20150513

Herbicida no cemiterio e nos accesos ó mesmo. Artigo de J.A. Salvatierra

HERBICIDA NO CEMITERIO DE RIBADEO E NOS ACCESOS O MESMO

Por favor, pediría que non se volte a cometer o erro de aplicar herbicida total, tanto no interior do mesmo como na rúa que conduce a entrada principal, que vai dende o Cabazo ata o aparcadoiro do cemiterio. Esta rúa ou estrada ten dúas fileiras de árbores (plátanos) que xa teñen moitos anos, pero que están moi ben e lle dan un aspecto bonito, con sombra no verán, formando, ó cruzarse as ramas xunto cas follas, un falso e fermoso túnel verde en todo ese paseo que ten unha lonxitude aproximada de 450 m.


Pediríalle ó actual concelleiro responsable do cemiterio, que tomara as medidas adecuadas para que isto non se repita. Ademais, que eu recorde, é a primeira vez que se aplica herbicida nesta rúa (non así dentro do cemiterio). O mal traballo consistiu en pulverizar con “glifosato” ou algo semellante, as cunetas, os corredores e os taludes en todo ese percorrido de 450 m. Un verdadeiro desastre técnico, de mal gusto e de gran impacto ambiental. De feito, coas últimas choivas, ó morrer a maleza e quedar sen raíces, producíronse dous desprendementos de muro de pedra e talude.


Respecto á aplicación dese herbicida no interior do mesmo, vense facendo no espazo entre tumbas, por non poder segar con cortacéspede. Esta rutina tampouco ten sentido, porque se pode facer con desbrozadora de fío, con protector para que non cisque a herba cara as tumbas, nese espazo reducido, onde agora se aplica herbicida, que causa un gran impacto de feísmo e pouco gusto por parte do operario que atende a limpeza e coidados de dito cemiterio. Tamén se podería cortar con fouciño. Si, dixen ben, pois se trata dunha superficie moi pequena. Hai que pensar que ten dedicación plena para ese traballo e máis o de sepultureiro. Creo que lle sobra tempo para desbrozar todo as veces que faga falla, sen necesidade de usar químicos que impactan, e mostra moi pouco respecto para os seres queridos que nese lugar descansan. O campo santo e o seu entorno debería ser un lugar coidado, de cor verde todo o ano na zona de céspede, xunto a outras cores variadas con plantas ornamentais e árbores, pero nunca impactando e agredindo ese espazo con ningún tipo de herbicidas. Para iso hai un empregado municipal, pagado cos impostos de tódolos veciños e que o responsable de quenda no equipo de Goberno nesa materia ten a obriga de vixiar para que non se repitan estos atentados ó medioambiente e o mal gusto. Séguense cometendo erros, ó meu modesto entender, no cemiterio, como xa ocorrera coas famosas vidreiras da capela do mesmo lugar. Non se aprende dos erros e logo se repiten. Desta vez polo menos, corrixir non costará diñeiro. Ós mortos non hai que levarlles praguicidas, senon bos recordos, pregarias e flores. Vexan as fotos que se acompañan e vostedes mesmos saquen as súas conclusións.

Pepe Salvatierra
A cor delata o herbicida

Os derrumbes son favorecidos

Non é sombra, é queimado

O contraste. Que prefires, verde ou amarelo?

20150512

Presentación curiosa: Apuntes sobre Ribadeo


Cortopego e comento embaixo unha nota da sección de novas da web do concello [Para quen non queira esperar, as primeiras páxinas de Apuntes sobre Ribadeo de Méndez San Julián (e as segundas) en versión fotocopiada de man en man, e polo tanto, baixa calidade]:
"A PRIMEIRA EDICIÓN DATA DE 1884
Apuntes sobre Ribadeo
11/05/2015
O salón de plenos acolleu esta tarde a presentación da edición facsimilar do libro "Apuntes sobre Ribadeo", unha compilación de actas do Concello dos séculos XVI ao XIX, que realizou o que fora alcalde, Fernando Méndez San Julián. O servizo de publicacións da Deputación de Lugo foi o encargado de reeditar este libro, do que se porán á venda 500 exemplares, que recollen un anaco da historia de Ribadeo. Ao acto asistiron o alcalde, Fernando Suárez; a concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra; o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga; e os voceiros municipais.
Na súa intervención Suárez Barcia sinalou que "desde hai un tempo levabamos pedíndolle á Deputación de Lugo, para que a través do seu servizo de publicacións, puidera axudarnos a non perder esta historia, porque Ribadeo é un concello con moita historia, non se creou como outros de cerca no século XVIII ou no XIX. E este era un cachiño da historia que estaba en moi poucas mans e queríamos socializalo”. E lembrou que “nos últimos tempos estivemos a colocar novas placas das rúas con pequenos datos históricos, para que a xente que nos visita e os que somos de aquí saibamos exactamente o que agochan eses nomes e a historia dos anos. O vicepresidente da Deputación prestouse e traballou activamente para que puideramos ter esta edición facsimilar de Apuntes sobre Ribadeo".
O rexedor engadiu que "como é algo institucional e histórico quixemos que estivesen aquí os voceiros da Corporación Municipal actual para que asistan á presentación deste anaquiño da historia local".
Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo, dixo que "este libro permite ter un compendio de datos interesantes para os estudosos e investigadores que queiran coñecer a historia de Ribadeo ou que queiran trasladar isto ás xeracións vindeiras". E tivo palabras de agradecemento para o xefe de publicacións da institución, Xan Ramiro Cuba, "porque se volcou moito para que a día de hoxe este libro estivese listo. Sobre Ribadeo non é o primeiro libro que publicamos, porque fixemos moitos máis nestes catro anos". E manifestou que vai ler este libro "porque me gusta furgar na historia".
Por último, Eduardo Gutiérrez, voceiro do PSOE, como coñecedor da historia de Ribadeo e da figura do alcalde Fernando Méndez San Julián, indicou que "é unha persoa curiosa. Naceu en 1835, foi profesor da Escola de Náutica de Ribadeo en 1872 con 37 anos. Nesa época xa estaba aquí, estudou leis en Oviedo, etc. En 1873 foi presidente do Círculo de Recreo, o famoso Casino, situado no que foi logo o colexio das monxas, na rúa Trinidade. Era unha das sociedades máis poderosas da época en toda a provincia. En 1877 con 42 anos foi alcalde, non foi o rexedor máis novo, a el gañeille eu e a min Fernando Suárez Barcia. No ano 1878 dimite porque foi nomeado promotor fiscal, unha especie de axudante do fiscal. É un termo que hoxe non se emprega".
Gutiérrez subliñou que "era unha persoa moi preparada, moi culta e moi ilustrada. En 1879 hai unha serie de artigos publicados na Ilustración Gallega y Asturiana, dirixida por Murguía. No 1880 asina o seu testamento con 45 anos, no 83 asina o prólogo dos Apuntes sobre Ribadeo e no 84 edítase o libro. E falece en 1902 aos 67 anos. Está enterrado no cemiterio municipal de Ribadeo".
Hai que lembrar que en xaneiro de 2014 o alcalde ribadense, Fernando Suárez, recolleu no Arquivo do Reino de Galicia uns 40 libros que o Concello lles enviara había trinta anos para a súa restauración. Neses libros había actas municipais, exemplares relacionados co porto comercial e diversas documentación histórica de Ribadeo. "
Saúdo a edición dun libro histórico para Ribadeo, que marca un resumo de actas equivalente a tres séculos longos da vida do pobo. Chama a atención a presentación en petit comité, moi democrático a nivel pleno municipal actual, que se podería considerar de perfil baixo cara ás próximas eleccións. A cousa cambia cando se ve que o único dos presentes non pertencentes ó BNG e que se volve presentar ás eleccións non é mencionado na nova, o que acompaña a que o alcalde actual é citado máis veces que Fernando Méndez San Julián, ou que, para querer ser mantido de perfil baixo, é das novas máis longas da web.
Como apuntei ó comezo, o libro levaba xa tempo sendo fotocopiado dunhas a outras mans por Ribadeo adiante, chegando a estar en parte incluído no xa inexistente 'Publicado en Ribadeo' mercede a unha copia que conseguín, dunha calidade que me aconsellou non seguir escaneándoo a partires dunha determinada páxina. Ese é o motivo de que o teña colgado xa.

20150511

Equilibrio ecolóxico en Ribadeo

Onte, nunha rede social, Iván Rodríguez ligou un vídeo sobre ecoloxía. Nel cóntase como a introdución de 12 lobos no parque de Yellowstone, nos EEUU, a finais do século pasado, ten desencadeado unha serie de acontecementos que inclúen non só a multiplicación da poboación dos propios lobos, senón tamén outras cousas tan a primeira vista non conectadas como o cambio na vexetación ou a lixeira variación do curso dalgún río.
En Ribadeo estamos aínda no comezo da visión do equilibrio ecoloxista cando nos referimos á ecoloxía animal ou vexetal (a invasión de especies alóctonas, por exemplo), pero estamos tamén afrontando, teñamos conciencia deles ou non, cambios en diferentes nichos ecolóxicos referidos ós humanos e ás sociedades humanas.
Nestes días, por exemplo, coa campaña electoral, fálase do impacto que terá a implantación dun novo partido/substitución dun partido local por outro de tipo estatal. Ó tempo, irrompe unha agrupación que pode considerarse relacionada coas asembleas que ten vivido Ribadeo a partires do 15 M e que se daba por desaparecido por moita xente, mentres que perviviu e se desenvolveu en lugares como o Formigueiro ou asociacións como As Grelas, o mesmo que noutros lugares e no propio interior das persoas, como xa se ten posto de manifesto.
Na procura dun novo equilibrio, é necesaria a variación dos partidos asentados en anteriores convocatorias. Necesaria non no sentido de que se pida (esa petición é patente, pero é outro tipo de interpretación da necesidade), senón para a súa adaptación a un medio que está a cambiar e que presenta unha situación nova. Unha agrupación de electores non é un partido, e  representa un movemento a asumir máis que a combater. Algo que chegou con intención de quedarse e pouco a pouco, e ir deixando pegada tamé no longo prazo. Un movemento que se sumo, no eido político, ó conxunto de movementos sociais que está constatado que van deixando pegada e cambiando a mentalidade de moita xente. Suave, pero medrando en cantidade de xente ou en riqueza de visión. Un movemento que tenta non ameazar a ninguén, pero tamén a cambiar moitas cousas: o actual equilibro na ecoloxía político-social.
Imaxe obtida de http://mapas.xunta.es/visores/conservaciondanatureza/. Outro día tocará falar desta ligazón..
E, se a introdución de 12 lobos nun parque do tamaño de Yellowstone puido lograr unha variación tan tremenda en menos de dúas décadas...

20150508

Pegada de carteis, unha experiencia (visión persoal)

Aproveitando unha figura dun corazón xa marcado no muro, un cartel aproveita o espazo...
Onte (esta noite, a partir das 12) foi o inicio de campaña. Polo que parece, soe facerse 'oficial' coa pegada de carteis. Onte participei. E como participante, teño unha visión que a moitos lles parecerá sesgada, seguro. Por iso aviso.
Chegar máis tarde como novatos no tema, non como desprezo dos mellores lugares onde pegar a cartelería, senón como tranquilidade de facelo despois de ver que fixeron as outras forzas... e ver que claro, o que consideraban mellores lugares estaban collidos, e, nalgún caso, sería cousa de dar un toque pola ocupación de espazo.
Nada máis chegar ó primeiro lugar de colocación de carteis, as comparacións: ReC, cartel pequeno, sen cara, con disposición chamativa de logotipo. Vaites, se tamén neso é diferente! En todo o resto, cartelería grande, e foto do candidato á alcaldía. Propaganda personalista. Ribadeo en común ten o seu cartel co logo só acompañado do lema elixido en asemblea: a túa chave de goberno. Ou sexa: o candidato és ti, somos todos. Ribadeo é en común ou é algo particular?
Algunha discusión sobre o espazo, sen a sangue chegar ó río. Algún aviso sobre outro espazo que remata en camaradería e préstamo de material. A despedida, desexando sorte á outra formación. As novatadas páganase, pero entre todos sáese delas sen menoscabo.
Cartel pequeno? Métese por tódolos resquicios, e ata as veces parece que os doutras formacións quedan sitiados. Xogos de posición e de ideas. De xeito de ver as cousas e de facelas.
Non da para moito a pegada. É ilusionante, cun esprito a manter. Algunha foto suelta, máis para a posteridade que para o anuncio, aínda que algunha se cole despois en twitter ou facebook.
De volta xa, cruzámonos e saudamos de paso ó alcalde e máis xente que veñen en grupo. Parece que tamén veñen sorrindo.  Resultaríalles a experiencia tan ilusionante?

20150507

Alimento para o cemento

O parque está de moda en Ribadeo. Centro das obras 'urxentes' de fin de mandato, a cubrición de cemento deixa bonsáis en troques de árbores, que é 'o que se leva agora'.
A estas alturas, a urxencia das obras nun período preelectoral non chama a atención. A difusión do que se vai facer, xa é outra cousa. Ti, sábelo? Seguro que no pazo de Ibáñez si, pero na rúa, non. Din que se vai unha tirolina no rectángulo que están deixando diferente no paseo paralelo á r/San Francisco. Din. Eu diría que non (que non é lugar), pero...
E claro, hai que cementar porque si. Repito, Iso parece:
 Ocos para as árbores...
Pero non só iso
Os ocos non foron preservados, senón cheos de cemento primeiro e logo cortado o comento... e parte do que había embaixo.
Vese que o cemento chega ata os troncos, e que as raíces máis pequenas sufriron o corte.
Un cadro á espectativa: que vai aí?
E hai outro segundo tipo de bonsai no parque, estes xa herdados.
'Cando o fan, por algo será'. 'Necesitaríao'. Pode que si: necesita moita explicación.
Por certo, intentamos falar disto co alcalde, pero parece que non había tempo, e quedou.

20150506

Recollido da rede: Ribadeo, alén do Masma (dende Santiago, claro)

Despois de incidir hoxe mesmo nunha visión de Ribadeo pre-eleccións, ligo aquí, ó tempo que corto e pego, unha entrada do blog de José Mª Rodríguez, O Cargadoiro, co título "Remata Galicia no Masma?":
Tres longos anos chamando ás portas de San Caetano! Os veciños de Ribadeo só pedían unha xuntanza coa Conselleira de Benestar. Unha pequena reunión para falarlle da necesidade dunha nova residencia para os seus vellos. Pero, papeis van, silencio vén. Esa foi a resposta ás insistentes chamadas dos veciños de Ribadeo, apoiadas por máis de dúas mil sinaturas. O silencio total. Como pontificou o principal voceiro do PP de entón en Ribadeo: “Si quieren algo, que se presenten a las elecciones”. Co pobo de Ribadeo non se fala. Sométeselle á damnatio memoriae. Para o goberno de San Caetano Ribadeo non existe dende que está o BNG no Concello. Para eles Galicia remata no Masma.
Pero - cousas da democracia! - pasa que as veces cambian as tornas. O tempo corre á presa e as eleccións locais tornan a estar aí. É agora o PP o que chama ás portas dos veciños de Ribadeo. Necesita o seu voto. Quere gobernar as súas vidas e facendas dende o Concello. Nos taboleiros electorais aparecerán outra vez as caras dos seus candidatos. Caras novas coas vellas verbas de sempre. E empezarán a soar outra vez os megáfonos percorrendo as rúas e aldeas de Ribadeo para pregoar as súas sedutoras propostas e apaixonantes promesas. Tentarán captar ós votantes coas súas teimosas promesas. Xusto o que fixo Rajoy cando estaba na oposición. Logo pasou o que pasou. E é que o levan na natureza. Presentarán moitos proxectos estrela para trocar Ribadeo nun paraíso. Baixar os impostos municipais, dotar ós veciños de máis e mellores servizos e outras lindezas, como prometerlles un céspede novo para o campo de fútbol. E… blablabla. Pero si non acadan o apoio do pobo nas urnas, Ribadeo desaparece do mapa. Para eles Galicia remata no Masma.
Pero para cobrar copagos e impostos aos ribadenses Galicia non remata no Masma, remata no Eo. Os portazos e desprezos a Ribadeo sucédense uns tras outros. O trato que o goberno da Xunta dispensa ao pobo de Ribadeo depende do partido que goberne no Concello. Xusto como na Idade Media: “cuius regio, eius religio”, é dicir, segundo o goberno que os veciños teñan no Concello así serán tratados pola Xunta. Porque a tal goberno, tal apoio. Ou sexa, castigar o goberno do BNG no Concello repartindo hostias nas meixelas dos veciños. Esa é a súa estratexia política: pisar o rabo aos ribadenses para que ladren ao BNG no pazo de Ibáñez.
Pero, a pesar dos atrancos e das falsas promesas da Xunta, as obras da nova residencia de anciáns seguen adiante a bo paso, grazas ao apio económico da Unidade de Benestar da Deputación Provincial e do mesmo Concello, gobernado polo BNG. Os veciños de Ribadeo terán axiña un novo edificio para aloxar os seus vellos e pasar nel os seus derradeiros días. Axudará a Xunta na súa vindeira xestión ou haberá que agardar a que goberne no Concello o PP?
“Mans que non dades, que esperades?” Velaí un dito para lembrar cando o PP chame ás portas dos Ribadenses. Porque se nesta vida todo xira ao redor do círculo de reciprocidade “do ut des”, é dicir, douche para que me deas, e se é verdade que os feitos dos homes están movidos por esta realidade, hai que preguntarse, que lle deben ao PP os veciños de Ribadeo na procura da nova residencia? Parabéns, quizabes? Máis ben, pagarlle coa mesma moeda cando chame ás súas portas para pedirlles o voto. Porque, para cobrar impostos Galicia remata no Eo. Pero, para axudar aos ribadenses remata no Masma.

3 Fotos no entorno do concello antes da campaña

 Foto 1: a zona de pegada de carteis está preparada. Os tablóns dispostos están cochos, con restos. O lixo diante di ás claras algo como 'isto é unha merda', podedes botar aquí o voto. Doutra parte, obras. Neste caso, unha obra privada que leva ocupada a vía longo tempo. E os seus restos. Mais no fodo, descúbrese Ribadeo. Hai saída verde, aínda que saibamos que na outra zona do parque, agora mesmo, estase recortando verdor e asfixiando as árbores polas raíces. Si, máis aló das eleccións, Ribadeo segue.
 Foto 2: provisionalidade diaria. Os rapaces foron forzados a deixar o cantón, e habilitóuselles un lugar cerrando o paso ós peóns. Un campo, que ben!. Un campo de pedra nado para non se sabe moi ben que, queda no medio da nada da que foron expulsados. Non corras e xogues coa pelota polo parque, neno. Non vaias ó cantón, que molestas e xa non hai lugar para ti. Non pases para a outra beira do parque, que está en obras! Mira que recadro tan chulo, se ata ten porterías e podes xogar ó baloncesto. Procura non caer, por se te fas dano... Por aquí saen os concelleiros dos plenos.
Foto 3: de Ribadeo ó ceo. A Torre dos Moreno e o edificio de Ibáñez, o novo edificio en antiga zona verde, os curutos de palmeiras... todos miran ó ceo. Con nubes, obscuro á dereita, con nubes e claros no resto, parece indicar que por riba das nosas cabezas, aínda que se vexa cambiar de momento a momento, e se saiba que todo permanece igual, queda a esperanza da choiva e o Sol. Con ou sen eleccións, a choiva hai que aproveitala para vivificar, e o Sol, para medrar. Algo que sabe quen queira cultivar o futuro. Todos nós.

20150505

Investigación en Ribadeo. Galeón

Atópome esta mañá no correo unha nova, e vou ó facebook a ver se hai algo máis.
Todos debedes saber a estas alturas que o galeón descuberto na ría hai catro anos ten defensores, unha agrupación/asociación que se está a mover para a súa investigación e recuperación. a comunicación que coñezo é mediante o Facebook, cun grupo: El Galeón de Ribadeo, el mejor conservado del mundo. Foi nese grupo no que hai unhas horas saltou a nova (na realidade, corresponde a un cortapega de ABC):
"EN JUNIO, EN EL GALEON DE RIBADEO ....
30 dias: Finisterre, Viveiro y Ribadeo.
"Por primera vez existe un ambicioso proyecto de investigación internacional sobre cómo España y Portugal exploraron los mares del mundo, trazaron las rutas de la primera globalización y forjaron sus imperios. Se llama ForSEAdiscovery y se ha puesto en marcha desde el CSIC con fondos de la UE. 34 científicos de diversas especialidades estudiarán los orígenes y flujos comerciales de la madera que hizo posible la construcción de las flotas de la Edad Moderna (desde 1492 hasta las independencias americanas en 1824) y harán, con sus tesis, justicia a un patrimonio en peligro por causa de los cazatesoros.
«La arqueología no va de objetos, sino de conocimiento», según dijo el pionero de la arqueología subacuática George Bass. De este proyecto que ha reunido a algunos de los más prestigiosos arqueólogos, dendrocronólogos y otras varias especialides relacionadas con la construcción naval y la historia que hay en el mundo, van a salir grandes avances científicos para el conocimiento de la importancia que tuvo aquella época y aquella navegación que nuestros antepasados hicieron posible.
ForSEAdiscovery: la globalización ya se estudia desde la madera de los galeones
La madera era el recurso fundamental durante aquellos siglos y lo fue mucho más cuando las naciones de Europa se lanzaron a explorar y conquistar el mundo. La construcción de barcos de guerra precisaba mucha madera y el estudio de su comercio está deparando grandes sorpresas, puesto que «los enemigos, en mitad de una guerra, podían pugnar o en ocasiones llegaban incluso a cooperar, según sus intereses, para conseguir madera, como hoy puede ocurrir con el petróleo o las armas», nos diceAna Crespo Solanaaa la investigadora que dirige este gran proyecto. El mundo cambia menos de lo que creemos.
Llama la atención que esta investigadora haya tenido que acudir a los fondos de la UE para lograr, en tan poco tiempo, lo que décadas de olvido, o incuria del Gobierno de España y de falta de visión de las Comunidades Autónomas, centradas en la gestión de sus transferencias sobre el patrimonio local, no habían podido ni siquiera debatir o plantear: una estrategia a la altura de este patrimonio, que guarda algunas claves perdidas de nuestra sociedad actual. Ana Crespo nos recibe en la sede madrileña del CSIC, donde ha reunido a la mayor parte de los participantes en este proyecto. Y dice: «Tengo ya larga experiencia y por eso quería demostrar que se puede hacer un proyecto serio en España en relación con la arqueología subacuática de época moderna, con la historia marítima y con el patrimonio marítimo español».
(Sigue)
"
O caso é que aínda que a nova non cita en concreto a Ribadeo, si están xa procurando unha casa onde quedarse a segunda quincena de xuño.
Deixo embaixo tres ilustracións cortapegadas do grupo. Corresponde ó plano da ría e detalle do forte de San Damián (que non aparece na publicación de O Tesón), e a bolaños e pistola descubertos no 2011.