20231116

Izado da bandeira galega 20231118

    Fágome eco da seguinte nota de prensa:

IZADO DA BANDEIRA GALEGA O SÁBADO 18 NA FROUXEIRA

    O vindeiro sábado, 18 de novembro Vía Galega ten convocado un acto expansivo por toda Galiza de popularización da bandeira galega, coincidindo co 105 aniversario da I Asemblea Nacionalista celebrada polas Irmandades da Fala en Lugo.

    Na comarca da Mariña o acto terá lugar ás 12:00 h. no Castelo da Frouxeira, e consistirá na colocación dunha gran bandeira co deseño realizado por Castelao, acompañado da lectura dun manifesto e de poemas alusivos, así como do canto do noso himno galego.

    Co fin compartido de acrecentar a conciencia nacional e de fortalecer a nosa identidade e estima colectiva para construír un futuro soberano para a nosa nación, invitamos á cidadanía da Mariña a participar neste acto, así como a exhibir a nosa bandeira en lugares visíbeis (varandas, xanelas, etc) ao longo desta semana. 

VÍA GALEGA DA MARIÑA LUGUESA


 

Ningún comentario: