Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta CCA. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta CCA. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20101022

CCA - 2

Ribadeo ten un Centro Comercial Aberto. Iso sabémolo todos: é unha agrupación de tendas do centro urbán que tratan de potenciarse mutuamente englobándose nunha asociación. Así pois, non é propiamente unha única entidade que aglutina tendas, senón unha acción comunitaria para asemellarse á unión dun centro comercial e aproveitar sinerxias do mellor xeito posible.
Tamén tivo un intento de centro comercial arredor do hiper de Eroski. Ó final, ou mellor, ó principio, a cousa non foi moi adiante. Aínda así, primeiro foi unha tenda de Brico King e logo, de xieto separado e controvertido, un Lidl. Nese tempo, cerrou a principal tenda por tamaño de Ribadeo - centro, e abriron unhas cantas máis, destacando franquicias e unha cadea comercial. É dicir, variando a textura do tecido comercial, e tamén, potenciando dende fóra da asociación do CCA ese mesmo centro comercial. Digo dende fóra non só porque a porcentaxe de asociación ó CCA coido que empeorou cos novos negocios, senón porque ó tratarse de comercios non enraizados na súa base en Ribadeo, teñen outras perspectivas comerciais con intereses estratéxicos diferentes. E digo o de potenciando dende fóra porque como negocios, están para ganar cartos, e saben que a afluencia de xente beneficia a todos eles, aínda que non entren na colaboración directa do CCA.
Agora, o equilibrio actual, -se se lle pode chamar así ó desequilibrio de intereses entre zonas, pero progreso de ambas- volta a evolucionar: dous novos comercios de tamaño abondante instalaranse na viciñanza dos anteriores de gran tamaño en Vilar, un de atuendo deportivo e outro de calzados. Con iso, a idea de centro comercial fóra do centro vai tomando corpo, aínda que con retraso.
Onte, na radio Onda Cero, participei nunha tertulia na que un dos temas tratados foi se era ou non beneficioso para Ribadeo. a miña postura non a tiven moi crara, o tema é complexo. En xeral, coido que habería que distinguir os beneficios para a comarca dos que xera para o pobo. Os perxuízos para o comercio instalado no centro urbán (ou beneficios) e para os empregados, en forma de número de empregos e calidade. E tamén o aumento inicial na competitividade, beneficioso alomenos mentres non force a peche de tendas no centro urbano. Son algúns dos puntais a considerar. Faláronse alí doutros temas relacionados, e non houbo acordo xenérico e toma de postura conxunta. E ti, que opinas?

20060507

Unha queixa e un exercicio de estilo


Comezo a escribir cando os bares aínda están cerrados na zona pero os borrachos continúan a subir: son fáciles de distinguir.
Primeiro, a queixa: trátase de urbanismo, pois ontes queixáronseme de que a casa que aparece na foto vai ser botada abaixo por unha nova rúa no PXOM. Eu, nin idea, e menos co plan na Xunta; non embargantes aí van os datos. Parece que a casa é de indianos, construída vai 65 por un retornado de Cuba, e que poderia salvarse cunha pequena curva na rúa. Coñezo só a opinión dunha parte, e por eso queda así a cousa; a foto testemuña, no 23 da Lodeira, as súas posibilidades, pero quedan os planos, e é evidente que non é unha potente urbanización reclamando os seus dereitos. Sinxelamente, a ter en conta.
En canto ó exercicio, o poñer 'de estilo' é un pouco presuntuoso, pero non atopei un xeito sinxelo de dicilo. Trátase de comentar o aparecido onte la prensa sobre a reunión pubeiros-CCA-Alcalde, pero por separado en relación cos dous medios escritos que presentan versións diferentes do mesmo feito. Teño claro que o caso é o feito, e é comentable aínda se máis nova que o saber que sucedeu. De calquera xeito, debido a diferencia de versións, escribín dous textos separados, tentando de facelos totalmente independentes, pero que á fi, resultan complementarios. Aí van:
v.1.

O PSOE, brazo político dos pubeiros?

Tal parece que ocorre se se lee a prensa do sábado 6 de maio. E se non, algunhas frases:

O alcalde “convocará a los vecinos que hayan presentado alguna denuncia o queja por el ruido nocturno y a los hosteleros”. Eso si, despois de reunirse cos pubeiros (que non son todos os hostaleiros) varias veces, darlles a coñecer previamente a normativa que se pretende, etc, mentras os afectados polo ruído non temos informacion de ningún tipo.

Asistirán “responsables del Centro Comercial Abierto”, que tamén levan participado en xuntanzas anteriores e que pediron a ampliación de horario nouturno (en outro momento falarei de que están a perxudicar intereses de comerciantes nas zonas acústicamente contaminadas) despois de plantexarse eles como mediadores... vaia mediación!

O alcalde, polo que parece, dixo: “Imos aplicar a lei, pero nos pontos que a normativa autonómica nos permita ser máis benignos serémolo”. Naturalmente, polo contexto, benévolos coa producción de ruídos e demáis. Se xa está esto claro, para que convocar unha nova xuntanza?

Outra: “Y como muestra de buena voluntad, según dijo Pérez Vacas, en aquellos puntos en los que la actual ordenanza de medio ambiente sea más exigente que la autonómica, se aplicará esta segunda” Por se non quedaba claro antes, ou coa 'aplicación' da actual normativa... E se hai dúbida de cal é máis beneficiosa? Non queda claro, pero a este paso o máis doado dada esa mentalidade que se expresa será non aplicar ningunha normativa, ó fin a lei da selva aplícase cando non hai outra.

Aínda queda: “El alcalde también anunció ayer que ha informado favorablemente a la Xunta la petición tramitada por el CCA de que el horario de cierre de los establecimientos se amplíe una hora más”. É dicir, xa informou, sen consultar ós veciños, claro.

Ó mellor estou a equivocarme e o motivo da xuntanza non é certificar algo xa decidido, senón sinxelamente cobrar unha dieta máis por xuntanza ou saír na prensa como mediador e 'home bó'.

v.2.

O Concello quere

Polo que parece, desta vai: o Concello quere xuntar ós afectados polo ruído cos pubeiros. Atopamos unha pequena anomalía na nova: que pinta o CCA? é só para desequilibrar a reunión? Porque o CCA (en realidade, ACISA), que eu saiba, agrupa a todos os empresarios ribadenses, ou eso pretende, e no conxunto están incluídos aqueles que por estár na zona amanecen algunha mañás con vomitons diante da porta dos seus locais, por poñer un exemplo, pero, en contradicción con cousas como o anterior, pideu xa unha ampliación de horario para o verán. Nembargantes, a xente que sufre polo ruído e aínda non demandou por escrito, non srá contemplada, nin tampouco a asociación que pideu no Concello pola súa propia conta, separadamente da recollida de sinaturas, a declaración de zonas acústicamente contaminadas.

Estou tentado a copiar aquí o que xa dixen sobre unha xuntanza como a proposta (está no blog, pouco despois da primeira xuntanza dos pubeiros, e ten plena vixencia) , pero sigo.

Di o alcalde que está aberto a calquera dentro da legalidade vixente, e que xa se llo fixo saber ós implicados que así era. A conclusión é sinxela: non debo ser considerado implicado. E esa era só a primeira das conclusións, pero non a única. Pois está claro que despois das novas de prensa, a non recepción dos sufridores previa á que se prevé, etc, eso de apertura parece unilateral, non para todos os lados...

Di que quere facer compaginar a nova ordenanza co establecido coa normativa autonómica. Xa estaba compaginado, como calquera que saiba do tema pode observar. Outra cousa é que quera aplicar aquelo de 'quen fixo a lei fixo a trampa' para coñecer el as trampas a aplicar, sen molestarse en coñecer as trampas que xa hai ata o momento e que nunca quixo saber porque nunca lle fixo falta, ó non aplicar a normativa. Por certo,que di que non a aplica e non pasa nada... Se non a aplicara en favor dos sufridores, facendo un exercicio de imaxinación da que seguro que xa estaba no cárcere ou en vías.

Espera a boa disposición de tódalas partes, sentatez, ... pois como espere que sigamos o seu exemplo, paréceme a min que sería mellor non convocar unha xuntanza, mentras ten sen recibir á Mesa de asociacións de Ribadeo dende hai seis meses (polo momento) despois de aceptar reunirse de cada dous e ser lembrada e solicitada a reunión varias veces, para o que servía tamén facer unha variación da data sobre o establecido: o xoves anterior a cada pleno bimestral ordinario.

Se o que se quere é presentarse de cara á galería, xa ten os titulares. Agora, que se poña a traballar. Eso querémolo todos.

20060428

Peonil? Volta as andadas

Unha imaxe dunha rúa peonil en Ribadeo non parece tan peonil como se quixera. Pode ser unha casualidade, pero non a única. Da que pensar cara ó verán sobre circulación, aparcamento, etc. Ou non?
A outra foto ten unha sinal de prohibido á beira dun algo máis que desconche á beira da Praza de España. Quedoume por poñer no das 'casas caíntes' e vai agora. En ámbolosdous casos, volta ás andadas.
E non son os únicos: xunto coa nova de que van pagar o debido (na realidade, sinxelamente de que han pagar, porque coido que non saben facer as contas, aínda non entregaron os cartos e non penso pasar un céntimo) e polo xuizo dende o concello, atópase hoxe no periódico que o CCA vai pedir ampliación de horario pubero para o verán. O ano pasado concedéronllo parcialmente. Este? Como compradores do comercio de Ribadeo vai haber que pedir ó CCA que fagan un escrito para a reucción de horario. Coido que os consumidores do CCA tamén temos os nosos dereitos. Unha pregunta, ademáis: haberá no concello quen asine unha petición que vai no sentido de incrementr o ruído nouturno, despois da sentencia?
Volta ás andadas tamén coa construcción: esta vez, por denegación de licenza en Vilaosende. O tema, ó Valedor do Pobo. A este paso, futuro previsible, xulgado (o único tema anteror do Concello que saiba que pasou polo Valedor, o dos ruídos, rematou no xulgado)
-- Unha nota: se usas CD ou DVD, ó mellor te convén asinar aquí...

20071229

Pleno para un día dos inocentes


28 de decembro, 10 da mañá. Coa falta de Begoña (PP) comezaba un pleno que podía resultar un pouco raro.
O pleno, extraordinario, comezou coa aprobación da cobranza de recibos pola Deputación. Dende tempos do PP véñense cobrando algúns recibos do concello ós veciños por parte da Deputación. Comisión, 6%. Votado en tempos de maioría abasoluta do PP. Hoxe, o BNG (e os outros grupos apoiáronno), prorrogou o sistema, engadíndolle outros impostos máis ó sistema, e tendo que pagar un 4% en troques dun 6%; ademáis, haberá un adianto de cartos para dispoñer de liquidez o primeiro mes do ano. A remarcar só que o PP lembrou que aogra haí máis persoal que antes (cousa que o BNG negou) e o BNG en tempos votara en contra. Chamoume a atención que o BNG se chamara a que houbera pouco tempo para esta decisión: 15 días. Coido que houbo anos para pensalo, pero...
No medio desta discusión alcei por un ratiño un cartel de protesta, ata que o alcalde o viu de xeito patente. É o que está fotografado nas escaleiras da casa do concello. Xa falei con alguén máis sobre o tema: non é algo de inocentes.
O seguinte punto, unha subvención para a redacción do PXOM, a pesares de que crin entender que implicaba unha reducción do orzamento pensado, pasou sen oposción.
Veu despois a elección de representantes do concello na Mancomunidade, que quedaron en mans do BNG (Fernando e suplente, Vicente)e do PP (José Carlos e suplente José Luis). O PSOE comezou a andanada de acusacións de connivencia PP-BNG para deixar sen representatividade ó resto, usándose no discurso termos como 'ostracismo' e 'cachondeo' (por sorte, a exaltación non chega a anteriores cotas). Este partido, (PSOE), tiña pensado facer unha proposta diferente á emanada da comisión informativa, pero non a fixo.
Despois, os representantes no CCA. Resultaron 2 do BNG e Begoña (PP), coa oposición de PSOE e UPRI, que consideraron que houbera unha informalidade porque na xunta de portavoces decidírase outra cousa, e logo fora convocado Paco (quen estaría indicado pola xunta) para unha xuntanza que non se deu celebrado, etc. o caso é que a xunta de portavoces non é un órgano de aprobación, snón de deliberación, e o resultado quedou así. Por certo, ó que parece levaba 2,5 anos sen haber ningunha xuntanza das correspondenteds ó CCA, o que non deixa de ser raro.
A adxudicación do depósito de residuos e os contedores amarelos, xa tratado (ver a serie 'pleno ó 13', por exemplo na ligazón final sobre o pleno en Ribadeo, Ribadeando ou o mes de novembro, pois son 5 entradas, e o post sobre a enmenda de UPRI en Ribadeo historia, a falta de conseguir máis documentación por parte do concello). Falouse de dose de mala fe, de espectáculo lamentable, e de que o punto se retirara o pleno anterior só por defectos de forma, non de fondo. En fin, ó pouco de comezar marchei, pero polo que parece, a resolución vai a consultas a Santiago nun tema no que os intereses abranguen moitas ramificacións,polo que se deixa entrever. Polo que me dixeron, houbo unha loita Balbino vs. Horacio co alcalde atemperando, e, se non responde unha nova entidade consultiva creada en Santiago antes de 1 mes, quedaría a concesión a Urbaser, pero dixéronme que sen necesidade nese caso de apsar polo pleno, o que non vexo claro.
Quedaban dous puntos máis, que parece que non tiveron dificultade.
... e ese foi o pleno do (día dos) inocentes, que tivo pouco de inocente.

20070906

Mirando para atras ou aprendendo do pasado?

Estamos afeitos moitas veces a non mirar atrás, o pasado, pasado. Pero o voltar a vista atrás, sabendo eso, que o pasado está pasado, pode dar unha fonte de aprendizaxe excelente, ó igual que cando se di eso de coñecer a historia para tentar non repetila (a parte mala). 

Neste caso, trátase de pasado próximo: hai uns días poñia nun artigo o horario da biblioteca de Burela en referencia ó reducido da de Ribadeo. Hai menos días aínda foi reclamada unha ampliación de horario no acto do cincuentenario da 'Viejo Pancho', que reduce o seu horario e aínda solía pechar neste mes a pesares do aumento do sue uso como sala de estudio polo de setembro. O caso é que non vexo previsión dese aumento horario, así como tampouco vin movemento ningún á hora de protestar polo canon de biblioteca (ver barra lateral) que temos que pagar todos, vaiamos ou non alí, e ó meu parecer, imposto dun xeito inxustificado. A repasar tamén o caso do parque contraincendios de Barreiros: servicio para todos, leva anos construído e non funciona por pelexas políticas. Houbo protestas antes do verán, pero no verán, todos caladiños, que pode asustar o turismo. Sobre retrasos, en Ribadeo sabemos de máis: o polígono industrial, que ía estar en marcha o ano pasado segundo o alcalde pasado segundo declaracións feitas á prensa, aínda non vai desta porque hai que pagar un transformador para polígono e pobo (aínda sen polígono o que hai xa é pequeno) e a empresa (Begasa) di que ela non o fai. Búscate a vida, Ribadeo! 

Lendo o libro (que lle deron en chamar revista) da biblioteca, entérome das vicisitudes que leva pasado no século XX. E, ó tempo que lembro tanto o lugar nos baixos do cantón, sigo a pensar na promoción da lectura mentras vexo o funcionamento das atraccións nas festas e o comportamento da xente nova. Por certo, boto de menos no libriño unha semblanza dos bibliotecarios anteriores a Mª Jesús Rañón Ríos: Pilar Reimundez, Leonardo Fernández Reinante (que na realidade parece ser que non era bibliotecario, aínda que facía algunhas labores do estilo), etc.

Os comerciantes non están contentos con este verán. Dentro da campaña de aparicións en prensa do CCA, toca a de fin de verán facendo ese comentario e o de que hai unha decea de establecementos que queren logra o distintivo de calidade. O certo é que o comercio ribadense está cambiando e o CCA/ACISA ten abondo que ver, e non só na aparición na prensa. Pero, o de calidade, quedarase na obtención dun certificado? É un perigo que vin hai tempo a conta doutro certificado de calidade: unha cousa é ter papeis que documenten todo e outra o que o cidadán de a pé soe entender como calidade, e non sempre van parellos. Diría que o periódico insistía na primeira faceta e cumprimento normativo máis que na segunda de ter contento ó cliente. 

O Porta da Auga (o CIFP, non o IES, que xa non son o mesmo por decreto) mantén as xornadas de automoción, e antonte revisaron o sistema educativo (de FP) alemán, que leva funcionando moitos anos, mentras aquí cambiamos e cambiamos de plans de estudos, sen chegar a centrarnos en ningún. Pode que sexa esa falta de centrado unha das causantes de rendemento educativo. De feito, estou convencido de que ten algo que ver. En fin, son varias as novas comentadas, ningunha de hoxe, e todas entendo que pasaron no seu momento sen moita atención. Non embargantes, en xeral, requírena porque son as pequenas cousas as que constitúen a base vital, tanto das persoas como dos pobos.

20060729

La Comarca de Ribadeo (e 3ª de hoxe...)

Cartel festival RQR en Ribadeo 2006
O semanario de Ribadeo ven esta semana con 'novidades'. Non o digo pola carta que aparece asinada por min, senón por outras moitas novas, como a irrupción da campaña de todos os grupos políticos (que xa comezar a facerse ver noutras edicións anteriores), con títulos como 'As gaivotas en Ribadeo' e 'Candidatura nacionalista independente'. Dígoo polo artigo 'La construcción en la costa' de José Mª Rodríguez (da que podes ver a versión ixital, ou noutra verquente moi diferente 'CCA preto de ti', a cargo do Depto. de comunicación do propio CCA, a 'Historia callejera' de Marino García, relatando un Ribadeo presente en pasado xa consumido e unha visión pesimista, e 'Lo español y lo castellano' de Xosé Carlos Rodríguez Rañón, que defende o galego cunha historia esta volta en castelán. Esquecíame do artigo titulado 'Los constructores ribadenses se desmarcan de la marbellización de la costa', que aparece na portada xunto dunha foto sobre a ría e no que só faltaría que non tentaran desmarcarse, que é copia do que xa saiu no 'El Progreso' o martes e foi contestado xa pola Asociación de veciños O Tesón. Queda a parte algo que non é da Comarca, as declaracións do alcalde sobre as bondades da piscifactoría que Pescanova pretende na costa Ribadense, e que dará moito que falar, previsiblemente moito.
Aproveito para reproducir aquí a miña carta desta edición da Comarca de Ribadeleo como diría outro amigo meu:
--
De amizade
Que hai Amigos e amigos sábeo calquera dende a infancia. Igual que que pode haber Inimigos e inimigos. E covardes e Covardes.
Por eso me chamou a atención que nunha carta aparecida o sábado 22 de xullo na Comarca alguén covarde e suposto inimigo (ambas con minúsculas, coido que non chega a máis) de alguén outro que non menciona máis que con indirectas e a quen se lle imputa (máis ben vaticina) unha suposta soidade. E por eso a miña pequena reflexión: pode ter Amigos ou chegar a ser Inimigo alguén que non dá a cara nin para facer unha 'parábola'? Pode saber moito do tema, intereses non confesados a parte? Ou é que tentou facer unha obra literaria?
En fin, non merece máis comentario: o sistema de anónimos da Comarca pode dar lugar a moitas situacións, como ás veces facer rir polo que se pon, e outras facer esbozar un sorriso irónico pensando en quen o pon.

20110322

E onte, pleno

Con pouca asistencia, e menos despois do ecuador, tivo lugar onte un pleno longo en puntos, de duración 2h e media ó que faltou Horacio Cupeiro, contando pois o BNG con só tres edís no mesmo. O pleno non foi polémico, senón máis ben de acordos xerais e outros de xeometría variada respecto a anteriores ocasións, e nel tampouco se presentou unha moción conxunta sobre a petión de retorno do xulgado a Ribadeo.
A relación de asuntos foi:
1.Aprobación da acta anterior
2.Decretos da alcaldía
3.Cambio de representante do PP nunha comisión
4.Representantes na mesa local de comercio
5.Adhesión ó convenio Xunta-Fegamp sobre administración electrónica
6.Aprobación inicial da ordenanza de administración electrónica.
7.Modificación da taxa de servizo do mercado
8.Cambio de nome da concesionaria do matadoiro municipal
9.Convenio con Coniproma
10.Convenio con Coniproma e Anselmo
11.Aprobación inicial de convenio con Isabel Arias
12.Escrito de recoñecemento de dominio na parte posterior do colexio Sagrado Corazón
13.Aprobación de novo trazado de camiño en Arante
14.Moción do BNG polo plan de emprego feminino e apoio das mulleres
15.Proposta da alcaldía da representación do concello na xestora mixta Concello-CCA
16.Moción de UPRi para facilitar a instalación de empresas no polígono
17.Rogos e preguntas
Asemade, ó final, deuse contestaciónás tres últimas preguntas de O Tesón, esquecendo as anteriores, de hai xa catro meses, que esperemos sexan contestadas no seguinte ordinario...
En canto ás preguntas contestadas neste, fórono ausentándose primeiro Balbino Pérez e logo outra representante do PSOE:
Do xulgado e as sinaturas presentadas, non se sabe nin se fixo nada, nin se recibiu acuse de recibo. Tampouco sobre o actual edificio adicado ó xulgado, e non se espera facer nada pois quedan dous meses para as eleccións e poderíase comprometer un futuro equipo de goberno.
No relativo ó mercado, o alcalde entende que a pregunta é referente a manteiros actuando nel, e di que a policía Local e o encargado do cobro teñen orde de levantar inmediatamente os postos que non paguen.
En canto ás dúas comisións, aclara que non é responsable o que digan os representantes, pero que lle consta que a nova comisión está ben constituída, aínda que non ten todos os detalles. A subvención de 2010 serálle pagada á anterior comisión, e aclara asemade que non quere entrar en polémica sobre o tema.
O desenvolvemento dos puntos, despois de aprobada a acta, pasou polo detalle de varios decretos da alcaldía preguntados polos diversos grupos, quedándome con dúas facturas por un total de 1 400 € para o mantemento do ascensor da Atalaia (que sairía despois tamén a conto de cartos), 6 000 € para o aluguer da carpa (só) para o mercado do Nadal, 6 189 € para a Mancomunidade de concellos da Mariña, da que se preguntou se seguía a funcionar e se era a cantidade correspondente a un pago ou a varios (resultou ser de varios anos, pero sen especificar), os 10 000 € de custe do novo vestiario (completo, incluíndo por exemplo, botas) da Policía Local e a devolución de varias cantidades, a maior, de 500 € a varios mercaderes dos mércores a raíz da sentenza do contencioso administrativo que lle deu a razón ó concello sobre o sistema de cobro pero axustou que algún cálculo estaba mal feito.
O cambio de representante do PP nunha comisión non tivo discusión.
Os representantes na mesa local de comercio son necesarios para a constitución da mesma. Son 'representantes natos' na mesa o alcalde e o secretario, e está estipulado que haxa un representante da Unión de Consumidores de Ribadeo e outro de ACISA, así como 1 representante da administración autonómica e dous do concello. Foi proposto polo alcalde que foran representantes dos dous grupos maioritarios, e por UPRi que foran un do goberno e outro da oposición, retirándose da votación para este segundo o propio goberno. Comentario de Andina a conto de repetidas acusacións de pacto PP-BNG: 'entendo que tenten aunar esforzos, ainda que non teñen pacto'. O PSOE tenta meter a proposta de que cada grupo presente o seu candidatos, pero non é aceptado por secretaría ó contravir a normativa de funcionamento a presentación no momento. é aprada a proposta da alcaldía por 7 (BNG-PP) contra 5 (PSOE-UPRi), o mesmo resultado que na elección de candidatos: Vicente Castro e Jesús López. Unha nota: neste punto e noutro posterior non pode deixarse pasar a súa relación co regulamento de participación cidadá, pois trátase de comisións participativas, pero a nivel de participación empresarial
A adhesión ó convenio Xunta-Fegamp sobre administración electrónica e a aprobación inicial da ordenanza de administración electrónica foron por unanimidade.
A modificación da taxa de servizo do mercado foi aprobada cos votos en contra de UPRi, quedando o pago mensual os primeiros mércores e non establecendo pago para os domingos. Houbo algunha discusión por discrepancias, aportando UPRi, por exemplo, que así non se pagaría tódolos meses igual.
O cambio de nome da concesionaria do matadoiro municipal deu lugar a algunha intervención para aclarar que houbera unha compra societaria.
Os convenios foron aprobados sen discusión, o que deu lugar a unha felicitación do alcalde ós grupos por conseguir obxectivos dun xeito común.
O escrito de recoñecemento de dominio na parte posterior do colexio Sagrado Corazón solicitado por Mª Dolores Quelle Rivas a conta de Ramón Bustelo desestimouse por ver que en todo caso, correspondía o recoñecemento ó xulgado.
A aprobación de novo trazado de camiño en Arante non tivo dificultades. Unha observación: a obra será realizada polos veciños.
A moción do BNG polo plan de emprego feminino e apoio das mulleres (e contra o anteproxecto de lei da familia, considerado regresivo polo BNG) recibiu o apoio de tódolos grupos a excepción do PP, dando lugar a unha longa discusión J.Carlos-M. Luz. Recollo dúas citas: J.C. Andina: 'Este país ten un parlamento e nese parlamento fánse as leis' (en relación ó Parlamento galego). F. Suárez: 'O noso fracaso tal vez sexa o despertar de moita xente' (en relación ó fracaso do bipartito, que Andina puxera como proba de que a xente non quería a liña proposta pola moción do BNG). Foi aprobada por 8 (BNG, PSOE, UPRi) a 4 (PP)
A proposta da alcaldía da representación do concello na xestora mixta Concello-CCA, sendo proposta Begoña Sanjurjo a parte da correspondente ó grupo de goberno, por 7 (BNG-PP) a 5 (PSOE-UPRi)
A moción de UPRi para facilitar a instalación de empresas no polígono, incluíndo unha rebaixa do prezo das parcelas e o 50% de bonificación nas licenzas de obra foi rexeitada na súa urxencia polo resto dos grupos, alegando que para comezar necesita de informes técnicos e xurídicos, podendo ser nula de pleno dereito en caso contrario. Foi acusado tamén UPRi de ter sacado antes a proposta nos medios que dilixenciado a tempo no concello para que non fora por vía de urxencia, podendo seguir unha vía normal, respondendo Rivas que mañá (por hoxe) a presentarían para o próximo pleno, e a ver que facían entón.
En rogos e preguntas, menos extenso que outras veces, diversas cousas sobre farolas, espellos en puntos sen visibilidade, conservación de rúas e semellantes, incluída tamén unha pregunta sobre as visitas do ascensor da Atalaia, á vista de que de luz e teléfono foron 2 300€ en decembro e xaneiro, e tamén a formulación como pregunta por parte de Balbino da proposta de Eduardo Gutiérrez sobre a retirada dos 60 €, citando mesmo o refrán usado anteriormente por E.Gutiérrez: 'Morto o can, acabouse a rabia', o que foi contestado polo alcalde no sentido de que estaba en consultas, pero que a sentencia non dicía o que pretendía Balbino.
Nogtas de prensa do concello sobre temas do pleno:
Mercado
Administración electrónica

20100428

Mil nais en Ribadeo?

O domingo o CCA repartirá mil caraveis en Ribadeo ás nais, para celebrar ese día como corresponde á súa institución comercial como día da nai. En Ribadeo, 10 000 habitantes, entre nais e nais de nais (ó fin, nais) duplican esa cifra. E como centro comercial, virá algunha máis á mercar. Quedarán sen fror? Como día comercial, as vendas serán promocionadas, e é o que importa da iniciativa. Ou non?

20100418

Actividades con éxito


Onte sábado tivo lugar parte dun segundo pulo de actividades concertadas entre o Concello e o CCA. Os pintores na rúa soaban a curiosidade, e había xente que se paraba con eles, en particular se eran de Ribadeo. Asemade, no frontal do B. Popular tivo lugar un concerto, esta vez de diversas agrupacións da escola e banda. Concerto que foi moi concorrido, rexistrando un cheo na rúa e dificultando o paso da xente que non se paraba. A iso ía: o concerto, OK, cheo de xente que se podía observar como familiares e amigos dos músicos. Forasteiros, non se observaban escoitando, aínda que si de paso ou indo ó ou manifestándose algún indo ó caixeiro da sucursal bancaria (co retraso do comezo de obras incluído). Ó fondo da peonil, un coche cun altofalante anunciando un partido de baloncesto para a tarde poñía un contrapunto ó concerto co seu paso. (Por certo, comparar co que di o punto 1 do art. 30 da ordenanza tipo de protección contra a contaminación acústica).
Así as cousas, se definimos o éxito do concerto como axuda para os comerciantes, é dubidoso que o teña sido. Se o definimos de xeito artístico, ou mesmo de público, a cousa cambia.

20070309

Pobreza en Ribadeo


A coexistencia de novas de signo contrario non é unha excepción, senón que ocorre moitas veces. Ese 'signo' non indica que digan o contrario, senón que expresan facetas da realidade que chocan entre si.
Así, a pobreza que hoxe sae na prensa non é contraditoria con que o CCA siga a promocionar o comercio cun premio o consumo, que eso é o que indica un premio de 300€ que pensan dar. A outra, a pobreza manifestada, é a dunha familia que vive na antiga vía do ferrocarril, na única chabola habitada como vivenda habitual que coido hai na vila. Vivir como chabolista indica certo grao de pobreza, non a pobreza absoluta. Neste caso, xúntanse varias cousas: a chabola, o desemprego, a etnia, ... e ó final, según din, o peloteo entre alcalde e (esta vez) o asistente social. Con todo o amañable que poda ser o que se ve de inmediato por parte dos poderes públicos, a razón da pobreza é máis profunda que o dito, en Ribadeo e en xeral. O mundo non é perfeto, e os máis débiles sufren máis. Deberamos poñernos a amañalo, pero a falta de saber máis, de saber como facelo, de lamentar ter poder para poñerse ña tarefa, coido que o levantármonos cada día pensando en facer as cousas ben e para ben é xa un paso adiante, que significa que estamos a poñernos, aínda que non o saibamos. A orde económica local, nacional ou internacional non é xusta, e segundo o vexo, tende a ser máis inxusta. A postura individual de cada un pode reverquer este camiño cara a esa sociedade con máis inxusticia, pero para eso fai falta o dito... e non desanimarse, cun pouco de estilo do Quixote. Así se poden conseguir cousas, aínda que se tarde. E para os de a pé pode que sexa a única opción posible.
Outro día podemos falar de como outra organización do comercio internacional foi posible pero leva sesenta anos aparcada por 'grandes intereses' (título aproximado dun artigo que leín onte mesmo) mentras as diferencias aumentan.
A foto, unha mágoa non tela tomado com máis amplitude de fondo, a auga escurrindo por unha rocha cara á saída da ría de Ribadeo.

20080210

Entre don carnal e dona coresma


    O mércores de cinza xa non é antroido, pois éntrase na coresma. Non embargantes, en Ribadeo fíxose o típico: o sábado péchase extemporáneamente o antroido, como fixo este ano co enterro da sardiña. As charangas e a viúvas recorreron as rúas e rematouse coa explosión do antroido e os lumes de artificio. Dous vídeos non teñen abonda iluminación para dar testemuña das charangas, e queda un terceiro ('cun efecto curioso') e algunha foto sobre os lumes de artificio sobre a Casa do Concello para dar testemuña. Tamén, o cartel de anuncio (que non vin ata pasado o enterro) que manifesta ás claras quen pon os cartos.
    Na noite tamén houbo que se dedicou a facer algunha antroidada, e así por exemplo o cartel do CCA á beira da Orden Terceira xa non existe.













20061010

Pubeiros, baristas e Anna Politkovskaya


Hai un tempo, introducín no meu vocabulario un neoloxismo (coido que oínllo a un amigo e non foi invención miña), 'pubeiro', para designar á xente relacionada como propietario ou traballador dun local de hostelería nouturna. Máis adiante, abondo máis, atopeime co saquiño de azucre que aparece na imaxe e pregunteime e preguntei que sería barista. Non mo souberon dicir, ata que dunha procura por internet saquei a conclusión que era o equivalente a pubeiro, pero para os bares. É dicir, outro neoloxismo útil, que encadrei nun reclamo nunha servilleta do CCA para preguntarme se non haberá no próximo futuro unha verba por exemplo para designar á xente encadrada no Centro Comercial Aberto (atención, non sirve 'comerciantes' ou 'industriais' porque non agrupa a todos, e ademáis, agrupa a ambas clases); poidera ser 'comercialistas', pero non ten gancho abondo, paréceme.
Tamén podería parecer unha verba chamativa o apelido de Anna Politkovskaya, 'Ana a Política', pero parece que non é así. Que non era política, senón periodista, e precisamente adicábase a investigar contra os desmanes que a polìtica facía no seu país, Rusia. Que se adicaba, porque a súa falta de política (da política mal entendida ou desentendida que se practica moito hoxe) fixo que fora amezada de morte e que cumpriran a ameaza. Caeu asasinada. Quizais poda dicirse dela que como os soldados, 'caeu coas botas postas', con valentía, cando preparaba outro traballo de denuncia das tropelías. Sen xente como ela, a democraciá quedábase máis cedo que tarde en nada, en pantalla; si, máis do que xa está, e máis rápido. A pesares do seu nome, coido que tamén a ela lle faría falla que inventáramos unha verba que xuntara o que representa 'valentía', 'procura da verdade' e tamén 'idea de xustiza'.
A que correspondería no caso de Anna, 'política', xa está ocupada por un significado en devaluación contínua, por desgraza, tamén en contra da democracia. Ó mellor é unha verba, esta de 'política' que necesita como os vellos mobles unha restauración para que cobre vigor. É cousa de pensalo. Pode que compense poñerse mans á obra.
-
Hai un ano e un día, lembraba os comezos da 'Galipedia', a enciclopedia en galego, na rede, libre, cooperativa, que segue a medrar. E tamén completaba o día con outra entrada, 'Visións de Ribadeo', visións a contrastar entre todos máis que a contrapoñer.

20090429

Invasión Calvo Sotelo

A moitos pareceralles unha herexía, pero coido que algo de invasión si que ten. A homenaxe a Calvo Sotelo está a tentar monopolizar a vida ribadense ata despois de celebrado. Chegáronme novas (que naturalmente non poderei confirmar ata a fin de semana) de que mesmo A Comarca vai ser un monográfico adicado ó persoeiro. Os diversos apartados da celebración da fin de semana saltan por riba do un de maio, a pesares da situación económica, e xa son nova os cargos políticos que asistirán, en consoancia cos folletíns políticos que se están a voltar cada vez máis frecuentes. A prensa segue a falar do altorelevo en Porcillán, pero ó tempo vin só unha vez plasmado en papel o importe que coido será maioritario (non sei canto vai valer en total), o institucional, en concreto o da Deputación, 15 000€. E descubro que haberá asemade un libro de homenaxe. Así, con estas verbas, súmome eu tamén ó case monopolio que cito...

... deixando un lugar para a iniciativa do CCA de adicarlle os carteis promocionais do día da nai a ilustres mulleres ribadenses, aínda que non lle teña sacada a foto ó cartel que xa está exposto dende comezos de semana.
Mirando un pouco máis aló de Ribadeo, os promotores inmobiliarios parece que teñen a idea de que as leis están basadas na economía, e 'Consideran que se lexislou pensando "só" en tempos de bonanza económica'. Coido que é un dos temas nos que o novo goberno dixo menos polo momento, como se estiveran esperando, a velas vir, sen unha idea clara. Como se a estrutura das cidades e vilas debera de cambiar, ou a natureza amoldarse en función dunha maior construcción aínda que non contemple as necesidades de vivenda. Parece que a conclusión é que cartos hai, pero ideas para gastalos, non, e que a concentración de cartos fai inviable outras saídas máis repartidoras ou democráticas.

Deixo dúas imaxes, ría enrexada e ponte resaltada, produto da visita do outro día a Mariñarte. Por certo, ampliables; algo que cito debido a que últimamente estou a rebaixar tamaños e calidades para non encher antes de tempo o repositorio de fotos do blog.

20101214

Os Beléns de Ribadeo

Este ano, ó xa tradicional belén da Terceira Orde, sumaránselle outros moitos debido ó concurso de beléns organizado pola Agrupación Belenista de Ribadeo xunto co CCA, a máis do propio belén montado por aquela na antiga Casa Maseda (entrada por r/Villafranca del Bierzo). Non nos deixemos enganar polo título do seu blog, lembrando a película de Paco Martínez Soria "Y se armó el Belén", pois non ten nada de comedia e si moito de esforzo e ilusión.
A agrupación belenista xurde a partir dun grupo de xente arredor dos amigos da Semana Santa, constituíndo un núcleo de persoas activas que xa se involucrou o pasado verán no Curso de verán Luis de Trelles. Nunha nova iniciativa, xa está constituída a agrupación, e non só iso, senón que están transformados os locais da antiga Casa Maseda nun conxunto de espazos que teñen unha sección de recepción, administrativa, almacén, taller e agora, belén, que se pode ver direitamente dende a rúa a traverso dos escaparates da antiga tenda ou internamente. Aconsello entrar, para aprezar mellor os detalles de algo que se montou de xeito artesanal fixándose neles, como se pode ver nas imaxes do seu blog, pero tamén nunha presentación correndo á beira do propio belén, nas explicacións dos membros da agrupación ou nas reproduccións de documentos usados para facer o Herodión ou o pazo e a cidade de Xerusalén, por poñer dous exemplos. As figuras humanas, de varios tamaños, contribuíndo á perspectiva, son de autor.
A idea é non facer un belén repetitivo, senón pensar a construcción do próximo cando remate esta edición, que como os beléns máis tradicionais será exposta durante dous meses, dende o oito (este ano non puido ser mesmo dende ese día) ó mes de febreiro, coincidindo coa celebración relixiosa do tempo. É dicir, o próximo ano armarase un belén diferente.
Para esta primeira edición, recibiu a visita e bendición do Bispo da diócese o domingo a raíz de outorgar a confirmación a un grupo na igrexa parroquial de Santa María do Campo, como consta nas fotos que tamén hai no local. E consta a oferta do grupo para formar máis xente que sexa capaz de levar a bo fin a construcción doutros beléns, aspirando a que Ribadeo se integre de pleno na ruta de visita belenística.
En breve verase locer en diversos escaparates de Ribadeo o froito do concurso de beléns, pero, mentras, o tradicional da Terceira Orde xa leva tamén montado dende a fin de semana, atendido e explicado, cunha amplitude que o fai candidato á súa visita mesmo por grupos de xente, e con artificio de luces e a 'aparición' do anxo aproveitando as leis da óptica.
En Ribadeo, se ata o momento había só destacable para o público o belén da Terceira Orde, hai xa unha pequena ruta blenista que tenderá a aumentar e mellorar, pois está a crear escola.
As fotos? Algunha deixarei, pero mellor, in situ.

20090705

Tentando influír no tempo


Póñome á letura da Comarca desta semana e atopo unha columna con título 'Acisa e CCA denuncian que las previsiones erróneas del tiempo en televisión repercuten en la hostelería y el comercio'. O caso non é ise. Lendo no interior, parece que pretenden influír para que non se coloque unha nube sobre Ribadeo e así non asustar ós turistas. Ó caso é que esta tempada o tempo está así, e mesmo cando en Lugo fai sol e calor, en Ribadeo está unha nube que non se ve a outra beira da ría.
É certo que a previsión do tempo xa se ve influída por lobbys de diverso tipo que actúan de xeito diferente segundo a administración: non é doado, por exemplo, que coincidan para Ribadeo as previsións de Meteogalicia coas de Aemet, como teño podido comprobar en moitas ocasións. Por iso non é raro que unha asociación ribadense tente facer algo semellante. Pero coido que unha cousa é esixir a máxima exactitude e outra moi diferente o que unha asociación entende por mínimo perxuízo. E remarco o de 'entender', pois se ben está claro que as praias son unha atracción, tamén coido que non é nin moito menos a única, e que entre elas está o non pasarse o día sudando e poder durmir con algo por riba do corpo en troques de empapado de suor. E outros sectores poden ter outros intereses, e, comezando coa guerra de intereses, moi posiblemente non quedaría beneficiado ninguén: nin as axencias de meteoroloxía polo desprestixio acarrexado, nin os hosteleiros porque a xente remataría non crendo as prediccións, ...
A foto, dun banco diante da casa de Calvo Sotelo, no mirador sobre a ría de Ribadeo. A mancha non é tal, é ... consecuencia do clima húmido da terra.

20100328

Mariñarte


Onte non puiden asistir á inauguración de Mariñarte. Houbo difusión a prensa e na circular de Cultura, por onde tamén chegaron as convocatorias apra diversas actividades para esta semana Santa, que complementa a oferta dos actos propiamente eclesiásticos. Deixo a continuación a exhoratación da concelleira de cultura que viña coa invitación:
"MARIÑARTE chega este ano á súa cuarta edición.
Podemos dicir que fai pé, que se chanta neste recanto de Galiza que é Ribadeo e conecta co resto do país amosando linguaxes plásticas que van cos tempos. Abrimos as portas do forte San Damián e dos escaparates da vila para que mozos e mozas da Mariña ou vinculados a ela amosen o que bule na súa cabeza, nas súas mans, no seu corazón.
Proveñen moitos deles do bacharelato de Artes de Burela e están agora moitos deles estudando en Pontevedra. Fan un camiño de ida e volta á súa casa para amosarnos o que están a descubrir, o camiño que están a andar. Esta Concellaría de Cultura séntese orgullosa. É un pracer acollelos na nosa casa.
Hannos visitar tamén moitos pícaros e pícaras, rapaces e rapazas, cos seus ollos a esculcalo todo. Patricia Gómez vainos guiar a través de zapatos con céspede, cadeiras con pinchos, pinturas de mozos con cans, imaxes de nus, fotos de xeometrías, de luces que semellan lámpadas, pinturas extrañas unhas veces, doces e tenras outras. Desexamos que o pasen ben mentres percorren as nosas rúas ollando as vitrinas da man dos seus mestres e mestras. Ha ser unha saída diferente.
E desde aquí queremos dar as grazas aos centros de ensino, ao CCA de Ribadeo , á fundación La Caixa e á Área de Cultura da Deputación de Lugo, sen cuxa colaboración esta idea non estaría completa. Os nosos parabéns por esa actitude aberta e xenerosa que amosaron desde o principio.
Mariñarte sae do forte e chega á vila. Unha primavera máis desexamos que a arte vos toque.
Ribadeo, marzo-abril de 2010"

20210618

PLENO MUNICIPAL. José Mª Rodríguez Díaz (2006)

Publicado no Cargadoiro, blog de José Mª Rodríguez Díaz, o 16 de setembro de 2006. 

Sábado, 16 de septiembre de 2006

PLENO MUNICIPAL

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 9:36

PLENO MUNICIPAL

Fue un Pleno muy breve, como debía corresponder a esas fechas de resaca que siguen a las fiestas patronales de esa villa. Los temas a tratar era pocos y de menor entidad, y escaso, también, el público que asistió a esta sesión que, por fin, se vio mejorada con el correcto funcionamiento del equipo de megafonía, por fin reparado después de tres largos años.

Con la ausencia del portavoz de la oposición, Sr. Rodríguez Andina, abre la sesión el alcalde proponiendo a la aprobación de los ediles el contenido del acta anterior.

Seguidamente se propone a aprobación el reconocimiento extrajudicial de un crédito, por un importe de 152 000 €, destinado a pagar varias facturas pendientes, que no habían sido incluidas en el Presupuesto. Lo que no deja de extrañar a los ediles de la oposición, y aún al mismo público; porque, o bien se hicieron mal los presupuestos al no incluir estas partidas, o bien se gastó más de lo presupuestado, lo que parece reflejar una mala administración.

Se trata, seguidamente, de la remodelación del llamado Parque de Indianos, situado en la zona de Virgen del Camino. Cuenta, al parecer, con un presupuesto de 230 000 € que financiará la Consellería de Medio Ambiente.

En el siguiente punto del orden del día se proponen los festivos locales para el próximo año que quedan fijados en el 16 de agosto y el 8 de septiembre.

Interviene ahora el Sr. Valín para pedir que se someta a votación el tratamiento por vía de urgencia de una moción que presenta sobre la ubicación de la piscifactoría de la empresa Insuíña, en Piñeira. Su petición es rechazada, por lo que será tratada en un próximo Pleno Extraordinario.

Llegados ya, finalmente, al punto de Ruegos y Preguntas, interviene de nuevo el Sr. Valín planteando varias preguntas como qué quiso decir el alcalde cuando en los medios afirmó, refiriéndose al urbanismo, que 'hai que deixar vivir'. Y algunas otras, como: ¿qué tienen en común sobre la concepción urbanística el PSOE y el BNG?, ¿tienen licencia de apertura ciertos negocios que ya están trabajando?, ¿piensa el alcalde privatizar los servicios de limpieza y recogida de basura?, ¿porqué se adjudica el alcalde como logros de su gestión la circunvalación, la autovía, el polígono industrial, el PDT, el CCA o el Leader Plus?, ¿a cuanto ascendió el gasto del Festival de música?, ¿porqué se pusieron bandas rugosas en la calle Trinidad? Estas y otras preguntas tendrán, esperemos, respuesta en el próximo Pleno.

Y así finalizó la sesión, sin estridencias ni crispación, como estamos acostumbrados a ver otras veces.-

José Mª Rodríguez

Comentarios

• Fecha: Lunes, 18 de septiembre de 2006

• Hora: 22:19

Autor: agremon

Que pasará no próximo pleno cas respostas ás preguntas formuladas por Valín?

--

 Obras de José Mª Rodríguez

 

20100426

De importancia para Ribadeo? Bronca segura

Despois de finalizar o prazo para presentar candidaturas á presidencia da Asociación de Comerciantes (ACISA) / Centro Comercial Aberto (CCA) de Ribadeo, só unha lista:
Francisco Iriarte (Gráficas Ribadeo) - presidente
Ramón Leivas (Garaxe San Andrés) - vicepresidente
Roberto Rivas (Restaurante Marinero) - secretario
Mar Torviso Verdeal (Opticalia) - tesoureira
Vogais, Manuela Torviso (Lencería Torviso), José Luis Botana (Calzados Botana) e Manuel Sanjurjo (Bar A Ribeira)
E parecería que xa está: unha soa lista, non se presenta o presidente actual á reelección, asamblea o 10 de maio, e todo transcorre sen sobresaltos.
Pois non. A transición en ACISA tampouco é suave. Se se mira un pouco as verbas de Gervasio Cao, non deixa de ter razón en parte do que di. Fai falta contrastar para ver que non ten razón en todo, mais, sobre todo, que debera matizar. Aí está, por exemplo, o caso do cambio de chaqueta do PSOE no tema da ordenanza de Protección acústica: di que é frivolizar. E estou medio de acordo (o adxectivo coido que debera ser máis duro), porque non especifica se frivoliza agora, se frivolizou no momento de presentación inicial da normativa, se o fixo en ambos, ... e a postura de Cao respecto deste tema nos anos que leva na presidencia foi moito máis linear, pero tampouco unívoca. Ou o tema da peonalización: coido que que tivera unha parte importante nela ACISA, na súa promoción, non implica que haxa que deixar fóra da mesma ó goberno municipal, aínda que ó mellor ACISA pretendera, e mesmo lograra nalgún momento, erguerse como goberno na sombra. Non obstante, a súa labor deu pulo a ACISA, abríndoa a diversos campos, como ó trato de igual a igual cos equipos de goberno municipal, e investigando noutros, como no tema dos Proxectos Europeos, e procurando sempre relacións e influencias.
Na súa marcha, ten unha postura 'igualitaria', reparte estopa a tódolos partidos. Máis ou menos: fala de 11 anos de presidencia e adícase ós últimos gobernos locais, pero non ó que correspondería ós seus primeiros catro anos á fronte da asociación. Por certo, o nome de Cao leva soado máis dunha volta como candidato á alcaldía de Ribadeo, algo que ata agora non sucedeu. As eleccións están xa á volta da esquina, e como persoa que leva ocupando un espazo mediático e de poder en Ribadeo durante máis dunha década, sempre pode haber sorpresas.
Os últimos actos de Gervasio parece que foron a súa intercesión por Juan Edrosa e Andrés Tojal para que recibiran o recoñecemento da federación de autónomos. Pensaba que ningún dos dous o era, pero parece que me equivocaba e pode ser autónomo un cabeza de empresa. Alomenos en certo xeito, Cao tamén é autónomo.

20130125

En Ribadeo, leite de aquí

Visto onte nun comercio de aquí:
Todo o linear, uns cantos metros, cos paneis. En dous deles, os dous papeis que se ven, forrados de plástico. Neles, o logo do CCA, o Centro comercial aberto, é dicir, a asociación de comercios do centro do pobo. Escrito neles, en castelán e galego, 'toma leite da terra, é o mellor para todos'. Baixo da cartelería, diversas marcas de leite de diversas fábricas. coido que só queda unha fábrica grande (hai algunha mási pequena) con cabeceira en Galicia, as outras son todas segundas marcas de empresas foráneas. Quizáis folga outro comentario. Quizáis, o comentario sexa toda a merda que día tras día escupen os xornais, mesmo tras suavizala da realidade actual...

20060429

No seu debe, o seu baixo asociacionismo

A nova non é tan nova, pero sae de novo de cando en vez. A última, na prensa do mércores, na que, por exemplo, na p. 30 de El País, saía esa afirmación que puxen como título como reverso do que chaman 'capital social' en España: temos un déficit grave de asociacionismo, déficit de eso que traduciría como 'xuntarnos para compartir e colaborar na construcción de algo'. Polo tanto, por exemplo, nos é difícil defendernos fronte a individualidades que teñen poder, como nos casos económico ou político, así como xerar actividades sociais para grupos de interese.
Polo anterior, tamén conectei co que o mesmo diario pon na edición de hoxe nun artigo de Rojas Marcos, do que collo unha frase para facer pensar: "en el caso del voluntariado, está demostrado que las personas que se involucran en actividades que tienen un impacto positivo en la vida de otros, disfrutan de una autoestima más alta, sufren menos de ansiedad, duermen mejor, abusan menos del alcohol o las drogas y persisten con más tesón ante los reveses cotidianos, que quienes rehúyen estas tareas altruistas." Unha especie de retorno de inversión, vamos.
Valoramos científicos, médicos e mestres, por ese orde, e ocupan o último lugar da valoración exposta os políticos. Os xuíces, algo por encima dos militares, que teñen o aprobado raspado. son algúns datos, entre os que destacaría que a honradez é o valro que máis move ós españoles a confiar noutros. Collo a definición do 'Diccionario en línea de la Real Academia Española': "Rectitud de ánimo, integridad en el obrar". Parece que os españoles neso non imos tan descamiñados.
Cando o estaba vendo, onte, estábame a preguntar se non habería xeito de facer unha enquisa así en Ribadeo, vendo a confianza nas diversas institucións, profesións, etc. Claro que non me gusta eso de 'capital social', pois de novo parece que se trata de mercantilizar a esencia social, indicando que só os cartos teñen valor, e o outro é un indicativo dese capital.
Ó fío do anterior, temén se veu á cabeza o intento de ACISA/CCA de mediar en Ribadeo, unha institución interesada dende vai tempo, e que está manifestamente a favor dunha das partes como se puxo de manifesto onte coa petición que fixo: La honradez, primero.