Ribadeo está en festas. Festa contínua, parece. Onte inaugurouse o mercado de Nadal, e xa temos nota de prensa da visita do alcalde, xunto co aviso dun sorprendente (din) sistema de iluminación no Nadal. O título da nota está en consoancia coa 'festa contínua': a 8 de decembro,
chega o Nadal a Ribadeo.
E, no mercado, tampouco este ano haberá carpa, senón casetas: 25. O éxito de visitantes, dende o primeiro día
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhmH_663P5R6-II1z5qkVO4fXj7kXRkKtFy9ayYdWr0Ikkqli0PwuRLKDdNr8RgMqZ1Oy5W7mYuS3OI2yfVZn4V1LrNEugEsU4t1DPpV9nSaK-ZFecHmoth-4I24rbr0bCrRrLFEw/s1600/Preparando+o+mercado+de+Nadal+en+Ribadeo_20161206_172805.jpg) |
Encadre do mercado |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjlX9VoypubG_9ko8_Javxz5AJvTmQyUCQjU8PUs0g0ItE8q4asvNj8rPuoT0L5pQPPQ03HXa5fvwi-tjHOJ3KTnPzq65DI9bZdiBSQP4LBUbFIGme2pzNES-OUpg53BVNonz2Ruw/s1600/Preparando+o+mercado+de+Nadal+en+Ribadeo_20161207_175203.jpg) |
Aínda que non resalte, o luminoso está anunciando o mercado de Nadal... |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEisKc5kekFI2zHcSQ2LWn2z_Fd4K2UzOXwPG5TXKLz4Qomx7bW5LZuQ5Eeh5H_c7qWWPNmItQ8-LJEyQNN30NLbIYgRlp0H8Jn5tSPlAQnSBObkaGAt2V4nWp6hfY8V8fRdVHYU2A/s1600/O+mercado+de+Nadal+en+Ribadeo%252C+un+%25C3%25A9xito_20161208_194757.jpg) |
O mercado como éxito. |
A máis, hoxe, ata podemos aprender a aforrar no gasto da luz (non na parte fixa, a que se leva as ganancias tamén fixas para as elećtricas) hoxe ás 12 do mediodía (para quen non teña que traballar, claro).
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi3LcT5qf8scCfYnFol4POtnZlNJ6S5_z_rfj7Hk1KU9cP7NwD9k_Ynvti_HR4jYQTNpEckUIlNJyPVHuLzH1Mv9pGhzX9Ro_UgaIfVt12DAL9_0TaROV91zeUI6p1gK6woDpWwDg/s1600/mercado+do+Nadal.jpg) |
O cartel do merdado de Nadal en Ribadeo en 2009, recollido con algunha foto en 'en perspectiva' |
Ningún comentario:
Publicar un comentario