20240412

Pleno. Cheo ou baleiro?

    Martes 16 de abril ás oito da tarde terá lugar un novo pleno do concello de Ribadeo. Deixo en baixo a convocatoria que remato de ver, posta de onte na sede electrónica do concello.

    Dicir que, convocatoria extraordinaria, e polo tanto libre de cousas como lectura de actas ou rogos e preguntas, está adicada na súa totalidade a cuestións económicas, difícilmente interpretables sen coñecemento extra, pero con preponderancia total de 'suplementos de crédito' e inclusión dun 'préstamo', que visto o texto, suponse extra. Algo que chama a pensar se as arcas do concello están cheas ou baleiras. E o pleno, estará cheo de público ou baleiro?



Ningún comentario: