Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Belenista. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Belenista. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20221227

Un belén e unha ausencia

    Un ano máis, a asociación belenista de Ribadeo montou unha exposición, que inclúe un belén florentino, outro belén que recorre o camiño norte, unha mostra de pequenos beléns recollidos dos lugares máis recónditos... entre outras cousas. En baixo deixo catro vídeos para dar fe da maioría do exposto (que non de todo) nos baixos da praza de José María López en horario de 18 a 20 h, como pon o cartel da entrada.
   
Este ano recolle tristeza dende a cartelería exterior. Non porque sexa un belén triste, que non o é, senón pola ausencia de Álvaro Lamas Pedreira, finado o 26 de marzo, pilar do equipo de colaboradores e da montaxe e do que en certo xeito o belén é unha herdanza. Con el teño recorrido edicións anteriores, nos antigos baixos que ocupaba o supermercado San José, en Casa Maseda ou na ubicación actual. A máis, tenme ensinado documentación e os planos, que continuou facendo no vetusto programa Paint ata o último momento, dun xeito laborioso, de moitas horas. En fin, coido que xunto con esa tristeza da ausencia, a mesma continuación da labor da asociación belenista e a montaxe de Nadal deste conxunto de máis de 400 m2 é un motivo de lembranza e agradecemento.

    Os vídeos:

    1.Beléns do mundo:


    2.Belén do camiño norte:
     

 3.Belén Florentino:


     4.E máis (pero non todo).


    E tamén deixo un vídeo dun belén desta asociación de anos anteriores:

--

Sobre Beléns: 

Beléns da asociación belenista de Ribadeo en 2019
Belén do camiño de Santiago en Ribadeo (2018)
Nadal 2015
En Vilalba (2015)
Beléns de Ribadeo (Asoc. belenista, Orde terceira, etc)
Nadal 2013 (actuación)
Nadal 2012
Nadal 2011
Nadal 2010
Nadal 2008
O Facebook da Asociación Belenista.
 

20180107

E continúa o Belén!

Cos reis pasados, as festas de Nadal tocan ó fin. Nunnha continuación tradicional, os beléns de exposición aínda non serán desmontados. Non sei o da Orde Terceira, mais o da Asociación Belenista, na antiga Casa Maseda, na esquina da r/ Villafranca coa Praza de España, continuará visitable ata cousa de fin de mes. Este belén está conformado seguindo a etapa do camiño de Santiago Ribadeo-Mondoñedo, seguindo as diferentes capelas polas que pasa (non todas: está o mosteiro de S. Salvador de Lourenzá, pero non a súa igrexa, e a praza da catedral de Mondoñedo, pero non o edificio da catedral). Deixo como mostra varias fotos de capelas, tomadas por Goyi Gómez:
Capela da Virxe do Camiño
Igrexa de S. Vicente de Covelas
Igrexa de S. Xusto (Barreiros)
Praza da Catedral de Mondoñedo
Pza. da catedral de Mondoñedo, outra vista.
--
Sobre Beléns:
Nadal 2015
En Vilalba (2015)
Beléns de Ribadeo (Asoc. belenista, Orde terceira, etc)
Nadal 2013 (actuación)
Nadal 2012
Nadal 2011
Nadal 2010
Nadal 2008
O Facebook da Asociación Belenista.


20151223

O nacemento da asociación belenista. Belén do Nadal 2015 en Ribadeo

Unha visita ao nacemento da asociación belenista no 'espazo Pulpeiro Doval' da antiga Casa Maseda.
Este ano poden visitarse ademais na Orde Terceira e no local de exposicións na r/Ramón González 37, nos locais do antigo supermercado S. José.
Sobre Beléns:
En Vilalba (2015)
Beléns de Ribadeo (Asoc. belenista, Orde terceira, etc)
Nadal 2013 (actuación)
Nadal 2012
Nadal 2011
Nadal 2010
Nadal 2008

20121226

E armouse o belén

Coido que non é a primeira volta que falo de beléns no blog (por exemplo, aquí-2008, aquí-2012 ou aquí-2010). Coa chegada da época, de novo armouse o belén: http://ysearmoelbelen.blogspot.com.es/.
Ribadeo, de mans da sociación belenista, estase a converter en terra de beléns. Este ano, a parte do xa antigo da Terceira Orde, está o de Casa Maseda, o belén nabateo, e o do antigo local do banco de Galicia, o belén florentino, ámbolosdous mantidos pola asociación.
Deixo a continuación unha imaxe do blog da asociación belenista, cunha peza a medio construír, nun encuadre que da idea da magnitude do edificio, que hoxe se atopa no local da r/ Rodríguez Murias.
Palazzo Ruccelai en construcción para o Belén florentino
O caso é que pouco a pouco, e este xa é o terceiro ano que a asociación belenista monta o belén, en Ribadeo estase a crear un fondo de imaxinería e tramoya, xunto cun saber facer  ó que se lle podería sacar proveito. Como xa teño comentado con xente da asociación, a formación de unha ou dúas persoas por tempada pode desembocar nuns postos de traballo artesán que, segundo os datos que eles manexan, pode ser convinte como elección de modo de vida. Máis cando a propia experiencia dos asociados ten servido xa de formación colaborativa por un período de tres anos. Así pois, Ribadeo, a vila dos beléns? Por que non?

20190106

Os beléns da Asociación Belenista de Ribadeo 2019. 1-Belén Florentino

A Asociación belenista este ano ten dous beléns en sitios diferentes. Un, na pza. José María López, con belén, exposición e planos. Outro, na Casa Maseda, na esquina entre Vilafranca e Pza. España. Aquí vai a primeira entrega, co belén de pza. José Mª López.

20101214

Os Beléns de Ribadeo

Este ano, ó xa tradicional belén da Terceira Orde, sumaránselle outros moitos debido ó concurso de beléns organizado pola Agrupación Belenista de Ribadeo xunto co CCA, a máis do propio belén montado por aquela na antiga Casa Maseda (entrada por r/Villafranca del Bierzo). Non nos deixemos enganar polo título do seu blog, lembrando a película de Paco Martínez Soria "Y se armó el Belén", pois non ten nada de comedia e si moito de esforzo e ilusión.
A agrupación belenista xurde a partir dun grupo de xente arredor dos amigos da Semana Santa, constituíndo un núcleo de persoas activas que xa se involucrou o pasado verán no Curso de verán Luis de Trelles. Nunha nova iniciativa, xa está constituída a agrupación, e non só iso, senón que están transformados os locais da antiga Casa Maseda nun conxunto de espazos que teñen unha sección de recepción, administrativa, almacén, taller e agora, belén, que se pode ver direitamente dende a rúa a traverso dos escaparates da antiga tenda ou internamente. Aconsello entrar, para aprezar mellor os detalles de algo que se montou de xeito artesanal fixándose neles, como se pode ver nas imaxes do seu blog, pero tamén nunha presentación correndo á beira do propio belén, nas explicacións dos membros da agrupación ou nas reproduccións de documentos usados para facer o Herodión ou o pazo e a cidade de Xerusalén, por poñer dous exemplos. As figuras humanas, de varios tamaños, contribuíndo á perspectiva, son de autor.
A idea é non facer un belén repetitivo, senón pensar a construcción do próximo cando remate esta edición, que como os beléns máis tradicionais será exposta durante dous meses, dende o oito (este ano non puido ser mesmo dende ese día) ó mes de febreiro, coincidindo coa celebración relixiosa do tempo. É dicir, o próximo ano armarase un belén diferente.
Para esta primeira edición, recibiu a visita e bendición do Bispo da diócese o domingo a raíz de outorgar a confirmación a un grupo na igrexa parroquial de Santa María do Campo, como consta nas fotos que tamén hai no local. E consta a oferta do grupo para formar máis xente que sexa capaz de levar a bo fin a construcción doutros beléns, aspirando a que Ribadeo se integre de pleno na ruta de visita belenística.
En breve verase locer en diversos escaparates de Ribadeo o froito do concurso de beléns, pero, mentras, o tradicional da Terceira Orde xa leva tamén montado dende a fin de semana, atendido e explicado, cunha amplitude que o fai candidato á súa visita mesmo por grupos de xente, e con artificio de luces e a 'aparición' do anxo aproveitando as leis da óptica.
En Ribadeo, se ata o momento había só destacable para o público o belén da Terceira Orde, hai xa unha pequena ruta blenista que tenderá a aumentar e mellorar, pois está a crear escola.
As fotos? Algunha deixarei, pero mellor, in situ.

20161221

Dos cantos de Nadal

Un día despois do pleno municipal dos orzamentos, falar de cantos de Nadal pode ser mal interpretado. Neste caso son sinxelamente iso: cantos de Nadal.
A cuarta edición dunha actividade natalicia que ano tras ano vai a máis, encadrada dentro das actividades da Asociación belenista.
O blog da Asociación belenista, dende 2010.

20111231

Un descanso para deixar marchar o ano

A asociación belenista de Ribadeo voltou montar o Belén. Máis ben cabería dicir os beléns, pois entre a antiga Casa Maseda e a vella oficina de turismo (a ambos extremos do campo) teñen desenvolto dous 'grandes' e varias deceas de 'misterios' máis -e máis material que non montaron-. A asociación estase a mover, calquera pode velos traballar na Casa Maseda durante o ano, preparando, cortando, planeando, etc, de xeito que sería un bo obradoiro de formación profesional para xente que se quixera adicar a este tipo de artesanía, incluídas a maquetas en xeral. As horas adicadas suman e suman.
Parte do Belén na antiga oficina de Turismo, no parque tras a igrexa
Outra vista parcial da mesma montaxe
Planos amosados a modo de exemplo de metodoloxía empregada para a reproducción de edificios
Un belén feito por Belén (Cociña), con pedras e area. O Neno non se ve moi ben na foto, deitado entreSan Xosé e a Virxe María.
Outro dos misterios, un dos máis típicos, cun pequeno asomando polo fondo á esquerda
Un misterio con folla de millo, segundo parece, mexicano. Á súa beira, outro minibelén.
A organización tamén fomenta un concurso de beléns que están distribuídos por toda a vila, e, baseado neles, outro concurso de seguemento de beléns para pequenos. Estas son as follas de recollida de datos, nunha mesa compartida con outro material de venda e lembranza.
Un aspecto do Belén na Casa Maseda (Esquina ó Campo)
Outro aspecto do mesmo belén, un palestino saíndo un patio
Detalle
E fíxose a noite...
Posto de vendana praza no belén da oficina de turismo vella
Interior dun edificio
O único elemento copiado da zona nestes beléns: o pozo que está pola parte de atrás do Mosteiro en Lourenzá.
Outra vista do interior dun dos edificios
E o mercado co fondo pintado.

20140106

Cantos de Nadal ... e residuos

Con retraso, como xa mo fixo notar alguén, unha referenza completa dunha actuación entre as actividades culturais do Nadal 13/14 de Ribadeo. Ista, organizada pola Agrupación Belenista como complemento ós seus beléns, desenvolta na traseira do 'Belén Florentino'.
As bandas sonoras e o vídeo, tal como foron recollidas in situ.
Canto de resises de Mosende (Tradicional/Uxía Senlla)
A Campá que resoa (Xosé Casal)
Natal dos simples(José Afonso)
Con un sombreiro de palla (tradicional)
Buscando unha estrela (Paulo Nogueira/Alicia Porto)
Marchei a Belén (tradicional)
O pelo roxiño (tradicional)
Toca o pandeiro Manuel (tradicional)
Ovos e torresnos (tradicional)
Metido nun ovo (tradicional/Paulo Nogueira)
Guedellos de cabra (tradicional)
... e o residuos do Nadal (a denominación no é de orixe)

20150107

Desarmouse o Belén?

Anos anteriores téñome referido ós beléns. É un 'produto tradicional' destas datas. Este ano o certo é que polo momento non visitei ningún dos varios que en Ribadeo permiten facer unha 'ruta belenista', idea que coido que xa dixen algunha vez.
Escollo por esta volta dous beléns de fóra de Ribadeo, estimo que montados con esmero pero non con tanto (nin con tanto detalle e precisión), un asturiano (as dúas primeiras fotos), nun centro comercial, e outro, galego, (oito máis extenso, o resto de fotos), montado por un particular nun establecemento da Terra Chá. E é que chámame a atención o carácter 'etnográfico' de ámbolosdous. No primeiro caso ou no segundo, hórreos e pallozas forman parte da imaxinería, montada con ideas diferentes. No centro asturiano, decoración que lembra que é época de compras, o que hai que estimular. No segundo, que é unha época diferente, e que aquí tamén tivemos unha tradición agrícola que se está a perder. En calquera dos dous casos, aproveitan unha idea de nacemento cristiana, baseada quizáis nun renacemento solar ó que se lle rendía pleitesía abondo anterior á idea do cristianismo. Moitos, moitos anos despois de que a idea de nacemento relixioso tomara forma séndolle adicada esta tempada, nos nosos tempos facemos un uso aproveitado, e así tomamos unha celebración e cambiámoslle o significado por enésima vez. O Belén xa está desarmado no seu significado...

Ó pé, figuras asimilables a xudea. No alto dos montes, estruturas típicas asturianas.
Desta parte da montaxe, parece que o neno nacera en Cabrales.
 O segundo belén ten particularidades, ambientes, como este 'belén aéreo' aproveitando un bando adosado a un muro.
 Abundancia de auga: isto é a Galicia tradicional, non Palestina.
 Pallozas, vacas, lavandeiras...
E o minifundio galego con algunha estrutura megalítica diante.
Está desarmado o Belén?
Algún artigo sobre os beléns, en 2013-14: http://ribadeando.blogspot.com.es/2014/01/concerto-de-nadal-e-residuos.html
En 2012-13: http://ribadeando.blogspot.com.es/2012/12/e-armouse-o-belen.html
...

20120106

Cabalgata de reis 2012 en Ribadeo

Unha ligazón a fotos do evento cargadas por Ribadeo en facebook e un vídeo do paso de Gaspar (naturalmente, sen o glamour da tvg que veu facer unha visita o día de hoxe), máis un agasallo sorpresa dos amigos dos beléns:


Exposto pola asociación belenista na antiga Casa Maseda, hoxe

20221230

E o outro belén, o da VOT

    Días atrás colguei vídeos sobre o belén da asociación belenista de Ribadeo. Hoxe tócalle ó tradicional belén da VOT, na capela da Venerable Orde Terceira, na esquina entre Doutor Moreda e Reinante. Abaixo queda un vídeo de resume diario, pois é un nacemento que recorre o ciclo de luz día/noite: