Podería ser sobre moitas outras cousas (por exemplo, do último caso de corrupción en plena campaña ou sobre o 'Luis, se fuerte') pero levo dende onte pensando en dous puntos fundamentais sobre a corrupción: o caciquismo e o sistema-esquema.
En relación ó caciquismo, teño que recoñecer que en tempos pensei que se lle estaban a ver as últimas bocanadas. Agora decátome de que a corrupción actual está basada no mesmo esquema que o caciquismo: o traslado de cartos ós partidos vese como algo natural, como unha inversión, xa non relacionada con concesións concretas, senón 'a conta', de xeito que 'hai confianza', porque quenes interveñen son 'persoas de honor' e 'xa se fará a contraprestación no seu momento, cando sexa necesaria'. Implica toda unha ética herdada e desenvolta a partir da idea de cacique, que tería contaminado dende os particulares ás multinacionais, e onde se ve normal e natural, a máis de legal, todo o trapicheo de contactos e apoios por riba dos intereses e mesmo o poder da propia sociedade. Hai corrupción noutros lugares, pero ista é unha corrupción 'á española', encadrada nunha historia de caciquismo.
En relación ó sistema-esquema, esquema é a verba que empregan nalgures para os pagos de comisións, xa encadrados nunha auténtica estrutura (esquema) paralelo ó do propio sistema. A conexión é tal que o sistema político partidario necesita ese 'esquema' para poder sobrevivir, alimentarse e prosperar, polo que o esquema é favorecido como algo fundamental para a vida do sistema. Por iso, non só o PP, o principal implicado nestes momentos de maioría absoluta, senón CiU, PSOE, PNV... esquecen o tema ou o personalizan ou botan balóns fóra acusando ós demáis pero esquecendo ós propios, e sempre, facendo expresión de boa vontade para acabar coa lacra e non dando o paso con nada real para que o remate sexa posible. De aí que saíra no coloquio postereior á película o caso de financiación de Podemos por medio de crowfounding, como expresión clara e un primeiro paso de afastamento da corrupción.Non é Bárcenas a pedra angular do caso. É o PP, personalizado pola cúpula. Así pois, non é o 'caso Bárcenas' como os xornais indican, senón o 'caso PP', conexión tabú entre dúas verbas que se trata de non conectar.
Peero non é a única desconexión. Aí está, como mostra doutros moitos exemplos, a case coincidencia entre a cifra saqueada do fondo de pensións e a cifra (agora) non recuperable do rescate á banca...
Ningún comentario:
Publicar un comentario