Despois de deixar unha nota sobre o pleno pasado, e sere xa publicada a acta, copio ó trozo sobre a polémica da praza de abastos que comentaba:
"Por parte do Sr.Rivas Alvarez, de UPRI, se manifesta que quere comentar que
a Ordenanza T19 da Praza de Abastos, considera que era conveniente que se
deixase pendente para que non houbese mais atrasos administrativos, por se
hai que facer algunha modificación, e que é unha cousa que quere poñer sobre
a mesa.
Deliberase á vista da proposta do Sr.Rivas Alvarez sobre o carácter da mesma
e a súa eventual votación.
Por parte do Sr.Alcalde se contesta ao Sr.Rivas Alvarez que está equivocado e
que as Ordenanzas son para cumprir mentres que existen, e cando non, se
derrogan e se aproban outras, pero non se suspenden porque sí, e non ten
sentido o que dí o Sr.Rivas e que o dí para que conste.
O Sr.Rivas Alvarez dí que conste.
Por Secretaría se manifesta que se se quere ter en consideración a proposta
do Sr.Rivas Alvarez como unha enmenda “in voce” compre que se efectúe
primeiro a votación da mesma e despois a do ditame da Comisión.
Pasada a votación a proposta do Sr.Rivas Alvarez, de deixar sobre a mesa a
aprobación da Ordenanza T19, obtén dous votos a favor e once en contra."
Coido que é un dato a considerar ante a continuación das diversas manobras sobre o cobro do sitio ós mercaderes e as diversas posturas que se barallan e que saen periódicamente na prensa.
realmente, a lectura das actas que via sacando a web do concello pode dar moito de si, en particular se se lle vai collendo un pouco o fío (as primeiras veces, é normal estar totalmente despistado, e aínda despois, co sistema de parobación de cuestións, chégalle...)
20090203
Máis datos
Só un aviso de máis datos a disposición na web do concello, as actas dos plenos do que levamos de ano.
Nota de prensa sobre a nova liña de alta tensión / Plataforma Defensa da Ría
CONTAMINACION ELECTROMAGNETICA: UN MES DESPOIS
O pasado 31 de decembro de 2.008 rexistrouse no concello de Ribadeo un escrito solicitando información sobre o proxecto de linea de outa tension e mais de subestación electrica promovido por BEGASA, SEPES, a Conselleria de Industria e o mesmo concello non convenio asinado en xullo do ano pasado. O escrito estaba asinado por 163 veciños e ia dirixido ao Concello, a Conselleria de Medio Ambiente e a Conselleria de Industria. Transcurrido o plazo dun mes que concede a Directiva Comunitaria 4/03 para respostar as administracions, imos ver as respostas recibidas ata o dia de hoxe.
1.- O Sr. Alcalde de Ribadeo non deu nengunha resposta. Deixou ben claro que tiña mais infomacion, pero remitiu aos veciños ao periodo de exposición publica.
2.- A Conselleria de Medio Ambiente remitiunos un escrito moi breve, con data de saida do 15 de Xaneiro, dando conta da recepcion da carta dos veciños e notificando que : A solicitude foi remitida a Direccion Xeral de Industria… por considerar que e da sua competencia.
3.- O Director Xeral de Industria, con data de saida do 26 de xaneiro, remitenos un escrito onde notifica que recibiu a petición de información dos veciños, procedente de Medio Ambiente -ou sexa o Concello nono remitiu a Industria ou ben perdeuse no camiño- e que : a dia de hoxe non esta presentado nesta Direccion Xeral o proxecto de execucion nin de impacto ambiental, polo que non dispomos da información que solicita. Deseguido remitenos ao periodo de exposición publica.
4.- O mesmo dia 31 de Xaneiro El Progreso de Lugo, pax. 22 de A Mariña publica un amplo reportaxe co seguinte titular: Industria maneja tres opciones para la nueva linea de alta tension. La que menos efecto tendria pasa cerca del monte Mondigo y las otras irian casi paralelas a la linea existente en la actualidad. Medio Ambiente ya emitio un informe valorando los trazados, pero la conselleria de Fernando Blanco todavía no hizo publica su posición.
5.- Nun mitin electoral do BNG celebrado en Ribadeo o dia 1 de Febreiro o Conselleiro de Industria, Fernando Blanco, afirmou que xa resolvera o problema da subestación electrica (La Voz de Galicia 2/2/09).
En resumen, dando por feito que nin El Progreso vai inventar os trazados devanditos, nin La Voz de Galicia ten motivos para dar conta dun mitin imaxinario a unica conclusión razonable que se desprende e a seguinte:
1.- O Concello de Ribadeo, a Conselleria de Medio Ambiente e a Conselleria de Industria teñen moita mais información sobre o proxecto do tendido de outa tension e da subestación electrica –esta xa esta resolta, xa non e un proxecto, según palabras do titular do ramo- que non queren dar aos veciños, por razons que eles saberan, pero cando hai tanto secretismo por algo sera.
2.- O Sr. Alcalde de Ribadeo perdeu unha ocasión unica para preguntarlle ao Sr. Conselleiro do seu grupo politico polo tema que nos ocupa, pero ca!. E mellor estar caladiños e agardar a que BEGASA (ou sexa a multinacional EDEL) teña todolos cabos ben atados e despois facer o paripe da exposición publica e o impacto ambiental.
3.- As tres administracions consultadas pasan de aplicar a Directiva Comunitaria 4/2.003 de información medioambiental que lles obliga a dar a información solicitada no plazo dun mes.
Evaristo Lombardero Rico
Etiquetas:
Evaristo Lombardero,
Medio
Tamén de política, esta volta no mercado.
Despois de onte, parece que a oposición se decatou de que o sentimento dos votantes non vai exactamente co dos vendedores. A nova é que non houbo acordo oposición-mercaderes, e aínda que as palabras non deixan de parecer que o acordo está próximo, si que parece que os números e os conceptos está abondo alonxados. Por certo, que entendo que tanto unha proposta como a outra (a dos mercaderes como a da oposición) si necesitarían un cambio de normativa do mercado, en contra do que se dixo por parte da oposición de que era un cambio de taxas, non de normativa. Por que? A proposta dos mercaderes substitúe a unidade de cómputo de metro cadrado a lineal, e a da oposición é mixta: metro lineal ata dous metros de anchura e logo por superficie.
É unha mágoa que aínda non esteña a acta do último pleno na web do concello para indicar un detalle particular.
É unha mágoa que aínda non esteña a acta do último pleno na web do concello para indicar un detalle particular.
Outra charla
A de onte estaba anunciada polo PSOE como charla de presentación de candidatura. E foi presentada, si. Coa asistencia de Ricardo Varela, nº 1 do PSOE pola provincia e conselleiro de traballo.
Enetereime na mesma, por un coñecido, que todas estas charlas deben ser computadas e enviadas ó organismo de vixiancia mesmo na precampaña, e é que como se dixo o sábado, cada vez hai menos diferencia entre precampaña e campaña (ou, como se soe dicir entre a xente de a pé, os políticos xa están sempre de campaña).
O caso é que onte o acto 'pre-eleitoral' tentou de pór en valor o traballo do PSOE nos catro anos de mandato, calificando básicamente ó PP de mentira obviando a (in)existencia do BNG, que foi mencionado unha soa volta e non como compañeiro de goberno ou cabeza dalgúnha consellería con logros expostos, senón para lembrar que é nacionalista.
O corte do acto foi de prefil máis baixo que o do BNG, e notouse na asistencia na casa sindical. As verbas, calmadas. De feito, saín coa impresión de que había algo que se me escapaba, e tardei en dar co tema. A cousa é que despois de comparar os dous mítines, diría que en Ribadeo o BNG actuou como forza emerxente e ilusionante mentras o PSOE fíxoo como forza que non encara un resultado demasiado bó e se conforma con non indispoñerse para outras eleccións futuras.
Polas características do salón, non puiden repetir fotos semellantres ás do sábado, e aí queda a mesa cos integrantes e a decoración como testemuña.
20090202
Por fin!
Remato de ver na web do concello que comezáronse a dispoñer en .pdf diversos documentos como actas dos plenos de ata dous anos atrás. Por sorte, non é a única cousa que aumentou a web do concello. Aconsello unha revisión dela... non din que información é poder? Pois a ver se así pouco a pouco os cidadáns imos recuperando algo dese poder, hoxe cedido máis que arrendado por un tempo.
Algo de Ribadeo Histórico, Monumental y Diplomático
O título corresponde ó dun libriño que remato de poñer en internet, no "Publicado en Ribadeo", corresponde a unha charla en castelán publicada en 1914 sobre o Conde de Villandrando por Miguel García Teijeiro ("Miguel de Lois"), nado nas Figueiras. Boa letura!
Etiquetas:
cultura
Charla coloquio

Estaba anunciado como charla coloquio, pero foi un mítin. quizais non queda bonito chamalo polo seu nome na precampaña, pero... os que esperabamos que houbera algo de coloquio saímos preguntándonos porque non o houbo. E, unhas cousas levan a outras, aínda que o BNG comezou o acto vinte minutas tarde, tampouco ninguén dixo nada do retraso. O certo é que, en particular Quintana, falaron ben, claro e con liña, sen arrebatar, pero tratando firmemente de convencer. De calquera xeito, ó non ter a ninguén fronte de si, a min sempre me queda a dúbida. Así, falaron de que cando os empresarios van fóra (a outro lugar de España) non teñen ventaxas por estaren sufrindo aquí os mellores vales inundados para producir electricidade, e que polo tanto, era cousa de cobrar xa en orixe. Pero non de que Industria é unha consellería levada polo partido e que agora mesmo (periódico de hoxe), o tema do temporal aínda non se solucionou en toda Galicia. É un exemplo, que non pretendo facer nin apoloxía nin denigramento, máxime tendo en conta que hoxe o PSOE ten outro acto (tampouco mítin) que a bo seguro será semellante e, se vou, algo terei que dicir. En todo caso, despois de comparar.
Nun mítin, parece como se quedaran cousas na sombra. por iso quedan a sombra de Quintana (arriba) e do alcalde á beira. Asemade, a presentación é importante: queda o esceário preparado e a lembranza de cando a farándula de 'Os mortos', a luz non cubría todo o esceário, quedando parte na penunbra. E queda un detalle do cine teatro, do teito, que aproveitei para deixar mentras estabamos a esperar...
Etiquetas:
Fotos Ribadeo,
política
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)