Amosando mensaxes organizadas por data para a consulta Estudo de Impacto Ambiental. Ordenar por relevancia Amosar todas as mensaxes
Amosando mensaxes organizadas por data para a consulta Estudo de Impacto Ambiental. Ordenar por relevancia Amosar todas as mensaxes

20250214

Por Nuestro Faro pide axuda ó Defensor del Pueblo

Por Nuestro Faro pide axuda ó Defensor del Pueblo

    En ausencia de resposta do alcalde de Ribadeo, que ten decidido sinxelamente non dar ningunha información nin emprender ningunha acción, a A VV Por Nuestro Faro mandou esta semana un correo á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao (APFSC) para ter algunhas informacións básicas sobre o estado actual e o futuro próximo dun lugar tan emblemático como a illa Pancha. Comezamos lembrando á APFSC que, ó longo de todos estes anos, non paramos de denunciar que o conxunto do proxecto de apartamentos e cafetería que están funcionando na illa Pancha non ten estudio de impacto medioambiental, preceptivo por atoparse en zona protexida pola Rede Natura 2000.

    A irregularidade da situación foi ratificada por todos os informes do Defensor del Pueblo, dende 2017 -oito referidos ó proxecto de apartamentos no edificio do vello faro, e dous ó proxecto de cafetería- ate hoxe, e así llo lembramos á APFSC, ó tempo que lle temos transmitido o contido do último correo do Defensor con data del 13 de xuño de 2024. Dito correo notifica que a irregularidade tamén foi sido admitida pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, que «manifiesta aceptar la Recomendación formulada, referida al cumplimiento del apartado cuarto del artículo 46 de la Ley 42/2007, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad», e comprométese a adoptar «las medidas precisas para el cumplimiento de la Resolución en las próximas certificaciones que emita sobre los posibles efectos de un proyecto sobre los espacios de la Red Natura 2000 de Galicia.».

    Todo o anterior confirma que apartamentos e cafetería da illa Pancha están nunha situación manifestamente ilegal. Dado que o 30 de xuño finalizará o período de concesión de dez anos concedida á empresa EIROBRA para a explotación da illa Pancha, e que esta pode ser prorrogable por outros cinco anos, temos preguntado á APFSC se, a pesar desta situación irregular, a empresa promotora solicitou prórroga. E, en caso de que así sexa, se teñen esixido ou xa se fixo o estudo de impacto medioambiental preceptivo.

    Ó mesmo tempo, a A VV Por Nuestro Faro escribiu de novo ó Defensor del Pueblo para poñelo ó corrente da situación, xa que, como reza no documento de concesión, esta pode prolongarse de xeito inmediato por outros cinco anos só con que haxa acordo expreso de ambas partes (APFSC e concesionario), o que permitiría seguir cos incumprimentos xa detectados nos expedientes. Na nosa carta pedimos ó Defensor «la apertura de nuevo expediente, la exigencia de estudio de impacto ambiental para cualquier uso más allá del 30 de junio del presente año y actuación en consecuencia».

    Lamentamos que dez anos no teñan sido abondo para que as administracións implicadas fixeran respectar a lei, e que a día de hoxe aínda haxa que chamar a todas as portas -algunhas pechadas e ben trancadas- para protexer o patrimonio dos ribadenses.

    A VV Por Nuestro Faro

20241116

Unha transición responsable para a illa Pancha. A VV Por Nuestro Faro


 Unha transición responsable para a illa Pancha

    Temos entrado xa no décimo e último ano de validez da concesión que permitiu a explotación privada da illa Pancha para montar un negocio hostaleiro. Dende esta perspectiva, e para asegurar unha transición dentro da legalidade, a asociación Por Nuestro Faro xa enviou correos a Puertos del Estado, Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao e ó Concello de Ribadeo.

    O pasado mes de xuño, o Defensor del Pueblo comunicaba á asociación: «la Consejería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda ha remitido un informe en el que manifiesta aceptar la Recomendación formulada, referida al cumplimiento del apartado cuarto del artículo 46 de la Ley 42/2007, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad.». En consecuencia, daba por rematado o intercambio de correos con nós, «ello en la confianza en que la consejería adoptará las medidas precisas para el cumplimiento de la Resolución en las próximas certificaciones que emita sobre los posibles efectos de un proyecto sobre los espacios de la Red Natura 2000 de Galicia.»

    Lembremos que a día de hoxe os proxectos de apartamentos turísticos e cafetería instalados na illa Pancha non teñen estudo de impacto ambiental, e polo tanto están funcionando de xeito totalmente irregular.

    En consecuencia, temos pedido a Puertos e Concello que a asociación Por Nuestro Faro sexa informada «das medidas adoptadas de cara a realizar o preceptivo Estudo de Impacto Ambiental, ou, no seu caso, as que teñan proxectado realizar no lo sucesivo». De igual modo, e tendo en conta de que existe a posibilidade de que a concesión outorgada sobre a illa Pancha sexa prorrogada outros cinco anos, pedimos a estas institucións que, en caso de ser solicitada, «se abra un novo período de exposición pública ó que podan ter acceso todos os veciños de Ribadeo e persoas interesadas, coa debida publicidade [...]». Non hai que esquecer o obscurantismo informativo que levou á sinatura da concesión actualmente en vigor, así como á aprobación das licenzas de actividade e apertura dos negocios que alí funcionan.

    Por otra beira pedimos «que se admita a nosa Asociación POR NUESTRO FARO como parte interesada no expediente, polos antecedentes que figuran nos seus arquivos e por representar a parte da opinión pública». E, por último, «que se nos informe coa debida antelación de todos os trámites e actos administrativos que se produzan neste expediente no lo sucesivo».

    Asemade, témoslle lembrado ó alcalde de Ribadeo que a nosa queixa presentada no Concello o 29 de xullo segue a día de hoxe sen resposta. Ó mesmo tempo que reiteramos a esixencia legal do estudo de impacto ambiental antes de levar a cabo calquera actividade, xestión, ou trámite no terreo concesionado, pedímoslle transparencia e información sobre calquera iniciativa ou proxecto en relación coa illa Pancha do que teña coñecemento.

    Por Nuestro Faro parte da creencia de que Ribadeo ten dereito a participar dun xeito ou outro no destino dun ben común tan emblemático como o é o faro e o seu su entorno. E para que así sexa, os ribadenses deben ser informados do estado da illa Pancha e das iniciativas que se podan levar a cabo. Por outra beira, calquera proxecto que se plantexe na illa Pancha debe cumprir as leis galegas, nacionas e internacionas, e contar cos informes preceptivos.

    En consecuencia, esiximos ás instituciónes implicadas, unha vixiancia e supervisión da legalidade e da integridade dese espazo protexido, neste período de transición que pode ser decisivo no futuro da nosa illa.

A VV Por Nuestro Faro

20240401

Nota de prensa: Por Nuestro Faro recorre a resolución de Augas de Galicia

A illa, antes das obras da cafetería

Por Nuestro Faro recorre a resolución de Augas de Galicia

    Augas de Galicia comunicou á asociación Por Nuestro Faro a resolución na que se comunica a legalización da fosa séptica da Illa Pancha. Nove anos despois de poñerse en marcha o proxecto de hostalería-cafetería, Augas de Galicia autoriza a vertedura de augas residuais domésticas depuradas por infiltración ao terreo. Durante todos estes anos a fosa tivo que cumprir unha función e mesmo adaptarse aos paulatinos cambios e reformas da actividade empresarial alí presente, pero de todo isto non temos certeza xa que a regularización dende o punto de vista legal intervén case a finais do período de concesión.
    Augas de Galicia tampouco ten en conta as alegacións presentadas por esta asociación en 2023, a unha resolución que tamén presenta graves incongruencias. En consecuencia, a asociación Por Nuestro Faro recorreu a resolución alegando en primeiro lugar que "está apoiada en parte en documentos que non teñen validez na actualidade, ó ter cambiado as condicións que aparecen neles".
    Así mesmo, sorpréndenos que se cualifique de "irrelevante" o estudo realizado polo Valedor do Pobo, "a pesar de que nin o solicitante nin Augas de Galicia razoan en ningún momento dita irrelevancia. Nin que dicir ten que cando o Defensor del Pueblo fixo o trámite correspondente, razoou nos seus oito informes -dos que vdes. dispoñen- o porqué da súa relevancia, apoiándose en diversos feitos, como a afección a Rede Natura 2000 ou a falta de estudo de impacto ambiental. En base ás consideracións anteriores entendemos que todas as actuacións no proxecto de apartamentos e cafetería posteriores aos informes do Defensor del Pueblo deberan quedar en suspenso mentres non se realice o preceptivo Estudo de Impacto Ambiental Simplificado, de acordo ca lexislación citada o os devanditos informes de unha autoridade oficial acreditada.»
    Por outra banda, resulta alarmante que, sabendo que o consumo mínimo en Ribadeo se establece en 20 m3/dous meses (120 m3/ano por unidade familiar), a autorización para o vertido de residuais de Augas de Galicia quedou establecida en 58,4 m3/ano para uns apartamentos con capacidade para 8 persoas. «Tamén está moito por baixo da cantidade de 0,25 m3/persoa e día, é dicir, 91,25 m3/ano por persoa que son os aceptados para o cálculo de dimensionado de instalacións industriais. Coas oito persoas potenciais sae un volume de vertidos a autorizar máis de 12 veces maior que os autorizados para a instalación que nos ocupa, o que é sinxelamente un fraude de lei”. Ademais, “en canto á compoñente autorizado para volume de residuais da cafetería, os 15 m3/ano son amplamente sobrepasados por calquera instalación dese tipo”.
    Por todos estes motivos, consideramos necesario revisar e variar a dita resolución.

20231102

A fosa sen legalizar na illa Pancha. AVV Por Nuestro Faro

 


A fosa sen legalizar na illa Pancha

    A fosa séptica da Illa Pancha leva anos en situación irregular.

    Hai exactamente cinco anos e dous meses -en agosto de 2018- a asociación veciñal "Por Nuestro Faro" presentou alegacións a unha proposta de legalización da fosa de "Augas de Galicia", que aínda segue sen resolverse a día de hoxe. Lembremos que aquel proxecto de legalización inconcluso foi presentado despois de que o hotel xa estivese aberto ao público e se aprobaran todos os informes, autorizacións e licenzas pertinentes, sen ter en conta o funcionamento da citada fosa. E así ata hoxe.

    Hai uns días, e aínda que poida parecer unha broma, recibimos resposta de “Augas de Galicia” a aquelas vellas alegaciónss.

    Sabemos dende a actualidade que a sanidade da ría de Ribadeo non é unha cuestión de primeira orde para moitos responsables políticos, non importan os engadidos (escolleiras, peiraos, etc.) que se queiran sumar ao formigón xa presente por banda e banda asturgalaica, que leven por diante biodiversidade e traian areeiras. A Illa Pancha é outro exemplo: non serviron de nada as 8 declaracións escritas do Defensor del Pueblo (con copia no Concello de Ribadeo, no Porto de Ferrol-San Cibrao e na Xunta de Galicia) reclamando un estudo simplificado de impacto ambiental -esixido pola lei, pero nin así-. Se a lei e o Defensor non fan que se mova unha palla en ningunha oficina, é porque nas oficinas non queren que se mova, e esa vontade supera a de pertencer á Rede Natura 2000, ser unha zona de especial protección para aves (ZEPA) ou un lugar de importancia comunitaria (LIC): estes títulos non son os que moven montañas.

    Algo tan sinxelo como a eliminación de residuos, a hixiene básica en calquera país civilizado do século XXI, está no aire, por así dicilo. E máis de cinco anos despois de presentar as nosas alegacións, obtemos unha resposta que non só non ten en conta os aspectos xa mencionados senón que presenta un claro desaxuste coa situación actual da illa e coa actividade que nela se desenvolve.

    Dende a asociación “Por Nuestro Faro” remitimos a “Augas de Galicia” un novo escrito coas alegacións que responden ao correo electrónico recibido e que son, textualmente, as seguintes:

«1º. Consideramos que a demora de cinco anos en emitir este informe podería afectar aos contidos do mesmo. Descoñecemos os controis que se levan efectuado ao longo destes cinco anos das emisións emitidas polos apartamentos turísticos pero evidentemente existe unha contradicción manifesta entre esta demora tan excesiva e o suposto seguimento das devanditas instalacións.

2º. Dende agosto de 2021 está funcionando unha cafetería anexa aos devanditos apartamentos. Descoñecemos se as emisións de dita cafetería están conectadas a algún sistema de depuración ou mesmo se engaden ao verquido que se trata neste informe. No texto deste documento cítase varias veces a devandita cafetería como algo ´´ futurible ´´. Suliñamos tamén esta contradicción entre a realidade actual e un texto que semella redactado polo menos dous ou tres anos antes.

3º. No informe non se citan as condicións que afectan ao verquido por atoparse nun espazo incluído na Rede Natura 2000.

4º. Asemade non se toman en consideración os oito informes do Defensor del Pueblo, aludidos na nosa primeira alegación, nos que se manifesta claramente a ilegalidade de todas as instalacións por carecer o proxecto do preceptivo Estudo de Impacto Ambiental dacordo ca normativa vixente para as zonas incluídas na Rede Natura 2000.

5º. Non consta que o cambio de ubicación da fosa fose avaliado, nen incluído no expediente, nen previsto nas avaliacións iniciais.

EN CONSECUENCIA PROPOÑEMOS QUE SE SUSPENDA A PROPOSTA ACTUAL E SE REDACTE UN NOVO INFORME TENDO EN CONTA OS INFORMES DO DEFENSOR DEL PUEBLO E A FALLA DE ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO, ASEMADE QUE SE INCLUAN OS VERQUIDOS DA CAFETERÍA, O CAMBIO DE LOCALIZACION DA FOSA, E OS IMPACTOS SOBRE A ZONA INCLUIDA NA REDE NATURA 2000.»

A VV Por Nuestro Faro

20230524

Por Nuestro Faro fala con Greenpeace

 Por Nuestro Faro fala con Greenpeace

A asociación Por Nuestro Faro contactou con Greenpeace para pedirlle que interveña na situación irregular da illa Pancha.

Lembremos que Ecoloxistas en Acción xa ten dado en 2022 a bandeira negra á illa Pancha pola carencia de garantías de protección medioambientais, no marco dun proceso irregular, pero neste caso temos decidido ir máis aló e, tras varios contactos telefónicos, temos enviado un escrito a Greenpeace para expoñer a situación.

No texto de dito escrito falámoslles das irregularidades e ocultismo na tramitación dos expedientes a partir do mesmo momento no que se produce a adxudicación dese espazo de forma directa sen concurso público, pero centrándonos sobre todo en «la falta de Estudio de Impacto Ambiental del proyecto que estaba ubicado en la Ría de Ribadeo, incluída en Red Natura 2000 por su declaración como zona ZEPA (art 7.2 de la ley 21/2013 de 9 de diciembre)». Na nosa comunicación explicamos as autorizacións sucesivas (licenzas de obra, de apertura, etc. …) expedidas polo Concello de Ribadeo ós proxectos alí autorizados sen ter esigido en ningún momento o estudo de impacto medioambiental obrigatorio por lei.

Para argumentar a nosa petición, apoiámonos nos informes do Defensor del Pueblo emitidos en 16/02/2017 e 10/02/2023 con motivo das nosas queixas, e que foron remitidos no seu momento por «la Oficina del Defensor al Ayuntamiento de Ribadeo y a la Autoridad Portuaria sin que estos organismos adoptasen ningún tipo de medidas para que se realizase la evaluación de impacto preceptiva».

«En resumen, nuestra comunicación con Geenpeace pretende resaltar el incumplimiento flagrante y sostenido por parte del Ayuntamiento de Ribadeo y la Autoridad Portuaria de la norma española y europea que exige estudios de impacto para realizar determinados proyectos en zonas afectadas por la Red Natura 2000, como es este caso.» 

Ante o inmovilismo persistente de ditas administracións, a nosa petición central a Greenpeace é que estuden o caso para denuncialas ante a Comisión Europea «por su incumplimiento sistemático de las normas mencionadas».

Por Nuestro Faro segurá informando ó pobo de Ribadeo da evolución da nosa petición e das nosas comunicacións con Greenpeace.


AVV Por Nuestro Faro


20230307

Nota de prensa: Por Nuestro Faro pide ó alcalde que aplique a lei

 

A illa Pancha, a vista de satélite

Por Nuestro Faro pide Ó alcalde que aplique a leI

Tras o informe dol Defensor del Pueblo recibido pola asociación e polo alcalde de Ribadeo o pasado mes de febreiro, Por Nuestro Faro tense dirixido ó alcalde para pedirlle que aplique canto antes as resolucións concluíntes de esa institución.

A queixa enviada ó Defensor por parte da nosa asociación tiña como orixe o procedemento administrativo seguido polo Concello de Ribadeo para aprobar a licenza de apertura da cafetería da Illa Pancha, sen ningún tipo de informe medioambiental.

 O correo enviado ó sr. Alcalde di textualmente :


« Como Vde. recordará ou terá constancia polos arquivos do Concello, o proxecto de cafetería foi aprobado pola Xunta de Goberno do Concello de Ribadeo o día 19 de maio de 2020, ou sexa dentro do período de confinamento, cando as oficinas do Concello non estaban abertas ao público, sen que existise un motivo de urxencia xustificado e un mes antes de que o noso grupo poidese acceder ao expediente.

O día 20 de Xullo de 2020, dentro do prazo legal, o noso colectivo presentou un Recurso de Reposición en base ao argumento seguinte: se o proxecto inicial dos apartamentos turísticos requería a realización dun Estudo de Impacto Ambiental Simplificado para evaluar a posible afección aos obxectivos de conservación da Rede Natura 2000 -e así foi admitido pola Autoridad Portuaria-, resultaba obvio que debera ser preceptiva a realización do devandito estudo diante dun novo proxecto de cafetería aberta ao público que multiplicaría os impactos do proxecto inicial.

Con todo o Concello de Ribadeo rexeitou o noso recurso, e sen base xurídica algunha respostounos que os informes do Defensor del Pueblo facían referencia ao proxecto inicial e non serían de aplicación á nova cafetería prevista no segundo proxecto. Unha resposta que cualificamos de incoherente e que só agochaba a decisión de non avaliar os innegables impactos do segundo proxecto. Tamén era evidente a falacia de afastar os impactos do primeiro proxecto dos do segundo, negándose a aplicar a normativa vixente nun espazo da Ría de Ribadeo afectado pola Rede Natura 2000, como ven recollido no art. 7.2 da lei de Impacto Ambiental 21/2013 de 9 de decembro. »

Todos estes extremos foron notificados ao Defensor del Pueblo que xa con data do 2/11/21 nos notificou, como tamén ao Concello de Ribadeo, que “os procedementos establecidos na Lei 21/2013 de Avaliación Ambiental, deben ser previos á autorización sustantiva; e tamén aos actos municipáis de intervención, tanto no outorgamento de licenzas como de supervisión de comunicacións previas, de acordo con a lexislación urbanística”.

O Defensor del Pueblo no seu último informe do pasado mes de febreiro expresa que «el certificado de no afección del proyecto a la red Natura 2000 en la medida en que excluye una evaluación reglada en un gran número de supuestos, debe estar suficientemente motivada conforme a la ley y, por tanto, debe incluir todos los efectos apreciables que puedan producirse durante la ejecución y explotación del proyecto y estar referida a los objetivos de conservación del espacio, de manera que quede acreditado que no se afecta a la integridad de dicho espacio.» […] «Si no se valoran todos esos efectos, no puede decirse que la valoración haya sido adecuada ni que la Administración se haya asegurado de que el proyecto no perjudica la integridad del espacio».

Agora Vdes teñen, como temos nos, a evidencia documental e xurídica de que veñen mantendo un procedemento administrativo irregular, ou sexa fora da norma esixida, e que os dous proxectos de Apartamentos e Cafetería na Illa Pancha, desdobrados por unha decisión inxustificable, deberan ter sido sometidos ao preceptivo Estudo de Impacto que esixe a lexislación devandita.

En consecuencia, pedimos ao Concello de Ribadeo que teña en consideración os informes do Defensor del Pueblo, aplique a lei, rectifique e revoque as decisions tomadas á marxe da esixencia legal do Estudo de Impacto Ambiental, e no caso de que non se realice urxentemente queden sen efecto as licenzas de actividade dos apartamentos e da cafetería da Illa Pancha. »


A VV Por Nuestro Faro

20230217

O Defensor del Pueblo ve ilegal tamén a cafetería. Nota de prensa de Por Nuestro Faro

O Defensor del Pueblo ve ilegal tamén a cafetería


Esta semana a asociación veciñal «Por Nuestro Faro» recibiu unha nova resolución do Defensor del Pueblo onde volve a insistir, por séptima vez, na situación de ilegalidade na que se atopa a IllaPancha.

Lembremos que os proxectos levados a cabo nela carecen de Estudo de Impacto Medioambiental. Xa no 2016 a situación foi denunciada pola asociación cando se aprobou a instalación dos apartamentos turísticos no antigo faro, presentado como proxecto desdobrado da cafetería. O 16 de febreiro de 2017 o Defensor na súa resposta tiña informado que a lei 21/2013 de Avaliación Ambiental exixía facer un estudo de impacto medioambiental. Daquela, a Autoridad Portuaria comprometeuse a facelo, pero nunca se fixo.

En maio de 2020 o Concello de Ribadeo concedeu a licencia de obra para a cafetería proxectada na illa Pancha. A asociación veciñal «Por Nuestro Faro» presentou entón un recurso que foi desestimado polo Concello, e o proxecto levouse a cabo a pesar de non contar con ningún estudo medioambiental, e cun impacto claramente incrementado pola dobre actividade que ía desenvolverse na illa. Ante a situación, Por Nuestro Faro, presentou unha nova denuncia ante o Defensor del Pueblo, pois o Concello de Ribadeo e a Autoridad Portuaria seguían dando continuidade á explotación dun espazo protexido sen tomar as medidas necesarias para facer efectiva dita protección. No informe recibido pola nosa asociación a semana pasada, o Defensor cuestiona directamente o xeito no que se deu por feito que non hai efectos significativos no medio ambiente. E di textualmente:

«[...]en el análisis de la afección de un proyecto a un espacio protegido que forme parte de la red Natura 2000, la consellería ha de tener en cuenta todos los impactos del proyecto: tanto los derivados de la fase constructiva como los derivados de la fase de explotación. Además la valoración de los efectos del proyecto sobre el medio ambiente ha de ponerse en relación con los objetivos de conservación del espacio protegido. Ambas cuestiones son exigencias legales[...]»

Asemade, indica que «de acuerdo con el artículo 46.4 de la Ley 42/2007, del Patrimonio Natural y la Biodiversidad, cualquier proyecto que pueda afectar de forma apreciable a las especies o hábitats de los espacios incluidos en la red Natura 2000 [...]debe someterse a una adecuada evaluación de sus repercusiones en el espacio, teniendo en cuenta los objetivos de conservación de dicho espacio. A la vista de las conclusiones de la evaluación, el órgano competente para aprobar o autorizar el proyecto sólo puede aprobarlo o autorizarlo tras haberse asegurado de que no causará perjuicio a la integridad del espacio en cuestión. Con fundamento en este precepto (que es transposición de la Directiva Hábitats) los órganos encargados de la gestión de los espacios protegidos deben pronunciarse antes de aprobar el proyecto sobre si existe una afección apreciable al espacio protegido (en cuyo caso se someterá a evaluación de impacto ambiental ordinaria o simplificada) o sobre si no existe tal afección, en cuyo caso emitirá una certificación de no afección.

En consecuencia, «el planteamiento que esta institución sostiene es que para emitir una certificación de no afección (en el caso planteado en la presente queja y en cualquier otro) deben tenerse en cuenta todos los efectos característicos o propios del proyecto, no solo los de la fase constructiva sino también los asociados a la explotación del proyecto. Si no se valoran todos esos efectos, no puede decirse que la valoración haya sido adecuada ni que la Administración se haya asegurado de que el proyecto no perjudica la integridad del espacio.

Por otro lado, el citado precepto establece que la valoración de los posibles efectos del proyecto debe realizarse teniendo en cuenta los objetivos de conservación del espacio, los cuales no se mencionan en los informes realizados. La isla forma parte de una ZEC y de una ZEPA en atención a sus valores ecológicos como cantil costero. Aunque en la isla no existan hábitats de interés comunitario, o esa zona tenga una protección menor que otras dentro del espacio, desempeña una función ecológica en el conjunto de ecosistemas protegidos, pues de lo contrario, no estaría incluida en la delimitación del espacio. Esa función no debe verse perjudicada de forma apreciable por el proyecto, por tanto, una motivación concluyente al respecto es ineludible en la valoración ambiental de los posibles efectos apreciables del proyecto.

En conclusión: el certificado de no afección del proyecto a la red Natura 2000 en la medida en que excluye una evaluación reglada en un gran número de supuestos, debe estar suficientemente motivada conforme a la ley y, por tanto, debe incluir todos los efectos apreciables que puedan producirse durante la ejecución y explotación del proyecto y estar referida a los objetivos de conservación del espacio, de manera que quede acreditado que no se afecta a la integridad de dicho espacio.»

Por todo o anterior, para rematar, o Defensor del Pueblo na súa conclusión ditamina a forma en que debe expresarse e materializarse a protección do espazo da Illa Pancha, para que non exista ningunha duda ó respecto:

    «Que cuando expida una certificación de no afección de un proyecto a un espacio protegido que forme parte de la red Natura 2000, motive expresamente en la resolución que, conforme a lo dispuesto en el artículo 46.6 de la LPNB, en la evaluación previamente practicada para determinar que las repercusiones no son apreciables, se han cumplido los siguientes requisitos:

    1. Que se han valorado todos los efectos del proyecto, tanto los que deriven de la ejecución de las obras como de la explotación de las instalaciones.

    2. Que se han tenido en cuenta los objetivos de conservación de dicho espacio y no se perjudica su integridad.»

Dende a asociación de veciños «Por Nuestro Faro» condenamos a irresponsabilidade das institucións, que a día de hoxe seguen permitindo que a illa Pancha leve case 8 anos en situación ilegal. Por elo instamos á Xunta de Galicia, á Autoridad Portuaria e ó Concello de Ribadeo a que apliquen a lei para garantizar unha protección real e transparente na illa Pancha.


A VV Por Nuestro Faro



20221202

A insoportable levedade de «Por nuestro faro». Covadonga Suárez

A illa da Creba, na ría de Muros e Noia

 A insoportable levedade de «Por nuestro faro»

En 7 anos de loita polo público, nunca nos sentimos tan pequenos como o pasado verán, cando todos os xornais recollían en portada a chegada salvadora do señor alcalde de Ribadeo ás portas de ferro da illa Pancha, para abrilas por mandato da Autoridade Portuaria, como se estivese a liberar aos prisioneiros dun campo de concentración. O espectáculo, dunha teatralidade sen precedente, parecía escenificar unha heroicidade onde en realidade só había acatamento. Con todo, as ameazas de aparecer cunha radial para acabar despegando unha placa, marcaron os titulares dun momento cinematográfico entre «A matanza de Texas» e o desembarco de Normandía.

A resolución do TSXG contra a empresa concesionaria e a resolución de Portos de abrir a illa son unha excelente noticia, a pesar da inacción da Autoridade Portuaria durante todo este tempo e os notables esforzos do Concello por cubrir de silencio o asunto, sen esquecer a súa gran habilidade para surfear as ondas do Panchorro segundo van vindo.

Por nuestro faro dirixiuse a Portos de Ferrol-San Cibrao en numerosas ocasións, pero aínda máis ao Concello de Ribadeo, por ser este, en última instancia, quen daba as licenzas de obra e de apertura, a pesar de non contar con fosa séptica legalizada, con informe ambiental, e non respectar a apertura ao público, que era a condición explícita para a concesión de devandita licenza. Tiveron que aparecer sentenzas do TSXG (tras unha denuncia do concesionario ao Concello, non por ningunha iniciativa do alcalde) e a resolución definitiva de Portos para que Fernando Suárez acudise ás portas dunha Illa Pancha que levaba 7 anos pechada aos ribadenses.

Nestes anos a asociación de veciños Por nuestro faro dirixiuse ó Valedor do Pobo, organismo en Galicia encargado de facer respectar a transparencia e o dereito á información, para reclamar respostas ao Concello de Ribadeo. Tamén nos diriximos ó Defensor do Pobo en varias ocasións, quen nos deu a razón e pedira o informe ambiental a Portos de Ferrol-San Cibrao: trátase dun informe inexistente aínda a día de hoxe, xa que Portos non o esixiu á empresa concesionaria nin o Concello mostrou ningún interese por esixilo a Portos. Igualmente dirixímonos a Ecoloxistas en Acción para exporlles o problema, quen ante o silencio reiterado das institucións, decidiron outorgar a bandeira negra 2022 á Illa Pancha.

Tamén chamamos recentemente ás portas do grupo parlamentario do BNG cando nos decatamos de que o Bloque reclamaba a illa da Creba como pública, traballando de xeito conxunto xunto á 'Plataforma pola recuperación da illa da Creba'. Un BNG en defensa do público era todo o que a asociación «Por nuestro faro» quería para Ribadeo. Pouco despois empezaron a moverse as cousas, e, aínda que ninguén dos de aló arriba nos mencionounos en ningún momento, os agradecementos doutros fannos pensar que estes anos de loita non foron en balde.

Pero non imos perder o tempo dándonos palmadiñas no ombreiro. En primeiro lugar estimamos, e así o di a lei de Costas, que a natureza e o mar non debe ter portas. Dicir que podemos entrar de tal hora a tal hora nunha praia como se fose un museo é pouco menos que ridículo. Porque, se pór portas ao campo é posible é debido á privatización dun espazo que nunca debeu ser explotado por particulares. Seguimos pensando que a illa Pancha é de todos, e iso non será efectivo mentres haxa unha porta e un negocio dentro.

Obtivemos o acceso libre en horario restrinxido, e é un triunfo, pero non a panacea que nos vende estes días na prensa o noso alcalde. É inaceptable declarar: «nada temos que obxectar ás actividades que o Estado poida concesionar nesta illa», como xa declarou outras veces, e despreocuparse das consecuencias. Iso significa que a illa non é de Ribadeo senón do goberno español de quenda, -neste caso foi o PP de Rajoy o que impulsou a reconversión dos faros en hoteis a través do programa «Faros de España»- e que pode facer o que considere oportuno. É dicir, que alí poden montar a marimorena, sexa ou non patrimonio público, sexa ou non un lugar emblemático para Ribadeo, sexa ou non un espazo protexido pola lei Natura 2000.

Seguimos sen estudo de impacto ambiental, e descoñecemos se o alcalde vai esperar outros 7 anos para reclamalo como mensaxeiro de Portos, a Xunta ou o goberno español, así que pese á nosa insoportable levedade como asociación, dende Por nuestro faro imos seguir esixindo garantías para que a illa Pancha sexa un espazo público e protexido, para todos os efectos. Non como agora, unha illa en mans alleas onde, grazas á sinalización explícita, todo o espazo transitable é unha cafetaría e os seus accesos, en horarios comerciais.

Covadonga Suárez, presidenta da AVV Por nuestro faro

20220831

Por Nuestra Faro agarda novas do Defensor del Pueblo

 AVV Por Nuestro Faro

Nota de prensa

31 de agosto de 2022


Por Nuestra Faro agarda novas do Defensor del Pueblo


 O pasado 22 de Agosto a AAVV “POR NUESTRO FARO” dirixiuse de novo ao defensor del Pueblo solicitando información sobre a situación da nosa queixa remitida. O motivo desta última queixa foi a falla de Estudo de Impacto Ambiental no proxecto da cafetería que ven funcionando na Illa Pancha dende Agosto de 2021.

Os antecedentes son os seguintes: O 19 de maio de 2020 o concello de Ribadeo aprobou o proxecto de obra da cafetería despois de tramitalo no segredo dos despachos en plena pandemia do Covid 19. O 20 de xullo seguinte, a AAVV “POR NUESTRO FARO” presentou un recuso de reposición pola falla de Estudo de Impacto Ambiental no devandito proxecto. O noso argumento era sinxelo: Se os apartamentos tiñan que estas suxeitos ao Estudo de Impacto, con mais motivo o tería que esixir o proxecto de cafetería engadido ao anterior. A resposta do Concello tamén foi sinxela: Agora non procedía o Estudo de Impacto. Xustificación xurídica: ningunha. Deseguido o noso colectivo presenta unha queixa ao Defensor del Pueblo que nos resposta o día 2/XI/21. Da sua resposta resumimos os dous puntos mais significativos:

1º E preceptivo que os Estudos de Impacto Ambiental se realicen ANTES DE DAR AS LICENZAS.

2º O Concello resposta con evasivas ao Defensor sobre o Estudo de Impacto. (Comentario noso: Resulta obvio que non existía, dado que eso foi a sua resposta ao noso recurso).

O paso seguinte do Defensor é solicitar informes da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, pero esta aínda non respostara en marzo de 2022, polo que a oficina do Defensor vese obrigada a reiterar a petición de informes naquela data. Agora, seis meses despois da última comunicación desta oficina ao noso grupo, temos que dirixirnos de novo ao Defensor para tentar actualizar esta información tan sinxela: ¿Hai Estudo de Impacto Ambiental ou non o hai? ¿Que está sucedendo? Que a Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo están toureando ao Defensor del Pueblo e desautorizando a súa función para dar largas e consolidar a privatización ilegal da Illa Pancha.

Xa temos demostrado en numerosas ocasións que non hai unha soa denuncia presentada polo noso grupo que non se axustase a verdade e á normativa legal vixente en Europa e no Estado Español. Hai un mes que a Autoridade Portuaria, despois de darlle mil voltas durante sete anos e de tramitar un expediente de todo punto ilegal dende o primeiro día, obrigou a abrir as portas de acceso dentro de un horario limitado.

O Concello de Ribadeo non fixo mais que abeirarse aos criterios (e intereses) da Autoridade Portuaria poñéndose de costas aos informes xurídicos do Defensor del Pueblo. Debemos suliñar mais unha vez que non existe ninguna xerarquía administrativa entre os concellos e as autoridades portuarias, polo tanto o concello de Ribadeo é libre e independente á hora de conceder as licenzas e se decide abeirarse á Autoridade Portuaria é por unha decisión puramente política da sua exclusiva responsabilidade.

Quedamos na agarda da resposta do Defensor e anunciamos que haberá novas frescas nos próximos días.

20220830

Nota de prensa de #eólicosasínon

    As plataformas para tentar un aproveitamento sustentábel da enerxía eólica seguen o seu curso, neste caso, na procura de apoios:

Eólicos no monte Pindo. Lic. CCBYSA3.0 de Lmbuga en https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Enerx%C3%ADa_e%C3%B3lica_-_O_Pindo_-_Galicia.jpg

Tres plataformas veciñais piden posicionamento á Asociación InterEo, Concellos e xestores da Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”.

A potencial implantación masiva de complexos eólicos na Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”, coloca en alto risco a declaración da Reserva da Biosfera, debido á degradación ambiental e social causada polo impacto acumulado desta proposta de invasión.

Conxuntamente, as plataformas veciñais Xente de Oscos-Eo, Stop Eólicos Negueira e Eólicos na Mariña, Así Non promoveron e apoiaron a campaña estatal promovida por ALIENTE (Alianza Energía y Territorio) pola cal se solicita unha moratoria científica en tódalas Reservas de la Biosfera ata que se realice o “estudo sobre a viabilidade de instalacións eólicas, fotovoltaicas e termo solares, incluída a repotenciación, e infraestructuras asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera en España”.

Esta solicitude foi presentada ó Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD) o pasado mes de xullo, sendo apoiada por 447 colectivos vinculados a 35 Reservas da Biosfera de toda España. Cabe resaltar que la Reserva de la Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón” é a que máis apoios tivo con 134 colectivos de diferente índole (Concellos, asociacións veciñais e culturais, montes veciñais de man común, empresas de diversos sectores, etc), mostrando o crecente rexeitamento social á invasión eólica que se está pretendendo impoñer na nosa Reserva da Biosfera.

As Plataformas lamentan que ante a gravidade da situación, non haxa un claro posicionamento para defende-la Reserva da Biosfera nin por parte dos Concellos, nin por parte dos xestores, xa que ata o momento apenas dous Concellos, o de Negueira de Muñiz e o de Santalla de Oscos, se adheriron á campaña (que segue aberta para novas adhesións).

As Plataformas denuncian que a ameaza de invasión é real (ver Táboa 1) e que a proposta de macroproxectos centralizados non é a solución por presentar graves problemas tales como: (I) o seu potencial é limitado e menor do actual consumo enerxético, (II) depende de materiais escasos, (III) tén unha gran dependencia fósil (para a extracción de materiais, fabricación e instalación) e (IV) está centrado na electrificación (que supón o 20% do consumo actual).

Táboa 1. Número de aeroxeneradores e potencia en funcionamento e en tramitación dentro da Reserva da Biosfera e na área de influencia de 10km


En funcionamento

En tramitación


Nº aeroxeneradores

Potencia (MW)

Nº aeroxeneradores

Potencia (MW)

Dentro da Reserva da Biosfera

286

318,06

333

1082,705

Na área de influencia de 10km

150

200,33

264

1031,86

Ademáis, as Plataformas apuntan que existen alternativas. Tomando como base la filosofía das Reservas da Biosfera de ser un instrumento para “exemplificar un novo modelo de relación do ser humano coa Natureza”, as Plataformas apuntan que a Reserva da Biosfera é un escenario fantástico para propoñer unha transición enerxética xusta, baseada nun modelo de enerxía renovable distribuído, promovendo o aforro enerxético, o autoconsumo e a eficiencia enerxética. Unha transición que poña ás persoas e tódalas formas de vida no centro.

Por fin, as Plataformas novamente solicitan ó Concellos e Órgano Xestor posicionamento, adhesión á campaña e unha reunión para discuti-la problemática eólica e o posicionamiento ante a mesma.

Máis información da campaña en: https://aliente.org/moratoria-cientifica-reservas-de-la-biosfera


20220818

Acceso á illa Pancha: teatro e realidade. Nota de prensa AVV Por Nuestro Faro

 

Acceso á illa Pancha: teatro e realidade

(Nota de prensa AVV Por Nuestro Faro)

Dado que o Concello de Ribadeo está publicando notas con información nesgada sobre o asunto do Faro e da Illa Pancha vémonos na obriga de clarexar algúns puntos para dar unha información veraz á opinión pública.

1. O Concello de Ribadeo apoiou dende o primeiro momento a proxecto de privatización da Illa Pancha promovido pola Autoridade Portuaria, non só porque o alcalde o considerase «un premio para Ribadeo» (El País, 24 de abril de 2015). Hai outros exemplos, como unha carta á Autoridade Portuaria (08/06/2017, web do Concello) onde o alcalde escribe «Que quede claro, e digo outra vez máis, que nunca dixemos que alí non podía existir un hotel, que non podía existir unha cafetería ou que non podía existir unha tenda de roupa».

2. O Concello escribe á Autoridade Portuaria hai dous meses informando sobre o que todo o mundo sabe : que a porta da illa está pechada. Pero hai 7 anos que isto é así. Lembremos que en 2017 Fernando Suárez autoriza a reapertura do hotel tras as deficiencias técnicas observadas, e solventadas, segundo os técnicos. Nesta ocasión Fernando Suárez informa de que o promotor remataba de presentar unha terceira declaración responsable ademais de garantir o «acceso público á mesma Illa Pancha». Como sabemos o acceso público nunca foi respectado polo concesionario nin esixido polo Concello. Catro anos despois, o concesionario, coa apertura da cafetería decidiu abrir a illa en función de horarios ditados polo seu propio interese comercial, sen que iso supuxese o máis mínimo problema para o Concello de Ribadeo. Coa recente resolución da Autoridade Portuaria de abrir a illa ao público, o Concello acata -porque llo mandan expresamente- unha das condicións de apertura do hotel. Cinco anos despois da reapertura.

3. O Defensor del Pueblo informou á Autoridade Portuaria e ao Concello o día 16 de febreiro de 2016 de que o proxecto era ilegal porque lle faltaba o Estudo de Impacto Ambiental que esixe a lexislación vixente española e europea en zonas afectadas pola Rede Natura 2000. O Sr. Alcalde púxose de costas e consultou a súa opinión á Autoridade Portuaria que respondeu con evasivas e sen ningún argumento xurídico. O Defensor emitiu cinco informes máis (ata o 18 de outubro) ratificándose no seu informe inicial. A Autoridade Portuaria acabou recoñecendo que era preceptivo o Estudo de Impacto Ambiental pero non o realizou. O Concello seguiu poñéndose de costas e aínda aprobou o proxecto de cafetería o día 18 de maio de 2021, sen este estudo obrigatorio por lei.

Polo tanto o Sr. Alcalde non informa da realidade cando afirma que se seguiron os trámites legais. O que se seguiu foron as instrucións da Autoridade Portuaria pero non a lexislación vixente. Aínda máis, no pleno do 23 de marzo de 2017, no que estivemos presentes, o Sr. alcalde declarou que o Defensor del Pueblo podía ser un incompetente. Folgan comentarios.

4. O Concello segue defendendo o dereito da Autoridade Portuaria a regular as entradas e saídas e a concesionar un edificio do que non fai uso dende 1981, e ese é un asunto no que imos incidir, porque non hai ningunha norma legal que ampare o devandito dereito. Véxase o artigo “Los Faros españoles: evolución legislativa y régimen de utilización” (Angel Menéndez Rexach. Profesor emérito Universidad Autónoma de Madrid. 2021).

A AVV “Por Nuestro Faro” seguirá defendendo os intereses dos veciños de Ribadeo e dos visitantes a facer un uso totalmente libre da Illa Pancha porque é un dereito democrático e legal como temos demostrado en infinidade de ocasións. Sen ir mais lonxe a illa do faro de Tapia está totalmente aberta ao público sen ningún tipo de limitacións. Que nos expliquen por que alá si e aquí non, e deixen de xogar con radiais e querellas.

20220810

As datas esquecidas no acceso á Illa Pancha. AVV Por Nuestro Faro

Os faros de Illa Pancha, por Hugo Vital Hidalgo, na Galipedia, Lic. CC BY SA 3.0

 

As datas esquecidas no acceso á Illa Pancha

Expoñemos deseguido as datas máis significativas e os trámites, moi resumidos, do asunto do acceso á Illa Pancha polos veciños e visitantes. Non entramos aquí en outras graves irregularidades como é a falla de Estudo de Impacto Ambiental, preceptivo en Rede Natura 2000, a fosa séptica sen resolución dende agosto de 2018, o desdoblamento do proxecto, etc.

Véxanse as datas e os pasos deste proceso:

Decembro de 2103: A Autoridade Portuaria anuncia a posta en marcha do Programa « Faros de España ».

Febreiro de 2014: O proxecto da Illa Pancha chega a Ribadeo pero o Concello non informa ao vecindario.

24 de xullo de 2014 : O Concello informa favorablemente o proxecto pero non informa ao vecindario. Tampouco esixe a entrada libre, que xa era o momento para deixalo claro e non admitir nengún trámite máis sen que esto quedara sentado. Tampouco lle pon pegas ao uso exclusivo da illa para os usuarios dos apartamentos. Este é o primeiro documento do Concello en relación cun proxecto que xa levaba seis meses en Ribadeo

24 de abril de 2015 : O Sr. Alcalde de Ribadeo declara ao diario El País que o proxecto de Fomento é “un premio para Ribadeo” pese a que a porta estará pechada ao público.

30 de abril de 2015: Nace “Por Nuestro Faro” como un grupo de Facebook chegando en poucos días aos 700 afiliados. Recollida de sinaturas contra o proxecto, máis de 2600.

30 de xuño de 2015: Apróbase a concesión pola Autoridade Portuaria por vía directa, ou sexa, sen concurso público. O alcalde non di nada, o Concello non esixe o seu dereito a presentar un proxecto propio nen defende o dereito de outras empresas a concursar. O proxecto xa leva no Concello máis de un ano.

Xullo de 2015: Accións e movilizacións do colectivo Por Nuestro Faro. Manifestos baseados en Non á privatización, acceso libre a Illa Pancha.

Novembro de 2016: O Sr. Alcalde recoñece de palabra por primeira vez que o acceso a Illa Pancha debe ser libre “Esto non Grecia, as illas non se poden privatizar” (menudo desliz).

Decembro de 2017: O Concello concede a licenza de apertura dos apartamentos ca condición de que a porta da illa esteña aberta ao publico, pero este pequeno matiz non se comunica á opinión pública.

Os apartamentos empezan a dar servizo exclusivamente ás persoas que aluguen unha habitación. A porta está pechada e o Concello non se comproba se se cumplen as condicións da licenza, ou sexa, se a porta está aberta ou non.

Xuño de 2018: O Colectivo Por Nuestro Faro solicita o acceso ao expediente do proxecto. O Concello non resposta en dous meses. O colectivo Por Nuestro Faro recurre á Valedora do Pobo Galego esixindo a aplicación da Lei de Transparencia. Os apartamentos levan medio ano funcionando ca porta de acceso pechada ao público e o Concello non o comproba.

Xaneiro de 2019: O colectivo Por Nuestro Faro accede ao expediente despois de seis meses de solicitalo porque a Valedora do Pobo Galego obliga ao Concello a cumplir a lei de transparencia. O colectivo descubre por primeira vez o documento de inspección onde consta que a porta estaba aberta as duas da tarde do día 1 de decembro de 2017 (¡qué casualidade!), o que deu pe a conceder a licencia de apertura.

Abril de 2019: O colectivo Por Nuestro Faro denuncia ao Concello que a porta sigue pechada despois de verificalo repetidamente. O Concello non resposta .

Xuño de 2019: O colectivo denuncia os feitos á Fiscalía de Mondoñedo.

Setembro de 2019: A Fiscalía resposta que a porta debe estar aberta dacordo ca lexislación vixente, pero non é delicto penal e remata a sua actuación. O colectivo publica a resposta da fiscalía. A porta segue pechada.

Outubro de 2019: O Concello comunica á concesionaria que debe manter aberta a porta da illa ao acceso libre da veciñanza e visitantes, e advirtea do posible uso do decreto 144/2016 da Xunta de Galicia que o faculta para suspender a lizenza de actividade por incumplimento das condicións, pero o Concello non aplica nengunha medida eficaz e a porta segue pechada. Neste momento xa van 21 meses cos apartamentos funcionando sen que o Concello tome medidas eficaces para cumplir as condicións da licenza.

Agosto de 2021: A porta de acceso á Illa Pancha ábrese a algunas horas para o acceso á cafetería. O resto do ano segue pechada, con algunha apertura esporádica.

Agosto de 2022: A Autoridade Portuaria esixe a apertura parcial da porta da Illa en horarios controlados.

En resumen, o Concello de Ribadeo nunca esixiu a apertura da porta de acceso á Illa Pancha por iniciativa propia. Cando o fixo foi polas denuncias do colectivo Por Nuestro Faro que demostrou a flagrante ilegalidade da situación. Ainda máis, deixou que actividade seguise durante 21 meses sen comprobar o cumprimento da licenza e cando tomou algunha medida foron simples notificacións, pero non se aplicou a lei que esixe o cumplimento das licenzas con peche da actividade en caso de incumprimento grave.

20220720

Comunicado da AVV Por Nuestro Faro: A ILLA PANCHA TAMEN E DO POBO


¡¡¡ A ILLA PANCHA TAMÉN E DO POBO !!!

Nas últimas semanas a PLATAFORMA POLA RECUPERACION DA ILLA DA CREBA e o BNG veñen de reactivar, con notable impacto mediático o asunto da privatización da Illa da Creba, na Ría de Muros, que estaba paralizado dende 2007. Dado que este tema garda certo paralelismo co caso de Illa Pancha estámolo a seguir con atención e solicitamos por varias vías aos dirixentes do grupo nacionalista e aos medios que lle dediquen un interese semellante.

A prensa e as das redes sociais subministran abonda información sobre as iniciativas do BNG, que ten rexistrado varias propostas no Parlamento Español dirixidas a denunciar a privatización da Illa da Creba e a realización nela dunhas obras presuntamente ilegais. Xa no 2007 o mesmo grupo, que daquela formaba parte do goberno bipartito na Xunta de Galicia presentou unha moción no Parlamento Galego co mesmo obxectivo. Aquela moción foi aprobada por unanimidade, aínda que posteriormente non se chegasen a adoitar medidas prácticas para o seu cumprimento. Asemade o pasado 9 de xullo un grupo de activistas do BNG fixeron unha ocupación pacífica e simbólica da Illa da Creba e alí plantaron unhas letras co lema A CREBA É DO POBO. Dende a AAVV “POR NUESTRO FARO” non podemos mais que felicitar aos autores desta mobilización e solicitar estar en contacto para próximas actividades porque desexaríamos participar e colaborar para conquerir a máxima difusión destas accións e máis posibilidades para outras situacións semellantes que se podan dar no noso país.

Ao mesmo tempo solicitamos á dirección o do BNG que estude polo miúdo o proceso de privatización da Illa Pancha de Ribadeo. Algo que poderíamos explicar a través de unha entrevista, que xa solicitamos a Nestor Rego, para analizar o tema conxuntamente dende o comezo do proceso de privatización. De aceptar esta proposta verase que non son tan grandes as diferenzas entre o caso da Illa da Creba e o caso da Illa Pancha. Tamén que este último ten o agravante de que hai seis informes do Defensor del Pueblo que corroboran amplamente as irregularidades do proxecto de Apartamentos Turísticos (que, entre outras cousas, carece do Estudo de Impacto preceptivo nos espazos protexidos pola Rede Natura 2000). Por non falar de que tamén hai catro sentencias xudiciais (algunhas recorridas) que dan a razón en todos os puntos ás propostas do noso colectivo. Moi particularmente no asunto da limitación do acceso aos veciños e visitantes que só poden entrar na illa para o uso da cafetería cando a Lei de Costas, as sentencia devanditas e diferentes informes, incluídos os da Fiscalía de Mondoñedo confirman sin ningún xénero de dubidas que a porta blindada da Illa Pancha construída en 1980 é decididamente ilegal á luz da lexislación vixente.

Consideramos que hoxe, a resolución da situación é un problema político. A devolución aos veciños do uso libre e lexítimo da Illa Pancha pasa pola aplicación decidida da lexislación vixente por parte do concello, gobernado polo BNG dende 2007 (dende 2011 con maioría absoluta). Tanto revisando a concesión de licenzas de obra feitas sen Estudo de Impacto Ambiental, como suspendendo a licenza de actividade concedida o día 1 de decembro de 2017 coa condición de acceso libre dos veciños e servizos de seguridade. Unha condición que non se ven cumprindo de xeito regular ata o dia de hoxe.

En resume apoiamos a iniciativa da Plataforma pola Defensa da Illa da Creba e felicitamos ao BNG pola súa defensa do público en Muros, ao tempo que solicitamos o seu apoio na defensa do público na Illa Pancha.

¡¡¡ A PANCHA E A CREBA SON DO POBO !!!

AAVV POR NUESTRO FARO

Ribadeo 18 de xullo de 2022

20220621

Bandeira Negra para a Illa Pancha. Comunicado da AVV Por Nuestro Faro


Bandeira Negra para a Illa Pancha

    O 14 de xuño, a confederación de grupos ecoloxistas de España coñecida co nome de Ecoloxistas en Acción, presentou o informe «Bandeiras Negras 2022». Como cada ano, os ecologistas publicaron a lista dos casos máis relevantes de contaminación e mala xestión ambiental do litoral español. E desas 48 bandeiras negras, unha delas foi para a Illa Pancha de Ribadeo.

    Nese informe, 22 páxinas están dedicadas a Galicia, das cales, nada menos que catro foron destinadas a explicar exclusivamente a situación da illa Pancha. O motivo para esta deshonrosa distinción é, en palabras de Ecoloxistas en Acción, a mala xestión ambiental, en concreto, a falta de estudo de impacto ambiental malia as figuras de protección coas que conta ríaa de Ribadeo: «Zona Especial de Conservación ‘Río Eo’, ZEC E1120002, Humedal Protexido ‘Ría de Ribadeo’, Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) ‘Río Eo’ e ‘Ribadeo’, Zona Húmida de Importancia Internacional (Convenio Ramsar) «Ría do Eo» e Zona de Especial Protección das Aves, ZEPA E0000085.»

    A confederación ecologista lembra que o Defensor do Pobo pedira un estudo de impacto ambiental trala intervención da asociación de veciños Por Nuestro Faro. Finalmente Puertos de Ferrol-San Cibrao comprometeuse a esixirllo á empresa concesionaria, pero nunca chegou a cumprir tal esixencia. Doutra banda, o Concello de Ribadeo tampouco tiña expresado ningún reparo nin efectuado ningunha reclamación respecto diso.

    O informe de Ecoloxistas en Acción sinala á Autoridade Portuaria e ao Concello como as institucións responsables da actual situación en Illa Pancha. Nos antecedentes deste caso subliñan permanentemente as decisións e as evasivas de Puertos, así como as licenzas e silencios do Concello de Ribadeo, claves en todo o proceso. Tamén repasa a historia da actividade da A VV Por Nuestro Faro, o seu compromiso co patrimonio e o medio ambiente fronte ás irregularidades na tramitación do expediente para o uso privado e turístico da illa.

    O informe lembra tamén a opacidade fronte a certos problemas, por exemplo a falta de información con respecto aos vertidos á Ría de Ribadeo. Lembremos que se descoñece o sistema de evacuación, dado que a illa Pancha conta cunha fosa séptica a día de hoxe sen legalizar, con todo o que iso supón, sen que de portas para fóra os ribadenses poidan imaxinarse a xestión dos residuos.

    Para rematar, o informe achega a solución para mellorar esta situación:

    «Solucións ou propostas de mellora: Revisión do expediente completo de concesión, realización dos estudos preceptivos e reevaluación das solicitudes de licenza das dúas actividades. Restitución inmediata do dereito de libre acceso do público á Illa Pancha. Suspensión da eficacia das licenzas de actividade por parte do concello de Ribadeo mentres non se cumpra o anterior, por afectar non só ao impacto ambiental e ao dereito de acceso senón tamén á seguridade dos usuarios e usuarias en caso de urxencia.»

    Só nos queda dicir que Por Nuestro Faro seguirá de cerca os esforzos das institucións por corrixir a situación que levamos 7 anos denunciando.

A VV Por Nuestro Faro