20240122

Nota de prensa. BNG e pistas multideporte

    Adxunto nota de prensa recibida esta mañá:

Nota de prensa

O BNG de Ribadeo pregunta cando se van solucionar os problemas das pistas multideporte.

 

    O concelleiro do BNG Martín Graña di que o goberno do PP mostra deixadez xa que esta cuestión, como é a falta de luz ao caer a noite ou o acendido a altas horas da madrugada, xa se levou a pleno hai 4 meses e o goberno municipal foi incapaz de solucionar os problemas que daquela xa se sinalaron. 

    “Preguntámonos como é posible que unhas pistas deportivas que son utilizadas masivamente pola xuventude estean durante tantos meses neste estado recortando así o tempo útil de uso. É intención do goberno municipal expulsar á xente moza dela? Como pensan fomentar a práctica deportiva e os hábitos saudables?.” Graña pregunta tamén a onde foron parar as canastras que se retiraron das pistas e cando pensan volver a colocalas: “Varias persoas trasládannos tamén a preocupación pola desaparición das canastras e pídennos que pidamos información sobre se teñen pensado volver colocalas nalgún momento.” 

As pistas, en construcción (Google Maps)

Ningún comentario: