20100930

A quen beneficia o fracaso dunha folga?

Antes de mirar ningún medio informativo sobre a xornada de onte, a reflexión do título.
Para min, a resposta está crara e foi un motivo de folga: a quen non lle afecta por non vivir dun salario. A quenes si lles afecta, a parte da presión que se pode conseguir, pódeselles aplicar a frase de Homero que vin estes días nun xornal: 'Levadeira é a loita cando moitos comoarten a fatiga'.
En canto a relación éxito da folga-apoio ós sindicatos, o que se fixera onte foi máis ben a pesar dos sindicatos. Coido que non é cousa de extenderse aquí sobre o descreto sindical e a oportunidade dunha 'folga diferida' varios meses respecto ó momento adecuado da presión.

2 comentarios:

Yo escribo dixo...

Supongo que también apoyarás la forma de actuar de los sindicatos:
- CORTES DE CARRETERA.
- SILICONA EN LAS CERRADURAS DE COMERCIOS/CENTROS DE ATENCIÓN SANITARIA.
- OBLIGANDO A COMERCIOS A CERRAR.
- IMPEDIENDO QUE SE RECOJA LA BASURA.
- IMPEDIENDO QUE CIRCULEN LOS AUTOBUSES URBANOS.
- OBLIGANDO A PARALIZAR EL SECTOR DEL METAL.

Si "no hacer huelga" fuese tan libre como hacerla, los que hubiesen secundado la huelga hubiesen sido menos del 8%.

¿Qué opinas de los sindicatos que el día de la huelga cobraron y los trabajadores que no fueron trabajar perdieron una jornada de salario?

Hay que darse cuenta, de que la "concepción" de sindicato tiene que cambiar y tiene que sufrir un cambio en todos los sentidos, tanto de la forma de actuar, como la forma de financiación, como la relación con el sector político. Y si esto no se produce, seguiremos con lo de siempre. Los sindicatos deben estar para defender al trabajador y no para que vivan del cuento 10.000 "VAGOS" en cada provincia.

agremon dixo...

Estiven repasando por se metera a pata, pero nin nesta entrada nin noutra que fixen din o meu apoi ós sindicatos. é máis, digo que o que se fixo foi máis ben a pesar dos sindicatos.
En canto ós piquetes, non estou de acordo de que tenten cambiar as cousas pola forza. Deixeino asemade claro na radio o xoves, nunha tertulia no que se falou abondo do tema. Iso si, con todo o vendidos que son os sindicatos, hai que considerar tamén que as empresas tamén fixeron piquetes en sentido inverso, con ameazas e demáis. Antes que os propios sindicatos.
Sobre as cifras non é necesario comentar: para min, unha folga necesita unha maioría para que, en canto a cifras, se poda considerar un éxito. E non a houbo. Outra cousa é que dun ou outro xeito se rentabilice a cifra que sexa.
En canto ó cobro, non sei se os sindicalistas cobraron ese día. Evidentemente, se o fixeron, foi outra cousa máis que botarlles en cara.
que a concepción de sindicato ten que cambiar? E a da folga (mira por exemplo, esta ligazón: http://noticias.lainformacion.com/mano-de-obra/huelga/el-sindicalismo-del-siglo-xix-fracasa-con-el-trabajador-del-siglo-xxi_CrMa0i1AvjrdRaqsmopbR5/ ) en canto ós 10 000 vagos en cada provincia, hai moitos máis, pero non esa cifra de sindicalistas liberados, por moito que diga Aguirre.
Repito: fixen folga porque cría que debía facela, non porque seguira o exemplo dos sindicatos.