20121128

A plataforma “ORO NO” fai público o informe da Confederación Hidrográfica do Norte que sinala “GRAVES DEFICIENCIAS” do estudo de impacto ambiental considerándoo “INSUFICIENTE”

A mina de ouro de Tapia vai adiante nun novo acto político/administrativo fortemente contestado.
Mentras, os gandeiros están en folga de entrega de leite, o máis semellante que poden facer ó 'parar as máquinas no sector industrial, dado que unha vaca 'non se para' e se 'volve a conectar' cando se quere ... A gandeiría segue a perder forza no país, cunha concentración que reduxo o número de explotacións lácteas de case 68k en 1993 a pouco máis de 11k, isto é, a unha sexta parte en menos de 20 anos, aínda que segue a representar preto do 50% da producción española. E iso nótase no prezo do leite, que anda nos niveis de hai sete anos, cando o ipc subiu máis dun 20% e o prezo dos cereais, abondo máis. Así as cousas, estiman que a producción dun litro de leite anda por uns 35 céntimos de euro, prezo que non se acadou en Galicia dende o 2008, estando na actualidade o prezo medio por baixo dos 30 c€. É dicir, están producindo con perdas superiores ó 10%: canta máis producción, máis perdas ...
Así vai o mundo.

Ningún comentario: