristo Lombardero de semanas atrás non teñen desperdicio. Esto estáse salindo de castaño oscuro. Decir no parlamento do Principado de Asturias que é Galicia a que quer impoñer a denominación de Ría de Ribadeo e para levar o caso o Tribunal Constitucional, por afrenta pública hacia o patrimonio do Reino de Galicia, da Comunidade Autónoma de Galicia ou como lle queiran chamar eses señores denominados “demócratas”, ou viceversa, esos demócratas denominados “señores”.
Pero non debemos engañarnos cos acontecementos que actualmente se estan a dar, e olvidar o verdadeiro obxetivo orquestado sistemáticamente desde fai séculos: O roubo descarado das terras e da identidade propia do Reino de Galicia, por parte das provincias limítrofes...e naturalmente Ribadeo, pobo fronteira, é o que perde século a século parte da súa identidade.
Vexamos o por qué de esta xenreira hacia as Terras de Ribadeo. Según narra Eduardo José Pardo na súa obra “El mariscal Pedro Pardo de Cela y la Galicia de fines del siglo XV”, en páxina 43: “en el panorama de Galicia de la época [siglo XIV] ... vemos como Bayona, La Coruña, Vivero, Ribadavia, Lugo, Tuy, Orense y especialmente Santiago, viven plenamente el auge comercial que entonces se extiende por Castilla y se declaran abiertamente defensores de la legitimidad de Pedro I (El Cruel) frente a las aspiraciones de la nobleza y de Enrique de Trastamara”
Tras a derrota de Pedro I en Montiel o 14 de marzo de 1369,: “el rey Enrique II (de Trastámara) concede el 20 de diciembre de 1369 el Condado de Ribadeo al capitán francés Pierre de Villaines que había sido hecho prisionero por el Principe de Gales cuando luchaba a favor del de Trastamara: “damovos en donación por juso de heredad agora y para vuestos fisos herederos en linea derecha que de vos son descendentes o descederán, la nuestra villa de Ribadeo en la pobla de Navia, con todos sus Alfoces e con todas sus aldeas e términos que le pertenecen o pertenecer deben, que lo hayades a título de Condado vos e vuestros erederos que de vos son descendidos...”
Aqui empeza o odio é o perverso desexo de posesión por unhos e outros, da tamaña concesión real, como son as fértiles e magníficas Terras de Ribadeo (¡desde fai seis séculos!).
En tempos de Carlos I se enaxenaron, en venta do ano 1555, as terras da Pobra de Navia que pasan a ser de Oviedo (apoiada tal usurpación o Reino de Galicia, posiblemente en un documento firmado polo obispo de Mondoñedo, obrigado por problemas de faldas que había entre éste e o obispo de Oviedo, “tolos de amor” ambo-los dous por unha moza do Condado de Ribadeo). Ata fai 60 anos aínda había na esquina de unha casa o lado do rio Frejulfe a entrada de Navia, unha placa que decía: “hasta aqui llegan las Tierras de Ribadeo”.
Despois da Guerra da Independencia, o condado de Ribadeo perde outro anaco de territorio, esta vez polo lado oposto, ou sexa, perde dende Reinante ata o Masma.
En fechas recientes do século pasado, despois da Guerra Civil, pérdese a denominación de Vega de Ribadeo por Vegadeo (que había sido Beyga de Ribadeo, desde polo menos o 30 de Abril de 1313 carta-documento de Vilanova de Oscos depositada no Arquivo Histórico Nacional (A.H.N.) ¡En fín!
Agora xa non é un concello, agora xa é todo un ¿mal informado? parlamento do Principado quen quere cambiar a denominación histórica de Ría de Ribadeo, pola esperpéntica Ría do Eo. ¿qué está a pasar aqui? ¿cómo é posible que unha denominación promovida pola tozuda inquina hacia todo o de Ribadeo de cuatro individuos, esté pasando a maiores?.
¡Esto quer decir que o topónimo histórico lles importa mui pouco! ¡estáselles vendo o plumero a estes “marchantes de historia”! O que realmente importa é que a Ría de Ribadeo perda tal denominación porque así con ela perde a identidade galega. Para o meu ver, esta é a verdadeira razón. Así o espolio arqueolóxico da Ría de Ribadeo, empezarao o Principado en breve. Fai solo unhos días se falaba na prensa de bucear e espoliar o pecio do “San Francisco” ou o do “Galgo de Andalucía”, como si fora derrelicto asturiano. ¡Ay amigo... cuestión de barbarísmos...! ¡e un pimento! ¡cuestión de moitos millos de euros en subencións europeas para seguir co espólio sitemático das terras e historia de Galicia! ¡xa fixeron o mesmo coa Diadema de Ribadeo agora “de los Oscos”...! ¡manda truco! ¡E a Ribadeo, tócalle por rebote... por ser a poboación fronteiriza...! ¡Si seguimos así, logo será fronteira Vilaframil, Dompiñor, A Devesa, etc. etc. ¿ou quizáis o Masma...a Ría de Foz?
¿Qué fai a Xunta de Galicia o respecto? Qué sepamos, nada. Algúns, estábamos queimados co presidente Touriño, o que Balbino Pérez (alcalde de Ribadeo) tuvo que increpar pola súa mala “vocalización” do topónimo, ante Areces. E de este goberno da Xunta tampouco esperamos nada, posto que xa empezou a súa andadura de manifiesta subordinación a intereses extraños a Galiza, poñendo en solfa a lingua, base esencial da nosa cultura galega; logo, para un topónimo da terra galega, non esperamos que fagan nada de nada. De autoridades pusilánimes e o que traballan o dictado... pouco se pode esperar.
Mentras houbo ribadenses na administración estatal e local, da talla e categoría de Leopoldo Calvo Sotelo (Marqués da Ría de Ribadeo, ¡menudo desplante lles pegou os tartufos!), de Pancho Maseda ou de Eduardo Gutierrez (todos eles alcaldes de Ribadeo) que menearon Roma con Santiago con cartas constantes de protesta as Institucións Españolas, Asturianas e Gallegas pola inquina manifiesta, que se estaba a producir con dito topónimo, da Ría de Ribadeo, especialmente desde 1985 (época da apertura da maldita Ponte dos Santos) ou aproveitando calquera evento (como a creación das autonomías) para tratar de morder outro bocado máis do territorio ou da propia historia de Galicia (léase o Bierzo tamén). Das autoridades locales actuales, esperamos que continúen pola misma línea que os seus antecesores, sin perder unha coma... sin dar trégua a ignominia... pero según se están a desenrolar as cousas... ¡xa veremos si están a altura...!
Agora, seguro que no Principado aproveitaran, polo que estamos vendo, a coronación do Principe de Asturias como rei (¡espero que viva D.Juan Carlos outros cincuenta anos al menos e de tempo a espallar as miñas cinzas na Ría de Ribadeo!). Non e broma. Xa vimos fai dous anos o Principe Felipe decir en Castropol, Ria do Eo, polo que xa están concienciando o futuro rei para tal evento. Ademáis, están preparando o terreno no parlamento de Asturias para que haxa “constancia previa de trámite” apoiada pola maioría dos séus partidos políticos, PP, PSOE e IU (léase artigo de Evaristo en La Comarca del Eo 14-agosto)
Algunhas veces creo que vendría ben a entrada a saco de unha lei marcial, por seis ou sete meses, para votar fora esta mal entendida “democracia de partidos” e que intentaran enseñar en donde está a raia da disciplina, da dignidade, da honraded, da ética, cousa que se perdeu por completo cos gobiernos civiles de partido, donde vale todo, non se respeta nada, excepto o día anterior as eleccions en que todo son promesas de “clientelismo decimonónico”. ¡Triste, pero eu vexo así! e esto non é pasar pola dereita da dereita, senon polo anarquismo libertario: “O orden sin o poder”, pero con dispciplina e organización, libre de clases políticas enriquecidas e medradas a base de subencións e prebendas, veñan de donde veñan.
Por eso penso que si a Administración Marítima seguira estando nas maos da Armada Española, saberíamos que Pedro Teixeira (1569-1603) nos seus tratados de Xeografía xa ten biografía sobre a Ría de Ribadeo, e desde logo que non se pasaría por alto o valor histórico das CARTAS NÁUTICAS DA RIA DE RIBADEO, que facendo un resumen son:
1ª) Ano: 1776 Escala en varas casteláns 2000 varas= 18 cm. Autor: Luis Videgaray. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-7
2ª) Ano 1787 mes de Abril. Autor: Tomas Ramery. Escala en varas de Burgos 1000 varas = 10 cm Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-21.
3ª) Ano 1787 Plano de la Ría de Rivadeo, del Barquero, Bares, Cedeira y Vivero. Autor: Vicente Tofiño de San Miguel. Escala gráfica de una milla marítima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-5
4ª) Ano 1788 mes de Marzo. Autor: Miguel de la Fuente. Escala en varas de Burgos. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-37-3
5ª) Ano 1788 mes de Mayo. Autor: Tomás Ramery. Escala en varas de Burgos. Orixinal en Museo Naval de Madrid, Cartografía E-37-7.
6ª) Ano 1835 mes de Agosto. Autores: Miguel Antonio Blanco Ortigueira e José Antonio Villamil Saavedra. Escala de 1 milla marítima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-8
7ª) Ano 1835 mes de Agosto. Autores: Miguel Antonio Blanco Ortigueira e José Antonio Villamil Saavedra. Escala de 1 milla marítima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-37-1
8ª) Ano 1835. Plano del Puerto de Ribadeo en Galicia. Escala 1 milla marítima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-30
9ª) Ano 1852. Carta Náutica plana del puerto de Ribadeo. Escala 1 milla marítima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-37-2
10ª) Ano 1856. Carta Náutica de la Ría de Ribadeo. Autores: Antonio Miguel Blanco y Juan Tomás Cucullu. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-2
11ª) Ano 1860. Plano da Ría de Ribadeo. Autor: Juan Tomás Cucullu. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-1
As cartas do pasado século da Ría de Ribadeo, pódense atopar nos catálogos do Instituto Hidrográfico Español e nos do Almirantazgo Británico.
¡Si estos non son antecedente históricos sobre un topónimo que baixe Deus e o vexa!
F.J. Campos

20250131

NOTA INFORMATIVA DAS VECIÑAS DAS VIVENDAS SOCIAIS SOBRE AS NOSAS ÁRBORES

 


NOTA INFORMATIVA DAS VECIÑAS DAS VIVENDAS SOCIAIS SOBRE AS NOSAS ÁRBORES

O pasado día 9 de xaneiro o colectivo de veciñas das vivendas sociais da Rúa Clemente Martínez Pasarón presentamos no rexistro do Concello de Ribadeo un escrito asinado por máis de 150 persoas no que solicitábamos información sobre un proxecto de obras e reforma na zona verde próxima ós nosos domicilios. Como é sabido nesa zona existen sete árbores e uns contedores de lixo que prestan un servizo inestimable á veciñanza, e os comentarios que circularan os meses anteriores facían sospeitar dun proxecto de supresión dos contedores e das árbores, sen que estivese claro a quen podería beneficiar esa reforma.

Por este motivo fixemos a recollida de sinaturas ca solicitude de que se nos informase a nivel oficial do proxecto concreto do concello para non ter que andar con dimes e diretes que non conducen a nada práctico.

Sin embargo, transcorridos vinte días non temos recibido ningún tipo de resposta por parte do concello e observamos movementos de persoal que puideran estar en relación ca devandita obra que podería levarse a cabo de forma sorpresiva como sucedeu cas cortas de árbores no colexio de EXB e na praza Pancho Maseda.

Como se pode comprender, a falla de resposta non fai senón acender os temores da veciñanza, dar pé a máis rumores e á sospeita de que se van cortar as árbores e suprimir a zona verde sen causa que o xustifique.

Pola nosa banda reiteramos o dereito das veciñas a coñecer os proxectos do concello que nos afectan directamente e solicitamos ter acceso a un proxecto realizado e financiado con recursos de todos cidadáns.

Asemade lembramos a todos os ribadenses que este non é un proxecto que nos afecte só as persoas que residimos preto da zona que se pretende reformar, xa que se se remata suprimindo as árbores e a zona verde será afectado o benestar de todos os ribadenses e visitantes.

20140923

Só un detalle sobre Ribadeo: Cando se mercou a casa do concello.

Na primavera tiveron lugar as charlas 'Ribadeo a debate. Visións de Ribadeo'. Na última delas, José Ramón Rodríguez-Sabugo Fernández falou de 'La evolución de Ribadeo desde mi llegada'. No posterior debate saíu a colación cando se mercou a casa consistorial e por quen, non clarificando as cousas daquela por ser abondo anterior á súa chegada a Ribadeo.
Hai pouco, falando con el, aportoume datos sobre o tema. Se non os recollín mal, a data da escritura de compra estaría datada o 8 de agosto de 1945, cando xa estaba no consistorio como alcalde Pancho Maseda, quen tería tomado posesión en febreiro de 1944 (o seu posto ó mando da alcaldía chegaría ata o 1964, ano no que cesou no cargo). Así pois, o alcalde anterior, Castelao, puido ter intervido na toma do acordo (habería que consultar as actas do concello nese tempo), pero non tería rubricada a compra da casa do concello.

20250122

A atención das árbores en Ribadeo

A atención das árbores en Ribadeo


    O coidado das árbores está esta tempada na mirada dos ribadenses. Se esta mañá publicaba aquí mesmo a 'Nota Informativa da Plataforma pola Defensa das Nosas Árbores', deixo agora unha noticia complementaria, tendo como actores a oposición no concello de Ribadeo, tanto BNG como PSOE. Trátase da presentación da petición dun pleno extraordinario sobre o tema. A destacar que, legalmente, e tras ter sobrepasado o número de concelleiros necesarios (sobraba cos do BNG, pero presentan unha fronte común co PSOE), o pleno debe convocarse den 15 días útiles. De non ser convocado, automáticamente se convoca para 10 días despois (tamén laborables, é dicir, o 26 de febreiro se non están mal feitas as contas) ás 12 da mañá. É dicir, teremos un pleno adicado a dito tema como moito en pouco máis dun mes.

    A transcrición da imaxe:

"Ao abeiro do indicado no artigo 46 da Lei Reguladora de Bases do Réxime Loca, os concelleiros e concelleiras Pablo Vizoso Galdo, Vicente Castro Reigosa, Raquel Ferreira Álvarez, Marcos Antonio Villamil Martínez, Martín Graña Pérez e Marta García Rey, representando máis dunha cuarta parte da corporación municipal, solicitan a convocatoria dun pleno extraordinario para tratar do seguinte punto único:

1. Debate e aclaración sobre o acontecido coas cortas de árbores en diferentes lugares do concello e a manifestada intención do proxecto de reforma sobre o Campo de San Francisco.

Nas últimas semanas e meses asistimos á tala indiscriminada e sorpresiva en diferentes lugares do noso concello, que afectou especialmente o Centro Educativo Gregorio Sanz e á praza Pancho Maseda. Todas estas actuacións provocaron a indignación e reacción social de diferentes colectivos. Ademais, nos últimos meses, recibimos a través dos medios de comunicación e en conversas información sobre a intención do goberno municipal de acometer unha reforma integral do campo de San Francisco.

Polo exposto, proponse debater o punto e aprobar os seguintes acordos:

1. Paralización inmediata da tala de árbores, agás para casos debidamente xustificados con informes técnicos previos.

2. Calquera actuación hipo´tetica ou futura sobre o Campo de San Francisco deberá contar coa exposición pública previa á licitación do mesmo, para permitir a participación da veciñanza.

En Ribadeo, a 22 de xaneiro de 2025

"

    Deixo tamén a nota de prensa anunciándoo, coa foto de Pablo Vizoso e Marta García que acompañaba:

 

"A oposición ao completo solicitará a convocatoria dun pleno extraordinario para aclarar o acontecido cas cortas de árbores e o plan de reforma sobre o campo de San Francisco.

Os concelleiros do BNG de Ribadeo e a concelleira do PSdG solicitarán a convocatoria dun pleno extraordinario para aclarar o acontecido nas últimas semanas. Preguntaremos sobre as cortas masivas de árbores realizadas polo goberno municipal, así como as súas intencións de reforma integral sobre un dos espazos máis emblemáticos de Ribadeo: o campo de San Francisco.

A oposición en pleno realiza esta solicitude despois das reaccións e demandas dunha gran parte da veciñanza de Ribadeo, ignorada e ninguneada de xeito reiterado polo alcalde.
"

20240403

O chío de abril: Contraluz

    Un novo mes, un novo número de Chío cheo de páxinas interesantes. Deixo abaixo a miña contribución.

    A contribución:

    Berrando máis que chiando

    Abril indica primavera precedida da vivificante choiva, aínda que non sexa o maio dito florido. Mais o cambio de tempo a nivel global permite mesmo falar de flores en marzo como se fora maio, ou xullo, que tamén hai. De feito, neste xullo de 2024 haberá aló a cifra redonda de 88 anos, murcháronse moitas flores. Non foi por un fenómeno climático, senón político e guerreiro.

    E como novo florecemento daquelas que se murcharon, aínda que só poida ser a nivel de recoñecemento e non vital, deixo aquí testemuña. Testemuña dunha iniciativa que se fixo realidade en Ribadeo hai un par de veráns: a colocación ó longo do pobo das chamadas ‘pedras da memoria’, versión ibérica das “Stolpersteine” en lembranza da xente represaliada a diferentes niveis, ata a morte, co motivo do a si mesmo chamado ‘glorioso alzamiento nacional’. As Stolpersteine naceron para lembrar ás vítimas nazis. Estas outras ibéricas, de cor diferente, foron feitas para lembrar unha dor semellante. Unha vez pasado o acto de celebración da súa colocación, quedan as ‘pedras’ no seu lugar. Un lugar relacionado con cada un dos e das (que tamén houbo mulleres, claro) que sufriron a represalia. Así, á porta da súa casa, ou do seu lugar de traballo... ou, nalgún caso, por falta de datos, por variación do trazado urbano ou outros motivos, nun punto común. Por exemplo, na ribadense praza de España teñen a súa pedra adicada boa parte dos represaliados do pobo.

    O caso é que, en base a esas pedras, hoxe pódese visitar Ribadeo facendo un recorrido do pobo a través delas. Mesmo teño artellada unha rota que aquí presento para facer o recorrido. Como hai diferentes xeitos de facela, deixo unha ligazón que se pode tomar como indicación para ter una idea ser serguida dun xeito dixitalizado en Wikiloc: Ruta das pedras da memoria de Ribadeo. (https://es.wikiloc.com/rutas-a-pie/ruta-das-pedras-da-memoria-de-ribadeo-162891199).

    Entendo que é mellor identificala como circular, comezala e rematala no centro dun parque, a pesar de que lle poña un comezo e un final como algo máis práctico. Así, o lugar de comezo é o mesmo que o de remate: o centro da Praza de España, a poucos metros da Casa do Concello, a parte do parque central de Ribadeo que dá ó representantivo edificio da Torre dos Moreno/Cantón de Ribadeo. Alí hai 24 pedras agrupadas, xunto cunha lembranza, no chan. Postos a camiñar dende a pza. de España, e antes de meterse polas rúas, a primeira pedra observámolanos soportais camiño de de Amando Pérez.

    Baixando por esa rúa, entramos en Enxeñeiro Schulz, onde case no centro xeométrico hai catro placas máis. Seguimos baixando e pasamos a Antonio Otero. Ó pouco de comezar o descenso por ela, atopamos unha placa no soportal que dá acceso á entrada da biblioteca (nº 17 da rúa), logo outra diante do nº 23 e máis abaixo, outra no 31. En Guimarán, nun pequeno altiño entre os actuais restaurantes Solana e Marinero, na separación entre as dúas casas ás que se entra por alí, aparece outra. Seguindo cara á ría, no mesmo Porcillán, practicamente diante da virxe alí posta, ó pé do muro branco está á vista unha máis. Comezamos a subir bordeando a aduana vella por Amando Pérez, e subindo á esquerda, dous portais antes de chegar ó cruce con Bispo Veres, temos outra máis. Collemos subindo por Bispo Veres, pasamos á rúa Trinidade, Méndez San Julián, baixamos polas escaleiras e atravesamos os soportais de Cabanela (case intransitables hoxe por hoxe). Antes de baixar ás ruínas alí existentes, xiramos á dereita e subimos pola Baixada a Cabanela, onde na primeira casa da subida atopamos outra pedra. Seguimos cara arriba ata a Ruanova, atravesamos o aparcamento, chegando á Pza. de Pancho Maseda á beira da casa do concello, e logo de novo Pza. de España.

    Atravesámola cara á esquerda e collemos cara a Clemente Martínez Pasarón, onde, na porta do hospital Asilo atopamos a antepenúltima do recorrido urbano. Volvendo ó parque, atravesámolo por unha das avenidas principais e enfilamos a peonil Vilafranca do Bierzo ata chegar ó cruce das catro rúas. Nel, xusto na esquina entre Reinante e Rodríguez Murias atopamos a penúltima, e un pouco máis adiante, diante do primeiro espazo sen construír desta última, vemos a que fai o número 39. A 40 das colocadas está en Rinlo (R. Esperanza, 27, https://www.openstreetmap.org/search?query=R%C3%BAa%20da%20Esperanza%2C%2027%2C%20Rinlo#map=19/43.55595/-7.10580) e necesita un desprazamento extra, co que para rematar a ruta, podemos volver sobre os nosos pasos ata a praza de España e dar alí remate, diante das 24 pedras alí situadas, á lembranza en forma de paseo.

    Así queda este chío do mes de abril, máis berro que chío polos feitos lembrados.


 

20070724

Homenaxe a un descoñecido (mar 109), un artigo xa vello

Despois de descubrir vellos artigos, algún sen publicar, mesmo moitos sen rematar, de cando en vez irá algún no blog para que vexan a luz. Mantelos igual que estaban pode representar mesmo un desafío: os tempos, as percepcións, cambian. Este é do 1999, e coido que non chegou a publicarse. Por certo eso de 'mar 109' corresponde a un código que usei no seu tempo, e que deixo como referencia propia.
--
Homenaxe a un descoñecido.
Non se pode homenaxear a un descoñecido. Facer o contrario sería igual que non facer nada, caer no ridículo ou aínda peor respecto á persoa homenaxeada, rirse e / ou aproveitarse dela. Por eso non é de todo certo o título.
A persoa a quen quero recoñecer a súa disposición como tal non é unha descoñecida, nin moito menos, pero a min quedoume ate o momento un pouco a desmán.
O seu nome, Cándido Sanjurjo Fernández, soa forte como estudioso, por exemplo, da historia do tren mineiro que comunicaba Ribadeo coas minas de Villaodrid e que pretendía extenderse máis aló, ate Vilafranca do Bierzo. Da súa pluma saíron, e seguen a saír artigos que nos dan a coñecer algo de nós mesmos, fixando ó tempo moitas veces a transmisión oral en verbas escritas. Artigos soltos ou series como a do “El Eo de los Santos” son acreditativos daquel lema da Real Academia Española de la Lengua, “limpia, fija y da esplendor”.
Pois ben, sabendo algo (pouco) das súas obras, non coñecía a Don Cándido ata o pasado doce de febreiro. Aquél día, ambos fomos escoitar a Malén no seu ribadense pregón do antroido. Como queira que tiña unha dúbida sobre do monumento ó gaiteiro, accedín a D. Pancho Maseda como coñecedor do tema, e foi el o que me presentou á súa vez a D. Cándido como persoa que seguramente me podería resolver a dúbida. Quedou en mirarmo e resolverma. Fíxoo, e cunha amplitude que me decidiu a escreber estas verbas. Non polo feito de que poidera resolver unha dúbida, senon pola dedicación que puxo por complacer a un descoñecido como era eu para el. É só un pequeno detalle que, vin a confirmar despois, corresponde á súa persoalidade. E é esa personalidade, como representante de outra xente que trata de complacer ós demais, ó que quero rendir homenaxe. Poñer como exemplo a persoas que como D. Cándido, adicaron e adican a súa vida a traballar ben, a extender o noso coñecemento, e que sirven ós demais. Persoas que poucas veces están recoñecidas como deben e que son un exemplo para unha xuventude que ten como mito e exemplo a imaxe e non o que hai dentro de nós mesmos.

20170911

Despois das festas?

En rematando as festas, a vida continúa, normal. Mais o que 'se leva' é facer unha valoración, unha análise, máis que unha planificación futura. Pois ben, senón unha análise profunda ou algo a modo de estatísticas, que non farei, aquí quedan algúns detalles. Vaia por diante que non se trata de lembrar momentos bonitos ou o 'esprito de festa', que os houbo e o houbo, senón de poñer unha contrapartida para remarcar que non todo é bonito. Estiven a piques de titulalo, a modo de Goya, 'Los desastres de la guerra'.
A tradición manda, e as festas volven ó Parque, e un xornal xa se fixo eco das protestas na rede por cousa de ruídos. A pesares da distribución do bando do alcalde. E a pesares de que entendo que nesas queixas non están incluídas as aglomeracións de xente diante de algún local do centro despois do remate do tempo marcado polo alcalde para as atraccións.
E xa vai sendo tradición longa que se empregue a 'representación institucional' nun estado aconfesional hoxe por hoxe de longa maioría non practicante para que representantes do pobo aparentemente non crentes asistan a actos relixiosos, fortalecendo a esquizofrenia constitucional. E así voltou a suceder este ano na procesión da patroa co alcalde procesionario. Copio unha cita de José Mª Rodríguez, escrita no 2014: "Aos meus 80 anos sentín unha gran emoción ó ver a procesión da Patrona este ano. Todas as autoridades presidindo a procesión igual que o facía nos anos 40 o alcalde de entonces, Pancho Maseda. Só lles faltaban as gafas de sol."
Quería poñer aquí envases con aceite ó pé do contedor de Clemente Martínez Pasarón, pero é certo que xa estaban a comezo do mes, logo quedan sen poñer por non corresponder ás festas.
Unhas fotos das 'festas, cara B', o 'parque temático no parque':





Como os servizos non os din atopado, non aparecen.
Outras imaxes poden ser comúns tamén noutras épocas:

E, por último, como lembranza máis festiva, os Cocos danzando o día 7:


20071019

Perdínme algo


Esta visto: perdínme algo. Resulta que aprece haber unha proposta para retirar o nome da Praza de Pancho Maseda (a carón do Concello), ó que Andina e o PP opóñense... A Lei da Memoria vai facilitar cousas destas, incluído claro está o monolito do parque. Hai pouco relativamente que se lle sacou o escudo á Aduana (máis ben parece que se lle tapara co novo por riba del), e haberá máis sobre o tema.
Mentras, parece que xa comezou de pleno o curso político, pois o PP pide dimisións pola entrega dunha furgoneta a un concellal que nin é do equipo de goberno (Balbino), e UPRi interpón un recurso para poder presetnar unha moción que se lle negou no último pleno.
Mentras, a reunión de Areces e Touriño no promete nada, aparentemente, para ribadeo nin para a súa ría, a pesares de que saíu na prensa hai varios días que Asturias pretendía protexer 15 especies de aves, pero polo menos a min pareceume máis un dicir por picar a Galicia como quen 'somos mellores' que outra cousa. Xa veremos.
A foto, a ría, xusta antes da ponte dpara cruzar á Veiga.

20241203

Unha entrevista

Pedra nunha obra do concello

 Unha entrevista

    O martes 3 de decembro pola mañá tivo lugar unha entrevista entre un grupo de seis persoas, tres mulleres e tres homes, do movemento de defensa das árbores de Ribadeo, e o sr. alcalde.

    Coido que unha entrevista así, de case unha hora, pódese contar con moito detalle e mesmo perder a perspectiva, polo que tentarei facer un curto resume obxectivo e aséptico, illando do relato correspondente cousas como que o remate foi o levantamento do grupo como protesta da actitude do alcalde ou a acusación que se me fixo de mentir, á que puiden replicar cun documento asinado polo propio alcalde onde dicía exactamente o que eu estaba dicindo.

    Ó comezo, establecemos os puntos que íamos a tratar: a necesidade de considerar a opinión da xente antes da corta de árbores, e nese sentido, o parar as cortas, e a restitución do que se puidera.

     Falouse de diversos temas relacionados coa xestión das árbores, na que se incluíron outras obras, tanto pasadas como anunciadas ou previstas polo concello xa dende finais de 2022.

    Expúxoselle a precariedade dos informes no caso do colexio, non aceptando o alcalde dita precariedade. Enfrontáronse feitos, con datas incluídas, distinguíndoos ben de opinións para tentar ter unha base para falar. O sr. alcalde dixo que non ía haber intervención coas árbores nin en Clemente Martínez Pasarón nin no parque (máis aló da palmeira que se tería intentado curar), e que nunca dixera que se ían cortar árbores, ó que se lle respondeu citando unha nova de prensa de 2022 (La Comarca del Eo, 30 de decembro de 2022, p.3). O alcalde puxo en dúbida que se usaran os contedores de Clemente Mtz. Pasarón fronte o mantido polas veciñas asistentes, que discutiron a afirmación do alcalde de que os contedores soterrados eran un niño de ratas. Afirmou o sr. alcalde que as árbores da praza de Pancho Maseda causaban humidades e non eran autóctonos, deixando pasar por parte dos asistentes que algúns cortáranse e algún magnolio arrincárase coa raíz, sendo totalmente aproveitable. Falouse das árbores do cemiterio, do aproveitamento particular dos restos do cortado no colexio e de máis cousas, pero non se chegou a ningún acordo, nin se obtivo resposta de cando ía ser a reunión a tres (coa directora do C.P. e alcalde) pedida pola ANPA a modo de careo para clarificar os feitos, ou outras cuestións propostas. O que si se obtivo foi a acusación de politizar a xuntanza e torpedeala, sendo como foi pedida polo grupo.

    En fin, habería moito máis que dicir desta xuntanza sen froito e duración de case unha hora, que se afirmou que non se repetiría por non ter pensado conceder unha xuntanza semellante.

    Dase difusión a este resume unha vez pasada a manifestación convocada para o mesmo martes pola tarde, da que se falará aparte.

20140910

Bellas e inolvidables estampas de los años cuarenta: EVOCACIÓN DE TIEMPOS PASADOS EN RIBADEO

   Corto e pego unha entrada de J.Mª Rdguez:
No han sido pocos los esfuerzos hechos por los diferentes gobiernos de nuestra mal llamada democracia para tratar de desmantelar de la vida pública española todo lo que tuviera alguna relación política, artística, cultural o, incluso, religiosa con las manifestaciones de la pasada dictadura franquista. Un largo y profundo empeño que  culminó recientemente en la famosa y discutida Ley de la Memoria Histórica que arrasó con toda manifestación, artística o no, que recordara al anterior régimen franquista. Y hasta tal punto llegó el esmero de los ejecutores de esta Ley en superar estos pasados recuerdos que pocos son ya los vestigios que quedan entre nosotros de aquella pasada época. Pocos, pero algunos sí reviven aún en nuestras celebraciones sociales o religiosas.
Como si el reloj no hubiera marcado el paso del tiempo, en la procesión religiosa celebrada por las calles de Ribadeo con motivo de las fiestas patronales de esta villa se recrearon de nuevo este año b ellas e inolvidables estampas de los años cuarenta cuando las procesiones religiosas eran presididas por las autoridades locales encabezadas por el alcalde de entonces, el Sr. Pancho Maseda, ataviado con sus eternas gafas ahumadas y su bastón de mando y a quien todos recordamos con afecto. Su presencia en un destacado lugar de la procesión, justo detrás del clero, era la fiel expresión del vínculo ideológico entre el nacional catolicismo de la Iglesia y el Estado.
Revivir de nuevo este año esas mismas viejas imágenes contemplando a las actuales autoridades civiles de la localidad, esta vez sin gafas ahumadas ni bastón de mando, presidiendo la procesión de la Patrona de Ribadeo creó en los ya longevos asistentes al acto la sensación de volver a revivir aquellos viejos recuerdos de tiempos pasados.

-


José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20250204

Última hora sobre as árbores en Ribadeo

     Á espera do comezo esta tarde do pleno sobre a situación das árbores en Ribadeo, unha nova noticia sobre o tema da protección das árbores: a presentación no Parlamento Galego dun requerimento de información sobre o convenio asinado polo Concello de Ribadeo coa Axencia de Turismo de Galicia para a 'mellora' da Praza de Pancho Maseda.


20250219

NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA EN DEFENSA E PROTECCIÓN DAS ÁRBORES DE RIBADEO

O teixo de Arante, árbore senlleira dada onte por desaufizada polo alcalde. Autor descoñecido

NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA EN DEFENSA E PROTECCIÓN DAS ÁRBORES

O pasado mércores 12 de febreiro celebrouse unha nova asemblea da Plataforma en Defensa e Protección das Árbores na que se acordou dar unha nota informativa ca valoración das últimas novas e publicar os resultados da recollida de sinaturas via internet. Aquí referirémonos ao primeiro punto.

En primeiro lugar observamos algúns movementos e declaracións ou comentarios por parte do concello que nos levan a pensar que a nosa acción ten algún tipo de impacto no día a día ribadense.

Por exemplo, recollemos unhas declaración (personais) do Sr. Alcalde nas que, segundo as nosas fontes, non se van tocar os contenedores das vivendas sociais. Se esto se confirma sería unha boa nova porque eses aparellos están dando un bo servizo e sería mágoa que se suprimisen. Naturalmente, hai que anotar este detalle na movilización da veciñanza e nas sinaturas recollidas nos días pasados.

Outro dato a suliñar é a retirada de maleza que se estivo facendo en algunhas ribadas, concretamente xunto do restaurante San Miguel, onde puidemos observar que tamén se provocou o desprendemento e derrubamento de pedras e terra, o que dá que pensar que cecais os técnicos non andiveron moi afinados.

Mais sorprendente da finura dos técnicos foi o sulfatado de alguhnas palmeiras no parque o venres, sete de febreiro, a media mañá, cando chovía a mares e ventaba sen conto, e polo tanto, os eventuais beneficios do tratamento foron parar ao chan en poucos segundos. Por certo, esta actuación levouse a cabo sen protección algunha coas consecuencias que nos podemos imaxinar.

Outra sorpresa xurdiu ao comprobar que na reforma da Praza de Pancho Maseda (entre o Concello e a Aduana) non se deixou ningún paso para as ambulancias, que segundo a declaración grabada do Sr. Alcalde, era un dos motivos da obra. Ainda ben, o paso que había antes quedou obstruido por un bloque de granito para suxetar unhas bandeiras. Unha contradicción mais nun relato inverosímil.

E para rematar, lembramos que no pleno do día 4 de febreiro o Sr. Alcalde referiuse repetidamente ao teixo da eirexa de Arante, suxerindo, anque non o dixo claramente, que hai anos fora obxecto dalgunha actuación impropia ou prexudicial. Como consecuencia, desprazámonos a visitar o teixo de Arante e a sacarlle unhas fotos, e puidemos observar que presenta un aspecto magnífico, por non dicir esplendoroso, como sempre.

E sen mais que comentar, suliñamos que segue sen haber información oficial sobre o proxecto de reforma do Parque Municipal e do Campo de Santa María, e que seguirémonos xuntando e tratando de levar adiante accións para preservar e mellorar as árbores e zonas verdes de Ribadeo e daremos información pública de canto nos vaia chegando. Proximamente daremos outra nota co resultado das sinaturas vía internet.

PLATAFORMA EN DEFENSA E PROTECCION DAS ÁRBORES

Ribadeo, 19 de Febreiro de 2025