20240101

Entrevista co alcalde sobre o novo centro de saúde de Ribadeo: comunicado de Modepen e lembranza miña


    Deixo primeiro o comunicado de MODEPEN sobre o tema e logo algunha nota escrita por min antes de que se fixera público o comunicado:

--

Comunicado de Modepen

Entrevista co alcalde sobre o novo centro de saúde

Ribadeo, 26 de decembro de 2023.

Tal como temos anunciado, o pasado 21 de decembro tivemos unha entrevista co Sr. Alcalde. Polo concello estaban o Sr. Alcalde, o técnico municipal e outra persoa do grupo de goberno. Por MODEPEN seis representantes do grupo de pensionistas da Mariña. Pola nosa banda expuxemos o que xa temos publicado aqui e comentado nas nosas xuntanzas públicas que se celebran todos os sábados primeiros de mes no Cantón dos Moreno (a próxima será o 6 de xaneiro ás doce do mediodía).

En resume, a nosa idea é que a ubicación que se proxecta enfronte da estación de servizo está moi lonxe do centro do casco urbano e traguerá moitos inconvintes para a gran maioria dos usuarios se se chega a realizar nese ponto.

Lembramos que hoxendía mais do setenta por cento da poboación do concello de Ribadeo reside no casco urbano e esa tendência é acelerada nos últimos dez anos, de xeito que cando se chegue a realizar o proxecto a porcentaxe será mais de un 80 % con toda probabilidade. Asemade insistimos en que en Ribadeo hai hoxe mais de 3000 persoas maiores de 65 anos e esa tendencia tamén é crecente (datos do censo de 2022). Mesmo entendemos que en Ribadeo existen moitos espazos e solares onde pode construirse un novo centro anque non sexa idéntico ao que proxecta a Xunta de Galicia. Tamén prantexamos a posibilidade de reformar o centro actual, como temos comentado anteriormente. Pola banda do concello insistiron nos argumentos que xa están publicados sen que chegásemos a un acordo. Ao final quedouse en que virá un técnico da Xunta para seguir debatendo a cuestión.

Suliñar que mais alá do desacordo foi unha xuntanza cordial con exposición aberta de opinións póla duas bandas.

Cando téñamos a data da próxima xuntanza daremos conta dela publicamente. Namentras invitamos a todos os ribandenses, pensionistas ou non a asistir á convocatória pública do próximo dia seis de xaneiro onde se tratará o tema mais extensamente e poderán opinar as persoas que o desexen, sexan ou non membros de MODEPEN , sempre a micrófono aberto sen prexuicios ideolóxicos ou políticos.

MODEPEN A MARIÑA

--
Xoves 21 de decembro, Casa do Concello, Ribadeo     

    Comeza cedo o día. Un grupo de maiores pediu hai tempo unha cita co alcalde, e despois de repetila oralmente no medio dunha concentración co alcalde en pasando por alí, aos poucos días recibiu a convocatoria para o xoves 21 de decembro (o día que deixa paso á noite máis longa do ano) ás oito e media da mañá. Para Ribadeo, unha hora rara, visto o horario comercial e mesmo do concello. De feito, foi un funcionario municipal de paso quen nos facilitou a entrada logo de consultar, pois xusto á hora prevista non sabíamos ben que facer fronte á porta pechada.     

    A xuntanza comezou co alcalde, o arquitecto municipal e a concelleira delegada de atención cidadá, Montse Seijo, e seis maiores, entre os que se atopaban Evaristo Lombardero, Suso Fernández, Pepe Salvatierra ou eu mesmo. O obxectivo era expoñer o noso punto de vista sobre o lugar do novo previsto centro de maiores, aportando datos e criterios. Éramos conscientes (e seguimos a selo despois da xuntanza) de que se ben os prazos non apremian na teoría, o manexo de tempos esixen unha actuación que non se dilate no tempo: se antes da aprobación dos orzamentos sempre poderían dicirnos que aínda non hai nada aprobado, agora, cos orzamentos aprobados, sempre poden dicirnos que os cartos xa están dispostos, aínda que saibamos que se poden empregar aquí ou alí sen cambiar nin unha coma no xa aprobado.     

    De igual xeito que pasa coas consideracións anteriores, pode pasar con outras que afectan a usos típicos na política e administración. Por exemplo, dicir que un lugar é idóneo porque o din os técnicos ou porque foi elixido ‘de xeito unánime’; mesmo que se cambiou de opinión porque o mando correspondente foi convencido aínda que antes pensara o contrario. Todo normal, si, aínda que outras veces os políticos usen os argumentos de que os técnicos dan opinión, pero os políticos teñen que decidir por outros criterios, non só técnicos, ou que a unanimidade nun conxunto non é garantía de nada, ou que os cambios de opinión sempre son sospeitosos de que detrás deles haxa ‘algo’, sexa o que sexa.

    A cousa rematou asegurando unha nova xuntanza co técnico e decisor político do tema en Santiago, se ben sen data determinada. Motivo polo que apuntei en parágrafos anteriores a importancia do desenvolvemento temporal. É algo por outra banda natural, pois loxicamente aínda estaba sen facer a xestión pertinente por parte do alcalde.    

    Como dous días despois vexo que non hai referencia algunha á xuntanza, decidín deixar constancia dela, aínda que sexa de xeito sumario para evitar nesgos na medida do posible.    

20231231

Da concentración pola paz en Ribadeo 20231231


    Último día do ano, última concentración pola paz en Ribadeo por este período. Deixo as verbas que se dixeron (co silencio do minuto tomado) e algunha foto de Suso. Xa estaba marchando cando se escoitaba Grândola.


20231230

RIBADEO, UN CONCEJO ENFERMO DE OBESIDAD. José María Rodríguez Díaz (2010)

    Seguramente a derradeira entrada deste ano que viu medrar o número de artigos de Ribadeando ate 50 dos 8000, dende o primeiro aló polo 11 de agosto de 2005, cunha entrada de proba despois de levar un ano co blog "Agremon blog / the galician Pitas page // Pensamentos dixitais / Digital thinking".

    En canto á entrada, xa se encarga José Mª de axustar que será o tempo quen dirá se as palabras se convirten en realidade ou non... e que ten a impresión de que non se convertirán en realidade. Por certo, do listado de quefaceres para Ribadeo, repasa a ver cantos son xha historia.

Viernes, 30 de abril de 2010

RIBADEO, UN CONCEJO ENFERMO DE OBESIDAD

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 11:16

Según las noticias aparecidas estos días en los medios parece que se pone en marcha una de las promesas electorales del PP en las pasadas elecciones autonómicas gallegas: El adelgazamiento de la Administración Pública. Por vez primera, la Xunta rompe con la secular tendencia de los partidos políticos a engordar las administraciones públicas. Porque eso fue a lo que se dedicaron todos los partidos que tocaron poder, incluido el PP del gobierno anterior, lo que trajo como consecuencia el constante aumento de “chiringuitos” y de enchufados, sin pensar en las consecuencias. Pero ahora vino la crisis. Una crisis difícil de remontar para un pueblo, que tiene que sostener a 17 gobiernos de lujosa obesidad.

Pero con esta valiente decisión parece que el actual gobierno del PP en la Xunta, que encabeza el Sr. Núñez Feijoo, opta por la reducción de los gastos en vez de subir los impuestos, como hacen los pseudos progresistas zapateriles, y se dispone a dar un ejemplo de austeridad, continuando así las medidas puestas en marcha al comienzo de la legislatura en la que redujo el número de consellerías y de altos cargos. El tiempo nos dirá si se trata de un simple maquillaje de cara a la galería o estamos ante una auténtica racionalización del sistema. Porque, a veces, la estrategia de los políticos se reduce a cambiar todo para que todo siga igual; y tengo la impresión de es en lo que estamos.

Se trata de racionalizar y modernizar la administración en orden a una mayor eficacia y menor gasto, evitando las consabidas duplicidades a que condujo el Estado de las Autonomías y el nepotismo de políticos sin escrúpulos que se dedicaron a utilizar el dinero del pueblo trabajador para sus fines políticos. Se trata de acabar con los famosos “chiringuitos”, tan criticados por unos y otros desde la oposición pero que siempre se repiten cuando tocan poder, para poner a sus amigos a hacer clientelismo político y a retozar a la sombra de fundaciones, sociedades y consorcios creados ad hoc. Una verdadera administración paralela, de más de 60 organismos, que el actual gobierno del PP se dispone a reconvertir, sometiendo el organigrama administrativo a un fuerte y necesario régimen de adelgazamiento, disolviendo o integrando en otros de similares características y finalidades a unos 46 entes y refundiendo otros varios.

He ahí un ejemplo a imitar por las administraciones locales, de la que Ribadeo en concreto, debería tomar buen ejemplo. Han sido ya muchas y reiteradas las ocasiones en las que me he referido a la necesidad de romper definitivamente con esta permanente dinámica de aumentar la plantilla de trabajadores municipales. Un objetivo en el que cada administración local pretende superar a las anteriores, como si de una competición deportiva se tratase. Y así, nos encontramos con que hay muchos servicios duplicados y mal aprovechados, que se crearon como “chiringuitos” para los amigos, y sobran otros muchos que no responden a las necesidades esenciales que debe prestar un concejo, sobre todo en tiempos de crisis. Porque una administración lógica y racional debe estar gestionada, sobre todo en estos tiempos que corren, con criterios de absoluta austeridad. Y la austeridad supone apretarse el cinturón y renunciar a actividades superfluas e innecesarias, y que implican, además de un gasto inútil, un importante lastre para la gestión y para la dedicación a otras cosas más necesarias e inexcusables, como pueden ser las medioambientales, que en el caso de un concejo turístico como el de Ribadeo son una gran demanda, o los servicios de primera necesidad que se deben prestar, como es la limpieza de espacios, habilitación de aparcamientos, organización del tráfico, reparación de desperfectos en carreteras, caminos y enseres públicos como es el caso del reloj solar del Cargadoiro, cuidado de los jardines, recuperación de las fuentes del parque, atención a la tercera edad y demás servicios necesarios para los vecinos. Y si queremos ir más lejos, y dado que estamos en un concejo turístico, soterrar la conducción eléctrica de la carretera del faro, reclamar la continuidad de la recuperación del castro de As Grobas y todo lo que contribuya a la recuperación de los valores turísticos.

Porque, ¿cuál ha de ser la función de la administración local? ¿Extender al ámbito del concejo las funciones educativas y de ocio, propias de la escuela primaria y de la que es responsable el Ministerio de Cultura? ¿O suplir la actividad de la Sociedad Filarmónica de Ribadeo, programando festivales dramáticos, musicales y culturales? ¿Suplantar, acaso, la función de las guarderías, dedicándose a impartir sesiones de juegos infantiles o de risoterapia y otras lindeces más propias de esas instituciones o de las escuelas de primaria? ¿O no es duplicar funciones que corresponden a otros organismos, como Sanidad o INEM, dedicarse a impartir cursos de gimnasia o de masaje o sostener agencias de colocación? ¿Qué espacio se deja a la iniciativa privada para dedicarse a la oferta de estos y otros servicios, como es el caso de las escuelas deportivas. ¿Cuál es, en definitiva, la verdadera función de una administración local? Porque esta es la cuestión.

La función de la administración local no parece ser otra más que la de ofertar a la comunidad los servicios necesarios e imprescindibles para cumplir un cometido que los particulares no pueden por si solos desempeñar. Su objetivo debe ser gestionar los asuntos públicos necesarios e indispensables, con el menor coste posible, que deberán quedar blindados y sujetos a una dedicación más intensa. En una palabra, retornar al modelo de tiempos pasados en los que la labor del concejo se reducía a lo imprescindible, dejando lo demás a la iniciativa privada y a las administraciones superiores. Eso le daría al concejo una importante capacidad económica para poder afrontar mejoras más sustanciales para la comunidad vecinal, como, por poner dos ejemplos, enfrentarse a la construcción de un geriátrico o habilitar un aparcamiento municipal. Pero, al contrario, el concejo de Ribadeo abandonando responsabilidades que le son propias, como la gestión del servicio del agua o el cobro de la contribución, pasó a dedicarse a actividades ajenas, como son todas esas con las que inunda todos los días la prensa. Por eso, el borrador de la RPT, elaborado por la USC para Ribadeo, no puede servir de modelo para una estructura municipal moderna y eficaz por carecer de la moderación y de la sobriedad que requiere una administración más austera y eficaz y menos hortera.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20231228

De novo, a paz

    Si, de novo, a paz foi lembrada na concentración o pasado domingo ás 12:30 diante do concello como nos amosan as fotos de Suso. Si, de novo volverá a selo o próximo domingo 31 de decembro. Si, téntase construír. E si, mentres, a guerra campa... E mentres campa, esta semana publicaron os medios que España vende armas a Israel en plena masacre. E cómpralle dez veces máis do que lle vende.




 


4 de decembro de 2023, pleno. Acta e algún comentario

4 de decembro de 2023, pleno. Acta e algún comentario

    Hai un par de días foi publicada a acta do pasado pleno do concello de Ribadeo de 4 de decembro. Deixo a ligazón e algún comentario.

    ACTA DO PLENO 2023-0017 [ACTA PLENO. ORDINARIO 4 DECEMBRO 2023]

     Comeza o tema cunha curiosidade: nunha das actas a aprobar constaba Fernando Suárez Barcia como alcalde, o que foi posto sobre a mesa polo actual alcalde, Daniel Vega Pérez. Naturalmente, foi feita a 'corección' como aparece nesta acta.

    Dous puntos máis adiante aparece outra corrección, pola que se lle devolven taxas mal cobradas, 403,20 €, a Mario Penelo Riva, quen debeu decatarse e pedir a súa devolución.

    Agora resulta que os concellos teñen que ter un 'plan estratéxico de subvencións', que foi aprobado. Aí detállanse os importes do conxunto das subvencións no 2024-2026 en extraescolares (9000 ou 9800 €, segundo o ano), festexos (40500 o próximo ano, máis 4500 en premios) ou en cultura (2000 €/ano para premios, máis para actividades), por exemplo.

    O punto sexto recolle unha nova adicación exclusiva, a de Montse Seijo, concelleira de RRHH, seguridade e atención cidadá, que pasa de ter adicación parcial a completa, e asignación de 1500 €/mes brutos a 2368,65 €/mes. Pouco trae a acta da deliberación que houbo, según a mesma acta.

    Despois de aprobar a variación da RPT (Relación de Postos de Traballo) do concello, pasouse á aprobación do orzamento, que a oposición di que non tivo tempo de mirar. O orzamento, en resume, é este:


[Por se alguén o quere en modo texto, reprodúzoo ó final dese xeito]

    O orzamento foi aprobado, sinalando a oposicion divrsas disconformidades.

    As preguntas finais, que soen ser máis do día a día, foron sobre o alumenado do Nadal, subministro, montaxe e funcionamento, sobre o prezo de subvención das actividades do Nadal, sobre a rehabilitación do Xulgado de Paz, o mantemento dos campos de fútbol, o uso inadecuado do parque móbil de concello, as actividades privadas lucrativas en locais do concello, o cobro por ver Matria e o uso desexable da lingau galega nos orzamentos. Sinala a acta algunha breve resposta, non a todas as preguntas.

    Duración do pleno: entre 20:30 e 23:15.

-- Orzamento:

GASTOS
Cap. Descripción Recursos
A.- OPERACIONES CORRIENTES
1 GASTOS DE PERSONAL 4.845.925,22
2 GASTOS CORRIENTES EN BIENES Y SERVICIOS 4.811.635,53
3 GASTOS FINANCIEROS 82.789,60
4 TRANSFERENCIAS CORRIENTES 371.089,28
5 FONDO DE CONTINGENCIA Y OTROS IMPREVISTOS 318.731,49
Total operaciones Corrientes 10.430.171,12
B.- OPERACIONES DE CAPITAL
6 INVERSIONES REALES 1.720.232,40
7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 5.500,00
8 ACTIVOS FINANCIEROS 27.045,54
9 PASIVOS FINANCIEROS 160.612,12
Total operaciones de Capital 1.913.390,06
Total Presupuesto 12.343.561,18

INGRESOS
Artículo Descripción Por artículos
IMPUESTOS DIRECTOS 0,00
11 IMPUESTOS SOBRE EL CAPITAL 2.641.000,00
13
IMPUESTO SOBRE LAS ACTIVIDADES
ECONOMICAS 193.000,00
TOTAL CAPITULO 1 2.834.000,00
IMPUESTOS INDIRECTOS 0,00
29 OTROS IMPUESTOS INDIRECTOS 740.000,00

TOTAL CAPITULO 2 740.000,00
TASAS, PRECIOS PUBLICOS Y OTROS
INGRESOS 0,00
30
TASAS POR PRESTACION DE SERVICIOS
PUBLICOS BASICO 1.959.000,00
32
TASAS POR REALIZACION DE ACTIV.DE
COMPETENCIA LOC 157.000,00
33
TASAS POR UTILIZ. PRIV. O EL
APROVECHAM DOM.PUBLI 409.000,00
34 PRECIOS PUBLICOS 293.500,00
39 OTROS INGRESOS 87.274,06
TOTAL CAPITULO 3 2.905.774,06
TRANSFERENCIA CORRIENTES 0,00
42 DE LA ADMINISTRACION DEL ESTADO 2.513.335,05
45 DE COMUNIDADES AUTONOMAS 1.140.257,51
46 DE ENTIDADES LOCALES 50.000,00
TOTAL CAPITULO 4 3.703.592,56
INGRESOS PATRIMONIALES 0,00
55
PRODUCTOS DE
CONCESIONES,APROVECHAMIENTOS
ESPECIA 512.809,02
TOTAL CAPITULO 5 512.809,02
ENAJENACION DE INVERSIONES REALES 0,00
60 DE TERRENOS 85.000,00
TOTAL CAPITULO 6 85.000,00
TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 0,00
75 DE COMUNIDADES AUTONOMAS 904.340,00
76 DE ENTIDADES LOCALES 331.000,00
TOTAL CAPITULO 7 1.235.340,00
ACTIVOS FINANCIEROS 0,00
83
REINTEGROS PRESTAMOS DE FUERA DEL
SECTOR PUBLICO 27.045,54
TOTAL CAPITULO 8 27.045,54
PASIVOS FINANCIEROS 0,00
91 PRESTAMOS RECIBIDOS EN EUROS 300.000,00
TOTAL CAPITULO 9 300.000,00

TOTAL PRESUPUESTO 12.343.561,18]

20231227

EL FUTURO DE LA TERCERA EDAD. José María Rodríguez Díaz (2010)

    Non é a primeira vez que Jsé María fala do problema da atención ós maiores, mais poñería aquí o comezo escrito da loita que se desenvolverá nos anos seguintes ata ter conseguido un novo xeriátrico para Ribadeo, deixando os previos como unha introdución ó tema..

Viernes, 23 de abril de 2010

EL FUTURO DE LA TERCERA EDAD

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 13:16

El futuro que el destino le va a deparar a la población ribadense cuando se acerque a la edad dorada no parece nada halagüeño. Un colectivo que será cada vez más numeroso y estará más desprotegido por las condiciones de vida que el moderno modelo de familia parece le va a imponer sin remedio. Un modelo de vida que el ahora llamado progreso está imponiendo a la sociedad y trae como consecuencia inevitable para las familias la exigencia de anteponer la dedicación al trabajo al cuidado que sus mayores se merecen y esperan de ella. Es por eso que la gran mayoría de las personas estamos expuestos a sufrir un forzado destierro familiar en una de esas pocas casas especiales que hay dedicadas al acogimiento de los ancianos. Son los antes llamados asilos, y ahora geriátricos o residencias de la tercera edad; una denominación esta última que suena muy bien al oído para diferenciarla de los asilos, aunque responda a la misma realidad.

Sobre este tema he escrito ya muchas veces, intentando despertar en el ánimo de los políticos locales su preocupación por este gran problema social y su interés por conseguir la solución de esta urgente necesidad. Una grave necesidad, sobre todo en Ribadeo, que ve aumentar incesantemente su población y por lo tanto el número de los candidatos que se verán avocados en un futuro próximo muy próximo a necesitar de este recurso público para pasar sus últimos días. Pero mis llamadas fueron, como dice Cervantes cuando relata los inútiles esfuerzos de la sobrina y el ama de D. Quijote por apartar a su tío y señor de volver al ejercicio de la malandante caballería, “predicar en desierto y majar en hierro frío”. Los gestores municipales, preocupados por el desarrollo de otras actividades más asequibles a los fondos municipales que les pudieran aportar rendimientos electorales más fáciles e inmediatos han ido uno tras otro, pues “ab uno disce omnes” como dice el poeta Virgilio, vaciando las arcas municipales hasta endeudar gravemente al concejo, privándolo así de la capacidad económica para abordar este urgente y grave problema. Y así estamos, sin que hoy se vislumbre posibilidad alguna de que lleguemos un día a disfrutar de este necesario y esperado servicio, como lo hicieron otras poblaciones cercanas con muchos menos recursos que Ribadeo. Para apagar el grito de los ciudadanos y tranquilizar sus propias conciencias se hizo circular el rumor de que se proyectaba hacer una residencia moderna en la propiedad de la rectoral de Ove, cedida temporalmente por el obispado de Mondoñedo para este fin mediante un convenio. Falsos y engañosos rumores, para mantener colmada la ilusión y la esperanza del pueblo “ad captandum vulgus”. Porque, hasta donde yo sé, este convenio sólo implica el uso de bien, pero no su propiedad, condición indispensable para poder disponer de las aportaciones necesarias de la Administración Autonómica para la construcción del proyectado geriátrico.

La Comarca del Eo del día 10 de abril era portadora de una sugerencia hecha al concejo por nuestro buen amigo y vecino, colaborador habitual del semanario, D. Gilberto Suárez, persona que tiene suficientemente acreditado su interés por Ribadeo y por todo lo que signifique una mejor calidad de vida para sus habitantes, así como su preocupación por el futuro de tantas personas como las que se van a ver abocadas a sufrir los problemas de la falta de un acogimiento decente en su propia localidad para pasar sus últimos años. Apuntaba en su comentario el Sr. Suárez la posibilidad de que el ayuntamiento adquiriera un edificio que está en venta, contiguo a la residencia de ancianos “Hospital de San Sebastián” de esta localidad, con el fin de que se pudieran habilitar más habitaciones en ese centro para poder dar cabida a las personas que hoy están fuera de Ribadeo en residencias de otras localidades y a tantas otras personas que están en lista de espera. Me parece muy laudable su propuesta, fruto de su inquietud y sensibilidad por la solución de este grave problema, aunque ignoro la posible viabilidad de esta propuesta por tratarse de un edificio separado del Hospital por una calle. Pero, en todo caso, su propuesta no va a poder ser tenida en cuenta, por la grave falta de fondos municipales.

Porque el problema principal estriba en que el concejo carece de posibilidad alguna para poder hacer frente a una necesaria primera inversión de un bien, condición sin la cual es imposible esperar la colaboración de ninguna otra administración. Es por eso que Ribadeo está condenado a pasar muchos años sin un geriátrico moderno y decente, adecuado a los tiempos actuales. Y los futuros ancianos se verán obligados a emigrar, si tienen suerte de encontrar cabida, a otros establecimientos alejados de su entorno en donde ya están otros ancianos de nuestra localidad. Y todo esto, ¡es lamentable tener que decirlo! ocurre por la traición de los políticos locales que prometiendo en sus programas electorales dedicarse a servir al pueblo, lo que realmente luego ocurre es que se aprovechan del pueblo para sus torcidos fines e intereses personales, dejando a los vecinos en la estacada.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20231226

De 28D a 18F ou 20230218

De 28D a 18F ou 20230218

    O Nadal ven cada vez máis anticipado. É unha frase que xa se volveu crónica. Das luces á venda de turróns, pasando polas felicitacións, todo ou case todo parece apoiala.

    Pode que desentoe o apoio da temperie. Pero iso non é humano, aínda que sexamos nós quen marquemos a pauta para o cambio. Ou pode que as guerras, pero as que chamarían máis a atención aquí están 'lonxe' por moito que sexan sobre o mesmo terruño de planeta no que vivimos, e non se ven máis que por televisión capada polos propios exércitos (cando menos). En troques, neste 2023, tivemos outro adianto de Nadal, en forma de agasallo especial: as previstas eleccións en Galicia.

    18F. Parece nome dun arma de combate, os Phantom F18 que hai uns anos eran a insignia aérea do exército español permitida polos norteamericanos. Pero non, son as siglas, nome en clave das próximas eleccións galegas, dado en función da data do 18 de febreiro para a que foron convocadas. Unhas eleccións que se teñen comentado 'en clave de' separación temporal das vascas, algo así como se a coordinación de datas en convocatorias anteriores fora unha especie de UTE, unidade temporal de empresas, para acometer unha obra. Ou 'en clave de' apoio a un líder dun partido que polo momento non conseguiu o que quería. Entre outros 'en clave de' posibles.

     Despois dunha auténtica precampaña de meses, entramos no período de campaña sen chamarse campaña de xeito oficial, que queda por lei encalzada nas dúas semanas previas ás eleccións. Ditada a convocatoria antes do 24/25 de decembro, xa está na rúa dende o mesmo día a nova de que todo o mundo esta preparado. Ese todo o mundo inclúe como moito tres partidos, que aínda que se pretenda, queda claro que deixan fóra do club outras formacións políticas que si, quixeran estar aí. Claro que a veciñanza do anuncio ó 28F, o día dos inocentes, parece unha sinal clara de que a nosa presunta inocencia vai ter que cargar con moitas inocentadas.

    18F ou 20240218? A segunda é unha forma de poñer a data exacta da convocatoria, mentres a primeira sería a máis 'in the wave', 'na onda' da política que se pretende facer guai mentres se dilúe o significado de 'política'. Ambos, un adianto, a modo de título, de diferentes visións comunicadas. Pretensións diferentes de xeitos de ver a realidade e o futuro do país. Unha realidade que pode ser interpretable (serao), pero que é única. E unha data que, unha vez decidida, tamén o será, póñase na nomenclatura que se queira.

Soños feitos realidade. Un conto para non durmir. Pablo Mosquera

 Soños feitos realidade. Un conto para non durmir.

A fábrica de aluminio pechou. Esgotara o seu tempo. Foi superado como tantas outras industrias pola competencia. Fíxose vella. Foi unha fonte de gastos inútiles. Deixouno todo perdido na terra, no mar e no aire. Mesmo Lantarón -Deus do Cantábrico- aplaudiu. Recobraría o seu espazo entre os humanoides. Así derrotou a Baco. As súas fillas, as sereas, cantaban fermosas cancións. Pouco a pouco a mancha avermellada foi desaparecendo en Lago e Lieiro.


Os que chegaron de Avilés no pasado xa marcharon. Volveron ás súas vilas asturianas que cheiran a sidra. Outros recuperaron as casas daqueles lugares negruzcos das zonas mineiras. O ye escóitase alto e claro de novo. Ou cando falan dunha nena din que é pequena pero galana. Que divertido é velos no monte!

Cos bercianos pasa algo parello. Pecharon os negocios que mancharon a historia do porto para as Reais Fábricas de Sargadelos. Si, eses Campos! O silencio nocturno volverá para o resto dos que foron mariñeiros e falan galego. Incluso veremos a unhas rapazas bañándose na Barra coa suba da marea ou nadando a contracorrente da ría coa pleamar. E, por suposto, os estudantes da escola que manobra nunha barcaza mentres unha culler intenta capturar algunha Chibana ou Anguía. Mesmo os cangrexos volveron ao fondo da ponte que une Lieiro con San Ciprián.

Alguén berra. Volven as pulgas ás praias e os camaróns ás piscinas! De ser así, mesmo as covas habituais volveron a estar ocupadas por polbos e congros. Nas Cabezas volve o mexillón. Na Anxuela comezan a brotar os percebes. No Cabalo pódese ver a mozos e xubilados pescando a Julias e Maragotas.

Quedou o porto de ALCOA-SAN CIBRAO. Será a entrada e saída da mercadoría. Un gran espazo intermodal. Área Estratéxica Integral dotada de comunicacións terrestres -estrada e ferroviaria- e de alta tecnoloxía por cable. Para actividades sostibles para o medio ambiente. O material procede do mar e dos bosques, así como da recuperación de cultivos tradicionais como o liño e o millo.

Fíxose de todo para recuperar a actividade da flota pesqueira no peirao de San Ciprián e coa limpeza da ría converteuse no porto deportivo para atracar embarcacións de recreo. Elixiuse o turismo de natureza sostible con saídas programadas ós Farallóns onde se creou un acceso para poder pasar o día nas illas máis accesibles e gozar da pesca submarina desde tales augas.

Na Illa Atalaia creouse un espazo que explica a historia baleeira do porto, así como a actividade industrial que deu lugar á transformación do mamífero en saín.

O encoro converteuse nun espazo de adestramento para deportistas de remo.

Alguén tivo a idea. Un espazo temático sobre as diferentes etapas polas que pasou a fábrica de aluminio cun panel dedicado aos que foron membros do comité de empresa, a súa historia dende a súa orixe ata as condicións persoais polas que abandonaron a empresa.

Pablo Mosquera Mata