Luns, no BOP, apareceu o anuncio de aprobación de proxecto e licitación de obra da residencia de maiores de Ribadeo. O texto correspondente déixoo embaixo, non se antes reseñar algunha nimiedade cun sorriso, como o acento no apelido segundo do alcalde no primeiro anuncio ou que teña que aparecer o correo electrónico dun funcionario en troques do correspondente á unidade administrativa, no segundo. E unha cousa que entendo que é linguaxe administrativa pero que nunha primeira mirada pode levar a engano: na cabeceira do anuncio de licitación, por una beira, especifícase que será "con varios criterios de adxudicación", mentras xusto antes dispónse que será "atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa". Parece pois que se ben se mirarán outras cousas, a que prime será a oferta económica. Algo que aparece clarificado despois: "
d) Criterios de Adxudicación:
Menor precio ofertado: ata 10 puntos; melloras relacionadas có obxecto,
especificadas e concretadas: ata 90 puntos. Ver prego de cláusulas."
Así mesmo, tamén aparece no anuncio de aprobación que o proxecto poderá ser examinado por calquera interesado. Coido que calquera ribadense está interesado. Son 20 días hábiles a partires do seguinte á publicación, feita o 10 de marzo. Por certo, abondo máis que o prazo para a presentación de ofertas, trece días naturais a partir do mesmo momento anterior.
"RIBADEO
Anuncio
APROBACION DE PROXECTO
Aprobado por acordo do Concello Pleno de data 26 de febreiro de 2014, o proxecto de obras de
CONSTRUCCION DE CENTRO DE ATENCION A PERSOAS MAIORES –OBRA-, redactado polo Arquitecto Municipal
Don Francisco M. Moreda Gil, cun orzamento de 1.866.154,91 euros mais 391.892,53 euros de IVE, que
totalizan 2.258.047,44 euros, sométese a información pública polo prazo de VINTE días hábiles a contar desde o
día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia de Lugo.
Durante ese prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se
formulen as alegacións que se estimen pertinentes.
En Ribadeo a 3 de marzo de 2014.-
O Alcalde, Fernando Suarez Bárcia.
R. 0855
Anuncio
LICITACION DE OBRA
De conformidade có acordo do Concello Pleno de 26 de febreiro de 2014 por medio do presente anuncio
efectúase convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa,
tramitación urxente, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de obras de
PROXECTO DE CENTRO DE ATENCION A PERSOAS MAIORES –OBRA- conforme aos seguintes datos:
1. Entidade adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: CONCELLO DE RIBADEO
b) Dependencia que tramita o expediente:CONTRATACION
c) Obtención de documentación e información:
1. Dependencia. CONTRATACION
2. Domicilio: Plaza de España, 1
3. Localidade e Código Postal. 27700 RIBADEO
4. Teléfono 982 120701
5. Telefax 982 130975
6. Correo electrónico fmaanon@ribadeo.org
7. Enderezo de internet do Perfil de Contratante.
www.ribadeo.org
8. Data límite de obtención de documentación e información
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato de obra
b) Descrición do obxecto: obras de PROXECTO DE CENTRO DE ATENCION A PERSOAS MAIORES –OBRA
c) División por lotes e número de lotes/unidades:NON
d) Lugar de execución/entrega:Ribadeo
1. Domicilio: c/ Paco Lanza
2. Localidade e Código Postal Ribadeo 27700
e) Prazo de execución/entrega: 24 meses
f) Admisión de Prórroga:NON
g) CPV :42215212-6
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación:Urxente
b) Procedemento:aberto
c) Poxa electrónica:non
d) Criterios de Adxudicación:
Menor precio ofertado: ata 10 puntos; melloras relacionadas có obxecto,
especificadas e concretadas: ata 90 puntos. Ver prego de cláusulas.
4. Valor estimado do contrato: 1.866.154,91 euros
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe Neto 1.866.154,91 euros. IVE 21% 391.892,53 Importe total 2.258.047,44 euros.
6 Garantía esixidas.
Provisional 67.741,32 euros.
Definitiva (%) 10%.
-Aval individualizado por importe das melloras ofertadas.-
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: Grupo “C”, Categoría “E”
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación.
b) Modalidade de presentación: TRECE (13) días naturais a partir da publicacion do anuncio no BOP de
Lugo.
c) Lugar de presentación:
1. Dependencia. Rexistro Xeral
2. Domicilio.Plaza de España, nº 1
3. Localidade e Código Postal. RIBADEO 27700
4. Enderezo electrónico: ribadeo@ribadeo.org
d) Admisión de variante, se procede NON
f) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta.
9 Apertura de ofertas:
a) Enderezo. Plaza de España, nº 1
b) Localidade e Código Postal. Ribadeo 28800
c) Data e hora. TERCEIRO día habil a partir do remate do prazo de presentación.
En Ribadeo a 5 de marzo de 2013.-
O Alcalde, Fernando Suarez Barcia
R. 0856"
20140312
20140310
dende Ribadeo, máis aló do Facebook
Segundo Facebook, Ribadeo xa está en Galicia (aínda que, se te pos a trastabillear, habería que matizalo). Érache boa! Como se porque o dixera o Facebook, Ribadeo deixara de estalo. Mais esa situación campou anos, cos perxuízos correspondentes, con difícil solución. Tan difícil solución que O Tesón non conseguiu o cambio, e o alcalde, por medios normais, tampouco. Houbo que recurrir a unha das familias influíntes de España para solucionalo como si tal cousa. O ter a razón fronte a unha equivocación pouco significaba nese mundo que ten o control. Tan pouco significaba que non só os veciños individuais ou as asociacións, tampouco os alcaldes á fronte de 10 000 veciños eran quen nin de poñerse en contacto cos responsables do cambio dun erro -en principio hai que cualificalo de erro, aínda que pola persistencia parecería máis un encono- nin moito menos, conseguir ese cambio.
Neste caso, ó igual que outros moitos, trátase dunha empresa que pasa por riba de nós e nin se decata, porque aínda que somos fundamentais como propia substancia de mercadeo, é a mesma empresa, amparada en leis favorecedoras, quen considera normal e lóxico estar por riba, sen ter que dar conta a eses usuarios necesarios que usa. E co intercambio de posicións das persoas (e das súas ideas) entre postos políticos e empresariais, algo parello se pode dicir da política. Así pois, dende a nosa perspectiva de cidadáns invisibles, grazas ó alcalde, que ó tempo, dá as grazas ó conseguidor, neste caso, Víctor Calvo-Sotelo, consagrando así polo uso unha xa moi vella cadea de favores á que estamos afeitos nesta terra. Feito conseguido, trasego de influenzas engrasado, continuamos adiante sendo irrelevantes. Facemos unhas eleccións?

Etiquetas:
filosofía,
política,
sociedade,
tecnoloxía
20140308
unha corrección sobre Ribadeo e Galicia
Copio e pego algo de Ribadeo.org, non sen antes lamentar que o alcalde, que foi o xestor da corrección, non lembrara que houbo asociacións que comezaron co tema.' De xeito separado, máis adiante, prometo unha pequena reflexión.
Fernando Suárez explicou que "automaticamente se cambia para todos aqueles que tiñan Ribadeo (Asturias) e a partir de agora figura Ribadeo (Galicia). Polo tanto quero tamén valorar publicamente o xeito de facilitar o contacto que tivo Víctor Calvo-Sotelo, que é o secretario xeral de Telecomunicacións do Ministerio de Fomento, e como ribadense de adopción foi sensible a esta cuestión que lle formulamos e botounos unha man no sentido de mediar para que contactásemos nós directamente con facebook para que puideran resolver esta incidencia de tal maneira que Ribadeo está onde sempre estivo, que é en Galicia. E todos os veciños de Ribadeo poderán nas súas páxinas de facebook identificarse como tal".'
XA FOI SOLUCIONADO O ERRO NO FACEBOOK
Ribadeo está en Galicia
07/03/2014
Ribadeo xa está en Galicia no facebook. Esta
rede situaba este concello na veciña Asturias, cuestión que orixinou
moitas queixas dos usuarios de facebook. O Concello de Ribadeo púxose en
contacto coa empresa e finalmente Ribadeo está onde ten que estar, que é
en Galicia. O alcalde, Fernando Suárez, agradece a labor realizada por
Víctor Calvo-Sotelo.
O rexedor lembrou que "moita xente de Ribadeo que está nas redes
sociais, concretamente no facebook, dende hai moito tempo transmitíanos
queixas de que Ribadeo sempre se situaba en Asturias e iso non é así
porque está en Galicia. Por iso temos feito xestións durante un tempo e
agora finalmente facebook accedeu, comunicáronse connosco para dicir que
iso fora un erro e que estaba resolto". Fernando Suárez explicou que "automaticamente se cambia para todos aqueles que tiñan Ribadeo (Asturias) e a partir de agora figura Ribadeo (Galicia). Polo tanto quero tamén valorar publicamente o xeito de facilitar o contacto que tivo Víctor Calvo-Sotelo, que é o secretario xeral de Telecomunicacións do Ministerio de Fomento, e como ribadense de adopción foi sensible a esta cuestión que lle formulamos e botounos unha man no sentido de mediar para que contactásemos nós directamente con facebook para que puideran resolver esta incidencia de tal maneira que Ribadeo está onde sempre estivo, que é en Galicia. E todos os veciños de Ribadeo poderán nas súas páxinas de facebook identificarse como tal".'
Etiquetas:
sociedade
20140307
A sanidade cáese en anacos
Pode resultar un recurso doado de usar: que se caia un falso teito no hospital non é gran cousa. Ó fin, o teito era falso, un mero adorno para permitir usar o espazo entre el e o teito verdadeiro. Pero mirando en retrospectiva a media ducía de anos pasada sobre a sanidade pública, e máis en particular, sobre o seu desenvolvemento na Mariña e no Hospital da Costa, non pode un sentirse máis desacougado, empatizar cun hospital que a máis do recorte de recursos na sanidade pública e o desvío doutra parte á sanidade privada, non só ten locais para consultas provisionais adheridas dende hai tempo ou ve marcharse cara a outro hospital non só o poder de decisión, senón tamén persoal e recursos, senón que tamén se cae en anacos.
Lévase protestando pola situación todo ese tempo, pero como conflito de baixa intensidade, paseniño. E ó mesmo ritmo vaise desenvolvendo a desatención. Se se protestara de xeito violento, iríase tamén de xeito violento a atención?

sanidade
20140306
Mércores de cinza
O antroido trouxo, como tódolos anos, outras posibilidades de vida mediante o cambio do disfraz. Queda o remate, pero nunha adaptación á realidade, tódolos anos é o mesmo: as máscaras son xa previsibles, de negro e chorosas. Onte foi xa mércores de cinza, e pasou a festa vital, rematada polo rito relixioso, marcada por el aínda que esteña en completo desuso.
Queda o comentario sobre charangas e disfraces, ben alentados este ano por Amelia e o seu grupo, e quizáis algúns perduren un pouco máis aló da fin de semana alentados por circunstancias externas. Aí está o pequeno enfrontamento previo debido á existencia dun grupo da Banda de Música cando en anos pasados xa o había da Escola de Música. Pero en xeral, a válvula de escape que puido supoñer o antroido xa se cerrou, facilitando por uns días baixar a presión sobre algúns temas que constrinxen á sociedade e que voltarán a ser patentes. Mesmo parece que este ano o anticiclón coincidirá despois dun longo inverno co comezo da coresma, voltando así tamén no sentido climático a unha normalidade xa esquecida. Así que, estás preparado?

20140304
Espectáculo en Rinlo (e perigo)
Onte Rinlo era un espectáculo. O Cantábrico en xeral. As ondas despellexaban a terra, voltaba a auga marrón ó mar despois de terse levantado moitos metros e golpeado, arrincando o substrato por riba da rocha e mesmo abrindo de desprazando a mesma rocha. Imaxes da auga chegando ó campo de fútbol en Tapia ou o descabezamento e inclinación do faro en Burela tiveron a súa correspondencia noutros lugares con ondas que estaban previstas ata de dez metros.
Algún vídeo e fotos:
Neste, quizáis a mellor esteña pouco despois do minuto 4...
Non captei nin os mellores momentos nin as mellores ondas nin coa mellor cámara, pero aínda así, coido que poden impresionar (o álbum, accesible aquí):

Mariña,
Medio,
Meteoroloxía
20140301
Técnico de Medio Ambiente. Varios gráficos e un posto.
A raíz do comentario na rede sobre a resolución (do apartado de test) da convocatoria para unha praza de Técnico de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo, paseime pola páxina da web do concello onde hai diversos documentos relacionados (con ficheiros descargables e descargados) e atopei as actas "DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL CONTRATADO TEMPORAL" correspondentes ó "Posto de traballo: Técnico Medio Ambiente", realizadas polo Tribunal avaliador, persoal prestando servicio na actualidade no concello.
Cos datos correspondentes, e sen critirar máis das condicións ou o programa de exame, realicei unha nova táboa acompañada dunha gráfica e tres outras gráficas coa mesma táboa do documento (unha delas, en dous formatos).
Comezo con visualizar a relación entre acertos e puntuación, segundo a convocatoria.
Nela vése que o sistema non é exactamente linear.
A táboa relaciona a puntuación e o número de persoas (todas licenciadas universitarias, segundo as bases da convocatoria) que a obtiveron.
O primeiro que me chama a atención é o número de persoas que non obteñen máis que un 0. A segunda, a distancia en puntuación entre a primeira e a segunda persoa puntuadas.
Collendo os datos da táboa de puntuacións que aparece no pdf na páxina do concello:
É unha representación da relación entre acertos e puntuación. Asumo que hai un erro, dunha persoa que se lle asignou 0 con 6 acertos, mentras a outras 4, co mesmo número de acertos, teñen un 1. Aparte do erro anterior, entre esta e a seguinte gráfica (en realidade, a mesma con outro formato) segue quedando clara a diferenza de puntuación.
Collendo os mesmo datos doutro xeito, temos a puntuación ordeada, é dicir, os 22 primeiros ordeados por puntuación obtiveron un cero, entre o 23 e 26 (4 persoas), un 1, e así sucesivamente:
A anterior gráfica hai que contrastala coa de acertos, onde o perfil é abondo diferente:
Lembro que son resultados de universitarios con título que teóricamente se prepararon para unha proba, máis dun con experienca no posto. A partir de aquí, que cadaquén interprete.

Pavillón: fotos e retrospectiva
Onte, 28 de febreiro de 2014, foi a inauguración do 'novo' pavillón, antes de que a charanga Aturuxo fixera de pregoeira antroideira. O das comiñas, porque se ben é enteiramente novo de construción, no seu lugar había xa un pavillón que ata ó final, funcionou (aínda que necesitara un bo amaño), e do que, como botón de mostra, queda unha baldosa de parqué na que se ve que as táboas ían verticais en troques de horizontais (xusto baixo un tubo saínte cun remate deficiente):
O caso é que onte houbo invitación repetida para todo o pobo, e certamente, cousa dun 5% da poboación do concello estaba alí. Houbo música, primeiro o Himno galego e logo We are the champions, e discursos. Por certo, ante un auditorio en boa parte infantil, non pecaron de curtos de máis nunhas condicións acústicas típicas dun pavillón: imposible escoitar pola reverberación un pouco máis aló do altofalante.
Onde si se podía escoitar moi ben, porque hai altofalantes tamén, era nos pasillos correspondentes ás oficinas e sás do primeiro piso. No baixo, vestiarios e unha sá para artes marciais. E na zona de entrada xeral, baños para o público e cousas desas.
Pedinlle ó meu amigo J.A. Salvatierra fotos que sabía que tiña da evolución das obras, do detalle, para facer unha evolución histórica das obras e de curiosidades puntuais nelas, e completei coas que poño aquí, tomadas onte. Todas, unha evolución histórica ata o día de hoxe que aínda pode ser completada con fotos no futuro, están aquí: fotos do pavillón polideportivo de Ribadeo novo
Mentras, que queden estas:
Planos nunha das oficinas abertas ó público:
A zona de xogo e gradas a traverso do portal principal de entrada ó terreo de xogo, na entrada principal:
A nave principal:
Un vídeo sobre a construción, polo alcalde.
Unha nova

José A. Salvatierra Rico,
sociedade
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)