20190509

Unha lembranza para unha persoa e a súa obra

Hai dous anos que nos deixou José Mª Rodríguez. O esforzo dos seus últimos anos, a residencia, está a piques de comezar a funcionar. Está claro que. con todas as tachas que se lle poda poñer, non estaría construída sen o seu empeño e bo facer. E as tachas, os que vivimos de preto o proceso, temos claro que non foron culpa del, senón das limitacións que atopou.
O seu blog, para seguir o seu discurso vital os dez últimos anos, aínda está visible, coa última entrada no verán de 2016. Invito a recorrelo e repasar, xunto coa historia de Ribadeo, a historia dun home que se bota en falta e que tiven a honra de ter como amigo.

2 comentarios:

Unknown dixo...

Él tamén te tiña nunha grande consideración. Os xoves que vos xuntabades na tertulia eran pra él moi reconfortantes. Coñecía da abnegación coa que asumes os compromisos e por iso delegou en tí a sua mais grande obra: o seguimento da Residencia. Aló onde se atope reconfortaralle comprobar que non se equivocou. Unha aperta